Última revisión
07/05/2024
Sentencia Penal 23/2024 Audiencia Provincial Penal de A Coruña nº 2, Rec. 1204/2023 de 19 de enero del 2024
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 56 min
Orden: Penal
Fecha: 19 de Enero de 2024
Tribunal: AP A Coruña
Ponente: XERMAN VARELA CASTEJON
Nº de sentencia: 23/2024
Núm. Cendoj: 15030370022024100016
Núm. Ecli: ES:APC:2024:162
Núm. Roj: SAP C 162:2024
Encabezamiento
C/. DE LAS CIGARRERAS Nº 1
Teléfono: 981 18 20 74 /75/36
Correo electrónico: seccion2.ap.coruna@xustiza.gal TFNO. 881 881 899 /895/ 896/ 898
Equipo/usuario: ML
Modelo: 213100
N.I.G.: 15009 41 2 2020 0001094
Juzgado procedencia: XDO. DO PENAL N. 2 de A CORUÑA
Procedimiento de origen: PROCEDIMIENTO ABREVIADO 0000235 /2022
Delito: ESTAFA (TODOS LOS SUPUESTOS)
Recurrente: Violeta, Santos , Secundino
Procurador/a: D/Dª ANA VERONICA SEXTO QUINTAS, CARMEN GOMEZ CORTES , LUIS ANGEL PAINCEIRA CORTIZO
Abogado/a: D/Dª MAGALI VAZQUEZ RIVERA, MONICA RODRIGUEZ GARCIA , DAVID MIRAMONTES SANTISO
Recurrido: MINISTERIO FISCAL, Belen
Procurador/a: D/Dª , RAQUEL SANCHEZ PEREZ
Abogado/a: D/Dª , CRISTINA FARALDO CABANA
================================================= ===========
================================================= ===========
A Coruña, 19 de xaneiro de 2024
Foi visto pola Sección 2ª desta Audiencia Provincial, na causa tramitada co número desta sala 1204/2023, os recursos de apelación interpostos por:
A procuradora Ana Sexto Quintas en nome e representación de Violeta, asistida pola letrada Margalí Vázquez Rivera,
A procuradora Carmen González Cortes en nome e representación de Santos, asistida pola letrada Mónica Rodríguez García,
O procurador Luis Ángel Painceira Cortizo en nome e representación de Secundino, asistido polo letrado David Miramontes Santiso,
Todos eles se dirixen contra a sentenza do 2 de xuño de 2023 ditada no Procedemento Abreviado 447/2020 do Xulgado do Penal nº 2 da Coruña.
Constituíronse como partes os recorrentes, a acusación particular exercitada pola procuradora Raquel Sánchez Pérez en nome e representación de Belen, asistida pola letrada Cristina Faraldo Cabana e o Ministerio Fiscal na representación que lle é propia; e actuou como relator o maxistrado
Antecedentes
"
E, como feitos probados, recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela:
"
También realizó personalmente y para su lucro personal la acusada Violeta varias compras en la tienda online Amazon al menos 6 operaciones de adquisición de productos cuya suma importa la cantidad de 436,73 € y que pagó con la tarjeta de su conocido Bienvenido.
Este acusado también utilizó la tarjeta cuyos datos había adquirido ilícitamente para comprar en la plataforma digital Amazón una compra de una incubadora automática de 48 huevos por importe total de 93,94 €, si bien tal encargo lo hizo por cuenta y para Santos.
Bienvenido denunció los hechos en fecha 13-5-2020 cuando recibió el extracto bancario correspondiente (recordar que los meses de marzo y abril de 2020 fueron meses de confinamiento domiciliario por motivo de la pandemia del Covid-19) reclamando por estos hechos."
Hechos
Non se aceptan os de instancia que son substituídos por:
La acusada no sólo realizó tales adquisiciones para si misma sino que además facilitó el número de la tarjeta de crédito y el resto de datos necesarios al acusado Ángel para que él también pudiera durante esos meses de marzo y abril de 2020 enriquecerse ilícitamente con la adquisición de servicios y productos cuyos cargos de compra se cargarían en la tarjeta de Bienvenido.
También realizó personalmente y para su lucro personal la acusada Violeta varias compras en la tienda online Amazon al menos 6 operaciones de adquisición de productos cuya suma importa la cantidad de 436,73 € y que pagó con la tarjeta de su conocido Bienvenido.
