Sentencia Contencioso-Adm...ro de 2018

Última revisión
17/09/2017

Sentencia Contencioso-Administrativo Nº 69/2018, Tribunal Superior de Justicia de Galicia, Sala de lo Contencioso, Sección 2, Rec 4363/2014 de 15 de Febrero de 2018

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 25 min

Orden: Administrativo

Fecha: 15 de Febrero de 2018

Tribunal: TSJ Galicia

Ponente: FERNANDEZ LEICEAGA, FERNANDO

Nº de sentencia: 69/2018

Núm. Cendoj: 15030330022018100092

Núm. Ecli: ES:TSJGAL:2018:736

Núm. Roj: STSJ GAL 736:2018

Resumen:
URBANISMO

Encabezamiento

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.2

A CORUÑA

SENTENCIA: 00069/2018

T.S.J.GALICIA CON/AD SEC.2ª

A CORUÑA

SENTENZA: /2018

RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

RECURSO NUMERO: PROCEDEMENTO ORDINARIO núm. 4363/2014

RECORRENTE: Dª Eva

ADMINISTRACION DEMANDADA: CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUCTURAS.

CODEMANDADOS: CONCELLO DE OURENSE, Dº Dimas

NO NOME DE EL-REI

A Sección 002 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

MARIA AZUCENA RECIO GONZÁLEZ- PTE

JULIO DIAZ CASALES

FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA (R )

CARMEN NÚÑEZ FIAÑO ( R )

A CORUÑA, a quince de febreiro de dous mil dezaoito.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 4363/2014, presentado por Dª Eva , representado polo procurador Sra. Rama Rivera , dirixido polo letrado Dº García Monteagudo, contra DESESTIMACIÓN POR SILENCIO da solicitude de revisión por nulidade dos acordos de 16.05.1991 e 07.02.1991 . É parte a Administración demandada a CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUCTURAS, asistida do letrado da Xunta e o CONCELLO DE OURENSE , representado polo letrado Sra. Blanco Nesperia e Dº Dimas , representado polo procurador Sra. Díaz Amor e asistida do letrado Sr. Aranda Vélez.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA.

Antecedentes

PRIMEIRO. -Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.

SEGUNDO. -Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO.- Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.

CUARTO. -Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía indeterminada .


Fundamentos

PRIMEIRO.-O acto que se recorre é a desestimación por silencio da acción de nulidade dirixida contra as resolucións de 16.05.1991 ( exped. NUM000 ) e de 07.02.1991 ( exped. NUM001 ).

A resolución de 16.05.1991 é a licenza outorgada ó Sr. Dimas para cimentación, excavación e construcción de muros de contención para vivenda unifamiliar en Aira-Barreiros-Reza; a resolución de 06.02.1992 e o acordo da Comisión provincial de Urbanismo de concesión da licenza para a construccióndunha vivenda unifamiliar en Aira-Barreiros-Reza segundo o proxecto básico e de execución realizado polo arquitecto D. Onesimo e con visado colexial de 05.08.1991....

A solicitude de revisión de oficio presentouse o 27.06.2014.

O recorrente fai un resumo dos avatares da solicitude de licenza de Dª Eva e das licenzas outorgadas ó Sr. Dimas , coa finalidade de subliñar cal e o motivo ( final ) da pretensión: a nulidade da licenza ( 1º rexeitada ) outorgada a Dª Eva está condicionada pola licenza outorgada ó Sr. Dimas .

SEGUNDO.-O recorrente sostén: a) a licenza de 16.05.1991 ó prescindir do procedemento legalmente establecido b) a licenza de 07.02.1992 é nula, ademáis, pola irregular subrogación da CUP nas competencias do Concello de Ourense..

Considera que se prescindiu do procedemento legalmente establecido dado que a CUP, ó tempo da subrogación nas competencias do Concello de Ourense, coñecía a tramitación simultánea da licenza pedida por Dª Eva , e, nembargantes, desvinculou ámbolos dous expedientes; a esto engade, como motivos de nulidade, a vulneración do trámite de exposición ó público con publicación edictal e a falta de notificación da licenza outorgada ó Sr. Dimas . Subliña o que considera un trato de favor a prol do Sr. Dimas ..

