Última revisión
03/10/2024
Sentencia Penal 127/2024 Audiencia Provincial Penal de Pontevedra nº 2, Rec. 436/2024 de 10 de mayo del 2024
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 61 min
Orden: Penal
Fecha: 10 de Mayo de 2024
Tribunal: AP Pontevedra
Ponente: JOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
Nº de sentencia: 127/2024
Núm. Cendoj: 36038370022024100171
Núm. Ecli: ES:APPO:2024:1675
Núm. Roj: SAP PO 1675:2024
Encabezamiento
SENTENCIA: 00127/2024
ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5
Teléfono: 986.80.51.19
Correo electrónico: seccion2.ap.pontevedra@xustiza.gal
Equipo/usuario: ER
Modelo: 213100
N.I.G.: 36038 43 2 2021 0003912
Juzgado procedencia: XDO. DO PENAL N.3 de PONTEVEDRA
Procedimiento de origen: PROCEDIMIENTO ABREVIADO 0000045 /2023
Delito: LESIONES
Recurrente: Adolfo, Israel
Procurador/a: D/Dª MARIA SUSANA TOMAS ABAL, MARIA DEL ROSARIO CASTRO CABEZAS
Abogado/a: D/Dª JOSE FERNANDO AREA TORRES, CARLOS ARESES VIREL
Recurrido: MINISTERIO FISCAL
Procurador/a: D/Dª
Abogado/a: D/Dª
==========================================================
==========================================================
En PONTEVEDRA, a diez de maio de 2024.
Visto, pola Sección segunda desta Audiencia Provincial, na causa instruída co número , o recurso de apelación interposto pola procuradora Maria Susana Tomas Abal, en representación de Adolfo, contra a sentenza pronunciada polo Xulgado de Penal número 3 de Pontevedra no Procedemento Abreviado 45/23.
Constituíronse como partes o mencionado recorrente; como acusación particular María del Rosario Castro Cabezas na representación de Israel e o Ministerio Fiscal, na representación que lle é propia.
Actuou como relator o maxistrado
Antecedentes
"
E, como feitos probados, recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela:
Hechos
Aceptamos e damos por reproducidos os feitos que se declaran probados na sentenza obxecto de recurso.
Fundamentos
Do que se trataría, pois, é de se a maxistrada xuíza da instancia, coa súa actuación durante o xuízo oral, puido perder a imparcialidade. Neste sentido, lembra a recente STS, Penal, Sección 1ª, do 24 de xaneiro de 2024 ( ROJ: STS 688/2024 - ECLI:ES:TS:2024:688) a obrigación de ser imparcial que, efectivamente e como non podía ser doutro xeito, a lei impón ao órgano xudicial decisorio da contenda e que pode resumirse en dúas regras: a primeira é que o xuíz non pode asumir procesualmente funcións de parte; e a segunda consiste en que non pode realizar actos nin manter coas partes relacións xurídicas ou conexións de feito que poidan poñer de manifesto ou exteriorizar unha previa toma de posición anímica ao seu favor ou en contra. Mais tamén é certo que carecería de sentido incluír entre as notas que definen o noso sistema procesual o silencio do órgano decisorio, a súa resignada abstención fronte ás incidencias que poidan xurdir ao longo da práctica de todos e cada un dos actos procesuais que integran o plenario.
