Última revisión
07/04/2025
Sentencia Penal 485/2024 Audiencia Provincial Penal de A Coruña nº 2, Rec. 304/2024 de 10 de diciembre del 2024
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 47 min
Orden: Penal
Fecha: 10 de Diciembre de 2024
Tribunal: Audiencia Provincial Penal nº 2
Ponente: XERMAN VARELA CASTEJON
Nº de sentencia: 485/2024
Núm. Cendoj: 15030370022024100497
Núm. Ecli: ES:APC:2024:3367
Núm. Roj: SAP C 3367:2024
Encabezamiento
SENTENCIA: 00485/2024
C/. DE LAS CIGARRERAS Nº 1 - EDIFICIO ANTIGUA FABRICA DE TABACOS. 1ª PLANTA
Teléfono: 981 18 20 74 /75/36
Correo electrónico: seccion2.ap.coruna@xustiza.gal TFNO. 881 881 899 /895/ 896/ 898
Equipo/usuario: ML
Modelo: SE0100 SENTENCIA MENORES
N.I.G.: 15030 77 2 2021 0000521
Juzgado procedencia: XULGADO DE MENORES N. 1 de A CORUÑA
Procedimiento de origen: EXPEDIENTE DE REFORMA 0000001 /2022
Delito: ACOSO
Recurrente: Mariola, Estefanía
Abogado/a: D. ANA LOPEZ ACON, MIGUEL ANGEL VAZQUEZ BLANCO
Recurrido: MINISTERIO FISCAL, María Purificación
Abogado/a: Dª LIDIA MARTINEZ VALLADARES
============================================================
============================================================
A Coruña, a 10 de decembro de 2024
Foi visto, pola Sección 2ª desta Audiencia Provincial, na causa instruída co número de rolo 304/2024 por esta Audiencia Provincial, o recurso de apelación interposto pola letrada Ana López Acón, en nome da menor Mariola, contra a sentenza do 1 de decembro de 2023 ditada no Expediente de reforma 1/2022 do Xulgado de Menores da Coruña. Contestaron o recurso a menor Estefanía asistida polo letrado Miguel Ángel Vázquez Blanco, e o letrado Benjamín Pedro Fernández-Novoa Valladares en nome da acusación particular exercitada pola representación de María Purificación e o Ministerio Fiscal na representación que lle é propia; e actuou como relator o maxistrado
Antecedentes
E, como feitos probados, recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela:
Hechos
NON SE ACEPTAN os feitos probados da instancia que son substituídos polos seguintes:
María Purificación
María Purificación
Fundamentos
Sobre o alcance das esixencias derivadas do principio de presunción de inocencia, así como do ámbito do control en supostos de recurso, aínda referidas evidentemente ao propio de casación, podemos destacar entre as varias resolucións do Tribunal Supremo a seguinte sentenza do 29 de xuño de 2017 ( ROJ STS 2582/2017):
A partir desas premisas debemos advertir que a revisión propia dun recurso de apelación cando é impugnada a valoración probatoria que levou á condena non cabe equiparala ao ámbito, máis restrinxido por diversos motivos, do recurso de amparo propio do Tribunal Constitucional. Se no recurso de amparo se ten debullado un ámbito de control referido á existencia de actividade probatoria de cargo regularmente producida, aínda engadindo dende hai anos unha nota de suficiencia que amplía algo o obxecto de control polo alto tribunal, no recurso de apelación por forza o control debe ser maior, pois non se debe esquecer a propia natureza do recurso e non queda cinguido ao control propio do Tribunal Constitucional que no exerce como segunda instancia.
Así, o recurso de apelación non reclama unicamente unha superficial comprobación de racionalidade no exposto na instancia. Máis aló diso procede realizar un exame tanto da actividade probatoria atendida (presunción de inocencia como regra de proba), como da forma en que foi valorada esa actividade probatoria (presunción de inocencia como regra de xuízo). A condena debe quedar xustificada pola valoración que foi realizada da actividade probatoria de forma tal que non quede oculta só na crenza subxectiva de quen xulgou senón que poida ser defendida como aceptábel ante un auditorio alleo ás súas posicións individuais. A iso se refire a doutrina indicada na sentenza do Tribunal Supremo con diversas formulacións que, en todo caso, remiten a un control da propia valoración que, sen ter que supor substituír sen máis ao órgano de instancia, si debe superar a tradicional referencia á simple racionalidade da valoración plasmada polo órgano de instancia.