Verbo da incompetencia da CPU; sostén que ó tempo da subrogación era de aplicación o artigo 42 da Lei de Adaptación do Solo de Galiza que, para o caso de licenzas en solo non urbanizables establecía un procedemento especial dual: a) examen e autorización da CUP e b) licenza municipal, e dito procedemento non se cumpriu outorgándose directamente a licenza pola CPU

TERCEIRO.-O letrado da Xunta da contestación á pretensión da recorrente rexeitando que concorran os motivos de nulidade pretendidos.

Verbo da nulidade do art. 62.1.e Lei 30/92 - prescindir total e absolutamente do procedemento legalmente establecido, diferencia - coma fai o recorrente- a resolución de 16.05.1991 e a de 07.02.1992.

RESOLUCIÓN DE 16.05.1991: o recorrente considera que é errónea e incongruente ó non predeterminar o contido da segunda.

O recorrente considera que estarmos ante unha simple autorización para obras de movemento de terras, cimentación e muros de contención, sen relación coa vivenda unifamiliar autorizada o 07.02.1992.

O letrado da administración desmonta dita argumentación coa documentación do expediente ( folios 18-21-24-37-38-60-66-63....) que reflicte que a solicitude presentada para acadala autorización da CPU e posterior do Concello recollía a finalidade: construcción dunha vivenda unifamiliar e, polo tanto, pode determinarse a preferencia pola data da presentación da 1ª soliictude.

RESOLUCIÓN DE 07.02.1992. O recorrente considera que incorre en nulidade o prescindir do trámite de información pública, audiencia.. do art. 42 da Lei 1171985.

O letrado da Xunta opón que ditos trámites seguíronse no expediente NUM000 e que a recorrente coñeceuna xa que figura o seu outorgamento no expediente NUM001

Verbo da nulidade do art. 62.1.b : incompetencia manifesta da CPU.

O recorrente considera que, consonte co art. 42.c Lei 11/1985 quen debía outorgala licenza de construcción era o Concello de Ourense e non a CPU.

O letrado da xunta opón que os supostos do art. 9 RSCL e o art. 42 Lei 11/1985 son moi diferentes; o 1º prevé un suposto de auténtica subrogación nas competencias municipais e o 2º un suposto de defensa - por parte da CCAA- das súas propias competencias - sobre solo non urbanizable- con respeto das competencias urbanísticas municipais.

A resolución de 07.02.1992 ditouse en subrogación das competencias municipais polo que a CPU era competente.

O Concello de Ourense ratifica as alegacións da Xunta.

O codemandado alega, a maiores: falta de lexitimacion activa, cousa xulgada, extemporaneidade, non existe concurrencia competitiva....

TERCEIRO.-Compre resolvelas excepcións articuladas polo recorrente.

COUSA XULGADA; non concorre a triple identidade requerida para considerar que estarmos ante unha controversia xa resolta coa santidade da cousa xulgada. Nos procedementos citados e sentenzas de 16.01.2001 do Xulgado do Contencioso núm.1 de Ourense e de 25.11.2004 e 14.07.2005 d TSX Galiza non se examinaron as resolucións de 07.02.1992 e 16.05.1991 , é dicir, non eran o obxecto de impugnación, aínda que a súa existenza sobrevoaba o debate, polo que dificilmente podemos soster que xa se resolveron as causas de nulidade que agora se invocan. polo demaisel efecto de cosa juzgada -y la imposibilidad de la revisión de oficio- sólo se producirá si los motivos de impugnación se refieren a los mismos motivos de nulidad absoluta. En este sentido, puede recordarse lo señalado, entre otras24, en la STS de 10 de octubre de 2013 (RJ 2013693017): el efecto de cosa juzgada -y la imposibilidad de la revisión de oficio- sólo se producirá si los motivos de impugnación se refieren a los mismos motivos de nulidad absoluta. En este sentido, puede recordarse lo señalado, entre otras, en la STS de 10 de octubre de 2013 (RJ 20136930

.

