Última revisión
07/04/2025
Sentencia Penal 492/2024 Audiencia Provincial Penal de A Coruña nº 2, Rec. 1291/2024 de 19 de diciembre del 2024
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 35 min
Orden: Penal
Fecha: 19 de Diciembre de 2024
Tribunal: Audiencia Provincial Penal nº 2
Ponente: XERMAN VARELA CASTEJON
Nº de sentencia: 492/2024
Núm. Cendoj: 15030370022024100502
Núm. Ecli: ES:APC:2024:3372
Núm. Roj: SAP C 3372:2024
Encabezamiento
-C/. DE LAS CIGARRERAS Nº 1 - EDIFICIO ANTIGUA FABRICA DE TABACOS. 1ª PLANTA
Teléfono: 981 18 20 74 /75/36
Correo electrónico: seccion2.ap.coruna@xustiza.gal TFNO. 881 881 899 /895/ 896/ 898
Equipo/usuario: MV
Modelo: 213100 SENTENCIA MODELO RP
N.I.G.: 15036 43 2 2021 0003625
Juzgado procedencia: XDO. DO PENAL N.1 de FERROL
Procedimiento de origen: PROCEDIMIENTO ABREVIADO 0000159 /2023
Delito: ESTAFA (TODOS LOS SUPUESTOS)
Recurrente: Pablo
Procurador/a: D/Dª MARTA ISABEL PEREIRA DE VICENTE
Abogado/a: D/Dª ELENA MARIA LOPEZ BLANCO
Recurrido: MINISTERIO FISCAL, Octavio
Procurador/a: D/Dª , FRANCISCO ALEJANDRO LENCE DOPICO
Abogado/a: D/Dª , ALFONSO SALCEDA GOMEZ
============================================================
============================================================
A Coruña, 19 de decembro de 2024
Foi visto pola Sección 2ª desta Audiencia Provincial, na causa instruída co número de rolo 1291/2024 por esta Audiencia Provincial, o recurso de apelación interposto pola procuradora Marta Isabel Pereira de Vicente en nome e representación de Pablo, asistido pola letrada Elena María López Blanco, contra a sentenza ditada o 18 de xullo de 2024 no Procedemento Abreviado 159/2023 do Xulgado do Penal nº 1 de Ferrol. Constituíronse como partes o mencionado recorrente, o procurador Francisco Alejandro Lence Dopico en nome e representación da acusación particular exercida por Octavio asistido polo letrado Alfonso Salceda Gómez e o Ministerio Fiscal na representación que lle é propia; e actuou como relator o maxistrado
Antecedentes
"
E como feitos probados recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela:
"
Hechos
Non aceptamos os feitos probados que pasan a ser os seguintes, mantendo o idioma da sentenza de instancia:
Fundamentos
A sentenza funda a súa decisión nas declaracións do comprador que interpuxo a denuncia e na do axente policial que instruíu o atestado. Respecto do manifestado por aquel reproduce que afirmou que chegaron ao acordo, que o acusado como vendedor comprometeu remitir o vehículo en 10 días e que el fixo o ingreso por iso e a conta do prezo sen desistir en ningún caso do contrato. Respecto do manifestado polo axente policial destaca o que di que lle manifestou o acusado cando o axente, tras recibir a denuncia e como sospeitoso dun delito de estafa, interrogouno. Do acusado refire que manifestou o indicado, é dicir recoñece toda a operación nos mesmos termos que a outra parte pero
O recurso da defensa defende que ningunha das dúas declaracións, de comprador e vendedor, entran en contradicións e ambas manteñen o manifestado no seu día. Apela a que o contexto era
O Ministerio Fiscal impugnou o recurso manifestando que o denunciante dera sempre a mesma versión e o acusado, que recoñece todos os datos obxectivos, aduciu que o outro desistira sen achegar proba ningunha en tal sentido, sendo que o axente policial declarou que falou en datas próximas aos feitos con ambos sen que se referira ninguén a esa vontade de desistir.
A acusación particular defendeu tamén a decisión da sentenza. Defendía que a sentenza valorara correctamente as probas practicadas e que a función da segunda instancia é só verificar que existiron probas dabondo. Negaba que existise proba ningunha de que no momento dos feitos o acusado padecese un trastorno psíquico latente como o alegado e defende tamén a condena en custas realizada.
