Sentencia Penal 79/2025 A...o del 2025

Última revisión
09/05/2025

Sentencia Penal 79/2025 Audiencia Provincial Penal de A Coruña nº 2, Rec. 73/2024 de 18 de febrero del 2025

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 100 min

Orden: Penal

Fecha: 18 de Febrero de 2025

Tribunal: Audiencia Provincial Penal nº 2

Ponente: XERMAN VARELA CASTEJON

Nº de sentencia: 79/2025

Núm. Cendoj: 15030370022025100051

Núm. Ecli: ES:APC:2025:384

Núm. Roj: SAP C 384:2025

Resumen:
CORRUPCION DE MENORES

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

A CORUÑA

SENTENCIA: 00079/2025

-

C/. DE LAS CIGARRERAS Nº 1 - EDIFICIO ANTIGUA FABRICA DE TABACOS. 1ª PLANTA

Teléfono: 981 18 20 74 /75/36

Correo electrónico: seccion2.ap.coruna@xustiza.gal TFNO. 881 881 899 /895/ 896/ 898

Equipo/usuario: ML

Modelo: N85850 SENTENCIA CONDENATORIA

N.I.G.: 15030 43 2 2021 0008181

PO PROCEDIMIENTO SUMARIO ORDINARIO 0000073 /2024

XDO. DE ORIGEN: XDO. DE INSTRUCCIÓN Nº 1 DE A CORUÑA

PROCEDIMIENTO DE ORIGEN SU 788/2021

Delito: CORRUPCION DE MENORES

Denunciante/querellante: MINISTERIO FISCAL

Contra: Pedro Miguel

Procurador/a: D/Dª MARIA DEL MAR URIARTE GONZALEZ-CAMINO

Abogado/a: D/Dª MARIO LUIS POZZO-CITRO

SENTENZA

Presidente:

Ilmo. Sr. Ángel María Judel Prieto

Maxistrados:

Ilmo. Sr. Xermán Varela Castejón

Ilmo. Sr. José Alberto Nodar García, maxistrado sustituto

A Coruña, 18 de febreiro de 2025

Foi vista ante a Sección Segunda desta Audiencia Provincial a causa tramitada co número desta sección Procedemento ordinario 73/2024,procedente do Xulgado de instrución núm. 1 da Coruña e que foi instruída co número de Sumario dese Xulgado 788/2021, sendo presentado escrito de acusación afirmando a comisión dun delito de exhibicionismo e outros dous de corrupción de menores. Foi acusado:

- Pedro Miguel, nado o NUM000 de 1994, natural de Colombia, con cédula de cidadanía dese país NUM001 que foi representado pola procuradora Maria Del Mar Uriarte González-Camino e asistido polo letrado Mario Luis Pozzo-Citro.

Foi parte acusadora o Ministerio Fiscal.

Actuou como relator o maxistrado Xermán Varela Castejón.

Antecedentes

Primeiro. -Estas actuacións comezaron coa incoación das dilixencias previas de procedemento abreviado numeradas como 788/2021do Xulgado de instrución nº 1 da Coruña, posteriormente transformadas en procedemento Sumario co mesmo número que concluíu e elevou a esta Audiencia Provincial.

Xa nesta Audiencia Provincial, asignado o número de procedemento ordinario 73/2024, e tras seren oídas as partes, confirmouse a conclusión do Sumario e acordouse a apertura de xuízo oral. Tras esa decisión o Ministerio Fiscal presentou o seu escrito de cualificación e, posteriormente, a defensa o propio dela.

Segundo.-O día 9 de xaneiro de 2025 foi celebrada a vista.

No momento de emitir as súas conclusións definitivas o Ministerio Fiscal modificou o seu escrito de acusación engadindo na primeira conclusión que os pais das menores Coral e Marí Juana renunciaron ao exercicio de accións civís e a calquera indemnización polo que modifica tamén a quinta retirando a petición de indemnización. Por outro lado, engadeu na conclusión segunda no apartado 2 onde dicía 2 delitos de captación de menores de idade con fins de obter material de abuso sexual infantil, a expresión, tras a de captación, de e utilización,quedando a expresión como ... con 2 delitos de captación e utilización de menores de idade cos fins de obter material de abuso sexual infantil.... A defensa elevou as propias a definitivas.

A vista de xuízo rematou dando a última palabra ao acusado.

Hechos

Primeiro. -En xullo de 2021 Coral (nada o NUM002/2009), Marí Juana (nada o NUM003/2009) e Aurora (nada o NUM004/2009) tiñan menos de 13 anos de idade.

As tres menores usaron xuntas unha aplicación de contactos anónimos (OMEGLE fala con estraños).

Segundo. -Dentro dos últimos días de xullo de 2021, empregando esa aplicación, as tres menores contactaron con quen resultou ser Pedro Miguel, usuario desa mesma aplicación e que estaba na cidade colombiana de Barranquilla onde residía.

O aspecto físico das tres menores e o seu comportamento deixaba claro que eran menores de 13 anos.

Ademais, nas conversas que mantiveron comunicáronlle que eran menores desa idade. Pedro Miguel sabía que eran menores de 16 anos.

As comunicacións producíronse entre o 31 de xullo e o 14 de agosto de 2021.

Terceiro. -Na primeira comunicación, a través de Omegle,atopábanse as tres menores xuntas no domicilio de Coral, Pedro Miguel mantivo con elas comunicación con visión bidireccional e, tras pedirlles que quería velas espidas, comezou a masturbarse diante delas, pediulles que se espisen diante da cámara, e polo menos unha delas exhibiulle con sentido sexual parte do seu corpo. El, posteriormente solicitoulles que se masturbaran, pero elas non o fixeron.

Cuarto. - Pedro Miguel obtivo o perfil na aplicación Instagram usado pola menor Marí Juana ( DIRECCION000).

Despois do primeiro contacto, agora a través de Instagram,usando el o nome de usuario DIRECCION001, mantivo, polo menos coas menores Coral e Marí Juana, diversas comunicacións a través do chat.

Pedro Miguel manifestou estar anoxado con elas por terlle gravado, elas a el, na primeira comunicación. Con ese reproche, díxolles el que para arranxalo que realizasen comunicacións con vídeo exhibíndose ante el e que lle enviasen fotos ou vídeos delas, especialmente con contido sexual (de Aurora só tiña fotos vestida).

Pedro Miguel para dobregar a súa vontade anuncioulles que as denunciaría porque lle gravaran a el masturbándose e que, caso de non facer o que lles pedía, poría en coñecemento dos seus pais os feitos anteriores e publicaría as fotos e vídeos que el obtivera remitíndoos aos contactos de Instagram das menores. Para mostrar a seriedade da ameaza, entrou en contacto cunha amiga das menores e remitiulle o enlace do perfil nunha rede social da madriña de Marí Juana demostrando a capacidade de contactar con ela. Marí Juana e Coral creron que ía cumprir co anunciado co que terían, ademais, o castigo dos seus pais.

Marí Juana e Coral mantiveron varias conversacións por escrito, de voz e de vídeo nas que, ante as ameazas e a petición del, espíronse e mostráronse.

A partir do día 8 de agosto mantivo comunicacións con Marí Juana, que estaba de vacacións cos seus pais nese momento, e, seguindo coas ameazas e pese a manifestar ela nalgún momento que estaba afectada ata o choro pola situación, conseguiu que lle mandase, cando menos, unha fotografía.

Quinto. -Logrou que as menores, motivadas polo medo a que cumprise as súas amezas, remitíranlle, polo menos, as seguintes fotografías e vídeos:

4 vídeos de Marí Juana e Coral espidas ou en roupa interior mentres lle dicían "aquí tes as nosas coñas, un kiss"e como non funcionaba o flash achegáronse ao espello ("non nos deixa achegar máis, achegámonos nós")para que aparecese un primeiro plano da súa zona vaxinal (vídeos gravados polas menores o 31/07/2021 entre as 21:24 e as 23:08 horas fronte a un espello).

Varias fotos de Marí Juana e Coral, unha delas totalmente espida de corpo enteiro e de fronte ante ao espello do baño e outras tres de costas, de corpo enteiro e en roupa interior entre as 19:53 e as 22:29 horas do 31/07/2021.

Da investigación levada a cabo non consta que o inculpado difundise o anterior material.

Fundamentos

Primeiro.- Sobre os feitos probados.

1.1.-A defensa non discutiu a forma de producirse os feitos e centrouse en negar que quen os cometeu fose o acusado. En todo caso, é relevante que indiquemos as fontes de proba que nos levan á conclusión como probados dos feitos descritos.

O contido do relato de feitos probados está delimitado polos feitos expostos no escrito do Ministerio Fiscal dado que delimita, como única acusación, os feitos aos que se pode estender esta sentenza aínda que, na análise da proba, poidamos detectar outros que poderían ter hipotética relevancia penal.

As fundamentais fontes de proba son as declaracións das tres menores en xuízo, a documental constituída polos arquivos de vídeo e imaxe localizados pola policía na carpeta de reciclaxe do teléfono dunha delas e a documentación que plasma parte das conversas que por medio da aplicación Instagram se produciron a partir do 7 de agosto.

No referido ás declaracións das menores debemos ter en conta que a propia defensa non discute a credibilidade delas no sentido de non ter dato ningún para negar a súa sinceridade dada a ausencia de relación co posíbel autor dos feitos, chegando incluso na propia vista a manifestar os representantes legais a ausencia de pretensión ningunha de indemnización. Iso si, en casos como o que nos ocupa a credibilidade non supón necesariamente afirmación de fiabilidade, dado que aínda pretendendo relatar o sucedido cabe o suposto do erro na transmisión de información, xa sexa por un recordo errado polo paso do tempo e as circunstancias (de idade, de forma de produción dos feitos e de forma de revelación ao seu entorno), xa sexa por un déficit no momento de declarar pola presión ambiental propia do propio xuízo ou posíbeis confusións en relación coas preguntas. En todo caso, observadas en conxunto as tres declaracións e contrastadas coa información que se plasma nos documentos referidos, si permiten ser indicadas como fontes absolutamente determinantes do resultado probatorio.

