Sentencia Penal 392/2023 ...e del 2023

Última revisión
07/03/2024

Sentencia Penal 392/2023 Audiencia Provincial Penal de A Coruña nº 2, Rec. 60/2022 de 09 de noviembre del 2023

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 153 min

Orden: Penal

Fecha: 09 de Noviembre de 2023

Tribunal: AP A Coruña

Ponente: XERMAN VARELA CASTEJON

Nº de sentencia: 392/2023

Núm. Cendoj: 15030370022023100418

Núm. Ecli: ES:APC:2023:2918

Núm. Roj: SAP C 2918:2023

Resumen:
ABUSO SEXUAL CON ACCESO CARNAL

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

A CORUÑA

SENTENCIA: 00392/2023-

C/. DE LAS CIGARRERAS Nº 1 - EDIFICIO ANTIGUA FABRICA DE TABACOS. 1ª PLANTA

Teléfono: 981 18 20 74 /75/36

Correo electrónico: seccion2.ap.coruna@xustiza.gal TFNO. 881 881 899 /895/ 896/ 898

Equipo/usuario: ML

Modelo: N85860

N.I.G.: 15036 43 2 2021 0000990

PO PROCEDIMIENTO SUMARIO ORDINARIO 0000060 /2022

Delito: ABUSO SEXUAL CON ACCESO CARNAL

Denunciante/querellante: representante legal Teresa en representación de Esteban, MINISTERIO FISCAL

Procurador/a: D/Dª MARIA DEL CARMEN VIDAL CASTIÑEIRA,

Abogado/a: D/Dª RUBEN VEIGA VAZQUEZ,

Contra: Ezequiel

Procurador/a: D/Dª ADRIAN MANIVESA PANTIN

Abogado/a: D/Dª ALEJANDRO SEOANE PEDREIRA

SENTENZA

Presidenta:

Ilma. Sra. Maria del Carmen Taboada Caseiro

Maxistrados:

Ilmo. Sr. Salvador Pedro Sanz Crego

Ilmo. Sr. Xermán Varela Castejón

A Coruña, 9 de novembro de 2023

Foi vista ante a Sección Segunda desta Audiencia Provincial a causa tramitada co número desta sección Procedemento ordinario 60/2022, procedente do Xulgado de instrución núm. 1 de Ferrol e que foi instruída co número de Sumario dese Xulgado 325/2021, sendo presentado escritos de acusación afirmando a comisión de delito de abuso sexual a menor de 16 anos, de contacto con menor desa idade con proposición de concertar un encontro sexual, delito de difusión ou exhibición de material pornográfico a menor, de pornografía infantil e outro de contacto a través de internet con menor:

- Ezequiel, con NUM000, nado en DIRECCION000 (A Coruña), o NUM003/1979, fillo de Isidoro e Berta que foi representado polo procurador Adrián Manivesa Pantín e asistido polo letrado Alejandro Seoane Pedreira.

Foi parte acusadora o Ministerio Fiscal, e, como acusación particular, Teresa que actuou en representación do seu fillo Esteban (nada o NUM001 de 2005) ata que, xusto antes do inicio da vista, este alcanzou a maioría de idade e actuou no seu propio nome, a representación foi asumida pola procuradora María del Carmen Vidal Castiñeira e asistencia letrada por Ruben Veiga Vázquez.

Actuou como relator o maxistrado Xermán Varela Castejón.

Antecedentes

Primeiro.- Estas actuacións comezaron coa incoación das dilixencias previas de procedemento abreviado numeradas como 325/2021 do Xulgado de instrución nº 1 de Ferrol , posteriormente transformadas en procedemento Sumario co mesmo número que concluíu e elevou a esta Audiencia Provincial.

Xa nesta Audiencia Provincial, asignado o número de procedemento ordinario 60/2022, e tras seren oídas as partes, confirmouse a conclusión do Sumario e acordouse a apertura de xuízo oral. Tras esa decisión as partes acusadoras presentaron cadanseu escrito e, posteriormente, a defensa o propio dela.

Segundo.- Os días 18 e 19 de outubro de 2023 foi celebrada vista.

No momento de emitir as súas conclusións definitivas o Ministerio Fiscal modificou o seu escrito de acusación segundo consta nas actuacións. A acusación particular adheriuse a esas novas conclusións do Ministerio Fiscal A defensa elevou as propias a definitivas.

A vista de xuízo rematou dando a última palabra ao acusado.

Hechos

Primeiro.- Antes de agosto de dous mil vinte Esteban, nado o NUM001 de 2005, rexistrouse na aplicación de citas homosexuais Grindr.

Para facelo tivo que mentir afirmando que tiña dezaoito anos, e ese mesmo dato falso fíxoo constar no seu perfil accesíbel ao resto de usuarios.

Segundo.- En data non determinada de agosto de dous mil vinte, Esteban contactou co perfil que na rede Grindr usaba Ezequiel mandándolle aquel unha primeira mensaxe.

Mantiveron conversas a través do chat da aplicación durante tres ou catro días e concertaron unha cita no domicilio de Ezequiel en DIRECCION001.

Terceiro.- En data indeterminada, tras eses tres ou catro días de comunicación escrita, Esteban, entón con catorce anos e entre nove e dez meses dependendo do día de agosto no que se producise o encontro, acudiu ao domicilio de Ezequiel.

Unha vez na vivenda os dous e no salón da mesma ambos bicáronse e espíronse. Tras iso desprazáronse a un dormitorio onde se tocaron mutuamente e masturbáronse ata exacular.

Fundamentos

Primeiro.- Sobre os feitos probados.

1.1.- Antes de analizar os motivos que nos levan á declaración do relato de feitos probados, así como a non proclamar probados outros segundo as explicacións que despois daremos, convén precisar os criterios de valoración probatoria.

O estándar probatorio propio do dereito penal non se pode resolver coa fórmula da probabilidade preponderante, e dicir non chega para ter por acreditada a versión da acusación que esa hipótese apareza como máis probábel que outra defendida no proceso. No proceso penal o estándar debe ser máis rigoroso. Habitualmente refírese que o esixíbel é que a hipótese sexa acreditada, segundo a fórmula clásica, máis aló de calquera dúbida razoábel. Agora ben, dotar de contido a esa referencia non é doado e debemos fuxir de simples referencias a convencementos internos e subxectivos do xulgador. A proclamación do feito como probado debe ser resultado da análise dos medios de proba practicados e o contraste entre eles de forma que un observador imparcial poida aceptar como razoábel a conclusión alcanzada. Esa conclusión debe fundarse nun estándar entendido como o grao de confirmación que se debe esixir á proba para poder optar pola condena da persoa acusada. Para afirmar tal cousa deben ser analizado o resultado da proba practicada e verificar se explica a hipótese acusatoria e se esa hipótese é coherente e explica os diversos elementos probatorios cos que se conta. Ademais, cabería engadir, se a hipótese require loxicamente a produción de determinados feitos, eses outros feitos deberían constar tamén acreditados. Por outro lado, ese mesmo resultado da actividade probatoria debe excluír as posíbeis hipóteses excluíntes da culpabilidade sendo refutadas as propostas pola defensa.

Consecuencia desa perspectiva é que cando un feito concreto dos que fundarían a esixencia de responsabilidade no caso concreto non resta acreditado máis aló de toda dúbida razoábel, non pode ser proclamado como probado. Así sucede cando non conta con apoio probatorio suficiente por si mesmo, pero tamén cando, aínda tendo apoio probatorio o feito no que se funda a acusación, unha versión alternativa, a da defensa, conta tamén con apoio que fai que non se poida considerar esa alternativa como non razoábel. Nese caso, o que se constata é unha dúbida razoábel sobre o primeiro feito, pois existe unha posibilidade razoábel de que o sucedido fose o defendido pola defensa. Noutras palabras, a posibilidade razoábel de que sucedese o afirmado pola defensa, en atención ao resultado probatorio do caso concreto, provoca necesariamente que se deba afirmar que existe unha dúbida razoábel de que sucedese o afirmado pola acusación. E así será aínda que no contraste só entre as dúas versións, poida aparece como máis probábel a da acusación. Cando sucedeu así, aínda que se puidese proclamar como máis probábel o feito afirmado pola acusación que o afirmado pola defensa, que este último tamén sexa probábel, aínda en menor medida, fai que non se poida afirmar que o defendido pola acusación sucedeu máis aló de toda dúbida razoábel. Non procederá proclamar como probado que sucedeu o afirmado pola defensa, pero tampouco caberá dicir que probou que sucedeu o afirmado pola acusación.

1.2.- Trasladado o que acabamos de analizar ao caso que nos ocupa debemos constatar a existencia de dúas versións sobre os feitos.

Resumida a tese das acusacións é que en agosto de 2020 Esteban contactou a través da aplicación Grindr con Ezequiel e mantiveron comunicacións escritas polo chat propio da aplicación. As acusacións defenden que nese momento Esteban, por mensaxe escrita, aclaroulle a Ezequiel que en realidade tiña catorce anos, aínda que nalgún momento se afirma que dixo que tiña quince. Tamén nese momento, nesa versión dos feitos, Ezequiel envioulle fotografías a quen xa sabía que era menor nas que aparecía o seu pene erecto, e Esteban mandoulle a aquel fotos de similares características. Tras uns días con ese tipo de comunicación, ambos concertaron unha cita no domicilio do acusado. O día do encontro, na versión da acusación, Esteban acudiu ao domicilio do acusado. Unha vez alí, no salón produciuse no salón do domicilio un primeiro contacto sexual no que ambos se bicaron e realizaron felacións un ao outro. Tras iso, o acusado nesa versión levou ao menor a un dormitorio onde chegou a penetralo analmente. Posteriormente a ese encontro, continuaron as comunicacións escritas por medio agora da aplicación Instagram e produciuse o envío dunha nova fotografía con contido sexual do acusado a Esteban.

A tese da defensa coincide en parte do relato. Concretamente manifesta que si se produciu a comunicación a través da aplicación Grindr e, tras poucos días con ela (2 ou 3), concertaron unha cita. Nega que se enviaran un ao outro ningún tipo de fotografía. Recoñece tamén o encontro no domicilio, pero manifesta que nel só se bicaron e tocaron mutuamente no salón para, posteriormente, pasar ao dormitorio onde afirma que só se masturbaron pero sen ningún tipo de penetración. Tras iso, defende, as comunicacións, efectivamente a través da aplicación Instagram, non supuxeron envío de ningunha fotografía. Nega que o acusado en todo ese tempo soubese a verdadeira idade de Esteban.

1.3.- Do descrito en contraste co relato de feitos probados extraese claramente que ese relato de feitos probados é consecuencia do que o acusado recoñeceu como sucedido. O que o acusado manifesta que si sucedeu coincide coa declaración de Esteban e a tese da acusación no sentido de que afirma esa acusación que sucedeu iso. A diferenza estriba en que afirma que sucedeu iso e algo máis (confesión da verdadeira idade, envíos de fotos sexuais por parte de ambos e máis prácticas sexuais no domicilio). Sobre iso que afirma a acusación e nega a defensa volveremos, pero polo pronto no que hai coincidencia debe ser trasladado ao relato de feitos probados.

1.4.- Para a análise da proba partiremos, tras expor o resultado da proba, á valoración individual do resultado de cada medio probatorio procurando ponderar a fiabilidade que pode merecer individualmente. Feito iso, procederá a valoración conxunta que pretende non só a valoración de todos os medios, senón valorar conxuntamente o seu resultado para comprobar de que forma xustifica a conclusión alcanzada.

Segundo.- Sobre a proba practicada.

2.1.- Como acabamos de expresar as diferentes versións discrepan en varios puntos sobre un relato que contén puntos afirmados por ambas. Debemos analizar a proba practicada en xuízo para valorar se cabe considerar disipada toda dúbida en relación coa hipótese da acusación.

En xuízo foille tomada declaración a Esteban, aos seus pais, a dous axentes policiais que elaboraron o Atestado inicial, outro que realizou un informe sobre unha documental achegada e á irmá do acusado. Ademais diso prestaron declaración dúas psicólogas do Imelga que realizaron un informe sobre a credibilidade da declaración do entón menor de 16 anos (no momento do exame destas peritos), outra psicóloga clínica que atendeu ao aínda menor posteriormente, outros dous peritos que informaron sobre as características de desenrolo sexual de Esteban e de Ezequiel e, finalmente, un perito que emitiu informe a petición da defensa sobre circunstancias que atinxían ao acusado. Practicada a proba, tal e como pediu a defensa e foi acordado por este tribunal, oíse en declaración ao acusado. Os informes pericias aos que se referían esas declaracións constan na causa e, como documental, consta sobre todo un conxunto de capturas de pantalla que foron remitidas pola nai de Esteban á policía para a súa análise.

2.2.- Esteban declarou en xuízo. Podemos destacar algunhas das súas manifestacións. Explicou que se dera de alta na aplicación Grindr mentindo sobre a súa idade, pois está prohibido o uso por menores; a preguntas da defensa recoñeceu que tamén no seu perfil fixo constar que tiña dezaoito anos. Tamén a preguntas da defensa manifestou que non recordaba se fora a mediados de agosto cando se produciu o contacto.

Sobre o contacto previo ao encontro manifestou que fora el quen remitira unha primeira mensaxe ao acusado e que, dende ela, tiveron conversas durante uns días que primeiro foron triviais e despois pasaron a temas sexuais. Sostivo que nesas primeiras conversas comunicou ao acusado que idade tiña realmente e que este respondeulle que era normal que amosara interese por temas sexuais.

Tamén situou nesas primeiras conversas a recepción de fotos do acusado que dixo non recordar quen tivera a iniciativa de remitir, nin saber cantas serían, pero que poderían ser unhas dez. Esas fotos dixo que eran do acusado, unhas vestido e outras sen roupa, pero en ambos casos co pene erecto visíbel. Sobre as que afirmou que el remitira ao acusado dixo que as mandara para corresponder e negou que sentise obrigado a facelo. Manifestou que eran fotos del espido de pescozo para abaixo, sen verse a cara. As fotos manifestou que se mandaran por un e outro tanto antes como despois de manifestar el ao acusado a súa idade real; se ben posteriormente a preguntas da acusación particular manifestou que el enviou as súas despois de ter manifestado a súa idade real.

A cita para verse no domicilio do acusado defendeu que se produciu sobre unha semana ou unha semana e media despois do primeiro contacto telemático; a preguntas da defensa manifestou que falaron 2 ou 3 días primeiro, xa neses días quedaron en verse, estiveron algúns días sen falar e volveron falar 2 ou 3 días xusto antes de verse.

Sobre o encontro no domicilio describiuno dicindo que chegou e saudáronse na entrada con dous bicos. A preguntas da acusación manifestou que ao chegar dixéralle ao acusado que tiña que marchar antes das oito e media da tarde por ter quedado cuns amigos; a preguntas da defensa dixo non recordar se o acusado dixo que podían quedar outro día se ese día tiña presa. Tras entrar no domicilio relatou que pasaron ao salón onde di que, tras falar trivialidades, comezaron a bicarse, logo practicaron felacións mutuas ata quedar espidos e, segundo esta versión, o acusado levouno a unha habitación. Nesa habitación o acusado teríalle penetrado analmente a el ata exacular aquel; a preguntas da defensa engadiu que o acusado, antes da penetración, lambeulle o ano. Manifestou que en todo ese acto non sentiu casa nada, deixábase levar e a iniciativa tíñaa o acusado que dixo levouno da man, indo diante o acusado, a esa habitación.

Tras ese encontro, manifestou que durante uns días a través de Instagram, sen lembrar cando se deron os perfís desa aplicación, tiveron conversas triviais nas que di que lle daba largas ao acusado por non ter interese en repetir o encontro. Esas conversas posteriores di que foron poucas, nalgún momento parecía dicir que un par de semanas, pero a preguntas da defensa manifestou que foron 2 ou 3 días de conversas aínda que contactos puido haber máis tempo. Dixo que non lembraba terlle dito nunha desas conversas que quedara con outra persoa, pero que, se llo dixo, era mentira pois, afirma, non quedou con ninguén máis.

Sen especificar se foi nas conversas por escrito ou no encontro si manifestou que relatara ao acusado que xa tivera unha experiencia sexual previa cun primo del maior, se ben dixo que era unha mentira que inventara para no quedar como que no tenía experiencia*.

Explicou que meses despois, sobre febreiro ou marzo de 2021, contoulle a un amigo que tivera esa relación. Os pais del, segundo explicou, revisaban o seu teléfono e descubriron esa conversa co amigo; a preguntas da defensa manifestou que non lembraba quen era ese amigo, con que aplicación se comunicaba con el, nin que sucedera despois coa conversa, isto último por retirarlle os seus pais o terminal telefónico. Reclamáronlle explicacións e el contoulles o sucedido. A partir de aí, pasando a falar en primeira persoa do plural, manifesta que decidiron denunciar e soster unha conversa co acusado a través de Instagram para obter datos; a preguntas da defensa manifestou que eran para obter probas para presentar coa denuncia. Esta conversa, achegada como documental, foi en presenza dos seus pais e sendo a nai del a que escribía as mensaxes no ton e forma que el lle indicaba. Corresponde co capturado nos arquivos de imaxe unidos á causa sobre os que volveremos. Sobre a súa situación psicolóxica, manifesta que despois dos feitos tivo ataques de ansiedade e pánico e cambiou os seus hábitos (máis retraído e con depresión), se ben aclara que non sabe se o pode atribuír a este feito ou a outras circunstancias dos seus estudos.

