Sentencia Contencioso-Adm...zo de 2018

Última revisión
17/09/2017

Sentencia Contencioso-Administrativo Nº 96/2018, Tribunal Superior de Justicia de Galicia, Sala de lo Contencioso, Sección 4, Rec 15205/2017 de 07 de Marzo de 2018

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 11 min

Orden: Administrativo

Fecha: 07 de Marzo de 2018

Tribunal: TSJ Galicia

Ponente: FERNANDEZ LEICEAGA, FERNANDO

Nº de sentencia: 96/2018

Núm. Cendoj: 15030330042018100113

Núm. Ecli: ES:TSJGAL:2018:884

Núm. Roj: STSJ GAL 884:2018

Resumen:
ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA

Encabezamiento

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00096/2018

-Equipo/usuario: IL

Modelo: N11600

PLAZA GALICIA S/N

N.I.G:15030 33 3 2017 0000540

Procedimiento: PO PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0015205 /2017 /

Sobre:ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA

De D./ña.XFERA MOVILES SA

ABOGADOBEATRIZ RUIZ HERRERO

PROCURADORD./Dª. MARIA DOLORES LUISA VILLAR PISPIEIRO

ContraD./Dª. TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA, CONSELLERIA DE FACENDA

ABOGADOABOGADO DEL ESTADO, LETRADO DE LA COMUNIDAD

PROCURADORD./Dª. ,

RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

NO NOME DE EL-REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

JOSE MARIA GOMEZ E DIAZ CASTROVERDE-PTE

JUAN SELLES FERREIRO

FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

MARIA DEL CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

A CORUÑA, sete de marzo dous mil dezaoito.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 15205/2017, presentado por XFERA MOVILES SA, representado polo procurador Sra. Villar Pispieiro, dirixido polo letrado Dª Ruiz Herrero, contra o acordo de 19.01.2017 do TEAR. É parte a Administración demandada o TEAR, representado polo letrado do Estado e a CONSELLERÍA DE FACENDA coa asistenza do letrado da Xunta.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA.

Antecedentes

PRIMEIRO. -Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.

SEGUNDO.-Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO.- Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.

CUARTO. -Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía 266.125,74 EUROS.


Fundamentos

PRIMEIRO.-O acto que se recorre é o acordo de 19.01.2017 do TEAR que rexeita a reclamación económico administrativa contra a liquidación do ITP derivado das concesións administrativas outorgadas no marco do procedemento da Orde ITC/888/2011 de uso privativo do dominio público radioeléctrico na banda de 1800 MHZ.Prazo da concesión: de 09.08.2011 a 31.12.2030.

Autoliquidación do ITP ( polas tres concesións ) partindo da cantidade na que o recorrente comprometíase como prezo da concesión - art. 13.3.a Real Decreto Legislativo 1/1993 .

Expediente de comprobación limitada: aplicación do artigo 13.3.b Real Decreto Legislativo 1/1993 .

SEGUNDO.-O recurso basáse na: a) falta de competencia da administración tributaria galega para a a tramitación do procedemento, con infraccion do principio de coordinación ente CCAA; b) infracción do art. 33 da Lei 22/2009 en relación co art. 55.a, c) erro na aplicación do artigo 13 Real Decreto Legislativo 1/1993 e d) falta de motivación na determinación da base impoñible e incongruencia omisiva do TEAR.

As administración opóñense ás súas pretensións.

Os motivos A-B deben ser obxecto dunha resposta conxunta dado que parten dun mesmo basamento: o falarmos dunha concesión que excede do ámbito territorial da CCAA Galega esta carece de competencia para xestionalo ITP derivado da concesión ( a determinación da base impoñible deber ser única para tódalas CCAA ), sen que a CCAA Galega poida comprobalo valor.

Coma indica o letrado da Xunta esta Sala optou por outro criterio na sentenza 211/2016 considerando competente á CCAA Galega para proceder, nun expediente de comprobación limitada, a determinala base impoñible dunha concesión aínda que esta supere os límites xeográficos da propia CCAA.

Criterio que debemos ratificar; por unha banda, a administración tributaria galega non seguiu ningún procedemento de comprobación do valor do artigo 57 e 134 Lei 58/2003 ( a mención da Lei 22/2009 debe entenderse no sentido literal/técnico da expresión ) senón un procedemento de comprobación limitada do artigo 123.1.e da Lei 58/2003 dirixido a determinala base impoñible, en concreto, a determinar se a autoliquidación realizaba unha correcta aplicación do artigo 13 Real Decreto Legislativo 1/1993 , dando unha resposta negativa ó partir de cantidades diferentes que resultan da propia concesión, polo que non estarmos ante a limitación do artigo 55.1 a) da Lei 22/2009 .

