O acusado Pedro Antonio, maior de idade e sen antecedentes penais, no seu domicilio sito no DIRECCION002 de Pontevedra, o día 7 de xaneiro de 2020, vendeulle por 20 € a Gustavo 3,203 gramos de haxix, valorados en 20,41 €. Gustavo ía acompañado de Abelardo.
Sobre as 17 horas do 21 de xaneiro, no seu domicilio, Pedro Antonio vendeulle a Inocencia 0,355 gramos de haxix, valorados en 2,3 €, e a Adriana, por 20 €, 4,59 gramos de haxix, valorados en 29,23 €.
Arredor das 17:50 horas do 22 de xuño de 2021, Pedro Antonio, no domicilio antes indicado, vendeulle a Beatriz, nacida o NUM011/2003, e a Sacramento, nacida o NUM012/2006, 1,461 gramos de haxix cun valor de 9,31 €. Non consta acreditado que o acusado Pedro Antonio soubese da circunstancia da minoría de idade das irmás Beatriz e Sacramento, dado que aparentan unha idade que non se corresponde coa súa idade biolóxica ou real e porque non ten relación coas irmás Beatriz e Sacramento alén dunha puntual operación de venda de substancias tóxicas.
O día 14 de xullo de 2021 practicouse unha dilixencia de entrada e rexistro no domicilio de Pedro Antonio, onde se acharon 436,17 gramos de marihuana, valorados en 2621,59 €, e 34,872 gramos de haxix, valorados en 222,136 €, así como 829,36 € procedentes da venda de substancias estupefacientes.
O acusado Adolfo, maior de idade e sen antecedentes penais, sobre as 21:08 horas do día 14 de xuño de 2021, no aparcadoiro do campo de fútbol de DIRECCION003 vendeulle a Camila 0,646 gramos de haxix, valorados en 9,31 €.
Cando eran arredor das 20:25 horas do 27 de maio de 2021, nas inmediacións do seu domicilio, sito na DIRECCION004 de DIRECCION003, Adolfo vendeulle a Abilio, por 50 €, 8,183 gramos de haxix, valorados en 49,92 €.
O día 14 de xullo de 2021 practicouse unha dilixencia de entrada e rexistro no domicilio de Adolfo, onde, entre outros efectos, se acharon 431,203 gramos de haxix, valorados en 2734,26 €, e 1,848 gramos de marihuana, valorados en 11,77 €, substancias destinadas á venda, así como 745 € procedentes da venda de substancias estupefacientes.
Sobre as 19:42 horas do 24 de setembro de 2021, o acusado Jenaro, maior de idade, executoriamente condenado nunha sentenza do 13 de xullo de 2017 por un delito de tráfico de drogas á pena dun ano de prisión (remitida definitivamente o 13 de xullo de 2018), na cidade de Pontevedra recolleu, no vehículo con matrícula NUM010 (propiedade de Leoncio), o acusado Juan Manuel, maior de idade e sen antecedentes penais, a quen entregou haxix cun peso de 1044,50 gramos e un valor de 6430,15 € e cocaína cun peso de 9,943 gramos cunha pureza do 69,23%, valorada en 922,39 €.
Das substancias que Juan Manuel recibiu do acusado Jenaro, a consistente en haxix cun peso de 1044,50 gramos, polo seu volume e a súa disposición, ía destinarse á venda posterior; e, por outra parte, a substancia tóxica consistente en cocaína, polo seu volume e a súa disposición, ía destinarse ao autoconsumo ou ao consumo compartido, dada a condición de consumidor de drogas tóxicas, entre elas cocaína e haxix, do acusado Juan Manuel e dos seus coñecidos. Ademais, o acusado Juan Manuel portaba ese día 215 € procedentes da venda das devanditas substancias estupefacientes.
Posteriormente a este feito, detéctase a presenza de Jenaro como copiloto no vehículo matrícula NUM013, conducido polo seu propietario, Ovidio, e é detido Jenaro na peaxe de DIRECCION005. O día 25 de setembro do ano 2021 practicouse unha dilixencia de entrada e rexistro nos seguintes inmobles propiedade de Jenaro: domicilio con rocho e garaxe na DIRECCION006, DIRECCION007, DIRECCION008; garaxe sito na DIRECCION009, de DIRECCION008, e taller mecánico DIRECCION010, sito na DIRECCION011, en Pontevedra. Nos rexistros practicados, especialmente no interior do garaxe e do vehículo matrícula NUM010, que estaba alí, encontrouse unha gran cantidade de haxix cun peso de 15 579,53 gramos, valorados en 91 983,43 €, así como 0,478 gramos de cánnabis, valorados en 2,60 €, e 0,047 gramos de cocaína cunha pureza do 75,28%, valorados en 4,74 €.
Jenaro tiña todas estas substancias tóxicas depositadas para ser destinadas á venda, agás a cocaína, que, polo seu volume e disposición, estaba preparada para o seu autoconsumo. Tamén se lle aprehendeu a cantidade de 3315 € no momento da detención e 6000 € no domicilio, diñeiro procedente da venda de substancias estupefacientes.
O vehículo con matrícula NUM010 presenta unha serie de compartimentos secretos de difícil acceso destinados a ocultar substancias estupefacientes, e o seu propietario non pode ser alleo a esta circunstancia.
O haxix é unha substancia que non causa grave dano á saúde, incluída na lista I da Convención Única de 1961 sobre Estupefacientes.
O cánnabis é unha substancia que non causa grave dano á saúde, incluída na lista I Convención Única de 1961 sobre Estupefacientes.
Os acusados Pedro Antonio, Juan Manuel e Jenaro son consumidores habituais de drogas tóxicas ou substancias estupefacientes tales como haxix e cocaína, se ben non tiñan afectadas as súas facultades intelectivas e/ou volitivas como consecuencia deste consumo reiterado. Porén, a súa adicción leve impulsounos, en parte, á venda destas substancias tóxicas co fin de obter medios económicos para custear o propio consumo.
Non está probado que o acusado Nemesio, maior de idade, sen antecedentes penais, sobre as 21:13 horas do día 11 de maio de 2021, desde o seu domicilio sito na DIRECCION012, de Pontevedra, lle vendese a Adrian, por 20 €, 1,454 gramos de haxix, valorados en 8,87 €.
Tampouco está probado que sobre as 18:59 horas do día 13 de maio de 2021 Nemesio, no interior do seu domicilio, lle vendese a Feliciano 1,428 gramos de haxix, valorados en 8,71 €.
Nin que arredor das 21:00 horas do día 22 de xullo de 2021 Nemesio, no interior do seu domicilio, lle vendese a Zaida 7,115 gramos de haxix, valorados en 43,40 €.
Nin tampouco que sobre as 20:22 horas do 1 de setembro do ano 2021, no interior do seu domicilio, Nemesio lle vendese a Mariano 0,768 gramos de haxix, valorados en 4,68 €.
O día 6 de outubro de 2021 practicouse unha dilixencia de entrada e rexistro no domicilio de Nemesio, onde se acharon dous billetes de 100 €, 223 billetes de 50 € e un billete de 5 €, en total 11 355 €, sen que conste que este diñeiro procedía da suposta venda de substancias estupefacientes.
Primeiro.-A instrución da presente causa, como case todo nesta vida, incluída a presente sentenza, abofé que é mellorable. Resulta ben ensarillada toda a morea de oficios policiais, dilixencias previas, pezas secretas, inhibicións, cuestións de competencia, etc., cos cales se enlearon as presentes actuacións. Por este motivo intentaremos reflectir dun xeito ordenado, na medida do posible, o que aconteceu:
1.-Por un auto do 26 de novembro de 2020, o maxistrado xuíz do Xulgado de Instrución número 2 de Pontevedra acordou a incoación das dilixencias previas 1308/2020 tras a recepción do oficio 8532/2020, do 25 de novembro, do Grupo de Tráfico Medio de Estupefacientes da Comisaría de Policía de Pontevedra.
1.1.-Mediante un auto do 1 de decembro de 2020, o mesmo maxistrado xuíz acordou a entrada e rexistro nos domicilios dos investigados Lucio e Jorge, por mor da súa presunta dedicación ao tráfico de drogas, en concreto, de haxix e marihuana. Durante a práctica desta dilixencia foi detido Lucio e despois Belarmino, que logo quedaron en liberdade.
