Última revisión
09/05/2025
Sentencia Penal 487/2024 Audiencia Provincial Penal de A Coruña nº 2, Rec. 422/2024 de 13 de diciembre del 2024
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 53 min
Orden: Penal
Fecha: 13 de Diciembre de 2024
Tribunal: Audiencia Provincial Penal nº 2
Ponente: XERMAN VARELA CASTEJON
Nº de sentencia: 487/2024
Núm. Cendoj: 15030370022024100496
Núm. Ecli: ES:APC:2024:3366
Núm. Roj: SAP C 3366:2024
Encabezamiento
-C/. DE LAS CIGARRERAS Nº 1 - EDIFICIO ANTIGUA FABRICA DE TABACOS. 1ª PLANTA
Teléfono: 981 18 20 74 /75/36
Correo electrónico: seccion2.ap.coruna@xustiza.gal TFNO. 881 881 899 /895/ 896/ 898
Equipo/usuario: MV
Modelo: 213100 SENTENCIA MODELO RP
N.I.G.: 15030 77 2 2022 0000656
Juzgado procedencia: XULGADO DE MENORES N. 1 de A CORUÑA
Procedimiento de origen: EXPEDIENTE DE REFORMA 0000310 /2022
Delito: AMENAZAS (TODOS LOS SUPUESTOS NO CONDICIONALES)
Recurrente: Damaso, Tomás
Procurador/a: D/Dª ,
Abogado/a: D/Dª ARANZAZU ALBINA DE MIGUEL FEIJOO, LAURA MARIA PAN TARRIO
Recurrido: MINISTERIO FISCAL
Procurador/a: D/Dª
Abogado/a: D/Dª
============================================================
============================================================
A Coruña, a 13 de decembro de 2024
Foi visto, pola Sección 2ª desta Audiencia Provincial, na causa instruída co número de rolo 422/2024 por esta Audiencia Provincial, os recursos de apelación interpostos, un pola letrada Laura Pan Tarrío, en nome do menor Tomás, e outro pola letrada Aránzazu de Miguel Feijoo, en nome do menor Damaso, ambos contra a sentenza do 15 de xaneiro de 2024 ditada no Expediente de reforma 310/2022 do Xulgado de Menores da Coruña. Contestou os recursos o Ministerio Fiscal na representación que lle é propia; e actuou como relator o maxistrado
Antecedentes
E, como feitos probados, recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela:
Vidal
Hechos
NON SE ACEPTAN os feitos probados da instancia que son substituídos polos seguintes:
Fundamentos
De aí salta ao curso 2022, en setembro en que durante dez días (do 9 ao 19) di que Tomás de forma continuada
O 19 de setembro da por probado que nunha clase a media mañá Damaso
A sentenza valora a proba partindo de reproducir algunha resolución en referencia á valoración de quen se afirma vítima dun feito. En canto á denominada credibilidade subxectiva apela á non concorrencia de deficiencias no menor denunciante, a que os dous acusados manifestaron que eran amigos entre si e non tiñan relación co denunciante e a que non foi solicitada indemnización. O relato do denunciante manifesta que foi idéntico nas súas diversas expresións (denuncia, Fiscalía e xuízo oral) e non contén contradicións internas, tamén valorou a firmeza e claridade expositiva. Reproduce entón o que di afirmado na vista sobre Tomás ao que atribúe as expresións indicadas e engade que o facía
Recoñece entón que estamos ante dos versións contraditorias e afirma que ofrece
Tras referir esa declaración do denunciante e caracterizala como acabamos de ver, expón o manifestado polos dous menores acusados. De Tomás extrae que negou que sucedesen os feitos a el atribuídos e que no referido ao incidente do 19 de setembro manifestou que foi o denunciante o que bateu no brazo a Damaso. Este manifestou, mellor que admitir ou recoñecer pois son feitos neutros, ir na mesma clase e ser amigo de Tomás. Sobre o sucedido o día 19 manifestou que
Argumenta entón contra unha manifestación que atribúe ás defensas cal é que a profesora non intervén nese incidente por non serlle referido por, en opinión das defensas, non ter sucedido. A sentenza contrapón a ese argumento que
As declaracións das testemuñas rexéitaas ao consideralas contraditoras entre si, co manifestado polos menores acusados e co que consta nun expediente administrativo. Concretamente afirma que Remedios manifestou que non observara os insultos e o día 19 Vidal díxolle que Damaso o ameazara e Damaso tiña unhas tesoiras na man, pero ela di que só escoitou unha discusión non concreta, o que a sentenza entende contraditorio co dito por Damaso sobre unha discusión. Jose Luis incorporouse á clase de Tomás e Vidal en setembro de 2022 e dixo ter escoitado insultos entre os dous pero sen saber que insultos,
Nese punto a sentenza manifesta que se constatan dúas versións contraditorias. Reitera entón a persistencia na incriminación do relato do menor denunciante e considera o feito de que a profesora non negase que o menor protestase por ter sido ameazado, senón que dixo que ela non o recordaba. Apela entón a que ao menor se lle cambiou de sitio e a que nun informe psicolóxico afírmase ter atendido ao menor denunciante nos meses posteriores de marzo a maio de 2022
Os dous recursos discuten a valoración probatoria realizada na sentenza analizando o resultado desa actividade e concluíndo que non pode sustentar a condena nos termos en que se fixo. O Ministerio Fiscal defende que non cabe entrar a analizar a valoración da proba realizada na sentenza salvo manifesto erro e defende que a realizada é correcta.
