Sentencia Penal 434/2024 ...e del 2024

Última revisión
07/02/2025

Sentencia Penal 434/2024 Audiencia Provincial Penal de A Coruña nº 2, Rec. 456/2024 de 14 de noviembre del 2024

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 45 min

Orden: Penal

Fecha: 14 de Noviembre de 2024

Tribunal: Audiencia Provincial Penal nº 2

Ponente: XERMAN VARELA CASTEJON

Nº de sentencia: 434/2024

Núm. Cendoj: 15030370022024100422

Núm. Ecli: ES:APC:2024:2939

Núm. Roj: SAP C 2939:2024

Resumen:
ESTAFA (TODOS LOS SUPUESTOS

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

A CORUÑA

SENTENCIA: 00434/2024

-

C/. DE LAS CIGARRERAS Nº 1 - EDIFICIO ANTIGUA FABRICA DE TABACOS. 1ª PLANTA

Teléfono: 981 18 20 74 /75/36

Correo electrónico: seccion2.ap.coruna@xustiza.gal TFNO. 881 881 899 /895/ 896/ 898

Equipo/usuario: ML

Modelo: 213100 SENTENCIA MODELO RP

N.I.G.: 15030 43 2 2022 0009039

RP APELACION PROCTO. ABREVIADO 0000456 /2024

Juzgado procedencia: XDO. DO PENAL N. 1 de A CORUÑA

Procedimiento de origen: PROCEDIMIENTO ABREVIADO 0000244 /2023

Delito: ESTAFA (TODOS LOS SUPUESTOS)

Recurrente: Leoncio

Procuradora: Dª MARIA MONTSERRAT LOPEZ RODRIGUEZ

Abogada: Dª EVA OTILIA ACUÑA VECINO

Recurrido: MINISTERIO FISCAL

SENTENZA

============================================================

MAXISTRADO/AS:

Ilma. Sra. Presidenta María del Carmen Taboada Caseiro

Ilmo. Sr. Salvador Pero Sanz Crego

Ilmo. Sr. Xermán Varela Castejón

============================================================

A Coruña, 14 de novembro de 2024

Foi visto pola Sección 2ª desta Audiencia Provincial, na causa instruída co número de rolo 456/2024 por esta Audiencia Provincial, o recurso de apelación interposto polo procurador Francisco Lence Dopico en nome e representación de Leoncio, asistido pola letrada María Mercedes González Piñero, contra a sentenza ditada o 8 de febreiro de 2024 no Procedemento Abreviado 244/2023 do Xulgado do Penal nº 1 da Coruña. Constituíronse como partes o mencionado recorrente e o Ministerio Fiscal na representación que lle é propia; e actuou como relator o maxistrado Xermán Varela Castejón.

Antecedentes

Primeiro.-Tras o acto do xuízo oral, no procedemento de referencia ditouse unha sentenza con data do 8 de febreiro de 2024, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

"Que debo condenar y condeno a Leoncio de ser cooperador necesario del delito de estafa del artículo 248 y 249 del código penal , a la pena de siete meses de prisión, con la accesoria de inhabilitación del derecho de sufragio pasivo por el tiempo de la condena, así como al pago de la mitad de las costas.

En cuanto a la responsabilidad civil, indemnizará a Gustavo en 1.800 euros, con aplicación de lo dispuesto en los arts.1108 del C. civil y 576 de la LEC . En ejecución de sentencia se solicitarán los 1096,45 euros que están congelados en la cuenta abierta por Leoncio a disposición de la autoridad judicial.

Respecto a la suspensión de la pena privativa de libertad, el Ministerio Fiscal no se opone, y la defensa la solicita, de forma que se acuerda la suspensión de la pena privativa de libertad por el plazo de dos años, condicionada a la no comisión de un delito durante este plazo y al pago de la responsabilidad civil en la medida de sus posibilidades, conforma al artículo86 del código penal .

Y debo absolver y absuelvo a Ernesto, de ser cooperador necesario del delito de estafa del artículo 248 y 249 del código penal , con declaración de la mitad de las costas de oficio."

E como feitos probados recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela:

"que el acusado Leoncio, el 21 de diciembre de 2021, generó un monedero virtual en la entidad BITCOINFORME, aportando para ello copia de su DNI, en el email DIRECCION000, verificando la identidad del titular mediante proceso KYC (verificación facial), aportando su número de teléfono NUM000. El acusado Leoncio, una vez obtenido el monedero virtual, le facilitó las claves de acceso a un tercero no identificado.

Personas no suficientemente identificadas, enviaron a las 23.41 horas del día 23 de diciembre de 2021, un mensaje de texto, dentro del hilo de los mensajes de la entidad bancaria Santander, al número de teléfono NUM001, cuyo titular es Gustavo, con domicilio en la DIRECCION001. de A Coruña, que le remitió a una página web, con la apariencia ser del banco de Santander, solicitándole su firma electrónica, su DNI y número de su tarjeta y su CVV, tras introducir estos datos, le llegaron instantáneamente cuatro cargos de compra de bitcoins par importe de 50 euros, 50 euros, 800 euros y 1.000 euros, realizados con su tarjeta nº NUM002.