En canto aos documentos de vídeo e fotografía que constan unidos á causa a proba son os propios documentos informáticos achegados por medio dun DVD pola policía e plasmados en impresión nos folios 13 (reverso) e 14 (anverso e reverso), no caso dos vídeos do seu primeiro fotograma. O que se pode observar neses documentos (nos informáticos) é o contido descrito no relato de feitos probados que nese punto é unha simple descrición do que calquera pode observar neles. Ninguén puxo en dúbida que, como se explicou en xuízo, eses documentos concretamente son recuperados da carpeta de elementos eliminados do teléfono empregado pola menor Marí Juana. Consta unha captura dos datos dos arquivos que tiña o propio teléfono que indicaba que a data da súa última modificación é a que plasmamos no relato de feitos probados: 31 de xullo de 2021. Agora ben, tamén consta que eses arquivos non son eliminados pola usuaria do teléfono ata o 9 de agosto de 2021. A esa conclusión chegamos dado que consta documentado (como dato que podemos considerar obxectivo, en todo caso confirmado polo axente policial e polo pai de Marí Juana) que o terminal de Marí Juana foi entregado á policía polo seu pai o 19 de agosto de 2021, os de Coral e Aurora polas súas nais o 20 de agosto de 2021. Aínda que nun déficit de documentación pola policía non se fai constar cando se accede aos terminais, non puido ser antes e podemos dicir que foi o 19, no que a estes se refire, pois esa data forma parte do nome de cada un dos arquivos que foron capturas de pantalla sacadas ese 19 de agosto. É relevante este dato dado que na reprodución da pantalla de elementos eliminados, carpeta onde se localizaron, aparece a referencia de que levaban nesa carpeta 11 días no momento do acceso (reprodución ao folio 36). Así pois, permite determinar que, independentemente de cando foron xerados os arquivos, non son eliminados ata o 9 de agosto.

Por último, como dixemos, entre as probas máis relevantes, se sitúa toda a secuencia de conversas que se manteñen a través da rede social Instagram dende o día 7 de agosto. Para facilitar as referencias farémola aos folios da causa que reproducen a impresión dos arquivos que conformaban a proba. No referido á fiabilidade das fontes de proba, foron achegadas como parte da memoria que aínda rexistraba o xa mencionado terminal telefónico empregado pola menor Marí Juana. A policía procedeu a gravar o terminal reproducindo esas conversas para permitir a audición dos arquivos de voz que se remitiron. Desa forma tamén permite observar o propio terminal onde se localizaban cando se examinan e non limitarse, técnica menos escrupulosa como obtención de fonte de proba, a achegar pantallazosdo que se observa. Aínda que é necesario ter cautela coas fontes de base informática, dada a posibilidade de manipulación, o certo é que neste caso a fonte de obtención (pai da menor e nun momento inicial da investigación) e a correlación coas outras fontes, permite considerar fiábel esa fonte e o obtido fiel reflexo do sucedido. Indicamos antes que desa fonte podemos inferir que antes do que se conservou xa existiron algunhas comunicacións entre as menores, ou cando menos Marí Juana, e o autor dos feitos, pois o primeiro arquivo que aparece (do día 7 de agosto) resulta ser contestación a algo anterior que non coñecemos. Con carácter xeral na análise desas comunicacións hai que destacar que se conserva o contido das comunicacións escritas mediante mensaxes dese tipo. Queda constancia tamén dos inicios das comunicacións con vídeo (vídeo chamadas ou Chat de vídeo)e a súa finalización, como tamén dos mesmos momentos das Llamadas de audio,pero non dos contidos desas comunicacións. Igualmente, queda constancia do envío de arquivos de imaxe e de arquivos de vídeo, pero non dos arquivos efectivamente remitidos. Tamén é relevante con carácter xeral indicar que son varios os momentos nos que se pode inferir do contido das comunicacións por escrito que, ao mesmo tempo que se producían desa forma, hai momentos en que, paralelamente, o autor dos feitos comunicábase por outro medio (normalmente mantendo vídeo chamada), pois se ve como as menores escriben contestando a cousas que se lles din sen escribir.

1.2.-Dadas as alegacións da defensa, procede explicar primeiro como chegamos ao relato de feitos sucedidos e, despois, como determinamos como probado que o varón que cometeu eses feitos é o acusado.

Pois ben, atendendo a eses diversos medios de proba podemos ter por acreditado que se produciu un primeiro contacto a través da páxina Omegle. Habla con extrañosentre as menores e un varón. Nesa comunicación foi cando este se masturbou e algunha delas, non sendo relevante dada a tipificación proposta que despois examinaremos, exhibiuse, por petición dela, para estimular esa acción del. Así o relataron as tres menores en xuízo e, ademais, tal encontro aparece referido en diversos momentos nas comunicacións que se producirán despois en Instagram. Así consta na discusión que manteñen sobre o cada un fixo e que consta nos folios 64 a 66.

No referido á idade das menores e ao seu aspecto físico e comportamento atendemos, ademais do dato obxectivo da data de nacemento e en canto aos elementos perceptíbeis por un terceiro, ao contido das fotografías e os vídeos, pero tamén ao contido das conversas. No referido a aqueles contidos, non resta dúbida de que as menores que aparecen neles tiñan menos de 13 anos, o seu aspecto seguía a ser máis próximo ao dunhas nenas que incluso a adolescentes. Ademais, observar as comunicacións que mantiñan aclara calquera dúbida, pois son varios os momentos nos que reflexan unha personalidade aínda non madura (propia dunha menor de 13 anos) que, por exemplo, non valora acertadamente a relevancia de cada feito. Neste sentido, pese a resultar evidente que actuaban baixo ameaza, manifestan oscilacións nas súas comunicacións chegando a responder, tras ter sido ameazadas, de forma cariñosa ao varón co que falaban, ou mostrar só preocupación por poder ser castigadas sen teléfono, ou descoñecemento das posibilidade de localizar a amigos ou familiares cos datos que elas mesmas publicaban nas redes sociais. Pero, se algunha dúbida puidera restar, en varios momentos as menores ao conversar despois do día 7 de agosto repiten a súa idade e non o fan como se fose un dato que dan nese momento senón que xa fora comunicado. Así consta nas comunicacións do día 7 de agosto que a menor que di que é Aurora (polo que explicaremos non podemos determinar se o era ou non) manifestoulle: Vale pero obligarles a unas niñas de 13 años a hacer eso no me parece bien / si me dijeras q tienen 17 o 18 años vale pero es que TENEMOS 13.Respondendo o varón: No lo grabaré solo será para entretenerme un rato.E de novo a menor: Pero es que no entiendes QUE TENEMOS 13 AÑOS / No 18 / Que yo de momento no soy puta ni stripper ni nada deso.Varón: Pues dame el contentillo para que estés tranquila:E, tras retarlle ela (Y si quieres entretenerte entras en pornohub y ahí disfrutas),manifestou de novo: Cuando hiciste todo lo primero no pensaste en tu edad / Sabes que / Ya no hagas nada(folios 62 e 63). De novo aparece esa referencia na conversa con Coral que despois analizaremos e impresa ao folio 79.

En canto ao momento do primeiro contacto, debemos atender ás declaracións das tres menores en xuízo que non foron neste punto cuestionadas ou negadas pola defensa e que teñen todos os visos de credibilidade nos termos antes indicados. As tres manifestaron que o varón masturbárase, se ben é certo que non precisaron cal delas se expuxera parcialmente espida. Coral manifestou que fora Aurora, Marí Juana que non o lembraba e Aurora non aclara este extremo, aínda que as 3 coinciden en que el pediulle que o fixeran. En todo caso, nas conversas de Instagram,referidas existen varias referencias a ese primeiro encontro que veñen confirmar que se produciu nos termos indicados.

Por último, podemos destacar diversos momentos das conversas mantidas a través de Instagramnos que se plasman as amezas referidas. Nunha primeira panorámica delas comprobamos que a comunicación comeza o día 7 de agosto (como dixemos tras anteriores comunicacións non conservadas) con Marí Juana, posteriormente nesa comunicación participa Coral e nalgún momento fálase en nome de Aurora, se ben non podemos ter certeza de que realmente fora esa menor a que se comunicaba. Si o temos das outras dúas dado que segundo se producen as conversas, tamén se producen comunicacións de vídeo nas que o varón puido verificar con quen falaba e que eran Marí Juana, nun primeiro momento, e Coral despois. De feito, ese primeiro día, é esta última a que remite varios arquivos.

