Última revisión
17/09/2017
Sentencia Contencioso-Administrativo Nº 6/2018, Tribunal Superior de Justicia de Galicia, Sala de lo Contencioso, Sección 4, Rec 15277/2017 de 24 de Enero de 2018
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 12 min
Orden: Administrativo
Fecha: 24 de Enero de 2018
Tribunal: TSJ Galicia
Ponente: FERNANDEZ LEICEAGA, FERNANDO
Nº de sentencia: 6/2018
Núm. Cendoj: 15030330042018100013
Núm. Ecli: ES:TSJGAL:2018:326
Núm. Roj: STSJ GAL 326:2018
Encabezamiento
T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4
A CORUÑA
SENTENCIA: 00006/2018
-Equipo/usuario: IL
Modelo: N11600
PLAZA GALICIA S/N
N.I.G:15030 33 3 2017 0000696
Procedimiento: PO PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0015277 /2017 /
Sobre:ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA
De D./ña.BENISA PROMOCIONES SL
ABOGADOJOSE FRANCISCO PITA ANDREU
PROCURADORD./Dª. PEDRO ANTONIO LOPEZ LOPEZ
ContraD./Dª. TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA
ABOGADO ABOGADO DEL ESTADO
PROCURADOR D./Dª.
RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA
NO NOME DE EL-REI
A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a
SENTENZA
Ilmos./as. Sres./as. D./Dª
JOSE MARIA GOMEZ E DIAZ CASTROVERDE-PTE
JUAN SELLES FERREIRO
FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA
MARIA DEL CARMEN NÚÑEZ FIAÑO
A Coruña, vinte e catro de xaneiro dous mil dezaoito.
No recurso contencioso-administrativo que, co número 15277/2017, presentado por BENISA PROMOCIONES SL, representado polo procurador Sr.López López, dirixido polo letrado Dº.Pita Andreu, contra o acordo de 23.03.2017 do TEAR. É parte a Administración demandada o TEAR/AEAT, representado polo letrado do Estado.
É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA.
Antecedentes
PRIMEIRO. -Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.
SEGUNDO. -Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.
TERCEIRO.- Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.
CUARTO. -Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía 6.338,07 EUROS.
Fundamentos
PRIMEIRO.-O acto que se recorre é o acordo de 23.03.2017 do TEAR que rexeita a reclamación económico administrativa contra a liquidación de xuros derivada da medida cautelar de retención de 420.617,09 euros ( a expensas do proceso penal por delicto fiscal ).
Segundo resulta do expediente e alegacións das partes, o 27.08.2009 a AEAT acordo devolverlle a BENISA por ingreso non debido o importe de 797.069,27 euros.
Medida cautelar de 23.10.2009 - art. 81.7 LXT - de retención de 420.617,09 euros.
Sentenza de 29.01.2013 do Xulgado do Penal núm.1 de Pontevedra .
Acordo de 20.05.2013 de devolución de 53.038,38 euros.
Pagamento o 05.10.2013 de 6.338,07 euros en concepto de xuros: do 27.08.2009 ó 23.10.2009 e do 30.01.2013 ó 22.03.2013.
SEGUNDO.-O recorrente alega que a liquidación de xuros é nula dado que: a) tamén comprenderá o período do 24/10/2209 ata o 29/01/2013 ( actuacións penais ), b) deben liquidarse xuros da cantidade de 53.038,38 euros polo período do 23.03.2013 ó 20.05.2013, e c) deben liquidarse xuros de mora sobre 6.339,07 euros dende o 20.05.2013 ata o 20.10.2013.
Verbo do 1º período o recorrente alega - art. 30 LXT - que ningún precepto legal establece que no caso de medidas cautelares - para garantilas responsabilidades penais- a administración estea exenta do pagamento de xuros, sen que no caso presente o Xulgado ratificara a medida cautelar adoptada - redacción orixinaria di art. 81.8 LXT - polo que non é posible falarmos dunha medida xudicial.