En esa misma cuenta del acusado se vincularon a su monedero virtual el día 23 de diciembre de 2021, a las 23:49:43 horas otras tres numeraciones de tarjetas de crédito/débito.

Estas cantidades fueron a parar a la cuenta que había abierto Leoncio, si bien la entidad BIRCOINFORME SL notificó que esta cuenta se encontraba baneada con un saldo de 1096,45 euros a disposición de la autoridad judicial."

Segundo.-Contra a devandita sentenza, o letrado do recorrente interpuxo un recurso de apelación, que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal está unido ás actuacións.

Terceiro.-Logo de trasladarlle o escrito de formalización do recurso ao Ministerio Fiscal, presentouse un escrito de impugnación baseándose en que a sentenza obxecto de recurso se axusta plenamente a dereito e solicitouse a súa confirmación.

Cuarto.-O xulgado referido anteriormente remitiu a este tribunal os autos orixinais con todos os escritos presentados e, tras seren recibidos, sinalouse unha data para a deliberación. Tras a deliberación da Sala, procédese polo maxistrado relator ao ditado desta sentenza.

Hechos

Aceptamos e damos por reproducidos os feitos que se declaran probados na sentenza obxecto de recurso.

Fundamentos

Primeiro.-A sentenza impugnada condenou ao recorrente como autor dun delito de estafa como cooperador necesario.

Os feitos probados, no máis relevantes para a decisión que nos compete, expostos de forma esquemática afirmaron:

a) Que o acusado o 21 de decembro de 2021 abriu unha carteira virtual nunha web identificándose plenamente ao facelo.

b) Que o acusado cedeu a un terceiro non identificado os contrasinais necesarios para xestionar esa carteira virtual.

c) Que alguén non identificado o 23 de decembro de 2021, facéndolle crer que con quen comunicaba era co seu banco, conseguiu que o prexudicado facilitase os datos de acceso á súa conta.

d) Que ese alguén non identificado inmediatamente adquiriu uns produtos dixitais (bitcoins) pagándoos mediante cargos na conta bancaria do prexudicado (4 cargos por un total de 1.900 euros).

e) Que estas cantidades fueron a parar a la cuenta que había abierto Leoncio.

Por outro lado, o relato de feitos probados afirma que a entidade xestora da carteira (Bircoinforme) notificó que esta cuenta se encontraba baneada con un saldo de 1096,45 euros a disposición de la autoridad judicial.Tal bloqueo produciuse como consecuencia da petición de información policial despois da interposición da denuncia segundo consta documentado nas actuacións.

No razoamento da sentenza non queda claro se se parte da hipótese de que cedeu os datos a un terceiro e perdeu así o acceso, ou se só se entende acreditado o primeiro (que cedeu os contrasinais), pero non o segundo (que perdeu o acceso). Aquela primeira afirmación (que cedeu os contrasinais a un terceiro) si aparece no relato de feitos probados non impugnado co que nós debemos partir dela. Respecto da segunda (que perdeu o acceso) nada di o relato de feitos probados e nos razoamentos deixa aberta tanto unha como outra opción. A sentenza constata que o acusado negou ter posibilidade de acceso dende que cedeu os datos e, por iso, coñecemento do que se facía con ela. Non proclama acreditado que soubese o que se facía, nin que mantivese o acceso. Simplemente manifesta que lle é indiferente pois, razoa, de ser certo que perdeu o acceso, non denunciou nin pechou a conta e proclama que entón era perfecto conocedor de que se podía operar en esa cuenta sin su intervención, caso de ser cierto lo que alega.Caso de non ter perdido o acceso controlaba la cuenta, de forma que no podía dejar de ser consciente de los movimientos que se hacían en ella.

Por outro lado, rexeita ter por probado o manifestado polo acusado de que abriu a conta para operar el con bitcoins (puesto que él mismo ha confesado que carecía de dinero, de forma que mal podía operar con ningún activo financiero, y menos comprar bitcoins).Nada da por probado no relato de feitos sobre que intención ou relación cos que realizaron despois a operación contra a conta do prexudicado tiña o acusado. Só afirma, non como feito probado, que esa cuenta solo sirvió como soporte para que personas desconocidas vincularan tarjetas de crédito y recibieran transferencias, que, en el caso de la que nos ocupa, era consecuencia de un acto fraudulento, concretamente de una estafa informática.

No referido á cualificación xurídica entende que é evidente que se cometeu un delito de estafa por obter os datos da conta bancaria do prexudicado que permitiu cargarlle compras (letras c, d e e). Tras repasar diversas resolucións sobre o concepto de cooperación necesaria, entende que a conduta atribuída ao acusado constituiría un acto de cooperación necesaria na estafa. Concretamente manifesta que ...la apertura de una cuenta para que se llevaran a cabo en ella operaciones de compra de Bitcoins supone la puesta a disposición de una cuenta bancaria para que terceros la utilicen para sus propios fines...,e posteriormente que ... puesto que la existencia de esa cuenta permitía que se realizaran compras de bitcoins mediante dinero obtenido de terceros por medios fraudulentos....

