Última revisión
04/11/2013
Sentencia Penal Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 691/2013 de 09 de Septiembre de 2013
nuevo
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Texto
Relacionados:
Voces
Jurisprudencia
Prácticos
Formularios
Resoluciones
Temas
Legislación
Tiempo de lectura: 6 min
Orden: Penal
Fecha: 09 de Septiembre de 2013
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Núm. Cendoj: 36038370022013100211
Resumen:
FALTA DE AMENAZAS
Encabezamiento
Resumen:
FALTA DE AMENAZAS
Idioma:
Gallego
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00219/2013
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2 de PONTEVEDRA
Domicilio: ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5
Telf: 986.80.51.19
Fax: 986.80.51.14
Modelo: N54550
N.I.G.: 36060 41 2 2013 0000864
ROLO: RJ APELACION JUICIO DE FALTAS 0000691 /2013 I
Juzgado procedencia: XDO.1A.INST.E INSTRUCCION N.2 de VILAGARCIA DE AROUSA
Procedimiento de origen: JUICIO DE FALTAS 0000228 /2013
RECURRENTE: Benedicto
Procurador/a: ENCARNACION FERNANDEZ SANCHEZ
Letrado/a: DESIREE DOMINGUEZ SOMOZA
RECURRIDO/A: MINISTERIO FISCAL FISCAL, Evelio
Procurador/a:
Letrado/a: ABOGADO DEL ESTADO
Procedemento: APELACION XUÍZO DE FALTAS 691/2013
SENTENZA NÚM. 219
Ilmo. Sr. Maxistrado-Presidente donJosé Juan Barreiro Prado
Pontevedra, a nove de setembro de dous mil trece
Neste rolo de apelación número 691/2013 dimanante dos autos de xuízo de faltas número 228/2013, procedentes do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución núm. 2 de Vilagarcía de Arousa, por Falta de ameazas, son partes: como apelante, don Benedicto , e como apelados, don Evelio , e o Ministerio Fiscal .
Antecedentes
Primeiro.- Con data do oito de maio de dous mil trece, o/a maxistrado/a xuíz/a do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución núm. 2 de Vilagarcía de Arousa, ditou sentenza nos autos orixinais dos que o presente rolo dimana. Os feitos probados da sentenza din literalmente: 'PRIMERO: Sobre las 10,00 del día 31 de diciembre de 2013, el denunciante se encontraba en su puesto de trabajo como inspector técnico de la Agencia Tributaria, en el edificio de Hacienda, sito en la Calle Elpidio Villaverde de esta localidad, y el denunciado reunió con él en el habitáculo donde está situado su despacho.
SEGUNDO: En un momento dado, durante su reunión, el Sr. Benedicto se dirigió al denunciante diciéndole textualente 'vou a ir a por ti', esto es algo personal, sé quién es tu mujer, dónde trabaja, sé que vive con sus padres en la CALLE000 nº NUM000 de Valga, sé que tienes un hijo pequeño que va al colegio'.
Tras esto, el denunciado abandonó el lugar por su propio pie.' Segundo.- O xulgado ditou a sentenza que contén a seguinte parte dispositiva: 'CONDE NO al acusado, Don. Benedicto , como autor responsable de una falta de vejaciones injustas, prevista en el art. 620.2º del Código Penal , a la pena de VEINTE DÍAS DE MULTA, con una cuota diria de DIEZ EUROS , con sujección a lal responsabildiad personal subsidiaria en caso de impago, prevista en el art. 53 del CP .
Asimismo, le impongo al acusado la prohibición de la comunicación y aproximación a la persona Don. Evelio en cualquier lugar que se encuentre, así como acercarse a su domicilio, lugar de trabajo y cualquier otro que sea frecuentado por ella en un radio de 200 metros durante seis meses.' Terceiro.- Notificada a mencionada sentenza ás partes, don Benedicto interpuxo un recurso de apelación, que foi admitido e tramitado de conformidade co disposto no artigo 795.4 da Lei de axuizamento criminal . Achegadas as actuacións a esta Audiencia, pasaron ao maxistrado relator para ditar resolución.
