Última revisión
06/10/2023
Sentencia Penal 243/2023 Audiencia Provincial Penal de A Coruña nº 2, Rec. 52/2020 de 29 de junio del 2023
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 166 min
Orden: Penal
Fecha: 29 de Junio de 2023
Tribunal: AP A Coruña
Ponente: XERMAN VARELA CASTEJON
Nº de sentencia: 243/2023
Núm. Cendoj: 15030370022023100241
Núm. Ecli: ES:APC:2023:1636
Núm. Roj: SAP C 1636:2023
Encabezamiento
C/. DE LAS CIGARRERAS Nº 1 - EDIFICIO ANTIGUA FABRICA DE TABACOS. 1ª PLANTA
Teléfono: 981 18 20 74 /75/36
Correo electrónico: seccion2.ap.coruna@xustiza.gal TFNO. 881 881 899 /895/ 896/ 898
Equipo/usuario: AL
Modelo: 787530
N.I.G.: 15006 41 2 2016 0100258
Delito: ESTAFA (TODOS LOS SUPUESTOS)
Denunciante/querellante: Begoña, Bernarda , Blanca , Efrain , MINISTERIO FISCAL
Procurador/a: D/Dª MARIA ELISA GARCIA FERNANDEZ, MARIA ELISA GARCIA FERNANDEZ , MARIA ELISA GARCIA FERNANDEZ , MARIA ELISA GARCIA FERNANDEZ ,
Abogado/a: D/Dª PABLO MANUEL DE ACOSTA GONZALEZ, PABLO MANUEL DE ACOSTA GONZALEZ , PABLO MANUEL DE ACOSTA GONZALEZ , PABLO MANUEL DE ACOSTA GONZALEZ ,
Contra: XUNTA DE GALICIA, Fausto , Elisenda
Procurador/a: D/Dª , RAFAEL OTERO SALGADO , RAFAEL OTERO SALGADO
Abogado/a: D/Dª LETRADO DE LA COMUNIDAD, LUCIANO PRADO DEL RIO , LUCIANO PRADO DEL RIO
ILMA. Sra. PRESIDENTA
DONA MARIA-CARMEN TABOADA CASEIRO
ILMOS. Sres. MAXISTRADOS
DON SALVADOR-PEDRO SANZ CREGO
DON XERMAN VARELA CASTEJON- relator
A Coruña a 29 de xuño de 2023
Foi vista ante a Sección Segunda desta Audiencia Provincial a
- Elisenda, con DNI NUM000, nada o día NUM003 de 1970, e
- Fausto, con DNI NUM000, nado o día NUM004 de 1974.
Ambos foron representados por polo procurador Rafael Otero Salgado e defendido polo avogado Luciano Prado del Rio.
Compareceu a Letrada da Xunta de Galicia ao ser citada esa institución como responsábel civil subsidiaria.
Foi parte acusadora o Ministerio Fiscal, e, como acusación particular, Begoña, que presentou o seu propio escrito de acusación, e Bernarda, Blanca e Efrain, todos eles representados pola procuradora Elisa García Fernández e asistidos polo letrado Pablo Manuel de Acosta González.
Actuou como relator o maxistrado
Antecedentes
O Xulgado traslado as dilixencias ao Ministerio Fiscal e ás acusacións particulares, que presentaron cada unha o seu escrito de acusación con petición de apertura de xuízo oral.
O Xulgado acordou, entón, a apertura sinalouse esta Audiencia Provincial como o órgano competente para o coñecemento e a resolución da causa.
Tras iso, o Xulgado deu traslado das actuacións á defensa dos acusados, que presentaron os seus escritos de defensa, como tamén o fixo a chamada como responsábel civil. Deseguido remitíronse as actuacións a esta Sala.
No momento de emitir as súas conclusións definitivas o Ministerio Fiscal modificou o seu escrito de acusación segundo consta nas actuacións. A acusación particular elevounas a definitivas e o propio fixo a defensa e a Letrada da Xunta de Galiza.
O Ministerio Fiscal, nesas conclusións definitivas, solicitou a inclusión no seu relato de feitos dos que explicou en sala e variou a súa petición de pena así como a referida á responsabilidade civil.
A vista de xuízo rematou dando a última palabra ás persoas acusadas.
Hechos
Ao solicitalos simulaban que quen os pedía eran outras persoas que nada sabía desas peticións.
a) unha fotografía do DNI da persoa cuxo nome era usado,
b) recibos bancarios falsificados para simular que esa persoa era titular da conta na que se ía producir o ingreso e que en realidade pertencía ou a un dos acusados ou a ambos.
Coa consideración de recibos bancarios, en todos os casos remitiron unha notificación falsificada do banco ao cliente de ter realizado un pago dunha domiciliación ou un cargo directo. Nalgunha ocasión, ademais deses recibos enviouse outro recibo que informaba do ingreso do salario que se simulaba nesa conta (
Ás veces enviouse, xunto ao anterior, unha nómina falseada sempre a nome de quen aparecía como peticionario do préstamo. Salvo nos casos que se indicará expresamente, esas nóminas simulaban ser nóminas emitidas a favor desa persoa por algunha Consellería da Xunta de Galicia.
Ao acudir as persoas usuarias ao servizo atendido por ela debían exhibir o seu DNI. Nalgunhas ocasións aproveitou ese momento para pedirlles a algunhas das persoas usuarias que lle entregaran o DNI e realizoulle co seu teléfono unha fotografía. Esas fotos eran as que despois remitían ás empresas coas solicitudes de préstamos.
As nóminas da Xunta remitidas a nome de cada prestamista aparente eran confeccionadas polos acusados manipulando informaticamente a nómina de Elisenda.
Nalgúns casos, devolveron o diñeiro que se lle ingresara como consecuencia dos préstamos cos xuros ou os cargos correspondentes.
Noutros casos adiaron o momento de devolución pagando diversas cantidades para obter esa ampliación do prazo.
Algunhas realizaron xestións ao coñecer ese uso: chamadas telefónicas, traslados a sucursais bancarias, interposición de denuncias ou declaracións policiais e xudiciais.
Fausto usou para obter algúns préstamos o LG G3 asociado daquela á liña telefónica NUM002.
Ambos terminais telefónicos constan incautados.
En cada táboa consta:
Na primeira columna a data de ingreso ou concerto do préstamo.
Na segunda, a empresa prestamista.
Na terceira, o importe recibido e, no seu caso, se ese importe foi devolto.
Na cuarta, os supostos nos que, ademais da fotografía do DNI e recibos bancarios, foi remitida unha nómina falsificada que simulaban ser da Xunta, de non ser así e ser doutra empresa faise constar. Tamén sinalamos os supostos de pagos por adiar o vencemento.
Nas dúas últimas filas faise constar, primeiro, o total importe recibido e, segundo, o total, dese principal recibido, non devolto.
1. Supostos nos que se usou o nome de Adela.
[Folios 448 a 506 da peza principal]
Data Empresa Importe documentos
25/09/2015 Sistemas Financieros Móviles 200 euros
[27/10/15 devolución]
25/09/2015 Vivus Finance 300 euros
28/09/2015 Protocolos y Servicios Financieros 100 euros
[14/10/15 devolución]
28/09/2015 Twice Lamda 300 euros
14/10/2015 Protocolos y Servicios Financieros 200 euros
[30/10/15 devolución]
27/10/2015 Sistemas Financieros Móviles 300 euros
Nómina simulada
27/10/2015 P 10 Finance 280 euros Nómina simulada
30/10/2015 Protocolos y Servicios Financieros 320 euros Nómina simulada
03/10/2016 Twinero SL 255 euros Nómina simulada
2255 euros
1755 euros
2. Supostos nos que se usou o nome de Amalia.
[Folios 228 a 291 da peza documental, e 221 a 228 da principal]
Data Empresa Importe documentos
17/10/2015 Sistemas Financieros Móviles 150 euros
[17/11/2015 devolución]
18/10/2015 Twice Lamda Investiments 300 euros
19/10/2015 Vivus Finance 300 euros
19/10/2015 P 10 Finance 280 euros
20/10/2015 Protocolos y Servicios Financieros 100 euros
[04/11/2015 devolución]
24/10/2015 Twinero 300 euros Nómina simulada e
Pagos por adiamento
04/11/2015 Protocolos y Servicios Financieros 200 euros Nómina simulada
16/11/2015 Sistemas Financieros Móviles 250 euros Nómina simulada
1880 euros
1630 euros
3. Supostos nos que se usou o nome de Teodoro.
[Folios 292 a 329 da peza documental]
Data Empresa Importe documentos
09/03/2015 Sistemas Financieros Móviles 150 euros Nómina simulada
12/03/2015 Vivus Finance 300 euros Crédito vendido
13/03/2015 Protocolos y Servicios Financieros SL 150 euros Nómina simulada
13/03/2015 P 10 Finance 280 euros
15/03/2015 Twice Lamda Wonga 300 euros
1180 euros
1180 euros
Ademais realizaron unha solicitude que foi rexeitada o 10/03/2015.
4. Supostos nos que se usou o nome de Casilda.
[Folios 330 a 351 da peza documental]
Data Empresa Importe documentos
15/09/2015 Twinero 300 euros Nómina simulada
Pagos por adiamento
300 euros
300 euros
Ademais solicitaron créditos o 13/09/2015 e 22/09/2015 que lle foron denegados.
5. Supostos nos que se usou o nome de Bernarda.
[Folios 352 a 412 da peza documental]
Data Empresa Importe documentos
29/07/2015 Vivus Finance 300 euros
29/07/2015 Sistemas Financieros Móviles 150 euros Nómina simulada
30/07/2015 P 10 Finance 280 euros
17/08/2015 Twinero 300 euros Nómina simulada
Pago por adiamento
19/08/2015 Twice Lamda Investiment 300 euros
1330 euros
1330 euros
Ademais solicitaron outro o 30/07/2015.