Por último, el acusado Secundino no consta que recibiese de Violeta los datos de la tarjeta de crédito de Bienvenido.
Bienvenido denunció los hechos en fecha 13-5-2020 cuando recibió el extracto bancario correspondiente (recordar que los meses de marzo y abril de 2020 fueron meses de confinamiento domiciliario por motivo de la pandemia del Covid-19) reclamando por estos hechos
Fundamentos
O
Violeta aproveitou a súa relación de traballo con Bienvenido para coñecer os datos da tarxeta bancaria deste que permitían o seu uso en internet.
Unha vez con eses datos, en marzo e abril de 2020, realizou diversas operacións, sen coñecemento de Bienvenido. Afirma que se realizaron ata 55 operacións coa tarxeta por un importe de 2.163 euros.
Concretamente destaca dos realizadas persoalmente por Violeta e para si 18 pedidos en Just Eat (1.053,75 euros) e 6 en Amazon (436,73 euros). Daqueles 18 pedidos, 10 foron servidos no domicilio de Secundino (522,50 euros) e manifesta a sentenza que non consta que soubese dos datos da tarxeta, pero si que se puxo de acordo con Violeta para recibir eses envíos e
Ademais do anterior, afirma o relato de feitos probados que Violeta entregou os mesmos datos a Ángel que os empregou para 1 cargo de pago a Netflix (15,99 euros).
Por último, manifesta a sentenza, que Violeta deu os datos bancarios da tarxeta de Bienvenido que coñecía a Santos e este realizou 4 pedidos á aplicación Just Eat (210,80 euros) e cargou en 2 ocasións un total de 70 euros a botemania.es. Ademais, Santos tería encargado a Ángel que realizase 1 adquisición en Amazon para el, para Santos, por importe de 93,94 euros.
Afirma que non se probou que Secundino, Ángel e Santos coñecesen as operacións realizadas por Violeta nas que non participasen eles segundo o descrito.
A
Afirma que Violeta culpa a Santos pero entende que a súa versión é ilóxica e non ten credibilidade. Así, analiza que esta acusada manifestou que naquel momento compartía o teléfono con Santos e foi el quen realizou os usos descritos. Ao maxistrado de instancia parécelle imposíbel compartir un teléfono e afirma que
Si da credibilidade ao manifestado por Torcuato que explicou que a el os datos deullos Santos dicíndolle que podía usalos, e que tamén dixo que o cargo en Amazon por el realizado foi por encargo de Santos.
A partir de dar por certo que Santos proveu dos datos a Torcuato, considera probado que a aquel deullos Violeta por ser a única deles que tiña contacto co titular da tarxeta e ser no seu beneficio a maioría das operacións e ser o segundo máis beneficiado o seu amigo Secundino.
Segundo.- Recurso de Violeta.
Aínda que existen elementos que relacionan uns e outros recursos, procede dar resposta a cada un deles pois son perfectamente deslindábeis os razoamentos de cada un deles.
Certamente a sentenza peca por momentos de escasas referencias aos elementos probatorios documentais que apoian as súas afirmacións e argumentos e non traslada con absoluto detalle as transaccións ás que se refiren os feitos probados. Pese a iso, o certo é que remite a unha documental que o Ministerio Fiscal si detalla na súa impugnación con máis detalle e que consta nas actuacións e pode ser contrastada por esta sala como procederemos a realizado en relación con cada recurso.
O recurso de apelación en nome de Violeta discute que resultase acreditado que o titular da tarxeta fose enganado por non ter comparecido no momento da vista, que se acreditase que Violeta actuase para inducir a erro á vítima e que só se acreditou que Violeta e o titular da tarxeta traballaban xuntos e tiñan unha relación de amizade. Apela xenericamente ao principio de presunción de inocencia.
O
Sobre este recurso de apelación
No referido a esta acusada o certo é que os elementos probatorios atendidos son abundantes e precisos. Así, debemos partir de que non se pode discutir que os cargos bancarios se produciron. Igualmente, a introdución da versión do titular da tarxeta, tristemente falecido, atópase nun dos supostos do artigo 730 LACrim co que a súa valoración é perfectamente válida e axustada á norma. Neste sentido, ademais, a negación de que el autorizase semellante uso por outras persoas, que parte nin coñecía, non parece reclamar un gran esforzo argumental.