Por último, manifestou que medía un metro oitenta e seis ou oitenta e sete e pesaba uns 79,8 quilos. Recoñeceu tamén que tiña unha conta, aberta polo tanto sendo aínda menor de idade, nunha aplicación semellante a Grindr chamada Wapo, se ben manifestou que non a usaba e negou que tentase dende xaneiro ou febreiro deste ano contactar co acusado a través desa aplicación.

2.3.- A declaración da nai, Teresa, achega poucos datos respecto aos momentos dos feitos dado que ela tivo coñecemento meses despois. Manifestou que foi revisando o teléfono do fillo cando descubriu unha conversa deste cun amigo, se ben non recordaba o nome do amigo, nin a aplicación, nin que sucedeu con esa conversa que nunca foi achegada á causa. Explicou que despois de descubrir esa conversa do fillo ela pensou que o fillo mentira e inventara tal contacto, falaron ela e o pai con el e este recoñeceulles os feitos. Non indica que tipo de relacións sexuais relatara nesa conversa, nin tampouco se llas especificou a ela. En todo caso, continua, preguntoulle ao fillo se tiña probas do sucedido e o fillo negouno alegando que o perfil que usara en Grindr, fora eliminado pola propia aplicación co que non podía acceder a ningún dato. Entón, segundo declarou, localizaron o perfil de Instagram do acusado, que parece ser non tiñan, e entraron en contacto con el. Esa conversa sostívoa a nai aconsellada no referido á comunicación polo seu fillo que estaba ao seu carón. Tamén explicou que o fillo antes non tiña os problemas de ansiedade e depresión que apareceron por esas datas, se ben manifestou que non podía asegurar que respondesen a ese encontro. A preguntas da defensa, aínda que recordaba datos do día en que se produciu o encontro, non era quen de dar unha data exacta e só referiu que entendía que non podía ser o martes 11 pois coincidía un día que comían en casa duns familiares e iso sucedía en fin de semana. Manifestou que o fillo negou ter experiencias sexuais previas a ese encontro. O pai, Tomás, dixo que foi a nai a que localizou a conversa, que el tamén estaba presente cando se produciu a conversa por Instagram despois de descubrir eles os feitos, que o seu fillo era moi infantil e dende esas datas cambiou pasando a ter ataques de ansiedade e reaccións dese tipo. O pai si refire que o fillo dixera que foi a principios de agosto, sen recordar case ningún outro detalle dos preguntados.

2.4.- Respecto aos dous axentes que confeccionaron o atestado, podemos destacar que manifestaron que nunca viron o terminal telefónico ou dispositivo onde se supuña que estaban as conversas de Instagram cuxas imaxes foron achegadas. Non lembraban data das capturas, nin as contas dende as que se supuña que se sostivo esa conversa. Si dixeron que non lle dixeran no momento de interposición da denuncia que esas conversas por Instagram que a conversa fora sostida pola nai e non polo entón menor. Tampouco lles amosaron as fotos supostamente mandadas tanto do acusado como do entón menor. Sobre o aspecto físico de Esteban no momento de interposición da denuncia (marzo de 2021 cando tiña 15 anos e cinco meses) dixeron que lles pareceu, o primeiro, un poco alto y con algo de cuerpo e o segundo, más bien alto y con cierta corpulencia.

A declaración do outro axente policial non achegou nada relevante, pois, como pasamos a examinar, o que manifestou non era máis que o resultado da lectura do que reflexaban os documentos achegados como proba documental que calquera persoa con nivel usuario respecto a transmisión de imaxes pode concluír desa lectura. Por iso, primeiro, analizaremos eses documentos.

2.5.- Entrando, por iso, na análise da proba documental é relevante describir como chega á causa. No momento de interposición da denuncia, marzo de 2021, Esteban, nese momento menor, declarou acompañado da súa nai. O que se recolleu na denuncia é que Esteban le había comentado a sus padres que le habían cancelado la cuenta en la aplicación Grinder y, por lo tanto, no podía acceder ni mostrarles las conversaciones que había tenido con esta persona.-- Que sin embargo, Esteban si pudo contactar nuevamente con esta persona a través de Instagram, manteniendo una conversación de la que aporta capturas de pantalla a esta Instrucción, en la que éste individuo quiere quedar nuevamente con el declarante para mantener relaciones sexuales con él . A ese Atestado acompañaban copia impresa desas capturas. Como vimos antes, os axentes que actuaron nese momento manifestaron, por un lado, que eles xa as recibiron impresas, e, por outro lado, que non se lles comunicou que quen en realidade sostiña a conversa era a nai de Esteban e non este. En todo caso, esas versións impresas son cinco folios que reproducen unha conversa que nesa versión non permite identificar nin os usuarios que manteñen a conversa, nin a data, nin a aplicación usada.

Por providencia do 24 de agosto de 2021 o Xulgado acordou que fosen practicadas as dilixencias pedidas polo Ministerio Fiscal nun escrito anterior cos números 1 e 2 e que se concretaban nese escrito en: 1.Que se reclame de la entidad gestora de la aplicación Grinder las conversaciones que mantuvo el menor (correo electrónico DIRECCION002) con el encausado en su cuenta. 2. Que se reclame de la entidad gestora de la aplicación Instragram las conversaciones que mantuvo el menor con el encausado en su cuenta ( PLAZA000) . Remitiuse un oficio dende o Xulgado nese sentido. A resposta policial foi que a obtención desa información precisaba a remisión de comisións rogatorias. A iso engadía o autor do oficio, emitido en setembro de 2021, que decidira reclamar da nai do entón menor novas capturas de pantalla, posto que nos folios impresos achegados coa denuncia solamente se podía apreciar las conversaciones pero no las cabeceras en las que debería figurar el nik del autor. Continuaba entón o oficio indicando que a nai procedera a enviar finalmente a través del correo electrónico 13 arquivos con capturas de pantalla. Estes datos da orixe da documentación indican, por un lado, que non se achegaron xunto coa denuncia na que se manifestou que Esteban le había comentado a sus padres que le habían cancelado la cuenta en la aplicación Grinder y, por lo tanto, no podía acceder ni mostrarles las conversaciones que había tenido con esta persona . Por outro lado, que a policía só puido observar os documentos que se lle remitían e non analizar os dispositivos que os contiñan, nin tampouco realizar operacións de verificación sobre os arquivos, e iso aclara que as capturas que despois describiremos nas que aparecen datos dos arquivos non son produto da análise policial, ou cando menos dun acto de extracción de metadatos dos arquivos recibidos pola policía, senón, simplemente, capturas de pantalla realizadas anteriormente. É por estes motivos polos que o axente policial non pode engadir dato ningún ao que deriva da simple observación por este tribunal deses mesmos arquivos informáticos que son arquivos de imaxes como as que se xeran en calquera dispositivo cando se realiza unha captura de pantalla.

Como dixemos trátase de 13 impresións de capturas de pantalla. A 1, a 3 e a 12 son tres capturas de pantalla nas que se aprecia que na pantalla capturada estaba reproducida unha fotografía. No que agora interesa chega con referir que nas tres aparece un pene erecto, nas dúas primeiras sen poder ver a cara e na terceira véndose o corpo enteiro e tamén a cara. As capturas seguintes en cada caso (a 2, a 4 e a 13) son tres capturas de pantalla nas que se aprecia que na pantalla capturada estaba reproducido un cadro de diálogo titulado nos tres casos Detalle del archivo e no que aparecen unha serie de referencias que debemos supor que se refiren as fotos das capturas inmediatamente anteriores.

A partir do anterior, o primeiro que se deduce é que este medio de proba só achega información sobre a propia captura de pantalla, non sobre as fotos que están a ser reproducidas nalgún dispositivo cando é xerada a captura. O achegado son os arquivos de imaxe desas capturas. En segundo lugar, esta proba documental non achega ningún dato sobre o momento en que se compartiron esas fotografías, nin sobre quen remitiu a foto, nin a quen lla remitiu, nin propiamente en que momento o fixo. En terceiro lugar, en puridade os tres arquivos que son capturas do momento no que un teléfono reproducía os metadatos dalgunha fotografía, non podemos saber se se refiren á foto que na orde de impresión para entregar o oficio é a inmediata anterior. Aparentemente cada un deles semella ter de fondo a captura anterior, pero o certo é que non se ve con claridade é xera unha dúbida nese punto.

En todo caso, procede constatar que os tres arquivos que se supoñen metadatos das respectivas capturas dan diversos detalles. Do nome asignado á captura, é dicir ao arquivo de imaxe xerado, podemos inferir o momento en que se produciu a captura e a aplicación na que se reproducía a foto. De aí sae que a primeira (captura 2) xerouse o 4 de agosto de 2020 ás 10:50 cando se usaba a aplicación Grindr. A segunda (captura 4) o 3 de agosto ás 20:17 cando se usaba a mesma aplicación. A última (captura 13) o 20 de setembro ás 00:38 cando se usaba a aplicación Instagram. Os tres arquivos de imaxe xerados, as tres capturas, consta que no momento de xerarse o dispositivo arquivounas na carpeta para ese tipo de capturas ( screenshots) e así se ve na denominada ruta origen. Tamén constan en cada unha delas unha denominada hora de adicción e outra ruta del archivo. Poderían responder ao momento, sempre no mesmo día en que se din xerados os arquivos, nos que se trasladaron a unha carpeta de almacenaxe de fotografías de forma privada ( privacy_safe). Se ben isto non foi explicado e o propio axente policial manifestou non poder dar explicación ao respecto. Por outro lado, nas dúas primeiras capturas só aparece a fotografía sen que conste ningún dos signos que aparecen na pantalla de calquera teléfono. Pode responder a que a imaxe fose reproducida no teléfono sen eses signos, pero non se explicou. E, ademais, a última imaxe, captura 12, si ten eses signos. Ademais esta captura si ten na franxa superior os signos propios dos avisos de calquera teléfono (nome compañía, sinal de wifi, sinal de cobertura, signo de whatsapp, bluethooth, alarma, batería e hora); debaixo, xa sobre a imaxe, aparece unha frecha á esquerda, a mención 27/92 e os símbolos de compartir, de menu e os tres puntos verticais. Baixo esta mención, aparentemente como parte da imaxe aparece a expresión p.e.p.e_ 2019 para ti 1 min. Por último, na parte inferior aparecen os tres símbolos de Android (triángulo, circunferencia e cadrado), pero dúas veces, unha sobre outra. Este conxunto de datos xeran varias dúbidas. Aparentemente estaríamos ante unha imaxe gardada nalgunha carpeta de fotografías que conservaría esta entre outras (ata 92), de forma o momento da captura non coincidiría co momento da recepción da foto. Pero, ademais, esa dupla reprodución do menu inferior propio dun teléfono, permite soster que o reproducido no momento da captura enviada á policía, era unha imaxe que se xerara doutra captura recibida anteriormente. Non podemos afirmar tal cousa, pero si debemos constatar que o documento ten esas características que soportan esa interpretación.

Por outra banda, respecto das fotografías debemos destacar que non houbo ningún momento en que Esteban recoñecese esas fotos como as enviadas supostamente polo acusado. No momento da denuncia manifestou que non tiña acceso ao seu perfil, e no xuízo non foi preguntado, como, por outro lado, tampouco o foron os pais nin sobre esa coincidencia, nin sobre a orixe deses documentos que supostamente remitiu a nai á policía.

As capturas 5 a 11 son capturas de pantalla que refiren unha conversa que se afirma que se realizou por medio de Instagram. Non coinciden coas achegadas xunto coa denuncia. Por un lado, nestas obsérvase a pantalla completa do teléfono que reproducía a conversa no momento en que se xeraron esas capturas. Por outra, aparece na primeira que a conversa é cun perfil identificado como p.e.p.e_2019. Ademais o texto non é idéntico ao que se reflexaba nas entregadas no momento de interposición da denuncia, aparentemente por causa da forma de realizar as capturas.

Sobre esas capturas da conversa mantida xa non 2021, debemos indicar que o acusado recoñeceu que mantivo esa conversa e non negou o seu contido.

2.6.- Deixando para un momento posterior a análise do Informe de credibilidade polos motivos que veremos, proede constatar as outras probas realizadas a instancia das acusacións.

O informe emitido polos peritos Gervasio e Hilario pouco engaden ao resultado probatorio pois limitouse a constatar que ambos varóns tiñan un desenvolvemento físico no aspecto sexual acorde coas súas idades no momento no que puideron examinalos en maio de 2022.

Declarou en xuízo Nuria que manifestou que ela atendera, como psicóloga clínica, a Esteban dende aproximadamente maio de 2022 e ata febreiro de 2023 que ela cambiou de destino. Nese período afirmou que tiveron unhas seis sesións, das que na primeira estivo presente a nai e non no resto. O motivo que se lle comunicou para acudir ás sesións foi ter padecido o que definiu ela como unha agresión sexual por parte dun maior. Segundo ela, o que lle relatou é que inicialmente intercambiara fotografías con ese maio, despois quedou con el e que foi o maior o que tivo a iniciativa. Os sentimentos que o menor expresou respecto do relatado menciónaos como disociativos e manifestou que os signos de posibilidades autolíticas fíxolle aumentar a frecuencia que é habitual neste tipo de casos. Tamén referiu que dende ese feito os pais manifestáronlle que observaron un cambio no comportamento do menor e ela entendía que esas manifestacións, referindo sobre todo o distanciamento emocional, consideraba que proviñan de algo máis traumático que as outras fontes posíbeis de estres que tivese naquel momento.

Terceiro.- Sobre valoración individual.

3.1.- Como explicamos antes no presente caso non se discuten os feitos que dimos por probados, é dicir: a) que o menor se rexistrou, mentindo sobre a súa idade, nunha aplicación destinada, fundamentalmente, a encontros sexuais entre os usuarios, b) que o menor comunicou nesa rede co acusado, c) que conversaron por medio do chat da aplicación ata que quedaron en verse no domicilio do acusado, e d) que se produciu un encontro nese domicilio no que houbo un contacto sexual entre ambos.

Os feitos afirmados pola acusación e discutidos pola defensa serían os seguintes: a) que o menor comunicou a súa idade real xa nas primeiras comunicacións, ou, en todo caso, que existían datos que debían facer ao acusado sospeitar esa idade, b) que se intercambiaron fotografías propias, do menor e do adulto, de contido sexual no chat, c) que o contacto sexual incluíu felacións dun ao outro e a penetración anal do menor por parte do acusado.

3.2.- A fonte fundamental de proba vén constituída pola declaración de Esteban.

Está completamente consolidada a doutrina que advirte que a declaración de quen afirma a acusación que foi vítima dun feito, e que tamén pode ser denunciante dese feito, é un elemento de proba válido. Válido quere dicir que pode ser valorado, non que constatar a súa presenza sexa suficiente para fundar unha decisión de condena. Iso si, debe ser valorado con cautela.

Son tres os elementos que a xurisprudencia ten destacado como de necesaria análise antes incluso de entrar propiamente a valorar o peso probatorio que poida ter. É importante significar que non se trata de requisitos de validez probatoria da declaración de forma tal que a ausencia dalgún deles esixa excluír ese medio probatorio. E tamén que non se trata de criterios de suficiencia probatoria e que no caso de concorreren permitan ter, sen máis análise, por probado o relatado. Fronte a esas dúas visións, os elementos que a xurisprudencia ten decantado son unha análise mínima das circunstancias da declaración que deben influír de forma notábel na valoración do concreto medio de proba que, en certo sentido, é posterior a esa análise.

Pola coñecida reiteración da doutrina xurisprudencial da materia, non tan homoxénea como poida parecer pero si suficientemente constante nos aspectos centrais, só mencionamos como exemplo desta doutrina o manifestado na Sentenza do Tribunal Supremo de 7 de novembro de 2022 ( ROJ STS 4037/2022):

Y para verificar la estructura racional del proceso valorativo de la declaración testifical de la víctima, esta Sala tiene establecidos unos parámetros que, sin ser cada uno de ellos una exigencia axiomática para la validez del testimonio, sí facilitan que la verosimilitud responda a criterios lógicos y racionales, con elusión de posicionamientos internos o intuitivos del Juez. Estos parámetros consisten en el análisis del testimonio desde la perspectiva de su credibilidad subjetiva, de su credibilidad objetiva y de la persistencia en la incriminación. La credibilidad subjetiva se refleja por una aptitud física del testigo para percibir lo que relata cuando entra en confluencia con el plano psíquico, en el sentido de carecer el testigo de móviles espurios que debiliten la credibilidad de su versión. La credibilidad objetiva o verosimilitud de su testimonio, según pautas jurisprudenciales ya muy reiteradas, debe estar basada en la lógica de la declaración (coherencia interna), con el suplementario y relevante apoyo de datos objetivos que corroboren periféricamente la versión sustentada en el relato (coherencia externa). Por último, la persistencia en la incriminación, presta su eficacia analítica desde la evidencia de que los hechos vividos son únicos e inmutables, de modo que su descripción en sucesivas declaraciones, no solo debe estar despojada de modificaciones esenciales, sino que debe ser concreta, eludir vaguedades o generalidades, estar ausente de contradicciones, y ofrecer una conexión lógica con las versiones ofrecidas con anterioridad.

Obviamente estos criterios son una guía para un análisis racional del fuste o de la solidez del testimonio, pero no constituyen un patrón inmutable y preciso desde el que extraer siempre su validez o suficiencia. E indicamos con frecuencia, como en la STS 677/2022, de 4 de julio que "La deficiencia en uno de los parámetros no invalida la declaración y puede compensarse con un reforzamiento en otro, pero cuando la declaración constituye la única prueba de cargo, una deficiente superación de los tres parámetros de contraste impide que la declaración inculpatoria pueda ser apta por sí misma para desvirtuar la presunción de inocencia"..

