Sentencia Penal Audiencia...io de 2013

Última revisión
11/10/2013

Sentencia Penal Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 595/2013 de 05 de Julio de 2013

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 18 min

Orden: Penal

Fecha: 05 de Julio de 2013

Tribunal: AP - Pontevedra

Núm. Cendoj: 36038370022013100195

Resumen:
CONTRA LA SEGURIDAD E HIGIENE EN EL TRABAJO

Encabezamiento



Resumen:

CONTRA LA SEGURIDAD E HIGIENE EN EL TRABAJO

Idioma:

Gallego





AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00194/2013

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2 de PONTEVEDRA

Domicilio: ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Telf: 986.80.51.19

Fax: 986.80.51.14

Modelo: 664250

N.I.G.: 36005 41 2 2005 0201831

RP ROLLO: APELACION PROCTO. ABREVIADO 0000595 /2013 J

Juzgado procedencia: XDO. DO PENAL N.4 de PONTEVEDRA

Procedimiento de origen: PROCEDIMIENTO ABREVIADO 0000097 /2011

RECURRENTE: MUSAAT, MAPFRE SEGUROS DE EMPRESAS , DIRECCION000 CB , Juan , MINISTERIO FISCAL FISCAL

Procurador/a: JOSÉ MANUEL DOMÍNGUEZ LINO, PEDRO SANJUÁN FERNÁNDEZ , JOAQUIN GABRIEL SANTOS CONDE , PEDRO ANDRES BARRAL VILA

Letrado/a: DOMINGO ESTARQUE MORENO, MANUEL ZORRILLA RIVEIRO , ANA ISABEL OUBIÑA SANTOS , CELESTINO BARROS PENA

RECURRIDO/A: Nicolas , ESTRELLA SEGUROS , Roque

Procurador/a: JOSÉ MANUEL DOMÍNGUEZ LINO, MARGARITA PEREIRA RODRIGUEZ , ISABEL SANJUÁN FERNÁNDEZ

Letrado/a: DOMINGO ESTARQUE MORENO, CARLOS FONTAN DOMINGUEZ , SILVIA MARIÑO LAIÑO

SENTENZA NÚM. 194

MAXISTRADOS/AS:

Ilmo. Sr. don José Juan Barreiro Prado, presidente

Ilma. Sra. dona Rosa del Carmen Collazo Lugo

Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea

PONTEVEDRA, cinco de julio de dos mil trece

Visto pola Sección Segunda desta Audiencia Provincial, na causa instruída co número 97/11, o recurso de apelación interposto por MUSSAT , representado por el procurador José Domínguez Lino y defendido por el Letrado Domingo Estarque Moreno, MAPFRE SEGUROS DE EMPRESAS S.A., representada por el procurador Pedro Sanjuan Fernández y defendida por el letrado Manuel Zorrilla, Juan , representado por el procurador Pedro Barral Vila y defendido por el letrado Celestino Barros Pena, DIRECCION000 C.B, representado por el procurador Joaquín Gabriel Santos Conde y defendido por la letrada Ana Oubiña Santos, y el MINISTERIO FISCAL, contra a sentenza ditada polo Xulgado do Penal núm. 4 de Pontevedra. Constituíronse como partes os mencionados recorrentes, sendo partes apeladas Nicolas , representado pro el procurador José Domónguez Lino y defendido por el Letrado Domingo Estarque Moreno, ESTRELLA SEGUROS S.A., representado por la procuradora Margarita Pereira Rodríguez y defendido por el letrado Carlos Fontán Domínguez, y Roque , representado por la procuradora Isabel Sanjuan Fernández y defendido por la Letrada Silvia Mariño Laiño. Actuou como relator o maxistrado don José Juan Barreiro Prado.

Antecedentes

Primeiro.- No acto do xuízo oral de referencia ditouse unha sentenza con data do cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte: 'Que absolvo a Nicolas e a Eliseo dos delitos contra os dereitos dos traballadores dos artigos 316 e 317, e dos delitos de lesións do artigo 150 e das faltas de lesións do artigo 621.e polos que foron acusados.