A partir de aí o recurso só xira ao redor da proba do engano causante da disposición patrimonial. Tal alegación non ten ningunha transcendencia, pois o imputado é o delito previsto actualmente no artigo 249.1 letra b) do Código penal que sanciona a quen usando fraudulentamente, entre outros medios, tarxetas bancarias realicen operacións en prexuízo do seu titular ou un terceiro:
O recurso de apelación en nome de Santos considera que o relato de feitos probados pugna co expresado no razoamento de valoración probatoria sobre este acusado. Destaca, neste sentido, que se razoa que Santos non tiña relación ningunha co titular da tarxeta, nin posibilidade de obter por si os datos bancarios. A esta persoa se lle atribúen nos feitos probados 4 pedidos de comida e o encargo a Torcuato para que este realizase para el un encargo en Amazon. O recurso manifesta que os teléfonos e correos electrónicos deses catro pedidos eran de Ángel e Secundino, e os domicilios de entrega de Violeta, a súa familia ou Secundino. Defende que a rotura da relación de Santos con Violeta produciuse o 14 de marzo, co que cando se fixeron os pedidos el residía lonxe de onde se entregaron. No referido ás manifestacións de Torcuato, considera que non cabe dar credibilidade a ese outro acusado que non é ata o acto do xuízo que declara que o encargo por el realizado en Amazon foi por terllo encargado Santos, sendo que se negou a responder ás preguntas da defensa dese outro acusado. De aí nega que caiba atender á declaración dun coimputado ante a ausencia de elemento corroborador ningún.
O
A
A Santos se lle atribúe a realización de catro pedidos mediante a aplicación Justeat. Concretamente os numerados como 17, 20, 21 e 22 da relación que consta no Atestado. En todos eles consta como usuario identificado Santos. Producíronse, respectivamente, os días 30 e 31 de marzo e 4 e 9 de 2020. As direccións de entrega foron RUA000 NUM005, DIRECCION001 NUM003, CAMINO000 NUM002 e de novo DIRECCION001 NUM003. O teléfono de contacto foi en todos os casos o NUM004. O
Debemos analizar a secuencia de pedidos a esa aplicación de comidas. En total son 22.
O primeiro é o 19 de marzo, data na que se producen 3 pedidos dos que 2 son cancelados. Nos 3 aparecía a mesma usuaria ( Violeta) e o mesmo número de teléfono ( NUM006) usado por Violeta e o mesmo mail de contacto ( DIRECCION004). O primeiro, cancelado, puña como dirección DIRECCION001 NUM003 (A Coruña), os seguintes RUA001 NUM007 (Ferrol).
Tras iso prodúcense pedidos a esa RUA001 de Ferrol, domicilio de Secundino, usando o mesmo usuario, teléfono e mail de contacto os días 20, 21, 22 (medio día e dous de noite), 23 e 25 de marzo [pedidos 2 a 9].
O 25 e o 26 de marzo cos mesmos datos fanse pedidos para RUA002 NUM007 (A Coruña) [pedidos 10 e 11].
O 27 de marzo ao medio día volven os pedidos a RUA001 de Ferrol cos mesmos datos pero variando o teléfono ( NUM008) usado por Secundino [pedido 12].
O mesmo 27 á noite volven pedidos a DIRECCION001 NUM003 (A Coruña) co mesmo número de teléfono do principio, mesma usuaria e mesmo mail. Repítense dirección e datos os días 28 e 29 (dous na noite) [pedidos 14, 15 e 16].
O día 30 pola mañá (12:22 horas) hai un pedido para RUA000 NUM005 (Arteixo) e aparece por primeira vez como nome de usuario Santos, teléfono NUM004 e mail DIRECCION005 [pedido 17] tanto o número como o mail teñen por titular á nai de Ángel, pero sería el o usuario. Ese día hai dous pedidos máis, un ás 15:30 e outro ás 23:34 horas, aquel a DIRECCION001 NUM003 (A Coruña) e este a RUA001 en Ferrol co nome de usuaria, mail e teléfono de Violeta [pedidos 18 e 19].
Ao día seguinte, 31 de marzo, ao medio día hai outro pedido a esa dirección de DIRECCION001 NUM003 (A Coruña) que usa, por primeira vez para esta dirección, o nome de usuario de Santos e o teléfono e mail xa indicados no pedido 17 [pedido 20].