A lectura desa e outras moitas sentenzas, sobre a valoración dos medios de proba derivados da declaración da persoa que se di vítima dos feitos, advirte que o test ou elementos críticas que sinala non teñen por obxectivo dar forza a esa declaración, senón determinar se existen factores que, en principio, negan a posibilidade de que sexa atendida a declaración. Efectivamente, se existe unha declaración emitida por alguén con problemas de percepción, de memoria ou de capacidade de declarar, ou ben que alberga motivos claros para prexudicar a quen sexa acusado, fallara a credibilidade subxectiva. Ou, no referido á credibilidade obxectiva, non se poderá proclamar no caso de relatos que pugnen coas leis da natureza ou co razoabelmente posíbel por diversos motivos, como tampouco caberá nos casos en que xa se poida advertir que outros resultados probatorios directamente negan a posibilidade do manifestado. Por último, unha declaración que varía no tempo, máis se o fai en elementos substanciais, dificilmente poderá ser base para unha condena.

Agora ben, dixemos que esas situacións, que poucas veces se darán todas á vez, só en principio negan a posibilidade de atender a esa declaración como medio de proba. En realidade, os elementos que conforman ese chamado teste teñen dúas notas características. Algúns dos elementos que se deben atender fan que o relato deba ser excluído por carecer completamente de fiabilidade (por exemplo afirmacións de feitos imposíbeis ou negados por outras probas con especial forza sobre o feito contrario), pero outras só apuntan a un grao de probabilidade que pode ser maior ou menor, pero non dirimido en termos de presencia completa ou ausencia. Por outro lado, que o medio de proba supere as diversas análises que o test propón, só apunta á fiabilidade inicial desa concreta declaración, pero non cabe afirmar que, só por iso, caiba ter por probado o que se relata.

Desa forma, o test permite supor a fiabilidade inicial da declaración, pero, por un lado, debe ser valorado xunto ao resto de elementos probatorios e o seu resultado, e, por outro lado, segue reclamando dalgún tipo de corroboración por outros resultados probatorios.

Unha vez analizado ese elemento probatorio, de superar o test ou, cando menos, non ter un resultado que leve á súa exclusión, procede seguir analizando os outros elementos probatorios para chegar á que denominamos valoración conxunta.

Ademais, no que se denominou credibilidade obxectiva reclámase constatar se algún outro elemento de proba nega ou cuestiona solidamente a posibilidade de que sucedese o relatado. Aí esgótase o test, pero non a valoración exixíbel. Unha cousa é constatar que non é negada a posibilidade de que sucedese o relatado por ningún outro resultado probatorio, e outra distinta que os outros resultados confirmen ou cuestionen o relatado. Esta última análise entendemos que é posterior á valoración do test que, neste sentido, tería unha función máis negativa (excluír da valoración a declaración que non supere a análise), que positiva (permitir só por superar o test esa declaración fundar só nela unha eventual condena). Esta última opción, aínda que ás veces algunha sentenza pareza asumila, non se separaría en realidade dunha condena fundada no que o Tribunal Supremo definiu como mera "creencia" en la palabra del testigo, a modo de un acto de fe ciego, de una intuición, o de un "pálpito" bendecido irracionalmente con la invocación a una etérea inmediación, como coartada de la orfandad motivadora ( Sentenza do Tribunal Supremo de 6 de xullo de 2021).

Efectivamente, a superación do test nos termos presentados pola xurisprudencia só implica que o relato podería ser críbel. Así será cando non se detecten patoloxías que fagan desconfiar da súa percepción, recordo ou capacidade de manifestación, ou motivacións espurias (credibilidade subxectiva); o relato non apareza como imposíbel, nin frontalmente contrario a outros resultados probatorios (credibilidade obxectiva); e o relatado fora, nos elementos máis relevantes, igual nas diversas oportunidades nas que foi vertido (persistencia). Agora ben, ningún deses elementos por si só supoñen algo máis que a posibilidade da realidade do manifestado, sen outros elementos, aínda que sexan periféricos, que confirmen ou corroboren o relatado, o certo é que a condena, por moi extensa que sexa a argumentación ou a análise deses elementos, seguirá sendo consecuencia unicamente dun acto de fe, pois, ao fin, só poderá afirmar que se cre á testemuña. Tal cousa non sería compatíbel co principio de presunción de inocencia.

3.2.1.- Dende esas premisas debemos analizar a declaración de Esteban. Comezando polo que a xurisprudencia refire baixo a etiqueta de credibilidade subxectiva, no seu primeiro aspecto (aptitude física e psicolóxica da testemuña para percibir o sucedido, recordalo e relatalo) non hai ningún elemento que cuestiones esas capacidades. Máis matizado é o segundo aspecto. Certamente, o menor non coñecía ao acusado antes de agosto de 2020, produciuse o encontro e, despois del, o contacto, xa só telemático, foi escaso. Niso coinciden ambos, se ben tamén ambos con certa imprecisión no tempo en que se estenderon esas comunicacións posteriores ao encontro. Así as cousas parecería que non hai motivo para pensar en móbeis espurios. Ou, dito doutra forma que abranguería máis elementos ademais da pretensión de danar ao acusado, non aparecería unha ganancia secundaria derivada da interposición da denuncia.

Pese a iso, debemos destacar algúns elementos do contexto no que é descuberto o feito e no que é relatado por primeira vez aos seus pais polo entón menor. Tanto o menor como os seus pais manifestaron que en febreiro ou marzo xa de 2021, a nai del revisou o seu teléfono e localizou unha conversa do menor cun amigo na que lle relataba o sucedido. Pese a esas manifestacións, ningún deles puido indicar que amigo, que rede social ou aplicación era usada para a comunicación e que sucedera coa conversa descuberta. Isto último é significativo se temos en conta que dende o primeiro momento, segundo manifestan en xuízo, decidiron denunciar e recoller, incluso xerar, probas do sucedido. Cabe supor razoabelmente que o nivel de confianza de Esteban con esa persoa á que lle relatou o que sucedera meses antes debía ser alto, co que non se xustifica que non sexa quen de identificar a esa persoa, ou cando menos de indicar en que forma se comunicaba con ela. Non podemos ter por acreditada esa forma de descubrimento aínda que sexa de relevancia menor para a proba. En todo caso, nese momento Esteban contaba con quince anos e uns catro meses. Os pais descubriron que con esa idade usaba de aplicacións de contactos sexuais, ou dirixidas fundamentalmente a ese tipo de contactos, e que tivera un encontro sexual cun varón bastante maior ca el. El mesmo relata que foi castigado (retirada do teléfono) e que foron os pais os que dotaron dun significativo negativo ao sucedido que el non lle daba, ao tempo que lle indicaron que había que denunciar para o que, dende ese momento, pensaron como obter probas. Chamou a atención que na súa declaración Esteban pasou, dende o momento en que manifestou que os pais descubriran o sucedido, a falar en primeira persoa do plural do que se fixo despois. Tal reacción é indicativa de como dende ese momento asumiu a dirección dos pais na súa vivencia do sucedido. É aí cando debemos valorar que sería razoábel esperar dun menor descuberto nesas accións que pretendese, por un lado, minorar o enfado paterno con redución da súa propia responsabilidade e, por outro lado, obter o seu amparo en canto se presentase como vítima da acción allea. Iso sería compatíbel con que nese momento o menor manifestase que el advertira da súa idade e que foi o maior o que o incitou a continuar co contacto, da mesma forma que sería compatíbel con que aumentase o contido sexual do encontro. En absoluto cabe afirmar que sucedesen así as cousas, pero si é obrigado indicar que a posibilidade de que o menor se vise influído nese momento por esas circunstancias ou albergara esas intencións sería razoábel e non nos permite rexeitar esa posibilidade. Nun sentido parecido, e partindo desa asunción dun propósito común de promover a persecución do maior, introducir os elementos discutidos no relato tamén sería algo coherente con esa intención. Evidentemente que ese propósito de promover a persecución penal é lexítimo e tamén compatíbel con que os feitos sucedesen tal e como relatou, pero debemos ponderar como unha posibilidade, incluso de menor probabilidade que a primeira, a de que influíse esa pretensión en agravar a posición do maior co que tivera o contacto sexual.

Por último, en canto á valoración da credibilidade subxectiva tamén se debe indicar que o propio menor recoñeceu que mentiu en diversas ocasións para obter os seus propósitos. Concretamente, non so mentiu, senón que despregou algún tipo de acción falsaria para conseguir acceder á plataforma Grindr que prohibe expresamente, como el sabía, o acceso a menores de idade. En segundo lugar, continúa a mesma mentira indicando no seu perfil a idade de 18 anos. En terceiro lugar, recoñeceu que lle relatou ao acusado que tivera un contacto sexual previo cun primo, manifestando que o fixo para non aparentar ter pouca experiencia. En cuarto lugar, mentiu aos pais para poder dispor do tempo que precisaba para acudir ao domicilio do acusado. En quinto lugar, mantivo oculto ese encontro durante meses aos seus pais, como lles mantivo oculto o uso que, cando menos por un tempo, fixo da aplicación Grindr. É máis, despois desa experiencia tamén ocultou que, polo menos dende xaneiro deste ano como recoñeceu en xuízo, abriu un novo perfil nunha aplicación semellante, coñecida como Wapo, se ben negou facer uso del nos termos pretendidos pola defensa. Todo isto é absolutamente coherente coa idade que tiña naquel momento e a pretensión de achegarse á experiencia sexual que el mesmo manifestou que lle movía. Son, sen dúbida, comportamentos acordes coa idade e coas necesidades que experimentaba e fan comprensíbel ese comportamento sen que caiba culpabilizalo de xeito ningún por iso. Pero, sendo iso así, tamén evidencian capacidade para desenvolver estratexias dirixidas aos seus particulares obxectivos e que esas estratexias non pasaban necesariamente por manter un relato veraz en todo momento. Así pois, de novo sen poder afirmar que así fose, temos que constatar que a posibilidade de que elaborase unha estratexia que incluíse non ser completamente respectuoso cos feitos sucedidos é unha opción que non aparece como irrazoábel e que podería ser compatíbel cos datos de proba que temos.

3.2.2.- Entrando na denominada credibilidade obxectiva, como na anterior, a xurisprudencia introduce dúas análises diferentes. Por un lado, se o relato pugna coas leis da natureza ou da lóxica ou se resulta posíbel a súa produción. Por outro lado, se é coherente, está corroborado polo resultado doutros medios de proba.

No referido á primeira análise que reclama este aspecto do test de contraste indicado pola xurisprudencia, resulta que o relatado polo menor nos aspectos discutidos non se pode desbotar por ser contrario ás normas da natureza, da ciencia ou da lóxica. Os feitos, efectivamente, puideron suceder como relatou. Por outro lado, como indicamos a xurisprudencia refire tamén como un aspecto a valorar neste momento é se o declarado contradí outros feitos que tamén deban terse por acreditados ou, pola contra, aparece confirmado, ou corroborado, por eses outros elementos. Esta análise formaría parte da valoración individual do concreto medio probatorio. Agora ben, está moi próxima á valoración conxunta que tamén debe ser realizada, e, en todo caso, reclama analizar cal foi o resultado dos outros medios de proba practicados.

O resultado dos outros medios probatorios non evidencian contradicións fundamentais con este no sentido de que algún feito acreditado permita inferir que o relatado por Esteban é falso, se ben tampouco ningún o negou.

3.2.3.- O terceiro elemento ao que remite a xurisprudencia é a denominada persistencia na incriminación. É relevante neste punto, como noutros, advertir que o que debemos axuizar é a proba sobre os elementos que indicamos antes eran obxecto de debate entre as partes, precisamente por ser os que dotan de relevancia penal aos feitos. A persistencia en manifestar outros feitos, concretamente os que dimos por acreditados, non implica necesariamente poder proclamala respecto destes sometidos a debate. Neste sentido, si resulta evidente que persistiu a súa versión de como contactou co acusado e que se produciu un encontro no que houbo unha relación sexual. Debemos cuestionarnos se cabe afirmar o mesmo respecto dos outros elementos. Hai que ter en conta tamén que non se trata dun xuízo dicotómico no sentido de que se poida afirmar completamente que existe ou non existe tal persistencia, máis ben apunta a unha continuidade que admite unha resposta progresiva máis matizada.

No momento de interposición da denuncia, sendo menor e acompañado da súa nai, o que consta na denuncia é que se rexistrou na aplicación Grindr quería contactar con chicos mayores de edad para mantener relaciones sexuales. Tras manifestar que contactou co acusado, consta relatado en dicha conversación que tenía 14 años de edad, y que buscaba tener su primera relación sexual con otro chico.-- Que éste usuario le contestó que NO LE IMPORTABA que el mismo tuviera14 años, es más, que veía totalmente normal que con esa edad tuviera curiosidad por el sexo. Sigue ese relato afirmando que despois duns días de comunicación ésta persona el envió varias fotos suyas desnudo, por lo que el declarante quiso enviarle también fotos íntimas suyas, en las que también salía totalmente desnudo, si bien no recuerda exactamente si en ellas se veía su cara. Continúa explicando que, a iniciativa del, concertaron unha cita no domicilio do acusado e que Una vez en el domicilio ambos hablaron muy brevemente, y a continuación comenzaron a besarse en el sofá que había en el salón.-- Que tras un rato, pasaron a la habitación del domicilio, lugar donde ya consumaron el acto sexual.-- Que según relata el declarante, durante el acto sexual no sufrió ningún tipo de conducta agresiva ni violenta por parte de este hombre, llegando los dos hasta el final, si bien el dicente quiere aclarar que fue este hombre el que lo penetró a él y no al revés. Despois dese encontro di a denuncia que hablaron un par de días por la red Instagram, pero después Esteban dejó de hablar con él . Na denuncia afírmase que non lle dixo nada aos pais ata o 17 de marzo do 2021, que non podía acceder ás conversas por terlle cancelado a conta na aplicación Grindr e que Esteban si pudo contactar nuevamente con esta persona a través de Instagram, manteniendo una conversación de la que aporta capturas de pantalla.

En maio do 2022 comeza a acudir a sesións coa psicóloga da Unidade de Saúde Mental DIRECCION003 que declarou en xuízo. Máis aló de referir que recordaba que o menor padecera unha agresión sexual por un maior, manifestou, como dixemos antes, que o que lle relatou é que inicialmente intercambiara fotografías con ese maio, despois quedou con el e que foi o maior o que tivo a iniciativa. No que a este punto se refire, contraste do relato en diversos momentos, o informe non achega nada máis pois nada detalla sobre o relatado.

Tamén o 3 de maio foi a entrevista co equipo do Imelga que emitiu o informe que despois analizaremos. Convén agora só destacar que no mesmo informe consta sobre o relatado como sucedido. No informe consta reproducida a referencia ao envío de fotografías: "...eran conversaciones, en plan él me decía qué tal, como interesándose por mí de alguna manera, aunque yo notara que solamente me quería para las fotos. Y empezaba a decirme por ejemplo que si estaba caliente, que si la tenía... que si estaba erecto, que si no sé cuánto, que si le mandara fotos y él me las mandaba de vuelta. Y pues hasta que eyaculaba él y yo pues a veces, supongo que también". No xuízo, manifestou non lembrar que mandou a primeira foto, pero si que el mesmo llas mandou ao acusado por corresponder, e non por terllas pedido o acusado. Seguindo co informe, reflexa que o entón menor mantivo que si dixera a súa idade, sendo as palabras atribuídas ao menor: Y entonces le dije...Bueno, yo anteriormente le dije que tenía dieciocho, al principio, pero luego le dije "oye mira, que realmente tengo cato...quince, o catorce". No me acuerdo, yo creo que le dije quince teniendo catorce (...) y me dijo que no pasaba nada, que él sabía que...que él pensaba que era normal que a mi edad sintiera interés por esas cosas. Y me dijo que si quería que podíamos quedar en su casa a hacer cosas...a...mantener relaciones sexuales. A descrición do sucedido na vivenda é referida de forma moi próxima ao manifestado en xuízo, incluso parece que nas expresión, ao constar no informe como palabras do menor: "... yo en el sofá, en plan, me empezó a besar, no sé qué, se empezó a desnudar, nos empezamos a desnudar, le chupé el...tal, él me lo chupó a mí. Y luego después cuando ya ... estimó oportuno él, supongo, porque él era el que tenía la iniciativa, me llevó a la habitación y me penetró".

Polo descrito os tres momentos nos que consta algún tipo de relato por parte de Esteban son os indicados da denuncia, as visitas á psicóloga clínica e o realizado ante o equipo do Imelga. Se ben, o da psicóloga clínica non achega máis dato que a confirmación da existencia dun encontro sexual cun maior de idade, con diferenza relevante respecto del, e que mantivo aí que si houbera intercambio de fotografías. A comparación do relatado en maio de 2022 ante o Imelga e o relatado en xuízo si permitiría afirmar que persistiu o relato en case todos os seus elementos. Tamén hai unha coincidencia substancial entre o relatado na denuncia e eses dous relatos posteriores (Imelga e xuízo), pois xa mantivo entón que se produciu un intercambio de fotos, que se consumou o acto sexual, que foi penetrado el polo acusado e outros datos. Si debemos constatar que nesa denuncia non se fai referencia ningunha ás felacións que en xuízo manifestou que se produciran primeiro no salón, mutuas, e despois na habitación cando di que o acusado penetroulle bucalmente. É certo que o momento de recollida dunha denuncia non sempre é atendido coa destreza exixíbel en xeral e, con moito máis motivo, cando se trata dunha denuncia dun menor sobre agresións sexuais. Neste caso obsérvase unha recollida excesivamente parca e non aparenta respectar as palabras empregadas realmente. Por iso esa diferenza podería ser consecuencia de que, ou ben non se recolleu o que si se dixo, ou ben non se deron detalles por non ter xerado o ambiente propicio. Sendo iso certo, tamén o é que non constan eses detalles, que se trata de aspectos relevantes e que non se pode afirmar a continuidade respecto deles, aínda que esa ausencia poida ser que responda a aquelas explicacións.