Así, a sentenza do Tribunal Constitucional 80/2024 estabelece unha diferenza entre o alcance da revisión nas apelacións contra sentenzas absolutorias e contra as de condena, indicando respecto destas últimas:
O alcance da revisión afecta, pois, tanto a examinar o resultado da actividade probatoria, como o iter argumentativo que levou á sentenza de condena.
En todo caso, neste suposto adquire unha especial relevancia o tipo penal determinante da condena tamén ao analizar os feitos pois serán relevantes para a nosa decisión os feitos que poidan ter unha transcendencia penal e esa está determinada polos elementos do tipo determinante da condena.
O artigo 173 do Código penal polo que se acorda a condena neste caso é unha das descricións típicas das que contén o Código penal menos descritivas e xera un relevante problema interpretativo ao ser necesario dotar de significado ao que describe. Efectivamente, a conduta sancionada é a de quen
É habitual referir a dignidade da persoa como ben protexido e apelando a que supón un trato degradante toda conducta que supoña negarlle a unha persoa a dignidade que lle é propia, moitas veces apelando á idea de tratala como un obxecto desprovisto da dignidade que sempre se lle debe recoñecer a toda persoa. Agora ben, é evidente que esas referencias son altamente imprecisas e remiten a conceptos normativos cargados de subxectividade no sentido de que cada persoa interpreta os parámetros da dignidade de forma diversa. Ademais son moitas as condutas que pode supor un trato degradante nun determinado uso desa expresión. Así, por exemplo, os delitos contra o honor supoñen un trato degradante en certo uso da expresión pois atentan contra o trato digno que a persoa merece, desprovéndoa do respecto merecido, é dicir degradándoa. Pero é evidente que non calquera conduta que poida merecer en certos usos da linguaxe esa cualificación, debe merecela cando se trata da definición deste delito.
No camiño de tentar concretar os supostos que poderían ser incluídos razoabelmente no ámbito sancionado penalmente que debemos definir, hai que partir de que non poden ser as ideas do interprete as que se impoñan sen máis. Sen prexuízo de que non poderá o intérprete afastarse completamente das súas propias concepcións vitais, debe procurar identificar indicadores asumíbeis pola Sociedade e polo lexislador. Así, o propio tipo penal da unha referencia relevante que debe restrinxir a interpretación cal é que non será incluíbel no tipo penal calquera trato degradante senón aquel que non só menoscabe a integridade moral da persoa afectada, senón que o faga gravemente. Esa referencia normativa do tipo é un elemento que debe restrinxir o ámbito de condutas só as que se poidan entender como identificábeis por calquera observador como graves.
Unha segunda referencia é dada polo Código penal ao sancionar estas condutas cunha pena que só poderá ser de prisión (referímonos, claro, á previsión para maiores de idade). E trátase dunha pende prisión que poderá ir de seis meses a dous anos. Ese marco penal, por poñer un exemplo, pode ser comparado co homicidio imprudente que prevé unha pena dun a catro anos de prisión, é dicir parcialmente coincidente.
