Última revisión
10/07/2025
Sentencia Penal 83/2025 Audiencia Provincial Penal de Pontevedra nº 4, Rec. 321/2025 de 16 de abril del 2025
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 40 min
Orden: Penal
Fecha: 16 de Abril de 2025
Tribunal: Audiencia Provincial Penal nº 4
Ponente: XERMAN VARELA CASTEJON
Nº de sentencia: 83/2025
Núm. Cendoj: 36038370042025100131
Núm. Ecli: ES:APPO:2025:1231
Núm. Roj: SAP PO 1231:2025
Encabezamiento
ROSALIA DE CASTRO,Nº 5 - PALACIO DE JUSTICIA
Teléfono: 986805137/36/38/39
Correo electrónico: seccion4.ap.pontevedra@xustiza.gal
Equipo/usuario: CV
Modelo: 213100 SENTENCIA MODELO RP
N.I.G.: 36057 48 2 2025 0000029
Juzgado procedencia: XDO. DO PENAL N.3 de VIGO
Procedimiento de origen: JUICIO RAPIDO 0000015 /2025
Delito: VIOLENCIA EN EL ÁMBITO FAMILIAR. COACCIONES
Recurrente: Eliseo
Procurador/a: D/Dª KATIA FERNANDEZ MEIRIÑO
Abogado/a: D/Dª BELEN GONZALEZ FERNANDEZ
Recurrido: MINISTERIO FISCAL, Antonia
Procurador/a: D/Dª , MARIA VICTORIA BARROS ESTEVEZ
Abogado/a: D/Dª , RUI PAULO LEITE RODRIGUES
==========================================================
==========================================================
En PONTEVEDRA, a 16 de Abril de 2025.
Foi visto pola Sección 4ª desta Audiencia Provincial, na causa instruída co número de rolo 321/2025 por esta Audiencia Provincial, o recurso de apelación interposto pola procuradora Katia Fernández Meiriño en nome e representación de Eliseo, asistido pola letrada Belén González Fernández, contra a sentenza ditada o 11 de febreiro de 2025 no Procedemento abreviado 15/2025 do Xulgado do Penal nº 3 de Vigo. Constituíronse como partes o mencionado recorrente, a procuradora María Victoria Barros Estévez en nome e representación de Antonia, asistida polo letrado Rui Paulo Leite Rodrígues e o Ministerio Fiscal na representación que lle é propia; e actuou como relator o maxistrado
Antecedentes
E como feitos probados recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela:
Hechos
Aceptamos os feitos probados da sentenza de instancia.
Fundamentos
Fronte a iso analiza a sentenza o manifestado pola denunciante. Primeiro lembra a coñecida teoría do triplo test. Proclama que a da denunciante neste caso cumpre esas características e está corroborada polo manifestado polas testemuñas. Reproduce entón o relato da denunciante. Coincide en situar os feitos penalmente relevantes a partir do verán de 2024 (aínda que discrepa do acusado sobre a finalización da relación). Describe o que manifestou sobre os feitos que os executou coa súa oposición e atribúelle:
En canto ás corroboracións apela a sentenza á testemuña María Rosario. Esta é veciña do edificio dende setembro de 2024 e antes era camareira na Cafetería de enfronte. Di a sentenza, que sobre ela non hai alegación, nin polo tanto proba, de circunstancias que afecten á súa imparcialidade. Manifestou que observou ao acusado acudir case a diario ao edificio ou ás súas proximidades, que chegou ir preguntar pola denunciante á cafetería e que
Por último, a sentenza analiza as manifestacións dos 4 axentes que acudiron o día 13 de xaneiro de 2025 que explicaron que a chamada da denunciante referiu que o acusado estaba chamando insistentemente na porta, que acudiron e non estaba no lugar, que uns 40 minutos despois o localizaron
Valora entón que esas declaracións das testemuñas (veciña e axentes policiais) corroboran o manifestado pola denunciante e, con iso, tamén a súa vontade contraria a que se producise esa presenza que o acusado, en parte, recoñece. Esa ausencia de consentimento derívaa a sentenza do manifestado pola denunciante,
Tendo por acreditadas esas irrupcións do acusado na vida da denunciante, entende a sentenza
Considera a sentenza que os feitos probados constitúen un delito do artigo 172 ter do Código penal no seus apartados 1 e 2, reproducindo o contido do precepto e analiza os seus requisitos.
