Sentencia Penal Audiencia...io de 2013

Última revisión
11/10/2013

Sentencia Penal Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 616/2013 de 05 de Julio de 2013

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 9 min

Orden: Penal

Fecha: 05 de Julio de 2013

Tribunal: AP - Pontevedra

Núm. Cendoj: 36038370022013100190

Resumen:
ESTAFA (TODOS LOS SUPUESTOS)

Encabezamiento



Resumen:

ESTAFA (TODOS LOS SUPUESTOS)

Idioma:

Gallego





AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00195/2013

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2 de PONTEVEDRA

RP 79/13 (INTERNO)

Domicilio: ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Telf: 986.80.51.19

Fax: 986.80.51.14

Modelo: 213050

N.I.G.: 36038 43 2 2010 0005927

ROLLO: APELACION PROCTO. ABREVIADO 0000616 /2013-I-

Juzgado procedencia: XDO. DO PENAL N.3 de PONTEVEDRA

Procedimiento de origen: PROCEDIMIENTO ABREVIADO 0000070 /2013

RECURRENTE: Jose Ángel

Procurador/a: SENEN SOTO SANTIAGO

Letrado/a: JESUS SANTALO RIOS

RECURRIDO/A: MINISTERIO FISCAL FISCAL

Procurador/a:

Letrado/a:

SENTENZA NÚM.195

==============================================================

MAXISTRADOS/AS:

Ilmo. Sr. don José Juan Barreiro Prado, presidente

Ilma. Sra. dona Rosa del Carmen Collazo Lugo

Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea

==============================================================

Pontevedra a, cinco de xullo de dous mil trece.

Visto, pola Sección Segunda desta Audiencia Provincial, o rolo de apelación número 661/2013, o recurso de apelación interposto polo procurador don Senén Soto Santiago, en representación de don Jose Ángel , contra a sentenza ditada polo Xdo. do Penal nº 3 de Pontevedra. Constituíronse como partes o mencionado recorrente e o Ministerio Fiscal, na representación que lle é propia, e actuou como relator o maxistrado don José Juan Barreiro Prado .

Antecedentes

Primeiro.- No acto do xuízo oral de referencia ditouse unha sentenza con data do 10 de Abril de 2013 , cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte: 'Que debo CONDENAR Y CONDENO como autores penalmente responsables de un delito de estafa ya definido, a Genaro , conquien concurre la circunstancias atenuante de reparación del daño y la atenuante analógica de confesión, a la pena de tres meses de prisión con la accesoria de inhabilitación especial para el ejercicio del derecho de sufragio pasivo durante el tiempo de la condena, y a Jose Ángel , en quien non concurren circunstancias modificativas de la responsabilidad criminal, a la pena de seis meses de prisión con la accesoria de inhabilitación especial para el ejercicio del derecho de sufragio pasivo durante el tiempo de la condena. Con imposición de costas por mitad.

