Última revisión
15/11/2023
Sentencia Penal 295/2023 Audiencia Provincial Penal de A Coruña nº 2, Rec. 39/2021 de 28 de julio del 2023
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 67 min
Orden: Penal
Fecha: 28 de Julio de 2023
Tribunal: AP A Coruña
Ponente: XERMAN VARELA CASTEJON
Nº de sentencia: 295/2023
Núm. Cendoj: 15030370022023100297
Núm. Ecli: ES:APC:2023:2037
Núm. Roj: SAP C 2037:2023
Encabezamiento
C/. DE LAS CIGARRERAS Nº 1 - EDIFICIO ANTIGUA FABRICA DE TABACOS. 1ª PLANTA
Teléfono: 981 18 20 74 /75/36
Correo electrónico: seccion2.ap.coruna@xustiza.gal TFNO. 881 881 899 /895/ 896/ 898
Equipo/usuario: TD
Modelo: N45650
N.I.G.: 15030 43 2 2019 0005670
Delito: APROPIACIÓN INDEBIDA (TODOS LOS SUPUESTOS)
Denunciante/querellante: MOTORS GARAGE SL, MINISTERIO FISCAL
Procurador/a: D/Dª EDUARDO PARDO COLLANTES,
Abogado/a: D/Dª JOSE IGNACIO DE ARSUAGA BALLUGERA,
Contra: Lorenzo
Procurador/a: D/Dª MANUEL CUPEIRO CAGIAO
Abogado/a: D/Dª JUAN MANUEL SANTOS PORTO
A Coruña, vinte oito de xullo de dous mil vinte e tres
Foi vista ante a Sección Segunda desta Audiencia Provincial a
Actuou como relator o maxistrado
Antecedentes
No auto polo que se acordou a dita apertura sinalouse esta Audiencia Provincial como o órgano competente para o coñecemento e a resolución da causa. Deuse traslado das actuacións á defensa do acusado, que presentou o seu escrito de defensa. Deseguido remitíronse as actuacións a esta Sala.
O Ministerio Fiscal, que no seu escrito de conclusións provisionais cualificara os feitos como delito de estafa dos previstos nos artigos 248.1 e 250.4 do Código penal e do mesmo delito dos artigos 248.1 e 249 do mesmo texto legal, fixo as seguintes variacións nas súas conclusión no momento de emisión de conclusións definitivas: na conclusión segunda variaba a cualificación xurídica para pasar a considerar que os feitos eran constitutivos de delito de apropiación indebida dos previstos nos artigos 253 e 250.1.5º do Código Penal. Ademais mantiña a petición de pena contra o acusado, ao que consideraba autor do delito, fixándoa en tres anos de prisión, a inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo nese tempo, e nove meses de multa cunha cota diaria de doce euros, pero engadía que a pena de prisión fose substituída pola expulsión do territorio nacional ao abeiro do artigo 89 do Código Penal.
A acusación particular, que no seu escrito de conclusións provisionais cualificara os feitos como delito de apropiación indebida do artigo 253 do Código penal, fixo as seguintes variacións nas súas conclusión no momento de emisión de conclusións definitivas: asumir como alternativa subsidiaria á súa propia cualificación a proposta no escrito de conclusións provisionais do Ministerio Fiscal e da que este desistira.
A defensa mantivo as súas conclusións instando a libre absolución do seu defendido. Foille concedida a última palabra ao acusado.
Hechos
1.1 Contrato financiación. [Folios 175 a 180]
Que en data indeterminada pero en todo caso anterior a xullo de 2014, a entidade BS Motors Garage SL asinou un contrato coa entidade Volkswagen Finance SA EFC.
O contrato era titulado
A empresa BS Motors Garage SL era sinalada como
No contrato constaba como
Tras diversas mencións, como a referida aos xuros aplicábeis ou o custe do préstamo entre outras, constaba
Constaba acto seguido que o prestatario recoñecía deber esa contía e que se comprometía a devolvela en 70 prazos segundo o Anexo e cos vencementos que se detallaban no cadro de amortización.
Segundo ese plan de amortización as cotas mensuais eran de 1.364,43 euros, sendo a primeira referida de 28 de maio de 2014. As sucesivas aparecen pola mesma contía ata abril de 2017. No documento entregado nesta causa, consecuencia da intervención notarial en abril de 2017, esa mensualidade consta a 0 euros e as seguintes (a primeira maio de 2017) aparecen a 1.055,96 euros ata a última de 28 de marzo de 2020. Segundo ese Plan, nesa data o debido sería 0.