a) Que as catro acusadas de forma
b) Que no primeiro trimestre
c) Que nun momento que non se determina
d) Que no segundo trimestre se gravou por toda a clase un vídeo no que aparecía a denunciante. Entón
Manifesta a sentenza como consecuencia deses feitos:
A sentenza recoñece que neste caso a proba dos feitos é de carácter persoal e as diversas manifestacións resultan contraditorias no seu contido. A sentenza valora as probas practicadas a partir da valoración que lle da á declaración da menor denunciante entendendo que esa declaración resta corroborada fundamentalmente pola declaración dunha das testemuñas, Rebeca, e parcialmente polo que manifestou outra, Luis Angel. Contrasta esas manifestacións coas das denunciadas e considera que non restan valor a aquela credibilidade dada á denunciante o manifestado por outra testemuña, Alberto e polas profesoras e director do centro educativo que declararon.
En concreto, en referencia á declaración da denunciante, repasa parte da xurisprudencia que analiza a posibilidade de valoración da declaración de quen comparece afirmando ter sido vítima dos feitos axuizados. Traslada esas consideracións ao caso concreto para concluír que neste caso non detecta elementos de incredibilidade subxectiva apelando á ausencia de deficiencia na denunciante e a que
María Purificación
A análise crítica da proba que nos reclaman as alegacións das partes tórnase no presente caso complexa por cando menos dous motivos.
Por unha banda temos uns feitos algo difusos na súa concreción en accións determinadas. O relato de feitos probados que sustenta a condena apela en realidade a catro atribucións fácticas todas situadas nos meses do curso académico 2020/2021. A primeira afirma que dende o principio ao final de curso de forma continuada as catro menores chamábanlle tonta. A segunda atribúelles ás catro ter convencido á denunciante de que se dirixira a un compañeiro ( Alberto) para dicirlle que quería saír con el e así mofarse despois dela. A terceira refire que a chamaban por un nome diverso ao dela se ben non queda claro se tamén ao longo de todo o curso. Finalmente atribúeselles ás catro chamala fea e horrorosa tras ver unha foto dela sen a máscara. O carácter difuso de parte desas atribucións, que remiten a algo que se di sucedido de forma continuada e repetitiva no tempo, vólvese máis complexo de manexar se temos en conta que se ve envolto con referencias que son reproches a condutas que non poden ter relevancia penal por si mesmas. Así que unhas menores teñan ou non boa relación con outra non ten esa relevancia, como tampouco pode tela que alguén de unha opinión negativa doutra ou que non desexe manter con ela unha relación de amizade. Dende logo é desexábel que exista un bo ambiente nas clases de menores, como tamén que fagan esforzos por integrar ás diversas persoas, pero de aí a construír un reproche penal existe unha diferenza substancial que non pode ser negada. Eses datos poderán ser atendidos en canto contexto do sucedido, pero non valorado como parte dos actos reprochados penalmente.
O segundo elemento que volve complexa a valoración é que estamos ante catro persoas acusadas que cada unha delas ten a súa propia responsabilidade. Certamente hai condutas que poden ser executadas cooperando varias persoas en diversas formas de coautoría, agora ben iso non permite que se deslice o razoamento cara unha sorte de atribución de responsabilidade colectiva en que caiba atribuír a cada unha das acusadas calquera comportamento descrito unicamente en referencia ao grupo sen especificar que concreta acción fai que ela sexa responsábel dela. Con maior motivo, non cabe atribuír ás catro acusadas comportamentos difusos que se refiren á totalidade da clase ou unha parte dela non definida.
Por outro lado, debemos lembrar novamente que o que debe ser obxecto de valoración é o practicado en xuízo e non actuacións anteriores á propia investigación neste caso fiscal. Desa forma as referencias na sentenza ao declarado ante a Garda Civil, que nalgún caso se realizaron na propia vista, non poden ser soporte probatorio. Tampouco cabe acudir ao declarado na instrución ante Fiscalía dada a forma sorprendente en que se realizou a introdución desas declaracións. En varios momentos do xuízo ás testemuñas indicóuselle con insistencia que afastarse do declarado anteriormente podía ter consecuencias e nalgún caso entregóuselles a súa declaración anterior para que, para si mesmos e non en voz alta, a leran antes incluso de manifestar nada. Tal forma de proceder é completamente contraria ao contido do artigo 714 LACrim e supón, por un lado, limitar a liberdade da declaración da testemuña, pero sobre todo, por outro lado, supón que esas lecturas previas non sexan unha forma válida de introdución das declaracións previas ao xuízo oral pois nin respondían en todos os casos a contradicións co manifestado en xuízo, nin se producía o acto coa publicidade que require o artigo 714, nin se concretaba en pedir as explicacións sobre contradicións que se apreciaban.