En resumo neste apartado, si existe unha alta continuidade do mesmo relato nos diversos aspectos centrais e, concretamente, nos discutidos. A declaración non pode ser, xa que logo, desbotada por ausencia deste requisito. Agora ben, como explicamos antes, o que exixe entón é continuar coa valoración desa declaración en contraste co resto de elementos probatorios. A persistencia é un indicador máis xunto a outros e non determinante necesario do resultado da análise probatoria.

3.3.- Continuando coa análise individual das probas practicadas, as declaracións dos pais de Esteban si aparecen como fiábeis no sentido de non localizar elementos que permitan inferir que estean manipulando o recordo que relatan, pero ao mesmo tempo pouco achegan sobre elementos máis relevantes que determinan a decisión, logo teñen forza como proba pero pouco peso probatorio na decisión. Efectivamente, eles toman coñecemento, segundo declararon xa en marzo de 2021 e só poden transmitir o relatado polo seu fillo, sendo que ademais, como xa indicamos antes, non manifestaron que lles dese moitos detalles das prácticas sexuais realizadas. Si debemos constatar que non podemos ter por probado que a forma de tomar coñecemento fose exactamente a relatada dada a ausencia de detalles que parecerían esperábeis sobre quen era o amigo ao que lle comunicaba o entón menor o encontro, que rede social era na que se comunicaban ou que sucedeu con esa conversa. Por outro lado, tamén é relevante a manifestación de que dende ese momento son eles os que deciden que debe ser promovida a persecución penal dos feitos, procurando a obtención de probas mediante unha conversa simulada sobre a que volveremos. Esa reacción é razoábel nuns pais e comprensíbel, pero tamén indicativa dunha determinada posición ante os feitos e un comportamento proactivo na xeración deses medios de proba que pode ir vinculado a dar eles mesmos, inconscientemente, maior credibilidade aos elementos que desen máis relevancia ao sucedido e situasen ao entón menor nunha posición máis pasiva.

3.4.- Os axentes que elaboraron o Atestado declararon, segundo xa expuxemos, sen recordar case ningún detalle. Si achegaron tres datos que deben ser valorados. Por un lado, que no momento de presentar a denuncia o que lles comunicaron é que a conversa de Instagram que se lles achegou impresa como capturas de pantalla era unha conversa do entón menor co acusado, sen referirlles que quen a mantiña era a nai acompañado polo menor. En segundo lugar, que se lles dixo, como consta na denuncia, que non se tiña máis proba documental que esa. En terceiro lugar, que o seu recordo do aspecto físico do menor no momento de interposición da denuncia (marzo de 2021 cando tiña 15 anos e cinco meses) dixeron que lles pareceu, o primeiro, un poco alto y con algo de cuerpo* e o segundo, más bien alto y con cierta corpulencia. Ningún deles referiu indicadores diferentes que indicaran a idade que tiña.

3.5.- Pasamos a examinar a proba documental achegada no que se refire ás comunicacións mantidas pola nai de Esteban, acompañada por este, e o acusado xa en marzo de 2021. O acusado recoñeceu en xuízo que mantivo esa conversa na crenza de que a mantiña con Esteban, co que perden relevancias as circunstancias nas que foi achegada que xa foron referidas anteriormente, se ben mantemos na reprodución parcial que despois faremos subliñadas aquelas partes que non constaban nas primeiras capturas de pantalla achegadas xunto coa denuncia e que si o fan cando son reclamadas xa en maio do 2021 pola policía.

Partindo da realidade da conversa, debemos reproducir os momentos que máis transcendencia probatoria poden ter, lembrando, en todo caso, que unha das partes que a mantiña tiña por obxectivo obter unha manifestación do acusado que acreditase que sucederan os feitos e os seus diversos aspectos relevantes (que sabía a idade e que se producira un determinado tipo de contacto sexual, ademais de obter datos de localización do acusado).

Reproducimos a conversa xustificando na marxe esquerda as mensaxes que emitía o acusado, e na dereita as emitidas dende o perfil de Esteban. Tras saudarse manifestan:

Estuve pensando en lo que pasó

Ah, cuéntame

Lo que sea

Igual quiero repetirlo o no, no sé

Bueno, piénsalo. Yo estuve muy cómodo

La verdad lo pasamos bien

Desde aquella volviste a quedar no?

No sé, para q no me pillen mis padres tiene

q ser en horas de instituto aunque le llegan a

mi madre las faltas, es q estoy castigado por

suspender

No te dejan salir de casa entonces

**

De momento no pero puedo ir de escaqueo si

me escapo en horas de clase

Bueno, pues miramos a ver jeje

Tras iso, pídelle o domicilio que o acusado lle da e concertan unha cita o mércores seguinte. É entón cando dende o perfil de Esteban, con clara intención de que o acusado manifeste o que sucedera na ocasión anterior, introduce a pregunta sobre que farán:

¿Muy bien, y que me vas a hacer? [emoticono]

¿Como la otra vez? Morreos

¿Solo eso? Jiji

Noo

¿Te gustó cuando te chupe los pezones?

Chuparte la polla y los huevos

[emoticono sorrindo]

Y...

¿Quieres que te folle?

El miércoles se verá [emoticono]

Valee

No hacemos planes

Despois dende o perfil de Esteban reitérase que está castigado sen teléfono por se non poder volver falar. Xa por último, tras ter preguntado o acusado se Esteban quedara noutras ocasións posteriores con outras persoas, pregúntanlle no seguinte sentido:

¿Por qué quieres saber si quedé más veces?

¿Tú quedaste?

Era solo por saber

Yo quedé 1 vez, pero ya hace tiempo

¿Ah, pero como yo o más mayor?

Yo no quedé más porque no tuve ocasión [emoticono]

Más mayor

Ah

Ya, jeje

Esta é a conversa producida que, lembramos, ía dirixida a producir a confesión do acusado. As acusacións pretenden que corrobora o por elas afirmado. Porén non compartimos esa interpretación.

Centramos, loxicamente, a análise en se desta proba resulta confirmación dalgún tipo dos elementos discutidos, pois nada engade constatar que confirma que houbera antes un encontro, pois iso non é discutido.

Nada se pode inferir dela sobre se no momento do encontro (agosto de 2020) o entón menor manifestara ao acusado a súa idade real. Refire que está no Instituto e que lle chegan as faltas a casa, así como que está castigado. Pero calquera desas circunstancias pode ser compatíbel con alguén de dezaoito anos que aínda reside cos pais e que pode acudir ao Instituto a diversos cursos que aínda abranguen ese período de idade. Dende logo, é compatíbel cun maior de dezaseis anos aínda que non tivese os dezaoito. Tampouco ten relevancia que o acusado manifeste que tivo algún encontro cun varón maior que Esteban pois resulta evidente que iso non supón que este tivese unha idade menor aos dezaoito ou aos dezaseis. Sobre este punto esa conversa nada aclara.

No que atinxe ás prácticas sexuais que realizaran, non só non vén confirmar a versión exposta por Esteban, senón que parece confirmar a contraria, ou, cando menos, é bastante máis compatíbel coa versión do acusado. Debemos lembrar que o acusado, a diferenza dos seus interlocutores, fala na crenza de que só o fai con Esteban e que está nun espazo de intimidade no que non transcenderan as súas palabras. Pois ben, ante a pregunta directa de se repetirán o mesmo que a outra vez a resposta só remite a bicos: Como la otra vez? Morreos. Insísteselle coa clara intención de obter unha descrición e a resposta non refire felacións ou penetracións: Solo eso? Jiji // Noo Te gustó cuando te chupe los pezones?. De feito, dada a posición na que cría o acusado que se atopaba e que ambos manifestaron que cando se comunicaron con mensaxes falaban en termos sexuais explícitos, o razoábel é que a resposta corresponda co sucedido. Nesas mensaxes o único que afirma o acusado que sucedera na ocasión anterior corresponde co por el manifestado en xuízo: Morreos, te chupe los pezones?. Só despois, e sendo a pregunta realiza en futuro ( que me vas a hacer?), introduce outras prácticas: Chuparte la polla y los huevos; que semella responder á primeira pregunta ( que me vas a hacer?). E, ante a insistencia (Y...), introduce o acusado a pregunta: Quieres que te folle?. Nunha primeira análise do texto, esa pregunta non refire que sucedese iso antes, senón que cuestiona se quere que suceda nun futuro. Pero, nunha análise contextual, se, como mantén a acusación, xa no primeiro encontro o acusado penetrara analmente ao entón menor, o certo é que esa pregunta que realiza o acusado non tería sentido. Xa lle dixera que como a outra vez e, de ser certa a versión das acusacións, iso iría implícito e non sería unha resposta esperábel á insistencia sobre que farían no futuro. Ademais, máis aló do texto das mensaxes, se sucedera o razoábel é que ambos desen por suposto que o novo encontro tería tamén ese contido. Por todo isto, o resultado probatorio deste medio apuntala a versión da defensa sobre o contido desas prácticas. Dende logo en ningún caso, sobre este punto discutido, confirma a versión das acusacións cando, dadas as circunstancias (unha parte da conversa pretendendo obter probas e a outra falando crendo que na intimidade), sería esperábel que si o fixese.

Por último, no referido ao intercambio de fotografías, esa conversa non refire nada ao respecto. Ademais de non confirmar que se producise, o certo é que na declaración de Esteban maniféstase que o contido habitual das súas conversas en agosto era precisamente relacionado con ese envío de fotografías. De ser iso así, cabería agardar que dalgunha forma neste novo contacto o acusado, descoñecendo a verdadeira intención da outra parte, non necesariamente enviara fotos ou as reclamara, pero si referira algo ao respecto. Non foi así, e sen negar a posibilidade do manifestado polas acusacións, certamente parece apoiar a versión contraria.

3.6.- Seguindo coa documental, non podemos outorgar fiabilidade ás fotografías que foron remitidas en maio do 2021 pola nai de Esteban á policía. Referímonos a que non é posíbel afirmar a partir deses arquivos que as fotos que aparecen aí reproducidas fosen enviadas polo acusado a Esteban.

En primeiro lugar, introduce unha primeira dúbida que en marzo de 2021 ao interpor a denuncia non se fixese referencia ningunha a que se posuíran esas fotos. Sorprende se temos en conta que naquel momento o obxectivo parece ser que era identificar ao denunciado do que non se tiña máis dato que o identificador en Instagram e a dirección. Ademais eran sen dúbida elementos de proba relevantes en mans de quen manifestaba a intención de obtelos. Dende logo, en todo momento se manifestou que xa non se tiña acceso á aplicación Grindr polo que debemos inferir que en maio non saíron desa aplicación á que non se tiña acceso. Non se deu ningunha explicación, e as acusacións nada preguntaron sobre iso, respecto a esa aparente contradición. De feito, tampouco se preguntou a Esteban se as fotos que constaban eran as que recibira el, deixando de novo unha dúbida ao respecto ao non constar sequera afirmada esa identidade.

Ademais do anterior, como xa explicamos antes, os arquivos que constan como proba non son propiamente os que se supón recibidos nas comunicacións. O que se achegou foron capturas de pantalla de, todo indica, un teléfono cando reproducía eses outros arquivos que non foron achegados.

Por outro lado, existen tres capturas de pantalla que captan o momento en que nun dispositivo é reproducida unha fotografía e outros tres que captan un menú de datos. Nada nos indica, e o axente que as examinou non o puido aclarar, que eses menús de datos correspondan con esas fotos, ou con cal delas. A iso engádese que ao tratarse, como dixemos, de arquivos de imaxe de capturas de pantalla as posibilidades de manipulación da imaxe aumentan.

Polo dito, dos arquivos en si pouco se pode inferir. Cabe cuestionarse que se pode inferir de que, en todo caso, a nai de Esteban, á que, reiteramos, nada se lle preguntou sobre este extremo, posuiraa en maio de 2021 esas tres capturas. Existen dúas posibilidades. Unha é que as posuíra por terllas remitido o acusado ao entón menor nas súas conversas de chat. A outra é que foran obtidas doutras persoas que as recibisen do acusado ou dun terceiro noutras conversas. Estas persoas poderían ter remitido as fotos ou capturado as fotos e remitido o arquivo de captura que é o que se achegou ao proceso. O acusado, que negou terllas remitido ao menor, manifestou que esas fotos sacáraas el de si mesmo precisamente para remitilas a persoas coas que tivese ese tipo de comunicación, que afirma non tivo co menor. Tamén defendeu que era práctica habitual nos usuarios de Grindr capturar as fotos que recibían dun usuario e, despois, remitirllas a outros usuarios. Non se pode afirmar que esta versión do acusado resultase acreditada, pero si debemos recoñecer que a posibilidade de que así fose non é rexeitábel nin absurda. Debemos aquí ter en conta que o propio Esteban manifestou que tivo máis comunicacións nesa aplicación e que chegou estar rexistrado noutra de uso semellante. Existe, pois, a posibilidade de que recibise doutros usuarios esas fotos, incluso de que as procurase ante a necesidade que sentía, despois de interpor a denuncia e antes de maio, de obter a identificación plena do denunciado. Non podemos afirmar que sucedese iso, pero non podemos negar que é unha hipótese posíbel que impide dicir que este medio de proba (a acreditación de que se posuían esas capturas) teña como resultado ter por probado que esas fotos capturadas foron enviadas polo acusado.

Afondando no manifestado, dando hipoteticamente, por reais os datos que constan nos menús capturados e a súa correspondencia coas cada unha das tres fotografías, debemos preguntarnos que se podería inferir. Como explicamos ao describir os resultados probatorios, de aí sae que a primeira (captura 2) xerouse o 4 de agosto de 2020 ás 10:50 cando se usaba a aplicación Grindr. A segunda (captura 4) o 3 de agosto ás 20:17 cando se usaba a mesma aplicación. A última (captura 13) o 20 de setembro ás 00:38 cando se usaba a aplicación Instagram. Pois ben, esas datas non coinciden aparentemente coas escasas referencias temporais sobre os momentos nos que se produciron os contactos. Esa crítica afecta sobre todo á de 20 de setembro pois sexa cal for a forma de tentar datar o momento dos encontros, en todas as versións o 20 de setembro xa non se producirían, ademais de non ter manifestado que pola aplicación Instagram, despois xa do encontro físico, houbese intercambio ningún de fotografías. Pola contra, manifestouse que despois dese encontro o menor rexeitou afondar na comunicación.

3.7.- A declaración da psicóloga que atendeu a Esteban dende aproximadamente maio de 2022 e ata febreiro de 2023, aparece como unha fonte fiábel de proba. Agora ben, analizada individualmente debemos constatar que pouco achega para dirimir os elementos dubidosos que referimos antes. Non se pode obviar que en maio de 2022, máis dun ano despois dos feitos, o proceso estaba en instrución e constáballe ao menor que fora citado ante o Imelga, é dicir que a súa versión era obxecto tamén de análise. Que relatase algo semellante ao que despois relatou ante o Imelga, nesas circunstancias, máis aló de acreditar, como xa analizamos antes, unha certa persistencia na versión, non achega datos novos diferentes á propia declaración del. Ademais, constátase unha certa diferenza de criterios entre a psicóloga e o informe do Imelga en canto a poder determinar a orixe do cadro psicolóxico que presentaba o menor, sendo que esta psicóloga non actuou neste proceso como perito pois non emitiu informe ningún, e a súa función era describir o percibido.

Introducimos tamén aquí a referencia ao resultado da outra pericial referida a constatar que ambos varóns tiñan un desenvolvemento físico no aspecto sexual acorde coas súas idades no momento no que puideron examinalos en maio de 2022. De aí que o informe teña plena fiabilidade do que podía informar que o expresa no escrito referindo que ambos son varóns e que un ten unha una madurez sexual, en el momento actual, propio de un joven de su edad cronológica, e o outro o mesmo propio de una persona adulta.

3.8.- Informe credibilidade.

3.8.1.- É habitual nos procesos por este tipo de delitos que sexan achegados informes periciais que analizan a posíbel credibilidade do relato achegado por quen se di vítima dos feitos. Estamos ante unha proba científica que pretende achegar os coñecementos obtidos pola denominada psicoloxía do testemuño nos últimos anos.

Con carácter xeral estes informes teñen un alcance limitado e, de forma reiterada, a xurisprudencia advirte que nin poden informar sobre a realidade do relatado, nin substituír a función xurisdicional de valoración probatoria.

Podemos mencionar algunhas sentenzas que analizan a relevancia deste medio de proba. Así, a do Tribunal Supremo de 14 de xuño de 2023 ( ROJ STS 2632/2023) que advertía:

Por otro lado, no estorba tampoco recordar que, como señalara, por ejemplo y entre otras, nuestra sentencia número 840/2022, de 24 de octubre : "En todo caso resulta obligado insistir en que este tipo de informes no acreditan por sí el hecho delictivo y no pueden servir de fundamento para invocar un error de valoración probatoria por el cauce establecido en el artículo 849.2 de la LECrim . Es cierto que son pruebas complementarias que pueden ayudar, en ocasiones, en la valoración de la credibilidad de un testimonio pero esa valoración corresponde en exclusiva al tribunal, bien de instancia, bien de apelación, ponderando no sólo el testimonio, sino las restantes pruebas relacionadas con él.