Nesa primeira comunicación do día 7 de agosto as comunicacións que temos comezan cun audio remitido dende o perfil de Marí Juana e tras iso o varón reprochándolles que lle tivesen gravado cando mantiveron a primeira comunicación na aplicación Omegle. Marí Juana pediulle desculpas e insistiu en que quería arranxalo, preguntándolle que podía facer para conseguir iso (folios 42 a 46). Xa aí se pode comprobar que no chatdende o usuario de Marí Juana escriben polo menos dúas cando responde a unha pregunta del a usuaria: le llamo su madre / espera.Nese primeiro momento o varón pon en dúbida con quen fala e, para acreditar que é ela, fai que a menor realice unha vídeo chamada (folio 47). Tras varias comunicacións dese tipo, el insiste en que lle digan como arranxar as cousas. Evidénciase a estratexia da ameaza cando dende o perfil das menores escriben: Aunque a mi tb me pareció mal q se lo hayas mandado a una de mis amigas q no sabía nada y yo no sé lo quería decir nada / Yo quería q quedará entre nosotros y ya.E o varón responde: Pues yo no mandé nada malo / Yo solo pregunté por ustedes.Tras iso insiste el en que teñen que arranxar o sucedido (Ahora hay que solucionar esto. Para que quede entre nosotros)(folios 49 e 50). Aí se produce unha vídeo chamada (de 18:15 a 18:21) na que se observa como dende o perfil das menores escriben e el se comunica por voz sen que conservemos o que el di. Tamén se evidencia que lles esixe que se mostren e que lle manden fotos: para q / Esque no se te escucha / Yo lo quiero arreglar pero sin desnudarnos ni nada / Solo yo O las demás tb / Y pq a mi quiero saberlo / bueno vale[el di ok e segue ela] Pero con bragas y sujetador / solo made una ft / Bueno vale pero nada más no? / no estoy desnuda(folio 51). Podemos ter por probado que esta conversa e chamada a mantén Marí Juana dado que así o afirma ela e el, que a observa no vídeo, nada opón. Ao pouco prodúcese unha nova vídeo chamada (de 18:22 a 18:31) do mesmo teor: Estoy meando / Espera un momento / Tengo la regla / Solo puedo tocar por arriba / Vale pero no yoco / No están / Se fueron a ns dnd / Y me dejaron sola / Ya está(folio 52). Que, a menor, Marí Juana, entendía que ese era o prezo por non sufrir as consecuencias evidénciase ao final desa comunicación: Bueno ya está / Arreglado?Tamén aí queda claro que o contido da comunicación visual foi de carácter sexual ou pornográfico.

Un tempo despois no mesmo día, a partir das 18:37, sucédense de novo as comunicacións e do contido podemos inferir que el reclamaba que se espiran tanto Coral como Aurora. Marí Juana responde: Dice que no se va a desnudar / Coral lo hace, pero sólo si no le grabas pq no te grabó en ningún momento / Sí / Vale / Lo hace ahora / Dice Aurora q no / Vale / Venha qe lo hace (folios 54 e 55).

Sucédense comunicacións en que el pretende obter o que reclama e Marí Juana di que está fora advertindo el, cando ela di que falaran nunha hora, de novo do serio da ameaza: Mmmmm segura? Ok espero sea así. Por qué no me gusta que quieran jugar conmigo(folio 57). E así é, pois efectivamente ás 20:25 iníciase unha vídeo chamada que dura ata as 20:35, tempo no que só escribe el Quiero verlas con ropa primero,e, nada máis rematar: Que rica está Coral. Esta sucesión de mensaxes permite inferir que esa comunicación mantivérona Marí Juana e Coral xuntas. Sobre o contido queda claro que consiste en exhibición para a satisfacción sexual del, non deixa dúbida a seguinte mensaxe que remite inmediatamente: Lo malo es que falta algo de atrevimiento... La idea es[introduce un emoticono dunha especie de cabaciño e outro de tres pingas de auga]. Inmediatamente insiste: pero ahora quiero ver a Aurora, e ao indicar elas que a tentaban convencer e non o lograban, apelou á rotura do trato (entonces se dañará el acuerdo),insistindo despois, ante as apelacións das dúas menores a que elas si estaban a colaborar que: La verdad es que si ella [ Aurora] no va a hacer nada entonces no tendremos trato (folios 58 a 59). Sucédense mensaxes insistindo en pretender esa participación da outra menor. Nun determinado momento dende o perfil de Marí Juana, quen escribe afirma que nese momento é Aurora. Non podemos saber se realmente o era ou non, pero o relevante, fose ela o outra das menores, é como se evidencia o que el exixía nas comunicacións: Ya pero xq tu quieras no tenemos xq hacer un show de desnudarnos y q tú lo grabes para saber q.El nega que teña intención de gravar, pero por advertirlles de que xa ten material, confirmando a conclusión de que si obtivera esa exhibición e o material: Si quisiera hacer algo malo con ustedes ya lo podría hacer con todo lo que tengo / Mmmm pues yo quiero hacer algo exitante / Es algo solo entre nosotros.Tras discutir, parece que con Aurora, volve ameazar neste caso a esta menor: Mmmm bueno Aurora igual solo subiré tus capturas (folio 65) e despois alardea de non precisar gravar: Ya dije que no voy a grabar. Ya no necesito grabar(folio 66). Na conversa que se sucede a partir de aí, falan Marí Juana e Coral (sabemos que as dúas dado que nos audios son oídas as voces de ambas) e queda acreditada a actuación baixo ameaza cando nos audios pídenlle que non mande as fotos. El manifesta que remitirá as capturas que di ter nas que só estea Aurora: A sus padres y amigos... No pero si conseguí varios familiares para que se lo muestren(folio 68). Mentres se desenvolve esa comunicación, de novo Marí Juana di que non quere facer nada máis e provoca que el de novo indique que non haberá trato (folios 70 e 71). E de novo nesas comunicacións, que si podemos ter por probado que son mantidas por Marí Juana e Coral (dados os audios referidos aos folios 75 e 76), aparece evidenciado o contido das pretensións do varón: Bueno pues hagamos una vídeo llamada ahora y listo... Que es lo difícil yo les pido un par de cosas que igual ya me han mostrado / Me corro y las dejo tranquilas / Va?.E pouco despois volve acreditarse esa intención, así como que xa obtivera vídeos e que xa lograra ese material: Mmmmmmm pues mostrarme para que corra. Marí Juana: El q / Lo q. Varón: Dale igual que no hay nada que no me hallan mostrado. Marí Juana: Dedos no me voy a hacer w nonme caben / y no te vale con los vídeos?. Varón: Solo serán 5 minutos mas o menos dependiendo de ustedes. Marí Juana: jajajaa. Varón: Dedos no. Marí Juana: pero q te enseñamos. Varón: Ya veremos hagamos la llamada y hay vemos / Ok?(Folios 71 e 72). A partir de aí el insiste na comunicación visual e, ante as peticións delas de que agarde por ter que facer cousas, volve a acreditarse o uso da ameaza: Están muy confiadas / Espero no se arrepientan de no haberme echo caso después / Yo esperaré solo un rato más(folio 76).

Nese momento, seguindo no 7 de agosto, Marí Juana manifesta que Coral seguirá falando con el e envía unha foto (folio 77) que é recibida por el co sinal de acordo (puño pechado e dedo polgar erguido). A comunicación continúa só con Coral. Tal dato evidénciase vendo a secuencia das comunicacións e como esta última primeiro escribe que é ela, despois hai comunicación con vídeo e el pode comprobalo e despois volven falar xa só o varón e Coral explicando que esta quedou soa tras ter marchado as outras dúas. Nesa conversa queda evidenciado dende o primeiro momento que motiva a Coral pois esta expresa: Haber / Q tengo q hacer oara q me dejes ami y amis amigas en paz yo hago lo que sea.Igualmente el (que insiste en que tamén participe Marí Juana que cre que aínda está con Coral) reitera as ameazas evidenciando o uso da intimidación: Pues entonces dile a Marí Juana que se que está hay... Que hagamos la vídeollamada / Serán 5 minutos solamente / Y las dejo en paz / ok? (folio 78). Tamén de novo evidencia esta comunicación que feitos similares xa sucederan antes desa comunicación ao dicir Coral: Creo que Marí Juana y ya ya emos pagado lo q tendríamos q pagar emos echo de todo y Aurora nd. El insiste en ameazar ( Aurora tendrá que pagar)e ela remite un vídeo e inmediatamente outro arquivo de vídeo (folio 79). Tras iso manifesta a menor: Ya pero esq estás abusando un poco no vres q solo tenemos 13 años ahora solo queda Aurora (folio 79). No audio que remite Coral inmediatamente volve referir que xa reclamara ese tipo de vídeos con ameazas e que obrigáralles a realizar actos sexuais ao manifestar entre outras cousa: ya hemos hecho de todo, eres mucho más mayor quenosotras, nosotras solo tenemos 13 años.Desas comunicacións só cabe inferir que as menores remitiron vídeos delas de contido sexual. Nada diso cambia a pretensión do varón que insiste: Pues si dices estar sola. Yo aseguras entonces hagamos la videollamada y te puedes quedar tranquila y tus amigas también ok?. Coral: Pero en la llamada que hacemos. Varón: Pues nada que ya no hallamos echo antes / Serán 5 minutos. Coral: Tú dime lo q quieres. Varón: Pues quiero que me hagas correr / Eso quiero. Coral manda unha gravación na que, evidentemente afectada, reclámalle que lle diga se lle ten que ensinar (las tetas, el coño..),el responde: Te diré en la llamada(folio 80). Comeza entón unha vídeo chamada ás 22:15 horas, pero é cortada por Coral que lle di que non quere facelo sendo rexeitada a petición por el: Espera que estoy hablando con Marí Juana x was / Una csa no me encuentro bien me hagovie y estoy llorando ehh lo podemos dejar oara otro día porfavor esq me estás acosando y ni me encuentro bien no te estoy mintiendo / porfavor. Varón: No / Te dije algo de 5 minutos y ya / No es nada difícil / Si lo que prefieres es que se enteren tus padres y los de tus amigas está bien / Ya verán que hablaba en serio / Adiós. Coral: Mira yo lo siento pero me estas acosando y yo así no puedo yo creo q esa llamada desnudándome ya esta yo puedo a ver otra pero hoy no pq van a venir mis padres y pq no puedo estoy q me va a dar un ataque me estoy agobiando mazo y no puedo lo siento. Varón: Pues entonces ya te dije. Coral: Ya pero esq no puedo de vrd espera un segundo. Varón: es solo una llamada de 5 minutos. Coral: Yo te llamo espers / Esperq / Espera. Varón: Pues ya me estoy cansando. Coral: Esperw. Varón: Ya lo hubieras echo / Y ya las hiciera dejado tranquila. Coral: Un segundo a que me tranquilice pero la cara no la enseño lo siento. Prodúcese unha nova vídeo chamada, un corte e dúas novas vídeo chamadas. Tras iso el manifesta Ves que no era tan dificil(folios 82 a 84). Esa resposta é suficiente para ter por probado que na vídeo chamada sucedeu aquilo que el reclamaba e, por iso, podemos inferir dela o seu contido. A conversa continúa adoptando el unha suposta posición de comprensión cara ela (Pues te diré que te dejaré tranquila por qué me has cumplido)e con referencias ás outras dúas menores pois el exixía que as tres participasen. De feito nesa conversa el pídelle que acepte as súas solicitudes de amizade nos perfís das outras para poder manter o contacto nos días seguintes. Como despois explicaremos ao analizar a proba referida á autoría é significativo que o usuario do perfil amosa aí plena dispoñibilidade del e consciencia de que non lle sería retirado.