En canto ao tipo subxectivo sostén, tras describir que a apertura e cesión supuña unha posta a disposición para os fins de terceiros que el acusado no podía dejar de ser consciente de ello.É máis considera que a única explicación da propia apertura era esa cesión, aínda que tal dato non é trasladado aos feitos probados. Insiste en que non está acreditado que perdese o control da conta, pero, no xuízo normativo, resúltalle indiferente pois, argumenta, se desentendió completamente de la cuenta, no denunció los hechos, y la cuenta seguía abierta a su nombre, a disposición de unas personas a las que no conocía en absoluto, permitiéndoles usar la cuenta para cualquier fin.Sobre ese fin do terceiro que entende que o acusado asumía valora que é indiferente que soubese a que concretas operacións ía referido: Ni siquiera es precioso que éste supiera a ciencia cierta las operaciones concretas que se iban a efectuar, ni que no haya quedado probado un lucro por su parte, aunque ha manifestado que lo esperaba.Remata concluíndo que aun aceptando como cierta la explicación de que él no manejara la cuenta, concurriría un evidente supuesto de dolo eventual con arreglo a la teoría del asentimiento y de la ignorancia deliberada, en cuya virtud incumbe a quien lleva a cabo una acción el despejar las dudas que puedan surgir acerca de su verdadera naturaleza.

Por último, afirmada nas bases indicadas a responsabilidade do acusado, argumenta que a ausencia de identificación deses autores materiais dos feitos non impide o axuizamento do si identificado como cooperador necesario.

O recurso de apelación considera vulnerado o principio de presunción de inocencia, pois defende que existiron contradicións nas manifestacións en vista e non se aclarou quen foi quen realizou as operacións contra a conta do prexudicado, nin a relación do recorrente con esas persoas. Nunha alegación moi confusa defende que o interese do recorrente era adquirir moeda virtual e chega referir que foi o prexudicado quen a adquiriu. Por outro lado manifesta que o recorrente carece de medios para pagar a responsabilidade civil. O Ministerio Fiscal manifestou a súa oposición ao recurso indicando, en referencia concreta á sentenza, que si constaba o argumento probatorio que levaba á conclusión da instancia e así se plasmaba na sentenza á que se remitía.

Segundo.-Observados os feitos probados, non cabe acoller o recurso de apelación no que se refire á valoración probatoria.

No plano fáctico que combate o recurso, o acreditado é que o produto dixital (bitcoin) adquirido acaba depositado na carteira virtual do recorrente. Existe certa confusión sobre se, como afirma a sentenza, o diñeiro extraído da tarxeta do prexudicado era depositado na carteira virtual antes da compra, ou se a compra é do adquirente á empresa xestora da conta, ou do adquirente a un terceiro actuando a empresa como intermediaria.

Na documentación podemos diferenciar a da entidade bancaria e a da entidade que opera con Bitoins. Aquela identificaba 4 operacións a cargo da tarxeta do prexudicado coa descrición Compra en internet en Bitcoinforme SL, Elch...A policía solicitou información a esa mercantil. Esta informou que o recorrente abrira unha carteira virtual, achegando a documentación que remitiu para facelo, e dos movementos que tivo esa carteira. Isto último fíxoo remitindo un cadro no que aparecen 4 operacións completadas, e unha cancelada. Aquelas producíronse dúas o 23 de decembro do 2021 ás 23:50 en menos dun minuto, e outras dúas xa o 24 de decembro ás 00:10 e 00:12 horas. Cada unha delas conta cun código da transacción. Aparece un cadro de actividade no que aparecen 8 entradas (filas da táboa que constitúe o cadro). Van sendo sucesivamente identificadas esas liñas como deposite trade.Nas columnas identificamos como en cada unha desas filas descríbese unha cantidade de destino e outra de orixe (e en cada caso a moeda empregada). Comprobase como cada fila de depositten por cantidade orixe a cargada na conta do prexudicado e a cantidade de destino ve reducida unha contía de comisión, ambas en euros. A seguinte liña é tradee refírese xa en euros a orixe, pero en bitcoins a recepción. A octava columna titúlase descripcióne aparece en cada unha a mención walete despois un código alfanumérico. Iso semella unha referencia a unha carteira dixital (walet),ao ser esa mención a que precede a un código alfanumérico. Aí podemos observar que cada par de filas (deposite trade)se asocia a unha descrición diferente, é dicir aparecen 4 códigos que semellan 4 carteiras diversas. A última columna refírese como fechae, sendo idéntica en cada par (deposite trade),coincide cos momentos de adquisición dos bitcoins. En canto aos accesos á conta, a policía destaca a identificación das IPŽs onde se pode comprobar un primeiro acceso o 21 de decembro dende supostamente Basauri, outro case inmediato que se identifica con Irún, e outro o 22 de decembro dende Madrid e o 23 dende Alcobendas. Afirma a policía que na documentación remitida pola mercantil pódese comprobar que a tarxeta do prexudicado se vinculó al monedero virtualo 23 de decembro ás 23:49, o que sería un minuto antes de empezar a operar coa tarxeta do prexudicado.