6. Supostos nos que se usou o nome de Luis Pablo.
[Folios 413 a 436 da peza documental]
Data Empresa Importe documentos
20/04/2015 P 10 Finance 280 euros
20/04/2015 Sistemas Financieros Móviles 200 euros Nómina simulada
Pagos por adiamento
23/04/2015 Protocolos y Servicios Financieros 150 euros Nómina simulada
Pagos por adiamento
630 euros
630 euros
Ademais pediron outros en 20/04/2015 e 19/08/2015.
7. Supostos nos que se usou o nome de Estefanía.
[Folios 437 a 478 da peza documental]
Data Empresa Importe documentos
29/08/2015 Twinero 300 euros Nómina simulada
30/08/2015 P 10 Finance 280 euros
13/09/2015 Sistemas Financieros Móviles 200 euros Nómina simulada
17/09/2015 Protocolos y Servicios Financieros 200 euros Nómina simulada
980 euros
980 euros
8. Supostos nos que se usou o nome de Flor.
[Folios 479 a 496 da peza documental]
Data Empresa Importe documentos
25/11/2015 Twinero 300 euros Nómina simulada
300 euros
300 euros
Ademais realizaron outra solicitude o 29/11/2015.
9. Supostos nos que se usou o nome de Gloria.
[Folios 497 a 536 da peza documental]
Data Empresa Importe documentos
16/05/2015 Sistemas Financieros Móviles 200 euros
[15/06/2015 devolución]
17/05/2015 Protocolos y Servicios Financieros 100 euros
[01/07/2015 devolución]
10/06/2015 Vivus Finance 300 euros Pagos por adiamento
15/06/2015 Sistemas Financieros Móviles 350 euros Nómina simulada
18/06/2015 P 10 Finance 380 euros
01/07/2015 Protocolos y Servicios Financieros 200 euros
[17/07/2015 devolución]
17/07/2015 Protocolos y Servicios Financieros 250 euros Nómina simulada
1780 euros
1280 euros
Ademais constan denegados varios de maio a agosto de 2015 (un por mes).
10. Supostos nos que se usou o nome de Isidora.
[Folios 537 a 577 da peza documental]
Data Empresa Importe documentos
21/02/2016 Sistemas Financieros Móviles 150 euros Nómina simulada Blusens Tecnology SL (folio 545)
21/02/2016 Vivus Finance 300 euros
27/02/2016 Twinero 300 euros Nómina simulada Xunta
27/02/2016 Protocolos y Servicios Financieros 100 euros
[13/03/2016 devolución] Nómina simulada Blusens Tecnology SL (folio 551)
10/03/2016 Protocolos y Servicios Financieros 200 euros
[25/03/2016 devolución] Nómina simulada Blusens Tecnology SL (folio 551)
1050 euros
750 euros
Ademais en tres ocasións (o 21/02/2016 dúas e o 13/03/2016 outra) solicitaron préstamos que non lle foron concedidos.
11. Supostos nos que se usou o nome de Lorenza.
[Folios 578 a 622 da peza documental]
Data Empresa Importe documentos
31/10/2015 Twinero 300 euros Nómina simulada
01/11/2015 P 10 Finance 280 euros Nómina simulada
01/11/2015 Sistemas Financieros Móviles 150 euros Nómina simulada
15/11/2015 Protocolos y Servicios financieros 100 euros Nómina simulada
830 euros
830 euros
12. Supostos nos que se usou o nome de Benigno.
[Folios 623 a 663 da peza documental]
Data Empresa Importe documentos
11/06/2015 Sistemas Financieros Móviles 150 euros
[13/07/2015 devolución]
11/06/2015 Protocolos y Servicios Financieros 100 euros
[29/09/2015 devolución]
11/06/2015 P 10 Finance 280 euros Nómina simulada
20/06/2015 Twinero 300 euros Nómina simulada
29/06/2015 Protocolos y Servicios Financieros 200 euros Nómina simulada
14/07/2015 Sistemas Financieros Móviles 300 euros Nómina simulada
1330 euros
1080 euros
13. Supostos nos que se usou o nome de Mercedes.
[Folios 664 a 700 da peza documental]
Data Empresa Importe documentos
28/02/2016 Vivus Finance 300 euros Non consta remitida documentación
05/03/2016 Twinero 300 euros Nómina simulada Xunta de Galicia
06/03/2016 Sistemas Financieros Móviles 150 euros Nómina simulada Convergys Group SAI SLU (folio 680)
06/03/2016 Protocolos y Servicios Financieros 100 euros Nómina simulada Convergys Group SAI SLU (folio 673)
850 euros
850 euros
Ademais nunha ocasión (28/02/2016) foi solicitado un préstamo non concedido.
14. Supostos nos que se usou o nome de Alejandra.
[Folios 701a 744 da peza documental]
Data Empresa Importe documentos
09/11/2015 Vivus Finance 300 euros
13/11/2015 Sistemas Financieros Móviles 100 euros Nómina simulada
14/11/2015 Twinero 300 euros Nómina simulada
16/11/2015 Protocolos y Servicios Financieros 100 euros Nómina simulada
800 euros
800 euros
Ademais en dúas ocasións (15/11/2015 e 27/11/2015) foi solicitado un préstamo non concedido.
15. Supostos nos que se usou o nome de Azucena.
[Folio 745 a 755 da peza documental]
Data Empresa Importe documentos
20/09/2015 P 10 Finance 280 euros Nómina simulada
280 euros
280 euros
16. Supostos nos que se usou o nome de Marcial.
[Folio 756 a 773 da peza documental]
Data Empresa Importe documentos
29/11/2015 P 10 Finance 260 euros Nómina simulada
260 euros
260 euros
Ademais consta un préstamo solicitado a este nome en data 12/12/2013 que non se concedeu sen chegar a ser remitida documentación.
17. Supostos nos que se usou o nome de Estibaliz.
[Folios 774 a 794 da peza documental]
Data Empresa Importe documentos
23/03/2015 P 10 Finance 280 euros
25/03/2015 Twice Lamda Wonga 300 euros Pago por adiamento
580 euros
580 euros
Ademais o 29/03/2015 solicitan un denegado e outro o 20/04/2015 so mesmo resultado.
18. Supostos nos que se usou o nome de Efrain
[Folios 795 a 825 da peza documental]
Data Empresa Importe documentos
20/07/2015 P 10 Finance 220 euros
08/09/2015 Twinero 250 euros Nómina simulada e pago por adiamento
470 euros
470 euros
Ademais o 19/07/2015 solicitaron un denegado, o 19/09/2015 un que foi cancelado
19. Supostos nos que se usou o nome de Pablo.
[Folios 826 a 849 da peza documental]
Data Empresa Importe documentos
25/03/2015 Sistemas Financieros Móviles 200 euros
[29/06/2015 devolución] Pago por adiamento
27/03/2015 P 10 Finance 230 euros Nómina simulada
30/06/2015 Sistemas Financieros Móviles 300 euros Nómina simulada
Pago por adiamento
730 euros
530 euros
Ademais o 29/03/2015 solicitaron un denegado. Varias peticións foron dirixidas á mesma empresa en abril, xuño e agosto de 2015.
20. Supostos nos que se usou o nome de Ramón.
[Folios 850 a 860 da peza documental]
Data Empresa Importe documentos
16/08/2015 Twice Lamda Investiment 300 euros Pago por adiamento
300 euros
300 euros
Ademais neste caso realizaron algún rexistro sen chegar remitir máis documentación.
21. Supostos nos que se usou o nome de Noelia.
[Folios 861 a 869 da peza documental]
Data Empresa Importe documentos
09/02/2015 Vivus Finance 300 euros A empresa vendeu o crédito a outra empresa
300 euros
300 euros
Ademais o 29/01/2015 solicitaron outro que se lles denegou.
22. Supostos nos que se usou o nome de Secundino.
[Folios 985 a 1034 da peza documental]
Data Empresa Importe documentos
26/01/2015 Vivus Finance 300 euros vendido o crédito
27/01/2015 Twinero 300 euros Nómina simulada
29/01/2015 Sistemas Financieros Móviles 200 euros Nómina simulada
02/02/2015 Protocolos y Servicios Financieros 100 euros Nómina simulada
900 euros
900 euros
Ademais constan pedidos outros créditos a este nome pero que foron denegados polo propio sistema informático da prestamista.
23.
[Folios 625 a 646 da peza principal]
Data Empresa Importe documentos
26/07/2015 P 10 Finance 220 euros
[devolución]
220 euros
00
Ademais solicitaron outros o 15/08/2015 e o 27/08/2015.
24. Supostos nos que se usou o nome de Begoña.
[Folios 32 a 56 e 66 a 86 da peza principal]
Data Empresa Importe documentos
11/10/2015 Sistemas Financieros Móviles SL 100 euros
[11/11/2015 devolución] Non consta enviada fotografía de DNI.
12/10/2015 Protocolos y Servicios Financieros 100 euros
[28/10/2015 devolución]
12/10/2015 Via SMS Minicredit SL 300 euros Non consta enviada fotografía de DNI.
29/10/2015 Protocolos y Servicios Financieros 200 euros
[13/11/2015 devolución]
09/11/2015 Sistemas Financieros Móviles SL 200 euros
Non consta enviada fotografía de DNI.
12/11/2015 Protocolos y Servicios Financieros 330 euros Nómina simulada
1230 euros
830 euros
25. Supostos nos que se usou o nome de Eulalio.
[Folios 870 a 917 da peza documental]
Data Empresa Importe documentos
25/11/2014 Sistemas Financieros Móviles 200 euros
[27/03/2015 devolución] Pago por adiamento
26/11/2014 Twinero 300 euros
[16/03/2015 devolución] Pago por adiamento.
Nómina simulada
27/11/2014 Kredito 24 500 euros Non consta documentación empregada
14/04/2015 Twinero 220 euros Pago por adiamento.