2.-No oficio NUM014, do 29 de xaneiro, que a Unidade de Droga e Crime Organizado de Pontevedra, realizou para o seu achegamento ás dilixencias previas 1308/2020, do Xulgado de Instrución número 2 de Pontevedra, reflectíase o seguinte:
2.1.-O amentado oficio NUM014, do 29 de xaneiro, era ampliatorio do 8532/2020, do 25 de novembro, e do 8782/2020, do 3 de decembro, polo que se poñían á disposición xudicial os detidos Lucio e Belarmino, e se informaba do resultado da práctica da dilixencia de entrada e rexistro na vivenda do primeiro, situada na DIRECCION013, de Pontevedra
2.2.-No mesmo oficio NUM014, do 29 de xaneiro, facíase referencia ao oficio 8851/2020, do 4 de decembro, mediante o cal se solicitara o acceso ás axendas, memorias e dispositivos de almacenamento dos dous teléfonos móbiles aprehendidos a Lucio e a Belarmino, o que foi autorizado por un auto do 4 de decembro de 2020 do Xulgado de Instrución número 2 de Pontevedra.
2.3.-E remataba o oficio NUM014, do 29 de xaneiro, cunhas solicitudes de intervencións de dous números de teléfonos móbiles e instalación de dispositivos electrónicos de xeolocalización, todo por un período de dous meses, en relación co investigado Jenaro.
3.-Por un auto do 29 de xaneiro de 2021, o maxistrado xuíz do Xulgado de Instrución número 2 de Pontevedra, na peza secreta (PSE) das mesmas dilixencias previas 1308/2020, consideraba que, se da análise do teléfono móbil de Lucio se tiraba que mantiña contactos con Jenaro, que o provía de haxix e lle ofrecía cocaína, que tamén propio Lucio participaba na transacción de importantes cantidades de cocaína, e que ao parecer xa había unha investigación policial previa en relación coa dedicación de Jenaro ao tráfico de drogas, todos estes feitos amosábanse diferentes aos que deran orixe ás devanditas dilixencias previas, polo que acordou a dedución do correspondente testemuño de particulares para o seu envío ao xulgado de garda para a correspondente quenda.
4.-Por un auto do 8 de febreiro de 2021, a maxistrada xuíza do Xulgado de Instrución número 1 de Pontevedra, ao recibir o testemuño de particulares da PSE 1308/2020 do Xulgado de Instrución número 2 de Pontevedra, acordou incoar as dilixencias previas 124/2021 contra Lucio e Jenaro, por un suposto delito de tráfico de drogas, declaradas secretas, e enviarllas ao fiscal para que emitise un informe. Contra este auto o fiscal presentou un recurso de reforma, en esencia, por considerar competente para o seu coñecemento non o número 1, senón o mesmo Xulgado de Instrución número 2 de Pontevedra, que tamén debería resolver entón verbo das medidas de intervención tecnolóxicas solicitadas polos axentes de policía.
5.-Destas solicitudes a maxistrada xuíza do Xulgado de Instrución número 1 de Pontevedra deulle traslado ao fiscal por medio dunha providencia do 9 de febreiro de 2021. E aquel limitouse a remitirse ao recurso que presentara contra a incoación das dilixencias previas 124/2021, do mesmo xulgado.
6.-Por un auto do 16 de febreiro de 2021, a maxistrada xuíza do Xulgado de Instrución número 1 de Pontevedra acordou non resolver verbo das devanditas solicitudes policiais, sen prexuízo de que o puidese facer a autoridade xudicial que coñecía das dilixencias previas en que se formularan aquelas -isto é, o maxistrado xuíz do Xulgado de Instrución número 2 de Pontevedra, no seo súas dilixencias previas 1308/2020-.
7.-Por un auto do 16 de febreiro de 2021, a maxistrada xuíza do Xulgado de Instrución número 1 de Pontevedra acolleu o recurso do fiscal, revogou e deixou sen efecto o seu anterior auto do 8 de febreiro de 2021 e devolveulle o testemuño de particulares ao Xulgado de Instrución número 2 de Pontevedra.
8.-Este último, por un auto do 25 de febreiro de 2021, rexeitou a inhibición así pretendida e, á súa vez, devolvía as actuacións ao Xulgado de Instrución número 1.
9.-Mediante un auto do 5 de marzo de 2021, a maxistrada xuíza do Xulgado de Instrución número 1 de Pontevedra incoou as dilixencias previas 254/2021 contra Lucio e Jenaro por un suposto delito de tráfico de drogas, declarounas secretas, e envioullas ao fiscal para que informase sobre se procedía formular a correspondente cuestión de competencia. Así o informou o fiscal, e a maxistrada xuíza suscitou a cuestión de competencia por medio dun auto do 5 de marzo de 2021.
10.-Por un auto do 25 de marzo de 2021, a mesma maxistrada xuíza do Xulgado de Instrución número 1 de Pontevedra tamén rexeitou as medidas tecnolóxicas solicitadas no referido oficio policial NUM014, do 29 de xaneiro.
11.-A Sección Cuarta desta mesma Audiencia Provincial de Pontevedra, no seu rolo de apelación CC 239/2021-P, pronunciou un auto o 11 de marzo de 2022 polo que considerou que era competente para a instrución da causa o número 1 e non o número 2 dos xulgados de instrución de Pontevedra.
12.-O oficio NUM015, do 6 de xullo, da mesma Unidade de Droga e Crime Organizado, xa dirixido á peza secreta 254/2021 do Xulgado de Instrución número 1 de Pontevedra, ampliaba a información e solicitaba, entre outras dilixencias, a entrada e rexistro no domicilio de Nemesio, situado na DIRECCION014, e o acceso ás axendas, aplicacións, memorias e dispositivos de almacenamento de datos dos terminais telefónicos, informáticos e electrónicos que se puidesen intervir. Para isto os axentes baseábanse no seguinte:
12.1.-Nos resultados das vixilancias dos días 20 e 27 de abril de 2021, nas cales, en esencia, viran como o investigado Jenaro aparcaba o coche na devandita rúa, entraba no portal do edificio do número DIRECCION012 e no interior permanecía uns dez minutos, aproximadamente.
12.2.-En que logo descubriron que no amentado edificio existía un punto de venda ao retallo que estaría rexentado por un home que podería ser o referido investigado Nemesio.
12.3.-En que o 11 de maio de 2021 comprobaran como un individuo -que resultou ser Adrian- premía na parte inferior do porteiro automático do devandito edificio, onde estaba o botón do DIRECCION006, e logo a este mesmo individuo aprehendéuselle un anaco de haxix.
12.4.-En que o 13 de maio de 2021 tamén comprobaran como outro home -que resultou ser Feliciano- timbraba no DIRECCION006 e logo tamén se lle aprehendeu un anaco de haxix.
12.5.-En que o 22 de maio de 2021, no aparcamento público de balde existente na DIRECCION015, de Pontevedra, o acusado Nemesio subiu ao coche do coacusado Jenaro para transitar por diversas rúas ata que se detiveron na DIRECCION016, Jenaro baixou do coche e, do interior do maleteiro, colleu algo que entregou a Nemesio.
12.6.-En que o 1 de xullo de 2021 Nemesio chegou cun coche ao taller mecánico DIRECCION010, situado na DIRECCION011, de Pontevedra, rexentado polo acusado Jenaro, deixouno alí e retirouno aos dez minutos.
13.-O fiscal pediu que se rexeitasen as dilixencias de investigación solicitadas pola Unidade de Droga e Crime Organizado no seu referido oficio NUM015, do 6 de xullo, en relación con Nemesio, entre outras cousas, por comprobarse que en realidade non vivía no DIRECCION006 senón no DIRECCION012 do mesmo edificio; que por ningures constaba como Adrian se fixera coa droga que se lle interveu; e que o único que constaba no caso de Feliciano, a quen tamén se lle aprehendera haxix, era que visitara o edificio onde vivía Nemesio.
14.-Por un auto do 13 de xullo de 2021, a maxistrada xuíza do Xulgado de Instrución número 1 de Pontevedra rexeitou o solicitado en relación con Nemesio da seguinte forma:
En el caso de Nemesio, después de afirmar contundentemente en el oficio policial que su domicilio era en la DIRECCION014 de Pontevedra, y después de afirmar como resultado de las vigilancias a que fue sometido que los supuestos clientes timbraban en el DIRECCION006, sorprende que se rectifique ahora lo que con tanta claridad y de contundencia se exponía. Parece ser que no es la letra DIRECCION014 en la que vive Adolfo sino en la letra DIRECCION012. Ello nos lleva a preguntarnos sobre qué fuentes se asentaba la afirmación de que el domicilio de Adolfo era en el DIRECCION006 y, sobre todo, cómo es posible que tan claramente los agentes afirmasen que los clientes timbraban al DIRECCION006.