A declaración do policía que deu conta da investigación non aclarou moito máis. Por unha banda, insistiu, incluso con reiteración, en que a súa investigación remataba ao identificar ao titular da carteira virtual e afirmando que, a partir dese dato, era o acusado o que tiña que dar explicacións. Sorprendente declaración, pois é función da policía aclarar todos os extremos de feitos que poderían constituír delito e, neste caso, verificar se, máis aló da titularidade formal da carteira, quen aparecía como titular érao realmente e se mantiña o control dela, como tamén debería investigar como é que as operacións contra a tarxeta de crédito se produciron en localidades ben afastadas da do titular (contando coa identificación IP usada para as transferencias dende a tarxeta), ou que sistema ou fórmula empregaron para acceder á tarxeta, ou se coas outras tarxetas mencionadas se cometeran feitos e cales. Nada diso considerou que correspondía ás súas funcións. En todo caso, as explicacións que del cabería esperar non foron claras, pois se nun momento refire que na mesma carteira virtual se fai o pago e, a cambio, é depositado o bitcoin, noutro fala de que a transferencia dende a tarxeta foi a favor do recorrente, noutro di que na carteira só se opera con moedas dixitais.

Xuridicamente, a disposición patrimonial que constitúe o delito de estafa, no que se afirma cooperou o recorrente, produciuse no momento en que, de forma descoñecida e por persoas non acusadas neste proceso, da tarxeta do prexudicado saen unhas cantidades de diñeiro para pagar ao vendedor unha adquisición dun produto dixital. O delito de estafa queda consumado cando o vendedor recibe o diñeiro produto da disposición patrimonial.

A partir diso existen dúas hipóteses. Unha hipótese é que sexa simultáneo o momento de recepción do diñeiro polo vendedor do produto (sexa a empresa xestora ou un terceiro) e o propio deposito do produto dixital vendido na carteira titularidade do acusado e que, ademais, sexa necesario dispor desa carteira virtual para facer a adquisición. Outra é que non caiba identificar ambos momentos, por moito que exista unha clara proximidade temporal entre eles.

En caso de que o sucedido fose que o terceiro descoñecido provocou a disposición patrimonial (extraer diñeiro da tarxeta do prexudicado), o vendedor recibiu o diñeiro e o terceiro obtivo o produto dixital, o feito de depositalo na carteira titularidade do recorrente produciríase despois de ter obtido o produto da disposición patrimonial (a entrega ao vendedor) e, por iso, a estafa estaría consumada e non podería supor o acto posterior un acto de cooperación necesaria. Estaríamos ante outra figura posíbel que habería que matizar se cabe ou non introducila no ámbito do branqueo, pero que, en todo caso, non constituiría a cooperación pola que vén condenado o recorrente. En caso de que a disposición dunha carteira fose un acto necesario para poder obter o produto sería discutíbel se, pese a ser un acto xuridicamente diverso ao do ingreso do diñeiro consecuente á disposición patrimonial do enganado, merecería a consideración de cooperación necesaria.

Como vimos antes, no relato de feitos probados sáltase da afirmación de que alguén conseguiu os datos bancarios do prexudicado e producíronse 4 cargos na súa conta bancaria a de que as cantidades fueron a parar a la cuenta que había abierto Leoncio. O recurso non discute propiamente esta afirmación. Pese a certa confusión derivada da forma de expresión, o certo é que a relación de movementos do documento remitido pola entidade xestora do moedeiro virtual indican que dalgunha forma nela, ou a través dela, dispúxose do diñeiro do prexudicado. Constan catro referencias como depósito (deposit)correspondentes coas contías de cada cargo e a súa hora. Se o acto de depósito fose posterior ao acto de adquisición non cabería entender a conduta despregada polo recorrente, incluso na hipótese de poder ser considerada dolosa, como cooperación necesaria na comisión do delito de estafa. Pero neste caso si podemos considerar que existen elementos suficientes para afirmar que os cartos do prexudicado coetáneamente coa adquisición, e coa recepción polo vendedor, entran ou son computados ou anotados na carteira virtual.

Do anterior deriva que no procede cambiar o relato de feitos probados e podamos identificar a comisión do tipo obxecto dunha cooperación necesaria en canto se tería provisto dun medio, a carteira, necesario para a realización da operación.

Terceiro.-Agora ben, afirmado o denominado tipo obxectivo, resta por analizar o subxectivo, pois, analizando o mesmo relato de feitos probados o que xorde é unha dúbida moi razoábel sobre a concorrencia do elemento subxectivo da cooperación necesaria imputada.

A sentenza de instancia parte de ter por probado o feito de que o recorrente una vez obtenido el monedero virtual, le facilitó las claves de acceso a un tercero no identificado.A partir de aí non atribúe feito ningún ao recorrente.

