Sentencia Penal 50/2025 A...e del 2025

Última revisión
15/12/2025

Sentencia Penal 50/2025 Audiencia Provincial Penal de Pontevedra nº 4, Rec. 61/2024 de 05 de septiembre del 2025

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 103 min

Orden: Penal

Fecha: 05 de Septiembre de 2025

Tribunal: Audiencia Provincial Penal nº 4

Ponente: XERMAN VARELA CASTEJON

Nº de sentencia: 50/2025

Núm. Cendoj: 36038370042025100226

Núm. Ecli: ES:APPO:2025:2282

Núm. Roj: SAP PO 2282:2025

Resumen:
AGRESIONES SEXUALES

Encabezamiento

-

Teléfono:

Correo electrónico:

Equipo/usuario: JR

Modelo: N85850 SENTENCIA CONDENATORIA

N.I.G.: 36042 41 2 2024 0000482

PO PROCEDIMIENTO SUMARIO ORDINARIO 0000061 /2024

Delito: AGRESIONES SEXUALES

Denunciante/querellante: Belinda, MINISTERIO FISCAL

Procurador/a: D/Dª MARINA MARTINEZ PILLADO,

Abogado/a: D/Dª ALDINA ALFAYA FREAZA,

Contra: Enrique

Procurador/a: D/Dª MARIA DE LA PAZ ESTEVEZ BAÑA

Abogado/a: D/Dª ANDRES MALVAR PINTOS

SENTENCIA Nº 50/25

==========================================================

ILMOS/AS SR./SRAS

Presidenta:

Dª. MARIA JESUS HERNANDEZ MARTIN

Magistrados/as:

Dª. NOEMI GONZALEZ CAMBA

D. XERMÁN VARELA CASTEJÓN

==========================================================

En PONTEVEDRA, a cinco de septiembre de dous mil vintecinco.

Foi vista ante a Sección Cuarta desta Audiencia Provincial a causa tramitada polo Xulgado primeira instancia e de instrución núm. 2 de Ponteareas co número dese xulgado de Sumario 185/2024 e seguida nesta audiencia polos trámites de Procedemento ordinario co núm. 61/2024,pola acusación da comisión dun delito contra a liberdade sexual contra:

- Enrique, con DNI NUM000, nado en Cortegada (Ourense), o NUM001 de 2001, fillo de Cecilia e Ignacio, representado pola procuradora Paz Estévez Baña e defendido polo avogado Andrés Malvar Pintos.

Actuou, ao abeiro das disposicións legais, o Ministerio Fiscal.

Actuou como acusación particular Belinda, que foi representada pola procuradora Marina Martínez Pillado e asistida pola letrada Aldina Alfaya Freaza.

Actuou como relator o maxistrado Xermán Varela Castejón.

Antecedentes

Primeiro.-Estas actuacións comezaron coa incoación das dilixencias previas de procedemento abreviado do Xulgado primeira instancia e de instrución núm. 2 de Ponteareas co número dese xulgado 185/2024. Logo de se efectuaren as dilixencias que considerou precisas, o Xulgado acordou a transformación do procedemento en procedemento Sumario co mesmo número e, de novo tralas dilixencias de investigación que entendeu procedentes, acordou a conclusión do Sumario e remitiuno a esta Audiencia provincial.

Elevadas as actuacións, e tras instruírse as partes e oílas sobre esa decisión, acordouse confirmar a finalización do Sumario, primeiro, e, posteriormente, proceder á apertura de xuízo oral no que se presentaron escrito de acusación tanto o Ministerio Fiscal como a acusación particular indicada no encabezamento.

O Ministerio Fiscal propuxo cualificar os feitos que defendía sucederan como un delito de agresión sexual con acceso carnal de los arts. 178 y 179.1 y . 2 CP y un delito de amenazas condicionales del art. 169.1º CP .Polo primeiro delito instaba unha pena de 10 anos de prisión e inhabilitación absoluta polo mesmo tempo ( art. 55 do Código penal) e, ao abeiro do artigo 192, unha medida de liberdade vixiada por 8 anos a executar despois do cumprimento da pena privativa de liberdade, inhabilitación especial nos termos que explica por tempo de 5 anos máis que a pena de prisión que se impoña. Ademais solicitaba imposición de prohibicións de achegamento e comunicación á vítima por 6 anos máis que a pena de prisión ( arts. 57.1 e 48 do Código penal) . Polo delito de ameazas solicitaba unha pena de 2 anos de prisión, inhabilitación de sufraxio pasivo por ese tempo, e as mesmas prohibicións indicadas por un tempo de 2 anos máis que a pena de prisión que sexa imposta. En concepto de responsabilidade civil solicitaba unha indemnización de 20 mil euros.

A acusación particular instaba a mesma cualificación e penas se ben, en relación co primeiro delito, a de prisión pedíaa en 12 anos e a distancia, que o Ministerio Fiscal situaba en 500 metros, fixábaa en 1000. No caso do delito de ameazas a petición era de 6 anos de prisión e o resto igual salvo a diferencia na distancia. Pedía a mesma contía como responsabilidade civil.

A defensa presentou escrito de defensa que defendía un relato alternativo ao das acusacións e, defendendo que non se cometera delito ningún, concluía pedindo absolución sen outras especificacións.

Segundo.-O día 27 de maio de 2025 celebrouse a vista de xuízo oral.

O xuízo comezou coa declaración do acusado. Despois dela declararon como testemuñas Elisa, os axentes da Policía Local de Ponteareas con número profesional NUM002 e NUM003, os da Garda Civil con número NUM004 e NUM005, Belinda, Victorino, Cecilia e Adoracion. Como pericial expuxo as súas conclusións Mariana e os facultativos NUM006 e NUM007.

Trala práctica desas probas, foron oídas as partes que elevaron as súas conclusións a definitivas e informaron sobre as súas conclusións.

Finalmente oíuse ao acusado en exercicio do seu dereito á última palabra.

Hechos

Primeiro.-Na noite do 4 ao 5 de maio de 2024 Belinda e Enrique coincidiron nun local de ocio en Ponteareas coñecéndose ambos nese momento.

Tras un incidente entre Enrique e algunha das persoas que acompañaban a Belinda quedou esta con el mentres marchaban esas outras persoas, procedendo ambos de mutuo acordo a desprazarse en coche ata a vivenda onde naquel momento residía el en San Vicente da localidade de Ponteareas.

A vivenda onde residía Enrique era do seu primo e nela residía este coa súa parella e fillos pequenos.

Tras estar máis dunha hora (cerca de 2) no coche falando sen entrar na vivenda, e tras marchar dela a parella do primo del, ambos subiron ata a casa saudando ao subir para entrar ao primo del que estaba facendo cousas nunha especie de taller.

Segundo.-Unha vez na casa entraron ambos nunha habitación.