O letrado do Estado rebate dita pretensión: falarmos dunha decisión administrativa ditada para garantir, non unha obriga de carácter tributario, senón a responsabilidade civil derivada dun delicto o que engade que o Xulgado de Instrucción núm.1 de Pontevedra ratificou a medida en auto de 31.03.2010.
Resulta evidente que o auto de 31.03.2010 - que non figuraba no expediente administrativo, mais tiña que ser coñecido polo recorrente- ten un efecto demoledor sobre a pretensión do recorrente.
Aínda que a redacción do artigo 81.8 LXT vixente ó tempo de adoptala medida suscitaba dúbidas (a retención deberá notificarse ó interesado, ó Ministerio Fiscal e ó órgano xudicial competente e se manterá ata que este último adopte a decisión procedente )-a redacción trala reforma de 2012 é moito mais expresiva (conversión en medida xudicial ou mantemento )-no caso presente o Xulgado de Instrucción pasou a convertela inicial decisión da administración nunha medida xudicial cautelar do art. 764 LACRM.
Dita decisión supón transmutala natureza xurídica do acordado pola AEAT: a decisión administrativa pasa a ser- ab initio- unha decisión xudicial e, en consecuencia, tódalas consecuencias derivadas da medida acordada deben imputarselle á actuación da administración de xustiza e non á AEAT. O exceso retido e os eventuais prexuízos derivados no son imputables - diretamente- á AEAT dado que o xulgado de instrucción puido considerar excesivo o retido, non ratificala medida ou mudala por outra con menores consecuencias... Do dito se deriva que se ben é certo que a devolución de ingresos non debidos debe facerse cos correspondentes xuros - art. 34.1.b LXT - neste caso existiu unha decisión xudicial de retención- que ó fin resultou excesiva - e desta decisión e consecuencias non é responsable a AEAT polo que non procede o percibo de xuros de mora durante o tempo da medida cautelar.
TERCEIRO.-Verbo dos xuros de mora sobre 53.038,38 euros polo período do 23.03.2013 ó 20.05.2013.
O recorrente alega que solicitou a compensación e tamén a devolución do exceso e xuros en dous escritos de 22.03.2013, polo que procedería os xuros de mora verbo da cantidade sobrante.
Compre indicar que coma consecuencia da executoria penal 50/2013 ( auto de 11.02.2013 ), das cantidades totais retidas, resultou un sobrante de 367.578,71 euros. O recorrente o 22.03.2013 solicitou ante a AEAT a compensacion coa liquidación/sanción I.Sociedades ano 2007 - 178.321,38 euros-, aplicando, tamén, a AEAT 189.257,38 euros resultado dunha tercería de mellor dereito. Aínda coas indicadas cantidades resultou un saldo a prol do recorrente de 53.038,38 euros.
Entre a solicitude de compensación/devolución e o acordo ( con pagamento efectivo ) da AEAT transcorreron 58 días e non atopamos razón ningunha para que dito período non deba ser obxecto de compensación co pagamento de xuros de mora: falarmos dunha cantidade - 53.038,38 euros- que mantén a súa natureza orixinaria ( devolución de ingresos non debidos ) que obriga a facela devolución cos correspondentes xuros de mora ata o seu efectivo pagamento.
O dito carreta que acollámolo recurso neste punto.
Verbo dos xuros de mora da cantidade de 6.339,07 euros polo período do 20.05.2013 ó 10.10.2013.
O recorrente sostén - e non nega a AEAT- que se demorou o pagamento efectivo dos xuros de mora calculados (6.339,07 euros) dende o momento que se calcularon - 20.05.2013- ata o seu pagamento efectivo - 10.10- e que dito retraso xustifica o percibo dos correspondentes xuros.