Efectivamente, como resumimos no inicio, a sentenza atribúe en realidade ao recorrente dúas conductas identificadas nos verbos xerar (generó un monedero virtual)e facilitar (facilitó las claves).O resto de comportamentos non son atribuídos a el.

No segundo parágrafo atribúese a persoas non identificadas a acción de enviar unha SMS e ao prexudicado ser suxeito remitido a unha web ao operar con esa SMS, ao que se solicitaron uns datos e o que os introduciu. Tamén di que foi ao prexudicado ao que lle chegaron catro cargos. Tras iso di que as cantidades deses cargos fueron a pararao moedeiro virtual aberto polo recorrente.

Noutras palabras, no relato de feitos probados non se atribúe ao recorrente ningunha acción relativa á operativa que logra cargar operacións na conta do prexudicado, e tampouco ningunha relativa nin á recepción do diñeiro, nin ao desfrute do obtido.

Por outra parte, no relato de feitos probados non consta ningunha referencia aos coñecementos que puidese ter o recorrente desas outras operacións (de extracción de diñeiro da conta do prexudicado, obtención dos produtos dixitais e desfrute deles), así como tampouco á vontade que puidese ter en relación con eses outros feitos.

A sentenza baralla dúas opcións, unha sería que o recorrente mantivo a posibilidade de acceder el á conta e outra que non o fixo. É relevante que neste último caso, tamén perdería a posibilidade de coñecer que se facía coa carteira que el xerara. A sentenza argumenta que entregar os contrasinais de aceso ao moedeiro supuña ser consciente de que ese terceiro podía usalo para os fins que quixese, pero iso non responde á pregunta de se sabía que eses fins eran, cando menos, ilegais. Posteriormente, razoa que aínda que fose certo que perdeu o control debería seguir respondendo. Así pois, a sentenza non declara acreditado que soubese das operacións que pretendían realizar, e efectivamente, realizaron as persoas que recibiron os contrasinais e, de feito, razoa que é posíbel que non soubese. Non dando a sentenza por acreditado o dato de feito do mantemento dese control e polo tanto do coñecemento, ou cando menos da posibilidade del, só podemos valorar a opción aceptada como posíbel pola sentenza da ausencia de control.

A pregunta que nos debemos realizar é se cabe imputar a título de dolo un acto de cooperación necesaria nun delito de estafa a unha persoa cando o único acreditado é que cedeu os contrasinais dun moedeiro virtual a uns terceiros e que estes terceiros empregárono para executar unha estafa, ou cando menos aproveitarse dela. Repetimos que o único feito acreditado é que cedeu os contrasinais, e non consta acreditado que soubese da finalidade pretendida polo terceiro, nin relación ningunha posterior a ese momento de cesión.

Un suposto de feito habitual na xurisprudencia é aquel no que unha persoa é titular dunha conta bancaria, ou a abre precisamente para a conduta axuizada, e acepta, mantendo o control sobre ela, recibir cantidades nela e transferilas a terceiras persoas. Habitualmente quen realiza esas condutas, denominados ás veces como mula,é considerado cooperador necesario da estafa ou acto ilícito do que provén o diñeiro. É relevante que neses casos o acto típico da disposición patrimonial se produce, precisamente, no momento no que é ingresada na conta da que é titular esa persoa a cantidade obtida coa actividade ilícita. Ademais, esa persoa actúa remitindo o diñeiro a terceiras contas. O inexplicábel da recepción e da remisión que se lle piden neses casos, xunto normalmente a outros datos periféricos (como as titularidades no estranxeiro ou a ausencia de datos fiábeis das operacións nas que participa) fan que se entenda que si sabía a alta probabilidade de estar a cooperar cun acto ilícito que permite a consideración de que actuou, cando menos, con dolo eventual respecto da acción de estafar. Non é este o caso que nos ocupa.

A sentenza defende que cabe esa atribución apelando á doutrina da ignorancia deliberada.

O dolo require coñecemento da comisión ou concorrencia dos elementos obxectivos do tipo penal. No caso do dolo eventual, o autor non está certo desa concorrencia, pero si da alta probabilidade de que concorra e, pese a iso, actúa asumindo, por iso, que a súa conduta pode coincidir coa descrita no tipo penal.

A teoría da ignorancia deliberada pode, resumidamente, ser interpretada en dous sentidos.