Certamente o Tribunal Supremo xa viña advertindo do alcance que debía ter a revisión das sentenzas de condena en apelación, pero é que recentemente o Tribunal Constitucional, en interpretación vinculante ex art. 5 LOPX, estabeleceu que o alcance debía ser bastante máis amplo que o entendido pola xurisprudencia mencionada polo Ministerio Fiscal e no mesmo sentido que aquelas resolucións do Tribunal Supremo.
Así, a sentenza do Tribunal Constitucional 80/2024 advertía:
Continuando a análise respecto da revisión en apelación de sentenzas de condena advertindo:
Debemos lembrar que o artigo 5 da LOPX estabelece que os Xulgados e Tribunais
Existe acordo en todos os partícipes na transacción en que o recorrente puxo un anuncio ofertando un vehículo e pondo o seu teléfono persoal como contacto. O denunciante contactou con el e mantiveron diversas conversas nas que chegaron ao acordo, verbal, de venda por un prezo de 2.500 euros, dos que 1.000 euros debían ser ingresados antes da remisión do vehículo ao comprador. O comprador ingresou ese diñeiro na conta persoal do recorrente que este lle deu. Despois diso o vehículo non foi entregado.
A partir do anterior existen dúas hipóteses discutidas. Na da acusación, asumida na sentenza, o recorrente non tiña intención de realizar venda ningunha xa no momento no que aparenta que si só coa intención de obter a entrega dos 1000 euros. Na da defensa si existía esa vontade inicial, pero, despois do ingreso, o comprador comunicou verbalmente que decidira non continuar coa operación e o vendedor decidiu reter o diñeiro xa recibido.
En caso de ser certa a segunda versión resultaría indiferente a efectos de determinar a presenza dun delito de estafa se esa decisión de retención do recibido fundábase nun suposto dereito de retención do sinal entregado ou se asistía ou non efectivamente tal dereito ao vendedor. Así é debido a que o delito de estafa require que exista un engano previo á disposición patrimonial e causante dela en canto causante do erro que a determina. Desa forma, se a vontade inicial si era a de realizar a venda e, con esa vontade, era recibido o diñeiro non existiría un delito de estafa. Iso non variaría por que despois, ante a decisión da outra parte de desistir do contrato, non se devolvese o diñeiro xa que, nese caso, non sería o engano o causante da disposición que xa se tería producido antes. Só quedaría nese caso discutir se nacía ou non a obriga de devolver o recibido, pero non constituiría ningún delito non cumprir con esa obriga de considerala presente.
Se a vontade inicial era non cumprir aquilo ao que se comprometía e ese compromiso era un engano para conseguir a disposición, estaríamos ante un delito de estafa sexa cal sexa a regulación do dereito de retención do sinal recibido polo vendedor antes da entrega. Se a vontade inicial era cumprir o contrato e foi posteriormente, unha vez xa producida a disposición polo comprador, cando se decide non reintegrar ese diñeiro xa recibido, non estaríamos ante un delito de estafa sexa cal sexa a regulación do dereito de retención do sinal recibido polo vendedor antes da entrega. As dúbidas sobre ese dereito de retención, pois, non afectan á tipicidade e os erros nesa materia tampouco afectan á tipicidade co que non se comprende o espazo dado pola defensa, e pola sentenza, ao erro de prohibición que queda alleo ao relevante neste caso. O erro de prohibición refírese a un suposto no que o suxeito é consciente do feito cometido, pero non do seu carácter antixurídico.
O que debe ser acreditado é, pois, a vontade inicial de non cumprir, é dicir o elemento típico do engano que, neste caso, consistiría en despregar unha acción (exposición do anuncio e mantemento das conversas para chegar ao acordo) dirixida a xerar o erro na outra parte de que se ten intención de vender o produto.
A sentenza afirma que da ese feito por acreditado con fundamento no manifestado polo denunciante, a documental e o manifestado polo axente instrutor do atestado.