Y así, se afirma en el oficio policial que sobre las 21:13 horas del día 11/05/202[1] un joven toca el timbre del portero, en la parte inferior donde se encuentra la tecla del DIRECCION006. No se sabe lo que ocurre después porque nada se dice en el oficio. Pero sí se informa que este joven (que insistimos, no sabemos si subió o no y, en su caso, cuánto tiempo permaneció en su interior) es identificado a la altura del DIRECCION017 en la DIRECCION018 tras haber cruzado el campus universitario, subir DIRECCION014, cruzar el túnel que pasa por debajo de la DIRECCION019, salir hacia la parte de arriba en dirección a la DIRECCION020, hallándosele hachís; pero, dado que no consta que haya subido al domicilio de Nemesio y visto el recorrido indicado por la policía, se impide siquiera sospechar que haya sido comprada a Adolfo en su domicilio.
El día 13/05/2021 se narra el resultado de otra vigilancia en el domicilio de Nemesio. Y se insiste con contundencia en afirmar que el supuesto cliente timbra en el DIRECCION006, -"comprobando a posteriori que efectivamente el lugar donde tocó dicho individuo coincide con el piso del investigado DIRECCION006"-. En este caso al individuo, posteriormente identificado como Feliciano, se le incautó hachís. Y desde que llamó al telefonillo del DIRECCION006 hasta que salió pasó un minuto (18:59 timbra y 19:00 horas sale).
15.-No oficio 5853/2021, do 12 de xullo, da mesma Unidade de Droga e Crime Organizado, xa dirixido á peza secreta 254/2021 do Xulgado de Instrución número 1 de Pontevedra, reflectíase o seguinte:
15.1.-O 7 de xullo de 2021 producírase un incidente na DIRECCION014, de Pontevedra, que motivara unha actuación policial e mesmo dos bombeiros, por mor da cal os axentes comprobaron coa propietaria do inmoble que o acusado Nemesio xa non vivía naquela vivenda, senón no DIRECCION012, podendo tirarlle unha fotografía cando se encontraba no balcón-terraza deste piso.
15.2.-Por mor do anterior, mudouse do DIRECCION006 ao DIRECCION012 a solicitude de entrada e rexistro na vivenda de Nemesio.
16.-No oficio NUM016, do 29 de setembro, da mesma Unidade de Droga e Crime Organizado, xa dirixido á peza secreta 254/2021 do Xulgado de Instrución número 1 de Pontevedra, no cal en ocasións se segue a reflectir que Nemesio vivía no DIRECCION006 e noutras no DIRECCION012 da DIRECCION014, de Pontevedra, engadíase o seguinte:
16.1.-O día 22 de xullo de 2021 Nemesio chegou cun bebé no colo ao portal do edificio, timbrou no porteiro automático e, ao abrirlle, unha rapaza aguantou da porta e entraron xuntos. Aos catro minutos saíu a rapaza, que se identificou como Zaida, a quen se lle aprehendeu haxix. Esta muller volveu ao edificio, saíu aos poucos minutos e subiu nun taxi.
16.2.-O día 1 de setembro de 2021, un home que logo resultou ser Mariano timbrou no porteiro automático do edificio, entrou e saíu, e máis tarde aprehendéuselle haxix.
16.3.-Por mor do anterior, os axentes solicitaron a entrada e rexistro no domicilio de Nemesio, situado na DIRECCION012, e o acceso ás axendas, aplicacións, memorias e dispositivos de almacenamento de datos dos terminais telefónicos, informáticos e electrónicos que se puidesen intervir.
17.-O fiscal emitiu entón un informe favorable á solicitude da práctica da dilixencia de entrada e rexistro no domicilio de Nemesio, na DIRECCION012, de Pontevedra, mais non así á intervención dos terminais telefónicos e ordenadores.
18.-Por un auto do 2 de outubro de 2021, a maxistrada xuíza do Xulgado de Instrución número 1 de Pontevedra así o acordou, nos mesmos termos que o informado polo fiscal. E, como resultado da entrada e rexistro o 6 de outubro de 2021 no domicilio de Nemesio, interviñéronselle dous billetes de 100 €, 223 billetes de 50 € e un billete de 5 € -un total de 11 355 €-. E ren máis.
19.-Contra o anterior auto do 2 de outubro de 2021 recorreu en reforma Nemesio, recurso que foi rexeitado mediante un auto do 27 de xaneiro de 2022 (corrixido por un auto do 23 de febreiro de 2022) polo Xulgado de Instrución número 1 de Pontevedra, que foi confirmado en vía de apelación por un auto do 11 de marzo de 2022 da Sección Cuarta desta mesma Audiencia Provincial de Pontevedra, pronunciado no rolo de apelación RT 152/2022.
20.-Por unha dilixencia de ordenación do 13 de outubro de 2021, tívose por constituído en parte nestas actuacións a Nemesio.
21.-Mediante un escrito do 8 de novembro de 2021, a defensa de Nemesio, logo da notificación do auto do 28 de outubro de 2021 polo que se deixaba sen efecto o segredo das actuacións, laiábase do seguinte: que acababa de saber do auto do 13 de xullo de 2021 polo que se rexeitara a entrada e o rexistro no seu domicilio; que non lle constaban os oficios policiais NUM015 e NUM016, nin tampouco un informe do fiscal do 30 de setembro de 2021 -onde informaba favorablemente en relación coa entrada e rexistro no seu domicilio-.
22.-Por unha dilixencia de ordenación do 25 de novembro de 2021, a letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Instrución número 1 de Pontevedra daba conta de que, contrariamente ao manifestado pola defensa de Nemesio, si que se lle entregaran os devanditos oficios policiais, o auto mencionado e o informe do fiscal. E así o xustificaba aquela mediante o correspondente comprobante de LexNET, que indicaba que os documentos foran remitidos en varios bloques por mor da limitada capacidade desta plataforma.
23.-Mediante uns autos do 5 de maio, do 4 de xuño, do 2 de xullo, do 2 de agosto, do 2 de setembro e do 1 de outubro de 2021 prorrogouse o segredo das devanditas dilixencias previas 254/2021, ata que, por un auto do 28 de outubro de 2021, se deixou sen efecto.
24.-O fiscal solicitou o 17 de xaneiro de 2022 a declaración como investigado de Nemesio, que tivo lugar o 11 de febreiro de 2022.
Segundo.-Reflectimos a escolma de todo o anterior, precisamente, para poder analizar e dar axeitada contestación ás cuestións previas suscitadas pola defensa de Nemesio.
Xa nas súas conclusións provisionais invocaba a nulidade das actuacións por mor da vulneración do dereito á tutela xudicial efectiva causante de indefensión, e a vulneración do dereito a un proceso con todas as garantías do artigo 24 da Constitución española, pola non entrega da totalidade das actuacións orixinais ou dunha copia íntegra delas. Tamén alegaba entón a vulneración dos dereitos fundamentais previstos no artigo 18.1, 2 e 3 da Constitución española, a vulneración do dereito de defensa por mor do segredo das actuacións e as súas sucesivas prórrogas, que o privaron de participar na instrución da causa, e a vulneración do dereito ao xuíz predeterminado pola lei do artigo 24.2 da Constitución española, en relación cos artigos 11 e 238 e concordantes da Lei orgánica do poder xudicial.
No acto da vista, e ao abeiro do artigo 786.2 da Lei de axuizamento criminal, a defensa de Nemesio aproveitou a correspondente quenda para reiterar as devanditas alegacións, en cuxa defensa se estendeu.
- No relativo á entrada e rexistro no seu domicilio na DIRECCION012, de Pontevedra, abonda con atender ao que reflectimos nos números 14 ao 19 do fundamento de dereito anterior para decatármonos de que, aínda que nun principio foi rexeitada esa medida, finalmente, ante a aparición de novos indicios racionais de criminalidade na súa contra, autorizouse nuns termos que foron totalmente confirmados pola Sección Cuarta desta mesma Audiencia Provincial de Pontevedra, a cuxo auto nos remitimos. Por ningures observamos, pois, a máis mínima tacha no acordo, realización e consecuencias que se tiraron da práctica da entrada e rexistro no domicilio en que vivía de alugueiro Nemesio. Incluso, como se pode comprobar na correspondente acta, el mesmo entregou voluntariamente a caixa de cartón que estaba nun estante baixo do cuarto da nena, agochada detrás dun cesto de vimbio, con dous billetes de 100 €, 223 billetes de 50 €, e un billete de 5 € -un total de 11 355 €-.