Nun primeiro estaríamos ante un problema de proba. Alégase pola persoa acusada que non coñecía, sen embargo existen circunstancias concretas no caso que permiten afirmar que calquera persoa sabería que concorrían os elementos típicos, ou cando menos sabería que era altamente probábel que concorrían eses elementos e, por iso, quen actuase con ese coñecemento asumía esa probabilidade. Nestes casos infírese o dolo desas circunstancias, é dicir afírmase, máis que a ignorancia,o coñecemento. O que se nega é que teña que acreditarse o coñecemento como estado mental interno da persoa máis aló desa inferencia dos datos externos que o fan evidente, pero non por iso se nega o coñecemento. Noutras ocasións, o que se entende acreditado é que, cando menos, dubidou se se daban as circunstancias que volvían delituosa a súa conduta, pero, de novo, nese caso o acreditado é que valorou como posíbel que concorresen, é dicir que sabía que era probábel que se daban. De novo, a dúbida pode ser inferida da proba de circunstancias externas que fan que, en situación de normalidade, calquera persoa dubidaría e, por iso, é razoábel concluír como probado que o acusado dubidou sen ter que entrar no seu estado mental interno nunha operación, por outro lado, imposíbel. Desa dúbida si cabe inferir que o comportamento é doloso, pois coñece que é altamente probábel que cometa delito e actúa pese a iso. Como exemplo desta liña, que evita o uso da expresión ignorancia deliberarapodemos pór a sentenza do Tribunal Supremo de 26 de setembro de 2024 (OJ STS 4775/2024): Nuestra jurisprudencia referente al concepto de dolo eventual ha establecido que en aquellos supuestos en los que se haya probado que el autor decide la realización de la acción, no obstante haber tenido consistentes y claras sospechas de que se dan en el hecho los elementos del tipo objetivo, manifestando indiferencia respecto de la concurrencia o no de estos, no cabe alegar un error o ignorancia relevantes para la exclusión del dolo en el sentido del art. 14.1 CP . Esta situación, como se ha dicho, es de apreciar en aquellos casos en los que el autor incumple conscientemente obligaciones legales o reglamentarias de cerciorarse sobre los elementos del hecho, como en el delito de blanqueo de capitales, o cuando el autor tuvo razones evidentes para comprobar los hechos y no lo hizo porque le daba igual que concurrieran o no los elementos del tipo; es decir: cuando está acreditado que estaba decidido a actuar cualquiera fuera la situación en la que lo hacía y que existían razones de peso para sospechar la realización del tipo. ( SSTS 849/2023 de 20 de noviembre y 415/2016, de 17 de mayo , entre otras).

Un sentido diverso ao anterior pretendería afirmar que resulta indiferente o que o autor coñecese ou quixese, pois dadas determinadas circunstancias, reprocharíaselle, precisamente, que actuase. Neste uso da terminoloxía resumida na expresión ignorancia deliberada afírmase que dadas determinadas circunstancias, a persoa que actúa debe responder a título de dolo, aínda incluso que se acredite que ela non coñecía a concorrencia dos elementos típicos. Pero, entón, o que se está negando é precisamente transcendencia ao mesmo dolo, pois equipárase o xuízo que permite atribuír comportamentos por tal título, a un xuízo normativo de desatención ás normas de coidado que é propio da imprudencia. Este segundo sentido non é asumíbel sen romper os límites do principio de legalidade que supón que as condutas sancionadas só en caso de concorrer dolo, só poderán ser sancionadas cando sexa acreditado tal elemento.

Iso con carácter xeral no referido á consideración de concorrencia de dolo en condutas delituosas, pero é que, ademais, no caso da cooperación necesaria, esta require, conforme á teoría do dobre dolo, coñecer a conduta que realiza o autor principal co que se coopera e querer participar nela e que sexa finalmente consumada. Non chega con saber a posibilidade dunha actividade ilícita, debe saber o feito concreto, certamente non con detalles menores ou secundarios, pero si os suficientes para individualizar a conduta. O cooperador, para ser tal, debe coñecer con que coopera e ser parte, e querer, que sexa desenvolta a acción na que coopera. Resumíao a sentenza do Tribunal Supremo de 12 de xullo de 2022 ( ROJ STS 3096/2022): Y desde el punto de vista subjetivo, se exigen asimismo dos elementos: un doble dolo, según ha explicado con plasticidad en la doctrina y en pronunciamientos esta Sala -vid. SSTS 64/2014, de 11-2 ; 442/2014, de 2-6 - aunque su significado no se corresponda con una exigencia de intensidad. Significa una doble proyección de la tipicidad subjetiva del partícipe. Es preciso que el sujeto conozca el propósito criminal del autor y que su voluntad se oriente a contribuir con sus propios actos de un modo consciente a la realización de aquel. En la STS 1531/2002, de 27-9 , se afirma que es suficiente con que el dolo del cooperador sea de carácter eventual respecto del resultado que puede seguir a la acción voluntaria que ejecuta el autor, a cuyo éxito encamina el partícipe su aportación. De otro lado, es necesario un concierto para colaborar que eso sí, puede ser anterior, coetáneo o sobrevenido y puede adoptarse expresa o tácitamente. // Por ello, cuando se trata de cooperador, el dolo eventual deberá manifestarse en el conocimiento, de un lado, de la probable intención del autor principal y, además, de otro lado, en el de las probables consecuencias de la aportación respecto a la ejecución por el autor principal de un hecho mínimamente determinado. Es esta identificación del hecho del autor, directamente relacionada con la aportación del cooperador, lo que permite considerar que se trata de peligro concreto. Por lo tanto, el cooperador debe conocer que existe el peligro concreto de realización del tipo por parte del autor principal y que su aportación, reflejada en el nivel de incremento del riesgo, determinará la imputación como cooperador necesario o, en su estrato inferior como cómplice ( STS 503/2008, de 17-7 ).