Novamente concordamos co recorrente en que o atraso no pagamento da cantidade calculada en concepto de xuros de mora é, a súa vez, unha débeda da AEAT que xera xuros de mora. Coma indica a demanda a resolución do TEAC de 12.01.2017 - mudando anteriores pronunciamentos - recolle:
O anterior ponnos sobre a pista da natureza do que se pide. Se se considera que a Administración está suxeita á obrigación de realizar a devolución de ingresos indebidos ( artigo 30 LGT (RCL 2003, 2945) ) e que estes se orixinan no cumprimento de obrigacións tributarias ou o pago de sancións desta natureza ( artigo 32.1 LGT (RCL 2003, 2945) ), é claro que o que agora se esixe á Administración non ten o carácter de obrigación de índole tributaria, xa que esta cumpriuse cando se recoñeceron e liquidaron intereses de demora a favor da reclamante, en cumprimento do noso fallo e de acordo co disposto no artigo 32, apartados 1 e 2 , LGT (RCL 2003, 2945) .
A reparación plena que agora se pide, do prexuízo que se entende producido, non é outra cousa senón o recoñecemento e pago de intereses sobre intereses, e sobre isto xa tivo ocasión de pronunciarse este Tribunal. Así, en resolucións do 19 de xullo de 2002 (JUR 2003, 24330) (R.G. 4682-99) e 17 de setembro de 2004 (JUR 2005, 21158) (R.G. 5095-01), diciamos que ?finalmente, respecto ao abono de intereses sobre intereses?.., ao non existir norma algunha de natureza tributaria en que puidese basearse o seu recoñecemento, este Tribunal dentro da súa competencia, non pode senón desestimala?.»
A Audiencia Nacional ha vindo confirmando a conclusión anterior en sentenzas do 29 de novembro de 2007 (JUR 2007, 362301) , recurso nº 1010-04 ; e do 26 de xullo de 2005 (JT 2005, 1552) , recurso nº 1183-02; recaídas ambas as nos recursos contencioso-administrativos interpostos fronte ás resolucións deste Tribunal do 19 de xullo de 2002 (R.G. 4682-99 DOUTRINA basee histórica) e 17 de setembro de 2004 (R.G. 5095-01 DOUTRINA basee histórica) anteriormente citadas.
Con todo, este Tribunal é consciente de que a Resolución de data 7 de abril de 2010 foi anulada pola sentenza da Audiencia Nacional, de data 9 de maio de 2013 (JT 2013, 1078) (Rec.188/2010 ), que estima o recurso da entidade e recoñece á recorrente o dereito para percibir intereses de demora, a cal á súa vez foi confirmada en casación polo Tribunal Supremo, en data 30 de xuño de 2014 (RJ 2014, 3613) (Rec. 2164/13) conforme aos seguintes razoamentos:
) PRIMEIRO:
En execución da mencionada resolución, ditouse un acto recoñecendo o dereito de BBVA a percibir os intereses daquela suma, computados desde a mencionada data (25 de xullo de 2001) ata o 3 de marzo de 2006, día en que, efectivamente, ese principal foi devolto, resultando como consecuencia de aplicar o tipo de interese de demora vixente en cada período unha cantidade de 24.798.686,98 euros. Este último montante, correspondente aos intereses de demora recoñecidos, foi satisfeito o 18 de marzo de 2009.
BBVA instou un incidente de execución da resolución do 26 de xuño de 2008, considerando que tiña dereito ao abono de intereses por eses 24.798.686,98 euros, devengados durante o tempo que mediou entre a data en que esa suma debeu ser satisfeita (3 de marzo de 2006) e aquela en a que efectivamente foi abonada pola Administración (18 de marzo de 2009).
(?)