- En relación co segredo das actuacións, a STS, Penal, Sección 1ª, do 5 de xuño de 2023 ( ROJ: STS 2591/2023 - ECLI:ES:TS:2023:2591) reflicte a última xurisprudencia ao respecto:
En este sentido, la STS 646/2019, de 20-12 , y el ATS 8-10-2020, causa especial 20252/2020 , afirman de forma categórica que el secreto de las actuaciones no constituye una medida limitativa de un derecho fundamental, aunque puede incidir en el derecho de defensa y no produce indefensión si levantado el secreto la parte ha podido preparar su defensa. Únicamente podrá tener relevancia constitucional si se introducen en el proceso las declaraciones testificales practicadas ante el Juez Instructor como pruebas preconstituidas.
Y recuerda que ya en la STS 613/2018, de 29 de noviembre , se decía que "el secreto supone una excepción al principio general de defensa e intervención en el sumario de toda persona desde el traslado de la imputación cuando dicho conocimiento pueda perjudicar la investigación. Para acordar el secreto de las actuaciones debe por tanto llevarse a cabo un juicio de ponderación que justifique el sacrificio del derecho de defensa ante su colisión con otros intereses igualmente dignos de protección, incluso más dignos de protección, como son los de la realización de la justicia e investigación de los delitos, finalidad de primer orden, en una sociedad democrática. En atención a ello, la declaración del secreto, al igual que la restricción de otros derechos fundamentales, debe atender a los principios de necesidad, proporcionalidad y excepcionalidad. Igualmente hemos señalado ( sentencia núm. 291/2010, de 24 de marzo ) que el instructor tiene un arma en sus manos para poder investigar a espaldas de las partes, que es la declaración del sumario como secreto conforme al artículo 302 de la Ley de Enjuiciamiento Criminal , y entendemos que tal secreto puede existir desde el inicio del procedimiento, pudiendo incluso abarcar el acto de notificación al imputado impuesto en el artículo 118 de la Ley de Enjuiciamiento Criminal . Es precisamente en tales momentos iniciales cuando quizá sea más necesaria una investigación sin conocimiento de las personas investigadas y para ello es necesario que la declaración de secreto permita comprender en la misma también este acto de comunicación al imputado ordenado por el artículo 118 de la Ley de Enjuiciamiento Criminal .
Además, la determinación de si existe o no base para la imputación de una persona puede venir determinada en gran medida por el resultado de las primeras investigaciones, por lo que el secreto inicial de las actuaciones no supone necesariamente una violación del artículo 118 de la Ley de Enjuiciamiento Criminal ".
En los mismos términos se ha pronunciado la doctrina constitucional, siguiendo las directrices del TEDH, señalando que: "Si el secreto implica imposibilidad absoluta de conocimiento de lo actuado hasta el juicio oral, se ocasiona una lesión del derecho de defensa pues el acusado no habría estado en disposición de preparar su defensa de manera adecuada. La materialidad de esa indefensión exige una relevante y definitiva privación de las facultades de alegación, prueba y contradicción que desequilibre la posición del imputado. No se producirá indefensión si levantado el secreto la parte ha podido preparar su defensa y ejercerla sin ninguna limitación contestando el escrito de acusación, proponiendo las pruebas que estimó pertinentes y sometiendo a contradicción las pruebas de la acusación en el juicio oral" (por todas, STC 176/1988, de 4 de octubre y STEDH de 2 de noviembre de 2010, caso Vaquero Hernández y otros contra España ).
En la misma dirección, la reciente STS 199/2023, de 21-3 , subraya que el art. 7 de la Directiva 2012/13/UE contempla, en su apartado cuarto, la posibilidad de que el acceso al expediente penal sea judicialmente denegado en determinados supuestos, siempre que no se perjudique con ello la equidad exigible de cada fase procesal; supuestos entre los que se encuentra la defensa de un interés público significativo, citando en tal sentido el riesgo de perjudicar una investigación en curso. Así se desprende también del art. 302 LECrim al reconocer que, en su perspectiva general, el acceso al expediente puede quedar temporalmente en suspenso si, para garantizar el resultado de la investigación, el juez de instrucción declara, total o parcialmente, secretas las actuaciones. Y, como indica la STC 176/1988, de 4 de octubre , el secreto tiene por objeto impedir que el conocimiento e intervención del acusado en las actuaciones iniciales pueda dar ocasión a interferencias o manipulaciones dirigidas a obstaculizar la investigación, y constituye una limitación del derecho de defensa que no implica indefensión por no impedir a la parte ejercitarlo plenamente cuando se alce el secreto al haber satisfecho su finalidad. En consecuencia, considerando en el caso debatido que la investigación se llevó a cabo mediante intervenciones telefónicas, vigilancias y utilización de dispositivos de seguimiento, es claro que tales medios no habrían dado ningún resultado, ni se podría haber descubierto la actividad ilícita, ni en particular el cargamento de droga, si no se hubiera acordado el secreto de las actuaciones. Conforme a los principios expuestos y, vista la gravedad de los delitos investigados, el secreto estaba evidentemente justificado por razones de interés público.
En cuanto a la duración del secreto, es cierto que fue prorrogado, alcanzando prácticamente año y medio. En términos empleados por las SSTS 617/2018, de 3 de diciembre , 264/2018, de 31 de mayo , y 584/2015, de 8 de octubre , "Es verdad que hace también muchos años que el Tribunal Constitucional convalidó la práctica habitual de considerar que el plazo de un mes al que se refiere el legislador (art. 302) consentía prórrogas(vid. el temprano ATC 860/1987, de 8 de julio o la STC 176/1988, de 4 de octubre ). Pero eso no puede llevar a situaciones que de facto comporten retroceder a épocas pretéritas legislativamente superadas. El Alto Tribunal desconecta el secreto interno del sumario del derecho a un proceso público, vinculándolo al derecho de defensa ( STC 174/2001, de 26 de julio ). Por eso en todo caso se fija un límite temporal insoslayable: el secreto ha de alzarse antes de finalizar la investigación, con una antelación de al menos diez días. Sólo así se abre a las partes el conocimiento de lo actuado y la posibilidad de enriquecer la investigación con su propia perspectiva o de neutralizar los indicios que puedan militar en su contra." Esa previsión legal ( art. 302 Lecr .) situada en sede de procedimiento ordinario es de aplicación supletoria en el procedimiento abreviado ( art. 758 Lecr .). Sin embargo, aunque el secreto de las actuaciones se haya prolongado excesivamente o no se haya levantado con suficiente antelación a la conclusión del sumario, no puede derivarse de ahí sin más un efecto anulatorio: "Vinculada la garantía al derecho de defensa, será necesario un plus: constatar que en efecto se han disminuido de manera relevante las posibilidades de defensa, no en abstracto y por vía de principios, sino en concreto. Hay que preguntarse si se ha privado a las partes de algún medio relevante de defensa que pudiese ser ahora recuperado mediante la nulidad y consiguiente retroacción." En resumidas cuentas, si bien la indebida prolongación puede tener consecuencias lesivas para el derecho de defensa, deben justificarse tanto el uso abusivo del secreto, como y muy especialmente, cuál es el perjuicio sufrido.
En el mismo sentido, el Tribunal Constitucional -por todas SSTC 174/2001, de 26 julio y 176/1988, de 4 de octubre - declara la constitucionalidad de esta medida y su compatibilidad con los derechos fundamentales, añadiendo que el tiempo de duración del secreto del sumario no es dato relevante en orden a apreciar si se ha producido o no indefensión. Así, ésta se producirá con independencia del tiempo más o menos prolongado de duración de la medida si su adopción no fue razonable o si no aparece debidamente justificada y, en todo caso, si no se concede la oportunidad posterior para defenderse frente a las pruebas-sic- que en el sumario y bajo la vigencia del secreto hayan sido practicadas (en el mismo sentido la SSTS de 26 de diciembre de 2005 , 11 de julio de 2003 y otras muchas).