Nómina simulada
18/05/2015 P 10 Finance 230 euros
19/05/2015 Sistemas Financieros Móviles 300 euros Nómina simulada
19/05/2015 Protocolos y Servicios Financieros 100 euros Nómina simulada
1850
1350
Ademais consta unha petición o 22/02/2015.
26. Supostos nos que se usou o nome de Epifanio.
[Folios 918 a 931 da peza documental]
Data Empresa Importe documentos
04/11/2014 Vivus Finance 300 euros
[23/02/2017 devolución]
02/03/2015 Wonga.es 300 euros Pago por adiamento.
600
300
Ademais consta un pedido e denegado o 24/05/2015.
27. Supostos nos que se usou o nome de Lucía.
[Folios 932 a 973 da peza documental]
Data Empresa Importe documentos
10/11/2014 Vivus Finance 300 euros
[devolución diversos pagos]
10/11/2014 Protocolos y Servicios Financieros 100 euros
[08/09/2016 devolución] Nómina simulada
14/12/2014 Sistemas Financieros Móviles 250 euros
[08/09/2016 devolución] Nómina simulada
Pagos por adiamento
17/12/2014 Isekampur Bondora 2390 euros Non consta documentación
3040
2390
Ademais solicitaron outros dous en datas 10/11/2014 e 21/01/2015.
28. Supostos nos que se usou o nome de Juliana.
[Folios 974 a 984 da peza documental]
Data Empresa Importe documentos
04/11/2014 Vivus Finance 300 euros
[Pagado en sucesivos pagos] Só consta remitida copia de DNI
300
0
Ademais constan solicitados e denegados o 6 e o 17 de novembro de 2014.
29. Supostos nos que se usou o nome de Jacinta.
[Folios 1035 a 1092 da peza documental]
Data Empresa Importe documentos
19/01/2015 Sistemas Financieros Móviles 150 euros Nómina simulada
22/01/2015 Protocolos y Servicios Financieros 100 euros
[15/04/2015 devolución] Nómina simulada
16/02/2015 Vivus Finance 300 euros
19/02/2015 Twinero 300 euros
[15/04/2015 devolución] Nómina simulada
26/02/2015 P 10 Finance 280 euros Nómina simulada
04/03/2015 Twice Lamda Wonga 300 euros
1430
1130
Ademais o 12/02/2015 houbo outra petición non atendida e outra denegación foi de 12/01/2015.
O diñeiro total non devolto é de 23.315 euros.
A Audiencia Provincial recibiu a causa o 23/09/2020, ditou auto de admisión de probas o 26/05/2021, estabeleceu data de xuízo o 17/03/2022 e o xuízo celebrouse en maio de 2023.
Fundamentos
Os feitos probados responden ao contraste do manifestado coa documental achegada á causa. Certamente os dous acusados manifestaron dunha forma xenérica que recoñecían como certos os feitos do escrito do Ministerio Fiscal. Esas manifestacións foron realizadas sen entrar en detalles sobre cada operación e remitindo a unha xenérica asunción dun relato extenso como aquel que constituía a conclusión correspondente do escrito da acusación pública. É lóxico que así fora dado o elevado número de feitos concretos sucedidos dos que, probabelmente, tampouco poderían dar conta en todos os seus detalles no momento da vista. Pero por moi lóxico que fose actuar así, o certo é que non podemos asumir por iso sen máis que existe proba de cada feito afirmado no escrito de acusación e é imprescindíbel contrastar o relato do Ministerio Fiscal coa documentación para salvar pequenos erros de transcrición que se puideran ter cometido no traslado da información ao escrito do Ministerio Fiscal e que, sempre que sexa en beneficio das persoas acusadas, debiamos necesariamente solucionar, no posíbel e a salvo dos nosos propios posíbeis erros, no momento de redactar o definitivo relato de feitos probados.
Esas explicacións dos acusados relaciónanse coa documentación que foi achegada como proba documental e admitida polas partes como certa. Fixemos constar en cada suposto os folios da causa nos que consta o respaldo documental de cada unha das operacións. Tal proba documental confirma o expresado polos dous acusados pois se pode comprobar que, efectivamente, o remitido eran fotografías de DNIs e que as nóminas falsas que se remitían respondían a alteracións dun documento base orixinal. Igual sucede cos documentos que confeccionaban, a partir dun orixinal, que simulaba ser unha comunicación bancaria. Por último, esa documentación acredita a efectiva concesión dos préstamos referidos e, nalgúns casos, os pagos que chegaron facer en devolución, total ou parcial segundo o caso, os dous acusados.
No referido ás nóminas en practicamente todos os casos eran nóminas elaboradas sobre un orixinal da que a Xunta pagaba á acusada. Certamente existen dúas excepcións. No caso dos préstamos pedidos a nome de Mercedes o 6 de marzo de 2016 foi usada dúas veces unha nómina na que aparecía como empregadora a empresa Convergys Group SAI SLU (folio 680 e 673) e no caso dos pedidos a nome de Gabriela tres veces unha nómina suposta da empresa Blusens Tecnology SL (folio 545 e 551). Foron, pois, dous casos en que se elaborou unha nómina a nome dunha mercantil. Non se deu explicación en xuízo da orixe desas nóminas que aparentan ser producidas, tamén, mediante a alteración dun orixinal de nómina do acusado. O certo é que as testemuñas que si declararon en xuízo non manifestaron en ningún momento que tiveran traballado para esas empresas e non estamos, pois, nin ante orixinais, nin se pode ter por probado que accederan aos documentos desas persoas dos que puidera ter copia a Xunta de Galicia só pola existencia deses dous supostos. Posteriormente volveremos sobre esa afirmación da orixe dos documentos que se manipulaban.
A coherencia da diversa documentación recollida e o propio recoñecemento dos acusados é o que leva ao relato de feitos probados que acabamos de realizar.
Solicitouse á Xunta de Galicia informe sobre os accesos que se puidesen ter producido ás bases de datos dende o posto de traballo de Elisenda. O informe explica que o sistema só rexistra a actividade cando o acceso supón un cambio nos datos rexistrados. Se se produciron accesos sen modificar datos non constarían rexistrados. Desa forma, tal informe nin nega, nin afirma, que se obtivera algún documento desas bases de datos. Agora ben, en xuízo declarou o autor do informe. Explicou que nas mesmas oficinas existen dous servizos: o estatal e o autonómico. Ambos comparten oficinas, pero, ademais de estar separados fisicamente, non comparten sistemas informáticos. O sistema informático utilizado pola acusada era, loxicamente, o da Xunta. Ese sistema informático non accede a bases de datos que conteñan documentación como nóminas ou recibos bancarios. En xeral, non almacena tal tipo de documentación. A mesma testemuña aclarou que o exercicio das funcións propias do traballo da acusada non requiría pedir tal tipo de documentación. A acusada, no exercicio das súas funcións, debía solicitar a quen acudía que se identificara con exhibición de DNI e debía pedirlle o dato da súa conta bancaria, pero non documentación dese tipo. Incluso no referido ao DNI indicou que non se precisaba fotocopiar e chegaba con que se exhibira para acreditar a identidade da persoa usuaria. Esta proba, pois, non só non acredita o pretendido pola acusación particular, senón que apunta en sentido inverso: a acusada non puido obter esa documentación das bases de datos da Xunta cando non consta que esas bases tiveran esa documentación.
Por outro lado, resulta que o exame da documental que consta nas actuacións lévanos á mesma conclusión. Non se observan diversos documentos tipo nómina como sería lóxica consecuencia de ter obtido nóminas ou documentación bancaria de cada persoa cuxo nome usaban nas peticións de préstamos. O que se observa é a repetida utilización de documentos que aparentan ser confeccionados a partir dun orixinal como é a nómina propia ou unha documentación bancaria (xa foran recibos de domiciliacións, cargos directos ou anotación en conta) do matrimonio acusado. De ter tido acceso aos documentos de terceiras persoas, o razoábel sería observar diversos documentos segundo a persoa cuxo nome era usado. Non sucede así e é un elemento máis para rexeitar a pretensión da acusación. Nos dous únicos casos nos que aparecen nóminas emitidas por mercantís, non se acreditou a orixe pero todo indica que serían nóminas do acusado que traballou nese sector.
Por último, as propias testemuñas que declararon en xuízo a proposta da acusación particular, aquelas persoas que precisamente exercen esa acusación, non manifestaron feitos que apoiaran esa versión. Ningunha delas manifestou haber entregado nunca documentación dese tipo, ningunha manifestou que os documentos empregados para pedir crédito ao seu nome tivesen relación con documentos seus, e só unha manifestou que traballou algunha vez para a Xunta. O único documento que afirmaron que exhibiron ou facilitaron foi o DNI. Cando referían que daban a conta bancaria, non referiron que deran un documento relacionado con ela senón o dato do número desa conta.
Todos estes datos eran coñecidos, coa simple observancia da documentación da causa e oíndo ás persoas que actúan como acusación particular, antes da presentación do escrito de acusación. Así pois, só a pretensión de reforzar a suposta responsabilidade da Xunta con fundamento no uso de accesos desa Administración a información contida en bases de datos na execución dos feitos explica, que non xustifica, o ter mantido a acusación particular tal posición.
Con carácter xeral optamos por non trasladar especificamente aos feitos probados os supostos nos que non se produciu a concesión do crédito. Se ben non ten especial transcendencia na tipificación ou na penalidade, o certo é que a información transmitida polas diversas empresas non permite saber se as circunstancias desas peticións (en varios casos non consta sequera que se desen datos de conta bancaria) eran algo máis que tentativas non idóneas. Noutras palabras, semella que son casos nos que o feito non podía derivar na concesión do préstamo por ser insuficiente para enganar á mercantil e, de aí, que carezan de relevancia penal.