En suma, como a Administración tributaria non abonou o 3 de marzo de 2006 os intereses de demora xunto co principal recoñecido a devolver, obrigando a BBVA a reclamar o seu abono, que viu recoñecida a súa pretensión polo Tribunal Económico- Administrativo Central en resolución do 26 de xuño de 2008, non se estaría cumprindo co disposto no artigo 32.2 da Lei Xeral Tributaria (RCL 2003, 2945) , nin se executaría dita resolución económico-administrativa nos seus propios termos, como esixe o artigo 66.1 do Regulamento Xeral de Revisión (RCL 2005, 1069, 1378) , se o deveño de intereses de demora deixa de producirse sen abonarse o montante total da devolución que era procedente en dereito (principal máis intereses de demora). Lóxico resulta que os intereses de demora déixense de devengar respecto da parte da devolución que foi abonada o 3 de marzo de 2006 (principal), pero igualmente éo que non se deteña desde entón respecto da parte da devolución aínda non satisfeita (intereses de demora) ata o preciso momento en que, finalmente, ordenouse o seu pago o 18 de marzo de 2009.
Non podemos pasar por alto que o propio Tribunal Constitucional mostrou o seu escepticismo fronte ao diferente tratamento que o lexislador brindou ao pago dos intereses moratorios, en función de cal fose a posición acredora ou debedora da Administración, no artigo 24 da Lei 47/2003 , do 26 de novembro (RCL 2003, 2753) , Xeral Orzamentaria (BOE do 27 de novembro), e o seu equivalente, o derrogado artigo 45 da Lei homónima 11/1977, do 4 de xaneiro (RCL 1977, 48) (BOE do 8 de xaneiro) [ SSTC 69/1996 (RTC 1996 , 69) , FJ 6º; 110/1996 (RTC 1996 , 110) , FJ 3º; 113/1996 , FJ 3º; 23/1997 , FJ 5º; 81/2003 , FJ 5º; 157/2005 (RTC 2005 , 157) , FJ 3 º; e 209/2009 (RTC 2009, 209) , FFJJ 3º e 4º, entre outras], consagrando o principio de restitutio in integrum. Dificilmente a pretensión formulada polo representante da Administración daría plena satisfacción ao resarcimiento completo e íntegro da entidade financeira, debido ao inxustificado tempo que mediou entre o acordo de devolución e a efectiva entrega de interesar de demora dos que era acredora.
As reflexións que preceden conducen á desestimación deste recurso de casación.
O dito levanos a acollelo recurso neste punto.
CUARTO.-Non facemos declaración das custas, de conformidade co disposto no artigo 139 da Lei Xurisdicional .
Por todo o exposto, en nome do Rey, pola autoridade que lle confire a Constitución, esta sala decidiu
Fallo
Que ACOLLEMOS PARCIALMENTE o recurso contencioso-administrativo presentado por BENISA PROMOCIONES SL contra a resolución de 23.03.2017 do TEAR ( Liquidacion Xuros de mora, exped. 15/307/14) anulándoa parcialmente por contraria a dereito, debendo a administración : a) liquidar xuros de mora da cantidade de 53.038,38 euros polo período 23/03/2013 ó 20/05/2015 e b) liquidar xuros de mora da cantidade de 6.339,07 euros polo período do 20.05.2013 ó 10.10.2013 .
Non facemos declaración das custas.
Notifíquese ás partes e, no seu momento, devólvase o expediente administrativo á súa procedencia, con certificación desta resolución. Contra esta resolución teñen un recurso de casación ante a Sala Terceira do Tribunal Supremo. Devandito recurso haberá de prepararse ante a Sala de instancia no prazo de trinta días, contados desde o seguinte ao da notificación da resolución que se recorre, en escrito no que, dando cumprimento aos requisitos do artigo 89 da Lei Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa , tómese en consideración o disposto no punto III do Acordo da Sala de Goberno do Tribunal Supremo de data 20 de abril de 2016, sobre extensión máxima e outras condicións extrínsecas dos escritos procesuais referidos ao recurso de casación (B.Ou.E. do 6 de xullo de 2016).
Así o pronunciamos, mandamos e asinamos.
PUBLICACION. - A sentenza anterior foi lida e publicada o mesmo día da súa data, polo Ilmo. Sr. Maxistrado Relator D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA ao estar a celebrar audiencia pública a Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Dou fe. A CORUÑA, vinte e catro de xaneiro dous mil dezaoito.