O día 8 de agosto de novo o varón retoma as comunicacións a través do perfil de Instagramusado por Marí Juana, preguntando en primeiro lugar se falaba con Marí Juana ou con Coral. Faino para concretar máis a seriedade da súa ameaza ao remitirlle o perfil de Instagramda madriña da menor (folio 92). A menor dille que ela "cumpre" e que cuando vuleva de vacaciones hago todo lo q quieras,pero el insiste en obter o pretendido nese momento (Oye y si me mandas una foto en la playa).Ela envía unha foto e pregúntalle se lle gusta respondendo el Me encanta / Eres hermosa,o que nos permite inferir que o seu contido era sexual. Novamente acredita o contido das mensaxes que as relacións e as mensaxes remitidas eran sexuais cando ela di: Bueno tengo que guardar el móvil cuando vuelva de las vacaciones hacemos una vídeollamada y me desnudo y hago lo que quieras(folio 94). Pese a iso el continúa co seu obxectivo: Oye y no me puedes mandar una foto de traje de baño entero antes de irte?,ao que ela accede remitíndolle unha nova foto que é respondida por el con emoticonos dun gato con corazóns nos ollos e a expresión Cosita rica.De novo o contexto e a resposta permiten inferir o contido sexual da fotografía. A partir de aí se suceden varios días con intentos de comunicación por parte de el que non son contestados ata o día 13 de agosto (venres). Ela maniféstalle que está castigada sen teléfono e escribe agochada, pero el insiste en conseguir contactar con Coral e Aurora. O sábado, xa día 14, volve insistir en obter esa información de contacto e tamén se evidencia, por dicilo nun determinado momento Marí Juana, que as outras dúas menores podían ler as conversas. Ante a dificultade para obter esas comunicacións, o varón opta por reclamar novas fotos (Mira. Como yo se que no puedes hacer vídeollamada. Regálame 5 fotos desnuda de ti. Vale?),ela remítelle unha foto para demostrar que está no coche con maiores pero el quere darlle contido sexual e reclámalle Ufff y si mandas la misma pero abres las piernas.Despois remite a menor un vídeo e unha foto, pero deses non podemos inferir o seu contido pois podería ser só para acreditar que estaba acompañada. Nese momento Marí Juana comunica cousas di que fala con Coral, insistindo o varón en que lle manden fotos ou ter comunicación coas outras menores. Nesa conversa de novo Marí Juana remite unha foto que podemos inferir tiña contido sexual ao manifestar xusto antes Ya estoy en el coche / Voy a sacarme ahora la ft q me dijiste antes,respondendo el de novo con emoticonos dun gato con corazóns nos ollos, respondendo a menor Tu ya sabes que yo cumplo(folios 104 e 105). Máis tarde, seguindo no mesmo sábado 14, el volve pedir unha foto para comprobar que estaba na praia, respondendo ela cunha foto á que el responde sabroso en la playa. A ver muéstrame el bañador que traes,e evidenciando o contido desas fotos manifesta Tu novio es muy afortunado bb / Quisiera ver debajo de ese bañador.Ela tarda en contestar e dille que estaba xogando un partido na praia, reclamando el que se faga fotos aínda que sexa nun baño, respondendo ela No hay baños en la playae remitindo unha foto. Esta foto é respondida con emoticonos de satisfacción por el que pide novas fotos Yo se que por hay te puedes tomar una fotico más para mi(folio 107). Dese momento salta a conversa ás 21:32 do sábado 14. De novo el insiste en obter fotos e ela explica que está cos pais ata que lle di que ten que ir durmir, exixindo que lle mande novas fotos cousa que ela volve facer preguntando Así t sirve?,pero neste caso el pretende máis ao responder Me molesta que no me cumplas / Te quiero desnuda(folio 113). Ao explicarlle que non podía e insistir el en que o fixera no baño, ela remite un novo vídeo, pero el reitera a ameaza velada No es broma me molesta que no me cumplas.Ela ofrécelle unha foto máis (Voy al baño y te mando una foto mía desnuda y ya me dejas en paz para siempre te parece?),sen que el acepte que sexa para sempre, e ela insiste en remitir unha foto e que despois el continúe a comunicación con Aurora, pero el require maior contido Mmmm bueno pero si quieres que sea así. Que sea algo mejor que una foto. Un vídeo cortito mostrándome tu cuerpo desnudo / Ok?.Ela responde Valee remite un vídeo, e tras el Ya está / Ya cumplí.Novamente dese contexto podemos inferir sen problema que o vídeo remitido tiña contido pornográfico. Pero el non cesa na súa posición e pregúntalle se ela quere que el garde o seu segredo e advertíndolle, ao dicir ela que si, Entonces tienes que hacer lo que te pida si lo haces yo me pórtare bien contigo(Folio 115). A partir de aí el insiste en manter a comunicación e obter información e datos de Aurora. Aí Marí Juana manifesta que as outras menores teñen acceso á súa conta e que, di, nese momento tamén a están a ler a conversa. El volve verbalizar as ameazas Solo te diré / Que si Aurora no va a cumplir / Cuando despierte mañana te encontrarás una corpresa / Las tres encontrarán una sorpresa. Ante iso Marí Juana reivindica que ela e Coral non terían a culpa e el vincula o que faga respecto das tres co que faga Aurora. Ela suplica Xfavor te lo pido q si me pillan mis padres o algún de mi familiar o algún amigo/a mia me quedé sin móvil dentro de un año / X lo menos.El reitera que só cesará se Aurora remite unha foto. Marí Juana reacciona remitíndolle unha foto de Aurora, pero el rexéitaa como válida para terse por satisfeito respondendo Pero si nada más se le ve la cara / Yo quiero ver si cuerpo completo.Con outra tamén se queixa de que ten moita roupa. Nesta conversa queda acreditada tamén a remisión das fotos ante o espello que si se conservaron na carpeta de elementos eliminados ao especificar el o que quere: Es una foto desnuda / Cómo la que mandaste primero. En el espejo(folio 126). A menor di que se está agobiando e vai chorar e a resposta del é Se les va a podrir todo / Bueno está bien igual luego llorarás más.Tras insistir el nas ameazas quen responde é xa o pai de Marí Juana rematando as comunicacións.

Pois ben, o escrito do Ministerio Fiscal instaba a declaración como probado do que expomos no relato de feitos proclamados así. En primeiro lugar, que se produciu o contacto a través de internet e que o autor sabía da idade das menores tendo explicado xa os elementos que permiten esa conclusión. Igualmente, solicitaba declarar acreditada a primeira comunicación en Omegleque tamén deriva dos feitos. Tras iso, refírese, letra b apartado 1 da primeira conclusión, ao feito de ter ameazado o autor ás menores coa intención de obter satisfacción das súas pretensións, cousa que entendemos sobradamente xustificada na reprodución de parte das comunicacións e explicada polas menores incluso como parte de comunicacións de voz que non se conservaron, pero que podemos ter por sucedidas dado o conxunto da proba. Tras iso o Ministerio Fiscal centra os envíos de fotografías provocados polas ameazas aos arquivos conservados na carpeta de elementos eliminados que antes describimos, e, xa na letra d dese primeiro apartado da primeira conclusión, reproduce parte das conversas para constatar as ameazas e indica que se produciron conversas, as menores chegaron a espirse, refire un dos chat de vídeos que entende non se pode determinar que contido tivo e indica que Marí Juana remitiu unha foto que non describe. Entendemos, polo explicado, que cabería ter por acreditadas varias comunicacións de vídeo con exposición das menores de carácter pornográfico e tamén que os envíos de fotografías e vídeos foron varios como fomos expondo ao analizar esas comunicacións. En todo caso, cinguíndonos ao pedido pola acusación que limita o ámbito fáctico no que nos debemos mover no apartado de feitos probados, entendemos suficientemente acreditado que se remitiron eses vídeos e fotografías referidos no escrito e que se remitiron por medo ás ameazas padecidas. Así o expresaron as tres menores en sala sen ser seriamente rebatidas e así cabe concluílo das conversas conservadas. Como xa indicamos a data de creación dos arquivos, único dato ao que se referiu a defensa, non impide que a remisión fose posterior, co que en nada desacredita o afirmado polas menores. Igualmente quedou claro que se remitiron máis fotos xa por Marí Juana a partir do día 8 de agosto como reflexa o escrito fiscal.

1.3.-Como dixemos antes, a defensa non negou propiamente a produción dos feitos, remitíndose nese punto á documental presente nas actuacións. O que alegou a defensa é que non restaba acreditado que o acusado fose o varón que mantivo o contacto coas menores.

Así pois, non se nega que as tres menores mantivesen un contacto inicial a través da páxina Omegle Habla con desconocidoscun varón e, posteriormente, comunicacións con ese mesmo varón a través da aplicación Instagrame o usuario DIRECCION001, empregando como nome Pedro Miguel. Tampouco se negou que ese usuario de Instagramera titularidade do acusado Pedro Miguel.