En efecto, es cierto que la posibilidad de declarar secreto el sumario, como toda norma limitativa de derechos fundamentales, debe ser interpretada de forma restrictiva, y por tanto efectuarse el correspondiente juicio de ponderación que justifique el sacrificio del derecho de defensa en la fase de instrucción con la generosidad y amplitud que le reconoció la reforma del citado artículo 118 ante su colisión con otros intereses igualmente dignos de protección, incluso más dignos de protección, como son los de la realización de la justicia e investigación de los delitos, finalidad de primer orden, en una sociedad democrática, pues no debe olvidarse que la realización de la justicia constituye uno de los valores superiores del ordenamiento jurídico - art. 1 C.E .-, por lo que es preciso establecer precauciones de salvaguarda cuando la intervención del acusado en las actuaciones judiciales pueda dar lugar a interferencias, manipulaciones u obstaculizaciones de investigación con riesgo de frustrar sus objetivos -en tal sentido STS de 19 de Octubre de 1995 -".
Por ello la doctrina jurisprudencial tiene en cuenta las circunstancias del caso y la finalidad de evitar rápidas reacciones defensivas con posible destrucción de pruebas, y que no cabe exigir el respeto escrupuloso de unos plazos pensados para la generalidad de los casos, especialmente cuando el acusado conoció con la debida antelación, respecto del juicio oral, cuanto podía perjudicarle y pudo preparar su defensa con todas las garantías; y el Tribunal Constitucional, en su Sentencia 174/2001, de 26 de julio , recuerda que la posible vulneración de derechos constitucionales como consecuencia de que se hubiese acordado el secreto del sumario, como este Tribunal declaró en la STC 176/1988, de 4 de octubre , haciendo suya la jurisprudencia del Tribunal Europeo de Derechos Humanos ( SSTEDH de 8 de diciembre de 1983, casos Pretto y otros, y Axen; de 22 de febrero de 1984, caso Sutter ), y en concreto respecto el derecho al proceso público reconocido en el art. 24.2 de la Constitución , en el art. 11 de la Declaración Universal de Derechos del Hombre, en el art. 14 del Pacto Internacional de los Derechos Civiles y Políticos , y en el art. 6 del Convenio Europeo de Derechos Humanos , sólo es aplicable al proceso en sentido estricto, esto es, "al juicio oral en el que se producen o reproducen las pruebas de cargo y descargo y se formulan las alegaciones y peticiones definitivas de la acusación y la defensa, pues únicamente referida a ese acto procesal tiene sentido la publicidad del proceso en su verdadero significado de participación y control de la justicia por la comunidad". La publicidad del proceso protege a los justiciables contra una justicia secreta que escape de la fiscalización de lo público, constituye también un medio para preservar la confianza de los ciudadanos en los Tribunales, de forma que, al dotar a la Administración de Justicia de transparencia, contribuye a realizar los fines del derecho al proceso justo ( STEDH 8 de diciembre de 1983, caso Axen ). La publicidad de las actuaciones judiciales constituye, por su parte, un principio constitucional, que aparece recogido en el art. 120.1 CE con un claro reconocimiento de la posibilidad de que la legislación procesal establezca excepciones. Este es el caso de la legislación procesal penal, que parte de que el sumario es secreto para cualquiera salvo para las partes personadas "que podrán tomar conocimiento de las actuaciones e intervenir en todas las diligencias del procedimiento" ( arts. 301 , 302 LECr .), pudiendo el Juez de Instrucción declarar secreto el sumario también para las partes, a propuesta del Ministerio Fiscal, de las partes o de oficio, mediante Auto, "por tiempo no superior a un mes y debiendo alzarse necesariamente el secreto con diez días de antelación a la conclusión del sumario". Consecuencia de ello es que cuando el Juez de Instrucción declara el secreto del sumario de conformidad con el art. 302 LECr ., no está acordando una medida en sí misma limitativa de un derecho fundamental, del derecho al proceso público, al que no afecta, sino que tan sólo está adoptando una decisión con base en la cual se pospone el momento en el que las partes pueden tomar conocimiento de las actuaciones y se impide que puedan intervenir en las diligencias sumariales que se lleven a cabo en el período en el que el sumario permanece secreto. La suspensión temporal del conocimiento de lo actuado puede, no obstante, incidir en el derecho de defensa del sujeto pasivo del proceso penal ( STC 176/1988, de 4 de octubre ), ya que el conocimiento del sumario es requisito imprescindible para ejercer el derecho de defensa, esto es, para poder alegar, probar e intervenir en la prueba ajena controlando su correcta práctica y teniendo posibilidad de contradecirla ( STC 176/1988 ); de modo que, aunque el tiempo de duración del secreto del sumario no es por sí sólo dato relevante en orden a apreciar un resultado de indefensión ( STC 176/1988 ), sin embargo, si esta suspensión temporal se convierte en imposibilidad absoluta de conocimiento de lo actuado hasta el juicio oral, se ocasiona una lesión del derecho de defensa pues el acusado no habría estado "en disposición de preparar su defensa de manera adecuada" ( STEDH de 18 de marzo de 1997, caso Foucher ). De otra parte, en la medida en que el secreto del sumario restringe la posibilidad de contradecir las diligencias probatorias efectuadas en fase sumarial, éstas no podrán aportarse al proceso como pruebas preconstituidas, pues, como hemos declarado de forma reiterada (entre muchas, SSTC 62/1985, de 10 de mayo , 137/1988, de 7 de julio ; 182/1989, de 3 de noviembre , 10/1992, de 16 de enero , 200/1996, de 3 de diciembre , 40/1997, de 27 de febrero , 49/1998, de 2 de marzo , 7/1999, de 8 de febrero ), la legitimidad constitucional de la prueba preconstituida exige no sólo que se haya practicado ante el Juez, sino con garantía de contradicción, y ello porque constituye una excepción a la regla de que la prueba constitucionalmente válida es sólo la que se practica en el juicio oral en condiciones de publicidad, oralidad, inmediación y contradicción. Añade el Tribunal Constitucional, en la sentencia antes reseñada, que a la luz de esta doctrina ha de negarse que se haya producido al recurrente ninguna lesión del derecho a la tutela judicial efectiva sin indefensión debido a las irregularidades, presuntamente cometidas, en la forma en que se acordó la prórroga del secreto del sumario, debido a su duración y al hecho de que en todo el período no se dictara ninguna resolución judicial justificativa del mismo, pues ninguno de estos datos tienen relevancia constitucional en sí mismos considerados en el marco del derecho invocado. Si la adopción de esta medida legalmente prevista se justifica en su necesidad para asegurar la investigación, y con ello, la función de administración de la justicia, al impedir "que el conocimiento e intervención del acusado en las actuaciones judiciales pueda dar ocasión a interferencias o manipulaciones dirigidas a obstaculizar la investigación en su objetivo de averiguación de la verdad de los hechos" ( STC 176/1988, de 4 de octubre ). De otra parte, adoptado el secreto del sumario por el Juez de Instrucción y dirigida la investigación sumarial por el propio Juez, carece de sentido sostener que el secreto se adoptó sin garantía de control judicial. A partir de esta consideración, la duración del secreto del sumario no constituye, en este caso, un dato con relevancia constitucional en sí mismo considerado, sino una infracción de las normas procesales ( art. 302 LECr .) que sólo puede adquirir aquella relevancia si, en conjunción con otras circunstancias, ocasiona indefensión real y efectiva, pues, como hemos afirmado en múltiples ocasiones, y reiterado en la STC 87/2001, de 2 de abril , la infracción de las normas o reglas procesales produce la lesión del derecho fundamental únicamente cuando suponga una merma significativa y definitiva de las posibilidades de defensa.
A que pretendemos recta, imparcial e obxectiva interpretación da anterior xurisprudencia e a súa aplicación ao caso que agora nos ocupa determínanos a rexeitar que o segredo das actuacións e as súas sucesivas prórrogas afectasen no máis mínimo o dereito de defensa de Nemesio. Evidentemente, a mera alegación, sen máis, da presunta vulneración do dereito de defensa por mor do acordo e mantemento do segredo das actuacións non abonda. E brilla pola súa ausencia toda concreción pola súa parte da presunta relevante e definitiva privación das súas facultades de alegación, proba e contradición que puidese desequilibrar a súa condición de investigado. E xa reflectimos que Nemesio se constituíu como parte no presente procedemento, coa súa correspondente procuradora e avogada, o 13 de outubro de 2021; o segredo das actuacións deixouse sen efecto aos quince días, por un auto do 28 de outubro de 2021; e declarou como investigado o 11 de febreiro de 2022, isto é, cando tiña, ou podía ter, perfecto e total coñecemento de todo o actuado que o puidese prexudicar e, xa que logo, do que poder defenderse cos medios de proba que se considerasen pertinentes.