A cláusula 3 do contrato afirmaba que a súa natureza era mercantil e o seu obxecto era a concesión dun préstamo para a adquisición do obxecto referido nas cláusulas particulares (o Porsche Cayenne indicado).
Tras diversas cláusulas referidas ás posíbeis vicisitudes do préstamo, constaban as seguintes:
Cláusula 9:
Cláusula 10:
Cláusula 11:
Finalmente, no relevante para este caso, e tras outras mencións:
Cláusula 14:
1.2 Datos na DXT. [Folio 154]
O vehículo foi matriculado por primeira vez o 30/04/2014.
Só tivo como titular a BS Motors Garage SL.
Constaba unha
2.1 Contrato financiación. [Folios 181 a 186]
Que en data indeterminada, a entidade BS asinou un contrato coa entidade Volkswagen Finance SA EFC.
O contrato era titulado Contrato de préstamo de financiación a comprador de bienes muebles.
A empresa BS Motors Garage SL era sinalada como
No contrato constaba como
Tras diversas mencións, como a referida aos xuros aplicábeis ou o custe do préstamo entre outras, constaba
Constaba acto seguido que o prestatario recoñecía deber esa contía e que se comprometía a devolvela en 71 prazos segundo o Anexo e cos vencementos que se detallaban no cadro de amortización.
Segundo ese plan de amortización as cotas mensuais eran de 1.434,78 euros, sendo a primeira referida de 28 de maio de 2014. As sucesivas aparecen pola mesma contía ata abril de 2017. No documento entregado nesta causa, consecuencia da intervención notarial de abril de 2017, esa mensualidade consta a 0 euros e as seguintes (a primeira maio de 2017) aparecen a 1.152,77 euros ata a última de 28 de abril de 2020. Segundo ese Plan, nesa data o debido sería 0.
A cláusula 3 do contrato afirmaba que a súa natureza era mercantil e o seu obxecto era a concesión dun préstamo para a adquisición do obxecto referido nas cláusulas particulares (o Porsche Panamera indicado).
Tras diversas cláusulas referidas ás posíbeis vicisitudes do préstamo, constaban as seguintes:
Cláusula 9:
Cláusula 10:
Cláusula 11:
Finalmente, no relevante para este caso, e tras outras mencións:
Cláusula 14:
2.3 Datos na DXT. [Folio 153]
O vehículo foi matriculado por primeira vez o 27/02/2014.
A primeira titularidade foi de Porsche Ibérica, esa mercantil transmíteo o 08/05/2014 a Automoviles Artal e esta o 26/05/2014 a BS.
Constaba unha
[Folio 14]
O 29 de abril de 2014 asinaron un documento a mercantil BS Motors Garage SL e Lorenzo.
Tras identificarse manifestaban:
4.1 Primeiro contrato. [Folios 163 a 170]
Que o 10 de novembro de 2015 a entidade BS asinou un contrato coa entidade FCA Capital España EFC SA.
O contrato era titulado
A empresa BS Motors Garage SL era denominada
No contrato constaba como obxecto del un vehículo Land Rover RR Evoque 2.0l TD4 D.
O nome do provedor era Automoviles Sánchez SL.
O
Aparecía como
Acto seguido constaba como
Por último constaba a mención
Constaban as seguintes cláusulas a destacar:
2.-
3.-
Aparece tamén unido un cadro no que consta o importe das cotas que son unha inicial de 26.426,40 euros (data 10/11/2015), sucesivas de 223,86 euros cada mes dende esa mesma data e ata 10/10/2018 e unha O.C. de 26.678,59 euros (resultado de aplicar o IVE á de 22.048,42 euros).
Tamén un Anexo coa mesma data 10/11/2015 que concretaba un límite máximo de quilómetros de 30.000 por ano, o valor por depreciación por quilómetro excedido e as opcións do arrendatario financeiro ao finalizar o período.
4.2 Modificacións contrato. [Folios 171 a 173]
Que o día 29 de novembro de 2018 as mesmas empresas asinaron un Anexo ao anterior contrato polo que facían constar que BS solicitara unha ampliación do prazo contractual de cesión do uso.
Que por ese motivo era ampliada a cesión en 48 meses dende a data de sinatura e ata o 29 de outubro de 2022. Nese período BS Motors Garage SL comprometíase a pagar 48 mensualidades de 510,76 euros (máis IVE), vencendo a primeira o mesmo día da sinatura e a última nesa de 2022 mencionada.