A STS, Penal, Sección 1ª, do 18 de outubro de 2023 ( ROJ: STS 4363/2023 - ECLI:ES:TS:2023:4363) lembra, con cita da STS, Penal, Sección 1ª, do 20 de abril de 2023 ( ROJ: STS 1846/2023 - ECLI:ES:TS:2023:1846), o seguinte:
Abundando no anterior, a STS, Penal, Sección 1ª, do 29 de xuño de 2023 ( ROJ: STS 3049/2023 - ECLI:ES:TS:2023:3049) razoa:
Seguindo a mesma orde do apelante no seu recurso para a relación das actuacións da maxistrada xuíza que, segundo el, denotarían a súa falla de imparcialidade, e respectando as transcricións que realiza do sucedido, é mester deixar constancia do seguinte:
a) Cando as partes acabaron de interrogar a médica forense, e antes de que declarase o perito médico solicitado pola defensa, a maxistrada xuíza dirixiuse a aquela nos seguintes termos:
Esta intervención da maxistrada xuíza, quen, contrariamente, ao que se alega, non tiña por que permanecer pasiva e mesmo ausente cando a médica forense declarou na vista, non supón un abandono da súa imparcialidade, nin moito menos a asunción do rol da acusación. Só lle demandou á médica forense o seu parecer sobre outra pericial médica autoría de Adriano, posterior á súa e achegada pola defensa do acusado cando xa as actuacións estaban no Xulgado do Penal (acontecemento número 48 do expediente xudicial electrónico -EXE-), e a aclaración de se as doenzas do acusado lle impedían ou non actuar do xeito que se lle imputaba, isto é, causarlle lesións ao denunciante, pois o amentado facultativo concluía que as doenzas do acusado non lle permitían provocar as lesións. Non se pode pretender que as partes -fiscal, acusación particular e defensa- sexan as únicas que poidan preguntar e demandar explicacións da médica forense e, porén, non poida facer outro tanto, con maior ou menor fortuna e acerto, quen logo ten que pronunciar a sentenza. E o feito de que a maxistrada xuíza despedise a medica forense con
b) No relativo a Andy -fillo do acusado- cando ía ser chamado para declarar, no recurso transcríbese o seguinte diálogo entre a xulgadora (J) e o letrado da defensa (L), minuto 54,34:
Máis que meter presión á defensa para que renunciase á referida testemuñal, como se afirma no recurso, o que semella que se tira do anterior é unha constante advertencia por parte da maxistrada xuíza das consecuencias do falso testemuño ( artigo 458 do Código penal) e mesmo da presentación a sabendas de testemuñas falsas ( artigo 461 do mesmo texto legal). Á marxe dunha máis oportuna, afortunada ou axeitada forma de conducirse de quen preside un xuízo oral, abofé que o anterior non supón a perda da necesaria imparcialidade que si que determinaría a radical nulidade da sentenza da instancia.
Outro tanto é mester dicir da expresión utilizada pola maxistrada xuíza de que o acusado
c) A circunstancia de que, a preguntas do letrado da defensa de se se ratificaba no informe, Adriano contestase que imaxinaba que sería o seu informe e solicitaba se podía velo, e a maxistrada xuíza retrucase
d) Que a maxistrada xuíza se adiantase á contestación da testemuña da acusación Jairo para que, en lugar de especificar a cantos metros de distancia estaba do lugar dos feitos, os representase na mesma sala de vistas onde se encontraba, co resultado que se transcribe no mesmo recurso de apelación, non se pode ter máis que por un intento por parte daquela de asegurarse da fiabilidade do que se declaraba. Así o demostra que, deseguido, e ante a insistente alusión do avogado da defensa aos metros, a maxistrada xuíza interviñese do seguinte xeito:
Isto era o que realmente lle interesaba a quen logo ía pronunciar a sentenza, e ren máis, polo que de tal xeito de actuar tampouco se colixe que a maxistrada xuíza adoptase, suplise ou complementase as teses das acusacións, a pedimento das cales declarou a amentada testemuña.
e) Jessica, dona do acusado, cando rematou de declarar ás preguntas das partes, foi interrogada pola maxistrada xuíza (J) como se reflicte no recurso:
Jessica:
Jessica:
Jessica:
Jessica:
Jessica:
Tampouco por ningures enxergamos que a maxistrada xuíza realizase, como se alega, un interrogatorio propio dunha acusación que determinase a súa perda de imparcialidade para logo pronunciar a sentenza. Case sempre o sucedido se pode mellorar e o presente caso é unha boa mostra. Pero unha cousa é o acerto ou non nas formas de comportarse e outra ben distinta que estas logo poidan afectar o sosego e obxectividade da decisión que se vaia tomar.
f) Entre a testemuña Yoshua e a maxistrada xuíza (J) tamén se produciu o seguinte diálogo que se reflicte no recurso:
Yoshua:
Yoshua:
E semella que o agora recorrente se arroga a función de considerar irrelevante e impertinente o preguntado pola maxistrada xuíza para investigar o realmente sucedido. Mais, fose como fose, e vista a máis que evidente testemuñal de referencia, abofé que do anterior non se tira o pretendido polo apelante, isto é, a nulidade da sentenza pola suposta falla de imparcialidade da súa autora.