Neste sentido, se ben é certo que por unha providencia do 22 de febreiro de 2022 a maxistrada xuíza instrutora rexeitou a práctica de determinadas dilixencias solicitadas pola defensa de Nemesio -as testemuñais de Alejo e de Asunción, e o seu propio recoñecemento médico-forense-, non o é menos que a devandita documental si que quedou incorporada ás actuacións, e a devandita providencia finalmente foi confirmada por un auto do 3 de xuño de 2022 da Sección Cuarta desta mesma Audiencia Provincial de Pontevedra no seu rolo de apelación RT 449/2022. Por maior abastanza, ao comezo da vista oral aceptouse que achegase ás actuacións toda a documental que solicitou e logo puido interrogar as dúas testemuñas que solicitara como os propietarios das dúas vivendas que ocupara no mesmo edificio - Alejo e Asunción-.
Así pois, dende que se deixou sen efecto o segredo das actuacións o 28 de outubro de 2021 ata o primeiro día do xuízo oral o 7 de maio de 2024, nestes case que dous anos e medio, Nemesio tivo tempo máis que de sobra para coñecer a totalidade do instruído que o puidese implicar nos feitos que se lle imputaban -por exame directo das actuacións no xulgado instrutor, mediante a obtención das correspondentes copias, como así foi, e posteriormente cando todo o actuado xa estaba neste Tribunal para o seu axuizamento- e, xa que logo, para solicitar e obter a práctica das probas de descargo que considerou convenientes, como tamén así fixo e, reiteramos, lle foron admitidas.
Neste sentido, a queixa de que non puido participar na instrución da causa porque non se prorrogou o prazo da súa instrución por ningures o privou de solicitar e obter ata o día da vista todas e cantas probas considerou convenientes para a súa defensa, como así foi.
- Verbo da suposta vulneración do dereito ao xuíz predeterminado pola lei, abonda tamén, para rexeitala, coa remisión á recente STS, Penal, Sección 1ª, do 11 de marzo de 2024 ( ROJ: STS 1345/2024 - ECLI:ES:TS:2024:1345), que razoa:
Por lo que a la primera cuestión respecta (motivo sexto del recurso) deja sentado la parte recurrente que la doctrina jurisprudencial, consolidada y constante, -cita al respecto nuestra sentencia número 237/2015, de 23 de abril -, "asocia la lesión del derecho fundamental al juez legal o predeterminado por la ley a la búsqueda intencionada de un Juez o Tribunal distinto al llamado previamente por la Ley a conocer del concreto asunto de que se trate, tratando tal búsqueda como algo nítidamente diferenciado de una mera infracción de las normas de competencia que regulan la jurisdicción ordinaria, cuya infracción nunca rebasaría la legalidad ordinaria". Ciertamente, así es. Lo explicábamos también, por ejemplo, en nuestra, más reciente, sentencia número 444/2021, de 26 de mayo : «En este sentido, expresábamos en la sentencia núm. 263/2021, de 23 de marzo , que "la tesis que conecta todo problema de competencia con el art. 24 CE está desacreditada por la jurisprudencia. Una discrepancia sobre el órgano jurisdiccional que ha de enjuiciar el asunto es un problema de legalidad. No es apto para provocar una vulneración del derecho al juez ordinario predeterminado por la Ley. Las SSTS 664/2017, de 11 de octubre , y 389/2018, de 25 de julio , lo indican claramente, previendo una sola excepción: cuando el cambio de órgano judicial se realiza arbitrariamente: La STS 664/2017 dice en su FJ 1º: "según constante doctrina de esta Sala de casación y también del Tribunal Constitucional, la mera existencia de una discrepancia interpretativa sobre la normativa legal que distribuye la competencia entre órganos de la jurisdicción penal ordinaria no constituye infracción del derecho fundamental al Juez ordinario predeterminado por la Ley. Y dicho derecho no resulta vulnerado cuando se trate de un mero deslinde y amojonamiento de distintos y colindantes ámbitos de actuación en hipótesis polémicas o en situaciones problemáticas, no suponiendo por tanto la ruptura deliberada del esquema competencial ( STC 35/2000 , 93/1998 , ATC 262/1994, de 3 de octubre , STS de 15-3-2003, núm. 370/2003 e igualmente podemos añadir en consonancia con la STS. 25.2.2010 ) que las discrepancias interpretativas relativas a la competencia entre órganos de jurisdicción penal ordinaria no pueden dar lugar a la infracción del derecho constitucional al juez predeterminado por la Ley. (...) El derecho al Juez predeterminado por la ley únicamente puede quedar en entredicho cuando un asunto se sustraiga indebida o injustificadamente al Órgano al que la Ley lo atribuye para su conocimiento, manipulando el texto de las reglas de distribución de competencias con manifiesta arbitrariedad, como señala la Sentencia 35/2000, del Tribunal Constitucional, de 14 de febrero .". La STS 389/2018 , en su FJ 1º reitera idénticos argumentos citando, además, la STC 191/2012, de 12 de diciembre "».
Se resulta pacífico xurisprudencialmente, como acabamos de reflectir, que non se pode pretender equiparar a suposta lesión do dereito fundamental ao xuíz legal ou predeterminado pola lei cunha pretendida infracción das normas de competencia que regulan a xurisdición ordinaria, cuxa infracción nunca superaría a legalidade ordinaria, a alegación da defensa de Nemesio estaba abocada ao fracaso. Todo intento de relacionar unha problemática de competencia co artigo 24 da Constitución española resulta inútil e, xa que logo, rexeitable. Pero, ademais, poderase estar ou non de acordo, evidentemente, como con toda resolución xudicial, pero a cuestión de competencia foi resolvida pola Sección Cuarta desta mesma Audiencia Provincial de Pontevedra, atribuíndolla ao Xulgado de Instrución número 1 e non ao 2 de Pontevedra, ambos os dous rexentados por maxistrados xuíces predeterminados pola lei, de entre os cales, insistimos, o devandito organismo xurisdicional se decantou polo primeiro, e ren máis.
- En canto á conformación da causa cuxa vista oral realizamos para o pronunciamento desta sentenza, o acordo do Pleno non xurisdicional da Sala Segunda do Tribunal Supremo do 26 de maio de 2009, sobre o asunto da habilitación de escoitas telefónicas procedentes de dilixencias distintas ás que corresponden ao xuízo, consistiu no seguinte:
En los procesos incoados a raíz de la deducción de testimonios de una causa principal, la simple alegación de que el acto jurisdiccional limitativo del derecho al secreto de las comunicaciones es nulo, porque no hay constancia legítima de las resoluciones antecedentes, no debe implicar sin más la nulidad.
En tales casos, cuando la validez de un medio probatorio dependa de la legitimidad de la obtención de fuentes de prueba en otro procedimiento, si el interesado impugna en la instancia la legitimidad de aquel medio de prueba, la parte que lo propuso deberá justificar de forma contradictoria la legitimidad cuestionada.
Pero, si, conocido el origen de un medio de prueba propuesto en un procedimiento, no se promueve dicho debate, no podrá suscitarse en ulteriores instancias la cuestión de la falta de constancia en ese procedimiento de las circunstancias concurrentes en otro relativas al modo de obtención de las fuentes de aquella prueba.
Logo das esixencias derivadas do anterior acordo e da xurisprudencia que o desenvolveu e da reforma da Lei de axuizamento criminal pola Lei orgánica 13/2015, do 5 de outubro, o artigo 588 bis i da LACrim, baixo a rúbrica utilización da información obtida nun procedemento distinto e descubrimentos casuais,reflicte que o uso das informacións obtidas nun procedemento distinto e os descubrimentos casuais se regularán a teor do disposto no artigo 579 bis. E neste sinálase o seguinte:
1. O resultado da detención e apertura da correspondencia escrita e telegráfica poderá ser utilizado como medio de investigación ou proba noutro proceso penal.
2. Para tal efecto, procederase á dedución de testemuño dos particulares necesarios para acreditar a lexitimidade da inxerencia. Incluiranse entre os antecedentes indispensables, en todo caso, a solicitude inicial para a adopción, a resolución xudicial que a acorda e todas as peticións e resolucións xudiciais de prórroga ditadas no procedemento de orixe.