A efectos de opción de compra o Valor Residual quedaba fixado en 510,76 euros, máis IVE.
4.3 Datos na DXT. [Folio 155]
O vehículo foi matriculado por primeira vez o 18/11/2015.
Só tivo como titular a BS.
Constaba unha
Quinto.- Ingresos realizados por Sr. Lorenzo
[Folios 132 a 138]
Lorenzo realizou as seguintes transferencias a contas da entidade BS Motors Garage SL (na última columna o concepto se consta e os 4 últimos díxitos da conta beneficiaria).
2014/01/30 3.004,50 8434 TRF.SEPA. BS MOTORES GARAGE SL
2014/04/14 3.004,50 8434 TRF.SEPA. BS MOTORS
2014/04/15 2.303,45 8434 TRF.SEPA. BS MOTORS
2014/08/25 8.425,20 8434 TRF.SEPA. BS MOTORS
2014 16.737,65
2015/01/05 2.800 4263
2015/03/02 5.600 4263
2015/05/11 2.800 4263
2015/06/09 2.800 4263
2015/10/19 2.800 4263
2015/10/29 22.218 4263
2015/11/03 2.800 4263
2015/12/09 2.800 4263
2015/12/17 25.625 4263
2015 70.243
2016/01/09 2.800 4263
2016/02/12 2.800 4263
2016/03/22 2.800 4263
2016/05/18 2.800 4263
2016 11.200
2017/04/12 2.000 8434 TRASFER. A BS MOTORS
total 100.180,65
O Sr. Lorenzo recibiu os tres vehículos descritos que lle foron entregados pola mercantil BS Motors Garage SL e fixo uso deles ben directamente ou ben entregándollos a familiares para que eles os usaran.
Ata xuño de 2016 o Sr Lorenzo pagou todas as contías que pactara coa entidade BS Motors Garage SL polos acordos que tiñan en relación cos tres vehículos.
O Sr. Lorenzo non entregou dende ese momento e ata a celebración de xuízo a posesión de ningún dos vehículos descritos á mercantil BS Motors Garage SL.
O día 12 de abril de 2019 un letrado en nome de BS Motors Garage SL remitiu un burofax a Lorenzo que non consta que este recibise (folios 16 a 18). O día 7 de maio de 2019 remitiullo a Milagrosa que tampouco consta que o recibise (folios 19 a 21).
Fundamentos
A proba practicada consistiu na achega da documentación que consta unida ás actuacións e que na súa práctica totalidade é mencionada no relato de feitos probados para facilitar a localización. Ademais diso, e da declaración do acusado no inicio da vista, foille tomada declaración ás testemuñas propostas polas acusacións que foron Leovigildo (representante legal da empresa BS Motors Garage SL) e Milagrosa (que foi parella do acusado co que ten fillos). Ademais, a acusación particular propuxo no inicio da vista, e foille admitido, que fora oído como testemuña Martin que foi parte daquela mercantil un tempo e mantén relación amizade co seu representante legal. Tamén no inicio da vista achegou nova documental a acusación (multas derivadas do uso dos vehículos) e a defensa (documentación dunhas Dilixencias previas tramitadas nun Xulgado de Zaragoza) que se admitiu e uniu.
No referido aos tres vehículos achegouse documentación relativa ás relacións da mercantil BS Motors Garage SL (en diante, mercantil BS) con terceiras empresas no momento en que aquela recibiu a posesión de cada un dos coches. Tamén constan as correspondentes certificacións da Dirección Xeral de Tráfico cos datos que, aos efectos propios do seu rexistro administrativo, constaban ante ese órgano administrativo. Esa documentación é a que xustifica proclamar probados os feitos primeiro, segundo e cuarto.
Debemos en todo caso indicar que no caso dos dous vehículos da marca Porsche, o que a acusación particular achegou á causa (folios 256 a 267) non foi a documentación dos contratos de adquisición deses dous vehículos como anunciou. Achegou a documentación producida no momento no que, en 2017, foi dobrada a póliza do préstamo que se outorgara no 2014, pero non os documentos dos primeiros contratos aos que accedemos por constar reproducidos se ben de forma que dificultou enormemente a súa lectura. Ademais, non temos documento ningún das relacións que puidera ter, se así foi, coa empresa que aparece como vendedora dos dous vehículos.