Que, por conformidade, condeno a Higinio como autor dun delito de lesións imprudentes do artigo 152.1.3º, en concurso ideal cun delito contra os dereitos dos traballadores do artigo 316 do Código Penal , coas seguintes penas: 1. A pena de 9 meses de prisión, accesoria de inhabilitación especial para o exercicio do dereito de sufraxio pasivo polo mesmo tempo.

2. A pena accesoria de inhabilitación para o exercicio de labores de construción por período de 9 meses.

3. Multa de 6 meses cunha cota de 8 euros día, con responsabilidade penal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas impagadas.

Que, por conformidade, condeno a Nicolas como autor dun delito de lesións imprudentes do artigo 152.1.3º, en concurso ideal cun delito contra os dereitos dos traballadores do artigo 316 do Código Penal , coas seguintes penas: 1. A pena de 9 meses de prisión, accesoria de inhabilitación especial para o exercicio do dereito de sufraxio pasivo polo mesmo tempo.

2. A pena accesoria de inhabilitación para o exercicio de labores de construción polo período de 9 meses.

3. Multa de 6 meses cunha cota de 8 euros día, con responsabilidade penal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas impagadas.

En concepto de responsabilidade civil Nicolas e Higinio indemnizarán a Juan con 29.733,96 euros máis o xuro legal, desta cantidade responderán subsidiariamente respecto aos indicados anteriores, as DIRECCION000 CB e Siva Obras y Servicios SL Destas cantidades responderán solidariamente cos acusados as compañías Mussat e Mapfre Industrial, si ben ésta última soamente da suma de 28.233,96 euros, e co xuro legal incrementado nun 50% desde o día 12 de decembro de 2005 ata o día 12 de decembro de 2007, a partires desta data o xuro será o 20% anual ata o completo pago.

Impóñenselle a metade das custas a Nicolas e Higinio , as restantes declaránse de oficio'.

E, como feitos probados , recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela: ' Primeiro: A entidade mercantil, Promociones DIRECCION000 CB, promoveu a construción dun edificio destinado a vivendas e locais comerciais composto por dous sotos, baixo, duas plantas e baixo cuberta na rúa As Baladas de San Antoniño, Barro, Pontevedra. Para a dirección técnica da obra foi contratado polo promotora como arquitecto Eliseo e como aparellador don Nicolas , maior de idade e sen antecedentes penais.

Para a construción da estructura do edificio a empresa promotora contratou a outra compañía e elaborou o preceptivo estudo de seguridade e saúde, designando ademais como coordinador de seguridade a Nicolas .

No estudo de seguridade e saúde elaborado inicialmente, polo arquitecto Eliseo , establecíase que, co obxecto de evitar caídas a distinto nivel, instalaríanse nos ocos varandas compostas por sarxentos metálicos e taboas de madeira de escuadra de 12x5 centímetros para pasamáns e protección intermedia e de 15x5 centímetros para rodapé. A pesares de elo, a empresa que levou a cabo a construción da estrutura de formigón do edificio colocou varandas formadas por táboas de madeira verticais e táboas de madeira horizontais. As primeiras ían suxeitas ao borde do forxado mediante cravos e as segundas formaban un pasamáns e unha proteción intermida. Non habían sarxentos metálicos nin rodapé e os táboas verticaris estaban cravados na mesma dirección na que empurra a varanda o facer forza sobre ela. Esta circunstancia era coñecida polo aparellador da obra e coordinador de seguridade Nicolas , quen visitaba regularmente a obra e a pesares de elo non promoveu acción algunha para corrixir as deficiencias da varanda.

No mes de agosto de 2005 unha vez concluídos os traballos de construción na estrutura de formigón do edificio, comezou a traballar na obra outra empresa contratada pola promotora, chamada Siva de Obras y Servicios SL, cuxo cometido era la realización de la obra de albanelería, mediante la construción de paredes e tabiques. El administrador de referida entidade, Roque , maior de idade e sen antecedentes penais, non levou a cabo acción algunha para corrixir as deficiencias que presentaban as varandas a pesares de coñecer as indicacións que contiña o estudo inicial de seguridade. Ademais, como responsable que era de la empresa construtora non elaborou o preceptivo plan de seguridade e saúde que, como complemento9 do primeiro, debía realizar.