En concepto de responsabilidad civil, Jose Ángel deberá indemnizar a la Compañía de Seguros Mutua Madrileña en la cantidad de 334,27 euros' E, como feitos probados, recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela: 'Probado y así se declara que en fecha no concretada de la primera quincena del mes de diciembre de 2007, el acusado, Genaro , mayor de edad, del que no constan antecedentes penales, sufrió un accidente cuando conducía la motocicleta Honda CBR matrícula 8125-FWS propiedad de Manufacturas del Lérez con seguro concertado con la compañía MAPFRE, consistente en una caída sin la intervención de otro vehículo, causándose Genaro un esguince en el segundo dedo de lamano derecha y sufriendo desperfectos la motocicleta. Como el seguro concertado con Mapfre no cubría los daños propios, se puso en contacto con su amigo, Jose Ángel , mayor de edad, del que no constan antecedentes penales, propietario del vehículo Fiat Stilo matrícula ....-WYT con seguro concertado en la compañía Mutua Madrileña, y entre los dos planearon simular un siniestro con el objeto de comunicarlo a sus respectivas aseguradoras para que asumieran los costas de reparación. Siguiendo el plan que habían trazado, el día treinta y uno de diciembre de dos mil siete, se trasladaron en sus respectivos vehículos al lugar de Ponte-Bora (Pontevedra) y en un lugar próximo a un puente de la carretera po-224 depositaron la motocicleta sobre la calzada, derramaron aceite del motor y colocaron al lado el Fiat Stilo al que habían causado desperfectos en su parte frontal. Para dar mayor credibilidad al siniestro, dieron aviso a la Guardia Civil comunicando que se había producido un accidente por alcance, personándose en el lugar una patrulla que elaboró un informe estadístico. Seguidamente, Genaro se traslado al Hospital Domínguez donde fue asistido de las heridas sufridas en el accidente realmente ocurrido días atrás. Cada uno de los acusados se puso en contacto con su compañía aseguradora para dar parte del siniestro asumiendo Jose Ángel la responsabilidad del mismo. De esta foma la compañía MAPFRE abonó los gastos derivados de la asistencia médica de su asegurado que asecendieron a 201,67 euros pero no llegó a abonar el importe de reparación de la motocicleta que asecendía a 5.088,15 euros, al reconocer Genaro en escrito de fecha 23 de enero de 2009 dirigido a la compañía, que el accidente no había ocurrido en la forma declarada en parte de accidente. Posteriormente reintegró a la entidad aseguradora el imposte de la atención médica recibida.

Por su parte, la reparación del vehículo Fiat Stilo ascendió a 477,84 euros, abonando la MUTUA MADRILEÑA a Jose Ángel 334,27 euros, y éste último 143,57 euros por la franquicia' Segundo.- Contra a devandita sentenza, a representación procesual do/da recorrente interpuxo un recurso de apelación, que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal está unido ás actuacións.

Terceiro.- Logo de trasladarlle o escrito de formalización do recurso ao Ministerio Fiscal e ás outras partes, presentouse un escrito de impugnación baseándose en que a sentenza obxecto de recurso se axusta plenamente a dereito e solicitouse a súa confirmación.

Cuarto.- O xulgado do penal referido anteriormente remitiu a este Tribunal os autos orixinais con todos os escritos presentados e, tras seren recibidos FEITOS PROBADOS Aceptamos e damos por reproducidos os feitos que se declaran probados na sentenza obxecto de recurso

Fundamentos

Primeiro .- Na instancia foron condenados os acusados Genaro e Jose Ángel como autores responsables dun delito de estafa, previsto e penado nos artigos 248 e 249 do Código penal . Contra a sentenza da maxistrada xuíza a quo só recorre en apelación Jose Ángel . Solicita a súa nulidade para que se pronuncie outra resolución que supla as omisións que indica e, alternativamente, a súa condena por unha falta de estafa consumada ou un delito de estafa no grao de tentativa. A fiscala oponse a que acollamos a impugnación.

Segundo .- A solicitude nesta alzada da declaración de nulidade da sentenza contra a que se apela resulta improcedente e totalmente fóra de lugar. Se a parte considera que a sentenza incorreu en determinadas omisións, o que procede é acudir ao trámite previsto con carácter xenérico no artigo 267 da Lei orgánica do poder xudicial e, dun xeito máis específico neste eido penal, no artigo 161 da Lei de axuizamento criminal .

Porén, deixar que pase ese momento para, na mesma instancia, tratar de poñer remedio ás supostas omisións da resolución xudicial e na alzada alegalas para solicitar unha declaración tran drástica como a nulidade da sentenza, abofé que non podemos admitilo. E máxime cando a propia parte argumenta que xusto as supostas omisións que denuncia a colocan nunha clara indefensión para coñecer o proceso intelectual seguido pola maxistrada xuíza a quo para chegar á conclusión que, por ser contraria aos seus intereses, non comparte. Se diso se trataba, cunha mínima lealdade procesual puido obrar do xeito indicado. E se a resposta xudicial non a consideraba suficiente e satisfactoria, entón si, solicitar nesta alzada a nulidade da sentenza contra a que apela, nulidade que, por todo o dito, rexeitamos.