No caso do vehículo da marca Land Rover, o que se entregou foi o contrato que, este si, plasmaba un contrato de arrendamento financeiro entre a financeira desa marca e a mercantil BS.
Declaramos probado que o Sr Lorenzo recibiu a posesión deses vehículos ao entregarllos a empresa BS, e tamén que permaneceu como posuidor ata a actualidade por manifestalo así en todo momento tanto o representante desa empresa como o propio acusado. Polo mesmo motivo, proclamamos probado que ambas partes asinaron o contrato que aparece datado por elas como de 29 de abril de 2014 (folio 14), pois ambas partes así o recoñeceron e o documento foi achegado á causa. Tamén ambas partes afirman que ese documento foi redactado por persoas empregadas da mercantil BS. Despois volveremos sobre que motiva que non poidamos proclamar o mesmo no referido ao outro documento achegado pola acusación particular, e sobre o alcance da proba en canto ao negocio plasmado, e o subxacente, entre elas.
As entregas de diñeiro por medio de transferencia que foron trasladadas ao relato de feitos probados son aquelas que a defensa acreditou por medio de documentación que consta aos folios indicados no mesmo relato de feitos probados. Esa documentación acredita que se produciron esas transferencias. O motivo delas e a súa transcendencia xurídica en canto ao cumprimento de obrigas contractuais non xorde necesariamente desa documentación. Non consta en ningún dos documentos achegados unha referencia concreta que permita estabelecer con precisión se a concreta disposición respondía a un ou outro contrato. En todo caso, a acusación particular non negou a realidade das transferencias, nin tampouco que respondera a estes contratos. Despois volveremos sobre a transcendencia que lle podemos dar neste proceso a esas circunstancias.
Non resultou acreditado, e por iso non consta nos feitos probados, que o señor Lorenzo asinara o contrato entregado pola acusación que aparece datado en novembro de 2015 e referido ao vehículo Land Rover (folio 15). O acusado negou en todo momento a súa sinatura. Foi practicada proba caligráfica e non puido determinar nada sobre a autoría. Contrasta aquela negativa coa a asunción do primeiro contrato que, en principio, podería ser aparentemente tan contraditorio coa versión do acusado como este segundo. A acusación particular non despregou máis proba para acreditar esa autoría sen que, dende logo, sexa suficiente a súa propia declaración. Non outra consideración pode ter o manifestado polo representante da mercantil en xuízo. A declaración da testemuña proposta por esa mercantil nada achega, primeiro por ser, de novo, unha declaración que podemos na práctica considerar como de parte, dadas as relacións da testemuña coa empresa BS de carácter mercantil, amizade e incluso interese no asunto. Segundo, en todo caso, dado que en realidade esa testemuña só refire o que lle relataron pois el non estaba no momento destas contratacións e non podería aclarar se efectivamente foi ou non asinado o documento.
Tampouco cabe ter por probada máis reclamación que a documentada. Consta nese sentido un burofax remitido a nome do acusado o 12 de abril de 2019 que non foi entregado, outro a nome da parella do acusado o 7 de maio de 2019 tampouco foi entregado. O representante da acusación particular manifestou que dirixira múltiples reclamacións ao Sr Lorenzo no mesmo sentido que a súa versión dos feitos, e afirma que o Sr Lorenzo daba diversas escusas para non devolver os vehículos nin pagar o comprometido. O acusado nega que existisen esas reclamacións co contido manifestado pola acusación. Afirma que el si reclamaba da outra parte que se liquidase a situación e que lle desen explicación dos pagos que xa realizara e a que se imputaban. Neste punto compre destacar que a acusación reprocha ao sr Lorenzo que non acreditase documentalmente que remitiu mensaxes ao representante da empresa BS, pero non ten a mesma exixencia coa súa propia proba na que non consta acreditada concreta reclamación máis aló dos burofaxes enviados e non recibidos. Pouco podemos engadir da declaración de Milagrosa. Por un lado, aparece desligada actualmente do acusado, e, por outro, manifesta que ela non coñecía os detalles das relacións do acusado coa empresa. Manifesta que só sabía que mercaban coches xuntos, pero a imprecisión do seu recordo non nos permite darlle especial credibilidade. Por outro lado, ela relatou que Leovigildo non lle reclamou nada a ela pese a ter o seu teléfono e si falar con ela para contactar co acusado. Segundo ela a primeira reclamación que recibiu foi xa do Xulgado e relacionada con esta causa. Así pois, tampouco de aí podemos extraer proba da suposta continuidade nas reclamacións.