No mesmo artigo atopamos outras condutas sancionadas coa mesma pena que poden ser baremos da gravidade que é exixíbel a estas que tentamos precisar. Así, a mesma pena é imposta a quen coñeza a localización dun cadáver e oculten ese dato a familiares ou persoas próximas sempre que o fagan de
Outro punto de referencia atopámolo no artigo 172 ter que sanciona unha serie de condutas con menos pena (prisión de tres meses a dous anos e coa posibilidade de optar por unha pena de multa). Se iso é así, non parece que condutas que non cumpran cos mesmos requisitos de inxusto poidan ter maior pena. Concretamente, o artigo 172 ter sanciona a quen de forma
Esas previsións si achegan puntos de referencia. Así, por exemplo, se o mesmo artigo entende que
Que alguén insulte de forma repetida a outra persoa pode supor un delito continuado de inxurias. Por si mesma esa conduta non alcanza a entidade do delito contra a integridade moral se temos en conta as referencias que acabamos de dar. Haberá supostos nos que esa conduta reiterada adquira unha singular relevancia dadas unhas determinadas circunstancias, pero é preciso que, por un lado, exista proba desas circunstancias que fagan especialmente relevante a conduta, de por si mala, de insultar reiteradamente de forma que chegue ao baremo dun atentado contra a integridade moral, e, por outro lado, deberá razoarse en sentenza de forma precisa que xuízo leva a esa valoración que supera o que sería marco natural de sanción das inxurias.
A sentenza, como vimos, fúndase en entender que a declaración do menor cuxa nai denunciou debe entenderse como proba suficiente pola súa persistencia e a forma de exposición que tivo o menor en sala. O certo é que ningunha outra proba apoia a súa versión dos feitos, todo o máis poderá dicirse que non é incompatíbel con que os feitos sucedesen, pero en ningún caso afirman que así fose. A única proba á que cabe acudir pretendendo ese apoio é a un informe que non foi emitido en xuízo e cuxa autora non se someteu nin a publicidade nin a contradición. En todo caso, ese informe só pode afirmar que meses despois do último incidente referido, en marzo do ano 2022, o menor presentaba uns síntomas, pero nin refire o seu relato, nin se pode extraer del a realidade dese relato.
A relevancia dada na sentenza á declaración do menor que se di padeceu os feitos obríganos a examinar o referido á valoración desa fonte de proba.
Está completamente consolidada a doutrina que advirte que a declaración de quen afirma a acusación que foi vítima dun feito, e que tamén pode ser denunciante dese feito, é un elemento de proba válido. Válido quere dicir que pode ser valorado, non que constatar a súa presenza sexa suficiente para fundar unha decisión de condena. Iso si, debe ser valorado con cautela.
Son tres os elementos que a xurisprudencia ten destacado como de necesaria análise antes incluso de entrar propiamente a valorar a forza probatoria que poida ter. É importante significar que non se trata de requisitos de validez probatoria da declaración de forma tal que a ausencia dalgún deles esixa excluír ese medio probatorio. E tamén que non se trata de criterios de suficiencia probatoria e que no caso de concorreren permitan ter, sen máis análise, por probado o relatado. Fronte a esas dúas visións, os elementos que a xurisprudencia ten decantado son unha análise mínima das circunstancias da declaración que deben influír de forma notábel na valoración do concreto medio de proba que, en certo sentido, é posterior a esa análise.
Pola coñecida reiteración da doutrina xurisprudencial da materia, non tan homoxénea como poida parecer pero si suficientemente constante nos aspectos centrais, só mencionamos como exemplo desta doutrina o manifestado na Sentenza do Tribunal Supremo de 7 de novembro de 2022 ( ROJ STS 4037/2022):
A lectura desa e outras moitas sentenzas, sobre a valoración dos medios de proba derivados da declaración da persoa que se di vítima dos feitos, advirte que o test ou elementos críticos que sinala non teñen por obxectivo dar forza a esa declaración, senón determinar se existen factores que, en principio, negan a posibilidade de que sexa atendida a declaración. Efectivamente, se existe unha declaración emitida por alguén con problemas de percepción, de memoria ou de capacidade de declarar, ou ben que alberga motivos claros para prexudicar a quen sexa acusado, fallara a credibilidade subxectiva. Ou, no referido á credibilidade obxectiva, non se poderá proclamar no caso de relatos que pugnen coas leis da natureza ou co razoabelmente posíbel por diversos motivos, como tampouco caberá nos casos en que xa se poida advertir que outros resultados probatorios directamente negan a posibilidade do manifestado. Por último, unha declaración que varía no tempo, máis se o fai en elementos substanciais, dificilmente poderá ser base para unha condena.