Rexeita a sentenza a posibilidade de apreciar unha eximente de estado de necesidade argumentando que a concorrencia de causas de eximentes e atenuantes:
No referido á pena atende á agravación prevista no apartado 2 do artigo 172 ter do Código penal e valora que non concorren antecedentes penais, polo que di que procede a imposición dun ano de cárcere, ademais das prohibicións antes expostas en aplicación do artigo 57, en relación co 48, ambos do Código penal.
No referido aos feitos probados emprega unha peculiar técnica que pasa por primeiro ir contrapondo a cada parágrafo do relato da sentenza unha redacción alternativa que entende si xurdiría do actuado. Despois analiza a valoración probatoria e a critica. En realidade, mestura así sucesivos argumentos contra a valoración probatoria realizada que agora debemos tentar organizar para lle dar resposta. Se comezamos pola segunda alegación temos que o recurso nega que a transcendencia probatoria das declaracións dos axentes policiais, da veciña que declarou como testemuña e da propia denunciante. Daqueles defende que só participaron o día 13 de xaneiro, que ese día xa existía denuncia, que localizaron ao acusado 40 minutos despois e noutra rúa e que non cabe valorar o que lles manifestara o acusado ao ser identificado por non contar con letrado. Da veciña que declarou como testemuña manifesta que non é imparcial pois quedou claro que era amiga da denunciante ao relatar o tipo de relación (sabe que toma medicamentos, acompáñaa o 23 de novembro para que tome paracetamol, escríbelle a denunciante para pedir consello) e destaca que pese a dicir que chamou á policía non existe constancia desas chamadas. Apela como elemento de descrédito a que relatou incidentes en xullo e agosto de 2024 (desmaios e chamada a ambulancia non acreditada por outros medios) que non foran relatados na denuncia ou en instrución, así como critica que non fose citada a persoa que din acompañaba á denunciante. Sobre a declaración da denunciante manifesta que si manifestou unha serie de motivos polos que está enfrontada ou garda resentimento ao acusado, pasando pola fartura de que a teña por referente para pedirlle axuda, o reproche de que estea na indixencia ou como lle pode afectar a ela esa relación. Apunta a supostas contradicións entre o manifestado antes do plenario e nel, considerando que a descrición da afección á súa vida ten ido aumentando segundo avanzou a causa. En xeral foi mencionando a ausencia de elementos de corroboración que entende necesarios como constancia documental dos partes de presenza policial ou das chamadas, a ausencia de referencias en plenario aos días indicados no relato de feitos probados.
Subsidiariamente discute a tipificación dos feitos. Considera que non estaríamos ante un delito de acoso nos termos previstos no artigo 172 ter do Código penal. Defende que as visitas, que insiste eran para obter comida, sitio para durmir ou posibilidade de ducharse, non entran nos verbos típicos. Aínda que comprenda, di, o cansazo da denunciante, repite que entende que
Subsidiariamente, reclama a apreciación dunha eximente completa derivada do que entende un estado de necesidade apelando á situación de indixencia e á ausencia de recursos públicos ou privados que lle puidesen auxiliar.
Por último, defende a aplicación dunha pena de traballos en beneficio da comunidade. Critica a ausencia de motivación para optar pola prisión e non polos traballos. No mesmo capítulo reclama a redución dos tempos das penas accesorias por ausencia de motivación.