Non é preciso realizar un repaso doutrinal do delito de estafa para constatar que non cabe cualificar os feitos como constitutivos dese delito. O delito de estafa exixe que se teña producido mediante engano un erro noutra persoa que leve a esa persoa a realizar unha disposición patrimonial. Neste caso pretende a acusación que se cometeu ese delito identificando a disposición patrimonial coa entrega dos tres vehículos. O engano consistiría nesa versión en facer crer que había intención de cumprir coas obrigas que se asumían nos acordos entre as partes. Ademais das dificultades para determinar que acordaron exactamente as partes, aspecto sobre o que volveremos despois, o caso é que a propia denuncia manifestaba que o Sr. Lorenzo cumprira coas súas obrigas ata xuño de 2016 ingresando unha importante cantidade de diñeiro en atención a eses acordos. Non cabería afirmar en ningún caso que se acreditou que dende o primeiro momento o señor Lorenzo tivese a intención de non realizar os pagos. En ningún caso cabe afirmar que se acreditase feito ningún que permita concluír nesa ausencia inicial de vontade contractual. O propio relato da acusación recoñece que ata xuño de 2016 cumpríronse as obrigas asumidas e iso supuña un importante desembolso que non aparenta de xeito ningún unha mera estratexia para facer nacer unha confianza que xa existía entre as partes e que derivaba do patrimonio do que dispuña o acusado. Por ese motivo procede rexeitar que dos feitos dedúzase a comisión dun delito de estafa.
A descrición típica require para poder proclamar cometido este delito que se produza un acto de apropiación, é dicir unha actuación en cualidade de propietario que supoña a integración no patrimonio propio (ou no do terceiro beneficiado) do recibido con esas obrigas. Tal actuación debe producirse incumprindo esas obrigas, é dicir cando, conforme á dinámica das relacións en cada caso, nacese esa obriga que non é atendida. Por isto último, só cabe afirmar a comisión do delito cando efectivamente naceu esa obriga de entrega ou devolución e non é cumprida daquela específica forma que supón a intención de facer propio o ben ao que se refira. Noutras palabras, incumprir a obriga de devolución non constitúe delito sen prexuízo das consecuencias civís que poida supor. Só en caso de que, ademais de incumprir esa obriga, exista un acto de incorporación ao patrimonio caberá entender cometido o delito.
Dada esa pretensión na cualificación xurídica, a condena require acreditar que o Sr. Lorenzo recibiu por un título que obrigaba a devolver ou entregar, que naceu esa obriga e non foi atendida, e que non se atendeu mediante a integración no patrimonio, propio ou dun terceiro, dos bens, o que presupón que se actúa con esa intención.
O primeiro que non podemos considerar suficientemente acreditado é cal era a concreta relación entre as partes. Noutras palabras cal era o alcance do título polo que o acusado recibía os tres vehículos e a que se obrigaba concretamente. Debemos lembrar que estamos analizando un elemento de feito típico, é dicir que a súa proba é presuposto dunha condena penal. Xa que logo, a valoración probatoria responde ás esixencias dos principios propios do proceso penal e iso inflúe tanto na valoración probatoria sobre os feitos que se poden ter por probados, como na interpretación xurídica das consecuencias deses feitos a nivel contractual. Ambas cousas poden ter outra resposta noutras xurisdicións, pero debemos cinguirnos ao que este proceso reclama.
O problema aparece dado que o achegado á causa amosa moi pouco rigor na documentación e seguimento das relacións contractuais entre as partes. Tal cousa apréciase na redacción dos documentos, pero tamén na constancia dos pagos si realizados como despois veremos. No que atinxe á documentación das relacións entre as partes, a súa redacción correspondeu á mercantil que exerce a acusación particular. Non podemos esquecer na valoración que estamos ante unha empresa mercantil que tiña por obxecto social, precisamente, a compra e venda de vehículos co que non se lle pode supor descoñecemento das diversas posibilidades contractuais nas transaccións con vehículos, as obrigas e facultades que cada unha supón e a relevancia da documentación desas operacións. Igualmente é relevante que se recoñecera en xuízo que os documentos asinados entre as partes foron redactados por persoal da empresa BS e eran asinados polo Sr Lorenzo nun ámbito de confianza polas relacións de amizade que daquela lles unía. A interpretación dos contratos e das operacións debe vir marcada por esas coordenadas.
Comezamos a análise polo referido aos dous vehículos Porsche.