En algunas sentencias de esta Sala se ha atribuido a esos informes la condición de pruebas de indudable valor ( STS 658/2018, de 14 de diciembre ) o una prueba de complemento o refuerzo sólo en el caso de menores de edad por las limitaciones psicofísicas derivadas de su falta de madurez ( STS 800/2022, de 22 de septiembre ) pero siempre hemos dicho que no corresponde a los psicólogos establecer la veracidad de las declaraciones, que es competencia del Tribunal en su exclusiva función de juzgar y valorar las pruebas practicadas ( SSTS 238/2011 de 21 de marzo , 17/2017 de 20 de enero , entre otras).

En esa misma dirección en la reciente STS 741/2002, de 20 de julio , hemos declarado, con cita de otra sentencia anterior ( STS 179/2014, de 6 de marzo ), "(...) que no se discuten los conocimientos especializados de los psicólogos, pero no se puede sustentar la credibilidad de un testimonio en informes, que tanto sean en un sentido o en otro, ni refuerzan ni descalifican el testimonio específico y concreto de una persona. El análisis crítico del testimonio es una tarea consustancial a la responsabilidad de valorar y resolver de los jueces, cuyo criterio no puede ser sustituido por especialistas que solo pueden diagnosticar sobre la personalidad en abstracto pero no sobre su comportamiento en el caso concreto. Para bien o para mal los jueces, según el imperio de la ley, son los que, en último punto, deben valorar, con su personal criterio, la verosimilitud de las versiones que escuchan de los testigos o acusado, sin delegar esta misión en manos de terceros (...)"".

Da mesma forma, a de 31 de maio de 2023 ( ROJ STS 2425/2023):

El juicio del psicólogo jamás podrá suplantar al del Juez, aunque puede ayudar a conformarlo. El peritaje sobre credibilidad de la declaración de un menor, recuerda la STS 36/2020, de 6 de febrero , establece al contrastar sus declaraciones con los datos empíricos elaborados en esa ciencia, si existen o no elementos que permitan dudar de su fiabilidad. Pero esos informes no dicen, ni pueden decir, ni se les pide que digan, si las declaraciones se ajustan o no a la realidad. Esa es tarea del Tribunal que, contará con su percepción directa de las manifestaciones y con el juicio del psicólogo sobre la inexistencia de datos que permitan suponer fabulación, inducción, manipulación o invención ( STS 143/2017, de 7 de marzo ).

Ou, por último, a de 26 de abril de 2023 ( ROJ STS 1954/2023):

El informe sobre la credibilidad de la testigo menor ha coadyuvado a la convicción de la Sala. Es bastante expresivo. En los parámetros en que se mueve esa ciencia no es posible proclamar de manera apodíctica la credibilidad absoluta, en ningún caso. Las calificaciones al uso oscilan entre la "incredibilidad" y la "credibilidad" pasando por la "imposibilidad de determinar" o el "probablemente creíble" o "increíble", o "muy probablemente creíble" o "altamente probable". Para llegar a la certeza es necesario manejar otros criterios no estrictamente científicos que han de ser tomados en consideración en la tarea de enjuiciamiento. El juicio del psicólogo jamás podrá suplantar al del Juez, aunque puede ayudar a conformarlo. El peritaje sobre credibilidad de la declaración de un menor establece al contrastar sus declaraciones con los datos empíricos elaborados en esa ciencia, si existen o no elementos que permitan dudar de su fiabilidad. Pero esos informes no dicen, ni pueden decir, ni se les pide que digan, si las declaraciones se ajustan o no a la realidad. Esa es tarea del Tribunal que, entre otros elementos, contará con su percepción directa de las manifestaciones y con el juicio del psicólogo sobre la inexistencia de datos que permitan suponer fabulación, inducción, manipulación o invención (vid. STS 403/1999, de 23 de marzo , fundamento de derecho 4º o SSTS 1131/2002 , de 10 de septiembre . 255/2002 , de 18 de febrero , 1229/2002, de 1 de julio y 705/2003, de 16 de mayo ).

A reclamación para o tribunal da decisión final sobre o grao, non tanto ou non só de credibilidade, como de forza probatoria que se lle pode dar á proba da declaración da testemuña, está lonxe de ser un caprichoso ou corporativista reclamo de monopolio do coñecemento. Esa reclamación parte dende logo, en primeiro lugar, dunha diferente posición institucional de tribunais e peritos. Pero tamén deriva das propias limitacións científicas do que esas probas poden informar, e do contraste sobre que valoran, e como o valoran, fronte ao que se debe valorar nun xuízo e como debe ser valorado. Non é mellor ou peor un campo que outro, atenden a posicións institucionais, finalidades, métodos e principios diversos.

Como en calquera proba de carácter científico, non se pode reclamar do tribunal un seguimento cego das conclusións alcanzadas por quen emita ese tipo de informes. Pola contra, é obrigado analizar o respaldo científico aducido para emitir o informe, ademais loxicamente da capacitación de quen o emite. Esa análise só se pode facer apelando ao grao de consenso que se poida observar no ámbito científico correspondente, ás explicacións metodolóxicas dadas, ao seu seguimento no caso concreto e, en fin, a unha visión crítica do coñecemento achegado. No mesmo sentido que aquí nos pronunciamos fíxoo o Tribunal Supremo en sentenza de 14 de marzo de 2022 ( ROJ STS 965/2022):

Las exigencias cognitivas que impone el principio de presunción de inocencia resultan incompatibles con fórmulas minimalistas de validación que tomen en cuenta solo las singularidades corporativas del perito y no el método o fiabilidad epistémica de las conclusiones alcanzadas. No es aceptable, por ejemplo, que se descarte el valor de la pericia propuesta por una parte del proceso porque concurran en el cuadro probatorio peritos oficiales bajo el argumento exclusivo de la condición de funcionarios imparciales de estos últimos. La imparcialidad, que desde luego es un valor de la función pericial, sin embargo, no asegura por sí misma la mejor tecnicidad y racionalidad de las conclusiones ni las inmuniza de todo control crítico a la luz de otras periciales practicadas. Tal vez por peritos apriorísticamente menos imparciales, pero a lo mejor más solventes en el tema técnico-científico que constituye el objeto del dictamen. Ni el simple escrutinio del origen profesional del perito ni la simple comparación cuantitativa de títulos académicos puede resultar suficiente para otorgar o privar de valor a una conclusión pericial.

Lo anterior obliga a la aplicación de estándares de valoración más exigentes. Y si bien es cierto que el juez no puede poseer todas las nociones y las técnicas que requiere el técnico o el científico para producir el dato probatorio, ello no disculpa de la obligación de incorporar a su acervo cultural los esquemas racionales que le permitan establecer el valor de la prueba técnica o científica, a los efectos de la determinación del hecho.

Como se refiere en la importante sentencia del Tribunal Supremo norteamericano, Caso Daubert v. Merrell Dow Pharmaceuticals (1993), el juez tiene la obligación de asegurarse que la "ciencia" que se introduce en el proceso, como base para la fijación de los hechos, responda efectivamente a cánones de validez, controlabilidad y refutabilidad empírica, así como a un conocimiento y aceptación difuso por parte de la comunidad técnico-científica a la que pertenece.

El juez debe actuar de "gatekeeper", admitiendo solo aquella prueba científica cuya atendibilidad resulte metodológicamente segura. El juez debe distinguir la ciencia buena de lo que la doctrina norteamericana denomina "junk sciencie" - ciencia chatarra o basura-. Para ello, la experiencia norteamericana, a partir del caso Daubert, ofrece una interesante y sistemática guía de actuación que ha tenido reflejo en la legislación procesal de aquel país - Federal Rules of Evidence, Regla 702 (2011)- y que con notable acierto se incorpora al Anteproyecto de Ley de Enjuiciamiento Criminal de 2021 .

Así, se previenen tres simples y elásticos criterios de selección: a) que la conclusión científica tenga fundamento fáctico; b) que se hayan utilizado principios y metodología fiables c) que la conclusión sea aplicable a lo sucedido de manera verificablemente correcta.

El desarrollo de estas reglas básicas permite precisar las siguientes reglas específicas: para ser calificada una determinada aserción o inferencia como conocimiento técnico- científico, debe haberse elaborado de conformidad al método técnico-científico; como presupuesto básico de la fiabilidad, una conclusión científica ha de poder someterse a test. El estatus científico de una teoría viene determinado por su sometimiento a procesos de refutabilidad y de control; la evaluación de la fiabilidad exige también la explícita identificación de una comunidad científica relevante y una expresa definición de un particular grado de aceptación interna en la misma. La aceptación difusa puede ser un factor importante para establecer la admisibilidad de una particular prueba. Sin embargo, una técnica conocida pero que disponga de un soporte mínimo en la comunidad científica puede ser vista con escepticismo; en el caso de una particular técnica, los tribunales deben considerar la tasa conocida o potencial de error y resistencia, y ordenar la aplicación de estándares de control de la eficacia de la técnica; ser conscientes de que las conclusiones científicas aportadas por los expertos mediante la prueba pericial adquieren, en la mayoría de los casos, un peso especial para la decisión, pero que también pueden provocar confusión y despiste debido a las dificultades para su evaluación. Por ello, el juez debe ejercitar un control mucho mayor que respecto a otros medios probatorios.

Las anteriores reglas de conformación/corroboración constituyen buenos instrumentos para que el juez pueda realizar su labor de custodio de tal manera que solo lleguen al proceso opiniones dotadas de suficientes fundamentos teóricos para producir resultados correctos y, en consecuencia, pueda excluir del cuadro probatorio aquellas opiniones científicas o técnicas basadas en conjeturas probablemente erradas, en los términos utilizados por el juez Blackmun en su voto concurrente en la sentencia Daubert.

Con ello no se puede asegurar, sin embargo, que la conclusión pericial resulte irrefutable. El papel del tribunal no es controvertir ni negar el hecho irremediable de la incertidumbre técnico-científica sino manejar ese déficit epistémico de una manera institucionalmente aceptable. Sobre todo, si se parte de que la prueba técnico-científica nunca es prueba suficiente para determinar la culpabilidad y que siempre debe ser evaluada contextualmente con el resto de los datos probatorios disponibles.

A psicoloxía do testemuño pretende achegar uns coñecementos científicos sobre os criterios que presenta habitualmente un relato cando se corresponde coa experiencia de quen relata. En primeiro lugar, é obxecto de estudo a posíbel concorrencia de patoloxías, alteracións ou características que poidan influír nos tres momentos relevantes a analizar: o da percepción, o da memoria e o do relato. É relevante que ese primeiro achegamento máis que informar sobre a credibilidade do que relata, rexeita posíbeis elementos distorsionadores dun deses momentos que fagan xa inviábel entrar na análise propiamente do relato. A partir de aí, a premisa metodolóxica é a denominada hipótese Undeutsch, en referencia a quen a formulou, que propón que as memorias de feitos vividos ou auto-experimentados difiren en contido e calidade das memorias de feitos fabricados ou inventados. Estes últimos terían relación con diversas causas, das que a mentira sería só un suposto, pois cabe que quen relata non minta no sentido de coñecer a ausencia de correspondencia do que el relata.

O primeiro problema é que existe un fondo debate científico sobre esa premisa é correcta, ou o é en todos os casos. É dicir, se realmente relatar algo non vivido faise de formas que poden evidenciar tal cousa. Ese debate científico obriga a, en sé xudicial, tomar con moita cautela as conclusións deses informes.

En todo caso, o que se procura son estudos empíricos nos que contrastar as diversas hipóteses sobre que caracteriza a un relato cando é vivido e como se diferencia do que non o é. Loxicamente, aplícanse regras estatísticas, é dicir escollido un grupo de análise, estabelecese a porcentaxe de casos nos que se da ou non un determinado elemento, para concluír que en certa porcentaxe de casos os relatos vividos tiveron a característica x, ou, en sentido inverso, non a tiveron; e o mesmo cos non vividos que tiveron, ou non, a característica y. Xa iso chama a certa prudencia na ponderación dos resultados pois dependerá a súa validez, ou forza, do acerto na elección das características do grupo, das variábeis ou do control posterior en caso de cambio de circunstancias. En todo caso, o resultado sempre será probabilístico, no sentido de que só poderá informar sobre que nunha porcentaxe alta de casos a característica x, ou a y, aparecen en relatos vividos, ou non vividos, pero non afirmar que sempre sexa así.

O anterior xa nos sitúa nun espazo propio da valoración xudicial. Ao final o que se achega pola psicoloxía son máximas de experiencia consistentes en que habitualmente (ou nun alto porcentaxe de casos) o relato con determinada característica responde ao vivido por quen declara. Dende logo é moi valiosa esa información, pois de facto os tribunais aplican máximas de experiencia que non teñen respaldo científico, e en non poucas ocasións son contrarias aos coñecementos dese tipo. Así, por exemplo, que unha testemuña declare con maior ou menor asertividade está acreditado que non supón un índice fiábel de veracidade, pese a ser entendido así en non poucas ocasións. O mesmo cabería dicir do dato illado das reaccións de carácter emotivo expresadas ao declarar. Pero, en sentido inverso, non cabe perder de vista que esas máximas de experiencia son conclusións a estudos concretos de carácter empírico que están, polo que dixemos antes, enormemente determinados por diversas circunstancias e que, ademais, poden perder valor co paso do tempo ao cambiar os factores determinantes dos seus resultados.

Neste marco é no que aparece nun determinado momento o denominado modelo SVA de valoración. Pretendía ese modelo reducir no posíbel o risco de subxectividade na valoración dos relatos. Para iso, propúxose como un sistema que tería por obxecto xerar e probar hipóteses sobre posíbeis causas das dunha declaración determinada. Por iso un primeiro paso absolutamente determinante é a conformación das hipóteses. Unha será a veracidade do relato, pero é fundamental, xunto a ela, situar outras hipótese posíbeis (a) a declaración é válida pero o menor reemprazou a identidade do agresor por outra, b) a declaración é válida pero o menor foi influencia ou inventou información que non é verdadeira, c) o menor foi presionado por unha unha terceira persoa para formular unha versión falsa, d) por intereses persoais ou para axudar a terceiras persoas o menor prestou unha declaración falsa, e) por problemas psicolóxicos o menor fantaseou ou inventou a súa declaración; debendo incluso engadir a posibilidade do erro por malas interpretacións ou contaminacións que xerasen un falso recordo). Esas outras hipóteses deberían ser o obxecto da análise xunto á primeira, pois o obxectivo principal é determinar se pode refutarse que concorran, ou en que grao pode facerse. Para elaborar esas hipóteses, o método exixe non só que se teñan en conta en termos abstractos, senón que se faga un estudo do material que poida achegar información sobre que podería influír en que esteamos ante unha ou outra desas posibilidades. É dicir, require obter información que será, cando menos, a que consta no procedemento de investigación no que se desenvolva esa pericia. Unha vez feito, o método require que se valore que concretas hipóteses alternativas á da veracidade poderían concorrer. Nesta etapa da aplicación do método ten relevancia que non se atenda só ao relatado por quen vai declarar, senón que se procuren outras fontes de información que permitan falsear esa declaración. Non facelo así, reduce a forza probatoria do informe elaborado.

Unha vez verificados os anteriores extremos, é cando se debe indicar se unha das hipóteses posíbeis é a mentira consciente por parte de quen declara. Entón, e só entón, adquire sentido aplicar ao relato, que non a quen declara, o sistema CBCA que consiste na análise do contido da declaración. Non é un método cuantitativo, no que cantos máis criterios concorran máis probabilidades hai de que a declaración sexa críbel. Ademais os diferentes criterios poden ser relevantes de forma distinta dependendo do caso. Moitos dos elementos atendidos pretenden verificar se o menor puido inventar un relato así, pero tal cousa dependerá das capacidades cognitivas do menor, das súas experiencias previas, da complexidade do relatado para ser inventado, e doutras características. Ademais, outros elementos atenden a máximas de experiencia que non cabe cualificar como absolutas. Por exemplo, non será usual que quen inventa un relato introduza elementos inusuais ou superfluos, pero pode suceder. É imprescindíbel valorar o resultado de forma completa e atendendo á importancia que poida ter en cada caso un ou outro.

Advirten os autores dese sistema que o que debe ser contrastado é aquela parte do relato que o menor puido inventar, é dicir a que está sometida realmente a cuestión. Así, o relato total pode cumprir moitas das características propias dun relato vivido en aspectos diversos, pero iso non supón que os cumpra naquilo relevante e que é cuestionado. Como exemplo, se ninguén discute que quen declara coñece o lugar onde di que se produciron os feitos, que dea moitos detalles sobre ese lugar e que os dea secundarios ou superfluos non di nada sobre a realidade do feito en si que se di sucedido.

Por outro lado, con todas as cautelas indicadas, o que vimos afirmando é asumido por unha maioría do ámbito científico en canto se refire a menores de idade. Efectivamente, dado que unha das cousas fundamentais que procura o modelo é identificar se quen declara puido inventar o relato, iso ten sentido en menores de certas idades, normalmente dez ou doce anos. Iso ten sentido en canto é pouco probábel que puidesen inventar datos propios dunha relación sexual cando descoñecen, se é así no caso concreto, as relacións sexuais. Ou tamén ten sentido en canto poden describir feitos malinterpretando o seu significado, precisamente por non saber que o significado que ten é sexual. Non está comunmente aceptado que esas mesmas técnicas poidan ser aplicadas cando quen declara é maior que esas referencias de dez ou doce anos. A partir desa idade as experiencias e as capacidades son diferentes e, na inmensa maioría dos casos, equiparábeis a calquera adulto. Un adulto que minte deliberadamente pode xerar un relato que cumpra eses diversos criterios, precisamente por ter intención de simular que os cumpre. Polo momento non cabe afirmar que os coñecementos empíricos acumulados apoien científicamente, cando menos con suficiente forza, informes de credibilidade en franxas de idade superiores.