Revisada a proba analizada na sentenza non podemos máis que rexeitar o recurso. Debemos partir dun dato moi relevante que é que o propio acusado recoñece gran parte dos feitos ao manifestar unha versión na que refire que acudía con frecuencia á casa da denunciante e chamaba e reclamaba ser atendido, ou agardaba, de non estar, na porta da vivenda. A diferenza é que apela a un suposto consentimento e acordo por parte dela. Asiste razón á sentenza cando destaca que tal versión dos feitos contrasta fortemente co comportamento dela cando interpón unha denuncia e pide unha orde de afastamento e co escenario contemplado polos axentes policiais o día 13 de xaneiro que non parece responder a un único incidente senón que é coherente coa versión dela.
Igualmente, resulta que as declaracións da denunciante e da veciña que declarou como testemuña aparecen claramente coherentes entre si, sen que os esforzos do recurso permiten albiscar ningunha incoherencia relevante. Tamén fracasa o recurso cando pretende detectar elementos que fagan dubidar da credibilidade subxectiva dunha e outra. No referido á denunciante, chama a atención que apele a un suposto desexo de liberarse do acusado, cando el sostén que ela aceptaba de bo grao esa presenza constante e non da explicación para o cambio que representaría, respecto da súa versión o mantido xa como acusadora particular pola súa ex muller. Ningún dos elementos que o recurso pretende indicar como motivadores desa conduta da denunciante teñen relevancia suficiente para soster a dúbida que pretende introducir. O mesmo sucede coa testemuña, da que todo o máis que pode apuntar o recurso é que sostiña unha relación de veciñanza coa vítima dos feitos. Ademais de ser razoábel que sexa unha persoa próxima a que observara os feitos, o certo é que non se chegan sequera alegar motivos sólidos para soster a sospeita que o recurso quere introducir sobre o manifestado pola testemuña.
Así pois, non concorrendo elementos para sospeitar de motivacións espurias, resulta que o que manifestan as dúas mulleres é coherente entre si e dan un escenario común que, e iso é moi relevante, tamén é asumido polo propio acusado segundo dixemos. É dicir, el non nega a súa presenza reiterada, senón que apela a un consentimento que non se observa por ningures.
Nese cadro probatorio é no que se deben interpretar as declaracións dos axentes que, efectivamente, só acudiron un día, pero que poden dar conta do que ese día observan. O que refiren nada ten que ver coa versión do denunciado, senón que permite inferir que estamos ante unha situación sostida no tempo e da que ese día é un síntoma que, por iso, pode ser entendido como corroborador do manifestado pola denunciante. Debemos engadir que, como con acerto indica o Ministerio Fiscal, a referencia ao que manifestou o acusado cando foi identificado non se pode identificar cunha declaración ao ser unha manifestación libre no momento previo ao acto de investigación e, nestas concretas circunstancias, si pode ser obxecto de valoración. Pero, sobre todo, de novo, o problema é que o acusado non negou a súa presenza e aí falla completamente a argumentación do recurso contra esa valoración probatoria.
Denuncia, por outro lado, o recurso que parte dos feitos referidos (chamadas e asistencias policiais) podían contar con outros medios de proba non presentados (documentación desas actuacións). Certamente é unha eiva da instrución non ter procurado esa documentación, pero iso non impide a proba do feito ao que se refiren por outros medios e, concretamente, polas manifestacións das testemuñas examinadas na sentenza. Por iso non é relevante a mención ordenada e detallada de cada feito, pois, debemos lembrar, é a continuidade e reiteración do comportamento o que é tipicamente relevante neste caso.
Por último, en canto á afección á vida cotián da vítima dos feitos, denuncia o recurso que non se tería acreditado. Non compartimos esa lectura, por un lado, como mencionamos antes, o observado o día 13 de xaneiro é un elemento moi relevante que da razón dunha situación que non é críbel que respondera a un só día ou incidente. Pero, ademais, da mesma descrición dos feitos, que acabamos de entender xustificado que se dese por probado que sucederon, cabe inferir como consecuencia razoábel a indicada e descrita por quen padeceu a situación e a súa veciña. Esas dúas declaracións refiren de forma bastante que, efectivamente, produciuse a consecuencia que era esperábel en que soportou unha situación como a descrita. Esa coherencia entre o padecido e a consecuencia que se di vivida é suficiente para apoiar a conclusión á que chega a instancia, sen que a ausencia de declaración doutra testemuña máis (a que a acompañou en diversas ocasións) impida alcanzar esa conclusión.