O día 4 de abril prodúcese de novo o uso do nome de usuario de Santos e o teléfono e mail xa indicados no pedido 17, pero para unha entrega en CAMINO000 (Arteixo) [pedido 21].
A última entrega produciuse o 9 de abril e usou de novo o nome de usuario de Santos e o mesmo teléfono do pedido 17, pero neste caso con outro mail que era o DIRECCION003 e volvendo a ser o pedido para DIRECCION001 (A Coruña) [pedido 22].
Constan cargos nun perfil atribuído a Santos na páxina botemania.es por importes de 20 e 10 euros o 7 de marzo, 20 euros o 9 de marzo e 20 euros o 12 de marzo.
No referido ao cargo da plataforma Netflix, consta que se realizou dando como número de contacto o terminado en 9845 e o mail DIRECCION005 e foi realizada o 25 de marzo.
Por último, o 10 de abril consta realizado un pedido a Amazon dunha incubadora a nome, co teléfono e mail e para a dirección de Ángel.
Observados eses datos, non comentados na sentenza, resulta que os catro pedidos realizados mediante a aplicación Justeat usando o nome de Santos son realizados dando como teléfonos e mail de contactos os usados por Ángel. Igualmente, consta que o primeiro (o 17) faise a un local de Arteixo para entregar nesa localidade, o segundo e o cuarto (20 e 22) no domicilio de Violeta en Coruña, e o terceiro en Arteixo. É relevante que o único dato que era irrelevante para obter a entrega era o do nome de usuario, pois tanto os de contacto como os de entrega debían ser reais para obter o pretendido. E de todos eses datos só aquel nome de usuario relaciona a Santos con estes feitos, pois o resto corresponden con datos de teléfonos ou mails correspondentes a Ángel. Dos catro pedidos, dous se producen nun domicilio que aparece reiteradamente usado por Violeta que existen indicios de que naquela altura xa non tiña relación con Santos e, de feito, ese nome aparece xusto despois de que conste nun informe que se produciu a ruptura da relación de Santos con Violeta, o que fai menos improbábel que se usase ese nome de usuario precisamente pola desafección cara el produto desa situación. Os outros dous foron en domicilios de Arteixo, localidade onde consta documentado que residía Ángel e non Santos. A propia sentenza afirma que este residía en Ferrol como argumento para desacreditar a versión de Violeta que pretendía atribuírlle a Santos o control de todas as operacións de pedido de comida. Sendo así, non compartimos que eses datos supoñan confirmación ou corroboración do sostido por Ángel cando atribúe a Santos a realización deses pedidos, pois os datos obxectivos (dende que teléfono e a que dirección se enviaban) apuntan á autoría de Ángel e non a de Santos, e deste só constaba que se dera o nome. Contra o afirmado na impugnación do recurso, Ángel obtén unha ganancia evidente, pois, como acabamos de ver, os datos obxectivos apuntaban á súa autoría. O mesmo cabe dicir do pedido a Amazon por Ángel, ao seu nome e para recibilo no seu domicilio. Non hai ningún dato que non sexa a propia declaración autoexculpatoria de Ángel que permita relacionar a Santos con ese envío.
Por todo o anterior, a atribución deses envíos (os 4 de Justeat e o de Amazon) a Santos só atopa apoio probatorio na declaración do coimputado Ángel que é quen, precisamente, aparece relacionado con eles polos datos de carácter obxectivo. Non podemos considerar suficientemente confirmada esa versión dos feitos e dende logo non é a versión de Ángel a única críbel e lóxica. Todo o contrario, os datos obxectivos fan críbel que fose o propio Ángel que realizase os encargos para si e tal versión alternativa é lóxica se por tal entendemos a coherente co acreditado, e tamén se con tal expresión quere dicirse que esa versión aparece como posíbel, pois posíbel é que, trala ruptura da parella, ou nun dos momentos dela, Violeta e outras persoas empregasen o nome de Santos sen que el tivese relación con eses actos.
Restarían unicamente os catro cargos realizados por internet a unha páxina de xogos. O acusado recoñece que os fixo, pero manifesta que naquel momento si sostiña a relación con Violeta e que empregou os datos que esta lle deu pensando que eran dunha tarxeta dela. Que naquela altura Violeta dispuña de forma continuada desa tarxeta quedou acreditado segundo observamos antes. Co cal a hipótese da defensa é que a parella do acusado manifestoulle que estaba autorizada a usar desa tarxeta ben por ser dela ou ben por outros motivos e que el descoñecía que non era así. Esa hipótese, no conxunto de circunstancias observados non é irrazoábel, polo que non cabe rexeitala sen máis cando non se ten apuntado ningún indicio probatorio sólido para volvela inatendíbel.