Xa na habitación, ela sentou nun recuncho da cama e el preguntoulle se podía darlle un bico cousa que ela rexeitou, insistindo el e mantendo ela a negativa. Entón el tirouna na cama e colleuna polos pulsos e tentou baixarlle os pantalóns de chándal que ela levaba. Pese á negativa e resistencia dela, el logrou finalmente baixarlle os pantalóns procedendo a introducir os seus dedos na vaxina dela e a desabrochar os seus propios pantalóns procedendo a penetrala vaxinalmente mentres ela choraba e pedíalle que parase.

Tras ese primeiro momento, el deixoulle vestirse de novo, pero non a deixou saír e quitoulle o teléfono móbil a ela. El advertiulle entón que non era un xogo e que tiña que acabar o que empezara, anunciándolle que non se podería ir ata que acabase.

De novo el indicoulle a ela que se espise e non fixera ruído. Ao negarse ela a iso, foi el quen a espiu ao tempo que lle dicía que sería polas boas ou polas malas. Agarrouna polos pelos, tirouna na cama e separoulle as pernas introducíndolle un dedo polo ano, quitándolle tamén un calcetín e chupándolle o pe a ela. Tentou el aí que ela realizáralle unha felación para o que levou a cabeza dela collida polos pelos á altura do seu pene que pretendeu meterlle na boca a ela sen que ela abrise o permitise. Ante esa negativa, el colleuna de novo polos pelos, deitouna na cama e volveuna penetrar vaxinalmente ao mesmo tempo que lle introducía un dedo polo ano.

Finalmente, deulle a volta de novo e exaculou enriba dela na altura do seu abdome.

Terceiro.-Despois de exacular el, ela preguntoulle se podía marchar, respondendo el que si, que a levaba el a casa, pero impoñendo el que primeiro tiña ela que ducharse e dicíndolle nese momento que se dicía algo á policía que iría por ela.

Ela entón manifestou que se ducharía e introduciuse no baño, se ben nel só mollou o pelo sen ducharse. Tras iso, saíu do baño e, sen regresar á habitación onde estaba el, deixou a vivenda á carreira.

Unha vez na rúa ela marchou correndo e procurou agocharse nun lavadoiro próximo, chamando nese momento á súa nai e a unha amiga, ademais de dar alerta ao 112.

Cuarto.-Como consecuencia dos feitos padeceu un hematoma no pulso esquerdo e un eritema na cara externa do pescozo.

Fundamentos

Primeiro.- Sobre os feitos probados.

1.1.-Antes de analizar os motivos que nos levan á declaración do relato de feitos probados, así como a non proclamar probados outros segundo as explicacións que despois daremos, convén precisar os criterios de valoración probatoria.

Debe atenderse en primeiro lugar a unha premisa fundamental cal é que a fina-lidade do proceso penal é cuestionar se a hipótese defendida pola acusación conseguiu ser acreditada. Non se trata en abstracto de determinar que sucedeu, o que se analiza é se aquilo no que se funda a petición de condena foi ou non acreditado.

O estándar probatorio propio do dereito penal non se pode resolver coa fórmula da probabilidade preponderante, e dicir non chega para ter por acreditada a versión da acusación que esa hipótese apareza como máis probábel que outra defendida no proceso. No proceso penal o estándar debe ser máis rigoroso. Habitualmente refírese que o esixíbel é que a hipótese sexa acreditada, segundo a fórmula clásica, máis aló de calquera dúbida razoábel. Agora ben, dotar de contido a esa referencia non é doado e debemos fuxir de simples referencias a convencementos internos e subxectivos do xulgador. A proclamación do feito como probado debe ser resultado da análise dos medios de proba practicados e o contraste entre eles de forma que un observador imparcial poida aceptar como razoábel a conclusión alcanzada. É útil definir que grao de confirmación se debe esixir á proba para poder optar pola condena da persoa acusada, noutras palabras con que estándar valorativo se actúa pois este pode ser máis ou menos rigoroso. En Dereito penal está consolidada a fórmula de que ese estándar debe ser o de se poida afirmar a hipótese de condena máis aló de toda dúbida razoábel. Outra fórmula, que pretende describir o estándar a empregar, sería requirir para ter por probada a hipótese acusatoria que ela explique o resultado da proba practicada de forma que esa hipótese sexa coherente e explique os diversos elementos probatorios cos que se conta. Ademais, cabería engadir, se a hipótese require loxicamente a produción de determinados feitos, eses outros feitos deberían constar tamén acreditados. Por outro lado, ese mesmo resultado da actividade probatoria debe excluír as posíbeis hipóteses excluíntes da culpabilidade sendo refutadas as propostas pola defensa. Noutras palabras a proba non só debe ser compatíbel con que sucedera o que afirman as acusacións que sucedeu, senón incompatíbel coa hipótese da inocencia.

Consecuencia desa perspectiva é que cando un feito determinado dos que fundarían a esixencia de responsabilidade no caso concreto non resta acreditado máis aló de toda dúbida razoábel, non pode ser proclamado como probado. Así sucede cando non conta con apoio probatorio suficiente por si mesmo, pero tamén cando, aínda tendo apoio probatorio o feito no que se funda a acusación, unha versión alternativa, a da defensa, conta tamén con apoio que fai que non se poida considerar esa alternativa como non razoábel. Nese caso, o que se constata é unha dúbida razoábel sobre o primeiro feito, pois existe unha posibilidade razoábel de que o sucedido fose o defendido pola defensa. Noutras palabras, a posibilidade razoábel de que sucedese o afirmado pola defensa, en atención ao resultado probatorio do caso concreto, provoca necesariamente que se deba afirmar que existe unha dúbida razoábel de que sucedese o afirmado pola acusación. E así será aínda que no contraste só entre as dúas versións, poida aparecer como máis probábel a da acusación. Cando sucedeu así, aínda que se puidese proclamar como máis probábel o feito afirmado pola acusación que o afirmado pola defensa, que este último tamén sexa probábel, aínda en menor medida, fai que non se poida afirmar que o defendido pola acusación sucedeu máis aló de toda dúbida razoábel. Non procederá proclamar como probado que sucedeu o afirmado pola defensa, pero tampouco caberá dicir que se probou que sucedeu o afirmado pola acusación.

1.2.-Para a análise da proba partiremos, tras expor o resultado da práctica en xuízo, á valoración individual do resultado de cada medio probatorio procurando aclarar que información achegou, o que presupón en certo sentido interpretar o medio de proba para coñecer o seu resultado. Tras iso, procede ponderar a fiabilidade que pode merecer individualmente o resultado dese medio de proba. É dicir se a información que achega é fiábel. Fiabilidade que dependerá do propio medio de proba, por exemplo da persoa que declara e da súa declaración, pero tamén da súa relación con outros resultados probatorios que poden desdicir ou volver inatendíbel o resultado dun concreto. Este último paso, valorar a fiabilidade dun concreto resultado probatorio por contraste con outros presentes na causa, non é aínda unha valoración conxunta pois só pretende determinar a fiabilidade dese concreto resultado.