O recurso discute a tipificación dos feitos partindo dos feitos que ela sostén sucederon e obviando os que si foron acreditados. Desa forma, rexeitadas as alegacións contra o relato de feitos probados, decae case calquera apoio a esta alegación sobre a consideración da conduta como delituosa.
Así, debemos lembrar que o artigo 172 ter do Código penal sanciona unha conduta que consiste en
Contra o afirmado no recurso, dos feitos si deriva que se procuraba polo acusado a proximidade física coa vítima, sendo indiferente se tamén cabería entender que supuña un suposto do 2º apartado.
Esas condutas deben ser realizadas
Ademais, o tipo require que ese comportamento, respecto da vítima,
O recurso pretende vincular a situación de indixencia cun estado de necesidade que exculparía o comportamento do acusado.
Non cabe apreciar tal eximente de xeito ningún. O estado de necesidade ao que apela a defensa non ten relación coa denunciante, é, en todo caso, unha situación padecida polo acusado que non cabe relacionala co delito cometido, pois non cabe cargar noutra persoa sen máis a solución do propio problema. Pero é que, ademais, o atribuído non é, pese á insistencia do recorrente, actuar para obter satisfacción das propias necesidades, senón actuar impondo a propia presenza e exixindo atención á ex muller e tal cousa queda ben lonxe do estado de necesidade alegado.
A última alegación do recurso critica que se optase pola imposición dunha pena de prisión cando existía alternativa de traballos en beneficio da comunidade. En primeiro lugar, critica que non se motivase de xeito ningún esa opción. En segundo, apela a que as circunstancias do caso non xustificarían esa opción pola prisión.
O certo é que a sentenza en canto á individualización da pena só refire que antes de indicar a súa opción pola prisión que o fai
A impugnación da acusación particular non da resposta a esta alegación.
A do Ministerio Fiscal defendeu que a pena imposta non era
Examinada a decisión atopamos que, como indicamos, non se da ningunha razón da opción pola pena máis gravosa de privación de liberdade. Os feitos probados da conta dunha situación xerada polo recorrente suficientemente grave como para xustifica a condena polo delito analizado xa anteriormente. Agora ben, sen restar nada a esa valoración, si é certo que entre o abano de posíbeis condutas incluíbeis no mesmo tipo penal non estaríamos ante as de maior gravidade. O factor referido á existencia de relación previa entre as partes xa determina que entremos no ámbito do apartado 2 do artigo, pero non xustifica, dentro del, optar por unha ou outra pena. Se temos en conta que o único elemento que refire a sentenza para a súa decisión é a inexistencia de antecedentes penais, este é un elemento que entendemos favorábel ao reo.
A partir do anterior, entendemos razoábel optar pola pena de menos gravosa. Nese xuízo o normal é entender como tal a pena que non supoña privación de liberdade, se ben non sempre está tan clara a opción. Así, nun caso como o que nos ocupa, o certo é que a pena de prisión parece susceptíbel de ser suspendida de forma que, de cumprirse as condicións que se puidesen impor podería supor de facto unha menor carga, ao tempo que a imposición de traballos abre a opción, ademais da súa necesaria execución, a incumprimentos que poidan derivar en novos antecedentes. En non poucas ocasións a consideración como menos gravosa dunha ou outra dependerá de circunstancias persoas que se poden escapar á capacidade de coñecemento do tribunal e competen á propia parte. En todo caso, tendo sido a asistencia letrada no recurso a que instou esa imposición dos traballos en beneficio da comunidade debemos entender que xa realizou tal valoración.