O día 12 de decembro de 2005, atópanse traballando na obra varios operarios que desempeñaban, xa que logo a súa actividade en zonas proximas as vallas perimetraís que describíronse. Sobre as 10:30 horas de ese día Juan , traballador de Siva de Obras y Servicios SL, de 52 anos de idade, atopábase con outros compañeiros na primeira planta do edificio comendo o bocadillo. O observar que tiña molladas as botas de traballo, saíu a terraza o obxecto de poñelas a secar, o apoiarse unha das varandas, os cravos que a suxeitaban as taboas verticais ao forxados descraváronse caendo o operario ao vacío desde unha altura de 7 metros.

Segundo: A consecuencia desta caída Juan resultou con traumatismo craneo encefálico con exposición de plan oseo e perda e musculatura frontal, fractura aberta dos osos propios do nariz, fractura de sinfisis maxilar interior, perda de pezas dentarias, hemoseno esquerdo, fractura de apófisis espinosas en tres vertebras cervicais, traumatismo torácico con neumotorax e diversas erosións.

Precisou para a curación profilaxis e cura das feridas, analgesia, antiinflamatorios, tratamento cirúrxico mediante redución das fracturas e colocación de pracas e parafusos no queixo. Tardou en curar 228 días todos os que estivo incapacitado para o desenvolvemento das súas tarefas habituais, estivo ingresado en centro hospitalario 46 días.

Restanlle como secuelas: 1) unha cicatriz na fronte de 8 centímetros en forma de S itálica; 2) unha cicatriz no dorso do nariz de 2 centímetros, 3) material de osteosíntesis no quexo inferior; 4) alxias postraumáticas e 5) ombreiro doloroso en grado alto.

Cuarto: Nicolas tiña concertada unha póliza de aseguramento coa compañía Mussat, subscrita o día 29 de outubro de 2004, que cubría a responsabilidade deriva do exercicio da súa profesión.

A compañia Siva Obras y Servicios SL tiña concertada coa compañía Mapfre Industrial a responsabilidade civil derivada da edificacións de inmobles en territorio nacional, cunha franquía de 1500 euros por sinistro.

A compañía La Estrella aseguraba a responsabilidad civil da compañía Parnaiba SL'.

Con fecha 24 de septiembre de 2012 se dictó auto de aclaración , cuya parte dispositiva dice literalmente: 'SE ACUERDA LA RECTIFICACION de la sentencia de fecha 31 de agosto de 2012 en el sentido siguiente: en su fallo ha de constar que el penado es Roque en lugar de Higinio .

Se corrige, también, dicho fallo en el sentido de que uno de los acusados absuelto, es Justiniano , en lugar de Nicolas '.

Segundo.- Contra a devandita sentenza, a representación procesual dos recorrentes interpuxeron recursos de apelación, que formalizaron expondo as alegacións que constan nos seus escritos, os cales está unido ás actuacións.

Terceiro.- Logo de trasladarlle o escrito de formalización do recurso ao Ministerio Fiscal e ás outras partes, presentaronse escritos de impugnación baseándose en que a sentenza obxecto de recurso se axusta plenamente a dereito e solicitouse a súa confirmación.

Cuarto.- O xulgado do penal referido anteriormente remitiu a este Tribunal os autos orixinais con todos os escritos presentados para a sustanciación do recurso.

FEITOS PROBADOS Aceptamos e damos por reproducidos os feitos que se declaran probados na sentenza obxecto de recurso.

Fundamentos

Primeiro .- Contra a sentenza da instancia recorren en apelación as seguintes partes: a) A entidade Musaat, para solicitar a súa exención do pagamento dos xuros moratorios do artigo 20 da Lei de contrato de seguro .

b) A entidade Mapfre Seguros Empresas, S.A., que solicita a mesma exención.

c) A entidade DIRECCION000 , C.B., que primeiro solicita que se declare que non debe responder en concepto de responsable civil subsidiaria e, subsidiariamente, que se declare a responsabilidade da compañía La Estrella.

d) O prexudicado Juan , que solicita o acollemento do seu recurso no sentido de que se completen as indemnizacións recoñecidas no seu favor.