Debemos aclarar que o Atestado non é proba documental, o recolle declaracións e actuacións policiais que non constitúen proba pois só ten valor de denuncia. Poderá incorporar documentos, pero eses documentos deberán ser achegados na proposta de proba das partes. Noutras palabras o Atestado non é medio de proba, senón que o que el afirma é obxecto de proba. De feito no presente caso ningún documento acredita o realmente discutido: se existía unha vontade inicial de non cumprir ou se se produciu un desestimento polo comprador posterior ao acto de disposición.
Os documentos presentes só acreditan o que non se discute que é que se existiu o anuncio, produciuse o contacto e realizouse a transferencia. Só consta unido un certificado da transferencia inicial de 9 de setembro de 2021 xunto a unhas notas manuscritas polo comprador. Nestas notas aparece anotado unha vez o número do vendedor e outra vez unha conta sobre a anotación
Atendendo así á proba practicada non podemos considerar que esta sexa incompatíbel co relatado pola defensa que é que a decisión de non pagar aparecese despois de recibir a transferencia. Ningún resultado probatorio é incompatíbel con esa posibilidade. A sentenza manifesta que non se lle pode dar creto por ter negado de forma constante o comprador que desistira da compra, pero coa mesma persistencia afirmou o vendedor que si se produciu tal cousa. De feito parece que aquela anotación nas notas podería ter relación con iso e tamén o tempo pasado sen interpor a denuncia. Só quedaría un elemento que é apuntado na sentenza como apoio da tese da acusación que é o manifestado polo axente policial sobre que se lle comunicou a el cando chamou ao vendedor e que di que non manifestou nada dese motivo. Primeiro resulta discutíbel que caiba introducir desa forma declaracións de quen xa era nese momento denunciado e que non consta se lle advertise de que nesa condición podía non contestar. Segundo, en todo caso de empregar esa declaración, debemos atender tamén ao que se fixo constar documentalmente sobre ela no momento de producirse a conversa telefónica co denunciado que era que o denunciante non contara toda a verdade, o que deixa aberta a porta a esa posibilidade de desavinzas entre as partes despois de producirse a primeira transferencia.
Ao anterior podemos engadir dúas circunstancias como son, por un lado, que en todo momento o vendedor deu todos os seus datos reais (teléfono, nome e número de conta) sendo que tal cousa non é habitual en quen pretende dende o inicio desatender aquilo ao que se compromete unha vez obtido o pago. Por outro lado, serían esperábeis outras fontes de proba que puidesen aclarar o sucedido como a simple verificación de se o vehículo vendido constaba ou non a nome do vendedor cando comprometeu a venda e se foi despois transferido dalgunha forma. Noutras palabras existen posíbeis informacións que poderían aclarar o sucedido e non foron achegadas pola acusación co que se mantén a dúbida sobre o sucedido.
Como consecuencia do que acabamos de analizar observamos que a proba practicada é compatíbel coa hipótese da acusación, pero non é incompatíbel (non refuta) a da defensa e existen elementos que fan que esta sexa tamén unha opción razoábel de forma tal que non se pode afirmar que a hipótese do delito estea acreditada máis aló de toda dúbida razoábel e, por iso, estamos obrigados a dubidar sobre o seu acaecemento sen que iso exclúa a obriga de reintegrar o diñeiro caso de que non se poida acreditar civilmente o motivo aducido e dar lugar á indemnización que corresponda nun ámbito que xa excede do noso ámbito de decisión.
Tras seren vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,
Fallo
Que debemos
Ao notificar esta sentenza, déaselle cumprimento ao previsto no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial.
Notifíqueselles a presente sentenza ás partes facéndolles saber que esta resolución non é firme e que contra ela, de conformidade co art. 851.1.b da Lei de axuizamento criminal, cabe interpor un
O recurso debe prepararse mediante un escrito autorizado por avogado/a e procurador/a, presentado ante este Tribunal dentro dos
No escrito deberá pedir testemuño da resolución contra a que se dirixe e manifestación da clase/s de recurso/s que pretende utilizar.
Ese recurso de casación
No escrito de preparación do recurso
Así o pronunciamos, mandamos e asinamos, mediante esta sentenza, da cal se levará certificación ao rolo de sala e que se anotará nos rexistros correspondentes.