Tampouco se infrinxe o principio de coordinación entre CCAA; o artigo 55.1.a Lei 22/2009 só establece coma limitación, no caso de concesións que se estendan no territorio de mais dunha CAA, que o expediente de comprobación do valor debe incoalo e resolvelo a CCAA do domicilio fiscal da concesionaria. Coma indicamos, non estarmos ante unha comprobación do valor senón ante unha autoliquidación presentada na CCAA, tendo esta, en consecuencia, as facultades que establece o artigo 117 Lei 58/2003 e entre elas, no que aquí resulta de interese, ás de realizala comprobación limitada ( art. 117.1.h ) e a practica da liquidación correspondente ( art. 117.1.i ).

Que esta actuación da CCAA poida provocar disparidade co criterio doutras CCA - o único que acredita é que a CCAA Asturiana tiña o mesmo criterio - resultando cantidades diferentes a ingresar non é motivo dabondo para privala CCAA Galega das súas competencias en materia de xestión do ITP cando a limitación pretendida non resulta dos termos da lei 22/2009.

A disparidade de sentenzas que poida xurdir pode ser corrixida co actual recurso de casación, o que nos leva a rexeitar que poida falarse de falta de competencia da CCAA.

TERCEIRO.-Verbo da determinación da base impoñible; o recorrente autoliquidou o imposto considerando que estarmos no suposto do artigo 13.3.a, en tanto que a Xunta considerou que era de aplicación o mesmo artigo ( no punto b ) , se ben determina a base impoñible tendo en conta a contía da TAXA do ano 2011.

A base impoñible de Transmisións Patrimoniais Onerosas está constituída por «o valor real do ben transmitido ou do dereito que se constitúa ou ceda» ( art. 7.1 do TR [RCL 1993 , 2849] ). Cando o feito impoñible é o outorgamento dunha concesión, ese valor real identifícase pola lei, como regra xeral, coa contraprestación que o concesionario abona á Administración concedente (art. 13.3 do TR), pois as concesións teñen unha estrutura bilateral e sinalagmática (aínda que non sexan contratos), e a intervención administrativa outorga á devandita contraprestación presunción de coincidencia co valor da concesión.

Coma indica a resolución do TEAC 16.10.2014: nas concesións, como lembra o TEAC na resolución que vimos comentando, o feito impoñible baséase «na cesión de dereitos da autoridade pública a un particular para o desempeño de funcións cuxa titularidade orixinaria correspóndelle a aquela». Á súa vez «a valoración do dereito que se cede -que constitúe en definitiva a base impoñible do imposto-, cuantifícase a efectos fiscais pola contraprestación que o particular satisfai á Administración (canon, reversión, etc.) pola devandita concesión».

Os problemas máis habituais refírense á concreción da base impoñible do imposto que estará constituído polo « valor real do dereito orixinado pola concesión» (artigo 13.3 TRLITP) e para iso o Texto Refundido, no seu artigo 13.3, establece unha serie de regras de aplicación conxunta e complementaria (e non excluínte, nin graduada; pois, como se destaca no referido precepto legal, trátase da «aplicación da regra ou regras») «en atención á natureza das obrigacións impostas ao concesionario» ( artigo 13.3 TRLITP), que teñen en común facer coincidir a base impoñible co importe total das contraprestacións que debe satisfacer a entidade concesionaria á Administración adxudicataria

Reitera a DXT 3012/14: Como se pode observar, o precepto establece dous tipos de regras:

- Regras principais: Inclúense no apartado 3 do artigo 13 do TRLITPAJD. Son as regras que han de aplicarse en primeiro lugar, en función das características da concesión administrativa. Son tres regulas compatibles entre si, de forma que, no seu caso, poden aplicarse simultaneamente. No caso de que resulte aplicable algunha delas, en ningún caso poden utilizarse as regras subsidiarias recollidas no apartado 4 do mesmo artigo.

- Regras subsidiarias: Regúlanse no apartado 4 do artigo 13 do TRLITPAJD e soamente serán de aplicación no caso de que non resulte aplicable ningunha das regras principais establecidas no apartado 3 do mesmo precepto. A diferenza das regras principais, as subsidiarias non son compatibles entre si, senón que se rexen polo sistema de prelación, de forma que, en primeiro lugar, deberá aplicarse a contida na letra a), na súa falta, a da letra b) e, por último, se tampouco é posible, aplicarase a da letra c).

No caso presente a discusión cínguese ás regras principais dado que o recorrente considera que a única cantidade a considerar é o canon que paga por ( cadansúa ) concesión ( 14 millóns de euros ), en tanto que a administración autonómica considera que debemos partir da cantidade pagadeira como taxa no ano 2011.