Segundo .- Para o prexudicado Juan a cuestión litixiosa radica na determinación do dano corporal e nos danos e perdas que se lle causaron e que non lle foron, xa que logo, convenientemente indemnizados.

O maxistrado xuíz a quo explicitou na súa sentenza, contra a que agora recorre o prexudicado, que aplicaba con carácter analóxico o denominado baremo que figura como anexo do Real decreto lexislativo 8/2004, do 29 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre responsabilidade civil e seguro na circulación de vehículos de motor, e a súa actualización en virtude da resolución do 24 de xaneiro de 2006 da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións, e porque neste ano tivo lugar a alta médica do lesionado. Seguiu así unha ben conteste e reiterada doutrina xurisprudencial da que é un recente exemplo o ATS do 16 de maio de 2013 (ROJ: ATS 5595/2013 ), pronunciado con motivo dun delito de lesións dolosas en concurso ideal cun delito de homicidio imprudente: El Anexo que acompaña a la Resolución de la Dirección General de Seguros y de Fondos de Pensiones, en desarrollo de lo dispuesto en el Texto Refundido de la Ley sobre Responsabilidad Civil y Seguro en la Circulación de Vehículos de Motor, se ciñe a los delitos imprudentes cometidos en el marco de la utilización de vehículos de motor (norma primera del Anexo a la Ley), sin que se hagan extensivos a delitos dolosos. Aunque es cierto que en ocasiones, esta Sala ha admitido su utilización, con carácter orientativo (así, STS 414/2009, de 23 de marzo ), pero siempre con carácter referencial ( STS 572/2012, de 27 de junio ). Por otra parte, como indica la sentencia de esta Sala 275/2012, de 10 de abril , salvo supuestos de extrema inadecuación, la determinación del importe indemnizatorio es materia que corresponde exclusivamente al Juzgador de instancia, pudiendo ser objeto de debate casacional tan sólo lo referente a las bases fácticas de dicha cuantificación.

En cuanto a las cantidades fijadas como responsabilidad civil, como se ha indicado, la utilización del Baremo tiene un carácter meramente orientativo, y no apreciándose que las cantidades fijadas sean desproporcionadas, han de ser mantenidas por tratarse su fijación de una facultad del Tribunal de Instancia, que solo en supuestos excepcionales puede ser revisada en casación.

Conforme o apelante cos 46 días de estancia hospitalaria, considera que cada un deles se debera indemnizar con 66 ? en troques dos 60,34 ? fixados polo maxistrado xuíz a quo na sentenza contra a que recorre. Porén, non podemos acoller este motivo de apelación. Na táboa V (indemnizacións por incapacidade temporal) da referida resolución do 24 de xaneiro de 2006 da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións, son 60,34 ? os fixados para cada día de baixa durante a estancia hospitalaria. Outro tanto cómpre dicir dos días de baixa impeditivos (nos que a vítima está incapacitada para desenvolver a súa ocupación ou actividade habitual). Son 49,03 ? os fixados por cada día na mesma táboa V, e foron os que así se fixaron por tal concepto na sentenza contra a que se apela, fronte aos 53,66 ? solicitados polo agora apelante, sen máis base que a mera conveniencia do seu lexítimo pero non forzosamente compartible interese de parte.

Pero a discrepancia coa valoración dos días de baixa impeditivos non se cingue ao seu número, senón tamén á súa duración. Neste sentido, o recorrente solicita que, en lugar de 181 días, se declare que foron 1215 os días impeditivos. E esta diferenza pretendía sustentala a acusación particular formulada polo lesionado Juan nunha profusa proba documental médica que non se procurou ratificar no acto da vista oral da instancia. Neste só compareceu a médica forense Soledad para, coa debida contradición, ratificarse no seu informe de sanidade e aclarar as diversas puntualizacións de todo tipo formuladas polas partes. Así pois, o xulgador a quo non podía atender a outra proba médica que a que merecía tal cualificativo pola súa práctica con todas as garantías no único e fundamental momento do xuízo oral.