Unha vez analizados os distintos resultados probatorios individualmente e a súa fiabilidade é cando procederá valoralos conxuntamente. Ao facelo debemos determinar a forza probatoria que os distintos resultados probatorios teñen observados concorrendo conxuntamente. A súa forza dependerá de que relación caiba afirmar entre, por un lado, que se produza un determinado resultado probatorio considerado fiábel na anterior valoración individual e outros resultados probatorios tamén fiábeis, e, por outro lado, que o feito ao que se refiran esas informacións se producise de forma necesaria, probábel en maior ou menor medida ou só como posibilidade. Agora ben, un medio pode ter moita forza en relación con aquilo ao que se refire, pero pouco peso en relación á decisión se iso ao que se refire non a determina de forma relevante. Por iso procede, despois das anteriores operacións, valorar o conxunto de resultados achegados ata ese momento. Esa valoración conxunta, non é, non debe ser, un agocho de subxectividade incontrolábel, senón que reclama comprobar como interactúan uns resultados con outros (excluíndose, tolerándose ou reforzándose), se abrangue todos os datos de feito que deben ser acreditados e, finalmente, se o resultado de todas esas relacións supera o estándar que no proceso penal quedou fixado na expresión máis aló de toda dúbida razoábel.

1.3.-No presente caso todas as partes aceptanunha serie de feitos como sucedidos que son os que reproducimos no feito primeiro do relato de feitos probados. A desavinza queda centrada no que sucede a partir de que están na habitación usada por el. Segundo as acusacións nela Enrique obrigou a Belinda a manter relacións sexuais servíndose de ameazas e forza, chegando a producirse diversas penetracións e ameazándoa en caso de resistirse ou contar algo. Ademais, sosteñen, impediulle saír da habitación un tempo e só llo permitiu tras exacular el, momento no que, defende, díxolle a ela que se tiña que duchar antes de marchar, cousa que ela aproveitou para fuxir da casa. A defensa sostén que unha vez na habitación efectivamente mantiveron relacións sexuais, pero foron plenamente consentidas e compartidas por ambos, tendo ela en todo momento a posibilidade, de ter querido, de marchar. Sostén a defensa que ela marchou cando quixo e despois de ter esas relacións.

1.4.-Loxicamente a principal proba coa que contamos sobre que sucedeu nesa habitación son as declaracións das dúas únicas persoas que estaban dentro e, por iso, a versión das acusacións procura fundamento sobre todo na declaración, procesualmente como testemuña, de quen consideran vítima dos feitos.

Os feitos que proclamamos como probados sobre o sucedido dentro da habitación responden ao explicado en xuízo por ela e pasaremos a explicar que nos leva a considerar que ese relato resultou probado.

Está completamente consolidada a doutrina que advirte que a declaración de quen afirma a acusación que foi vítima dun feito, e que tamén pode ser denunciante dese feito, é un elemento de proba válido. Válido quere dicir que pode ser valorado, non que constatar a súa presenza sexa suficiente para fundar unha decisión de condena. Iso si, debe ser valorado con cautela.

Son tres os elementos que a xurisprudencia ten destacado como de necesaria análise antes incluso de entrar propiamente a valorar o peso probatorio que poida ter. É importante significar que non se trata de requisitos de validez probatoria da declaración de forma tal que a ausencia dalgún deles esixa excluír ese medio probatorio. E tamén que non se trata de criterios de suficiencia probatoria e que no caso de concorreren permitan ter, sen máis análise, por probado o relatado. Fronte a esas dúas visións, os elementos que a xurisprudencia ten decantado son unha análise mínima das circunstancias da declaración que deben influír de forma notábel na valoración do concreto medio de proba que, en certo sentido, é posterior a esa análise.

Pola coñecida reiteración da doutrina xurisprudencial da materia, non tan homoxénea como poida parecer pero si suficientemente constante nos aspectos centrais, só mencionamos como exemplo desta doutrina o manifestado na Sentenza do Tribunal Supremo de 7 de novembro de 2022 (ROJ STS 4037/2022):

Y para verificar la estructura racional del proceso valorativo de la declaración testifical de la víctima, esta Sala tiene establecidos unos parámetros que, sin ser cada uno de ellos una exigencia axiomática para la validez del testimonio, sí facilitan que la verosimilitud responda a criterios lógicos y racionales, con elusión de posicionamientos internos o intuitivos del Juez. Estos parámetros consisten en el análisis del testimonio desde la perspectiva de su credibilidad subjetiva, de su credibilidad objetiva y de la persistencia en la incriminación. La credibilidad subjetiva se refleja por una aptitud física del testigo para percibir lo que relata cuando entra en confluencia con el plano psíquico, en el sentido de carecer el testigo de móviles espurios que debiliten la credibilidad de su versión. La credibilidad objetiva o verosimilitud de su testimonio, según pautas jurisprudenciales ya muy reiteradas, debe estar basada en la lógica de la declaración (coherencia interna), con el suplementario y relevante apoyo de datos objetivos que corroboren periféricamente la versión sustentada en el relato (coherencia externa). Por último, la persistencia en la incriminación, presta su eficacia analítica desde la evidencia de que los hechos vividos son únicos e inmutables, de modo que su descripción en sucesivas declaraciones, no solo debe estar despojada de modificaciones esenciales, sino que debe ser concreta, eludir vaguedades o generalidades, estar ausente de contradicciones, y ofrecer una conexión lógica con las versiones ofrecidas con anterioridad.

Obviamente estos criterios son una guía para un análisis racional del fuste o de la solidez del testimonio, pero no constituyen un patrón inmutable y preciso desde el que extraer siempre su validez o suficiencia. E indicamos con frecuencia, como en la STS 677/2022, de 4 de julio que "La deficiencia en uno de los parámetros no invalida la declaración y puede compensarse con un reforzamiento en otro, pero cuando la declaración constituye la única prueba de cargo, una deficiente superación de los tres parámetros de contraste impide que la declaración inculpatoria pueda ser apta por sí misma para desvirtuar la presunción de inocencia".

A lectura desa e outras moitas sentenzas, sobre a valoración dos medios de proba derivados da declaración da persoa que se di vítima dos feitos, advirte que o test ou elementos críticas que sinala non teñen por obxectivo dar forza a esa declaración, senón determinar se existen factores que, en principio, negan a posibilidade de que sexa atendida a declaración. Efectivamente, se existe unha declaración emitida por alguén con problemas de percepción, de memoria ou de capacidade de declarar, ou ben que alberga motivos claros para prexudicar a quen sexa acusado, fallara a credibilidade subxectiva. Ou, no referido á credibilidade obxectiva, non se poderá proclamar no caso de relatos que pugnen coas leis da natureza ou co razoabelmente posíbel por diversos motivos, como tampouco caberá nos casos en que xa se poida advertir que outros resultados probatorios directamente negan a posibilidade do manifestado. Por último, unha declaración que varía no tempo, máis se o fai en elementos substanciais, dificilmente poderá ser base para unha condena.