Pois ben, despois do visionado do vídeo, non podemos compartir a valoración realizada na instancia. A declaración da menor si aparece tinxida dunha manifesta animadversión da denunciante contra as acusadas. Certamente esa animadversión podería ser coherente con que sucedesen os feitos declarados probados, pero tamén con que sucedesen outros de menor entidade, reprochábeis ao mellor noutras perspectivas, pero non relevantes penalmente que provocasen que cando interpón a denuncia (ao final do curso) si exista un enfrontamento que lle leve, non a mentir pois tal cousa en absoluto é apreciábel, senón a ter a súa propia visión da forma de ter ido sucedendo os feitos. En todo caso, non é iso o máis relevante. O relevante é que a súa declaración está marcada por ese carácter difuso das imputacións que indicábamos ao principio tanto na concreción de que determinadas accións (ou algunhas delas) sucederan para chegar a unha imputación como a que realiza o relato de feitos probados, como no referido á concreción de que fixeran cada unha das catro acusadas. Neste último punto debemos indicar que en varios momentos os reproches da declarante eran dirixidos a todo un sector da clase e non a estas catro, e cando o eran a estas catro non se podía determinar que fixera cada unha. Pedida concreción o que manifestou era que
O segundo incidente que se deu por probado atribúe ás catro, sen maior especificación, ter convencido, sen concretar como, á denunciante para que lle dixese a Alberto que quería saír con el, respondendo el que el non e, segundo a sentenza, provocando iso unha situación humillante xeradora de burlas posteriores. O primeiro elemento que debemos destacar é que a propia sentenza non da por probado expresamente que entre as acusadas e ese compañeiro de clase existise un concerto previo para provocar esa situación, tampouco sequera que soubesen que a resposta sería negativa. Tampouco da a sentenza por probado en que consistiu a situación humillante máis aló da resposta negativa que, debemos entender, é unha das posíbeis cando se comunica algo así a outra persoa. Por último, a sentenza non da por probado que as acusadas fixesen obxecto de mofa esa negativa senón que remite de forma novamente imprecisa a
No referido ao incidente que se concreta en empregar outros nomes para referirse á denunciante é a propia denunciante a que preguntada por iso manifestou que iso sucedera 2 ou 3 veces e considérao unha broma que, parece, adquiriu relevancia polos feitos posteriores pero en si mesma non hai especial concreción sobre o seu alcance.
Por último, en canto ao relativo ao coñecemento do aspecto físico despois do vídeo realizado na clase a propia sentenza non atribúe ás menores nada relacionado coa obtención da imaxe, que por outro lado é discutíbel teña alcance penal. O que se atribúe ás menores acusadas é que
Xa por último a relación de causalidade entre os feitos probados e a situación da denunciante non se xustifica na sentenza e, unha vez revisados conforme ao que vimos analizando, non atopamos ningún fundamento sólido que xustifique atribuír ao comportamento das acusadas esas consecuencias.
O artigo 173 do Código penal polo que se acorda a condena neste caso é unha das descricións típicas das que contén o Código penal menos descritivas e xera un relevante problema interpretativo ao ser necesario dotar de significado ao que describe. Efectivamente, a conduta sancionada é a de quen
É habitual referir a dignidade da persoa como ben protexido e apelando a que supón un trato degradante toda conducta que supoña negarlle a unha persoa a dignidade que lle é propia, moitas veces apelando á idea de tratala como un obxecto desprovisto da dignidade que sempre se lle debe recoñecer a toda persoa. Agora ben, é evidente que esas referencias son altamente imprecisas e remiten a conceptos normativos cargados de subxectividade no sentido de que cada persoa interpreta os parámetros da dignidade de forma diversa. Ademais son moitas as condutas que pode supor un trato degradante nun determinado uso desa expresión. Así, por exemplo, os delitos contra o honor supoñen un trato degradante en certo uso da expresión pois atentan contra o trato digno que a persoa merece, desprovéndoa do respecto merecido, é dicir degradándoa. Pero é evidente que non calquera conduta que poida merecer en certos usos da linguaxe esa cualificación, debe merecela cando se trata da definición deste delito.