3. A continuación desta medida para a investigación do delito casualmente descuberto require a autorización do xuíz competente, para a cal este comprobará a dilixencia da actuación e avaliará o marco en que se produciu o achado casual e a imposibilidade de ter solicitado a medida que o incluíse no seu momento. Así mesmo, informarase de se as dilixencias continúan declaradas secretas, para os efectos de que tal declaración sexa respectada no outro proceso penal, e comunicarase o momento en que o dito segredo se alce.
Con posterioridade, entre as últimas resolucións pronunciadas, as STS, Penal, Sección 1ª, do 22 de febreiro de 2024 ( ROJ: STS 980/2024 - ECLI:ES:TS:2024:980), STS, Penal, Sección 1ª, do 5 de xullo de 2023 ( ROJ: STS 3076/2023 - ECLI:ES:TS:2023:3076), STS, Penal, Sección 1ª, do 19 de abril de 2023 ( ROJ: STS 1709/2023 - ECLI:ES:TS:2023:1709) e STS, Penal, Sección 1ª, do 31 de marzo de 2023 ( ROJ: STS 1446/2023 - ECLI:ES:TS:2023:1446) non fixeron máis que ratificar a aplicación do amentado acordo, salientándose nesta última, a xeito de síntese, o seguinte:
a. Las partes personadas, y en particular los encausados, tienen derecho a conocer el contenido íntegro de las actuaciones procesales, sin más excepción que la derivada de su declaración de secreto ( art. 302 LECRIM ).
b. Este derecho se extiende a conocer actos jurisdiccionales limitativos de derechos fundamentales realizados en otro procedimiento judicial de la jurisdicción española, cuando de su legitimidad dependa la validez del medio probatorio que le afecta y no se hayan ya incorporado al proceso ( arts. 579 bis y 588 bis i de la LECRIM ).
c. El derecho de las partes a conocer y examinar las actuaciones procesales, plasmado en los artículos 118 , 627 , 780.1 y 784.1 de la LECRIM no faculta conocer la investigación preprocesal que no se haya reflejado en las actuaciones.
d. Excepcionalmente, cuando se presenten indicios fundados de concurrir circunstancias que comprometen la validez de la prueba o que razonablemente pueden condicionar su credibilidad o su fuerza incriminatoria, afectando con ello al derecho de defensa de las pretensiones de las partes, estas pueden solicitar de la Autoridad judicial competente que incorpore, únicamente, los extremos concretos de la investigación prejudicial que reflejen tales condicionantes.
e. En esos supuestos, la Autoridad judicial deberá realizar un doble análisis sobre la pertinencia y necesidad de la indagación peticionada ( arts. 311 , 659 , 785 y 786.2 LECRIM ).
Desde una consideración externa, el análisis consistirá en evaluar si concurren indicios fundados de existir información que no está reflejada en las actuaciones y que puede condicionar el valor de la prueba y reforzar las tesis de la defensa.
El examen interno se activa en segundo término y sólo en los supuestos en los que el precedente control externo se supere. Para poder abordarlo, la Autoridad judicial solicitará que se le entregue la información que exhibe esa relevancia hipotética, revisará en ella cuál es la realidad subyacente, y resolverá sobre la pertinencia de su incorporación a partir de un pronóstico individualizado de necesidad para la defensa. La información peticionada para este análisis no puede ser indiscriminada, debiéndose limitar a los extremos que hayan superado el primer control de conexión y, una vez realizado el examen particular, los datos que se muestren finalmente innecesarios para el procedimiento no romperán el principio de reserva judicial que establece el artículo 311 de la LECRIM y que nuestro legislador prescribe para cualquier material que resulte irrelevante para el resultado del sumario ( arts. 574 y 587 LECRIM ).
E na máis recente STS, Penal, Sección 1ª, do 22 de febreiro de 2024 ( ROJ: STS 980/2024 - ECLI:ES:TS:2024:980) razóase que
[...] la utilización de la información obtenida en un procedimiento distinto exige deducir testimonio de los particulares que sean necesarios para mostrar los datos obtenidos y la legitimidad de su obtención conforme a lo dispuesto en los arts. 588 bis i) y 579 bis LECrim . Pero la ley no exige la remisión de un testimonio íntegro de las actuaciones precedentes, muchas de ellas desvinculadas con el objeto del nuevo proceso y lo que quebrantaría la reserva del procedimiento de origen, existiendo obligación de remitir únicamente aquellos particulares que se muestren precisos y relevantes para acreditar la legitimidad de la injerencia. En este sentido afirmábamos que "el precepto no establece la obligación (sin duda excesiva), de que se remita testimonio de la totalidad de las actuaciones de la causa de origen. La exigencia desbordaría la función de la norma, tanto porque muchas de las diligencias de la causa de origen no tendrán vinculación con el proceso enjuiciado, como por la propia naturaleza reservada que tiene un procedimiento de instrucción para quienes no estén personados en él".
A tales razonamientos podemos añadir, además, que la nueva causa penal, no puede constituir un cauce procesal idóneo para que el Juzgador examine, en todo caso y con carácter previo, la regularidad de las injerencias ordenadas en otro proceso, y se pronuncie sobre dicha cuestión con lo que, además, se daría ocasión a posibles resoluciones jurisdiccionales contradictorias sobre el particular.
Pois ben todas as dilixencias de investigación relacionadas con Nemesio solicitáronse, practicáronse e obtivéronse non no seo das dilixencias previas 1308/2020, que se seguían no Xulgado de Instrución número 2 de Pontevedra, senón xa no seo das presentes 254/2021 do Xulgado de Instrución número 1 da mesma cidade. Abonda con remitírmonos ao que reflectimos no fundamento de dereito primeiro desta mesma sentenza, en concreto, nos números 12 ao 19, para decatármonos de que ningunha proba pretendidamente de cargo en contra de Nemesio se obtivo que non fose xa nas devanditas dilixencias previas 254/2021 do Xulgado de Instrución número 1 de Pontevedra.
Velaí que mal se poida botar en falla algún outro testemuño daqueloutro xulgado cando en nada o afectaba, nin Nemesio estaba inmerso nunha causa do Xulgado de Instrución núm. 2 de Pontevedra. Dito doutro xeito, ningunha dilixencia de investigación directa ou indirectamente relacionada co referido acusado existe que non conste no presente procedemento. Neste sentido, a circunstancia de que no seu día, como xa reflectimos, se autorizase a intervención do teléfono de Lucio e na presente causa non figure nin o correspondente auto, nin o estudo do contido daquel, nin a acta de entrada e rexistro no seu domicilio, nin mesmo se citase a aquel como testemuña, en nada afecta nin importaba para a presente causa, dende o momento en que non se observa a máis mínima relación entre esa persoa e Nemesio, pois, se a el se chegou, foi pola súa relación con Jenaro e polas vixilancias e seguimentos posteriores xa sobre el en exclusiva. E ren máis.
En conclusión, rexeitamos todas e cada unha das cuestións previas formuladas pola defensa de Nemesio.
Terceiro.-Os acusados Juan Manuel, Jenaro, Adolfo e Pedro Antonio remataron por declararse culpables, recoñecer os feitos que lles imputaba o fiscal e conformarse coas penas finalmente solicitadas por este. Non foi así no caso do acusado Nemesio.
A teor da documental e testemuñal consta que Nemesio e a súa dona, Bárbara, comezaron a vivir como arrendatarios no DIRECCION014, de Pontevedra. Así o declarou o propio acusado e os donos da vivenda, Alejo e Asunción. Logo, por quedarlles cativa a vivenda polas súas necesidades familiares, alugaron ao mesmo Alejo a vivenda do DIRECCION012 do mesmo edificio, alugueiro que documentaron o 11 de xaneiro de 2021. Mais o propio Alejo (policía local xubilado) manifestou na vista oral que, en realidade, a mudanza de Nemesio do DIRECCION014 ao DIRECCION012 fora a mediados ou finais de marzo e que, en todo caso, alén de marzo de 2021 Nemesio xa non estaba no DIRECCION014; e que mentres que Nemesio estivo no DIRECCION014 non se decatara de nada estraño. Esta testemuña tamén declarou que a vivenda da letra A lla alugaron a un tal Melchor, quen trouxera máis xente, metera alí unha parella cunha nena de tres anos e comezaron a vir persoas estrañas que tocaban todos os timbres do portal automático e ían todos ao DIRECCION006, o que motivou varios conflitos mesmo coa intervención da Policía. E a súa dona, Asunción, declarou que Nemesio primeiro estivera no DIRECCION014 e ao pouco tempo pasara ao DIRECCION012, polo mes de abril de 2021, aproximadamente; que o novo arrendatario do DIRECCION014 era un tal Melchor, que nesta vivenda metera un matrimonio de drogadictos cunha nena pequena, e que empezaron así os problemas, xa que era un ir e vir de xente con mala pinta, polo que chamaron varias veces a Policía e a Garda Civil.