Máis aló desta análise sobre o sustento científico destes informes, o certo é que existen outras características que lle son propias que aconsellan observalos con certa cautela. Para empezar, normalmente analizarán unha declaración que non se produciu en xuízo. Desa forma esa declaración non foi sometida a contradición, nin se realizou de forma pública, ambas características propias das probas que poden sustentar unha condena por exixencias de garantía pero tamén, ou ao mesmo tempo, epistemolóxicas. Por outro lado, o material que poden analizar é o que consta no momento en que fan o informe na causa, normalmente en instrución. Agora ben, iso supón, por un lado, que non se analiza o resultado do xuízo nin no referido á declaración que se analiza, nin tampouco no referido aos outros elementos probatorios xerados nese xuízo ou obtidos posteriormente aínda dentro da instrución. Desa forma, están dando relevancia a dilixencias normalmente de instrución, ou de investigación policial, que pode ser que non accedesen a xuízo, que variasen en xuízo ou que fosen refutadas en xuízo. Todos eses elementos poden, pois, afectar á relevancia probatoria do informe.

Podemos mencionar algunha resolución que comparte a perspectiva aquí exposta, probabelmente expresa nestas outras resolucións que reproducimos de forma máis correcta. Como exemplo a sentenza desta mesma Audiencia Provincial da Coruña (sección 6ª) de 18 de maio de 2022 ( ROJ SAP C 1279/2022):

Hemos señalado en anteriores ocasiones que este tipo de pericias ha de ser tomado con cautela. Por varias razones que señalan la doctrina y la experiencia en casos anteriores: a) El presupuesto metodológico de este tipo de informes (las diferencias intrínsecas entre las declaraciones reales y las que no lo son) está sujeto a discusión. No hay análisis estadísticos exactos para su admisión como prueba científica, los porcentajes de error son superiores a lo tolerable y los instrumentos no están ampliamente aceptados por la comunidad científica, por lo que no cumplen algunos de los criterios más divulgados para la admisión de las pruebas científica en el proceso penal (por ejemplo las reglas Daubert que aplica la jurisprudencia americana); b) Algunos de los datos de observación (CBCA) son ambivalentes y se les confiere un significado u otro en función de circunstancias externas; y c) Existe un elevado riesgo de error en la interpretación, consecuencia del sesgo confirmatorio que afecta a quien pone a prueba una sola hipótesis, y de que el perito examina el expediente judicial para contrastar datos acudiendo a la valoración de diligencias de instrucción, cuyo resultado en ocasiones está en contradicción con las pruebas practicadas en el acto del juicio..

Ou o Auto da Audiencia Provincial de Barcelona de 19 de abril de 2022 ( ROJ AAP B 5340/2022):

Como punto de partida debemos recordar que el objeto de este tipo de pruebas no puede ser la verdad o falsedad de la hipótesis acusatoria ni su probabilidad de ocurrencia, pues lo que debe creerse sobre la hipótesis litigiosa depende de todas las pruebas disponibles y sólo el Tribunal que enjuicia dispone de toda la información relevante, Tribunal integrado por jueces independientes e imparciales que tienen encomendada en exclusiva la función de dar por acreditada o no la hipótesis acusatoria, función que resulta indelegable en otras personas, sean o no expertas.

Por la misma razón, el objeto de la pericia no puede ser la fiabilidad de las informaciones probatorias. De admitirse que puede proyectarse sobre la credibilidad subjetiva del testigo, habría que advertir lo siguiente:

a) El presupuesto metodológico está sujeto a discusión (la existencia de diferencias intrínsecas entre las declaraciones reales y las falsas-imaginadas-sugeridas). La crítica se sustenta en el hecho de que los análisis estadísticos realizados no son lo suficientemente exactos como para ser admitidos como prueba científica: no hay suficientes estudios de campo concluyentes.

b) Los datos de observación (CBCA) son ambivalentes. Se afirma que cuantos más indicadores estén presentes, más creíble será el testimonio. Ahora bien, puede darse el caso de que la aparición de algunos criterios no vaya a favor sino en contra de la credibilidad (v.gr. un exceso de detalles es signo de fidelidad del recuerdo o de invención), y de que la ausencia de otros vaya a favor y no en contra de la misma, signo de que lo relevante son los datos externos, el marco en que se sitúa el hecho narrado.

c) Por otro lado, la técnica CBCA tiene una base estadística. Así, parte de la hipótesis de que los relatos creíbles contienen una alta presencia de indicadores de veracidad, indicadores que se listan y sobre cuya base se realizan pruebas sobre muestras de población representativa, de modo que se acaba determinando en cuántas de las personas entrevistadas aparecen esos indicadores de veracidad. Por tanto, algunos de los problemas de este tipo de pruebas resulten coincidentes con los de la prueba estadística: cómo diseñar las muestras, cómo extraer correctamente inferencias sobre la población, y, en particular, la necesidad de realizar estudios de validación con cierta continuidad, pues el paso del tiempo puede provocar que el estudio estadístico realizado ya no refleje la realidad.

d) El riesgo de error en la interpretación de los datos de evaluación (SVA) está siempre presente. Por otra parte, el perito redactor del informe suele examinar el expediente judicial, para contrastar datos, en un momento histórico determinado, por lo que es posible que con posterioridad se hayan incorporado diligencias de otro signo que podrían haber incidido en las conclusiones alcanzadas en el informe.

En definitiva, por todo ello, es conveniente no aceptar acríticamente este tipo de pericias, sin perjuicio de señalar que pueden servir de ayuda para la investigación siempre que se introduzcan las pertinentes prácticas que minimicen ciertos sesgos cognitivos. Igualmente, cabe señalar que pueden ser tomadas en consideración si se identifica con claridad su verdadero valor y se distingue entre el juicio de credibilidad subjetiva, dato sobre el que la pericia, en principio, puede proyectarse y el juicio de fiabilidad de la información que proporciona el testigo, juicio que, al ser jurisdiccional, pues depende de su concordancia con otras pruebas, debe ser ajeno a la pericia. Aun así, el valor de este tipo de pruebas quedaría limitado al propio de la metaprueba que, en el fondo es: una herramienta auxiliar para aclarar dudas sobre un aspecto concreto: la credibilidad subjetiva del testigo.

Por último, es preciso recordar que, aun limitado al ámbito sobre el que puede recaer, este tipo de pericias no pueden aplicarse a grupos de población que caen fuera del presupuesto metodológico en que se basan. Su ámbito de aplicación natural es el de los menores de entre 5 a 10 años o 5 a 12 años, a lo sumo, que afirman haber sido víctimas de abuso sexual, pues la escasa, o inexistente, experiencia sexual de este tipo de víctimas permite identificar con mayor facilidad si lo que afirman se corresponde con un hecho efectivamente vivido. Pero, fuera de dicho grupo, los expertos más reconocidos coinciden en la imposibilidad de obtener resultados mínimamente fiables de tales pruebas.

De hecho, el Anteproyecto de Ley de Enjuiciamiento Criminal de 2020, al regular las pruebas periciales sobre la credibilidad de los testimonios en el artículo 486 , restringe su empleo a las personas menores de edad, siempre que se utilicen procedimientos y criterios respaldados por la comunidad científica de referencia y publicados en revistas especializadas, de los que debe dejarse constancia en el informe pericial.

En sentido análogo se ha pronunciado la jurisprudencia de la Sala II (por todas, STS 979/2021, ROJ: STS 4625/2021 - ECLI:ES:TS:2021:4625 ), que califica las pruebas periciales de credibilidad del testimonio de adultos "innecesarias e impertinentes".

Así las cosas, teniendo en consideración que la denunciante tiene 27 años de edad, la diligencia interesada no debe ser acordada.

Pechamos coa sentenza mencionada pola anterior, que é a do Tribunal Supremo de 15 de decembro de 2021 ( ROJ STS 4625/2021) que, ademais de lembrar outras cautelas, rexeita completamente estas probas en maiores de idade e só as defende, e coas limitacións que indica, en menores de corta idade:

1. Es generalizada la doctrina de esta Sala en relación a la prueba pericial psicológica sobre la credibilidad del testimonio de personas adultas.

Aun cuando la citada prueba pericial podrá ser plenamente acordada para menores, o aun siendo adultos, cuando el grado madurez del mismo sea inferior a su edad, sin embargo resulta impertinente e innecesaria para adultos.

De esta forma, señalábamos en la sentencia núm. 705/2016, de 14 de septiembre , con referencia a la sentencia núm. 841/2015 , que la pertinencia de la prueba pericial psicológica sobre la credibilidad del testimonio de personas adultas, ha sido ya tratada por esta Sala de casación y resuelta en sentido negativo, porque dicha valoración corresponde exclusivamente al Tribunal de instancia.

Así, en aquélla, citando la sentencia núm. 883/2009 , recordábamos que "conviene tener presente, que el acusado hace depender buena parte de su estrategia de defensa del desarrollo de una prueba sobre el grado de verosimilitud de la víctima que es más que cuestionable. Toda razón le asistiría en sus alegaciones si el Tribunal a quo hubiera formado convicción y llegara a formular el juicio de autoría con el exclusivo respaldo de la opinión de unos peritos. El fin de la prueba pericial no es otro que el de ilustrar al órgano judicial para que éste pueda conocer o apreciar algunos aspectos del hecho enjuiciado que exijan o hagan convenientes conocimientos científicos o artísticos ( art. 456 LECrim ). Apreciar significa precisamente ponderar el valor de las cosas. El discurso argumental de la parte recurrente tiende a subvertir la naturaleza procesal de la prueba pericial, atribuyendo a ésta un alcance prácticamente definitivo. El perito es un auxiliar del ejercicio de la función jurisdiccional. Pero no es alguien cuyo criterio deba imponerse a quienes asumen la tarea decisoria. Los doctores agotaron la función que les es propia expresando su opinión acerca del perfil psicológico de la víctima. El Tribunal a quo asumió la suya pronunciándose sobre el juicio de autoría con el respaldo de las pruebas -directas e indiciarias- ofrecidas por la acusación. Lo contrario sería tanto como convertir al perito en una suerte de pseudoponente con capacidad decisoria para determinar de forma implacable el criterio judicial. Lo que los peritos denominan conclusión psicológica de certeza, en modo alguno puede aspirar a desplazar la capacidad jurisdiccional para decidir la concurrencia de los elementos del tipo y para proclamar o negar la autoría del imputado (cfr. STS 485/2007, 28 de mayo )".

En los casos tratados en aquéllas sentencias ocurría algo similar que lo que acontece en el supuesto que es ahora objeto de examen. Se trata de una testigo que temporalmente sitúa los hechos como acaecidos cuando contaba con unos ocho años de edad, produciéndose la denuncia nueve años después. Cuando declaró en el juicio contaba ya con veintiún años. Por ello, la pericial interesada resultaba irrelevante y, por ello, improcedente, en atención al tiempo transcurrido desde que sucedieron los hechos y la edad de la testigo. Además, su valoración corresponde exclusivamente al Tribunal de instancia.

Como expresábamos en aquellas sentencias, exigir una prueba pericial de credibilidad del testimonio, "sería tanto como pedirla para auxiliar al Tribunal en la interpretación de la norma jurídica o en la valoración de una prueba documental. Podrán darse supuestos excepcionales en los que el Tribunal entendiese conveniente una prueba de esta naturaleza cuando igualmente concurran en la persona sujeta a declaración circunstancias especialísimas que precisen la aportación de un conocimiento científico sobre determinados aspectos de la personalidad del sujeto, lo que desde luego no sucede en este caso. El medio de la defensa para cuestionar la credibilidad de un testigo es aportar hechos o circunstancias que contradigan efectivamente su versión, valoración, insistimos, que corresponde solo al Tribunal ex artículo 741 y 717 ambos LECrim , teniendo en cuenta las reglas del criterio racional.

Cuestión distinta es cuando se trata de menores de corta edad porque en aras a la protección de los mismos y de las demás partes del proceso el legislador considera la intervención de expertos dirigida más que a la credibilidad del contenido de su declaración a la comunicación o exploración de aquéllos. Decíamos en la STS 713/2015, fundamento de derecho primero, 2.2 ., que "cuando se trata de menores, ya hemos reflejado como la legislación ( Ley 4/2015, artículo 26.1 , y antes artículo 433.3 LECrim , redactado por la Ley 8/2006) prevé con insistencia la intervención de expertos, sujeta desde luego a la decisión judicial, al objeto de facilitar su exploración o declaración como medida de protección de los mismos y también en interés del resto de los intervinientes en el proceso penal; por último, es cierto que la legislación, como hemos visto se refiere concretamente a las diligencias de exploración o declaración, y no expresamente a la prueba pericial psicológica, pero esta será conveniente con mayor razón cuando no se considere necesaria la participación de expertos en el interrogatorio en aquellos casos en que la madurez de la víctima está en fase de desarrollo incipiente, donde no solo se dilucida un problema de credibilidad sino también de influencias ajenas o determinación del entorno, siendo la información pericial más que conveniente necesaria cuando no existen corroboraciones objetivas y solo distintos testimonios de referencia interesados.

Esta doctrina excluye por lo tanto por impertinente e innecesaria la prueba pericial psicológica sobre la credibilidad del acusado adulto cuando no existen ni se alegan razones especialísimas que muestren una personalidad patológica, caso en el que no se trata ya de la prueba psicológica interesada sino de un informe psiquiátrico sobre la capacidad de culpabilidad del sujeto y no de su credibilidad."

Igualmente, hemos declarado ( STS 96/2006, de 7 de febrero ) que se trata de una prueba generalmente innecesaria y contraproducente, que puede derivar en una investigación fuera de lugar acerca de la personalidad, con posibilidad de vulnerar el derecho de la intimidad, produciendo el doble efecto del sufrimiento producido por el delito y el posterior del sometimiento a una indagación exhaustiva de circunstancias personales, lo que conlleva a una victimización judicial secundaria.

En el mismo sentido, en relación a la pericial psicológica sobre la veracidad de las declaraciones prestadas, recordábamos en la sentencia núm. 238/2011, de 21 de marzo que "no corresponde a los psicólogos establecer tal cosa, que es competencia del Tribunal en su exclusiva función de juzgar y valorar las pruebas practicadas. Cuestión distinta es la relevancia que en la valoración de la credibilidad del testigo, -sea víctima o sea un tercero- pueden tener sus condiciones psico- físicas, desde su edad, madurez y desarrollo, hasta sus posibles anomalías mentales, pasando por ciertos caracteres psicológicos de su personalidad, tales como la posible tendencia a la fabulación, o a contar historias falsas por afán de notoriedad etc. Y es esto y no la veracidad misma del testimonio, lo que puede ser objeto de una pericia.

En este sentido la sentencia de esta Sala de 19 de febrero de 2010 señaló que los estudios psicológicos sobre la veracidad de los testimonios de las víctimas cuando son favorables a ella no implican que haya de creer el Tribunal a la testigo, ni que no haya de hacerlo cuando el dictamen apunta a la fabulación, pues a los Jueces compete medir y valorar el alcance probatorio de los testigos como parte esencialísima de su función juzgadora. Pero es claro que ilustran científicamente acerca de determinados rasgos de la personalidad del testigo. Por lo tanto lo relevante en esos estudios es la posible detección de la tendencia fabuladora, que es, en cuanto patología o rasgo perceptible para un experto, lo que tiene significación cuando existe y se diagnostica en la pericia

Conforme a esta doctrina, descartadas las situaciones patológicas extremas, la determinación de la credibilidad de un testimonio corresponde al órgano sentenciador, que ostenta la inmediación y la última apreciación de convicción. No obstante, en ocasiones pueden llevarse a cabo este tipo de pericias psicológicas cuando los testigos y/o víctimas son de corta edad. Pero en ningún caso pueden vincular al juez o tribunal ni sustituirlo en su exclusiva función valorativa, aunque sí pueden aportarle criterios de conocimiento psicológico especializado sobre menores de edad y pautas de su posible comportamiento que le auxilien en su labor jurisdiccional.

Aplicaban tamén tal restrición para casos de maiores de idade outras resolucións como a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Valencia de 1 de xuño de 2023 ( ROJ STSJ CV 3285/2023) que lembraba:

- Precisando la STS 290/2020, de 10 de junio , que este análisis sobre la credibilidad del testimonio, que no tiene efecto alguno en las declaraciones de mayores de edad, o en menores, pero de edad más elevada. Añadiendo la STS 97/2018, de 27 de febrero que los protocolos aplicados para determinar la credibilidad de los testigos menores de edad no son aplicables "a mayores de edad porque la persona ya se supone que tiene una experiencia sexual".

- Concluyendo la STS núm. 979/2021, de 15 de diciembre , que es impertinente e innecesaria la prueba pericial psicológica sobre la credibilidad del acusado adulto cuando no existen ni se alegan razones especialísimas que muestren una personalidad patológica. Cuestión distinta es la relevancia que en la valoración de la credibilidad del testigo, pueden tener sus condiciones psico-físicas, desde su edad, madurez y desarrollo, hasta sus posibles anomalías mentales, pasando por ciertos caracteres psicológicos de su personalidad, tales como la posible tendencia a la fabulación, o a contar historias falsas por afán de notoriedad etc. Y es esto y no la veracidad misma del testimonio, lo que puede ser objeto de una pericia.