O feito de que noutros informes médicos se estendera o período de curación do lesionado sen que os seus autores fosen propostos para acudiren e asistiren á vista oral, privábaos de toda virtualidade probatoria eficaz fronte ao ditame da médica forense que, polo demais, reflectía a previa consulta doutros informes facultativos. Por isto, e malia os traballados esforzos argumentativos por parte do apelante, o xulgador da instancia só podía avaliar a única proba médica realmente levada a cabo do xeito previsto para tal efecto. E esta foi, como dixemos, a prestada pola médica forense, por moitas tachas que agora se fagan verbo das súas facultades e condicións para efectuar a pericia.

O dito para os días de baixa impeditivos é mester aplicalo para a fixación das secuelas e a súa ponderada e prudencial cuantificación económica por parte do maxistrado xuíz a quo con referencia analóxica aos xa citados textos normativos e disposicións legais. En canto ao factor de corrección, xa foi recoñecido na instancia nun 10% sobre a suma acadada polos días de curación e polas secuelas. E no relativo aos gastos reclamados, os rexeitados na instancia foron desbotados porque se referían a actos de datas posteriores á alta por sanidade, sen que conste a súa imperiosa necesidade por calquera outro motivo.

En conclusión, rexeitamos o recurso de apelación formulado por Juan .

Terceiro .- A responsable civil subsidiaria DIRECCION000 , C.B., nega no seu recurso toda relación xerárquica de dependencia entre ela, como promotora, e Siva Obras y Servicios, como contratista. E considera que quedou acreditado que La Estrella Seguros asegura os seus riscos como promotora, rematando coa solicitude que xa reflectimos no apartado c) do fundamento de dereito primeiro desta mesma resolución.

Na declaración de feitos probados da sentenza contra a que se apela reflíctese que a promotora DIRECCION000 , C.B., contratou como aparellador a Nicolas . Tamén que a devandita promotora contratou a outra empresa para a construción do edificio e o preceptivo estudo de seguridade e saúde, designando como coordinador de seguridade ao mesmo Nicolas . E que este, na súa dobre condición de aparellador da obra e coordinador de seguridade, visitaba regularmente a obra, coñecíaa perfectamente e non promoveu acción ningunha para corrixir as deficiencias da varanda que ocasionou o accidente. É dicir, a relación entre a promotora apelante e Nicolas non só se limitaba á coordinación da seguridade, senón que era o aparellador que actuaba por conta daquela.

Xa que logo, todas as alegacións relativas a que DIRECCION000 , C.B., non designou a Nicolas , senón que contratou coa entidade Buxas da que o anterior era un mero empregado e que así este realizou o estudo de seguridade para a obra, para nada afectarían a declaración de responsabilidade civil da promotora apelante. En todo caso, como dixemos, contratou ao mesmo Nicolas como aparellador para a obra que promovía.

Noutra orde de cousas, se a partir de determinada data -agosto de 2005- na obra só interviñeron os empregados da contratista Siva Obras y Servicios, S.L., e a promotora DIRECCION000 , C.B., nin tiña nela ningún empregado nin sabía nada da súa marcha, como se alega, non obsta en nada ao dito. Mantíñase vixente a relación entre a apelante e o aparellador por ela nomeado e, amais, a varanda, que por non axustarse ao pautado e pola súa defectuosa execución e suxeición deu lugar ao accidente, fora instalada antes de que no devandito mes de agosto de 2005 a entidade Siva Obras y Servicios, S.L., comezase os traballos de albanelería, mediante a construción de paredes e tabiques.

A entidade DIRECCION000 , C.B., actuou na causa como responsable civil subsidiaria, non como acusación particular. Xa que logo, carece de lexitimación para solicitar a condena nesta alzada da entidade de seguros La Estrella. Pero, por maior abastanza, tamén compartimos o resolto na instancia verbo da exoneración desta última, xa que o asegurado por La Estrella eran os riscos derivados do quefacer de Parnaiba como sociedade limitada, non como comunidade de bens, que era como actuaba cando foi promotora na obra na que ocorreu o accidente.