Quedou acreditado que a mercantil BS adquiriu eses vehículos doutra mercantil ao tempo que asinaba, para facer pago do prezo á mercantil vendedora, un contrato de préstamo coa entidade Volkswagen Finance SA EFC (en diante, a financeira). Nos dous casos os contratos incluían dúas cláusulas sucesivas aparentemente contraditorias. Así, na novena asumía a mercantil BS a obriga de non allear os vehículos (prohibición de dispor) sen autorización expresa, o que supón que era propietaria pois noutro caso non tería tal facultade e non sería precisa tal cláusula. Esa cláusula supón que a transmisión pola mercantil BS representaría un incumprimento contractual por parte de quen se obrigaba nese contrato, a mercantil BS. Máis discutíbeis serían os efectos fronte a terceiros. Na inmediata, a décima, porén afirmábase que o dominio pertencía á financeira ata o completo pago. Se era así, a mercantil BS non podía transmitir o dominio e, de feito, podería incluso constituír delito se se simulaba unha titularidade que non se tiña. En calquera caso, os contratos achegados demostran que entre a mercantil BS e a financeira non había ningún contrato que podamos cualificar de
O anterior tenta referir cal era o título que, ao abeiro deses contratos, lexitimaba a posesión da mercantil BS pois, pese ás protestas do representante desa empresa, tal cousa inflúe de forma notábel nas posibilidades que esa empresa tiña e, por iso, na interpretación das relacións entre esa mercantil e o acusado. É preciso engadir, que unha cousa diferente é valorar que datos podía ter o acusado sobre esas relacións. Non se acreditou en ningún caso que soubera do alcance das relacións coa financeira, moito menos do alcance das cláusulas novena e décima mencionadas. Si cabe inferir que sabía da existencia dalgunha relación, pois no contrato que recoñece que asinou é mencionada a financeira se ben a mención é a Porsche e non é ese o nome comercial da que realizou esa operación. Dende logo, non se pode, contra reo, afirmar que soubera do alcance do título posesorio ostentado pola mercantil BS, e tampouco, por iso mesmo, que esta en realidade non era propietaria ou, de selo, tiña restrinxida a súa capacidade de disposición.
Analizada a relación da mercantil BS coa financeira, hai que analizar a relación que deriva na posesión dos vehículos por parte do acusado, é dicir na relación deste con aquela primeira mercantil. O título quedou documentado no escrito datado o 29 de abril de 2014 (folio 14). O documento, redactado pola mercantil que exerce a acusación particular, resulta incoherente e confuso. Ademais dun compendio de erros gramaticais, o relevante é que soporta diversas interpretacións sobre cal era a vontade contractual ao asinalo. O documento consta dun primeiro parágrafo que aparece como o corpo do acordado, e, tras el, unha relación de contías que non se explican axeitadamente.
No referido ao primeiro parágrafo o seu contido é:
(i) Que ambas parten manifestan que o acusado ingresou o 2 de abril de 2014 74.600 € nunha conta da mercantil BS.
(ii) Que ese ingreso foi
(iii) Que o que pactan é que eses dous coches
(iv) Por último, acordaban que
Tras iso mencionaba o documento diversas contías cos títulos
O contrato, pois, constata unha transferencia do acusado á mercantil. Afirma que a contía transferida corresponde ao que denomina
Nese primeiro parágrafo afírmase tamén que o coche
En todo caso, o documento, lembramos que redactado pola mercantil, afirma que esa permanencia no rexistro era
Seguindo co documento, remataba remitindo a un momento posterior (en cinco meses) para realizar un novo documento
As acusacións pretendeu nalgún momento que estaríamos ante un contrato de
Pois ben, o contrato que se documentou non contén ningunha referencia a un período temporal polo que se cedía o uso, pero tampouco ningunha especificación das obrigas que asumía a mercantil BS que conformaran esa prestación de servizos propia dese tipo de contrato. Si aparece unha referencia a dúas contías co título
Como dixemos antes, existen imprecisións non explicadas na relación de contías que seguen ao primeiro parágrafo. As dúas primeiras denomínanse
As dúbidas que restan son importantes. Non se aclara se se trataba dun compromiso por un determinado período de tempo, tampouco se tras el o acusado tiña un dereito a adquirir o vehículo e, se o tiña, en que condicións. Por outra banda, non se aclaraba que sucedía en caso de incumprimento dos pagos por parte do acusado e se a mercantil tiña dereito a optar entre diversas opcións ou non.