FALTA DE LEXITIMACIÓN ACTIVA.- o art. 102 da lei 30/92 ( o mesmo que o actual 106 Lei 39/2015 ) autoriza a instalo procedemento ÓS INTERESADOS e dentro deste amplo concepto debemos entender abranguida á recorrente; non só o exercicio da acción pública urbanística autorizaría a prescindir unha vinculación directa - no sentido de beneficio/prexuizo persoal - co acto que se recorre senón que, o relato dos feitos da demanda e contestación resulta evidente a afectación que unha eventual sentenza - tanto posotiva coma negativa- pode ter na esfera xurídica da recorrente, en concreto, en relación coa vivenda que ten que demoler, polo que, entendemos que si ostenta lexitimación activa.

Cuestión distinta sería considerar que a pretensión se exercita de xeito abusivo ou de mala fe; cuestión que, no seu caso deberíamos anoar co establecido no art. 106 Lei 30/92 , o que se lle dará resposta mais adiante, xunto coa alegada extemporáneidade, que non son, propiamente, causas de non admisión.

Non o é a alegación de que, no outorgamento da licenza non existeprocedemento de concorrencia competitiva; mailo dito quizabes sexa convinte pronunciarse verbo desta cuestión.

Ten razón o codemandado de que nin la Lei 11/1985 nin na normativa urbanística do Concello de Ourense existente ó tempo das solicitudes de licenza se establecía un réxime de concorrencia competitiva, senón que o que se establecía era o condicionamento da distancia de 50 mts a outra vivenda sendo, polo tanto, o determinante a data da concesión para o que debería seguirse a norma do art. 74.2 Lei 30/92 , o que é unha cousa distinta e moi alonxada das causas de nulidade do artigo 62.2 lei 30/92 .

Resoltas as anteriores cuestións, de tipo procesual, resulta preciso subliñar cales son os alicerces que a xurisprudenza establece para o exercicio das causas de nulidade do art. 102 en relación co art. 62.1 Lei 30/92 , en concreto verbo de prescindir total e absolutamente do procedemento legalmente establecido e da falta de competencia manifesta.

Como explicó la STS de 5 de mayo de 2005 (Ar. 2681) 'el artículo 102.1 LRJPAC configura la revisión de oficio con un carácter excepcional, que únicamente debe ser utilizada cuando realmente se detecten vicios que hagan precisa la retirada del acto del mundo jurídico'. En efecto, suele advertirse por la jurisprudencia que el primer límite o condicionante de la extraordinaria potestad de revisión de oficio es la restricción a los supuestos tasados de nulidad de pleno Derecho.17

Así lo expresó, entre otras muchas, la STS de 20 de septiembre de 2011 (RJ 20117162): 'Del juego de ambos preceptos cabe deducir que la acción de nulidad ejercitada tiene como objeto, precisamente, facilitar la depuración de los vicios de nulidad radical o absoluta de que adolecen los actos administrativos, con el inequívoco propósito de evitar que el transcurso de los breves plazos de impugnación de aquellos derive en su inatacabilidad definitiva. Se persigue, pues, mediante este cauce procedimental ampliar las posibilidades de evitar que una situación afectada por una causa de nulidad de pleno derecho quede perpetuada en el tiempo y produzca efectos jurídicos pese a adolecer de un vicio de tan relevante trascendencia, mas, como ha declarado este Tribunal en Sentencia de 18 de diciembre de 2007 (RJ 2008, 1874), recurso 9826/2003 , con cita de las de 19 de diciembre de 2001 (RJ 2002, 932 ) y 27 de diciembre de 2006 (RJ 2006, 10062), esta vía no permite confundir los contornos de la revisión de oficio con la impugnación ordinaria de los actos administrativos, lo que repugna a las más elementales exigencias derivadas de la seguridad jurídica, aduciendo razones de anulación por más que los rubrique como motivos de nulidad de pleno derecho'.