O propio acusado Nemesio declarou que entre maio e setembro de 2021 vivía no DIRECCION012; recoñeceu que era amigo de Jenaro dende había anos, que ademais eran veciños e que o visitara en dúas ocasións no seu domicilio, unha para coñecer as súas dúas fillas e outra para arrancarlle o coche; que el visitaba o taller de Jenaro porque lle facía prezo; e que sabía que, logo de que el deixara o DIRECCION006, neste piso houbera movementos que el mesmo tivera que padecer por ter as súas dúas nenas.
A evidente e notoria confusión dos axentes de policía verbo de se Nemesio vivía no DIRECCION006 ou no DIRECCION012, de Pontevedra, e se os individuos que acudían ao lugar premían un ou outro botón do porteiro automático do mesmo edificio xa a reflectimos nos números 12 ao 18 do fundamento de dereito primeiro desta mesma sentenza. Só cómpre lembrar aquí a reacción do fiscal, quen nun principio se opuxo á entrada e rexistro na vivenda de Nemesio, precisamente, por demostrarse que non vivía no DIRECCION006 senón no DIRECCION012 do mesmo edificio; que por ningures constaba como Adrian se fixera coa droga que se lle interviñera; e que o único que constaba no caso de Feliciano, a quen tamén se lle aprehendera haxix, era que visitara o edificio onde Nemesio vivía, mais non a súa vivenda.
E tamén é necesario lembrar os argumentos da maxistrada instrutora para rexeitar a entrada e rexistro na vivenda daquel, aos cales, por xa reflectidos, nos remitimos, amosando a súa sorpresa pola confusión policial entre a vivenda onde vivía Nemesio e o piso onde timbraban os que, segundo os axentes, ían fornecerse de droga; que o individuo ( Adrian) que timbrara no DIRECCION006 o 11 de maio de 2021 non se sabía se subira ás vivendas nin canto tempo permanecera no interior do edificio, e que fora identificado, logo dun amplo periplo pola cidade, cun anaco de haxix, do cal non constaba nin como nin cando o adquirira; e que, no relativo ao 13 de maio de 2021, os axentes teimaban en que o home ( Feliciano) a quen logo se lle interviñera haxix timbrara na vivenda do investigado no DIRECCION006 e só pasara un minuto dende que entrara ata que saíra do edificio.
En canto ás testemuñais dos axentes da Policía Local de Pontevedra, resultou o seguinte:
O NUM017, que participara na incautación de haxix a Feliciano e a Mariano, declarou no xuízo oral que, en relación con Nemesio, el participara nas vixilancias que comezaran en maio e ata o verán; que Nemesio vivía pola zona de Lérez nunha vivenda alugada a un seu excompañeiro; que precisamente recibiron a chamada deste no sentido de que estaban traficando; que o excompañeiro lles dixo que Nemesio pasara do DIRECCION014 ao DIRECCION012; que en maio vira como un rapaz timbraba no DIRECCION014 e lle abrían o portal dende dentro e que se lembraba da incautación de haxix a Feliciano; que el nunca vira a Nemesio entregando nada; que Mariano timbrara no portal de Nemesio e logo el mesmo lle interviñera o haxix na DIRECCION021, de Pontevedra, e que Gustavo dixo que o mercara por 20 €.
O NUM018, que participara na incautación de haxix a Adrian, testemuñou que o dono da vivenda onde residía Nemesio lles comentara o tránsito constante de xente, pero que non sabía cando mudara do DIRECCION014 ao DIRECCION012.
O NUM019, que participou na incautación de haxix a Adrian e Feliciano, declarou que chegara unha rapaza ( Zaida) e sentara no portal a agardar e cando Nemesio chegou entraron xuntos no edificio; posteriormente á rapaza aprehendéronlle droga; volveu ao edificio e marchou nun taxi; que el soubo do cambio de vivenda polo informe policial e cre que foi dende xuño.
O NUM020 manifestou que participara nunha intervención de droga na DIRECCION022, de Pontevedra, que parara a unha muller ( Zaida) porque llo pediron os seus compañeiros.
E o NUM021 declarou que recibiu o aviso de que parasen unha persoa no DIRECCION022, de Pontevedra; a un home, cre que un tal Gustavo ( Mariano).
Mentres que das testemuñais dos dous axentes da Policía Nacional resultou o seguinte:
O NUM022 declarou que vira como unha muller ( Zaida) chegaba ao portal do edificio de Nemesio, quedou á espera consultando o seu teléfono móbil, e, cando chegou Nemesio, accedeu con el ao interior do edificio, e que interceptaron logo a esta muller.
O NUM023 manifestou que non viu transaccións, só entradas no edificio de Nemesio e que non sabe se levaban algo antes de entrar nel.
Como se pode comprobar, e xa á marxe da confusión do domicilio onde vivía Nemesio, ningunha, absolutamente ningunha, das anteriores testemuñas viu se era Nemesio quen lles entregaba o haxix ás persoas que entraban no edificio onde vivía e ás cales logo se lles interveu. Nin o dixeron, nin tampouco o testemuñaron Adrian, Feliciano, Zaida nin Mariano, aos cales o acusado negou coñecer nin saber nada deles. Do feito de que Zaida accedese ao edificio canda Nemesio non se pode deducir xa que foi este quen lle deu o haxix, ao resultar unha inferencia tan amplamente aberta que permite múltiples explicacións de todo tipo.
Por maior abastanza, por mor da entrada e rexistro practicados na vivenda de Nemesio as autoridades non se incautaron nin do máis mínimo obxecto relacionado coa súa suposta dedicación á venda de substancias estupefacientes, en concreto, de haxix. Tan só se incautaron de cartos, pola cantidade de 11 355 €. Á marxe da explicación dada polo propio Nemesio -que se debían a doazóns da súa sogra, que os ían destinar á entrada para unha vivenda de protección oficial, que non os ingresaban nun banco por temor aos embargos polas débedas, etc.- e da documental que achegou -vida laboral, contrato de traballo, nóminas, extracto da conta bancaria da súa muller, Bárbara, ingresos periódicos nela por parte da nai desta, Milagrosa, sentenza de separación desta e liquidación da sociedade de gananciais coa adxudicación de 95 332,50 €-, con ser unha cantidade importante, non se pode presumir, ante a ausencia do máis mínimo indicio en tal sentido, que os cartos procedesen da actividade ilícita que lle imputaba o fiscal con base nas amentadas probas, que se amosaron ben febles e merecedoras da aplicación do principio in dubio pro reo.
Como sintetiza a recente STS, Penal, Sección 1ª, do 18 de abril de 2024 ( ROJ: STS 2029/2024 - ECLI:ES:TS:2024:2029), só cando, tras a valoración conxunta da proba, dúas opcións son igualmente posibles entra en funcionamento o amentado principio in dubio pro reoe deberase acoller sempre a que sexa máis favorable para o acusado. E non outra cousa é a que, por mor de todo o ata aquí razoado, debemos facer neste caso, coa consecuencia da libre absolución do acusado Nemesio.
Cuarto.-Responsables en concepto de autores ( artigos 27 e 28 do Código penal) dun delito contra a saúde pública, na modalidade de tráfico de drogas que non causan grave dano á saúde dos artigos 368, 374 e 377 do Código penal, son Pedro Antonio, Adolfo, Juan Manuel e Jenaro.
Quinto.-Non concorren circunstancias modificadoras da responsabilidade criminal en ningún dos amentados acusados declarados autores responsables.
Sexto.-As penas e as súas consecuencias legais inherentes foron admitidas expresamente por todos e cada un dos referidos acusados coa conformidade dos seus respectivos avogados.
Sétimo.-En materia de custas, o artigo 123 do Código penal dispón que se entenderán impostas pola lei aos criminalmente responsables de todo delito. O artigo 239 da Lei de axuizamento criminal di que, nos autos ou nas sentenzas que poñan remate á causa ou a calquera dos incidentes, deberá resolverse sobre o pagamento das custas procesuais. E o artigo 240.2º da LACrim sinala que a resolución pode consistir en condenar os acusados ao pagamento das custas, como debe ser no presente caso, agás, evidentemente, o acusado absolvido.
Tras seren vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,