Agora ben, dixemos que esas situacións, que poucas veces se darán todas á vez, só en principionegan a posibilidade de atender a esa declaración como medio de proba. En realidade, os elementos que conforman ese chamado teste teñen dúas notas características. Algúns dos elementos que se deben atender fan que o relato deba ser excluído por carecer completamente de fiabilidade (por exemplo afirmacións de feitos imposíbeis ou negados por outras probas con especial forza sobre o feito contrario), pero outras só apuntan a un grao de probabilidade que pode ser maior ou menor, pero non dirimido en termos de presencia completa ou ausencia. Por outro lado, que o medio de proba supere as diversas análises que o test propón, só apunta á fiabilidade inicial desa concreta declaración, pero non cabe afirmar que, só por iso, caiba ter por probado o que se relata.

Desa forma, o test permite supor a fiabilidade inicial da declaración, pero, por un lado, debe ser valorado xunto ao resto de elementos probatorios e o seu resultado, e, por outro lado, segue reclamando dalgún tipo de corroboración por outros resultados probatorios.

Unha vez analizado ese elemento probatorio, de superar o test ou, cando menos, non ter un resultado que leve á súa exclusión, procede seguir analizando os outros elementos probatorios para chegar á que denominamos valoración conxunta.

Ademais, no que se denominou credibilidade obxectiva reclámase constatar se algún outro elemento de proba nega ou cuestiona solidamente a posibilidade de que sucedese o relatado. Aí esgótase o test, pero non a valoración exixíbel. Unha cousa é constatar que non é negada a posibilidade de que sucedese o relatado por ningún outro resultado probatorio, e outra distinta que os outros resultados confirmen ou cuestionen o relatado. Esta última análise entendemos que é posterior á valoración do test que, neste sentido, tería unha función máis negativa (excluír da valoración a declaración que non supere a análise), que positiva (permitir só por superar o test esa declaración fundar só nela unha eventual condena). Esta última opción, aínda que ás veces algunha sentenza pareza asumila, non se separaría en realidade dunha condena fundada no que o Tribunal Supremo definiu como mera "creencia" en la palabra del testigo, a modo de un acto de fe ciego, de una intuición, o de un "pálpito" bendecido irracionalmente con la invocación a una etérea inmediación, como coartada de la orfandad motivadora( Sentenza do Tribunal Supremo de 6 de xullo de 2021).

Efectivamente, a superación do test nos termos presentados pola xurisprudencia só implica que o relato podería ser críbel. Así será cando non se detecten patoloxías que fagan desconfiar da súa percepción, recordo ou capacidade de manifestación, ou motivacións espurias (credibilidade subxectiva); o relato non apareza como imposíbel, nin frontalmente contrario a outros resultados probatorios (credibilidade obxectiva); e o relatado fora, nos elementos máis relevantes, igual nas diversas oportunidades nas que foi vertido (persistencia). Agora ben, ningún deses elementos por si só supoñen algo máis que a posibilidade da realidade do manifestado, sen outros elementos, aínda que sexan periféricos, que confirmen ou corroboren o relatado, o certo é que a condena, por moi extensa que sexa a argumentación ou a análise deses elementos, seguirá sendo consecuencia unicamente dun acto de fe, pois, ao fin, só poderá afirmar que se cre á testemuña. Tal cousa non sería compatíbel co principio de presunción de inocencia.

1.5.-Antes de entrar propiamente na declaración dela, convén fixar algúns resultados probatorios que permitirán despois analizar esa declaración.

Adquire relevancia para fixar os diversos momentos o intercambio de comunicacións a primeira hora dese día entre Belinda e Elisa. No folio 35 consta acta do teléfono de aquela e das chamadas observadas nel. Nos folios 38 a 40 consta o mesmo tendo como obxecto o terminal da segunda. A forma de realizar esas dilixencias consistiu no exame visual pola Letrada da administración de xustiza dos terminais telefónicos entregados.

O que se fixo constar na acta sobre o terminal de Elisa é que dende el o día 5 de maio chamouse ao número de teléfono asociado a Belinda ás 09:33 e ás 09:54 sen que fosen respondidas esas dúas chamadas. Na acta do terminal de Belinda consta que ás 9:34 e ás 9:54 chamouse ao outro, pero non se especifica se deron ou non lugar a comunicación. Volvendo á acta do terminal de Elisa, consta nela que nese momento dende o terminal de Belinda remitíronse catro mensaxes dirixidos ao de Elisa:

09:48 llegaste a casa?

09:55 no me deja coger e ml il

09:55 esta loco

09:59 estas bibmen?

Ás 10:45 volveuse chamar e aí houbo unha comunicación de 49 segundos.

Inmediatamente dende o terminal de Elisa remitíronse dúas mensaxes de Whatsapp (ás 10:47) co texto Tía,un, e Llamame,o outro. Nese mesmo momento foron contestados dende o terminal de Belinda con tres sucesivos: dime / no me llames / estoy bien.

Sobre esas mensaxes foron dadas explicacións polas tres persoas que participaron nelas. Elisa explicou que ela chamou á súa amiga para saber como estaba despois de, niso coinciden todas as persoas presentes, ter marchado do local co acusado. A súa amiga non lle colleu e, explicou esa testemuña, ela quedou durmida e, por iso, non contestou ás primeiras mensaxes (de antes das 10). Belinda explicou que cando recibe esas chamadas e as contesta coas mensaxes ela estaba a falar con Enrique e non se producira a agresión sexual. Dixo que nese momento mantiñan unha conversa no coche e el díxolle que non collera o teléfono. De feito, volvendo a Elisa, esta relatou que, despois de non contestar ás mensaxes de antes das 10, sobre as 10:45 esperta un momento e chama á súa amiga. Aí coinciden as tres persoas (as dúas amigas e Enrique) que a esa chamada ao teléfono de Belinda contestou Enrique. Estes dous sitúan de novo ese momento cando aínda estaban xuntos no coche no exterior da vivenda usada por el e ningún deu ningún significado coactivo a ese feito, aínda que ela relata que el anoxábase se ela collía ou respondía. Iso non impide que a amiga dela, Elisa, si se sorprendera e iso explica o cruce de mensaxes ás 10:47/48 horas.

1.6.-Tanto Belinda, como Enrique, manifestaron que cando chegaron á vivenda do primo deste, onde residía el nese momento, estiveron un tempo falando os dous no coche ata que saíu da vivenda a muller do primo, Adoracion, cos seus pequenos. Tamén coinciden en que falaron un momento con ela e, tras marchar ela, é cando ambos, estando os dous de acordo, entraron na vivenda. Por ese motivo a declaración da muller do primo do acusado pouco pode achegar.