Por maior abastanza, e aínda que prescindísemos de todo o anterior, tampouco poderiamos acceder á declaración da nulidade da sentenza contra a que se apela. Abonda con lela para decatarse dun xeito ben doado de que a súa declaración de feitos probados se limita a reflectir o recoñecemento deles por parte dos acusados -o agora apelante e o que xa non apela-. Así se reflicte ao comezo do primeiro dos seus fundamentos de dereito e, por iso, non se comprende que maiores razoamentos se debían empregar respecto disto. Pero, ademais, o que se argumenta despois no recurso de apelación - Lo realmente reconocido por ambos acusados es la creación del falso siniestro a fin de proceder a reparar la motocicleta con cargo al seguro del coche de mi representado- consideramos que precisamente bota por terra todas as outras alegacións relativas á posible condena do apelante por unha mera falta de estafa ou un delito de estafa no grao de tentativa.

Por unha banda, subsistiría o que o outro acusado-apelado, Genaro , confesou verbo do particular relativo á causación voluntaria dos danos na parte frontal do Fiat Stilo, matrícula ....-WYT , propiedade do recorrente Jose Ángel . Xa que logo, de doada aprehensión era o proceso intelectual seguido pola maxistrada xuíza a quo para chegar ao pronunciamento condenatorio do apelante, que agora dun xeito ben comenenciudo este pretende descoñecer.

E, por outra banda, na hipótese de que non se causasen adrede os danos no vehículo de motor do recorrente para simular mellor un accidente de circulación inexistente, o seu recoñecemento de que participou na creación dese falso sinistro, para que o outro acusado arranxase os danos da súa motocicleta con cargo ao seu seguro do coche, non faría máis que encher o tipo penal da estafa polo que con evidente acerto foi condenado na instancia. Seguramente o expresa mellor a xulgadora a quo cando razoa que sería absurdo considerar atípica a conduta do apelante polo mero feito de que non pretendese obter ningún lucro propio e o único beneficiario fose o outro acusado, xa que o verdadeiramente transcendente resultou ser que prestou unha cooperación absolutamente imprescindible con actos obxetivamente necesarios para levar a cabo a consumación (fundamento de dereito primeiro, in fine , da sentenza contra a que se apela).

Máis aínda, e como apunta a fiscala que se opón ao recurso, a alusión nos feitos probados da sentenza da instancia a que colocaron no lugar do suposto accidente de tráfico o coche do apelante al que habían causado desperfectos en su parte frontal nin tan sequera apunta á única posibilidade de que foron os acusados ou só o recorrente quen causou os danos adrede, senón que resulta compatible con outra orixe allea e incluso preexistente á ideación e concerto para simular o sinistro.

En conclusión, con plena asunción do argumentado e resolto na instancia, rexeitamos o recurso de apelación.

Terceiro .- As custas da presente alzada impoñémosllas á parte apelante por mor do rexeitamento do seu recurso.

Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,

Fallo

Rexeitar o recurso de apelación interposto pola representación procesual de Jose Ángel contra a sentenza ditada con data do 10 de Abril no Proc. Abreviado nº 70/2013, polo Xdo. do Penal nº 3 de Pontevedra, e confirmar esta sentenza, con imposición das custas.

A presente resolución é firme e contra ela non cabe recurso ningún.

Ao notificar esta sentenza, déaselle cumprimento ao previsto no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial .

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos, mediante esta sentenza, da que se levará certificación ao rolo de sala e que se anotará nos rexistros correspondentes.

PUBLICACIÓN.- A anterior sentenza foi lida e publicada polo/a maxistrado don José Juan Barreiro Prado durante a audiencia pública. Dou fe.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.