Concluímos así con que as intervencións da maxistrada xuíza denunciadas polo apelante non superaron as facultades que lle recoñecía o artigo 708 da Lei de axuizamento criminal, que mesmo lle impoñían o deber de procurar a verdade material do realmente sucedido. De ningunha daquelas intervencións se tira, á marxe do xa dito verbo doutro tipo de consideracións, que á maxistrada xuíza a guiase unha finalidade distinta da investigación da verdade material. Descartamos así todo pretendido nesgo de parcialidade que o recorrente pretende radicar nas pautas de dirección do xuízo ou interrogatorios cuestionados.
Unha vez máis (por todas, as nosas SAP, Penal, Sección 2ª, do 5 de novembro de 2021 - ROJ: SAP PO 2483/2021 - ECLI:ES:APPO:2021:2483- e SAP, Penal, Sección 2ª, do 16 de febreiro de 2021 - ROJ: SAP PO 374/2021 - ECLI:ES:APPO:2021:374-) debemos lembrar que resulta incompatible a manida mestura de alegacións do tipo das que se reflicten no recurso de apelación. Así, xúntanse a infracción da presunción de inocencia que inicialmente amparaba o acusado e o erro por parte da maxistrada xuíza da instancia na valoración da proba. A pretendida vulneración do artigo 24 da Constitución española -presunción de inocencia- suporía a inexistencia de probas de cargo contra a persoa acusada. O erro na valoración das probas xusto parte da nidia admisión da súa existencia, mais viciadas dunha interpretación equivocada, da cal se discrepa. Dito doutro xeito, a proba non se pode entender inexistente para os efectos da invocación da presunción de inocencia e, simultaneamente, existente para a crítica de que se errou na súa avaliación. A proba ou existe ou non existe, e ren máis.
O dereito á presunción de inocencia recoñecido no artigo 24.2 da Constitución española implica que toda persoa acusada dun delito deba ser considerada inocente ata que se demostre a súa culpabilidade conforme a lei e, xa que logo, despois dun proceso xusto ( artigo 11 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos; artigo 6.2 do Convenio para a Protección dos Dereitos Humanos e das Liberdades Fundamentais; e artigo 14.2 do Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos). Isto supón que se desenvolva unha actividade probatoria de cargo consonte as previsións constitucionais e legais, e polo tanto válida, cuxo contido incriminatorio, racionalmente valorado de acordo coas regras da lóxica, as máximas de experiencia e os coñecementos científicos, sexa suficiente para desvirtuar aquela presunción inicial. Esta valoración debe permitir ao tribunal acadar unha certeza obxectiva, en canto que asumible pola xeneralidade, sobre a realidade dos feitos ocorridos e a participación do acusado, de xeito que, con base nela, poida declaralos probados, excluíndo a existencia de dúbidas que poidan cualificarse como razoables. E o control que debe facer o tribunal da segunda instancia debe orientarse a verificar estes particulares: validez e suficiencia da proba e racionalidade na súa avaliación.
Como se reflicte na recente STS, Penal, Sección 1ª, do 7 de marzo de 2024 ( ROJ: STS 1263/2024 - ECLI:ES:TS:2024:1263), cando se denuncia a vulneración do dereito á presunción de inocencia, debe verificarse se a proba de cargo con base na cal o tribunal sentenciador pronunciou a sentenza condenatoria se obtivo respectando as garantías inherentes do proceso debido e, xa que logo, se se cumpriron os seguintes requisitos:
E, a teor da que pretendemos tamén recta e imparcial interpretación da anterior conteste e reiterada doutrina xurisprudencial, abofé que no presente caso se practicou proba de cargo de máis que suficiente contido incriminatorio como para poder ter por alzada válida e eficazmente a presunción de inocencia, e na avaliación que en conciencia realizou dela a maxistrada xuíza, a teor do artigo 741 da Lei de axuizamento criminal, non albiscamos o máis mínimo erro que ter que corrixir nesta alzada.