FEITOS PROBADOS Acéptanse e danse por reproducidos os feitos probados da sentenza contra a que se recorre.
Fundamentos
Primeiro.- Recorre en apelación Benedicto contra a sentenza que na instancia o condenou como autor responsable dunha falta de vexacións inxustas do artigo 620.2 do Código penal . Na procura da súa absolución alega, en primeiro lugar, a vulneración do principio acusatorio. Porén, nada hai máis lonxe da realidade, malia os traballados esforzos que se realizan en tal sentido no recurso.O feito de que inicialmente se seguisen as dilixencias por unha suposta falta de ameazas e trato degradante, que o fiscal cualificase os feitos como unha falta de respecto á autoridade e aos seus axentes e, subsidiariamente, como unha falta de ameazas -o avogado do Estado só acusou por esta última-, e que a xuíza a quo condenase por unha falta de vexacións inxustas non implica unha vulneración do principio acusatorio. Os feitos denunciados, axuizados e declarados probados pola sentenza contra a que se impugna son os mesmos. Agás a principal proposición do fiscal do artigo 634 do Código penal , o seu encadramento legal sempre se fixo dentro do artigo 620.2º deste mesmo código . con independencia de que se cualificasen os feitos como ameazas, inxurias ou vexacións inxustas -como fixo a xulgadora da instancia-.
Tal particularidade nin supón unha violación do principio acusatorio nin moito menos anulou ou minorou as posibilidades de defensa do agora apelante. Incluso non existiría dificultade na posible equiparación entre a ameaza e a vexación inxusta cando, polas expresións e conduta de quen as fai, non se tipifiquen e consideren como tal, senón que se reputen vexatorias de xeito leve. Isto é, non outra cousa semella que foi o que considerou a xuíza a quo e, insisto, ningunha vulneración se cometeu do principio acusatorio.
Segundo.- A segunda e derradeira alegación que se efectúa no recurso de apelación consiste no suposto erro cometido á hora de avaliar o material probatorio. Porén, tampouco podo acoller este motivo de impugnación xa que a xulgadora da instancia se limitou a avaliar en conciencia ( artigos 741 e 973.1 da Lei de axuizamento criminal ) os medios de proba perante ela practicados. Estas probas consistiron, fundamentalmente, nas declaracións do denunciante Evelio , do denunciado-apelante Benedicto , e das testemuñas Victorino e Luciano . O contido de todos estes testemuños e a súa análise xa están expresados na instancia nuns termos que non se poden rebater nesta alzada pola evidente carencia de inmediación.
Pero, ademais, incluso na crítica que dalgún deles fai o apelante no seu recurso só se albisca o seu inconfesable desexo de tratar de impoñer a súa versión por enriba da obxectiva de quen estaba destinada a resolver de xeito imparcial os feitos. Ningunha contradición se observa, por outra parte, entre o declarado polas referidas testemuñas e o propio denunciante, só pequenos matices e faltas de concreción que, se cadra, precisamente, contribúen á veracidade da proba de cargo así obtida e practicada cun evidente contido incriminatorio para o denunciado.
En consecuencia, rexeito o recurso e confirmo a sentenza contra a que se apelaba.
Terceiro.- Impoño as custas da presente instancia á parte apelante por mor do rexeitamento do seu recurso.
Tras seren vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,
Fallo
Desestimar o recurso de apelación interposto pola representación procesual de Benedicto contra a sentenza ditada con data do 8 de maio de 2013 no xuízo de faltas núm. 228/2013 polo Xulgado de 1ª Instancia e Instrución número 2 de Vilagarcía de Arousa, confirmar esta sentenza, con declaración de oficio das custas ao apelante.Contra a presente resolución non cabe recurso ordinario ningún.
Devólvanselle os autos orixinais ao xulgado de procedencia, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.
Deste xeito o pronuncio, mando e asino, por medio desta sentenza, da que se achegará certificación ao rolo.
PUBLICACIÓN.- Dada, lida e publicada foi a anterior sentenza por o Ilmo. Sr. Maxistrado Relator no mesmo día da súa data, da que eu Secretaria certifico.