En todo caso, podemos indicar que manifestou que observou o coche cos dous mozos sobre as nove da mañá e ela marchou sobre as doce menor cuarto e foi aí cando falou un momento con eles.

1.7.-Máis relevancia que a anterior, pode ter a declaración de Victorino que é o primo do acusado e quen estaba na vivenda cando chegaron a ela os dous mozos. De novo coinciden ambos en manifestar que cando accederon á vivenda, xa na mañá do día 5 de maio, cruzáronse con Victorino que estaba a realizar algunha actividade nunha especie de taller que había antes da entrada. Igualmente, ambos sitúan a esta testemuña na vivenda mentres sucedían os feitos na habitación.

En xuízo Victorino declarou que mirara sobre as nove e medía ao coche cos dous mozos fronte á vivenda. Sobre as doce menos cuarto observounos de novo cando subían para a casa e pedíronlle permiso para pasar á habitación que usaba daquela Enrique. Defendeu en xuízo que el subiu uns cinco minutos despois e púxose a ver unha película no salón. Dende ese momento sostivo en xuízo que non escoitou ningún ruído provinte da habitación usada polos dous mozos e que si veu á chica saír da habitación tres veces. Dixo ter estado vendo a película ata aproximadamente as dúas e media da tarde en que se dispuxo a comer. Segundo contou sobre as tres da tarde marchou a chica e despediuse del que estaba a comer. Ao marchar dixo que pasou por onde estaba el díxolle ciao,aclarando despois que xusto antes (sobre as dúas e algo) a chica foi ao baño e estivo moito tempo coa auga aberta antes de saír. No seu relato non observou nada estraño cando marchou, que mirou a porta da habitación aberta, achegouse e o seu primo estaba deitado na cama. Nese momento díxolle que a chica marchara e o seu primo levantouse dicindo que ela dixera que se ía duchar e marchou detrás dela a buscala coa roupa que tiña posta. En xuízo púxoselle en evidencia que estaba a manifestar que a chica despedírase del e víralle a cara e non veu nada estraño, sendo que en instrución declarou Que cuando la vio la vio de espaldas, que ella no le vio. Que cuando se fue la chica la vio, le dijo adiós, que iba con el pelo mojado. Que no le dio tiempo a ver si iba llorando.Respondeu que ao dicirlle adeus ela xirara a cara e el si a vira, pero non lle deu tempo a ver se choraba. Tamén manifestou que ao seu primo, o acusado, si lle sorprendera que a chica tivese marchado.

1.8.-Seguindo o momento ao que se refire cada proba, volven neste punto adquirir relevancia a comunicación entre Elisa e Belinda nas comunicacións posteriores ás 15 horas.

Na acta referida ao terminal de Belinda que ás 15:17 chamou a un número identificado como "mama".

Ás 15:20 horas Elisa remite unha mensaxe ao terminal da súa amiga preguntándolle onde está.

Seguindo ao mediodía desa data, a sucesión de mensaxes entre os dous terminais das dúas amigas, que nestes momentos xa son empregados polas súas titulares, mostra a seguinte comunicación:

Belinda [15:27] escúchame/ voy a ir a la policía

Elisa [15:27/28] Y eso?/ Tía no estaba en casa/ Ay dios/ No me digas que pasaste de mi y paso lo que me temía

Belinda [15:28/29] me ha violado/ tengo su semen/ te go que ir/ mientras lloraba seguía/ ven conmigo porfavor/ envía unha foto dos ollos chorando.

Tras esas comunicacións escritas Elisa chamou á súa amiga ás 15:29 sen chegar a estabelecer comunicación; ás 15:35 foi esta quen chamou a aquela sen estabelecer comunicación; ás 15:36 e 15:37 de novo foi Elisa a que chamou sen tampouco estabelecerse comunicación. Finalmente ás 15:39 Belinda chamou a Elisa e si mantiveron comunicación durante 40 segundos.

Na acta do teléfono de Belinda consta ás 15:54 unha chamada a un 986 que ela identificou coa policía.

En relación con eses momentos debemos atender ao declarado por Elisa.

Afirmou que despois das mensaxes xa vistas enviadas pola mañá ela quedou durmida. Ao espertar, ao redor das 15 horas, di que Belinda remitíralle unha mensaxe que era unha ubicación que cría correspondía co domicilio usado por Enrique. O que manifesta é que ao espertar tiña esa mensaxe, se ben non aclara, e non se lle pregunta, se a mensaxe foi o que lle fai espertar ou, cando menos, de que momento era. O certo é que esa mensaxe non aparece na acta do seu terminal. Tras iso relata que a súa amiga díxolle que a violaran, onde estaba e que se podía ir, así como que ela foi ata alí e cando chegou xa estaba a policía e ao pouco chegou a nai. Sobre a situación de Belinda describiuna como tremendo e sen case poder falar. Non se aclarou se cando fala con Belinda esta coméntalle que xa falara coa súa nai ou se iso sábeo despois.

1.9.-Sobre que sucedeu ao saír ela da vivenda, no informe da Policía Local foron unidas fotografías entregadas pola veciña Cecilia que alertou da presenza dun varón (páxinas 26 a 28 do pdf que constitúe o primeiro acontecemento do Visor). Trátase de sete fotos. En 3 delas obsérvase unha furgoneta que non se acreditou que tivese relación cos feitos, noutra unha vivenda tampouco relevante. Nas tres últimas obsérvase ao acusado de pé, na rúa, concretamente nunha beirarrúa, mirando cara a estrada con moita atención, como buscando algo ou a alguén, levando só un pantalón curto e sen nada pola parte de arriba nin calzado.

En xuízo declarou a autora das fotografías. Veciña do lugar, manifestou non ter relación previa coas persoas implicadas. Explicou que estaba en casa cando escoitou berros que lle fixeron saír e observar a un chico (descríbeo como espido, en calzoncillose descalzo) correndo pola estrada e a un chica correndo por outro lado. Dixo que os dous berraban e o chico deu volta como fuera de sí.Nese momento, explica, ela chamou ao seu marido e á policía, vendo como o chico métese nun portal e marcha. Puntualizou que non sabe o que berraban e que a chica escapaba por la carretera abajo.Dixo que a ela observouna a uns 500 metros.

A defensa defendeu que esta testemuña non podía ser atendida por ter confundido unha furgoneta que, parece ser, nada tiña que ver cos feitos. Tal confusión inicial non lles resta nada de credibilidade. Do que da conta é do nerviosismo que trasladaba a escena observada e de como percibiu a necesidade de pedir auxilio e chamar á policía. Tamén sorprende a interpretación que fai a defensa da referencia da veciña a que observou a unha muller marchar escapando pois, indica, Belinda non dixo ter visto a Enrique despois de saír de casa. Pero tal cousa ten unha explicación tan simple como que dende a posición e altura da casa da veciña é posíbel observar dous puntos que entre si non se poden ver. Por iso si entendemos que esta proba ten forza probatoria suficiente para ser atendido.