3.8.2.- Neste caso existen unha serie de factores que afectan de forma determinante á relevancia que lle poidamos conceder ao informe presentado.

A declaración analizada é a dun menor que contaba no momento de realizala con dezaseis anos e medio, que manifestou que tivo varios contactos con pretensións de contido sexual participando nunha aplicación que tiña tal finalidade, que afirmou que tivera antes dos feitos relacións sexuais aínda que manifestou en xuízo que non era certa, e que é escoitado máis dun ano e medio despois dos feitos. Ademais, xa relatara o sucedido aos seus pais, á policía e á psicóloga.

Con eses antecedentes atopámonos ante un menor de idade pero próximo á maioría, con coñecemento e experiencias que non permiten aplicarlle máximas de experiencia que, como vimos, foron analizadas empiricamente para aplicarse a menores de idade. Así o sostén, dende logo, o único referente metodolóxico que consta no informe, o académico da Universidade de Kiel Günter Köhnken. Non é posíbel inferir conclusións de aspectos dunha declaración nestas circunstancias no referido á valoración de que o expresado só puido ser imaxinado por terse vivido nas circunstancias indicadas, pois esta persoa tivo suficiente contacto coa sexualidade como para poder elaborar ese relato sen telo vivido.

É máis, outro elemento que se advirte no informe é que da credibilidade a todos os elementos do relato valorándoos da mesma forma. Quere dicirse, apunta como elementos corroboradores, por exemplo, referencias de coñecemento do lugar ou sentimos de culpabilidade polo encontro en si. Porén, de novo seguindo ao mesmo autor, tal forma de actuar resta valor ao informe. Procede neste punto reproducir unha advertencia de singular importancia recollida dun traballo dese autor xunto a outros: Si bien es evidente que un análisis de la declaración no se puede aplicar si no hay declaración disponible, un error frecuente es la aplicación del CBCA a toda la declaración cuando sólo ciertas partes de ella son cuestionables. Por ejemplo, si un ni-no refiere que ciertas transgresiones sexuales han ocurrido en la escuela y en la declaración entrega una descripción muy detallada del entorno escolar, se proporciona una declaración que puede parecer como extensa y detallada. Sin embargo, este no tendría que fabricar la descripción del ambiente de la escuela, ya que es muy familiar. Sólo la descripción del delito sexual en cuestión es lo que habría tenido que inventar. Por lo tanto, el CBCA se debe aplicar sólo a la parte de la declaración en que se describen estas transgresiones, pero no a la descripción del ambiente de la escuela. Si el CBCA se aplica a toda la declaración lo más probable es que dé lugar a conclusiones erróneas. Por lo tanto, antes de aplicar CBCA a una declaración se deben identificar primero las partes relevantes para el diagnóstico. Diagnósticamente relevantes son sólo aquellas partes que, bajo la hipótesis de que la declaración no es correcta, de hecho habría tenido que inventar. Todas las demás partes son irrelevantes para la aplicación del CBCA. [Referencia extraída do artigo Köhnken, A.L. Manzanero y M. T. Scott: " Análisis de la validez de las declaraciones: mitos y limitaciones", Anuario de Psicología Jurídica, 25 (2015); permitímonos esta cita dado que, segundo dixemos, este autor é a única referencia que consta no informe].

Trasladado o anterior ao caso que nos ocupa, resulta que non se discute que o menor acudiu ao domicilio do acusado, que alí falaron e mantiveron algún tipo de contacto sexual, como tampouco que cando os pais souberon del trasladáronlle ao menor unha valoración negativa derivada da diferencia de idade. Calquera manifestacións que confirme eses aspectos non achegada nada ao relevante que é o referido a se manifestou ou non a súa idade, se houbo intercambio de fotografías e que practicas sexuais realizaron. De aí deriva unha eiva do informe que nos obriga a lelo criticamente.

Xa por último, mencionar tamén que non compartimos a valoración, que non pode merecer a consideración de derivada dun coñecemento científico propio do perito, que entende que non había motivos para pensar nunha ganancia secundaria ou que non houbo alteracións substancias no relato. Aquela posibilidade xa a analizamos antes, sorprendido polos pais non cabe negar que fose razoábel que pretendese o menor trasladar a responsabilidade da súa acción ao outro (indicando que el si avisara da diferencia de idade), como tampouco é irrazoábel que non dixese a verdade sobre o tipo de prácticas. Son posibilidades que deberían facer cando menos dubidar nos termos propios da que denominamos dúbida razoábel.

Cuarto.- Da valoración conxunta da proba.

4.1.- Como indicamos inicialmente, a proba dos feitos que determinan a condena require que sexan acreditados máis alá de toda dúbida razoábel nos termos explicados no inicio desta sentenza, de forma que non é suficiente con concluír que a versión da acusación apareza como máis probábel que a hipótese defensiva, pois se esta última, aínda menos probábel, aparece como razoabelmente posíbel ou, noutras palabras, probábel aínda que en menor medida que a outra, imponse a absolución do acusado.

No presente caso, a análise de todas as probas conxuntamente nos termos indicados levámonos á absolución do acusado.

Como dixemos os elementos discutidos son, precisamente, os determinantes da presenza dos elementos típicos que determinarían a condena.

4.2.- Comezando pola discusión sobre o feito afirmado polas acusacións referido ás prácticas sexuais realizadas o día do encontro, o certo é que só a declaración de Esteban afirma que foron máis aló do recoñecido polo acusado. As outras probas non poden propiamente dar conta do sucedido ese día. Como explicamos as declaracións dos pais non referiron coñecemento do manifestado como sucedido. A declaración da psicóloga clínica que atendeu en maio de 2022 só pode referir o que contou o menor, pero, como xa expresamos nun momento e nunhas circunstancias que non permiten derivar de que o relatase ningunha conclusión de reforzo probatorio. Tamén nos manifestamos xa sobre o alcance posíbel do denominado informe de credibilidade. E así as cousas debemos contrastar esa declaración co resultado probatorio da documental referida á conversa en Instagram sostida xa en marzo de 2021. Ten especial relevancia esa conversa pois nela o acusado falou descoñecendo que estaba a ser rexistrada a conversa e a que finalidade era obter del unha confesión. Pois ben, pese a esa intención e incluso á insistencia en que relatase o sucedido, só afirmou que houbera dúas prácticas sexuais que son as recoñecidas na súa declaración (bicos e estimulación das mamilas). A primeira conclusión é que non confirma o manifestado polas acusacións. Pero, ademais, ao non facelo nese contexto debilita a forza que puidese ser recoñecida á declaración na que se funda as acusacións. E, por último, se analizamos o contexto no que se produce, como xa fixemos antes, o que se conclúe é que desa proba deriva un apoio consistente e sólido a que as prácticas sexuais foron as por el manifestadas e, desa forma, poñen en evidencia a posibilidade de que o relato acusatorio non fora completamente fiel ao sucedido.

4.3.- De forma moi parecida, que se enviaran fotografías de contido sexual o maior ao entón menor e este a aquel non ten máis apoio que a declaración de Esteban. Os documentos achegados foron analizados e non lles podemos recoñecer fiabilidade para fundar unha declaración de feito probado contra o acusado. Neste caso era de esperar que as acusación tivesen sido quen de achegar algún arquivo que xustificase a súa afirmación e non telo debilita a súa posición. A iso engadimos, como xa dixemos, a ausencia de calquera mención a envíos fotográficos cando se produce a conversa en marzo de 2021. É evidente que puido ser por diversos motivos e que iso non nega que se puidesen ter producido. Pero o certo é que eses resultados probatorios non apoian a versión das acusacións e deixan a mesma carente de suficiente fundamento para trasladala ao relato de feitos probados. A iso engádese o manifestado polo acusado que da unha explicación alternativa razoábel cal é que o pouco tempo de comunicación antes do momento do contacto non abriu a porta a ese tipo de accións. E tamén destaca na súa declaración que rememore un elemento secundario ou periférico como é que cando chegou o menor tiveron que confirmar que eran, cada un deles, quen o outro esperaba. Explicou que así foi debido, precisamente, a que non se viran anteriormente. Evidentemente que diga que así sucedeu non supón que así fose. Agora ben, se un elemento de credibilidade que cabería atender hipoteticamente nunha testemuña é, precisamente, o recordo de elementos periféricos ou secundarios, non podemos deixar de mencionar o mesmo criterio na declaración do acusado. Sen dúbida a forza probatoria é moi escasa, pois pode responder a unha estratexia defensiva de quen coñece a imputación a el realizada e conta con asesoría legal sobre a transcendencia das súas palabras. Pero escasa non é igual a inexistente e só o referimos como detalle máis a ter en conta.

4.4.- Por último, estaría o relacionado co coñecemento polo acusado da minoría de idade da persoa coa que contactaba. Neste punto en realidade son dúas as bases fácticas que poden ter relevancia. Unha é a afirmación das acusacións de terse acreditado que o menor comunicou a súa idade real ao seu interlocutor incluso antes de coñecerse. A segunda é a afirmación de que existían elementos de feito, que deben ser acreditados, que farían supor con certo grao de credibilidade ao acusado que estaba cun menor de dezaseis anos. De ser así, como veremos, non verificar ese dato podería supor estar nunha situación de deliberada ignorancia que a xurisprudencia ten equiparado co dolo eventual.

4.4.1.- De novo, só a declaración do menor sustenta que el manifestou a súa idade real nas primeiras conversas mediante a aplicación Grindr. O acusado nega categoricamente que lle informase de tal cousa. Pese a que, como vimos, o relato de Esteban conta con diversos elementos que apuntan á súa credibilidade, sobre este extremo hai dúbidas que impiden que sexa considerado proba de cargo suficiente. Por un lado, sendo naquel momento menor despregou unha acción consciente dirixida a agochar a súa idade real nas súas relacións con Grindr. Ademais manifestou que o seu desexo era chegar a ter contactos sexuais, así o expresou de forma clara na denuncia inicial, e sabía que evidenciar esa idade podía evitar ese obxectivo. El mesmo manifesta que incluso iniciada a comunicación, e coa intención de agochar a súa falta de experiencia, mentiu sobre unha relación previa. Sería completamente comprensíbel que, coa mesma intención, non dixera en ningún momento cal era a súa idade real, de feito sería esperábel tal comportamento e coherente co conxunto de circunstancias nas que se produciu o encontro. A iso engádese que o feito de manifestar cando é descuberto polos seus pais que el si informara da súa idade, atoparía unha posíbel explicación no intento de reducir a súa propia responsabilidade ao trasladarlla ao maior co que contactara dicindo, precisamente, que el informara da súa idade e fora o outro o que non lle dera relevancia e incluso amosárase comprensivo. Xa analizamos que das conversas de Instagram de marzo de 2021 por si mesmas non se pode inferir un coñecemento dese dato. Así as cousas, analizadas todas as esas circunstancias, concluímos que se ben pode considerarse probábel que comunicara a súa idade, a un nivel de probabilidade semellante aparece a opción contraria e iso obriga a non ter ese dato como acreditado.

4.4.2.- O outro elemento fáctico que debemos analizar é se existían elementos que facían que o acusado se representase como altamente probábel que tivese menos de dezaseis anos. Certamente, existe unha xurisprudencia que advirte que nalgúns casos aínda que non exista unha proba directa do coñecemento da idade concreta da persoa coa que se ten relacións sexuais, as circunstancias do contacto obrigan a entender ou ben, en supostos máis evidentes, que si se sabía, ou ben, noutros, que se sabía que era altamente probábel que tivese menos de dezaseis anos e actuouse despreocupándose de verificar algo que lle era doado comprobar.

Como exemplos da interpretación xudicial podemos mencionar a sentenza do Tribunal Supremo de 17 de maio de 2023 ( ROJ STS 2093/2023):

En ese sentido se ha pronunciado esta Sala, entre otras en la STS 390/2018, de 25 de julio , donde decíamos que "Esta indiferencia hacia la edad del menor permite declarar concurrente el dolo del acusado, al menos como eventual, toda vez que éste, como decíamos en la STS 527/2015, de 22 de septiembre , "asume que el menor no alcance la edad de disposición de la libertad sexual, entonces 13 años y hoy a 16, y mantiene esa situación arriesgada para el bien jurídico sin hacer nada para adecuar su conducta a la no realización del tipo penal prohibitivo de este tipo de conductas respecto de menores sin capacidad de disposición, asumiendo la realización del delito"." ( STS 82/2023 de 9 de febrero ).

É relevante contrastar os elementos de feito que levaron nese caso a esa conclusión, tendo en conta que nel, sendo un delito de prostitución dunha menor, a idade relevante eran os 18 anos:

El tribunal rechaza las alegaciones de varios de los acusados invocando error con respecto a la edad de Sofía, en concreto con respecto al recurrente afirma que, por un lado, lo contrario se desprende del testimonio de la menor respecto de Eulalio ya que era conocido de su padre y que "por supuesto sabía que era menor", pero es más, añade que: " El hecho de que de forma genérica dijera Sofía en algunas ocasiones le había dicho a algunos clientes que tenía 19 años, no supone de ninguna manera que ello se lo dijera a estos acusados.

Pero es que los datos y pruebas que se han practicado nos llevan al convencimiento absoluto, que estos tres acusados, como los otros sabían a ciencia cierta que era menor.

Así tenemos las manifestaciones de los testigos Sres. Victorino y Virgilio, las impresiones de la Sra. Forense que la atendió en el Hospital de DIRECCION004, que indica que se trataba de una chiquilla, muy menudilla, e incluso el propio visionado de los vídeos de las pruebas preconstituidas, dónde se observa claramente que se trata de una niña, término, este de "niña" que en los informes utilizaron algunos de los Letrados con frecuencia al referirse a Sofía.

Por lo tanto, en forma alguna se puede apreciar este error.

A mesma doutrina é aplicada noutras sentenzas como a de 9 de febreiro de 2023 ( ROJ STS 404/2023) dado que no caso:

.....el tribunal de instancia afirma que la sentencia dictada por la Sala sentenciadora se pronuncia sobre tal cuestión afirmando que desde la inmediación que le proporciona la presencia del menor a lo largo del Juicio oral, ello le permite afirmar con rotundidad que notoriamente se pudo haber apreciado que se estaba ante una menor de 16 años, su aspecto y desarrollo físico, el modo de vestir o su aspecto aniñado no dejan lugar a dudas de que se estaba ante un menor que no alcanza los 16 años.

Y ello además se ha visto ratificado no solo, por la propia inmediación que ha podido percibir la Sala sentenciadora y los argumentos que en dicha resolución se exponen y de los que participa también la Sala de apelación, sino también por el informe de las Dras. Forenses en sus conclusiones afirman que "Se trata de un menor de 15 años con una apariencia física acorde a un adolescente". Su madre también señala su aspecto aniñado y, finalmente, la propia apreciación del Tribunal de instancia que tuvo a su presencia al menor más de dos años y medio después de ocurrir los hechos, igualmente señala su aspecto impúber y razona y argumenta, para rechazar, el error alegado por la parte a los folios 19, 20 y 21 de la resolución, que la Sala apelación comparte en su totalidad.

Las citadas razones son convincentes y acordes con la valoración racional sobre la concurrencia del elemento subjetivo del dolo: existió, al menos, dolo eventual, pues el autor pudo haber captado la edad de la víctima, menor de 16 años, por su aspecto aniñado y su apariencia acorde con la edad real. Ante la eventual duda el acusado no desistió, sino que siguió adelante, culminando su abuso sobre quien era menor de 16 años como su aspecto infantil denotaba.

A de 13 de outubro de 2022 ( ROJ STS 3712/2022) referíase a un caso no que:

La AP para acreditar que el acusado conocía la edad de ella señala que lo declaró así la menor y, además, que de las declaraciones en instrucción del acusado se desprende que ante el Juzgado de Instrucción en fecha 28 de abril de 2018, manifestó que supo la edad de María Angeles diez meses antes de esta declaración. A la vista de ello, razona la AP, atendida la fecha en que la menor interrumpió el embarazo -12 de enero de 2018- y la duración que llevaba la gestación (10-11 semanas) es evidente -como expresa la AP en su sentencia- "por una lógica matemática, que la fecundación se produjo cuando éste conocía la verdadera edad de María Angeles".

La sentencia recurrida -esto es, la de apelación- concluye ratificando lo expuesto por la sentencia de instancia que: "En efecto, no solo tiene en cuenta la diferencia de edad entre acusado y perjudicada, 11 años, que objetivamente considerada ya impediría hablar de proximidad entre ambos, sino también otros extremos como son: A).- La menor siempre ha sostenido que el acusado conocía que tenía 14 años; B).- El acusado no podía desconocer que María Angeles vivía con su madre; C).- María Angeles no presenta una grado de madurez mental superior al que correspondía por su edad, tal como se desprende del informe forense aportado a la causa; y, D). El acusado llevaba una vida independiente y no presenta un grado de madurez inferior a su edad cronológica o limitación intelectual que le impidiera conocer realmente la trascendencia de su relación con la menor.

A ello debemos añadir que en las intervenciones policiales que tuvieron lugar la menor era llevada de vuelta a casa de su madre, algo que el acusado conocía, lo que no hubiera tenido lugar en caso de ser mayor de edad".

Y de ahí concluye que no ha quedado probada la existencia de error de tipo, pues la menor siempre ha sostenido que el acusado sabía que tenía 14 años de edad, y en todo caso, el hecho de que María Angeles viviera en casa de sus padres y fuera al instituto, que precisamente dejó por recomendación del acusado, le permitía conocer su minoría de edad, sin que exista dato alguno, salvo ese supuesto amigo que le dijo que María Angeles tenía 19 años cuando se la presentó, que nos permita afirmar que el acusado desconocía su edad.

