Última revisión
17/09/2017
Sentencia Contencioso-Administrativo Nº 62/2018, Tribunal Superior de Justicia de Galicia, Sala de lo Contencioso, Sección 4, Rec 15212/2017 de 14 de Febrero de 2018
Relacionados:
Tiempo de lectura: 9 min
Orden: Administrativo
Fecha: 14 de Febrero de 2018
Tribunal: TSJ Galicia
Ponente: FERNANDEZ LEICEAGA, FERNANDO
Nº de sentencia: 62/2018
Núm. Cendoj: 15030330042018100069
Núm. Ecli: ES:TSJGAL:2018:726
Núm. Roj: STSJ GAL 726:2018
Encabezamiento
T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4
A CORUÑA
SENTENCIA: 00062/2018
-Equipo/usuario: IL
Modelo: N11600
PLAZA GALICIA S/N
N.I.G:15030 33 3 2017 0000552
Procedimiento: PO PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0015212 /2017 /
Sobre:ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA
De D./ña. Luis Antonio
ABOGADOREBECA MARIA ARIAS RODRIGUEZ
PROCURADORD./Dª. JOSE MARTIN GUIMARAENS MARTINEZ
ContraD./Dª. TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA
ABOGADO ABOGADO DEL ESTADO
PROCURADOR D./Dª.
RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA
NO NOME DE EL-REI
A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a
SENTENZA
Ilmos./as. Sres./as. D./Dª
JOSE MARIA GOMEZ E DIAZ CASTROVERDE-PTE
JUAN SELLES FERREIRO
FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA
MARIA DEL CARMEN NÚÑEZ FIAÑO
A CORUÑA, catorce de febreiro dous mil dezaoito.
No recurso contencioso-administrativo que, co número 15212/2017,presentado por Dº Luis Antonio , representado polo procurador Sr.Guimaraens Martínez, dirixido polo letrado Dª Arias Rodríguez, contra o acordo de 16.02.2017 do TEAR. É parte a Administración demandada o TEAR, representado polo letrado do Estado.
É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA.
Antecedentes
PRIMEIRO. -Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.
SEGUNDO. -Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.
TERCEIRO.- Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.
CUARTO. -Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía 15.264,90 EUROS.
Fundamentos
PRIMEIRO.-O acto que se recorre é o acordo de 16.02.2017 do TEAR que acolle, parcialmente, a reclamación económico administrativa contra a liquidación/providenza de prema IRPF ano 2012: ganancia patrimonial derivada da transmisión do inmoble sito en Rouxo-16-Priegue.
A controversia cínguese na determinación do valor de adquisición: a) a AEAT só admite o de 66.930,49 (a aplicación dos coeficientes determina que o valor (do 50% atribuible ó recorrente ) sexa de 43.628,65 euros ).
O recorrente indica que o valor declarado - ós efectos de IAXD- pola declaración de obra nova foi de 226.309 euros.
Coma figura no expediente a AEAT admite como inversión no ano 1996 60.477,15 euros (dos que 45.075,91 euros son do terreo), no ano 97-890 euros, no ano 1999-2.091,52 euros e no ano 2007-3.741,76 ( 3.000 de gastos da declaración de obra nova).
A declaración de obra nova é do ano 2007.
SEGUNDO.-Temos, polo tanto, unha vivenda construída en réxime de autopromoción que se iniciou no ano 1996 e que se rematou no ano 1997 - certificado final de obra- en tanto que a declaración de obra nova é do ano 2007 e que se vende no ano 2012, cinguíndose o problema no cálculo da ganancia patrimonial no CUSTO DAS INVERSIÓNS realizadas ( non existe dúbida do custo de adquisición do terreo ) na vivenda.
Coma indica a CV DXT 1636/17:
Por outra banda, respecto ao valor de adquisición do inmoble, este estará constituído pola suma do importe real satisfeito pola adquisición do terreo, do importe satisfeito polas obras de construción e dos gastos e tributos inherentes tanto á adquisición como á declaración de obra nova, excluídos os intereses, que fosen satisfeitos polo adquirente.