No camiño de tentar concretar os supostos que poderían ser incluídos razoabelmente no ámbito sancionado penalmente que debemos definir, hai que partir de que non poden ser as ideas do interprete as que se impoñan sen máis. Sen prexuízo de que non poderá o intérprete afastarse completamente das súas propias concepcións vitais, debe procurar identificar indicadores asumíbeis pola Sociedade e polo lexislador. Así, o propio tipo penal da unha referencia relevante que debe restrinxir a interpretación cal é que non será incluíbel no tipo penal calquera trato degradante senón aquel que non só menoscabe a integridade moral da persoa afectada, senón que o faga gravemente. Esa referencia normativa do tipo é un elemento que debe restrinxir o ámbito de condutas só as que se poidan entender como identificábeis por calquera observador como graves.
Unha segunda referencia é dada polo Código penal ao sancionar estas condutas cunha pena que só poderá ser de prisión (referímonos, claro, á previsión para maiores de idade). E trátase dunha pende prisión que poderá ir de seis meses a dous anos. Ese marco penal, por poñer un exemplo, pode ser comparado co homicidio imprudente que prevé unha pena dun a catro anos de prisión, é dicir parcialmente coincidente.
No mesmo artigo atopamos outras condutas sancionadas coa mesma pena que poden ser baremos da gravidade que é exixíbel a estas que tentamos precisar. Así, a mesma pena é imposta a quen coñeza a localización dun cadáver e oculten ese dato a familiares ou persoas próximas sempre que o fagan de
Outro punto de referencia atopámolo no artigo 172 ter que sanciona unha serie de condutas con menos pena (prisión de tres meses a dous anos e coa posibilidade de optar por unha pena de multa). Se iso é así, non parece que condutas que non cumpran cos mesmos requisitos de inxusto poidan ter maior pena. Concretamente, o artigo 172 ter sanciona a quen de forma
Traendo esas consideracións ao presente suposto resulta evidente que os feitos que declaramos agora como probados non constitúen ese delito, pero tamén que non o serían os declarados probados na sentenza. Foi relevante na valoración probatoria, pero debemos insistir agora en que se mesturaron en todo momento referencias a imputacións de comportamento pouco ético con referencias a comportamentos penalmente relevantes. Así, como exemplo, que sexa pouco ético convencer, como entendeu a sentenza que sucedera, a unha menor para achegarse a outro para proporlle unha relación sabendo que a resposta será negativa, poderá ser obxecto de crítica noutros planos, pero por si mesmo non se pode afirmar que recibir unha resposta negativa sexa un acto humillante. Poderá chegar a ter tal carácter, pero non o ten por si mesmo e, por iso, tería sido preciso aclarar en que consistiu ese plus que volvía este suposto nunha humillación, ademais, grave. Da mesma forma, reiterar unha inxuria non é un acto que menoscabe por si mesmo gravemente a dignidade moral. Iso suporía afirmar que en todos os casos de afección á fama doutra persoa estamos ante unha perda completa de dignidade da persoa inxuriada. Algo parecido cabería dicir das inxurias referidas ao aspecto físico que son descritas de novo como unha sucesión de inxurias. En resumo, a sentenza non describe feitos que poidan merecer a consideración de grave atentado á dignidade moral doutra persoa. Que sexa moi relevante atender ao valor de protección dos menores non pode supor que calquera conduta que lles afecte deba ser considerada automaticamente como grave, menos cando iso supón tamén sancionar a outras menores e consideralas autoras dun delito que, pola súa gravidade, debería aplicarse a feitos de singular relevancia.
Tras seren vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,
Fallo
Que debemos
Ao notificar esta sentenza, déaselle cumprimento ao previsto no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial
Contra esta resolución non cabe recurso ordinario ningún..
Así o pronunciamos, mandamos e asinamos, mediante esta sentenza, da cal se levará certificación ao rolo de sala e que se anotará nos rexistros correspondentes.
La difusión del texto de esta resolución a partes no interesadas en el proceso en el que ha sido dictada sólo podrá llevarse a cabo previa disociación de los datos de carácter personal que los mismos contuvieran y con pleno respeto al derecho a la intimidad, a los derechos de las personas que requieran un especial deber de tutelar o a la garantía del anonimato de las víctimas o perjudicados, cuando proceda.
Los datos personales incluidos en esta resolución no podrán ser cedidos, ni comunicados con fines contrarios a las leyes.