Existe un caso que merece unha resposta concreta. Trátase dun préstamo que aparece solicitado a nome de Marcial en decembro de 2013. O préstamo non foi concedido segundo consta por non achegar a documentación. A que aparece é unha fotografía de DNI e unha foto dun papel bancario. Non podemos ter por probado que ese concreto préstamo fose pedido polos acusados pois cabe a posibilidade de que, ese si, fose pedido polo señor Epifanio. A favor desa posibilidade xoga que non se localiza a conta bancaria que aparece na fotografía como titularidade dos acusados, o formato de foto é diferente aos demais e o momento temporal non parece coherente co resto de datas. Efectivamente, se se observan os préstamos finalmente concedidos hai un patrón evidente. En novembro de 2014 solicitaron os acusados préstamos a nome de persoas coas que tiñan vínculos familiares ata un total de 9 (supostos 25, 26, 27 e 28 do relato de feitos). Ao longo de 2015 a nome de terceiras persoas con clara progresión en aumento (29 ata xuño e 60 ata novembro). Tras pedir 9 entre febreiro e marzo de 2016, só aparece un máis pedido en outubro dese ano 2016. Esa secuencia, ademais de deixar claro en que momento se produciu a inmensa maioría dos actos (89 no 2015, fronte a 10 no 2016), fai pouco probábel que aquel de decembro de 2013 fora pedido polos acusados.
Facemos constar que en diversas ocasións os acusados pagaron contías para adiar o vencemento pois así consta na documentación das propias empresas.
Existen outras pequenas variacións derivadas do contraste coa información da documental que indica que o préstamo concedido era inferior ao que se refería no escrito do Ministerio Fiscal.
Moitos supostos non son máis que rectificacións das contías dado que, examinada a documentación, a ingresada era inferior á indicada no escrito da acusación. Así o primeiro e quinto préstamo que mencionamos no suposto 2 (onde puña 200, eran 150 nun caso e 100 noutro); no suposto 3 o primeiro e o terceiro eran de 150 e non 200, e o constaba realizada unha petición o 10/03/2015 que foi rexeitada pese a aparecer computada no escrito do Ministerio Fiscal; no suposto 5 o primeiro mencionado era de 150 e non 200, ademais era de data 29 e non 20 de xullo (neste caso a acusación particular tamén arrastrou a mención do escrito do Ministerio Fiscal); no suposto 6 o último mencionado era de 150 e non 200; no suposto 9 o último mencionado era de 250 e non de 350; no suposto 10 os nomeados en primeiro e cuarto lugar como de 200 foron de 150 e 100 (volve sorprender que a acusación particular limitárase a copiar o escrito do Ministerio Fiscal); no suposto 11 os dous últimos mencionados como de 200 eran de 150 e 100; no suposto 12 a mesma relación nos dous primeiros; no suposto 13 o penúltimo pasa de 200 a 150 e o último de 200 a 100; no suposto 14 é o último o que ten a mesma redución; no suposto 16 consta no escrito do Ministerio Fiscal un préstamo como concedido, pero no folio 771 consta rexeitado, ademais de constar unha referencia a outra empresa prestamista (folio 769) na que nada se tramitou; no suposto 22 o último préstamo foi de 100 e non de 200; no suposto 25 o Ministerio Fiscal inclúe un préstamo de 245 euros que aparece mencionado na información dada pola empresa Kredito 24 (folio 872), porén non consta, a diferencia do outro desa empresa, ingreso bancario ningún consecuencia dese suposto préstamo que aparece cos mesmos datos que o outro e por un importe peculiar que xera dúbida (245.78), todo iso fai que non consideremos suficiente esa proba para ter por acreditada a obtención dese concreto préstamo; no suposto 26 só matizar que existía un erro na mención da primeira empresa prestamista; no suposto 27 o primeiro préstamo consta devolto na documentación (folio 937 en letra ben pequena) e o terceiro non foi de 500 senón de 250 euros; no suposto 28 o préstamo consta devolto en diversos pagos (folio 976); no suposto 29 a contía do segundo préstamo era de 100 e non de 200.
Ademais debemos indicar que só referimos a documentación remitida nos casos dos préstamos que non foron devoltos. Non a referimos, polo indicado antes, dos casos en que non se concederon. Nalgúns deses casos si se remitiu, pero noutros nin sequera consta se se chegou remitir algunha documentación. Tampouco nos casos de préstamos devoltos pois a maioría das empresas neses casos non remitiron a documentación que recibiran para a concesión do préstamos.
Por último, non atendemos aos supostos nos que aparecen aparentes
Os dous escritos da acusación particular mantiveron a mesma cualificación xurídica pero con diversa petición de pena.
2.2.1.- No referido aos documentos de identidade, queda probado que se enviou fotografía de documentos auténticos. A dúbida é se iso supón un
O Código Penal considera de forma distinta o desvalor da acción consistente en falsificar un documento, que o propio da acción de usar o documento falsificado. Por iso esta última acción é sancionada con menor pena e só cando concorran requisitos que non esixe naquela (uso en xuízo ou para prexudicar a outro). Como exemplo o contraste do 393 do Código Penal cos que lle preceden, ou do 396 co 395.
Cando se sanciona penalmente o uso de documentos, o uso os documentos de identidade reciben un trato diferente a outros supostos. Así, o uso de documentos públicos falsos constitúe delito só se son presentados en xuízo ou usados para prexudicar a outro. A pena é a inferior en grao á que se lle imporía ao falsificador do documento ( art. 393 do Código Penal). O uso dun documento de identidade falso, ao abeiro do artigo 392.2, é delito se é realizado con consciencia da falsidade. A pena é a de prisión de seis meses a un ano e multa de 3 a seis meses. Esa pena é, tamén, inferior á que se imporía ao falsificador (pena de prisión de seis meses a tres anos e multa de seis a doce meses), pero superior á inferior en grao que correspondería de aplicar a regra xeral.
O artigo 400 bis do Código penal prevé:
Estamos ante unha conduta de particulares que usarían dun documento de identidade. Sendo así, a referencia ten que ser ao artigo 392.2, segundo inciso, do Código Penal que estabelece:
O artigo 400 bis supón a equiparación en determinados casos do uso dun documento falso, co uso dun auténtico
Pode ser delito, pois, tanto o uso dun documento que é falso, como, en certos caso, dun que é auténtico. Aqueles son propiamente os casos de falsificación. Neles o perigo para o tráfico xurídico reside en que se introduce un documento que en si mesmo está acreditando unha falsidade e, desa forma, diminúe a confianza nos documentos dentro dese tráfico. Tal confianza debe poder predicarse dos documentos, é dicir o ben xurídico protexido é a seguridade que se debe poder ter na lexitimidade dun documento en si mesmo. No caso do uso dun documento auténtico por quen non está lexitimado non se introduce ningún documento no tráfico que sexa falso. O uso dun documento falso fai que crer que se está ante un documento auténtico, é dicir aproveita a confianza no propio documento e na representación da realidade que se pode esperar del, é dicir a que documenta. Neste caso a confianza no documento está xustificada e o que se produce é un concreto acto por quen non ten lexitimidade para usar dese documento. Así, aproveita a confianza que se poida ter en que quen posúe un documento de identidade auténtico, está lexitimado para usalo. Trátase de ámbitos de protección diferentes.
Só cabe apelar a unha lexítima confianza en que quen usa un documento auténtico sexa o lexitimado para usalo, se esa persoa exhibe ou entrega ese documento auténtico. A confianza nace de que se posúe o documento auténtico. Por un lado, unha máxima de experiencia razoábel di que quen posúe un documento de identidade é o seu titular. Por outro lado, existe unha obriga, ou carga, de que o titular non ceda o documento a terceiros. O lexítimo é actuar na confianza nesa máxima e no cumprimento polos demais das súas obrigas. Por iso é razoábel que se relaxen as cautelas ante quen exhibe ou entrega o documento auténtico. Nada diso sucede cando é empregada a fotografía dun documento de identidade sen entrega ou exhibición do documento auténtico. Quen exhibe ou entrega unha fotografía do documento non está mostrando que posúa o documento auténtico, e quen recibe esa fotografía non se atopa na mesma situación que a quen se lle entrega ou exhibe o documento auténtico. Non se xustifica neste caso a redución das cautelas que describimos no primeiro caso. A quen se lle exhibe ou quen recibe esa fotografía, sabe que non se entregou ou exhibiu un orixinal auténtico. Respecto do documento que recibe, non podía confiar na autenticidade do documento en si que nunca observou, o que manifesta é confianza na fotografía que se interpón entre el e o documento auténtico. Respecto da persoa que entrega ou exhibe, descoñece se posuía o documento auténtico ou se só obtivo a fotografía.
No mesmo sentido, a xurisprudencia ten advertido que non cabe considerar que a manipulación da fotocopia, e o mesmo cabe dicir da fotografía, dun documento público ou oficial, como se se tratara do falseamento do propio documento público ou oficial. Si que cabe sancionar polo delito de falsidade en documento público ou oficial cando por medio de fotografía, ou fotocopia, o que se obtén é un documento falso que aparente ser o orixinal e auténtico, non cando o alterado é claramente a fotografía, ou fotocopia. Así o manifestou a recente sentenza de 10 de marzo de 2023 (ROJ STS 1885/2023):
Dende outra perspectiva, a conduta típica é usar. Usar un documento é empregalo para unha finalidade que lle é propia como tal documento. En palabras do Código no seu artigo 26 que ante terceiros
2.2.2.- No caso que nos ocupa existen dous momentos en referencia a cada un dos DNIs relacionados cos feitos. Nun primeiro momento, Elisenda cun teléfono sacaba unha fotografía do documento orixinal e auténtico e obtiña un documento consistente nun arquivo de imaxe (unha foto). Nun segundo momento, ambos acusados remitían ás empresas prestamistas ese arquivo informático xerado co acto anterior. A dúbida é se cabe dicir que, aos efectos de aplicación do artigo 400 bis do Código Penal, esas accións supoñen
Ao sacar unha fotografía do documento a acusada xeraba un novo documento que vén constituído polo arquivo .jpg que contén o resultado desa acción, pero non usaba do documento no sentido que antes describimos. É máis, ese arquivo non pretendía ser o documento (como podería suceder nalgúns casos de
A propia operativa usada polas empresas de concesión de créditos do caso que nos ocupa é admitir a recepción por medio de internet de fotografías de documentos. Ademais resulta que precisamente ese formato de recepción é o fundamento do seu negocio ao permitir xerar un gran número de operacións que non poderían realizar, ou non no mesmo número ou coa mesma estrutura centralizada, se esixiran observar os propios documentos. É esa dinámica a que supón que non sexa verificado o documento auténtico, nin sequera a identidade da persoa que efectivamente solicita o préstamo. Nesas circunstancias, non cabe dicir que a autenticidade do documento supuña un motivo para relaxar a verificación sobre quen usaba ese documento. Era evidente que o recibido non era un documento auténtico e por iso non cabe afirmar que esa acción quebrara esa confianza que, polo que dixemos, é o que se pretende protexer con este tipo penal.