1.10.-Temos tamén o referido ás intervencións dos servizos policiais e de asistencia sanitaria.

No Atestado da Garda Civil constan referencias de datos horarioscomo que afirma que ás 15:50 horas xa se produciu o aviso interno dende a central COS aos axentes referindo a presenza dunha chica agochada nun lavadoiro. Consta tamén que ás 18:10 horas o acusado foi detido.

No informe da Policía Local referindo a intervención, e atendendo só aos datos de referencias pretendidamente obxectivas, refírese que ás 15:42 horas reciben a chamada da veciña alertando dun varón que corría pola rúa (a analizada no punto anterior). Ás 15:53 horas sitúan a chamada que eles reciben dende o 112 dando conta da chamada de auxilio referindo a presenza agochada dunha chica no lavadoiro e indicando que a chamada fíxoa a que dixo ser a nai.

Ao folio 25 consta o parte de asistencia do 061 dese día. Nel consta como hora de activación as 13:58 e de mobilización as 14:00 horas (estas dúas só podemos interpretalas como erros materiais), pondo como hora asistencia as 16:19 horas e a de traslado ao Hospital 16:30 horas.

Manifestaron en xuízo como testemuñas os dous axentes da Policía Local e os dous da Garda Civil que acudiron ao lugar onde se atopaba Belinda.

O axente da Policía Local NUM002 explicou que acoden alertados polo 112 e por unha chamada, anterior, de veciños (a referida no punto 1.9). Ao chegar ao pilónna rúa San Vicente, escoitaron a unha chica que estaba chorando e achegáronse. Ao achegarse manifesta que a ven acurrucada contra el lavabo,e que tiña o pelo mollado e esta chorando e moi asustada como asustada de la gente que pasaba por allí.Nese momento advirte xa o axente que o primeiro que di a chica é me violaron.O estado de nerviosismo dela facía, explicou, moi difícil falar con ela por ter a voz moi entrecortada, pero logrou que se identificara ela e que dera datos do presunto agresor. Indicou que ao lugar acudiron unha amiga da chica, os axentes da Garda Civil, a nai dela e a ambulancia. Preguntado se afondou máis no sucedido responde que era complicado, estaba nerviosa, o primeiro foi iso e logo entrecortado dicía cousas e a amiga dixo cousas máis claras sobre o sucedido. Sobre iso último dixo que esa amiga explicoulle a el que a noite anterior estiveran co presunto agresor nun local e que case chaman á policía e tiveran problemas con el. A preguntas da acusación particular indicou que a muller falaba por teléfono cunha médica que lle dicía o protocolo nestes casos e que estaba en sock.A preguntas da defensa manifestou que descoñecía se ese estado podía provir do consumo de drogas ou alcohol. Preguntado que lle dixo a amiga ao axente, este respondeu que esa amiga falou da noite anterior, e preguntado se a amiga dixo algo do pasado despois do incidente da noite respondeu que non lembraba que lle dixese nada diso. Explicou de novo que el falou con Belinda e logo coa amiga que concretou máis, que con Belinda era complicado, preguntado se a amiga falou do que pasara no Bar na noite ou o que pasou na casa responde que a amiga falou do que pasara antes de ir á casa e Belinda non deu nese momento datos precisos, que o primeiro que concretou foi me violarone despois detalles moi imprecisos, no estado de sockéralle complicado comunicarse. Aclarou que o que dixo foi me violó.Preguntado tamén pola defensa manifestou que si que entendera (o axente declarante) que o autor tentáralle lavar a ela no lavadoiro (interpretación esta manifestamente errónea e que só da conta do complexo da comunicación). Preguntado se Belinda falou dun episodio sexual ou máis dun, se falou ou non de sexo oral ou anal responde que non chegaron a tanta concreción.

O axente NUM003 tamén da Policía Local explicou que recibiron a chamada alertando da presenza do varón medio espido e, cando xa estaban buscando, dando varias voltas, a ese varón, reciben outra chamada do 112 informando doutra chamada referida á chica. Localizaron á chica no lavadoiro e foron xuntos ata ela, pero dende aí indicou que foi o seu compañeiro o que máis falou coa chica pois el estaba chamando e agardando arriba pola ambulancia. Da chica dixo que a mirou nunha ocasión e estaba nerviosa e decía palabras que a veces non tenían sentido pero estuve poco tiempo.Que el só escoitou que dicía que a violaran e que daba un nome ( Enrique) e unha característica (cicatriz na cara).

Por parte da Garda Civil declarou, primeiro, o número NUM004. Relatou que, tras aviso que unha chica dicía ter sido agredida sexualmente e que estaba agochada nun lavadoiro, diríxense ao lugar. Cando chegan eles xa estaba a chica falando coa Policía Local e, ao vela moi nerviosa, este axente da Garda Civil non falou con ela senón que escoitou a conversa que tiña co axente desa policía municipal. O que dixo escoitar era que a chica estaba moi nerviosa, que dicía que coñecera a un varón e que a agredira sexualmente. Indica que despois, xa coa ambulancia, chegou a nai dela e xa non lle fixeron máis preguntas. Manifestou que non se lle quixo interrogar alí por estar moi nerviosa e que dicía algunhas cousas incoherentes. Preguntado que falara coa amiga da chica manifestou que esta dixo que a denunciante a chamara por teléfono para dicirlle que estaba agochada no lavadoiro, que os datos que tiña era que estiveran nun Bar ao saír dunha Discoteca pola mañá e que a denunciante marchara co chico sen volver ter noticias ata as 3 ou 4 da tarde. A preguntas da defensa dixo non lembrar que a amiga falara do sucedido durante a agresión sexual, que el non falara con ela diso. Afirmado polo letrado que Belinda non contara nada da agresión reiterou que a chica falaba co axente da Policía Local e el escoitaba sen interferir, pero si nun momento a propia testemuña preguntou directamente á chica que pasara e se houbera ou non unha agresión e explica a resposta así: me agredió, no sé qué, yo no quería y estaba con él en la habitación y y yo no quería y le dije que no o algo así por el estilo o algo así, pero eran frases muy inconexas, del estado de nerviosismo supongo que sería y no era, digamos, un relato coherente como el que podemos tener ahora.Preguntado pola mesma defensa se había síntomas de consumo de drogas ou alcohol manifestou que non se vían, que tiña os ollos choroso e estivera chorando e non recorda identificar que fose por consumo. Por último especificou que do lavadoiro á casa usada polo acusado habería uns 100 metros ou un pouco máis e máis ou menos a mesma (uns 150, 200, puntualiza) distancia ata a rúa Castañal 12.