Aplicarmos estos principios ó caso de autos e non resulta posible admitir que as deficiencias denunciadas polo recorrente teñan a consideración de supostos nos que se prescinda total e absolutamente do procedemento legalmente establecido.

Coma indica a xurisprudenza: ...'que fosen ditados prescindindo total e absolutamente do procedemento legalmente establecido para iso ou das normas que conteñen as regras esenciais para a formación da vontade nos órganos colexiados'.

Iso lévanos a distinguir os seguintes casos:

1º) Cando se prescinde total e absolutamente do procedemento, referíndose a este suposto as Sentenzas desta Sala do 10 de outubro de 1979 , 21 de marzo de 1988 ( RJ 1988 , 1691) , 12 de decembro de 1989 , 29 de xuño de 1990, 31 de xaneiro de 1992 , 7 de maio , 4 de novembro e 28 de decembro de 1993 , 22 de marzo e 18 de xuño de 1994 e 31 de outubro de 1995 ( RJ 1995, 7481) , entre moitas outras).

Trátase dun suposto reservado, como se sinalou na Sentenza do 8 de febreiro de 1999 , 'para aquelas vulneracións da legalidade cun maior compoñente antijurídico', debendo ser a omisión 'clara, manifesta e ostensible' ( Sentenzas do 30 de abril de 1965 , 22 de abril de 1967 , 19 de outubro de 1971 , 15 de outubro de 1997 ( RJ 1997 , 7794) e 30 de abril de 1998 )) e non podéndose cualificar como suposto de nulidade de pleno en caso de omisión dun mero trámite (por todas a Sentenza desta Sección do 24 de febreiro de 2004, ditada no recurso de casación 7791/2008 [sic] ( RJ 2005, 2930) ), salvo que o mesmo sexa esencial.

2º) Cando se utiliza un procedemento distinto do establecido na Lei.

Realmente, asimílase á ausencia de procedemento e así se recoñece na Sentenza desta Sección do 26 de xullo de 2005 (recurso de casación 5046/2000 ) ( RJ 2005, 8781) , pero tamén pode ocorrer que no que se siga cúmpranse os trámites esenciais do omitido, non dando lugar á nulidade de pleno dereito.

3º) Cando se prescinde dun trámite esencial . Así se recoñeceu nas Sentenzas do 21 de maio de 1997 , 31 de marzo de 1999 ( RJ 1999 , 4167) e 19 de marzo de 2001 .'

Isto é, a xurisprudencia pon de manifesto a concorrencia de tres requisitos para declarar a nulidade dun procedemento pola causa que estamos a examinar: A).-Que a omisión debe ser total e absoluta, ao utilizar o precepto ambos os adverbios. Con iso estase remarcando que debe ser manifesto o vicio cometido, isto é, debemos estar ante unha omisión manifesta do procedemento. Aínda que, como se acaba de expoñer, a propia xurisprudencia engloba tres supostos distintos: non seguir procedemento algún (equiparable á vía de feito), seguir un distinto do establecido legalmente ou previsto polo lexislador, e prescindir dos trámites esenciais de forma que fagan inidentificable o procedemento legalmente establecido (entendendo por tales aqueles que delimitan o conxunto de dereitos e obrigacións dos interesados ou dos posibles afectados). B).- A relevancia da omisión procedimental, ou ponderación á que antes se aludiu. C).- O menoscabo ou lesión das garantías do interesado que fundamentalmente lesionan o seu dereito á defensa, isto é, produce indefensión.

A recorrente non sostén que non existira procedemento senón que este non cumpriu con trámites que considera esenciais.

Verbo do trámite de audiencia e información e coma indica a SAN 19.02.2015 :

Así, aínda que sexa no procedemento de revisión de oficio, as SSTS do 17 de maio de 2002, ( RC 6558/2009 e 5366/09 , FJ4), sinalan que non concorre causa de nulidade por non dar trámite de audiencia aos interesados 'na nosa sentenza do 11 de xullo de 2003 ( rec.cas.núm 7983/1999) dixemos que 'ningunha das causas de nulidade contempladas no artigo 62 da Lei 30/ 1992 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e de Procedemento Administrativo Común (LRJAP -PAC) resulta aplicable á simple falta do trámite de audiencia'.