Por todos eses motivos rexeitamos que os feitos poidan constituír un delito dos previstos no artigo 400 bis do Código Penal.
2.3.1.- Como indicamos nos feitos probados, resultou acreditado que os acusados confeccionaron unha serie de documentos que empregaban para simular, ademais da participación daquela persoa cuxo nome usaban, que esta era titular dunha determinada conta ou tiña solvencia.
Non existe dúbida de que se trataría de delitos de falsificación pois en todos eles o que fixeron os acusados foi confeccionar documentos que referían actos inexistentes e aparentaban ser emitidos por outras persoas de forma que levaba a erro sobre a súa autenticidade.
2.3.2.- Agora ben, o que non compartimos co Ministerio Fiscal e coa acusación particular é que os documentos falsificados aos que se refiren os escritos de acusación (nóminas e recibos bancarios) merezan a consideración de documentos mercantís.
No momento de emitir as súas conclusión, o Ministerio Fiscal cinguiu a súa pretensión de que se consideraran documentos mercantís aos que se aparentaban emitidos como recibos por unha entidade bancaria e non ás nóminas que recoñecía como documentos privados. Efectivamente, ten sido reiterada a natureza de documento privado, a estes efectos, das nóminas en resolucións, entre outras moitas, como a da Audiencia Provincial de Madrid de 29 de xuño de 2022 (ROJ SAP M 9616/2022):
Debemos analizar se os recibos bancarios que eran referidos nos escritos de acusación constitúen a estes efectos un documento privado ou un mercantil.
A doutrina do Tribunal Supremo sobre o concepto de documento mercantil ten variado, ou máis ben foi precisada, nos últimos tempos. Como nos lembra a sentenza de 26 de abril de 2023 (ROJ STS 1718/2023), ese cambio, ou previsión, é produto da sentenza de 14 de marzo de 2022 (ROJ STS 965/2022) emitida polo pleno con pretensións de unificación. Esta última sentenza tiña por obxecto debater a consideración, aos efectos destes delitos, do documento que plasmaba un contrato mercantil de axencia.
Parte esa sentenza de pleno da relevante diferenza de pena entre as falsificacións de documentos privados e mercantís. A maior penalidade require unha xustificación. Por iso entende que a consideración como documento mercantil do documento falsificado require un
Lembra a sentenza que tradicionalmente a xurisprudencia considerara como documento mercantil:
Pero, continúa, esa liña foi matizada noutras sentenzas reclamando unha interpretación restritiva:
Como vemos o Tribunal Supremo parte nesa sentenza de considerar unha liña restritiva do alcance do delito de documento mercantil (a segunda explicada), e outra amplía (a primeira), e tenta nesta sentenza de unificación definir o espazo entre ambas.
Ese cometido entende que debe realizarse partindo do ben xurídico protexido
Confirma esa idea o feito de que a posición sistemática da sanción da falsidade sobre documento mercantil estea xunto á sanción da falsidade en documentos públicos ou oficiais. A protección maior destes últimos ten fundamento, afirma o Tribunal Supremo, en
Esta sentenza conclúe pois coa seguinte regra interpretativa:
A mesma sentenza tamén fai unha enumeración de supostos nos que cabería entender que estamos ante un documento mercantil:
Como exemplo, en aplicación expresa desta nova doutrina resolveu a sentenza do Tribunal Supremo de 31 de maio de 2023 (ROJ STS 2455/2023) que exclúe a consideración de documento mercantil a estes efectos penais dun documento que simulaba unha factura emitida por unha mercantil a outra:
2.3.3.- No presente caso, a dúbida aparece ao redor dos diversos recibos bancarios que, referidos nos escritos de acusación, describimos nos feitos probados. Como indicamos antes, a documentación presentada considerada como recibo bancario tratábase de documentos que contiñan unha notificación do banco ao cliente (un particular) de que aquel realizara unha determinada operación na súa conta: ben o pago domiciliado, ben aceptar un cargo directo, ben anotar o ingreso da nómina. Non teñen requisito especial ou formalidade ningunha para a súa emisión. Non documentan propiamente un acto mercantil senón que informan dun acto mercantil (o pago ou o ingreso) que xa se produciu. O acto mercantil referido en realidade é anterior e alleo a esa comunicación, pois é entre o titular da conta e o terceiro ao que aquel paga (no caso da domiciliación e no do cargo directo) ou que lle abona a nómina. Este documento só comunica ao cliente ese acto. Por iso, aínda sendo propio da actividade bancaria, entendemos que non é un acto do xiro mercantil desa entidade como si sería un polo que se realizara esa operación.
Por outra banda, outra característica de todos os documentos bancarios referidos é que non son tipo de documentos destinados ao tráfico xurídico. A funcionalidade deses documentos é manter informado ao cliente do banco de determinadas actuacións do Banco, pero non se emiten coa intención de que sexan presentados ante un terceiro. Evidentemente, calquera documento pode ser empregado ante terceiros, e aí é cando normalmente adquiren relevancia xurídica. Agora ben, iso tamén pasa cos documentos que a sentenza referida exclúe expresamente do ámbito propio do documento mercantil en sentido penal:
Por último só indicar que a sentenza referida si entende que constitúen documento mercantil aqueles cuxa finalidade sexa
No caso que nos ocupa, referíanse sempre a relacións do Banco co cliente aparente e non afectan á seguridade do tráfico mercantil máis aló das relacións entre eles. Cousa diversa é que sexan empregados, como o foron, para prexudicar a outro e como instrumento dun delito de estafa. Tal circunstancias non é obviada, pois precisamente é a que xustifica que se entenda que se cometeu un delito de falsificación de documento privado.
2.3.4.- Por todo o expresado concluímos que estamos ante un delito, continuado neste caso, de falsificación de documento privado dos previstos no artigo 395 do Código penal:
2.3.5.- Só resta por indicar que non cabe dúbida de que o delito neste caso merece a consideración de delito continuado ao abeiro do artigo 74 do Código Penal no seu primeiro parágrafo pois é constatada unha reiteración de condutas aproveitando a mesma circunstancia (acceso ao DNI e manipulación de documentos propios), así como cun plan que, cando menos en gran parte, aparece como preconcebido. Así é definido no apartado primeiro dese precepto:
Procede entender cometido o delito de falsificación como delito continuado. Aplicando ese precepto, a pena posíbel é a de un ano e tres meses de prisión a dous anos e seis de prisión.
2.4.1.- Nesta cualificación non existiu discusión entre as partes dado que a propia defensa recoñece que os feitos constitúen un delito de estafa. Efectivamente, non existe dúbida en que os acusados, de acordo ambos, simulaban ante as diversas entidades de préstamo que outra persoa era a solicitante do préstamo. Desa forma, xeraban o erro nesas entidade de estar contratando con outras persoas e provocaban que esas empresas realizaran disposicións patrimoniais ao seu favor.
Atendendo á versión en vigor no momento de produción dos feitos estaríamos de cheo no definido no artigo 248, entón apartado 1, do Código Penal:
En canto á pena impoñíbel estaríamos, en principio, no ámbito definido no artigo 249 do mesmo Código que, na versión entón en vigor, prevía:
A reforma operada pola Lei Orgánica 14/2022, de 22 de decembro, mantén fundamentalmente a mesma redacción das previsións que acabamos de reproducir pero agora constituíndo o artigo 248 do Código Penal ao pasar o anterior 249 a integrar un segunda parágrafo dese 248.
2.4.2.- Tampouco cabe dúbida neste caso de que estamos ante
Estando ante un delito patrimonial a súa regulación estabelécese no parágrafo segundo dese artigo 74:
No referido ás consecuencias penolóxicas do delito continuado, a recente sentenza do Tribunal Supremo de 9 de marzo de 2023 (ROJ STS 1319/2023) lembraba a xa consolidada xurisprudencia:
Dende logo, non estamos nin ante unha notoria gravidade (ao fin a inmensa maioría dos préstamos non alcanzaban os 400 euros, algúns foron devoltos e o cómputo non devolto está nuns 24 mil euros), nin ante unha xeneralidade de persoas dado o número de afectados. Baste con referir a sentenza do Tribunal Supremo de 30 de xuño de 2015 (ROJ STS 3177/2015):
Esta Sala ha interpretado restrictivamente el precepto (ver autos 29.10
Dadas esas premisas, en absoluto cabe entender aplicábel o inciso segundo do apartado 2 do artigo 74 do Código Penal. Por ese motivo sería aplicábel o artigo 74 no seu apartado 2 pero no seu inciso primeiro e non no segundo.