Resulta totalmente increíble y va contra el sentido común que en el curso de una relación que duró más de un año y en la que se produjo incluso una interrupción de embarazo, el procesado ignorase por completo que su pareja tiene menos de 16 años.

O auto do mesmo Tribunal Supremo de 22 de setembro de 2022 ( ROJ ATS 13821/2022) referíase a un caso no que:

En particular, hacía hincapié el Tribunal en que, de lo actuado, se desprendía que el recurrente sabía que la menor, con la que mantuvo relaciones sexuales desde que ella tenía la temprana edad de 12 años, vivía con su tutora legal en acogimiento familiar desde que era muy pequeña, que se quedó embarazada presumiblemente de él, y con el que siguió manteniendo relaciones sexuales después de la interrupción voluntaria del embarazo, habiendo éste manipulado en las declaraciones prestadas ante la Policía y los médicos forenses su propia edad para acercarla a la de la menor.

Avalaba así el Tribunal Superior de Justicia los razonamientos contenidos en la sentencia de instancia y que, por lo que aquí interesa, señaló, de un lado, que el concreto conocimiento de la edad de la menor por parte del acusado, siquiera de modo eventual, cabía desprenderlo, en el caso: i) de las testificales de Amanda. y Ana., según lo dicho, señalando la primera que la menor acudía al colegio y que tenía horario de llegada a casa; ii) del informe médico forense, ratificado en el plenario, elaborado al efecto de determinar la madurez y demás circunstancias personales del acusado, donde se concluyó que éste presentaba un desarrollo intelectivo acorde a su edad, sin detectarse problema psicopatológico alguno; iii) de la notable diferencia de edad entre ambos (de 12 años), al momento de iniciarse la relación de amistad; iv) del hecho, admitido por el acusado, de que es padre de dos hijos, uno de ellos tenido ya en España, que había sido cuidado por la propia Araceli. durante la relación; y v) de la propia apariencia física de la menor, según la inmediación que asiste al Tribunal, plenamente acorde a su edad cronológica y que contaba, al tiempo de celebrarse el juicio, con 16 años de edad .

A sentenza de 30 de xuño de 2022 ( ROJ STS 2652/2022) referíase a un caso no que:

Nació Benjamín. el día NUM002 de 2005. Tenía, como máximo, trece años y medio cuando contactó por vez primera con el acusado (antes de terminar febrero de 2019). El mismo procesado reconoció que comunicó con el chico al haber subido éste una fotografía suya a la red social, que llamó la atención de aquél. Cierto que dicha fotografía no consta en las actuaciones, pero también que "nada manifestó el procesado en el sentido de que la misma no se correspondiera con el aspecto físico que presentaba el menor cuando se conocieron personalmente a mediados de febrero de 2019, por lo que ha de estimarse dicha correspondencia". Con relación al aspecto físico del menor, explica la sentencia dictada en primer instancia que su madre declaró en el juicio que: "en cuanto al desarrollo físico de Olegario a la fecha de los hechos que podía aparentar menos, pudiendo pasar por una edad de 11-12 años, pues era pequeñito, tenía el mismo tamaño que sus dos hermanos mellizos que tienen dos años menos que (él) y vestían la misma talla, que parecían trillizos, no tenía vello facial ni en las piernas, habiendo comenzado a afeitarse en fechas próximas al juicio (año en el que cumple 15 años)".

Más allá de la propia descripción de su madre, --pocas personas le conocerán mejor con toda seguridad, aunque su percepción al respecto pudiera tener un cierto sesgo--, lo cierto es que el propio Tribunal provincial: "Ha podido constatar la apariencia física del menor y escuchar su voz en la reproducción de la declaración del menor en fase de instrucción (se practicó el 16-10-2019), pudiendo concluirse claramente inferior al que sería propio de un adolescente de dieciséis años de edad, ya que presenta una constitución menuda, delgada y estrecha, a nivel facial, rostro aniñado, sin que representase más edad de la que realmente tenía, y timbre de voz propio de la etapa anterior al denominado estirón de la pubertad".

Concluía, a partir de todos estos elementos, la Audiencia Provincial que: "la Sala no puede dudar que el procesado sabía que (el chico) era menor de dieciséis años; o al menos que, debiendo por fuerza de parecerle así, prefirió ignorarlo, obrando en tal caso con dolo eventual". Abrocha dichos razonamientos, señalando que el propio acusado admitió que cuando entró en contacto con Olegario. no tenía dudas de que se trataba de un menor de edad, --tal lo declaró en juicio--, por más que asegurara desconocer que no había cumplido aún los dieciséis años. Y "cuando se produce el primer encuentro personal a mediados de febrero de 2019, en el que ya mantienen relaciones sexuales, dichas sospechas debieron incrementarse, por lo evidente que el desarrollo físico y apariencia personal de (el chico) no se correspondían con la de un mayor de 16 años de edad, y lo asumió plenamente, porque lejos de cesar en el contacto, remisión de fotografías y vídeos y en los encuentros sexuales, continuó con dicha conducta hasta mayo de 2019 que se descubren los hechos y se formula denuncia".

Respecto a la madurez que el acusado atribuye a las conductas sexuales e iniciativas del propio menor, --su rebeldía, apariencia de seguridad y autoconfianza--, lo cierto es que, como una vez más destaca el Tribunal provincial, "la perito psicóloga Sra. Eloisa, (pone de manifiesto que) el procesado tenía 33 años frente a los 13 de Benjamín, por lo que a falta de prueba sobre sus circunstancias personales sugestiva de que no sea una persona normalmente constituida a nivel psicológico, se le deben atribuir a aquél unas condiciones de madurez tanto psicológica como sexual propias de su edad que hacen impensable que le pudiera pasar desapercibido la condición preadolescente de un joven de 13 años. El grado o nivel de madurez psicológica del menor según informa la misma perito Sra. Eloisa se encuentra dentro del promedio para su grupo de edad, y en el ámbito sexual se encontraba en un proceso de búsqueda de su identidad sexual, no teniendo definida su orientación sexual, y por tanto buscando experiencias (fueron sus primeras relaciones sexuales), lo que nada de ilógico o extraño tiene, ni debía serlo para el procesado por lo expuesto inmediatamente antes".

A partir, en sustancia, de todos estos elementos, que el Tribunal Superior analiza también cumplidamente y respalda, se concluye: "La diferencia de edad de 20 años constituye per se una brecha muy notable en cuanto al desarrollo y madurez de uno y otro, con la concurrencia de lo que podríamos denominar jerarquía emocional y vital y no obsta a ello que el menor tuviera iniciativa o mostrara actitudes sexuales desinhibidas. Se descarta por todo ello el error de tipo invocado, en cualquiera de sus dos modalidades"..

O auto de 12 de maio de 2022 ( ROJ ATS 8829/2022) referíase a un caso no que:

No nos encontramos ante una relación esporádica que -por su fugacidad- permitiese descartar el error sobre el descrito elemento del tipo. En el caso examinado, los sujetos intervinientes no son desconocidos, sino que existe un conocimiento de las diferentes circunstancias personales y familiares de ambos sujetos, activo y pasivo, de modo que no es creíble que se produjera en el sujeto agente la equivocación que se pretende sobre la edad de la menor.

En todo caso, cabe significar que la Jurisprudencia viene sosteniendo que para excluir el error resulta suficiente con que pueda racionalmente inferirse que el sujeto agente tenía conciencia de una alta probabilidad de que concurriese el elemento típico. De modo que, para excluir el error de tipo, no se requiere la plena seguridad sobre la concurrencia de un hecho constitutivo de la infracción, sino que basta con que se tenga conciencia de la alta probabilidad de que dicho elemento concurra y pese a todo se opte consciente y voluntariamente por realizar la acción típica ( STS 310/2017, de 3 de mayo ).

El error de que habla el art. 14 CP exige certeza, o quasi certeza: un conocimiento equivocado pero seguro. Si el sujeto actúa con dudas serias sobre la concurrencia de un elemento típico, que prefiere no llegar a conocer, no puede ser disculpado por ese error consciente; o, mejor, buscada situación de error. Es supuesto asimilable al dolo eventual: STS de 2 de junio de 2015 : la sospecha de ilicitud excluye el error (vid igualmente STS 684/2018, de 20 de diciembre ). El no querer despejar sus serias dudas, equivale a la conocida como ignorancia deliberada. Una actitud de indiferencia o desprecio frente a la alta probabilidad de la antijuricidad de la conducta no sería error ( STS 204/2021, de 4 de marzo ).

A de 15 de decembro de 2021 ( ROJ STS 4621/2021) referíase a un caso no que:

Por lo que respecta al conocimiento de la edad de Estela, explica el Tribunal Superior en la sentencia impugnada que varios de los testigos se refieren a ella como "la menor" o "la niña", siendo que el primer contacto con los acusados se produce, precisamente, cuando la misma se encontraba en compañía de otras personas, también menores. Se destaca, a su vez, el contenido de ciertas conversaciones mantenidas por los acusados a través de sus teléfonos móviles el mismo día de los hechos o en los inmediatos siguientes, en las que se evidencia que conocían la edad de la niña. Objetan a ello los recurrentes que dichas conversaciones, que admiten, se produjeron con posterioridad al momento de los hechos, cuando ya los acusados se encontraban impuestos de este dato. Sin embargo, ni ello desvirtúa las consideraciones anteriores (contexto en el que entran en contacto con la menor y las referencias respecto a su edad de otros testigos), ni tampoco permite orillar un relevante pasaje del relato de hechos probados que se contiene en las sentencias impugnadas, relativo a que las agresiones cesaron cuando los acusados "al escuchar la sirena de un coche de policía sobre las 20:45 horas abandonaron corriendo el lugar, dejando sola a la menor en la masía abandonada", indicio fuerte de que no ignoraban ni la ilicitud de su conducta ni las circunstancias fácticas esenciales que la conformaban, entre ellas la edad de la niña, conocimiento que, además, se conforma con que pueda ser imputado a título de dolo eventual .

A relación de resolucións que acabamos de expor pretende pór en evidencia unha serie de liñas comúns dos supostos nos que o Tribunal Supremo valorou que, en todo caso, cabía atribuír a conduta por dolo eventual no referido a ese elemento. Efectivamente, dado un determinado conxunto de circunstancias é certo que cabe inferir razoabelmente que o autor puido saber e senón soubo foi por non querer verificar o que aparece como altamente probábel. A partir delas é cando pode adquirir sentido a referencia a que, se concorren, a defensa non pode alegar un erro de tipo que pugna co que razoabelmente se pode inferir daquelas circunstancias. Agora ben, non é a mesma situación cando non se dan esas circunstancias. E as que acabamos de observar nos exemplos expostos apuntan a varias direccións posíbeis. Nunhas fálase do aspecto evidentemente aniñado da, neses caso, vítima dos feitos. Noutras de relacións de certa duración que, polas súas circunstancias, fan moi pouco críbel que non se representase o autor a verdadeira idade da vítima. Por último, aínda que sen pretender ser exhaustivo nin esgotar as posibilidades, aparece referido en diversas ocasións como das circunstancias nas que se produce o contacto tamén cabe inferir esa base fáctica que sustenta a valoración propia do dolo eventual.

Aquí hai que aclarar que se referiu todo o tempo o posíbel coñecemento da minoría de idade, pero en realidade o que se debe acreditar e o posíbel coñecemento dunha idade inferior a dezaseis anos. Si é certo que xa poder, ou deber, representarse que a idade fose inferior a dezaoito anos, é un elemento que chama á verificación, pero non coa mesma intensidade que cando a idade referente é menor a dezaseis.

No caso que nos ocupa resultou xa explicamos o motivo de non poder ter por probado que o menor comunicase a idade. A dúbida é se existían datos que obrigaran a sospeitar esa idade real.

Sabendo que os feitos sucederon na primeira quincena de agosto de 2020, o menor tiña naquel momento ou catorce anos nove meses e máis de vinte días, nos primeiros días, ou máis de catorce anos e dez meses dende o día 10. A diferenza dalgúns dos supostos estudados nas referidas sentenzas do Tribunal Supremo, o tempo ata os dezaseis anos era dun ano e dous meses.

O tipo de contacto produciuse nun marco moi determinado cal é unha rede social á que teñen prohibido o acceso os menores de dezaoito anos. É dicir o contexto no que se produce o encontro non é dos que deben chamar a dubidar da idade. A comunicación escrita previa ao encontro foi breve con conversas que o propio denunciante cualifica de triviais, é dicir non parece que delas fose posíbel inferir un sinal de perigo de idade inferior a dezaseis anos. O encontro non foi moi extenso en tempo, nin supuxo realmente propiamente unha relación de confianza ou na que manifestarse de forma que se evidencie a idade, sobre todo a diferenza entre estar cerca, ou ao redor, dos dezaoito, ou por baixo dos dezaseis.

O entón menor, segundo a súa declaración, acode a esa cita tendo despregado unha estratexia previa para agochar a súa idade, afirmando que era maior no ingreso na aplicación e no seu perfil, referindo ter experiencia sexual. Esas circunstancias abonan a idea de que se desenvolveu para ser coherente con esas pretensións.

Sobre o aspecto físico e o que trasladou no momento da súa declaración en xuízo, con dezaoito anos recen cumpridos, é difícil fuxir de meras impresións subxectivas e intrasladábeis a terceiros. Agora ben, non se pode afirmar que tivera imaxe, ou comportamento, de alguén menor da súa idade nese momento, e si unha presenza física superior a esa idade (manifestou medir 1,86 ou 1,87 e pesar case oitenta quilos), e un aplomo e serenidade no ánimo, e corrección na expresión, que tamén permitían pensar en máis anos dos que tiña.

Loxicamente iso haino que proxectar ao mes de agosto de 2020. Os pais non referiron que a imaxe naquela altura fose moi indicativa da súa idade, si referiron que era algo infantil. Agora ben, esa lectura, amén de propia da relación paterno filial, é manifestada por quen ten un contacto diario nun ambiente doméstico e familiar. Ademais, non resulta compatíbel con todas as accións descritas polo menor en relación coa procura de contactos na aplicación referida e a capacidade de autoxestión para conseguir o tempo que precisou para ter o contacto sen control dos pais, así como, incluso, a capacidade para manter oculta esa relación durante meses pese a que relataron que se producían, e el tiña que sabelo, controis do contido do seu teléfono.

Outra fonte de información son os axentes policiais que foron preguntados pola aparencia física no momento de interpor a denuncia (marzo de 2021). O que manifestaron foi o primeiro, un poco alto y con algo de cuerpo* e o segundo, más bien alto y con cierta corpulencia. Como síntoma, a diferenza doutros supostos, non houbo ningunha referencia a el como neno ou outras expresións que desen conta de que fose así percibido por terceiros.

Só restaría a posibilidade de valorar os vídeos que constan nas actuacións aínda que ningunha parte apelou a eles. Mencionámolos en todo caso para evidenciar que o da súa declaración xudicial, polas circunstancias nas que se produciu (con máscara) e se gravou (pantalla partida) impedirían concluír nada. A outra sería a que se achegou co informe pericial. Agora ben, produciuse xa en maio de 2022, moi afastada dos feitos, e, sobre todo, refire unha situación completamente diversa á que puido percibir o acusado. Situación, ademais de máis longa no tempo, nun ambiente que precisamente se dirixe a protexer ao menor e, nese sentido, tratalo expresamente como tal. A propia actitude del ante esa situación é diametralmente oposta á que viviu o acusado, pois nesa circunstancia el si pretendía, lóxica e razoabelmente, que se evidenciase a súa situación e a súa idade. Precisamente un dos obxectivos da entrevista non estruturada nin dirixida é que o menor se exprese libremente e sen condicionantes. É dicir o contrario do que el mesmo podía pretender cando sucederon os feitos. Aínda que se rexeitou a proba proposta pola acusación no inicio da vista que dixo contiña un vídeo duns meses antes de agosto de 2020 duns 30 segundos, debemos indicar que o seu resultado non podería alterar a conclusión. Non podería dado que se trataría de novo da forma de estar e expresar nun contexto completamente diverso ao que debemos analizar.

É por todo iso que concluímos que non só non se acreditaron as circunstancias fácticas que permitisen requirir do acusado verificacións sobre a idade real da outra persoa, senón que existen elementos que apuntan o contrario e, por iso non podemos ter ese elemento fáctico, previo á valoración normativa, como probado.

Quinto.- Custas.

No presente caso procede declarar de oficio as custas do procedemento. A defensa instou a condena en custas da acusación particular, pero en ningún caso cabe que cualifiquemos a súa actuación como temeraria ou con pouca fe procesual. Pola contra, a acusación, ata o día do xuízo, foi asumida polos pais de Esteban e resulta absolutamente lexítimo e comprensíbel que impulsaran o proceso para aclarar o sucedido.

Tras seren vistas as disposicións legais citadas e demais de xeral aplicación do Código penal e da Lei de axuizamento criminal,

Fallo

ABSOLVEMOS a Ezequiel con declaración de oficio das custas ocasionadas.

Notifíquese a presente sentenza, da que se unirá certificación ao correspondente rolo de Sala, ás partes, instruíndoas de que contra esta cabe RECURSO DE APELACIÓN ante esta Audiencia para ante a Sala do Civil e do Penal do Tribunal Superior de Xustiza dentro dos DEZ DÍAS seguintes ao da última notificación da sentenza, o cal se tramitará conforme o establecido nos art. 790, 791 e 792 da LACrim.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza, da cal se levará unha certificación ao rolo de sala e que se anotará nos rexistros correspondentes.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.