Agora ben, dixemos que esas situacións, que poucas veces se darán todas á vez, só
Desa forma, o test permite supor a fiabilidade inicial da declaración, pero, por un lado, debe ser valorado xunto ao resto de elementos probatorios e o seu resultado, e, por outro lado, segue reclamando dalgún tipo de corroboración por outros resultados probatorios.
Unha vez analizado ese elemento probatorio, de superar o test ou, cando menos, non ter un resultado que leve á súa exclusión, procede seguir analizando os outros elementos probatorios para chegar á que denominamos valoración conxunta.
Ademais, no que se denominou credibilidade obxectiva reclámase constatar se algún outro elemento de proba nega ou cuestiona solidamente a posibilidade de que sucedese o relatado. Aí esgótase o test, pero non a valoración exixíbel. Unha cousa é constatar que non é negada a posibilidade de que sucedese o relatado por ningún outro resultado probatorio, e outra distinta que os outros resultados confirmen ou cuestionen o relatado. Esta última análise entendemos que é posterior á valoración do test que, neste sentido, tería unha función máis negativa (excluír da valoración a declaración que non supere a análise), que positiva (permitir só por superar o test esa declaración fundar só nela unha eventual condena). Esta última opción, aínda que ás veces algunha sentenza pareza asumila, non se separaría en realidade dunha condena fundada no que o Tribunal Supremo definiu como
Efectivamente, a superación do test nos termos presentados pola xurisprudencia só implica que o relato podería ser críbel. Así será cando non se detecten patoloxías que fagan desconfiar da súa percepción, recordo ou capacidade de manifestación, ou motivacións espurias (credibilidade subxectiva); o relato non apareza como imposíbel, nin frontalmente contrario a outros resultados probatorios (credibilidade obxectiva); e o relatado fora, nos elementos máis relevantes, igual nas diversas oportunidades nas que foi vertido (persistencia). Agora ben, ningún deses elementos por si só supoñen algo máis que a posibilidade da realidade do manifestado, sen outros elementos, aínda que sexan periféricos, que confirmen ou corroboren o relatado, o certo é que a condena, por moi extensa que sexa a argumentación ou a análise deses elementos, seguirá sendo consecuencia unicamente dun acto de fe, pois, ao fin, só poderá afirmar que se cre á testemuña. Tal cousa non sería compatíbel co principio de presunción de inocencia.
Os feitos constitúen en realidade tres feitos diversos. Un se sitúa no curso académico 2021/2022 e só se refiren ao que se feito por Tomás contra Vidal, pois Damaso non estaba na clase. Outro é o que sucedeu dende o 9 de setembro (pos é excluído o primeiro día) ata o 19 e só os días lectivos, é dicir 6 días ata ese 19 en que xa sucedeu o último feito. Nestes se di que participa Damaso sumándose ao comportamento de Tomás. É xa certamente difícil afirmar que os improperios que puidese soltar Damaso neses 6 días teñan as características propias dun delito contra a integridade moral. O último feito é o incidente coas tesoiras do día 19 que é o que se denuncia.
A sentenza insiste varias veces na persistencia clara e contundente da imputación. Asiste razón ao recurso cando pon en evidencia que non cabe describir tal cousa se se examina o denunciado, o declarado en Fiscalía e o do xuízo. Na denuncia, cun relato da nai e non do menor co que non serviría sequera para a comparación pretendida pola sentenza, manifestou a denunciante que o incidente das tesoiras sucedeu sen a presenza do profesor na clase e sen que o menor dixéralle nada a ese profesor. Despois di que dende o inicio do curso,
Se acudimos á declaración en xuízo o que manifestou do curso 2021/2022 é que Tomás o insultaba chamándolle gilipollas e maricón sen máis detalles e sen ameazas nin agresións. Ademais non manifesta que fose unha conduta repetida en todo momento, senón só cando ambos estaban en clase (excluíu expresamente que sucedese fóra dela) e manifestou que só cando estando nesa clase o profesor non atendía ou baixaba a garda en expresión usada por el. Si manifestou que era a diario e dixo telo comunicado ao profesorado, sabendo que el si foi levado á que denomina aula de convivencia, onde llo contaba a unha encargada, e cre que tamén foi Tomás. No referido ao curso 2022, di que dende o día 11 (primeiro lectivo) nas mesmas circunstancias (é dicir nalgún momento estando na clase e non fóra e aproveitando momentos puntuais) Damaso e Tomás repetían os mesmos insultos. Do incidente do día 19 manifestou a preguntas do Ministerio Fiscal
O primeiro que debemos pór de manifesto é que incluso ese relato está afastado do contido propio do delito de atentado contra a integridade moral (lembremos que é un delito penado cunha pena en maiores de ata dous anos de prisión sen alternativa de pena económica). No referido ao curso 2021/2022 xa indicamos que non se trataba de feitos continuados cando menos no horario escolar, senón restrinxidos a momentos concretos dentro da aula e que se cinguirían a insultos repetitivos, recoñecendo tamén que nalgún momento el tamén se enfrontou aínda que fose reactivamente. Nada máis, non se concreta ningún dato ou elemento que poida dar maior relevancia ou contextualizar eses feitos nun comportamento que poida merecer un xuízo máis grave. O mesmo cabería dicir do que di sucede dende o día 11 durante 6 días lectivos, pois volve situar os insultos na mesma intensidade e nos mesmos momentos. O incidente que relata cunhas tesoiras non pode descontextualizarse de que se refire a unhas tesoiras propias de clase cun potencial lesivo manifestamente menor ao doutras de uso común e un comentario que todo o máis, sen negar que fose reprochábel, é realizado dende o propio asento e estando presente na aula a profesora, pese a que na denuncia negábase ese extremo, sen ir, ademais, acompañada de ningún movemento de achegamento ou semellante que reforzase a suposta ameaza.