Por todo o anterior, o delito de estafa analizado suporía mover a posíbel pena nun arco de 1 ano e 9 meses de prisión a 3 anos. Ese arco é a consecuencia de calcular a metade superior da pena posíbel xa antes referida e prevista no momento dos feitos no artigo 249 do Código penal.
O Ministerio Fiscal pretendeu que estaríamos ante un concurso medial a resolver ao abeiro do artigo 77 do Código Penal entre o que no seu escrito calificara como delito de falsificación de documento mercantil e o delito de estafa, en ambos casos delitos continuados. Porén, polo explicado, a relación que debemos analizar é entre un delito de falsificación de documento privado e un delito de estafa, en ambos casos continuados. E tal relación concursal é resolta de forma diferente pola xurisprudencia segundo esteamos ante unha falsificación dun tipo ou outro, e así, a sentenza do Tribunal Supremo de 25 de xuño de 2020 (ROJ STS 2103/2020) manifestaba
O anterior supón que debamos comparar ambas posíbeis penalidades. No referido ao delito de estafa, sendo un delito continuado a penalidade posíbel é a de un ano e nove meses a tres anos de prisión. No referido ao delito de falsidade en documento privado, de novo ao abeiro do artigo 74 CP, a pena posíbel é a de un ano e tres meses a dous anos e seis meses. É polo anterior polo que a pena posíbel neste caso debe atender ao marco do delito máis penado que é o patrimonial de estafa nos termos explicados.
3.1.1.- A xurisprudencia ten analizado en diversas ocasións a influencia da denominada ludopatía na responsabilidade penal.
En recente auto do Tribunal Supremo do 9 de marzo de 2023 (ROJ ATS 2811/2023) lembraba:
No caso que analizaba ese auto acreditárase a afección da vontade pero non da capacidade cognitiva: ..
A mesma liña xa afirmara noutras resolucións como outro auto de 16 de xuño de 2022 (ROJ ATS 9878/2022) no que tamén lembraba que a apreciación da atenuante requiría
3.1.2.- No presente caso, a defensa presentou un informe médico que informaba tanto do tratamento como do diagnóstico previo a el. O autor do informe declarou en xuízo e explicou de forma detallada o seu contacto cos dous acusados. Por unha banda, manifestou que acudiron por primeira vez en 2019 á súa consulta. Mantivo entón entrevistas tanto con eles, como con familiares que deron conta da situación que presentaban. Aplicoulles entón diversos test psicolóxicos que confirmaron a súa diagnose de padecer ludopatía. De forma moi detallada e extensa expuxo no informe escrito como chega á conclusión do diagnóstico de cada un dos acusados, así como a forma en que conclúe de forma retroactiva a situación no momento dos feitos. É significativo, como xa expuxemos antes, que a inmensa maioría das accións delituosas se produciran precisamente no momento en que o informe considera que se producía a afección máis grave.
En xuízo o perito explicou e desenvolveu, a preguntas das partes, unha explicación clara e precisa do fundamento das súas conclusión. Explicou que ambos acusados acudiron de forma regular ás consultas de tratamento presentando unha evolución moi positiva na que destacou a colaboración e compromiso de ambos co tratamento.
A acusación particular cuestionou a transcendencia dese informe e das manifestacións do perito. Apelou a que a primeira visita se producira no 2019, sen constancia de diagnósticos previos e cando estaba xa en marcha a acusación contra eles. Tamén cuestionou que fora posíbel por medio duns test coñecer a situación anterior ao momento desas visitas que, entende, supoñen que son as manifestacións dos propios acusados as que sustentan a conclusión.
Non podemos compartir esas críticas. Por un lado, nada estraño hai en que sexa ao terse que enfrontar coa consecuencias dos seus comportamentos, e xa con coñecemento e presión ou apoio familiar, que unha persoa afectada por esta trastorno asuma a necesidade de acudir a procurar asistencia. Tampouco hai nada estraño en que non se diagnosticara antes pois, precisamente pola negación da propia situación propia da enfermidade, non acudiran a informar do problema a profesional sanitario ningún. As críticas do letrado ás capacidades de diagnose de situacións previas dos instrumentos indicados polo perito (entrevista con pacientes e familiares e test psicolóxicos) foron perfectamente rebatidas polo propio perito que explicou o respaldo científico deses instrumentos, incluíndo a presenza neles de mecanismos de control de posíbeis simulacións interesadas polos pacientes. Ningunha relevancia ten a referencia a que sistemas de xogos eran usados polos acusados. É irrelevante para a transcendencia do problema, pero, ademais, tanto a resposta dos acusados como a do perito remitiron ao que se recordaba nese momento da declaración en xuízo pois non era un aspecto relevante e só responderon o que recordaban nese concreto momento.
En resumo de todo o indicado compartimos coa defensa, e co expresado polo Ministerio Fiscal en conclusións orais, que si procede recoñecer que existía a doenza, que determinou en gran parte a capacidade de control de vontade dos acusados, levándoos a cometer os feitos para obter diñeiro co que poder realizar actos de xogo, ou, cando menos, influíndo de forma relevante nesas decisións. Por todo iso, consideramos que procede aplicar a atenuante alegada pola defensa.
3.2.1.- Dende a reforma operada no ano 2010, o artigo 22 do Código Penal no seu apartado sexto manifesta:
Certamente a referencia é imprecisa e precisa de concreción no momento da súa interpretación se ben da xa un parámetro cando indica que a dilación, amén de indebida, debe ser extraordinaria, é dicir superior ao que poida ser esperábel dadas as circunstancias. Igualmente advirte que a posíbel dilación non pode ter orixe na propia actuación do inculpado ou ser consecuencia da complexidade da causa. Como resumo dos requisitos é reiterado nos autos do Tribunal Supremo, como o de 20 de abril de 2023 (ROJ ATS 5629/2023), o seguinte parágrafo:
Recorda a sentenza do Tribunal Supremo de 26 de abril de 2023 (ROJ STS 1785/2023) que o cómputo de tempo non se debe realizar dende a comisión dos feitos ou o inicio da causa senón que:
Resulta relevante nun intento de procurar criterios obxectivos aos que atender comprobar concretos casos de aplicación ou valoracións defendidas polo Tribunal Supremo.
Así, por exemplo, a sentenza de 11 de maio de 2023 (ROJ STS 2124/2023) lembraba, como criterio consolidado, que a partir dos oito anos de duración da causa xa non se fala de atenuante simple senón moi cualificada. Agora ben, esa mesma sentenza considera que si procedía, como apreciara a sentenza que se impugnaba, aplicar unha atenuante simple por ter durado o procedemento dende a declaración como investigado ata xuízo catro anos e cinco meses.
Na de 20 de abril de 2023 (ROJ STS 1846/2023) lembraba supostos anteriores en que se considerou como moi cualificada a atenuante:
Se ben a mesma sentenza trae outros exemplos cando indica que:
No caso contemplado no auto de 14 de abril de 2023 (ROJ ATS 5543/2023) apreciouse atenuante simple destacando:
E de novo aparecen referencias temporais na sentenza de 12 de abril de 2023 (ROJ STS 1428/2023) cando analiza se procedía a aplicación da atenuante non simple senón cualificada:
3.2.2.- No referido aos feitos sobre os que sustentar esta petición, o certo é que a ausencia de referencia ningunha no escrito da defensa, que podería supor consecuencias adversas para a súa pretensión, foi salvada polo Ministerio Fiscal ao introducir nas súas conclusión en xuízo un engadido en canto aos feitos asumimos no último punto do relato de feitos probados. Nel, agora si, son identificados os períodos a analizar para valorar unha posíbel apreciación desta atenuante.
As Dilixencias previas foron incoadas o 01/08/2016, os investigados declararon nesa condición o 14/09/2016 e o 18/04/2018, o Xulgado ditou auto de procedemento abreviado o 11/02/2019, o Ministerio Fiscal presentou escrito de acusación o 26/02/2019 e a acusación particular o 11/06/2019, o Xulgado ditou auto de apertura de xuízo oral o 02/06/2020, a defensa presentou o seu escrito o 14/09/2020, e o Xulgado remitiu a causa á Audiencia Provincial o 14/09/2020.
A Audiencia Provincial recibiu a causa o 23/09/2020, ditou auto de admisión de probas o 26/05/2021, estabeleceu data de xuízo o 17/03/2022 e o xuízo celebrouse en marzo de 2023.
O tempo dende a primeira declaración de Fausto ata a celebración de vista na causa foi de seis anos e cinco meses. Entre aquel primeiro momento e a finalización da instrución con decisión de continuación polos trámites de procedemento abreviado pasou un ano e sete meses. Dende entón ata a vista catro anos e un mes aproximadamente. No caso de Elisenda dende a súa primeira declaración ata o auto de continuación polos trámites de procedemento abreviado pasaron menos de dez meses. O resto do tempo foi común co anterior, é dicir en total catro anos e uns once meses.
Debemos atender a eses períodos pois, como dixemos antes, non achegou a defensa períodos que considerara que supuxeran paralización da causa. No momento de valorar outros factores si cabe contemplar que o número de préstamos pedidos supuxeron unha complexidade non habitual para organizar toda esa información. Porén, tal dato ampararía un certo tempo reclamado pola instrución, pero no presente caso contémplase que existe maior retraso dende o momento en que se finaliza a instrución co que tal dato non xustifica o tempo posterior a esa data. De feito si se constata que recibidos os escritos de acusación, houbo unha paralización de varios meses (case un ano) que non se pode ligar a esa certa complexidade. E tamén dende o envío á Audiencia Provincial produciuse un retraso maior do habitual. Se atendemos ao caso de Fausto, o período de tempo supera os seis anos e cinco meses e si se localizan momentos de paralización unha vez ditado o auto de procedemento abreviado, case un ano tardouse en ditar o auto de apertura de xuízo e retraso tamén existiu ata a celebración de vista. No caso de Elisenda, certamente o tempo medido dende a súa declaración como investigada é menor pois declarou en abril de 2018. Agora ben, aínda así o tempo entre ese momento e a vista supera tamén os cinco anos e cabería incluso indicar que xa antes sabía das sospeitas que a ela ían dirixidas e a decisión inminente de dirixir contra ela tamén o procedemento.