Por último en cantos aos axentes declarou o número NUM005. Explicou a mesma forma e motivos de chegada ao lugar e tamén refire que a chica estaba en estado de sock.Sobre a chica dixo que estaba nese estado, nerviosa e que lle custaba falar. Preguntado se que lle custara falar podía derivar dos nervios ou de consumos de substancias responde que non podía afirmalo, que estaba en sock,totalmente nerviosa e ás veces non se lle entendía e que choraba cando tentaba falar, e que falaba baixo e entrecortado. Preguntado pola defensa se con quen falaron foi coa amiga que a acompañaba respondeu que a amiga se comunicaba mellor con ela e cos axentes. Preguntado quen afirmou a existencia de agresión sexual se foi ela ou a amiga respondeu que probabelmente a amiga, pero ela asentía. Confirmou o referido ás distancias.

1.11.-No Informe médico do servizo de Obstetricia(folio 24) consta unha descrición de acontecementos segundo declaración da paciente: paciente que acude a domicilio de un varón que conoció durante la madrugada tras salir de fiesta, y que la invitó a subir a su casa para desayunar y echarse a dormir un rato. La paciente refiere estar sentada en la cama cuando el hombre le cogió por las muñecas e introdujo 2 dedos en su vagina sin su consentimiento. Posteriormente, la obligó a desvestirse y la forzó a mantener relaciones sexuales con penetración sin preservativo. La paciente refiere que el hombre eyaculó en su abdomen. Posteriormente a las RS, el varón obligó a la paciente a ducharse, pero ella refiere solo haberse mojado el pelo, sin tocar el cuerpo. Así mismo mantiene la misma ropa... Sólo refiere mojarse el pelo, sin tocar el cuerpo.

Na exploración física remite ao parte de lesións e na xinecolóxica non observa lesión ningunha. Son pautadas diversas probas complementarias e diversos tratamentos de profilaxe (ITS, VIH e antitetánica), ademais de anticonceptivo de emerxencia.

No parte de asistencia do 061consta, na descrición das lesións/síntomas, o seguinte: agresión sexual, contusiones en ambas muñecas y cuello.

No parte médico forensede espera unido aos folios 43 e 44 consta que se elabora tras entrevista con médica de urxencias e co recoñecemento forense feito xunto coas profesionais de obstetricia. Exponse nel tamén unha primeira descrición de feitos que coincide coa do Informe de obstetricia antes reproducido salvo que engade despois da mención á introdución non consentida dos dedos na vaxina y posteriormente en zona anal.Describe a situación da paciente ao chegar a forense: se encuentra despierta en boxes de urgencia. Consciente y orientada. Nerviosa, llorosa. Acompañada de ambos padres y de una amiga.Constata hematoma en pulso esquerdo e eritema en cara externa do pescozo. Describe, ademais da ausencia de lesións xenitais, as mostras complementarias recollidas. O informe forense definitivo reproduce o mesmo neses puntos.

A forense declarou en xuízo e manifestou que cando estivo coa peritada aquel día atopouna con labilidade emocional, chorosa e nerviosa e que foi ela quen lle contou o que dicía que pasara que se corresponde co posto no informe. Especificou que as dúas lesións que presentaba no pulso (que aclarou que era o esquerdo) eran compatíbeis (tamén temporalmente) co relatado, pero da presente no pescozo que non lle dixo nada. Tamén dixo que non lembraba que lle falase de ter tido sexo oral. A preguntas da defensa aclarou que o atopado despois no hisopo bucal (vid 1.12) podía corresponder con calquera contacto coa boca dela, incluídos bicos. Tamén aclarou, algo por outro lado sabido xa comunmente, que a ausencia de lesións xenitais non era en absoluto incompatíbel cunha penetración sen excitación. Dixo non poder aclarar nin se houbo comentarios sobre consumo de drogas, nin o tempo en que se puido producir o consumo de MDMA detectado sobre o que volveremos despois.

1.12.-O 13 de xuño de 2024 foi emitido o Ditame NUM008 do Servizo de Bioloxía do INTCF respecto a identificación de restos de seme (Ac 92 do Visor).

Recibiron como mostras un bote con lavado vaxinal, 7 tubos con hisopos (bucal, abdome, vula e 2 vaxinais e 2 cérvix) e unha bolsa papel con braga.

Conclúen que existen restos de seme humano nas mostras de abdome e vulva e na braga (zona dianteira e entre perna).Non se detectou seme humano na mostra bucal. Nos hisposos de cérvix, nos dous vaxinais e no lavado vaxinal non se confirmou presenza ou ausencia de restos de seme.

Posteriormente, o ditame foi completado o 11 de decembro de 2024 (Ac 210 do Visor) informando nese momento en canto a identificadores relacionados co ADN desas mostras.

Na análise do lavado vaxinal non se detectou fragmento do ADN do cromosoma Y. Nos do hisopo 5 vaxinal e os dous de cérvix os resultados non foron concluíntes. Si houbo restos dese tipo nas outras mostras e, unha vez analizadas e contrastadas, mantén o informe que:

(i) Nos restos biolóxicos localizados en abdome e vulva de Belinda localizan un perfil xenético que, coas precaucións habituais, corresponde co acusado.

(ii) En canto ao hisopo bucal e o hisopo 06 vaxinal detectan ADN de varón en escasa cantidade e baixa proporción con respecto ao ADN humano total. Advirten que se recurre al análisis de marcadores STR del cromosoma Y, específicos de varón, para intentar identificar genéticamente la contribución minoritaria de varón.Neste caso conclúen que o haplotipoobtido con esa técnica coincide co do acusado. Conclúen que se detecta un haplotipo (parcial para el hisopo bucal)que coincide co perfil xenético do acusado.

1.13.-O 26 de xullo de 2024 o Servizo de Química do INTCF emitiu o Ditame NUM008 (Ac 150 do Visor) no que daba conta do resultado dunha mostra de urina de Belinda que tiña por obxecto detectar posíbeis substancias dirixidas a obter a submisión química.

O resultado foi 0,44 gramos de alcohol por litro de sangue e positivo en MDA e MDMA, compatíbeis co consumo de alcohol e esa última substancia.

Declararon en xuízo as facultativas autoras do informe que foron cuestionadas sobre todo en relación con consumo de MDMA. Explicaron que o tempo de eliminación das mostras de urina dende o consumo situábase de media nunhas 6 ou 9 horas se ben dependía da dose consumida (a menor dose, máis rapidez de eliminación).