No mesmo sentido, STS do 19 de novembro de 2012( RC1673/2011 , FJ 4).

Salvo nos procedementos sancionadores, a omisión do trámite de audiencia nos demais procedementos tributarios non determina per se a nulidade de pleno dereito nin sequera o seu anulabilidad salvo que se produciu indefensión material do interesado, STS do 13 de maio de 2013 (RC 6165/2011 FJ3), indefensión que en ningún caso queda acreditado en autos. E se non existe nulidade de pleno dereito á vista da resolución adoptada polo TEAC naquela resolución, resulta evidente que non pode existir prescrición pois só os actos nulos de pleno dereito non interrompen o cómputo do prazo de prescrición a diferenza do que sucede cos actos anulados, STS do 4 de abril de 2012 ( RC 890/2010 ), 26 de outubro de 2012, (RC 4940/2009 ) e 24 de maio de 2012 (RC 6449/2009 ), que reproducen a previa do 20 de xaneiro de 2011 (RCUD 120/2005 , FJ6).

Non só o dito verbo de que prescindir do trámite de audencia - co directamente afectado- non é causa de nulidade ( segundo a xurisprudenza citada do TS ) senón que o que se denuncia é que quen non tivo coñecemento do procedemento é un terceiro non directamente afectado polo expediente, ó prescindir do trámite de información pública, o que carreta que non esteamos ante unha causa de nulidade de pleno dereito. A esto engadimos que a recorrente coñeceu a resolución do procedemento - e aínda que lle comunicaron que a licenza era un acto firme- puido recórrelo discutindo este punto polo que non se lle causou indefensión.

Verbo da cuasa 1.b do art.62:coma indica o Consello de Estado: Como xa se sinalase noutros ditames de modo reiterado (entre eles o 1.247/2002, do 30 de maio de 2002), vén considerando o Consello que un acto dítase 'por órgano manifestamente incompetente' cando ese órgano invade, de maneira ostensible e grave, as atribucións que corresponden a outra Administración. A nulidade de pleno dereito por incompetencia manifesta esixe, para ser apreciada, que sexa 'notoria e clara e que vaia acompañada dun nivel de gravidade xurídica proporcional á gravidade dos efectos que comporta a súa declaración' (ditame 49.565).

Por iso é polo que se estimou existente en determinados supostos notorios e graves de incompetencia material ou territorial ou de evidente ausencia do orzamento fáctico atributivo da competencia.

No mesmo sentido pronunciouse o Tribunal Supremo, considerando que só a incompetencia material ou territorial pode carrexar a nulidade de pleno dereito dun acto administrativo e sinalando que a expresión 'manifestamente incompetente' significa evidencia e rotundidade; é dicir, que de forma clara e notoria o órgano administrativo careza de toda competencia respecto dunha determinada materia (entre outras, Sentenzas do 15 de xuño de 1981 e do 24 de febreiro de 1989 [ RJ 1989, 1707] ).