O anterior, por outro lado, xorde da información achegada pola policía que consta documentada no Atestado que puido verificar que a foto do perfil dese usuario de Instagramcorrespondía coa dun varón e unha muller nova. Tamén que se podía identificar a outras dúas contas da mesma rede social que aparecían como seguidoras da obxecto de investigación. Pois ben, seguindo coa análise da información plasmada nos documentos do Atestado, constaba tamén unha conta de Facebookco mesmo nome de usuario e a mesma fotografía de avatar na que aparecía como titular o nome do acusado: Pedro Miguel. Tamén co mesmo nome de usuario DIRECCION001 constaba unha conta na rede social Pinterestque tamén se asociaba con ese mesmo nome de Pedro Miguel. Noutra páxina, sempre en fontes abertas, consta documentado que co mesmo nome ( Pedro Miguel) aparecía aquela foto de avatar usada no perfil de Instagram.Por outro lado, en Telegramconstaba unha conta que tiña por nome de usuario @ DIRECCION001, unha foto do acusado e asociado á conta un número de teléfono (+ NUM005). En referencia ás contas de Instagramque aparecía como seguidoras da usada nos feitos, resultaron asociadas aos nomes de dúas mulleres colombianas que eran seguidas pola conta que cabe asociar (dadas as fotos e datos que contiña) á esposa do acusado (a muller que aparecía con el no avatar).

Eses datos foron os que se remitiron, a través de Interpol, á policía colombiana e o resultado foi a identificación do acusado e, posteriormente, a súa detención.

Certamente, existe unha certa confusión sobre o resultado das actuacións decididas polas autoridades colombianas cando procederon ao rexistro da vivenda do acusado, pois aínda que na súa declaración un dos axentes policiais referiu que, verbalmente e en reunión de colaboración, a policía colombiana informárao a el do resultado, o certo é que esa información non entrou nesta causa de forma documentada, sendo que así quédanos vedada a posibilidade de darlle transcendencia probatoria a unha información que é de referencia doutra referencia, é dicir o axente só pode referir o que lle referiu outro axente do resultado dunha actuación que, parece ser, realizou un autoridade xudicial ou fiscal colombiana. Nada diso sería suficiente para atender ao manifestado polo policía español.

En todo caso, o anterior perde relevancia para determinar a titularidade da conta da rede social Instagramempregada nos feitos, pois é o propio acusado o que declarou que el creara esa conta, de forma que a súa titularidade non aparece discutida. O que se discute é quen usaba da conta no momento de producirse os feitos e aí si adquiren certa relevancia de corroboración os datos expostos.

Estamos ante o uso dunha conta de Instagramcomo medio de comunicación con tres menores ao longo de sobre un par de semanas e varios días consecutivos. Nese uso, como exemplo, reclama que dende as contas das menores acepten a súa solicitude de amizade para seguilas en días seguintes (folio 86 a 88 da causa). Quen usaba da conta amosaba plena seguridade no uso como titular, é dicir, amosábase sen dúbida aparente da posibilidade de ser descuberto polo suposto verdadeiro titular. Iso, ademais de nas expresións empregadas, amósase claramente precisamente por poder dispor da conta en días sucesivos e actuar na tranquilidade de saber que podían manter o dominio desa conta. Tal dato apunta na dirección de que era o titular, recoñecido, o usuario, debatido. A iso engadimos que o titular, o creador da conta, é dicir o acusado, empregaba con frecuencia diversas redes sociais e aplicacións e nelas usaba, en ocasións, dos mesmos nomes de usuario, colgaba a mesma fotografía que permitía a súa identificación e facía referencia ao seu verdadeiro nome. É dicir, por un lado, non se trata de alguén sen experiencia no uso de redes sociais ao que lle puidese pasar desapercibido o risco de que terceiros usasen da súa conta e tampouco que lle puidese pasar desapercibido que sucedese sen el decatarse. Ademais non era unha conta sen datos ou anónima que o titular puidese desatender por non lle dar relevancia, pola contra constaban datos e constaba que era seguida por persoas relacionadas coa súa familia, sendo que a súa propia muller tamén era usuaria desa rede social.

Ata aquí temos acreditado que a relación do titular da conta con ela (polos seus coñecementos, polos datos que trasladara a esa conta e a relación con outras que si usaba) aparece como un perfil no que é pouco probábel que non estivese atento ao uso e non se percibise dese uso por un terceiro alleo a el. Se trasladamos a mirada ao executado polo usuario nas conversas que nos constan empregando esa conta, todo indica que se trata do titular. Ademais do que xa indicamos (dispoñibilidade plena da conta e certeza de poder continuar no seu uso nunha secuencia que se estende unhas dúas semanas), o que amosa dende un principio o usuario é anoxo por ter as menores, segundo recoñeceron nas conversas, gravado algo do por el feito e que puidesen empregalo contra el. Así, temos documentadas as conversas dende o día 7 de agosto (folios 42 e seguintes en versión impresa) aínda que se infire de como se inicia a secuencia que a comunicación producírase dende antes. Ese día 7 o que reprocha o usuario é De verdad me molesta la gente que cree que puede hacer daños a los demás por qué si.Posteriormente refírese en todo momento como o titular da conta aparecendo latente a posibilidade de que as menores tratasen de contactar con alguén do entorno del, aínda que en xuízo non se aclarou ese extremo por non ser preguntado. Así, consta ao folio 64 que cando o usuario discute coas menores, aparentemente Aurora nese momento, el atribúelle unha conduta no primeiro encontro por Omegledicindo Fuiste tú está en el vídeo(folio 64), indicador de que el coñeceu ese vídeo gravado por elas. En todo caso, no referido á conduta do usuario real e a súa relación co titular da conta é especialmente significativa a reacción o día 14 de agosto cando intervén o pai da menor Marí Juana. Explicou en xuízo este que a preocupación do usuario da conta era que non se puxesen en contacto coa súa familia e niso insistiulle. De feito, consta que, tras falar en chamada de voz, escribe de novo o usuario Y le agradezco que vigilé que si hija no se meta con mi familia / Es lo que le pido.,engadindo despois Ok yo voy a bloquear la cuenta de su hija. Oye favor espero no me escribas por otra cuenta.E remata de novo coa mesma preocupación: Ok espero no me escriban por otra cuenta no nada por qué la bloqueare por acá ok?.Toda esa comunicación é plenamente coherente con que o usuario que mantén esa comunicación ten un medo concreto que é que entren en contacto coa súa familia. A única familia coa que poderían entrar en contacto é a vinculada ao titular da conta, pois ese era o único dato que poderían coñecer as persoas coas que falara en Galicia (menores e pai). Tal comportamento é, pois, o esperábel razoabelmente do titular real da conta, é dicir do acusado. Pero, ademais, é un comportamento que non tería ningunha explicación de ser o usuario outro varón alleo ao titular, pois, de darse tal circunstancia, a ese terceiro nada lle importaría e podería manter un comportamento ben diferente en coherencia coa seguridade coa que se mostrou mentres falou con menores asustadas.

Así pois temos que todos os datos apuntan como conclusión absolutamente razoábel a que o titular da conta (que o acusado recoñece ser el) foi quen usou eses días dela para cometer os feitos delituosos. Tanto os datos da conta e do seu uso xeral, como os datos do uso concreto analizado levan a esa conclusión.

Contra esas conclusións, a defensa alega que non era el o usuario eses días. O acusado declarou que creou a conta, pero non a usaba. Di que nada máis creala seguíronlle os dous perfís de familiares que mencionamos antes, pero que el non chegou a darlle uso e perdeu o acceso á conta e non sabe quen a usou. Concretamente, sobre o día dos feitos manifestou que se lle notificou que houbera movementos da conta que el non autorizara. Recoñece que creou as outras contas en redes sociais que antes referimos, salvo a de Pintereste Telegramque di non lembrar. Tamén recoñece o teléfono vinculado á conta de Telegramcomo propio.

A defensa achegou diversa documentación que entende acreditaría eses accesos non autorizados polo titular. Non podemos compartir esa lectura dos documentos. En primeiro lugar, os documentos son folios impresos que parecen reproducir mensaxes de mailrecibidos na conta DIRECCION002 dende o servizo de seguridade de Instagram,a comunicación é en relación co perfil DIRECCION001, pero o certo é que son documentos de pouca fiabilidade pola evidencia da posibilidade da súa manipulación.

En segundo lugar, aínda que désemos por fiábel a información (que nesas datas foron remitidos eses mails),tal dato non tería por consecuencia o afirmado pola defensa. O contido das comunicacións que aparecen nesas impresión comeza cun mailde 23 de decembro de 2020 (meses antes dos feitos) a mensaxe di:

Hola, DIRECCION001.

Parece que tienes problemas para iniciar sesión en Instagram. Podemos ayudarte a recuperar el acceso a tu cuenta.

Tras un enlace co título Entrar como DIRECCION001, seguía coa indicación

También puedes cambiar la contraseña de Instagram.

Finalmente daba a opción de no recibir correos electrónicos como ese.

O seguinte é de 4 de agosto de 2021 no que lle din:

Hola, DIRECCION001:

Sentimos que hayas tenido problemas para iniciar sesión en Instagram. Podemos ayudar a recuperar tu cuenta.

Tras un enlace co título Entrar como DIRECCION001, seguía coa indicación

También puedes cambiar la contraseña de Instagramesas catro últimas palabras eran un enlace para realizar ese cambio].

Outro idéntico é de data 11 de agosto de 2021.

De despois dos feitos un é de 24 de novembro de 2021 co texto:

The username for your Instagram account was changed from DIRECCION001 at 12:53 (PDT) on Wednesday, November 24 2021.

Your new username is DIRECCION001. If you didn't change username, you can secure your account here [esas catro últimas palabras eran un enlace para protexer a conta].