Diferente é a situación no referido ao vehículo Land Rover.
En canto ás relacións da mercantil BS coa empresa vendedora, como plasmamos nos feitos probados, aquí si estamos ante un contrato de
A acusación particular pretendeu que as relacións dela co acusado polo que lle entregaron este vehículo rexíanse polo documento que din asinado o 20 de novembro (folio 15). Xa explicamos que non podemos ter por probado tal feito. O acusado manifestou en todo momento que recibiu o Land Rover nas mesmas condicións que os outros dous coches, pois, dada a confianza, simplemente falaron de adquirir outro coche da mesma forma que os dous primeiros. Non é unha hipótese irrazoábel dadas as relacións de confianza que claramente os relacionaba naquel momento. De feito consta que na altura de novembro de 2015 o acusado estaba ao día nos pagos que se entendían comprometidos e aparece unha transferencia importante o 29 de outubro que podería responder aos novos contactos. Iso podería ser coherente con querer dar continuidade ao pactado con referencia aos outros dous coches. Esa dúbida, polo que xa explicamos, debe resolverse coa hipótese máis favorábel ao acusado que é non ter por probado o pretendido pola acusación, aínda que iso non lexitime para ter por probada a versión contraria (é dicir, a da defensa).
Desa forma é aplicábel aquí o razoado respecto dos dous vehículos anteriores e a adquisición da posesión polo acusado. En ningún deles cabe que teñamos por probado en que concretas condicións se produciu a recepción e, por iso mesmo, en que momento nacía a obriga de devolución que se di incumprida. Fallaría xa por iso un elemento fundamental do tipo penal.
7 Para tentar dar claridade ao pactado e asumido por cada parte debemos contrastar tamén o comportamento posterior acreditado. Entregados os vehículos, a mercantil BS asumía fronte á financeira pagos de cotas que tiñan por primeiro vencemento o 28 de maio de 2014, ademais dos desembolsos iniciais xa comentados. No documento asinado co acusado recoñecían que este pagara as que denominan
En canto á relación polos Porsches, o documento asinado co acusado en abril de 2015 recoñecían que este pagara as que denominan
Por outra banda, en relación co Land Rover, descoñecendo as concretas relacións ao non estar acreditado que o documento achegado fose asumido polo acusado, teríamos que o 1 de xuño de 2016 venceran xa 7 mensualidades das previstas nas relacións da mercantil BS con Land Rover por un importe de 1.567,02 e, ao que sumar a primeira cota de 26.426,40 € cun total de 27.993,42 €.
A suma desas contías, que sería o que tería que ter abonado o acusado de ser certa a versión da acusación particular, son 83.977,62 €.
Pois ben, o acusado acreditou, aos efectos deste proceso, ter realizado transferencias nos anos 2014, 2015 e ata o un de xuño de 2016 por importe de 98.180,65 €. A esta contía habería que sumar a que se recoñece no documento do 29 de abril de 2014 como pagada para alcanzar a suma de 172.780,65 € como o total que levaba abonado o acusado á mercantil naquel momento.
Atendemos á totalidade das contías que se acreditou documentalmente que se transferiran á conta da mercantil BS. Certamente hai un ingreso de xaneiro do 2014 que xera certa dúbida pois aparece afastado do momento no que se documentaron estas relacións. Agora ben, o documento achegado acredita que se produciu, a defensa imputouno expresamente a estes pagos e a acusación particular non negou a relación e limitouse a referir que recoñecía o cumprimento ata xuño de 2016. Ademais, un dos vehículos foi matriculado por Porsche Ibérica en febreiro de 2014 para transferir a titularidade administrativa á empresa que llo transfire á mercantil, por iso non é rexeitábel que xa entón houbera algún contacto en relación coa elección do coches ou das súas características. Esa dúbida, neste proceso penal, debe levarnos a computar esa transferencia.
A acusación particular e o Ministerio Fiscal consideran que a non restitución sería constitutiva de delito. Fronte a iso, o acusado manifestou que a súa pretensión non foi facerse cos vehículos. Sinalou que nese momento el valorou que a mercantil non lle daba explicacións razoábeis das cantidades que pagara xa e das que restarían por pagar. Di que por ese motivo reclamou que ambas partes se reuniran para aclarar que cantidades eran debidas e, mentres iso non se producía, paralizou os pagos derivados das relacións entre as partes.
