Sentencia Penal Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 7 de 09 de Julio de 1999
Sentencia Penal Audiencia...io de 1999

Última revisión
09/07/1999

Sentencia Penal Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 7 de 09 de Julio de 1999

Tiempo de lectura: 0 min

Tiempo de lectura: 0 min

Orden: Penal

Fecha: 09 de Julio de 1999

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de recurso: 7

Resumen
  0 Ministerio Fiscal á hora de elevar as súas conclusións provisionais a definitivas cualificou os feitos como constitutivos dun delicto de homicidio en grao de tentativa do artigo 138 en relación co 16.1 do Código Penal, en concurso cun delicto de atentado a axente da autoridade do art. 550 en relación co 552; outro delicto de detención ilegal do art. 163, outro de lesións do art. 147, e unha falta do art. 617.1, todos do Código Penal, do que consideraba responsable en concepto de autora á acusada, apreciando a concorrencia da circunstancia modificativa da responsabílidade criminal eximente lº do art. 20 do Código Penal, e rematando por para a referida acusada peticionar a medida de seguridade establecida no art. 101.1º de internamento para o seu tratamento médico por tempo non superior a 11 anos, 3 anos polo delicto de homicidio, 4 anos polo de atentado, e 4 anos polo delicto de detención ilegal, e como alternativa, a medida de seguridade establecida no art. 105.1º do Código Penal.Nemesio e Ramón renunciaron ás accións civís e penais. Os feitos que se declararon probados, pola conformidade dos mesmos amosada pola defensa da acusada, legalmente son constitutivos dun delicto de homicidio en grao de tentativa, previsto e penado no artigo 138, en relación co 16.l, en concurso cun delicto de atentado a axente da autoridade do art. 550, en relación co 552, outro delicto de detención i1egal do art. 163, e outro de lesións do art. 147, máis unha falta do art. 617.1 todos eles do vixente Código Penal.Das mencionadas infraccións delictivas é responsable en concepto de autora (artigos 27 e 28 do Código Penal) a acusada CARMEN. En canto á medida de seguridade á aplicar, pola acusación pública interesábase, de xeito alternativo, ou o internamento (artigo 101.1 CP), ou a submision a tratamento externo en centros médicos ou establecementos de carácter socio-sanitario (artigo 105 nº 1-a CP), medida esta última á que expresamente se tiña adherido a representación e defensa procesual da acusada.E ata tal punto resultou favorable este tratamento que, na data 12 de febreiro de 1998, foi dada de alta co diagnóstico de "trastorrio psicótico agudo polimorfo, non secundario a situación estresante aguda (F 23.0, CIE 10ª Rev, OMS 298.3; CIE 9ª Rev)-, para continua-lo seu seguimelito especializado na USM correspondente (a Unidade de Saúde Mental de Lalín). Máis tarde, e en datas máis recentes, a acusada veu amosando un bó estado, seguindo o tratamento psiquiátrico con absoluta normalidade, sen que causase ningún tipo de problemas ós familiares, esposo ou veciños (vid así o informe da garda civil), constando igualmente a teor do informe do xefe da sección de psiquiatría que CARMEN acude periodicamente ás revisión5 na amentada USM de Lalín. Que debiamos acordar e acordamos que CARMEN, como autora dun delicto de homicidio en grao de tentativa do art. 138 en relación co 16.1 do Código Penal, en concurso cun delicto de atentado a axente de autoridade do art. 550 en relación do 552, outro delicto de detención ilegal do art. 163, outro de lesións do art. 147, e unha falta do art. 617.1 sempre do vixente Código Penal, concorrendo como circunstancia modificativa da responsabilidade criminal a eximente do artigo 201ª do mesmo texto legal, sexa sometida á medida de seguridade prevista no artigo 105.1 a) do Código Penal, isto é, a súa submisión a tratamento externo en centros médicos ou establecementos de carácter socio-sanitario, por un tempo non superior a cinco anos.    

Voces

Homicidio

Tentativa

Detenciones ilegales

Responsabilidad

Trastorno mental

Acusación pública