Verbo da pretensión do recorrente; o prego de clausulas administrativas particulares establecía a obriga - prevista no artigo 5.5.e RD 458/2011 - para os adxudicatarios de facer un ingreso no tesouro público - unha achega direta - de 14 millóns de euros por concesión.

Xunta con esta cantidade temola obriga de satisfacela correspondente TAXA (anual) que, coma recolle a resolución da administración para o ano 2011 ( na parte propocional dende agosto ) foi de 2.367.784,54 euros e que para a administración autonómica acada un total de 50.129.441,81 euros/España/ano 2011 ( e que para a CCAA Galega sería de 2.932.815,40 euros ).

O determinante para resolvela controversia (inclusive co matiza que insire o TEAR) é o contido da concesión administrativa, en concreto, o canon, prezo que se obriga a satisfacelo recorrente, é dicir, a cantidade total que debe pagar pola concesión.

Fronte ó manifestado pola resolución da administración Galega, os 14 millóns de ingresos direto por concesión é parte do prezo e non un simple requisito para poder participar no concurso; a administración ( e o TEAR sumandoo ó prezo anterior ) calcula a base impoñible en atención á TAXA que paga Xfera e que lle obriga o artigo 49 e anexo 1.punto 3 da Lei 32/2003 e recolle o PUNTO SEPTIMO da resolución de 15.06.2011.

O que acontece é que consideramos que este criterio non é correcto dado que a TAXA a satisfacer anualmente non é equiparable os conceptos de PREZO-CANÓN- PARTICIPACION O BENEFICIO MÍNIMO que utiliza o artigo 13.3.B Real Decreto Legislativo 1/1993 .

O concepto de PREZO non ofrece dúbida consonte co artigo 87 e concordantes do TRLCE; o que ofrece mais dúbidas é o concepto de CANON.

O dereito vixente dá cobertura expresa á introdución no contrato de xestión, dunha prestación consistente no pago dun canon polo concesionario ao Concello. O artigo 115.8ª do aínda vixente RSCL/1955 establece que unha cláusula mínima deses contratos administrativos é a eventual previsión dun 'canon ou participación que houber de satisfacer, no seu caso, o concesionario á Corporación'. Segundo declara a Sentenza do Tribunal Supremo do 30 de novembro de 2001 : 'o canon é a suma que o concesionario ha de abonar á Administración precisamente por razón da concesión'.

Do dito resulta que PREZO/CANÓN son conceptos que reflicten unha mesma realidade e que son cousas distintas da TAXA que establece o artigo 49 e Anexo I-punto 3 da Lei 32/2003 . Taxa que non pode ser tida en conta para calculalo ITP derivado da concesión o que carreta que acollámolo recurso.

CUARTO.-Impoñenselle as custas ó TEAR e Consellería de Facenda ( nun 50% a cadanseu ) ata o límite máximo de 1.500 euros para cubrilos custos da representación e asistenza xurídica do recorrente, de conformidade co disposto no artigo 139 da Lei Xurisdicional .

Por todo o exposto, en nome do Rey, pola autoridade que lle confire a Constitución, esta sala decidiu

Fallo

Que acollémolo recurso contencioso-administrativo presentado por XFERA MOVILES SA contra a resolución de 19.01.2017 do TEAR ( Liquidacion ITP, exped. NUM000 ) anulándoa por contraria a dereito.

Impoñenselle as custas ata o límite máximo de 1.500 euros.

Notifíquese ás partes e, no seu momento, devólvase o expediente administrativo á súa procedencia, con certificación desta resolución. Contra esta resolución teñen un recurso de casación ante a Sala Terceira do Tribunal Supremo. Devandito recurso haberá de prepararse ante a Sala de instancia no prazo de trinta días, contados desde o seguinte ao da notificación da resolución que se recorre, en escrito no que, dando cumprimento aos requisitos do artigo 89 da Lei Reguladora da Xurisdición Contencioso- Administrativa , tómese en consideración o disposto no punto III do Acordo da Sala de Goberno do Tribunal Supremo de data 20 de abril de 2016, sobre extensión máxima e outras condicións extrínsecas dos escritos procesuais referidos ao recurso de casación (B.Ou.E. do 6 de xullo de 2016).

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos.

PUBLICACION. - A sentenza anterior foi lida e publicada o mesmo día da súa data, polo Ilmo. Sr. Maxistrado Relator D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA ao estar a celebrar audiencia pública a Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo doTribunal Superior de Xustiza de Galicia. Dou fe. A CORUÑA, sete de marzo dous mil dezaoito.


Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.