Tamén podemos recoller unha análise das exixencias da imputación como cooperación necesaria na sentenza do Tribunal Supremo de 23 de outubro de 2024 ( ROJ STS 5217/2024):

7.- La condena por cooperación necesaria no solamente exige un comportamiento que objetivamente constituya un eslabón imprescindible en la conducta de alzamiento ajeno sino también el conocimiento de que la colaboración prestada está contribuyendo a la realización de un acto típico y antijurídico en el que concurren todos y cada uno de los elementos integradores del referido delito (tanto desde el punto de vista del tipo objetivo como desde el punto de vista del tipo subjetivo) así como la voluntad de prestar dicha colaboración contando con el referido conocimiento.

8.- La cooperación necesaria requiere un elemento objetivo, cual es la ejecución de actos relacionados con los realizados con el autor del delito. Periféricos, y un elemento subjetivo, que requiere conocer obligatoriamente las intenciones criminales del autor y de la voluntad de ayudarlo a cometer sus acciones. Esto lo hace de manera consciente y a la vez de forma eficaz.

9.- No cabe apelar en estos casos a una "ignorancia deliberada" que solo surge en la sentencia más como una suposición o sospecha, pero exenta de prueba, y lo que es más contundente para la estimación del recurso, con carencia en los hechos probados de referencia alguna que permita la subsunción de los hechos probados en el delito objeto de condena.

A partir das anteriores premisas debemos analizar o feito probado atribuído ao recorrente e concluímos que non cabe apreciar o dolo afirmado na sentenza. Que alguén ceda os contrasinais do seu moedeiro virtual a un terceiro fai evidente que sabe que lle cede a posibilidade de empregalo para moi diversos fins. Aí si cabe apelar a que esa circunstancia (cesión de contrasinais) permite inferir sen máis ese coñecemento e incluso a vontade de, cando menos, asumir que o terceiro terá unha opción de uso libre. Non é preciso entrar no estado mental específico e poucas alegacións poderán romper o razoábel desa inferencia. Agora ben, a cooperación necesaria require algo máis, algo que relacione a persoa que presta a cooperación cos actos típicos. E iso é o que non apreciamos no presente caso. Que no momento en que se ceden os contrasinais a un terceiro nada indica que se teña que saber que o uso que se lle darán será delituoso. O acusado nun momento referiu que entendía que era para axudarlle na xestión. Non é preciso dar credibilidade a esa manifestación, chega con entender que podería valorar que ese terceiro pretendía operar coa carteira virtual para esconderlle á súa familia ou parella que estaba operando con moedas virtuais. Ou, incluso, que ese terceiro pretendía ocultar esas operacións, e os seus beneficios, a Facenda, pero sen albiscar, nin ter motivo para facelo, que se chegase a contías delituosas. A opción de que o terceiro pretendese obter moedas virtuais con cargo a un prexudicado estafado, non aparece sequera como a máis probábel nesa sucesión de opcións. Pero é que, no presente caso, non hai ningunha proba sobre elementos que, máis aló da cesión, puidesen sustentar que o recorrente sabía desa pretensión.

O argumento da sentenza de instancia é un exemplo de como transfórmase o elemento do dolo (fundado, repetimos, no coñecemento e vontade referido aos elementos típicos) nun xuízo de reproche diverso. O que manifesta a sentenza é que o recorrente se desentendió completamente de la cuenta, no denunció los hechos, y la cuenta seguía abierta a su nombre, a disposición de unas personas a las que no conocía en absoluto, permitiéndoles usar la cuenta para cualquier fin.Pero iso non supón que soubese que o uso que o outro lle daba era un delitivo, de supor calquera outro dos usos que mencionamos antes, resulta que entra dentro do lóxico que non denunciara nada, pois nada sabía que fose denunciábel, e tamén é lóxico que non pechase a conta.