O custo das obras de construción, nos supostos de autopromoción, deberá ser acreditado pola consultante. Dita acreditación poderá realizarse por calquera dos medios de proba xeralmente admitidos en dereito, cuxa valoración non é competencia deste Centro Directivo, senón que corresponderá aos órganos de comprobación da Administración Tributaria, tendo en conta, que nos procedementos tributarios haberá que estar ao disposto no artigo 106 da Lei 58/2003, do 17 de decembro ( RCL 2003, 2945 ) , Xeral Tributaria (BOE do 18 de decembro), segundo o cal serán de aplicación as normas que sobre medios e valoración de proba contéñense no Código Civil ( LEG 1889, 27 ) e na Lei de Axuizamento Civil ( RCL 2000, 34 , 962 e RCL 2001, 1892) .
A data de adquisición da construción nos supostos de autopromoción enténdese producida coa finalización das obras, que, así mesmo, deberá poderse acreditar por calquera medio de proba válido en dereito, cuxa valoración, como se indicou anteriormente, non corresponde a este Centro Directivo senón aos órganos de comprobación da Administración Tributaria. En caso de non poderse acreditar a data de finalización das obras tomarase a data da escritura de declaración de obra nova como data de adquisición.
Do dito resulta que é o recorrente quen ten que acreditalo custo das obras de construcción e ó respecto a AEAT só lle considera acreditada a cantidade de 15.401,24 euros ( no ano 1996 ó descontalo custo do terreo ); as demais cantidades aceptadas - doutros anos- son de custo de auga e electricidade, pagos de aparelladores e arquitectos e gastos da declaración de obra nova.
O recorrente non dispón, mais aló do achegado en vía administrativa - e avaliado pola AEAT- de documentación que acredite as cantidades invertidas na construcción e, segundo alega, tomou en consideración a cantidade declarada na declaración de obra nova.
Verbo da declaración de obra nova ( e sen prexuízo logo de aludir á xurisprudenza desta propia Sala citada polo recorrente ) a mesma é do ano 2007, en tanto que o propio recorrente na autoliquidación do IRPF do ano 2012 - e acepta a AEAT- fixa a data da adquisición da vivenda que transmite no ano 1996.
É dicir, e un dato indubidable do que partir que a vivenda estaba finalizada - materialmente- no ano 1996/97, e esta dato non pode obvialo o Tribunal.
Outro dato do que partir é que correspondíalle ó recorrente acreditar cal foi a cantidade investida na construcción da vivenda, se ben matizando que, dada a data de que falarmos ( ano 1996 ) é posible unha certa flexibilidade verbo da proba: esixir ó contribuinte a conservación de facturas durante mais de 16 anos parece excesivo.
Cos ditos alicerces debemos resolver cal e a conclusión mais axustada á legalidade: a) a da AEAT que determina a cantidade investida coa documental achegada polo recorrente ou b) a do recorrente que se remite o custo determinado na declaración de obra nova.
A 1º é concorde coa literalidade da norma (e coa interpretación da DXTributos ), en tanto que a 2ª aceptouna - nalgunhas ocasións e en atención ás circunstancias particulares de cadanseu caso- esta Sala ( sentenzas citadas polo recorrente ).
Na declaración de obra nova o que se determina é o custo da obra: así a STS do 11 de abril de 2013 (RJ 2013, 3128) , ditada en unificación de doutrina, sinala que, dada unha escritura de declaración de obra nova, o que ha de procederse a valorar non é o inmoble posto no mercado, senón o 'custo da obra' .