Por estes motivos tamén rexeitamos o recurso de apelación de DIRECCION000 , C.B.

Cuarto .- As dúas entidades aseguradoras Musaat e Mapfre reclaman a exoneración do pagamento pola súa parte dos xuros moratorios do artigo 20 da Lei de contrato de seguro . O fiscal incluso se adhire a tal solicitude pola inxustiza que suporía impoñerlle ao asegurador a obriga de satisfacer anticipadamente unha cantidade en concepto de indemnización que non se axustaba a dereito por ser caprichosamente desorbitada con relación aos puntos de valoración subministrados pola médica forense. En concreto, fronte aos 820 324,15 ? solicitados polo lesionado, a sentenza recoñécelle un total de 29 733,96 ?.

Pois ben, cómpre lembrar a xurisprudencia -por todas, as recentes SSTS do 25 de febreiro de 2013 (ROJ: STS 1523/2013 ) e a do 21 de xaneiro de 2013 (ROJ: STS 372/2013 ), que citan exhaustivamente todas as anteriores- que se encarga de analizar o concreto particular relativo a se a discusión sobre a contía da indemnización se pode considerar causa xustificada ( artigo 20.8ª da Lei de contrato de seguro ) para os efectos de lexitimar a oposición da aseguradora cando a determinación final do importe da condena esixe un proceso xudicial no que se fixa unha indemnización inferior á solicitada. Segundo aquela, a falta de liquidez da indemnización e o feito de que se cuantifique por primeira vez na sentenza contra a que se apela (tras dirimirse a controversia en canto ás verdadeiras lesións e secuelas causalmente vinculadas ao sinistro) non poden valorarse como causa xustificada da falla de pagamento, xa que a débeda nace co sinistro. Por tanto, a sentenza que a cuantifica definitivamente non ten carácter constitutivo, senón meramente declarativo dun dereito que xa existía e pertencía ao prexudicado dende que ocorreu aquel. Deste xeito, confirmamos a imposición dos xuros moratorios do artigo 20 da Lei de contrato de seguro .

Noutra orde de cousas, o coacusado Higinio -administrador de Siva Obras y Servicios, S.L.- encárgase de contradicir á aseguradora que cubría a responsabilidade civil daquela derivada da edificación de inmobles. En concreto, no relativo ao coñecemento por parte de Mapfre da ocorrencia do sinistro, Higinio afirmou dun xeito contundente que inmediatamente lle deu parte á devandita aseguradora. E resulta paradoxal que, conformándose aquel como administrador da empresa asegurada cos feitos declarados probados, sexa agora a súa aseguradora a que, sen impugnalos, realice consideracións verbo das circunstancias que deron lugar ao accidente.

Quinto .- As custas da presente instancia impoñémosllelas aos apelantes por mor do rexeitamento dos seus recursos.

Tras seren vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,

Fallo

Que debemos DESESTIMAR o recursos de apelación interposto pola representación procesual de MUSSAT, MAPFRE SEGUROS DE ESPRESA S.A., Juan , DIRECCION000 C.B., así como la adhesión del MINISTERIO FISCAL, contra a sentenza ditada con data do 31 de agosto de 2012 , no procedimento abreviado núm. 97/11, polo Xulgado do Penal núm. 4 de Pontevedra , e confirmar esta sentenza, con imposición das custas desta alzada ás partes recorrentes.

A presente resolución é firme e contra ela non cabe recurso ningún.

Lévese testemuño desta resolución ás actuacións, que se devolverán ao Xulgado de procedencia para a súa eficacia e cumprimento.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos, mediante esta sentenza, da que se levará certificación ao rolo de sala e que se anotará nos rexistros correspondentes.

PUBLICACIÓN.- A anterior sentenza foi lida e publicada no día da data, polo maxistrado don José Juan Barreiro Prado, durante a audiencia pública. Dou fe.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.