Pero é que, ademais, se contrastamos esa declaración co resto de material probatorio resulta que non atopa ningún elemento corroborador. Dende logo non o hai do sucedido no curso 2021/2022 pois só se contou coa súa manifestación que é imprecisa de máis para realizar unha análise por si mesma de posíbel credibilidade. Pero é que no referido ao sucedido na clase o día 19 de setembro, e por ende nos anteriores, non contamos tampouco con ningunha outra fonte de proba que a confirme.
É certo que as persoas acusadas non están sometidas a xuramento, agora ben iso non autoriza a afirmar que, dado que poderían mentir sen consecuencias, a súa declaración non é atendíbel. Lonxe diso esas declaracións merecen ser atendidas como as de persoas inocentes que dan a súa hipótese dos feitos, hipótese que non precisará ser acreditada para evitar a condena, pois é suficiente con que sexa compatíbel cos elementos probatorios e, por iso, posíbel para excluír a posibilidade de afirmar que a outra, a da acusación, resultou acreditada máis aló de toda dúbida razoábel. Así, se se quere entender que a persistencia na declaración e a verosimilitude do relato son elementos para valorar a declaración de quen se di vítima, non menos merecen as declaracións das persoas acusadas. E resulta que tamén os dous menores insistiron en todo momento en negar os insultos continuados nos termos referidos pola acusación, e deron, ademais, unha versión diferente do sucedido o día 19. Non chega con atribuír a esas versións un ánimo de exculpación, pois poderán ter ese ánimo e, ao mesmo tempo, se fiel reflexo da realidade.
Así, e seguindo a propia sentenza, resulta que os dous menores sobre o día 19 manifestaron que existiu unha discusión previa e que nela, a modo de broma ou sarcasmo, Damaso díxolle que con esas tesoiras o máximo que podía facer era cortarlle o pelo. E resulta que o propio Vidal non negou a existencia desas discusión previa pois se limitou a dicir que non recordaba. Di a sentenza de instancia que o relato de Damaso non ten credibilidade, pero non explica que é o que lle quita credibilidade, pois non parece que un feito como o relatado sexa incríbel nunha clase. Dous alumnos que non se levan ben teñen unha diferencia por un contacto físico, un deles porta unhas tesoiras e o outro pregúntalle se é unha ameaza, respondendo este con sarcasmo. Tan sólido é ese relato, como pretender que o acusado cunhas tesoiras de tan escaso potencial para danar diga a outro que
Así pois, non podemos concluír na negación dos feitos relatados por Vidal e en absoluto afirmamos que se acreditase que non sucedesen, pero si que debemos afirmar que non existen elementos suficientes de proba para telos por acreditados co rigor que reclama un proceso penal.
Tras seren vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,
Fallo
Que debemos
Ao notificar esta sentenza, déaselle cumprimento ao previsto no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial
Así o pronunciamos, mandamos e asinamos os maxistrados Salvador Pedro Sanz Crego e Xermán Varela Castejón facéndoo aquel por Miguel Filgueira Bouza que votou en Sala e non puido asinar ao abeiro do artigo 261 LOPX, mediante esta sentenza, da cal se levará certificación ao rolo de sala e que se anotará nos rexistros correspondentes.