Para pechar o argumento podemos lembrar resolucións do Tribunal Supremo en que comportamentos próximos non foron considerados participación dolosa no delito de estafa. Así, como exemplo, a sentenza do Tribunal Supremo de 7 de marzo de 2024 ( ROJ STS 1337/2024) que estuda un suposto no que foi condenado por branqueo imprudente quen cedeu os seus datos a outro para que ese outro abrise unha conta a nome do condenado e nela recibise diñeiro produto do engano a un terceiro. O vínculo entre o titular da conta e quen estafa a outro aquí si estaría acreditado. O resumo do propio alto tribunal do caso aclara mellor a proximidade do asunto: el perjudicado había ingresado en una cuenta corriente abierta por un tercero, pero titularidad del acusado, 850 euros en pago de una escopeta ofertada por internet que jamás recibió. Se reprocha al acusado haber facilitado sus datos personales a ese tercero desconocido que se lo habría pedido convenciéndole de que necesitaba una cuenta para recibir una transferencia y no estaba en condiciones de aperturarla por ser extranjero y estar indocumentado. El acusado accedió a la solicitud pese a que pudo y debió imaginarse que podría usarse para una actividad fraudulenta.O Tribunal Supremo nega que a conduta permita concluír que esteamos ante un delito de branqueo, pero tamén rexeita a posibilidade de consideralo un delito de estafa pois a participación sería imprudente: La cuenta se abre no para lograr legalizar el producto de la estafa, sino para perpetrar la misma defraudación. Constituye una cooperación a la actividad fraudulenta; una participación culposa en un delito de estafa que, como tal, no es punible ( art. 12 CP ). La estafa solo admite la versión dolosa.E aínda que máis antiga, e resolvendo o caso concreto no sentido inverso ao que aquí chegamos, podemos traer a sentenza de 2 de decembro de 2014 ( ROJ STS 5632/2014) que resume situacións próximas: En palabras de la STS 834/2012 de 25 de octubre en la que se basa el recurso "...la calificación jurídica de los hechos como integrantes de un delito de estafa informática, receptación o blanqueo de capitales, obligará a analizar en qué medida el dolo de ese tercero que hace posible el rendimiento del capital evadido, capta los elementos del tipo objetivo del delito de estafa. Abrir una cuenta corriente con el exclusivo objeto de ingresar el dinero del que se desapodera a la víctima, encierra un hecho decisivo para la consumación del delito de estafa, pues en la mayoría de los casos, al autor principal no le será suficiente con disponer de la información precisa sobre las claves personales para ejecutar el acto de desapoderamiento. Necesitará una cuenta corriente que no levante sospechas y que, mediante la extracción de las cantidades transferidas pueda llegar a obtener el beneficio económico perseguido. Precisamente por ello, la contribución de quien se presta interesadamente a convertirse en depositario momentáneo de los fondos sustraídos, integrará de ordinario el delito de estafa. Pero para ello resultará indispensable -claro es- que quede suficientemente acreditada su participación dolosa en el delito cuya secuencia inicial ejecuta un tercero, pero a la que coopera de forma decisiva." Como hemos analizado al resolver el motivo anterior, esa prueba concurre en el presente caso.Como analizamos no noso caso, non concorre esa proba no presente caso.

Así pois, resumindo, a sentenza só deu por probado que o recorrente abriu unha carteira virtual e cedeu o preciso para o acceso a ela a un terceiro. Ese terceiro cometeu un delito de estafa empregando esa carteira, pero non se declara probado que existise coñecemento polo recorrente de que ese era o uso que se pretendía dar á carteira virtual que el entregaba e moito menos vontade de colaborar con tal acto. Non cabe inferilo dos datos que se dan por probados, pois esa cesión podía responder a outros motivos ou finalidades do terceiro ao que se cedeu o acceso. E non cabe substituír a proba do dolo como coñecemento, incluso na forma de dolo eventual, dese uso delituoso do elemento aportado polo recorrente por un xuízo de reproche por non ter evitado a comisión do delito.

Por todo o anterior procede acoller o recurso e absolver ao recorrente.

Tras seren vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,

Fallo

Que debemos acollero recurso de apelación interposto polo procurador Francisco Lence Dopico en nome e representación de Leoncio, asistido pola letrada María Mercedes González Piñero, contra a sentenza ditada o 8 de febreiro de 2024 no Procedemento Abreviado 244/2023 do Xulgado do Penal nº 1 da Coruña, revogándoa e ABSOLVENDOao recorrente con declaración de oficio das custas de primeira e segunda instancia.

Ao notificar esta sentenza, déaselle cumprimento ao previsto no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes facéndolles saber que esta resolución non é firme e que contra ela, de conformidade co art. 851.1.b da Lei de axuizamento criminal, cabe interpor un recurso de casación.

O recurso debe prepararse mediante un escrito autorizado por avogado/a e procurador/a, presentado ante este Tribunal dentro dos cinco díasseguintes á última notificación (artigo 856).

No escrito deberá pedir testemuño da resolución contra a que se dirixe e manifestación da clase/s de recurso/s que pretende utilizar.

Ese recurso de casación só poderá fundarse no motivo de infracción de Lei nos termos previstos no artigo 849 no seu punto 1º:Cuando, dados los hechos que se declaren probados en las resoluciones comprendidas en los dos artículos anteriores, se hubiere infringido un precepto penal de carácter sustantivo u otra norma jurídica del mismo carácter que deba ser observada en la aplicación de la Ley penal.

No escrito de preparación do recurso debe a parte consignar en párrafos separados, con la mayor claridad y concisión, la concurrencia de los requisitos exigidos, identificando el precepto o preceptos sustantivos que se consideran infringidos y explicando de modo sucinto las razones que fundan tal infracción (artigo 855).

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos, mediante esta sentenza, da cal se levará certificación ao rolo de sala e que se anotará nos rexistros correspondentes.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.