Procede en consecuencia asumir a petición de apreciación de atenuante de dilacións indebidas se ben claramente como simple dados os tempos indicados.
3.3.1.- Contempla o artigo 21 na súa regra 5ª esta atenuante co seguinte texto:
Como resumo da xurisprudencia habitual do Tribunal Supremo só mencionar o auto 14 de abril de 2023 (ROJ ATS 5543/2023):
Dende esas premisas debemos analizar a alegación desta atenuante cuxa apreciación foi pedida tanto pola defensa como polo Ministerio Fiscal.
3.3.2.- Consta neste caso que en data 18 de maio de 2018 a defensa ingresou na conta do Xulgado a cantidade de 45.882,03 euros. Como veremos esa contía case dobra aquela na que resultaron danadas as vítimas dos delitos cometidos (sobre 24 mil euros). No momento dese ingreso a parte solicitou que se entregaran ás empresas prestamistas, pero que previamente estas empresas verificaran a cantidade que se debía en cada caso.
Tamén cabe referir dúas circunstancias que, aínda que por si soas non terían suficiente relevancia para xustificar atenuación ningunha, no contexto xeral e en relación con esta atenuación si adquiren certa transcendencia. Referímonos a que consta que algúns préstamos recibidos foron devoltos. Non se trata só, aínda que si nalgún caso, de préstamos de pequena contía que eran xusto anteriores a pedir outros maiores, o que podería supor un intento de aparentar solvencia inicial. Tamén constan outros devoltos sen esa petición ulterior. E, por outro lado, consta que se foron realizando pagos para conseguir o adiamento do vencemento, quizais na confianza irracional na sorte nos xogos que se realizaban. En todo caso, ambas cousas supuxeron que as empresas recuperaran parte do prestado.
Esa consignación supón unha evidente reparación do dano económico padecido polas empresas e permite afrontar os pagos que se acorden por outros danos e, xa que logo, son plenamente eficaces para as finalidades ás que se refire o precepto e xustifican a aplicación da atenuante neste caso como moi cualificada.
Como indicamos antes, resolta a relación concursal ao abeiro do artigo 8 do Código Penal procede partir dun marco de pena que sería un ano e nove meses a tres anos de prisión.
Ese marco debe aplicarse atendendo a que apreciamos a concorrencia de dúas atenuantes simples e unha cualificada. Desa forma ao abeiro do artigo 66.1 do Código Penal no súa segunda regra:
A pena inferior nun grao sería de dez meses e quince días a un ano e nove meses de prisión. A inferior en dous grados de cinco meses e sete días a dez meses e quince días.
Optamos por impor unha pena de nove meses de prisión. Atendemos aos seguintes criterios: a) que exista unha pluralidade de feitos xa foi valorado ao considerar o delito continuado, b) a práctica totalidade das operacións eran de contía inferior a catrocentos euros, c) de feito, as que eran superiores correspondían con casos nos que se usou o nome de familiares que renunciaron ás accións, d) existe unha atenuante de ludopatía que aprecia a situación no momento dos feitos, pero tamén debemos valorar que nestes momentos constatouse a continuidade no tratamento con asunción do problema, e) independentemente do que se valorará despois no ámbito da responsabilidade civil, o certo é que a comisión dos feitos xa tivo consecuencias no ámbito laboral de Elisenda e a condena é altamente probábel que tamén as teña, e f) o tempo pasado dende a produción dos feitos e a evolución indicada permite a decisión tomada.
Todo iso lévanos a reducir en dous graos a pena, pero impola, nese tramo, cara a metade superior.
Estabelece o artigo 116 do Código Penal:
1.
2.
Ademais o artigo 113 do mesmo Código estende a responsabilidade civil da seguinte forma:
5.1.- En primeiro lugar, o Ministerio Fiscal solicitou que foron condenados os acusados a reintegrar a contía de diñeiro cuxa entrega logrou polos pagos recibidos das entidades prestamistas.
Debemos acceder a esa petición se ben con matizacións.
En primeiro lugar, atendemos ás contías que finalmente foron dadas por probadas segundo explicamos anteriormente no primeiro razoamento desta sentenza.
En segundo lugar, non procede acordar ese pago nos casos que referimos nos que a propia empresa prestamista manifestou que vendera a outra mercantil o seu crédito. Non procede condenar ao pago ao favor de quen xa vendeu o crédito, pero non podemos acordalo respecto dunha terceira empresa respecto da que non hai petición de ninguén e non existen datos suficientes na causa.
Desa forma, procede condenar aos seguintes pagos:
1. Sistemas Financieros Móviles SL: 3.600 euros
2. Vivus Finance SL: 3.300 euros
3. Protocolos y Servicios Financieros: 2.300 euros
4. Twice Lamba: 2.100 euros
5. P10 Finance: 4.400 euros
6. Twinero SL: 4.025 euros
7. Vía SMS Minicredit: 300 euros
8. Krédito24: 500 euros
9. Wonga.es: 300 euros
10. Isekampur Bondora: 2.390 euros
5.2.- En segundo lugar, debemos analizar as reclamacións de indemnización a favor das persoas cuxos nomes eran usados polos acusados para pedir préstamos. A salvo o que despois se dirá, a maioría se solicita apelando ao denominado dano moral.
O Ministerio Fiscal solicitou que foran indemnizados
No escrito da acusación particular referido a Bernarda, Blanca e Efrain, afirmouse como feito que se pedía fora probado que eles tres:
Con referencia a todas as persoas que, sen ter renunciado a seren indemnizadas, viron usado o seu nome nas peticións de préstamos que se relataron pódese recoñecer que ese feito xéralles un certo dano moral. É certo que en todos os casos foi empregada unha fotografía do DNI delas, pero non é correcto afirmar que se empregaran outros datos delas pois, como vimos, só se acreditou esa obtención da fotografía e non o uso doutros documentos ou outros datos. Polo mesmo motivo, contra o afirmado pola acusación particular, non se empregou de ningunha delas
No conxunto de persoas hai diferentes graos de afección. O feito que temos dado por probado, por manifestar a defensa que asumía o exposto no escrito do Ministerio Fiscal, non precisan esas diferencias. Pese a iso non sería razoábel dar a mesma resposta a todas esas situacións cando si se poden derivar do resto do relato de feitos probados eses matices entre unhas e outras situacións. Así, como criterios que determinarán unha resposta diferente podemos apuntar: ao número de entidades coas que se empregou o nome e o número de préstamos pedidos, devoltos ou non, pois iso supón un maior ou menor número de veces en que se produciu a exposición da fotografía obtida. Tamén ao importe de préstamo obtido en canto aumenta ou diminúe o risco de padecer reclamacións ou consecuencias adversas de constar cada persoa como debedora, e, dentro deste criterio, influirá tamén o que finalmente non foi pagado polos acusados dado que determina tamén ese nivel de risco.
Eses criterios de extensión debemos relacionalos co feito de que ningunha desas persoas tiveron que facer fronte a ningún pago e que a actuación policial xa determinou a anotación por cada empresa de que non procedía reclamar os pagos aos titulares aparentes. De feito, o pago que será consecuencia desta sentenza, estando xa a contía consignada, asegura esa consecuencia. Ademais a situación na maioría dos casos foi que estas persoas non chegaron ter coñecemento dos préstamos e non consta acreditado ningún suposto no que se lles reclamara pago algún, e tampouco ningún no que chegaran ter que pagar algunha contía.
A partir do anterior, cuantificar ese dano moral sempre ten unha nota de discrecionalidade que fai que sexa difícil xustificar unha cuantificación concreta. En todo caso, partiremos dunha base de 50 euros referida ao suposto de menor afección e engadiremos contías idénticas dependendo desas diversas circunstancias ás que antes nos referimos. Así se o número de empresas que concederon préstamos a un nome foron 3, 4 ou 5 sumaremos 50 euros, se son máis outros tantos. Se o importe non devolto supera os 1000 euros sumaremos outros 50, e outros tantos se supera os 1500 euros. Por último se a cantidade pedida supera os 2000 euros sumaremos outros 50 euros.
1. Adela: 300 euros
2. Amalia: 250 euros
3. Teodoro: 200 euros
4. Casilda: 50 euros
5. Bernarda: 150 euros
6. Luis Pablo: 100 euros
7. Estefanía: 100 euros
8. Flor: 50 euros
9. Gloria: 150 euros
10. Blanca: 100 euros
11. Lorenza: 100 euros
12. Benigno: 150 euros
13. Mercedes: 100 euros
14. Alejandra: 100 euros
15. Azucena: 50 euros
16. Marcial: 50 euros
17. Estibaliz: 50 euros
18. Efrain: 50 euros
19. Pablo: 50 euros
20. Ramón: 50 euros
21. Noelia: 50 euros
22. Secundino: 100 euros
23. Gendo Liñeira Casal: 50 euros
24. Begoña: 100 euros.
5.3.- Segundo acabamos de indicar, os contías recoñecidas no anterior punto pretenden atender ás molestias que poderían padecido as persoas cuxos nomes foron usados na comisión dos feitos. Atendemos tanto ao risco xerado como ao feito de que dos feitos derivaron molestias. Con iso damos resposta á petición do Ministerio Fiscal que incluía na súa petición a todas as persoas mencionadas.
A acusación particular instou unha maior indemnización para as catro persoas que representou. Nas catro pretendeu a aplicación que chamou analóxica do importe das sancións relacionadas coa Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais. Con ese fundamento pretendeu que a indemnización fora fixada en 100.000 euros para Bernarda, Blanca e Efrain, e de 150.000 euros para Begoña.