No caso presente non concorren os requisitos indicados ó actuar a CPU con base no artigo 9 RSCL ( coma indica a STS 03.12.1991 :Tendo en conta que a competencia natural nesta materia corresponde aos Municipios , como habitualmente vén lembrando a xurisprudencia, en base a unha sólida fundamentación legal: art. 179 da Lei do Solo ( RCL 1976 1192 e ApNDL 1975-85, 13889 ); art. 6 do Regulamento de Disciplina Urbanística ( RCL 1978 1986 e ApNDL 1975-85, 13922 ); art. 19 do Regulamento de Xestión Urbanística ( RCL 1979319 e ApNDL 1975-85, 13927); art. 5.1 do RDLey 3/1980, do 14 de marzo ( RCL 1980613 e ApNDL 1975-85, 13933); todo iso abona a idea de enfrontarnos co presente problema cun máximo de cautela e prudencia, posto que a perda de competencia dos Concellos (que nunca foi considerada polo Supremo como absoluta e irreversible), «cociente temporis», isto é polo seu non exercicio no prazo hábil establecido regulamentariamente: no Regulamento de Servizos das Corporacións Locais ( RCL 195685 e NDL 22516), art. 9.1 5 .º, só pode producirse cando concorran todas as circunstancias impostas no propio Regulamento para tal evento.); artigo que deba aveiro á subrogación nas competencias do Concello de Ourense para outorgala licenza de construción, polo que, en ningún momento a falta de competencia sería notoria e evidente, aínda que concordaramos co que establece a STS 20.07.1998 :Á vista dos citados preceptos da Lei Autonómica Galega antecitada, parece evidente que a subrogación exposta pola solicitante da licenza de obra ante a Comisión de Urbanismo, só podería ir referida á obtención desa previa autorización da Comisión Provincial para poder logo, proseguir ante o ente municipal, o expediente para o outorgamento da licenza, e só no caso de que unha vez concedida a autorización previa para proceder, tampouco recaese resolución pertinente municipal, dentro dos prazos previstos no artigo 9 do Regulamento de Servizos das Corporacións Locais , de 17 xuño 1955 ( RCL 195685e NDL 22516), ostentase a Comisión Provincial de Urbanismo tamén a competencia para outorgar ou denegar a licenza por subrogación....A CPU saltou un dos chanzos, mais contaba coa posibilidade legal de outorgala licenza pola vía do art. 9 RSCL.

CUARTO.-Polo demais, e retomando a alegación de extemporaneidade, que se anoa co que reflicte o artigo 106 Lei 30/92 , que é interpretado pola xurisprudenza :O Tribunal Supremo, en sentenzas do 23 de outubro de 2000 ( RJ 2000 , 9001) e do 29 de novembro de 2005 ( RJ 2005, 1163) , sinala que 'a acción de nulidade é improcedente cando polo tempo transcorrido o seu exercicio resulte contrario á equidade ou ao dereito dos particulares'; e engade que: 'a seguridade xurídica esixe que se manteñan as situacións que crearon dereitos a favor de suxeitos determinados, suxeitos que confían na continuidade das relacións xurídicas xurdidas de actos firmes da Administración, que non foron impugnados en tempo e forma, polo que había razón para consideralos definitivos e actuar en consecuencia. Iso non quere dicir que a acción de nulidade non poida exercitarse contra os actos firmes da Administración. Pode promoverse contra actos firmes, pero o seu exercicio é improcedente cando con iso vulnéranse as necesidades derivadas da aplicación do principio de seguridade xurídica, principio que está indisolublemente ligado ao respecto aos dereitos dos particulares, expresamente mencionado polo artigo 112 da LPA ( RCL 1986, 939) [actualmente artigo 106 da Lei 30/92 ( RCL 1992, 2512) ] como límite ao exercicio da potestade revisora da Administración establecida no art. 109 [actualmente artigo 102 da Lei 30/92 ( RCL 1992, 2512) ]'.

A mencionada Sentenza do 24 de abril de 1993 ( RJ 1993, 2863) declara que 'os límites da revisión son en definitiva unha contrapartida necesaria á imprescriptibilidad da acción de revisión de oficio porque a diferenza real coa vía dos recursos ordinarios é que non conta só o interese do accionante e o puro valor da legalidade do acto impugnado, senón outros elementos para ponderar pola Administración, polos límites imperativos do artigo 112 LPA ( RCL 1958, 1258) (actualmente o 106 LRJPAC ( RCL 1992, 2512) )'.