Así, por amosarnos totalmente de acordo co que, dun xeito amplo e profuso, se reflicte no fundamento de dereito primeiro da sentenza contra a que se apela, resumimos o ocorrido da seguinte forma:
O propio acusado e agora apelante, Adolfo, efectivamente negou que agredise a Israel e presentouse el mesmo como vítima da lea que mantiveron.
O denunciante, Israel, declarou que estaba co tractor executando unha orde de derrubamento que teñen todos os da urbanización cando o acusado se puxo a gravalo co seu teléfono; el díxolle que deixase de gravalo e, ao non facer caso, baixou do tractor, dirixiuse a el e deulle un golpe coa man no teléfono; entón o acusado bateulle co teléfono na cabeza e o denunciante caeu cara a atrás, golpeouse co muro e caeu ao chan; tamén lle deu losqueadas coa man e patadas, unha á altura do nocello; logo apareceron veciños, entre eles, a muller e o fillo do acusado; Jairo non apareceu por alí, chamouno logo por teléfono; e aclarou que estivo uns cinco días cunha estribeira sen ir por alí.
A dona do acusado, Jessica, declarou que viu como o seu marido gravaba a Israel e este lle dicía que non o fixese; que este foi cara ao seu esposo e lle bateu coa man no teléfono, foi cando a testemuña chamou por un veciño para que acudise, e presentáronse Yoshua, Eugenio e o seu fillo Andy; que Israel estaba pegado ao muro e tiña o seu marido agarrado contra el; e que as lentes do seu marido voaron.
Eugenio declarou que viu os dous rifar e que os separou; e que estaban enganchados, contra o muro Israel, pero que non viu ningunha agresión.
Andy, fillo do acusado, manifestou que o veciño baixou do tractor e foi cara ao seu pai para agarralo do pescozo; que Israel se botaba cara a atrás, cara ao muro, que os cóbados lle daban contra este, que el mesmo se pechaba contra o muro.
Yoshua declarou que fora Israel quen se dirixira a Adolfo agarrándoo polo peito, sen referir nada verbo do suposto golpe coa man no teléfono deste último, e ameazándoo con romperlle o teléfono móbil; que Israel estaba pegado ao muro e tiña a Adolfo agarrado polo peito e este sostiña o móbil coa man en alto; que un tiraba para atrás e outro para diante.
Barbara viu como Israel foi cara a Adolfo e o agarrou polo pescozo, e xa foi o seu marido a separalos; e que o que estaba pegado ao muro era Adolfo e non Israel.
Jairo declarou que era veciño da urbanización e ese día estaba na súa casa a teletraballar; que ao escoitar berros asomouse á fiestra e viu a Israel rifar con Adolfo; que foi este quen lle deu unha puñada ao outro; viu dun xeito ben nidio como erguía a man e o alcanzaba na cabeza; como estaba en roupa interior, foise vestir para saír e cando chegou xa rematara todo e había máis veciños no lugar, polo que marchou, se ben logo chamou por teléfono a Israel para interesarse por como estaba.
E foi precisa e fundamentalmente este último testemuño o que a maxistrada xuíza considerou máis contundente, obxectivo e imparcial, para, en unión do dato obxectivo das indiscutidas lesións que presentaba Israel, compatibles coa súa versión dos feitos segundo a médica forense, ter por probados os feitos que motivaron a condena do agora apelante, Adolfo, como autor responsable dun delito de lesións previsto e penado no seu tipo básico no artigo 147.1 do Código penal. Máis aínda, á mesma maxistrada xuíza non lle mereceu ningún crédito o informe pericial achegado pola defensa, xa que, como xa se reflectiu polos comentarios que del fixo a médica forense, as doenzas do acusado, se ben lle xeraban dor, non o incapacitaban para actuar como lle imputaban, e como así mesmo o deduciu a propia maxistrada xuíza ao comprobar a linguaxe xestual (espaventos) do agora apelante cando perante ela declarou, que se poden comprobar na gravación informática da vista oral.