Xa en 2022, o 29 de febreiro o que se lle comunica:

Hemos detectado un nuevo inicio de sesión, DIRECCION001.

Hemos detectado un nuevo inicio de sesión desde un dispositivo que normalmente no usas.

NUM006 Instagram Bogotá Colombia February 9 at 6:19 PM (PDT).

Si has sido tú, puedes ignorar este correo. De lo contrario, proteger tu cuenta aquí[estas catro palabras eran un enlace].

Obtén más información [estas tres palabras eran un enlace] sobre cómo proteger tu cuenta.

O 19 de xuño de 2022:

Hola, DIRECCION001:

Lamentamos que tengas problemas para iniciar sesión en Instagram. Hemos recibido un mensaje conforme has olvidado tu contraseña. Si has sido tú, puedes recuperar el acceso a tu cuenta o cambiar la contraseña ahora.

En recadro tiña dúas opcións de enlace: Entrar como DIRECCION001 unha, e cambiar tucontraseña, a outra.

Si no has solicitado un enlace de inicio de sesión o un cambio de contraseña, puedes ignorar este mensaje y obtener más información sobre los motivos por los que has podido recibirlo[estas doce palabras eran un enlace].

Solamente las personas que conozcan tu contraseña de Instagram o hagan clic en el enlace de inicio de sesión que se incluye en este mensaje podrán iniciar sesión en tu cuenta.

Outro o 12 de xullo de 2022:

HI,

Someone tried to sign up for an Instagram account with DIRECCION002 . If it was you, enter this confirmation code in the app: NUM007.

Pois ben, cos contidos das mensaxes que acabamos de transcribir non se infire que o acusado carecese de acceso á súa conta. Si se constata, como primeiro dato, que o uso desa conta era vinculado ao mailque o propio acusado recoñeceu en sala que era usado por el e que, ademais, foi ao que tivo acceso (por persoa intermedia dada a súa situación) para achegar eses documentos á causa. En segundo lugar, queda aclarado que calquera movemento en relación coa conta que se afastase do normal (incluso o uso dun dispositivo diferente ao habitual) éralle notificado ao mail.Sobre iso último, en terceiro lugar, que en todo o período, dende meses antes dos feitos e ata meses despois, só nunha ocasión en febreiro de 2022 foi iniciado o uso cun dispositivo diverso ao que Instagramconsideraba habitual. Diso cabe inferir que en todo o período que nos ocupa o dispositivo empregado polo usuario era o habitual que, polo que diremos agora, é razoábel entender que era o titular formal, é dicir o acusado. Isto lígase ao que cabe derivar das mensaxes de decembro do 2020 e 4 e 11 de agosto de 2021. En ningunha delas é afirmado que se produza un acceso dende dispositivo diverso ou por un terceiro alleo ao acusado. O que se indica, como podemos ler no transcrito, é que houbo algún problema para o inicio de sesión en Instagram,pero non que se perda o acceso ou que outras persoas o tivesen. Esa mensaxe só implica que alguén usou o nome de usuario e non completou correctamente a introdución do contrasinal, cousa que lle pode pasar perfectamente ao propio titular por calquera motivo. De feito, esa mensaxe, contra o pretendido pola defensa, supón, precisamente, que só o usuario e titular do mailpode permitir o acceso despois dese erro. Esas mensaxes permitían ao usuario do mailacceder á conta de Instagram directamente e cambiar o contrasinal se realmente alguén tivese tentado (que non logrado) ese acceso. A mensaxe de xuño de 2022 explícao: Solamente las personas que conozcan tu contraseña de Instagram o hagan clic en el enlace de inicio de sesión que se incluye en este mensaje podrán iniciar sesión en tu cuenta.É dicir, do contido das mensaxes remitidas non se infire que outra persoa accedese á conta, e si se acredita que o usuario do mail(o acusado) mantiña o control da conta e a posibilidade de restrinxirllo a terceiras persoas. Outra cousa que acreditan as mensaxes é que en todo ese tempo non se variou o mailde referencia. Parece evidente que se un terceiro accede a unha conta e pretende usala para unhas finalidades como as que nos ocupan, unha vez que tivese ese acceso variaría ese dato de contacto para ter realmente ese control. Por outro lado, o uso posterior a esas mensaxes de agosto de 2021, volve ser coherente co control polo acusado da conta. Así, resulta que en novembro o que se comunica é un cambio do nome de usuario para pasar a ser: DIRECCION001. Chama a atención de que o usuario da conta mantivese un nome que se asocia precisamente co nome do acusado. Os seguintes só se refiren a un olvido do contrasinal e un intento de rexistro de nova conta co mesmo mail.

En resumo, os documentos non só non acreditan a versión do acusado senón que apoian a hipótese que se infire razoabelmente dos outros datos.

Os outros documentos achegados non varían en nada a decisión, pois uns se refiren á información que lle tería entregado a policía no momento da detención en Colombia, e o outro a que información tiña ao seu dispor Telefónica en relación cunhas IP`s que non nos aclaran nada sobre o que nos resulta relevante.

Por todo o anterior, non podemos acoller a pretensión da defensa que non resultase acreditado que a o acusado fose o usuario do perfil de Instagrame, de aí, o autor dos feitos axuizados.

Segundo.- Sobre a cualificación xurídica.

Debemos atender ás propostas de cualificación xurídica dos feitos realizadas no escrito do Ministerio Fiscal.

2.1.- Delito de exhibicionismo do artigo 185 do Código penal .

A primeira petición do Ministerio Fiscal é considerar os feitos sucedidos no primeiro encontro en Omeglecomo constitutivos dun delito do artigo 185 do Código penal.

O artigo 185 prevé:

El que ejecutare o hiciere ejecutar a otra persona actos de exhibición obscena ante menores de edad o personas con discapacidad necesitadas de especial protección, será castigado con la pena de prisión de seis meses a un año o multa de 12 a 24 meses.

Acreditado que o acusado masturbouse ante as menores sabendo da minoría de idade delas polos datos antes apuntados non resta dúbida de que, efectivamente, estaríamos ante un acto de exhibición obscena que, por iso, debe entenderse cometido polo acusado.

2.2.- Delito de contacto con menores a través de internet do artigo (actual) 183.2 do Código penal.

O artigo 183 na súa actual redacción (produto da Lei Orgánica 10/2022, de 6 de setembro) contempla no seu apartado 2 a seguinte conduta:

2. El que, a través de internet, del teléfono o de cualquier otra tecnología de la información y la comunicación contacte con un menor de dieciséis años y realice actos dirigidos a embaucarle para que le facilite material pornográfico o le muestre imágenes pornográficas en las que se represente o aparezca un menor, será castigado con una pena de prisión de seis meses a dos años.

O mesmo texto antes da reforma de 2022 e ao tempo dos feitos constituía o apartado 2 do artigo 183 ter do Código penal que ao que se refire o escrito do Ministerio Fiscal.

De novo podemos identificar nos feitos acreditados o comportamento sancionado nese precepto pois, efectivamente, consta acreditado que se produciu ese contacto en internet e o adulto despregou unha acción dirixida a obter o material referido nese precepto enganando ás menores sobre as súas intencións, engano que identificamos tamén cando compromete finalizar o acoso unha vez realizada unha determinada acción, para acto seguido seguir reclamando a satisfacción das súas pretensións mediante o envío de tal tipo de material.

Esas accións foron desenvoltas cando menos coas dúas menores indicadas no escrito do Ministerio Fiscal e, por iso, hai que recoñecer que se terían cometido dous delitos dos indicados nese precepto.

2.3.- Delito de captación e utilización de menores do artigo 189.1a)

2.3.1.-O artigo 189.1.a) sanciona:

a) El que captare o utilizare a menores de edad o a personas con discapacidad necesitadas de especial protección con fines o en espectáculos exhibicionistas o pornográficos, tanto públicos como privados, o para elaborar cualquier clase de material pornográfico, cualquiera que sea su soporte, o financiare cualquiera de estas actividades o se lucrare con ellas.

De novo no relato de feitos probados constan sobradamente constatados feitos que deben ser incluídos neste precepto. Como reflexamos no relato de feitos probados foron varios os momentos nos que o acusado fixo que as dúas menores indicadas se exhibiran ante el e mantivesen conductas de evidente finalidade sexual, ademais de obter delas a remisión de material pornográfico no sentido indicado no propio precepto sobre tal concepto. Sobre o carácter pornográfico de imaxes e vídeos como os descritos non parece que caiba moita dúbida atendendo ás definicións legais e a súa interpretación pola xurisprudencia. Chega con referir que no propio artigo 189 contamos cunha interpretación auténtica cando se preceptúa:

A los efectos de este Título se considera pornografía infantil o en cuya elaboración hayan sido utilizadas personas con discapacidad necesitadas de especial protección:

a) Todo material que represente de manera visual a un menor o una persona con discapacidad necesitada de especial protección participando en una conducta sexualmente explícita, real o simulada.

b) Toda representación de los órganos sexuales de un menor o persona con discapacidad necesitada de especial protección con fines principalmente sexuales.

c) Todo material que represente de forma visual a una persona que parezca ser un menor participando en una conducta sexualmente explícita, real o simulada, o cualquier representación de los órganos sexuales de una persona que parezca ser un menor, con fines principalmente sexuales, salvo que la persona que parezca ser un menor resulte tener en realidad dieciocho años o más en el momento de obtenerse las imágenes.

d) Imágenes realistas de un menor participando en una conducta sexualmente explícita o imágenes realistas de los órganos sexuales de un menor, con fines principalmente sexuales.