Por todo o indicado procede acoller o recurso de apelación de Santos e proceder á súa absolución con declaración de oficio das custas ocasionadas.
Cuarto.- Recurso de Secundino.
O recurso de apelación en nome de Secundino parte de que a propia sentenza manifesta que non consta que Violeta lle dese os datos bancarios obtidos e de que só consta que os pedidos mencionados foron realizados para a súa entrega no domicilio do recorrente, pero non que el estivese de acordo con Violeta en que se realizasen ou en que se pagasen a cargo da tarxeta de Bienvenido. Nega a afirmación na sentenza de que tres dos acusados, Violeta, Santos e o propio recorrente, botásense a culpa entre si, pois defende que el a ninguén culpou, ningunha relación tivo con Santos, salvo saber que foi parella de Violeta, e non coñecía a Torcuato. Analiza as declaracións realizadas para destacar que Violeta negou ter estado no domicilio do recorrente cando se realizaron os pedidos, Santos dixo non ter estado no seu domicilio, pero si saber cal é, e Torcuato manifestou que Santos
De novo
A
Na análise do anterior recurso detallamos os envíos que constan descritos no Atestado. Efectivamente, consta neles que en 9 ocasións dende o teléfono e usando o mail de contacto de Violeta foron realizados pedidos de comida para entregar no domicilio de Secundino. Nunha das ocasións o pedido foi cancelado. Ademais, nunha das ocasións o teléfono usado foi o de Secundino, pero o mail seguiu sendo o de Violeta, que é, ademais, a usuaria identificada sempre en todos os pedidos, segundo describimos antes. A sentenza razoa por que a versión, máis ben de Violeta que de Secundino, sobre pedidos realizados por Santos non aparece como razoábel. Niso asístelle razón, pero ante unha acusación penal non é tan estraño que a pretensión da defensa fose, dado o que manifestaba a coacusada, negar toda relación, sen que iso evite que nos debamos cuestionar que se deduce da proba. E nesa análise que conste como domicilio de entrega o deste acusado non supón necesariamente que el participase dese uso da tarxeta allea. Todo o contrario, é completamente habitual e esperábel que cando un grupo de persoas que piden comida para compartir nun domicilio, unha delas se encargue de realizar o pedido e, despois, fagan as contas que consideren precisas entre elas. Neses casos, por simple máxima de experiencia, non verifica cada persoa como a encargada de realizar o pedido paga o servizo. Desa forma, é perfectamente coherente co acreditado que Violeta asumira esa posición de xestionar o pedido, pagalo, sen coñecemento dos demais, contra a tarxeta bancaria da que obtivera os datos e despois fixera ou non as contas correspondentes. Así pois, do único dato de que se entregase no domicilio dunha persoa un pedido, non cabe inferir que esta realizou o pedido ou sabía como se pagaba. Non podemos obviar que naquel momento Violeta realizaba habitualmente eses pedidos e aí sen dúbida con coñecemento da conta aos que os cargaba. Nesas circunstancias que nunha ocasión pedíranlle o teléfono ao recorrente non varía a conclusión. Efectivamente, de novo entra nunha normalidade que nunha ocasión concreta unha persoa pida a outra o teléfono para facer un encargo común sexa cal fose o motivo. É máis, nesa ocasión, pese a usarse o teléfono do recorrente, todo o resto de datos eran os usados habitualmente por Violeta amosando que era o usuario xerado por ela o que controlaba a acción.
Procede acoller tamén este recurso.
Por todo o explicado,
Fallo
Que debemos
Que debemos
Ao notificar esta sentenza, déaselle cumprimento ao previsto no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial.
Notifíqueselles a presente sentenza ás partes facéndolles saber que esta resolución non é firme e que contra ela, de conformidade co art. 851.1 da Lei de axuizamento criminal, cabe interpor un
Así o pronunciamos, mandamos e asinamos, mediante esta sentenza, da cal se levará certificación ao rolo de sala e que se anotará nos rexistros correspondentes.