No mesmo sentido, na Sentenza do 17 de xaneiro de 2006 ( RJ 2006, 2741) o Tribunal Supremo reitera que 'a revisión dos actos administrativos firmes sitúase entre dúas esixencias contrapostas: o principio de legalidade, que postula a posibilidade de revogar actos cando se constata a súa ilegalidade, e o principio de seguridade xurídica, que trata de garantir que unha determinada situación xurídica, que se presenta como consolidada, non poida ser alterada no futuro. O problema que se presenta nestes supostos é satisfacer dous intereses que son dificilmente conciliables, e a solución non pode ser outra que entender que devanditos fins non teñen un valor absoluto. A única maneira de compatibilizar estes dereitos é arbitrando un sistema no que se permita o exercicio de ambos. Por iso é polo que na procura do desexable equilibrio o ordenamento xurídico só recoñeza a revisión dos actos en concretos supostos en que a legalidade se ve gravemente afectada e con respecto e observancia de determinadas garantías procedimentales en salvaguardia da seguridade xurídica, e todo iso limitando no tempo o prazo para exercer a acción, cando os actos crearon dereitos a favor de terceiros'.

Cabe citar tamén a Sentenza do Tribunal Supremo do 15 de outubro de 2012 ( RJ 2012, 10211) , na que o Alto Tribunal recolle a súa doutrina:

'A feixes, en canto á posibilidade de revisión e a súa limitación temporal, (...), o art. 102 da LRJ-PAC ( RCL 1992, 2512) establécea que se poderá levar a cabo en calquera momento para os actos administrativos firmes en vía administrativa nos supostos do art. 62.1 (actos nulos de pleno dereito), non podendo ser exercitadas as facultades de revisión cando por prescrición de accións, polo tempo transcorrido ou por outras circunstancias, o seu exercicio resulte contrario á equidade, á boa fe, ao dereito dos particulares ou ás leis ( art. 106 LRJ-PAC ( RCL 1992, 2512) ).

»Para ese efecto o Tribunal Supremo, Salga 3ª, sec. 4ª, na súa sentenza de 20-7-2005 ( Rec. 2151/2002 ) sinala que: 'Sen negar que o procedemento de revisión de oficio dos actos administrativos, do mesmo xeito que o sistema legal de recursos ordinarios, constitúe un medio idóneo para revisar o contido dos devanditos actos, a coexistencia de ambos os procedementos supón necesariamente a existencia de diferenzas entre un e outro. Desde o punto de vista da temporaneidad, o exercicio do recurso ordinario -sexa ante a Administración, sexa ante os Tribunais do Contencioso-Administrativo- está sometido a un prazo preclusivo; en cambio cabe instar a revisión de oficio dos actos administrativos incursos en nulidade en calquera momento, como prevé especificamente o artigo 102.1 da Lei 30/92 ( RCL 1992, 2512) , procedendo igualmente formular a oportuna demanda contenciosa contra a decisión que a Administración poida adoptar respecto da revisión instada, aínda que iso non signifique que se abriu un novo prazo de impugnación fronte ao acto cuxa revisión se instou.

»Agora ben: a posibilidade de solicitar a revisión dun acto nulo pola extraordinaria vía do artigo 102.1, non pode constituír unha escusa para abrir ese novo período que posibilite o exercicio da acción do recurso administrativo ou xudicial de impugnación do mesmo, xa caducada, cando o administrado tivo sobrada oportunidade de tentalo no momento oportuno. E precisamente a esta circunstancia refírese o artigo 106 da Lei de Procedemento Administrativo ( RCL 1958, 1258) Común cando condiciona o exercicio da acción de revisión do artigo 102 -aínda nos casos de nulidade radical do artigo 62.1- a que non resulte contrario á equidade, a boa fe, o dereito dos particulares ou outras circunstancias similares', iso leva ao TS na sentenza antedicha a considerar que quen tivo sobradas oportunidades de exercitar acciónelas nulidade ou anulabilidad oportunas ao amparo dos artigos 62 e 63 da Lei [30/1992 ] ( RCL 1992, 2512) , a pesar do cal deixou precluir os prazos legais para efectualo, non pode exercitar tardíamente a súa pretensión de anulación pola vía do recurso de revisión do artigo 102.1, e o tentar facelo así contraviene sen ningunha dúbida a boa fe que ha de presidir o desenvolvemento das relacións xurídicas e a finalidade perseguida polo ordenamento ao establecer un sistema de recursos ordinarios sometidos a prazos taxativamente esixibles para postular tal anulación.