Na interpretación xurisprudencial podemos apelar á sentenza do Tribunal Supremo de 13 de novembro de 2024 ( ROJ STS 5915/2024) que repasa diversas resolucións sobre o tema e que destaca entre as anteriores a que menciona como Sentencia 395/2021 de 6 May. 2021, Rec. 10258/2020 da que, entre outras mencións destaca: Como hemos indicado en múltiples ocasiones, podemos considerar pornografía infantil aquello que sobrepasa los límites de lo ético, de lo erótico y de lo estético, con finalidad de provocación sexual, constituyendo por tanto imágenes obscenas o situaciones impúdicas, desde una interpretación acorde con la realidad social ( SSTS 1058/2006 ; 739/2008 o 105/2009 , entre otras).Que neste caso a intención e o contido era sexual queda sobradamente expresado no propio contido das comunicacións antes exposto.

Efectivamente, no relato de feitos probados constatamos que o acusado logrou a remisión de material de contido manifestamente pornográfico co que o segundo inciso do precepto mencionado quedaría colmado. Pero incluso cabería cualificar os feitos referidos á utilización das dúas menores para que se espisen e mostrasen espidas ante el como utilización con fins exhibicionistas ou pornográficos. Esta interpretación pasa por aceptar que esas dúas notas poden cualificar tanto o espectáculo, como os fins, e sendo que cando o suxeito activo é o único que observa ás menores non cabería falar de espectáculo, non quedaría por iso excluída a outra mención a fins dese tipo. En todo caso, como vimos do que non queda dúbida é da utilización das menores para elaborar cualquier clase de material pornográfico, cualquiera que sea su soporte.Así por exemplo interpretouno o Tribunal Supremo nun caso semellante (obrigar a un menor a gravarse e remitir o gravado baixo a coación de publicar outro material previo) en sentenza de 19 de decembro de 2024 ( ROJ STS 6226/2024) que realiza un estudo tamén dos bens xurídicos afectados. De feito, observamos, como antes explicamos, incluso outros comportamentos que cabería estudar que non amparasen maiores e máis graves tipificacións.

Tal acción foi despregada en relación coas dúas menores e momentos diversos e merecendo a tipificación separada como solicita o Ministerio Fiscal que entende cometidos dous delitos dos aquí previstos pois cada acto sobre cada menor afecta a bens xurídicos diversos.

2.3.2.-Previsión do artigo 189.2.a).

Contempla unha pena maior o apartado 2 do artigo 189 en caso de darse diversas circunstancias, comezando por:

a) Cuando se utilice a menores de dieciséis años.

Como explicamos no relato de feitos probados, neste caso non restou só acreditado que as dúas menores eran menores de 13 anos, senón que se constataron elementos sobrados de que tal dato era coñecido polo autor dos feitos tanto por terllo dito as menores, como por ser evidente da mera contemplación do material remitido.

2.3.3.-Previsión do artigo 189.3.

Por último, contempla unha nova agravación o apartado 3 do precepto:

Si los hechos a que se refiere la letra a) del párrafo primero del apartado 1 se hubieran cometido con violencia o intimidación se impondrá la pena superior en grado a las previstas en los apartados anteriores.

Pois ben, os feitos foron executados mediando intimidación que se despregou mediante as ameazas constantes e reiteradas do autor que anunciaba que poría en coñecemento de terceiras persoas o sucedido e o material que posuía das menores. A suficiencia da intimidación para dobregar a vontade das menores resulta patente seguindo as conversas mantidas nas que elas mesmas chegan a suplicar que non se concreten eses anuncios do adulto e mostran a súa afección ata os choros sen obter nada.

2.4.- Concurso de normas.

Afirmada a posíbel tipificación dos feitos conforme ao previsto no actual artigo 183.2 do Código penal (anterior 183 ter apartado 2) e no actual artigo 189.1.a), en relación co apartado 2, letra a, e o apartado 3, tamén do Código penal, procede constatar que o Ministerio Fiscal solicitou entender aqueles primeiros dous delitos relacionados en concurso de normas, a solucionar por absorción ao abeiro do artigo 8.3 do Código penal, cos dous delitos do artigo 189 nos termos descritos, de forma que só procede a sanción por estes dous.

Así o recolleu tamén a xa mencionada sentenza do Tribunal Supremo de 19 de decembro de 2024 ( ROJ STS 6226/2024): Debe así resaltarse que el elemento diferencial con el delito por el que se ha condenado al acusado no sólo reside en que la acción consista en embaucar al menor, esto es, engañarle prevaliéndose de una inexperiencia o ingenuidad que está alejada de la actuación coactiva y amenazante que contemplamos en este supuesto. Se trata, además, de un tipo penal que adelanta la barrera de protección respecto de la lesión contemplada en el artículo 189 del Código Penal , sancionándose al que meramente prepara el terreno para el abuso sexual del menor ( STS 174/2017, de 21 de marzo ). Cuando la acción prevenida llega a ejecutarse, ya no nos encontramos ante el tipo penal del artículo 183.2 del Código Penal , sino con la figura delictiva que se ha aplicado en este supuesto.

Terceiro.- Individualización das penas.

3.1.- Pola comisión dun delito do artigo 185 do Código penal .

3.1.1.-Pena principal.

Prevé o artigo 185 do Código penal a imposición de penas de prisión de seis meses a un año o multa de 12 a 24 meses.O Ministerio Fiscal insta a imposición dunha pena de 9 meses de prisión.

Procede aceptar a pena solicitada polo Ministerio Fiscal. O motivo de optar pola imposición da pena de prisión existindo a alternativa da pena de multa é que no presente caso non se tratou só da exhibición do propio acto de masturbación ante as menores, senón que, ademais, reclamou a participación delas plasmándose incluso nas conversas posteriores como o mesmo autor recoñece que naquel primeiro contacto produciuse unha comunicación bidireccional que fixo que esas menores non fosen só pasivas receptoras da súa exhibición, o que xa colmaría o tipo penal, senón verdadeiras partícipes nun acto sexual compartido. Con independencia de que cabería valorar outras consecuencias típicas, non pedidas pola acusación, eses datos xustifican optar pola pena de prisión. É máis, non só xustifican esa opción, senón que avogan por superar o límite inferior previsto en seis meses de prisión, sendo que esa decisión tamén está xustificada por ter afectado a tres menores sendo que cunha delas, de novo, estaría consumado o tipo. Todos eses datos dos feitos son os que fan que optemos agora por esa pena superior.

3.1.2.-Pena de inhabilitación.

Ademais do anterior, o artigo 192 prevé no último parágrafo do seu apartado 3 o seguinte:

La autoridad judicial impondrá a las personas responsables de los delitos comprendidos en el presente título, sin perjuicio de las penas que correspondan con arreglo a los artículos precedentes, una pena de inhabilitación especial para cualquier profesión, oficio o actividades, sean o no retribuidos, que conlleve contacto regular y directo con personas menores de edad, por un tiempo superior entre cinco y veinte años al de la duración de la pena de privación de libertad impuesta en la sentencia si el delito fuera grave, y entre dos y veinte años si fuera menos grave, en ambos casos se atenderá proporcionalmente a la gravedad del delito, el número de los delitos cometidos y a las circunstancias que concurran en la persona condenada.

Neste primeiro caso atendendo a que o delito é un delito menos grave, a pena debe ser de entre 2 e 20 anos superior á pena imposta, decidindo neste caso impor a pena por 2 anos e nove meses atendendo a que non consta ningunha relación do acusado cos ámbitos aos que se refire a prohibición e ante a nula expectativa de que sexan efectivos en España.

3.1.3.-Penas accesorias.

Advirte o artigo 56 do Código penal que En las penas de prisión inferiores a diez años, los jueces o tribunales impondrán, atendiendo a la gravedad del delito, como penas accesorias, alguna o algunas de las siguientes... 2.º Inhabilitación especial para el derecho de sufragio pasivo durante el tiempo de la condena.

Tendo sido pedido así polo Ministerio Fiscal procede impor esa inhabilitación.

3.2.- Pola comisión de dous delitos do artigo 189.1, concorrendo as circunstancias do apartado 2 (letra a) e apartado 3.

3.2.1.-Pena principal.

O apartado 2 do artigo 189 do Código penal prevé a imposición dunha pena para os casos que describe de cinco a nove anos de prisión. O apartado 3 determina que se impondrá la pena superior en gradocando se dea a violencia ou intimidación que acreditamos neste caso. Así pois o arco de pena posíbel é de nove a trece anos e medio de prisión.

O Ministerio Fiscal solicitou a imposición dunha pena de dez anos de prisión por cada un dos delitos.

Procede acoller a petición do Ministerio Fiscal atendendo en ambos casos ás circunstancias que agravan a conduta desenvolta. Efectivamente, chegaría coa obtención dun só documento pornográfico xerada por unha menor por medio de intimidación para que procedese a imposición das penas. No presente caso, e en relación con cada unha das menores, non se provocou a remisión dun, senón de varios documentos e non se fixo só mediante unha concreta ameaza para obter ese resultado, senón que as ameazas continuaron no tempo durante días, reiteráronse pese a poder constatar os efectos de desestabilización que xeraban (varios episodios de choros), procuraron provocar que as menores actuaran unhas contra outras ou as vinculasen, e tentaron xerar novos vínculos (obtendo datos das redes sociais das tres menores) para manter no tempo esa mesma ameaza. A iso debemos engadir que ademais de obter o material pornográfico o autor dos feitos sostivo diversas comunicacións nas que as menores foron partícipes dos seus actos sexuais dunha forma que incluso permitiría explorar maiores consecuencias típicas que as solicitadas.

3.2.2.-Pena de inhabilitación.

Igual que no caso anterior, referido neste caso aos dous delitos determinantes destas condenas, procede impor en cada un deles unha pena de inhabilitación neste caso entre 5 e 20 anos superior á efectivamente imposta polo que, asumindo a petición do Ministerio Fiscal, fixámola en 16 anos para cada suposto.

3.2.3.-Penas accesorias.