Certo é que en xuízo, de forma confusa, afirmou, ademais, que a operación en realidade supuña unha forma de préstamo por parte do acusado á empresa BS. Esta versión dos feitos non quedou en absoluto acreditada como xa adiantamos ao analizar o texto do documento asinado polas partes. Pola contra, aparece como moi pouco razoábel. A defensa pretendeu que en realidade as transferencias eran préstamos que xeraban un crédito a favor do acusado que debía ser saldado no momento da venta dos coches. Mentres esa venta non se producía os coches serían, segundo iso, usados polo acusado. O propio acusado buscaría posíbeis compradores. Tal cousa carece de sentido pois a mercantil, de ser iso certo, adquiriría uns coches que usaría o acusado facéndolles perder, polo simple uso, valor económico. Despois de desfrutar deles o acusado, de chegarse vender só cabe esperar que fose por menos contía que a de adquisición. Así pois a mercantil sempre perdería diñeiro. Ademais non explica iso nin o contido do documento asinado (a interpretación da expresión
Pero, rexeitada esa interpretación, non por iso podemos ter por acreditada a pretendida polas acusacións. A pretensión de condena sostida polas acusacións obriga a ter por probado o título polo que se transmitía a posesión, a obriga que derivaba dese título e que a desatención desa obriga derivou dun acto de apropiación polo acusado dos vehículos. Como indicamos nos anteriores razoamentos, non acreditou con suficiente claridade a acusación particular que título unía ás partes e que obrigas concretas derivaban del. En todo caso, cabería argumentar, dado que o propio acusado nega ser propietario dos vehículos e o tempo pasado, fose cal fose o título procedería a devolución. Pero, aínda dando certa razón a ese argumento, atopamos dúas hipóteses diferentes sobre a non devolución. Unha é a pretendida pola acusación cando afirma que o acusado fixo propios os vehículos coa intención de integralos no seu patrimonio, Outra é a manifestada en xuízo polo acusado cando afirma que retivo os vehículos ante a ausencia de explicacións pola outra parte sobre as contías que, dixo, el ía pagando. Esta última versión non aparece como irrazoábel. Son varios os factores que nos permiten esa conclusión. Segundo explicamos antes, aparecen acreditadas múltiples transferencias a favor da mercantil sen aclarar o concepto de cada unha. Tampouco neste xuízo a mercantil BS explicou esas distintas transferencias e incluso o seu representante pretendeu aducir que nada tiña que explicar dos títulos polos que el adquiriu os coches. As sumas das contías que se acreditou que se transferiron e as que se recoñece no documento contractual como ingresadas dan unha contía transferida en xuño de 2016 superior á que derivaría das obrigas asumidas. Sorprende que sexan suspendidos os pagos en xuño de 2016, en novembro de 2018 a mercantil BS ampliou o contrato de arrendamento financeiro que afectaba ao Land Rover, e non consta remitido burofax ata febreiro de 2019 e maio dese mesmo 2019, mes no que xa é presentada a denuncia que deu lugar ao inicio deste procedemento. Esa secuencia parece referir relacións máis complexas que as propias do arrendamento que defendeu a acusación particular que se daban. Cabe pois admitir que o sucedido fose un acto de retención dos bens móbeis por unha das partes sen que tivese pretensión de facer propios eses bens. A partir de aí caberá predicar as responsabilidades civís que procedan tanto polo suposto incumprimento contractual como pola posesión destes anos e, incluso, a perda de valor que se producise, pero non suporía a comisión de delito.
A debilidade probatoria e argumentativa das teses das acusacións non permiten ter por probadas teses da defensa que tampouco o foron. Agora ben, obrigan a un relato de feitos probados do que non cabe derivar a presenza dos elementos típicos que xustificarían unha condena e por iso obrigan a decidir a absolución do acusado con declaración de oficio das custas causadas.
Tras seren vistas as disposicións legais citadas e demais de xeral aplicación do Código penal e da Lei de axuizamento criminal,
Fallo
Notifíquese a presente sentenza, da que se unirá certificación ao correspondente rolo de Sala, ás partes, instruíndoas de que contra esta cabe RECURSO DE APELACIÓN a presentar ante esta Audiencia para ante a Sala do Civil e do Penal do Tribunal Superior de Xustiza dentro dos DEZ DÍAS seguintes ao da última notificación da sentenza, o cal se tramitará conforme o establecido nos art. 790, 791 e 792 da LACrim.
Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza, da cal se levará unha certificación ao rolo de sala e que se anotará nos rexistros correspondentes..