A desproporción da petición é tan evidente que merece a cualificación de pouco rigorosa. Xa a propia contía debería ser suficiente para que a parte desistira de tal petición. Pero, ademais, os argumentos empregados carecen de forma ostentosa de calquera apoio xurídico que non pase polo voluntarismo da parte e, probabelmente, da circunstancia do improbábel da condena a quen neste aspecto é máis demandante que acusador ao pago das custas, mecanismo este que quizais debería ser revisado cando, aínda asistindo razón na pretensión penal, é empregado o proceso para peticións tan carentes de xustificación.
En todo caso, chega con lembrar a brillante impugnación realizada polo Ministerio Fiscal nas súas conclusións definitivas. Os supostos aos que se refire a Lei mencionada pola acusación particular nada teñen que ver co aquí sucedido pois refírense
Seguindo con aquela impugnación do Ministerio Fiscal, non cabe tampouco acudir á xurisprudencia civil referida a indemnizacións por incorrectas inclusións en rexistros de morosidade. Primeiro, debemos lembrar que no escrito de Begoña si se incluíu unha referencia a eses rexistros:
O Ministerio Fiscal apelou, en crítica da desmesura da petición da acusación particular, a cantidades que se recoñeceran en supostos de comisión de delitos contra a intimidade do artigo 197 e os seguintes do Código Penal. Os exemplos expostos poñen aínda máis en evidencia o desmesurado da petición da acusación particular, pero nin sequera servirían de baremo. A propia natureza do delito contra a intimidade e o ataque que pode supor á tranquilidade das persoas queda lonxe do suposto que nos ocupa no que consideramos moito máis prudentes as contías indicadas anteriormente.
Só restaría unha petición que se realiza en nome de Begoña que imputa uns sobrecustes da súa factura telefónica ás xestións realizadas por mor destes feitos. Por un lado, na indemnización xa recoñecida, a partir da petición do Ministerio Fiscal, xa se inclúe o certo grao de molestias que derivaron de verse introducida nestes feitos. Por outro, asiste razón á defensa cando advirte que ningunha proba foi realizada sobre o motivo desas chamadas sen que poidamos sen máis atribuílas a estes feitos pois é perfectamente posíbel que tiveran outras motivacións e non se considera suficiente a proba despregada pola acusación particular.
6.1.- A acusación particular solicitou que fora declarada a responsabilidade civil subsidiaria da Xunta de Galicia. Nos escritos de acusación, certamente, a petición foi deficientemente realizada pois non consta como conclusión a petición de tal condena, senón que, irregularmente, introduce un Outrosi no que solicita
6.2.- Parece, en todo caso, que se pretende amparo no contido do artigo 121 do Código Penal:
6.3.- Os feitos tal e como resultaron probados, despois de rexeitar as pretensións da acusación particular, só refiren como feito relacionado coas funcións do cargo da acusada que obtiña o DNI orixinal ao pedilo a persoas que acudían ao servizo que prestaba.
É relevante que, como se aclarou en xuízo, quedase claro que a prestación dese servizo non requiría da entrega do DNI senón que chegaba coa súa exhibición. Desa forma, a petición do DNI non formaba parte das funcións propias do cargo. Pero, é máis, nese momento, a acción realizada non pasaba dunha preparación da ulterior comisión do delito. Os elementos típicos do delito polo que se acorda a condena é o de estafa que se comete ao enganar ás empresas prestamistas e tal acción está desligada desa primeira de obter unha fotografía que, en si mesma, non constituiría ese delito nin sería un acto típico do delito de estafa, como tampouco, polo que antes explicamos, do delito de falsidade. Así, se xa é discutíbel que o delito fora cometido
Hai que rexeitar esta pretensión.
Ao abeiro do artigo 239 da LACrim procede pronunciarse sobre o pago das custas procesuais. Claramente procede condenar ás mesmas aos dous acusados condenados nesta instancia. Agora ben, o discutido é se procede considerar incluídas as que correspondan á acusación particular.
A xurisprudencia advirte de que, en principio, deben incluírse, sempre que fora así solicitado, as custas da acusación particular en caso de condena. Agora ben, admite tamén excepcións a esa regra como lembra a sentenza do Tribunal Supremo de 10 de maio de 2023 (ROJ STS 2058/2023):
A actuación da acusación particular no presente caso xustifica que declaremos expresamente que non procede a condena ao pago das custas referidas á mesma.
En primeiro lugar, as peticións asumidas sobre responsabilidade penal non aceptaron as cualificacións da acusación particular segundo explicamos anteriormente. En segundo lugar, os escritos de acusación particular variaban o do Ministerio Fiscal só na pretensión de ter por probado que se empregaran documentos obtidos das aplicacións da Xunta e ese feito, que era fundamento da súa petición civil, non foi aceptado e non contou con proba ningunha despregada por esas acusacións particulares. En terceiro lugar, é relevante que elas pretenderon a aplicación do inciso segundo do apartado 2 do artigo 74 do Código Penal, se ben non se refería expresamente nos escritos tal referencia ao mencionar só o número do apartado. Efectivamente, incluso coa tipificación que propuñan as acusacións o máximo posíbel de pena era de 4 anos de prisión. O delito de falsidade en documento mercantil cuxa aplicación propugnaban ten unha pena de 6 meses a 3 anos de prisión e multa de 6 a 12 meses. Dado que se entendeu sempre como continuado, a pena posíbel era, ao abeiro do apartado 1 do artigo 74, de prisión de 1 ano e 9 meses a catro anos e seis meses (e a multa de 9 a 18 meses). A pena polo delito de estafa nos termos dos escritos era de prisión 6 a 3 anos e, dada a aplicación do mesmo artigo 74 no seu apartado segundo no primeiro inciso igual a doutro delito: prisión de 1 ano e 9 meses a catro anos. A propia acusación particular, nos dous escritos presentados, recoñecía a existencia dunha atenuante. Así pois, en principio, o límite superior da pena era de catro anos e seis meses de prisión. Tal límite penolóxico non xustificaría a competencia desta Audiencia Provincial. Porén, a acusación particular instou nun dos casos que a pena de prisión a impor, concorrendo na súa propia versión unha atenuante, fose de 4 anos, 6 meses e 1 día de prisión. A única explicación de tal pretensión, determinante da competencia, é que a parte defendera que a súa referencia fose ao segundo inciso do artigo 74.2 do Código Penal. Como vimos tal pretensión, que se afastaba completamente da pretensión do Ministerio Fiscal, é rexeitada por carecer de motivos para fundarse e nin sequera foi obxecto de alegacións pola propia acusación.
Ademais do anterior, a contía da pretensión civil fundamental da acusación en canto á contía non só foi rexeitada, senón que merece a consideración de moi escasamente rigorosa e defendíbel. A pretensión de extensión da responsabilidade civil á Xunta tamén foi rexeitada. E, inda por riba, hai indicadores do pouco rigor xeral desas peticións. Así a acusación particular confundiu as contías e as datas nun dos préstamos referido a Bernarda. No caso de Blanca referiu de forma errada os importes de dous dos préstamos e que as nóminas eran da Xunta cando, sorprendentemente, este era precisamente un dos dous casos nos que constaba unha nómina doutra empresa usada en 3 dos préstamos pedidos a nome desta persoa. No caso de Efrain afirmouse que na maioría dos casos acompañouse unha nómina cando foi nun caso de dous. No referido a Begoña, a acusación particular solicitou que se dese por probado que ao seu nome foron solicitados 5 préstamos. Non menciona o que si incluíu o Ministerio Fiscal de 12 de outubro de 2015 coa entidade Minicredit que consta aos folios 33 a 56. Os que incluíu son os que constaban aos folios 66 a 86 en ambos casos da peza principal. Tamén se debe referir que constaban outros dous préstamos nos folios 196 a 210 pedidos a nome desta persoa, pero sobre os que ningunha parte pediu pronunciamento.
Nesas circunstancias non podemos afirmar que estea xustificada a condena en custas da acusación particular.
Tras seren vistas as disposicións legais citadas e demais de xeral aplicación do Código penal e da Lei de axuizamento criminal,
Fallo
1. Sistemas Financieros Móviles SL: 3.600 euros
2. Vivus Finance SL: 3.300 euros
3. Protocolos y Servicios Financieros: 2.300 euros
4. Twice Lamba: 2.100 euros
5. P10 Finance: 4.400 euros
6. Twinero SL: 4.025 euros
7. Vía SMS Minicredit: 300 euros
8. Krédito24: 500 euros
9. Wonga.es: 300 euros
10. Isekampur Bondora: 2.390 euros
11. Adela: 300 euros
12. Amalia: 250 euros
13. Teodoro: 200 euros
14. Casilda: 50 euros
15. Bernarda: 150 euros
16. Luis Pablo: 100 euros
17. Estefanía: 100 euros
18. Flor: 50 euros
19. Gloria: 150 euros
20. Blanca: 100 euros
21. Lorenza: 100 euros
22. Benigno: 150 euros
23. Mercedes: 100 euros
24. Alejandra: 100 euros
25. Azucena: 50 euros
26. Marcial: 50 euros
27. Estibaliz: 50 euros
28. Efrain: 50 euros
29. Pablo: 50 euros
30. Ramón: 50 euros
31. Noelia: 50 euros
32. Secundino: 100 euros
33. Gendo Liñeira Casal: 50 euros
34. Begoña: 100 euros.
Notifíquese a presente sentenza, da que se unirá certificación ao correspondente rolo de Sala, ás partes, instruíndoas de que contra esta cabe RECURSO DE APELACIÓN ante esta Audiencia para ante a Sala do Civil e do Penal do Tribunal Superior de Xustiza dentro dos DEZ DÍAS seguintes ao da última notificación da sentenza, o cal se tramitará conforme o establecido nos art. 790, 791 e 792 da LACrim.
Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza, da cal se levará unha certificación ao rolo de sala e que se anotará nos rexistros correspondentes.