En primeiro lugar, ao abeiro do artigo 55 do Código penal La pena de prisión igual o superior a diez años llevará consigo la inhabilitación absoluta durante el tiempo de la condena, salvo que ésta ya estuviere prevista como pena principal para el supuesto de que se trate.De aí que debamos asumir a petición fiscal nos dous supostos e acordar a inhabilitación absoluta nese tempo.

Ao abeiro do artigo 57.7 do Código penal nos supostos de delitos contra a liberdade sexual, entre outros, atendiendo a la gravedad de los hechos o al peligro que el delincuente represente, podrán acordar en sus sentencias la imposición de una o varias de las prohibiciones contempladas en el artículo 48, por un tiempo que no excederá de diez años si el delito fuera grave, o de cinco si fuera menos grave. No obstante lo anterior, si la persona condenada lo fuera a pena de prisión y el Juez o Tribunal acordara la imposición de una o varias de dichas prohibiciones, lo hará por un tiempo superior entre uno y diez años al de la duración de la pena de prisión impuesta en la sentencia, si el delito fuera grave, y entre uno y cinco años, si fuera menos grave. En este supuesto, la pena de prisión y las prohibiciones antes citadas se cumplirán necesariamente por la persona condenada de forma simultánea.Entre esas prohibicións contempladas no artigo 48 están as solicitadas polo Ministerio Fiscal: 2. La prohibición de aproximarse a la víctima, o a aquellos de sus familiares u otras personas que determine el juez o tribunal, impide al penado acercarse a ellos, en cualquier lugar donde se encuentren, así como acercarse a su domicilio, a sus lugares de trabajo y a cualquier otro que sea frecuentado por ellos, quedando en suspenso, respecto de los hijos, el régimen de visitas, comunicación y estancia que, en su caso, se hubiere reconocido en sentencia civil hasta el total cumplimiento de esta pena. // 3. La prohibición de comunicarse con la víctima, o con aquellos de sus familiares u otras personas que determine el juez o tribunal, impide al penado establecer con ellas, por cualquier medio de comunicación o medio informático o telemático, contacto escrito, verbal o visual.

En concreto, o Ministerio Fiscal instou a imposición da prohibición de achegarse nun radio de 300 metros a cada unha das menores vítimas dos feitos e a de comunicar con elas por un período de 15 anos.

Atendendo á previsión do parágrafo segundo do artigo 57 do Código penal, asumimos a petición do Ministerio Fiscal e situamos cada período de tempo, por cada menor, en 5 anos máis que cada unha das penas de prisión impostas. Iso vén determinado por dous datos fundamentais, un é o relevante dos actos realizados (sobre todo no referido ao anuncio de capacidade de danar ás menores), e outro que dada a idade das menores o período de prohibición debe procurar rematar unha vez estas teñan pasado non só a adolescencia senón os seus primeiros anos de xuventude.

Cuarto.- Medidas liberdade vixiada no artigo 192.

Reclamou o Ministerio Fiscal a imposición da previsión do apartado 1 do artigo 192 do Código penal en relación con cada un dos delitos dos que solicitou condena.

Ao abeiro dese apartado 1 do artigo 192 do Código penal, en versión vixente ao momento dos feitos e que permanece na actualidade:

1. A los condenados a pena de prisión por uno o más delitos comprendidos en este Título se les impondrá además la medida de libertad vigilada, que se ejecutará con posterioridad a la pena privativa de libertad. La duración de dicha medida será de cinco a diez años, si alguno de los delitos fuera grave, y de uno a cinco años si se trata de uno o más delitos menos graves. En este último caso, cuando se trate de un solo delito cometido por un delincuente primario, el tribunal podrá imponer o no la medida de libertad vigilada en atención a la menor peligrosidad del autor.

Dada a expresión do precepto que contempla dunha medida de liberdade vixiada (la medida de libertad vigilada)en caso de condena por uno o más delitosentendemos que procede unha única medida como consecuencia da condena que impomos polos varios delitos xa descritos. De feito, a duración desa medida non depende da duración ou gravidade de cada pena senón de se algún dos delitos é ou non grave.

A duración atendendo a que dous dos delitos con delitos graves será de 7 anos atendendo a esa pluralidade de feitos determinantes da medida e tendo en conta que a súa execución dependerá das previsións do artigo 106 e do 97 do Código penal.

Quinto.- Expulsión.

O Ministerio Fiscal instou que fose acordada a execución de 2/3 partes da condena en España e acordada a expulsión posterior con prohibición de regreso nun período de 10 anos dende esa efectiva expulsión.

O artigo 89 do Código penal estabelece no seu apartado 3: El juez o tribunal resolverá en sentencia sobre la sustitución de la ejecución de la pena siempre que ello resulte posible. En los demás casos, una vez declarada la firmeza de la sentencia, se pronunciará con la mayor urgencia, previa audiencia al Fiscal y a las demás partes, sobre la concesión o no de la sustitución de la ejecución de la pena.

No presente caso é certo que o Ministerio Fiscal concretou esa petición no seu escrito de cualificación e, aínda que cabería defender que a propia vista actuou como verdadeira audiencia ao penado sobre ese extremo, tamén o é que nada se debateu propiamente nesa vista sobre este extremo o que, dada a transcendencia da decisión, aconsella postergar á execución de sentenza esa decisión previa audiencia nela do penado unha vez firma a resolución.

Sexto.- Custas e responsabilidade civil.

Procede a condena en custas do acusado que resulta condenado na presente sentenza, sen que proceda pronunciamento sobre posíbeis responsabilidade civís ao ter retirado o Ministerio Fiscal, única acusación, as peticións sobre esa materia en sala.

Tras seren vistas as disposicións legais citadas e demais de xeral aplicación do Código penal e da Lei de axuizamento criminal,

Fallo

CONDENAMOS a Pedro Miguel como autor dos seguintes delitos e ás seguintes penas e medida:

A) Como autor dun delito de exhibicionismo previsto no artigo 185 do Código penal :

1. á pena de NOVE MESES DE PRISIÓN (art. 185),

2. á pena de DOUS ANOS E NOVE MESES DE INHABILITACIÓN ESPECIAL para calquera profesión, oficio ou actividades, sexan ou non retribuídas, que supoñan contacto regular e directo con persoas menores de idade (art. 192.3),

3. á pena accesoria de NOVE MESES DE INHABILITACIÓN ESPECIAL para o dereito de sufraxio pasivo (art. 56).

B) Como autor dun delito de corrupción de menores previsto no artigo 189.1.a, en relación co apartado 2 e o 3 do mesmo artigo, do Código penal en relación cos feitos padecidos pola menor Marí Juana e en relación con ela:

1. á pena de DEZ ANOS DE PRISIÓN (art. 189.3),

2. á pena de DEZASEIS ANOS DE INHABILITACIÓN ESPECIAL para calquera profesión, oficio ou actividades, sexan ou non retribuídas, que supoñan contacto regular e directo con persoas menores de idade (art. 192.3),

3. á pena accesoria de DEZ ANOS DE INHABILITACIÓN ABSOLUTA (art. 55)

4. á pena accesoria de QUINCE ANOS PROHIBICIÓN DE ACHEGAMENTO NUN RADIO DE 300 METROS nos termos legais expostos á menor (art. 57)

5. á pena accesoria de QUINCE ANOS PROHIBICIÓN DE COMUNICACIÓN nos termos legais expostos coa menor (art. 57).

C) Como autor dun delito de corrupción de menores previsto no artigo 189.1.a, en relación co apartado 2 e o 3 do mesmo artigo, do Código penal en relación cos feitos padecidos pola menor Coral e en relación con ela:

1. á pena de DEZ ANOS DE PRISIÓN (art. 189.3),

2. á pena de DEZASEIS ANOS DE INHABILITACIÓN ESPECIAL para calquera profesión, oficio ou actividades, sexan ou non retribuídas, que supoñan contacto regular e directo con persoas menores de idade (art. 192.3),

3. á pena accesoria de DEZ ANOS DE INHABILITACIÓN ABSOLUTA (art. 55)

4. á pena accesoria de QUINCE ANOS PROHIBICIÓN DE ACHEGAMENTO NUN RADIO DE 300 METROS nos termos legais expostos á menor (art. 57)

5. á pena accesoria de QUINCE ANOS PROHIBICIÓN DE COMUNICACIÓN nos termos legais expostos coa menor (art. 57).

D) Pola comisión de todos os anteriores feitos a unha MEDIDA DE LIBERDADE VIXIADA POR TEMPO DE SETE ANOS, a determinar o seu cumprimento no momento en que proceda, despois do cumprimento das penas de prisión, ao abeiro do artigo 106.2 e . 3 do Código penal .

CONDENAMOS ao mesmo ao pago das custas do proceso.

Serán abonados na liquidación os períodos de tempo que permanecese privado de liberdade como consecuencia desta causa.

En execución de sentenza será acordado o procedente sobre a posíbel substitución de parte da pena por expulsión do territorio español.

Notifíquese a presente sentenza, da que se unirá certificación ao correspondente rolo de Sala, ás partes, instruíndoas de que contra esta cabe RECURSO DE APELACIÓN ante esta Audiencia para ante a Sala do Civil e do Penal do Tribunal Superior de Xustiza dentro dos DEZ DÍAS seguintes ao da última notificación da sentenza, o cal se tramitará conforme o establecido nos art. 790, 791 e 792 da LACrim.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza, da cal se levará unha certificación ao rolo de sala e que se anotará nos rexistros correspondentes.

La difusión del texto de esta resolución a partes no interesadas en el proceso en el que ha sido dictada sólo podrá llevarse a cabo previa disociación de los datos de carácter personal que los mismos contuvieran y con pleno respeto al derecho a la intimidad, a los derechos de las personas que requieran un especial deber de tutelar o a la garantía del anonimato de las víctimas o perjudicados, cuando proceda.

Los datos personales incluidos en esta resolución no podrán ser cedidos, ni comunicados con fines contrarios a las leyes.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.