»Doutra banda, a teor da xurisprudencia, débese poñer de manifesto '(...) o carácter restritivo co que debemos afrontar a cuestión que nos ocupa, referida á revisión de oficio dunha determinada actuación administrativa, que, dunha ou outra forma, deveu firme na devandita vía. Así, dixemos que 'o artigo 102 LRJPA ten como obxecto, precisamente, facilitar a depuración dos vicios de nulidade radical ou absoluta de que adoecen os actos administrativos, co inequívoco propósito de evitar que o transcurso dos breves prazos de impugnación daqueles derive na súa inatacabilidad definitiva. Perséguese, pois, mediante esta canle procedimental ampliar as posibilidades de evitar que unha situación afectada por unha causa de nulidade de pleno dereito quede perpetuada no tempo e produza efectos xurídicos a pesar de adoecer dun vicio de tan relevante transcendencia' ( Sentenzas do Tribunal Supremo do 19 de decembro de 2001 ( RJ 2002 , 932) , 27 de decembro de 2006 ( RJ 2006 , 10062) e 18 de decembro de 2007 ( RJ 2008, 1874) ).

»Pero, aínda que, a revisión de oficio pódese realizar en calquera momento e, por tanto, trátase dunha acción imprescriptible, en principio sen límite temporal algún, hai que ter en conta os límites previstos no art. 106 da Lei 30/1992, do 26 de novembro ( RCL 1992, 2512) , que prevé que as facultades de revisión non poderán ser exercitadas cando por prescrición de accións, polo tempo transcorrido ou por outras circunstancias o seu exercicio resulta contrario á equidade, á boa fe, ao dereito dos particulares ou ás leis, (...)'.

Aplicarmos estes principios ó caso de autos e resultaría que a acción de nulidade exercitada sería, dado o tempo transcorrido, contraria á boa fe, en especial, tendo en consideración que a recorrente xa coñeceu as licenzas ó pouco de concedelas - motivaron a denegación das solicitadas por ela- e puido exercitar no seu momento a pretensión de nulidade. Pretendelo 22 anos despois é motivo dabondo para rexeitala solicitude.

QUINTO.- Impoñenselle as custas ata a contía máxima de 1.500 euros para cubrilos custos da asistenza xurídica da administración e codemandados de conformidade co disposto no artigo 139 da Lei Xurisdicional .

Por todo o exposto, en nome do Rey, pola autoridade que lle confire a Constitución, esta sala decidiu

Fallo

Que REXEITÁMOLO recurso contencioso-administrativo presentado por Dª Eva contra a desestimación por silencio da acción de nulidade dirixida contra as resolucións de 16.05.1991 ( exped. NUM000 ) e de 07.02.1991 ( exped. NUM001 ).

Impoñenselle as custas ata a contía máxima de 1.500 euros.

Notifíquese ás partes e, no seu momento, devólvase o expediente administrativo á súa procedencia, con certificación desta resolución. Contra esta resolución teñen un recurso de casación ante a Sala Terceira do Tribunal Supremo. Devandito recurso haberá de prepararse ante a Sala de instancia no prazo de trinta días, contados desde o seguinte ao da notificación da resolución que se recorre, en escrito no que, dando cumprimento aos requisitos do artigo 89 da Lei Reguladora da Xurisdición Contencioso- Administrativa , tómese en consideración o disposto no punto III do Acordo da Sala de Goberno do Tribunal Supremo de data 20 de abril de 2016, sobre extensión máxima e outras condicións extrínsecas dos escritos procesuais referidos ao recurso de casación (B.Ou.E. do 6 de xullo de 2016).

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos.

PUBLICACION. - A sentenza anterior foi lida e publicada o mesmo día da súa data, polo Ilmo. Sr. Maxistrado Relator D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA ao estar a celebrar audiencia pública a Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo doTribunal Superior de Xustiza de Galicia. Dou fe. A CORUÑA, a quince de febreiro de dous mil dezaoito.


Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.