Ao fío da cuestión relativa á determinación da base impoñible do Imposto tratándose destas operacións de declaración de obra nova véxase a STSJ de Castela e León do 4 de maio de 2012 ( JUR 2012, 170027) que sinala que sendo a base impoñible do imposto a do custo real da obra, dentro do concepto 'custo real' por 'custo' hase de entender o gasto realizado para a obtención ou adquisición dunha cousa ou dun servizo, o custo real dunha obra debe incluír todos os gastos que foron necesarios para a súa construción.
Coma se indicou, esta Sala admitiu equiparalo CUSTO DA OBRA - declaración de obra nova- con cantidades INVESTIDAS NA CONSTRUCCIÓN DA OBRA - ganancia patrimonial- se ben o fixo en atención as circunstancias - particulares do caso-: a AEAT admitía como cantidade investida a de 0 euros ( ante a ausencia ou defectos nas facturas ) e tiñamos unha declaración de obra nova que coincidía coa data aceptada de finalización de obra.
O suposto actual é un pouco diferente dado que está admitido que a vivenda se rematou no ano 1996/97, en tanto que a declaración de obra nova é do ano 2007.
O que acontece é que o valor declarado realízase en atención Ó ANODE CONSTRUCCIÓN, é dicir, refírese ó ano 96/97 e non é o custo da obra do no 2007; dito custo ven, polo demais, ratificado - en parte dado que a finalidade é diferente- polo informe de Tinsa para outorgalo crédito hipotecario do ano 1997 ( determina o custo de reposición bruto do inmoble o que se aproxima ó custo da obra ).
Do dito resulta que temos a un contribuinte que remata - por autopromoción- un inmoble no ano 96/97, só dispón de facturas por escaso importe, en tanto queacreditouque o custo do innmoble foi de 226.309 euros.
Dicimos,acreditou, dado que se ben non consta que a declaración de obra nova fose comprobada pola administración autonómica, temos que consonte co art. 108.4Lei 58/2003 gozan da presunción de veracidade e non foron postos en cuestión pola AEAT, xa que non practicou actuación ningunha a estos efectos.
Ó longo tempo transcorrido entre a finalización da construcción e a vendaxustificaa escasa documentación achegada polo contribuinte e autoriza a considerar coma cantidade investida na construcción o custo declarado ós efectos do ITP o que carreta que acollámolo recurso neste punto.
TERCEIRO.-Non facemos declaración das custas ó existir dúbidas fundadas en dereito, de conformidade co disposto no artigo 139 da Lei Xurisdicional .
Por todo o exposto, en nome do Rey, pola autoridade que lle confire a Constitución, esta sala decidiu
Fallo
Que ACOLLEMOS o recurso contencioso-administrativo presentado por Dº Luis Antonio contra a resolución de 16.02.2017 do TEAR (Liquidacion IRPF ano 2012, exped. NUM000 e NUM001 ) anulándoa por contraria a dereito.
Non facemos declaración das custas.
Notifíquese ás partes e, no seu momento, devólvase o expediente administrativo á súa procedencia, con certificación desta resolución. Contra esta resolución teñen un recurso de casación ante a Sala Terceira do Tribunal Supremo. Devandito recurso haberá de prepararse ante a Sala de instancia no prazo de trinta días, contados desde o seguinte ao da notificación da resolución que se recorre, en escrito no que, dando cumprimento aos requisitos do artigo 89 da Lei Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa , tómese en consideración o disposto no punto III do Acordo da Sala de Goberno do Tribunal Supremo de data 20 de abril de 2016, sobre extensión máxima e outras condicións extrínsecas dos escritos procesuais referidos ao recurso de casación (B.Ou.E. do 6 de xullo de 2016).
Así o pronunciamos, mandamos e asinamos.
PUBLICACION. - A sentenza anterior foi lida e publicada o mesmo día da súa data, polo Ilmo. Sr. Maxistrado Relator D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA ao estar a celebrar audiencia pública a Sección 004 da Sala do Contencioso- Administrativo doTribunal Superior de Xustiza de Galicia. Dou fe. A CORUÑA, catorce de febreiro dous mil dezaoito.