Polo anterior entendemos que si procedería a imposición da pena de traballos en beneficio da comunidade. O Ministerio Fiscal apela á ausencia de consentimento do penado, pero non atende ao contido da xurisprudencia do Tribunal Supremo referida no propio recurso que impugnaba. Efectivamente, a sentenza do Tribunal Supremo de 28 de abril de 2024 ( ROJ STS 2257/2024), seguindo a xa anterior de 28 de setembro de 2023 ( ROJ STS 3878/2023), estabelecía que ese consentimento previo necesario para esta pena, debía ser previo á propia execución, pero podía ser reclamado en calquera momento previo a ela, xa en 1ª instancia, xa en 2ª, xa na propia execución. Por iso, advertía, cando non se tivese dado no momento de impor a pena de traballos, deberá o tribunal, de 1ª ou 2ª se varía ese aspecto da sentenza impugnada, procede impor a pena de traballos e outra alternativa para o caso de non ser prestado o consentimento polo penado. Certamente, a mesma sentenza advirte que cabe que ese consentimento sexa dado precisamente pola representación legal ao interpor o recurso e reclamar ese tipo de pena, o que non quita que pareza máis garantista reclamar un consentimento expreso do penado emitido por el mesmo.
Por todo o anterior optamos por impor unha pena de traballos en beneficio da comunidade a concretar en oitenta días de traballos en beneficio da comunidade. Fixamos a duración en algo máis do mínimo, pois se ben é certo como dixemos que os actos non teñen unha gravidade tal que reclamen a pena de prisión, tamén o é que teñen a suficiente para que, non optando por ela, non permanecer no límite inferior aínda que si na metade inferior da previsión.
Como dixemos, entendemos preciso un consentimento da persoa do condenado antes da execución polo que deberá o Xulgado reclamar o expreso consentimento do penado. En caso de non dar ese consentimento, a pena pasaría a ser a de prisión no mínimo xa imposto na sentenza dun ano.
Por outro lado, impugnaba o recurso as penas accesorias impostas considerando que excedían do necesario. Certamente a sentenza impuxo esas penas no mínimo consecuencia da imposición dunha pena de prisión, pero tamén é certo que non impor a pena de prisión non implica que a o período de tempo imposto sobrepase as previsións do artigo 57 do Código penal que, para o caso de penas diferentes á prisión, permite impolas en toda a extensión ata 5 anos. Así as cousas entendemos que si procede manter esas penas accesorias debido a que, aínda coas valoracións anteriores no referido á gravidade determinante da pena principal, a afección á vítima, proclamada como feito probado, xustifica a extensión decidida en instancia.
Tras seren vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,
Fallo
Que debemos
Ao notificar esta sentenza, déaselle cumprimento ao previsto no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial.
Notifíqueselles a presente sentenza ás partes facéndolles saber que esta resolución non é firme e que contra ela, de conformidade co art. 851.1.b da Lei de axuizamento criminal, cabe interpor un
O recurso debe prepararse mediante un escrito autorizado por avogado/a e procurador/a, presentado ante este Tribunal dentro dos
No escrito deberá pedir testemuño da resolución contra a que se dirixe e manifestación da clase/s de recurso/s que pretende utilizar.
Ese recurso de casación
No escrito de preparación do recurso
Así o pronunciamos, mandamos e asinamos, mediante esta sentenza, da cal se levará certificación ao rolo de sala e que se anotará nos rexistros correspondentes.
La difusión del texto de esta resolución a partes no interesadas en el proceso en el que ha sido dictada sólo podrá llevarse a cabo previa disociación de los datos de carácter personal que los mismos contuvieran y con pleno respeto al derecho a la intimidad, a los derechos de las personas que requieran un especial deber de tutelar o a la garantía del anonimato de las víctimas o perjudicados, cuando proceda.
Los datos personales incluidos en esta resolución no podrán ser cedidos, ni comunicados con fines contrarios a las leyes.