Por maior abastanza, quedaron acreditadas totalmente as lesións padecidas por Israel que se reflicten nos feitos probados da sentenza contra a que se apela, nos cales consta que para a súa curación se precisou de tratamento médico -o que xa imposibilitaba toda consideración dun hipotético delito leve de lesións- consistente na inmobilización e redución ortopédica e inmobilización do ombreiro mediante estribeira. Tardou en curar dez días de prexuízo básico e cinco de prexuízo moderado, e quedoulle como secuela unha agravación da xa existente artrose do ombreiro dereito no grao de moi leve.
As demais consideracións que realiza o recorrente, se ben son desculpables e comprensibles dende o punto de vista das teses da defensa, frontalmente chocan coa obxectiva e imparcial interpretación dos devanditos medios probatorios, cun resultado, iso si, adverso aos intereses da defensa, pero non por isto xa necesariamente impregnados dun erro na súa avaliación que abofé que por ningures albiscamos.
O fiscal solicitou dous anos de prisión. A acusación particular, oito meses de multa cunha cota diaria de 30 €. E a maxistrada xuíza, podendo impoñer a pena na extensión que estimase máis axeitada, en atención ás circunstancias persoais do delincuente e á maior ou menor gravidade do feito ( artigo 66.1.6ª do Código penal), fixouna non na de prisión solicitada polo fiscal, senón na de multa na mesma extensión que a pedida pola acusación particular -oito meses- e cunha cota diaria inferior -dez euros en lugar de trinta-. Xa que logo, superouse en tan só dous meses o mínimo legal da pena de multa, que, en todo caso, se sitúa dentro da metade inferior da prevista no artigo 147.1 do Código penal.
E este motivo tampouco merece acollerse porque todo comezou, como así se declarou probado na instancia, cando Israel manexaba un tractor e o agora apelante estaba a gravalo co seu teléfono móbil, e xurdiu así a lea coas xa aludidas consecuencias. Canon da pretendida moderación sería a maior ou menor incidencia do comportamento da vítima na produción do dano e non se trata dunha cuestión de compensación de culpas con ben difícil encaixe nos supostos, como o presente, de delitos dolosos, senón que, máis limitadamente, o campo do artigo 114 do Código penal se situaría naqueles supostos en que a contribución da vítima, non sendo causal nin por tanto situarse no resultado, pode ter algunha relevancia na materia indemnizatoria en virtude da facultade de discrecionalidade que en relación coa responsabilidade civil outorga este artigo aos tribunais (así, e por todas, a recente STS, Penal, Sección 1ª, do 24 de xaneiro de 2024 - ROJ: STS 688/2024 - ECLI:ES:TS:2024:688-).
Tras seren vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,
Fallo
Que debemos
Ao notificar esta sentenza, déaselle cumprimento ao previsto no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial.
Notifíqueselles esta sentenza ás partes facéndolles saber que esta resolución non é firme e que contra ela, de conformidade co art. 847 da LACrim, cabe interpoñer un
Así o pronunciamos, mandamos e asinamos, mediante esta sentenza, da que se levará unha certificación ao rolo de sala e que se anotará nos rexistros correspondentes.
A difusión do texto desta resolución a partes non interesadas no proceso en que foi pronunciada só poderá levarse a cabo logo da disociación dos datos de carácter persoal que conteña o documento e con pleno respecto do dereito á intimidade, dos dereitos das persoas que requiran un especial deber de tutela ou da garantía do anonimato das vítimas ou prexudicados, cando proceda.
Os datos persoais incluídos nesta resolución non poderán ser cedidos nin comunicados con fins contrarios ás leis.