Sobre os efectos do consumo de MDMA explicaron que era unha droga estimulante do sistema nervioso central e, mesturada co alcohol, contrarréstanse por ser este deprimente, e que ese consumo conxunto provoca a perda de inhibicións. Preguntadas para que se toma manifestaron que era estimulante e podíase tomar con fins recreativos para manterse máis tempo esperto e sen sensación de cansazo. Preguntadas se ao baixar os efectos do MDMA consumido se era posíbel padecer alteración a súa consciencia ou a da realidade responderon que o consumo podía producir euforia no primeiro momento e que o tempo de absorción completa era de entre unha e tres horas e os primeiros efectos acostuman a aparecer aos sesenta minutos do consumo, pero concentracións alta entre unha e dúas horas despois da administración. Aclarando que dependía de cada persoa. Preguntadas de novo se unha vez caen os efectos, a persoa padece un baixóne podía a persoa non ver as cousas tal e como sucederon responderon que podía producir ese baixón,pero producir alteracións da percepción sensorial. Posteriormente se o momento en que máis inflúe é á hora da administración responderon que todo dependía da persoa e factores como a costume de consumo, e remitía á bibliografía na que dixo constaba que a máxima concentración en sangue era estaría entre unha e dúas horas da administración e que se absorbe completamente sobre as seis horas e tarda en eliminarse entre 6 e 9 horas. Preguntada que quere dicir alteración percepción sensorial manifestaron que alteración da percepción do tempo, da visual e outras cousas que advertiron refería a bibliografía, pero que elas eran analistas e non podían informar sobre outros extremos.

1.14.-Unha vez exposta a diversa proba que se desenvolveu en xuízo xunto á declaración de Belinda debemos valorala en relación coa súa declaración.

En primeiro lugar, en canto á mesma declaración de Belinda, debemos destacar que non apreciamos elementos que cuestionen a súa credibilidade subxectiva. Non existe ningún indicio de problemas perceptivos ou de memoria nela ou outros elementos que poidan apuntar a eivas na súa capacidade de percibir, recordar e relatar. Por outro lado, non tiña relación ningunha previa co acusado ao que coñecera horas antes de manifestar por primeira vez que a agredira sexualmente. Non é posíbel, nese sentido, identificar ningún posíbel motivo espurio na súa declaración.

A defensa introduciu no debate de forma máis ou menos expresa dúas hipóteses diversas que afectan a este primeiro punto. Unha é a posibilidade de mentira consciente dirixida a ocultar unha suposta infidelidade e outra a da afectación das capacidades de percepción ou recordo polo suposto consumo de drogas.

Hai algo común ás dúas alegacións. O resultado da valoración probatoria non depende de que a defensa acredite a falsidade da hipótese da acusación. Como explicamos no inicio, a presenza de dúbidas sobre unha hipótese alternativa, supón que a que poida fundar a condena non estea acreditada máis aló de toda dúbida razoábel. Neste punto que tratamos agora o debatido son as hipóteses da mentira consciente ou do erro de percepción ou recordo. Se da proba derivase unha dúbida razoábel de que puido suceder unha cousa ou a outra, chegaría para ter que optar pola absolución sen que caiba requirir proba máis aló de dúbida razoábel de que así foi. Agora ben, en todo caso os feitos sobre os que se sustentan esas dúbidas deben ser acreditados ou, cando menos, contar cun apoio probatorio suficiente para xerar esa dúbida, non sendo bastante coa súa alegación como posibilidade hipotética. Nese sentido, os feitos base da dúbida si deben contar con apoio probatorio aínda que non coa mesma intensidade que os feitos que fundan a hipótese de condena. Ademais, cando a hipótese defensiva afástase do que cabería esperar nun escenario como o si acreditado, aumenta a exixencia na introdución dese principio de proba que poida xerar a dúbida para determinar a decisión.

Sobre a hipótese da mentira, apuntou a defensa á posíbel existencia dun motivo relativo á pretensión de agochar ante a súa propia parella ter mantido unha relación sexual cun terceiro. En primeiro lugar, non se acreditou o feito base no que funda a defensa esa alegación. Foi cuestionada sobre este extremo Elisa e negou que nesa época Belinda tivese unha relación de parella cun chico, o que manifestou é que nese momento se estaban conociendo,manifestando que despois desas datas si iniciaron unha relación, pero non a tiñan cando sucederon os feitos. No mesmo sentido declarou a propia Belinda. Ningunha proba acredita a falsidade desas manifestacións, e ningunha que poida acreditar unha relación actual faríao.

Pretende a defensa que a mensaxe remitida por Elisa ás 15:28 [Ay dios/ No me digas que pasaste de mi y paso lo que me temía]só pode ser interpretada como medo a que a amiga se liase con alguén e fose infiel ao mozo. Non sabemos con que lóxica opera ese argumento. A todas luces que non só non é a única interpretación, senón que a máis razóabel, e a dada pola testemuña, é que temía que ese chico co que a súa amiga marchara fixéralle algún mal. Ese temor si é razoábel, sobre todo dadas as circunstancias en que se coñecen, e non se observa ningunha relación desa mensaxe coa parella que puidese ter Belinda.

En todo caso, non é neste caso tan relevante que grao de relación mantiña ela con ese terceiro naquela época, como o pouco consistente da simple alegación de que inventar uns feitos como os que entendemos probados só para esconder unha suposta infidelidade. Non podemos aceptar como máxima de experiencia que unha muller nova estea tan preocupada pola suposta consecuencia nunha relación de ter estado con outro chico, como para prexudicar dunha forma tan grave a un descoñecido. Non é razoábel pensar que se inventou todo con esa intención cando supuña asumir todo o conxunto de consecuencias negativas que derivaron para a propia denunciante como o sometemento á necesaria intervención policial ou médica, ou pasar por un proceso penal, ademais da exposición da súa vida e intimidade. Ademais, de asumir semellante pauta de comportamento, en realidade o esperábel sería que agochara tamén todo o contacto previo voluntario que lle leva a esa habitación e que en ningún momento negou. A iso se suma, como analizaremos despois, que o estado no que se atopaba queda lonxe de ter visos dunha simple teatralización.

Sobre a hipótese da afección ás capacidades da denunciante apoiouse a defensa no resultado analítico que informaba da presenza de MDMA no corpo de Belinda. No punto 1.13 expuxemos as explicacións dadas en xuízo polas autoras do informe.

Recollendo a distinción que facíamos no inicio entre forza dun medio de proba e o seu peso, no referido a esta pericial temos que a súa forza respecto do dato da presenza de MDMA é moi grande dadas as premisas científicas non discutidas da súa produción. Cousa diversa é o peso que ese dato, sen dúbida acreditado, pode ter na decisión sobre a realidade dos feitos obxecto do proceso.

Ese peso, en parte, ten que ver con outro obxecto de proba que é o referido a que influencia puido ter nas manifestacións da denunciante esa presenza do tóxico na urina. E respecto a ese segundo feito, esta pericial ten pouco peso polo que pasaremos a expor.

Analizando a pericial e as explicacións dadas en xuízo a conclusión é que fundamentalmente dá conta do dato espido de que no momento de tomar as mostras existía presenza desa substancia en urina. A partir de aí as técnicas de laboratorio foron preguntadas pola defensa sobre que cabía inferir dese dato en canto ao momento de consumo e de afección e en canto ás consecuencias dese consumo. Pois ben, esas outras valoracións non formaban parte do informe e superaban o seu obxecto.

As propias declarantes aclararon, tras sucesivas preguntas, que elas eran analistas dos datos de laboratorio e esas cuestións escapaban ao seu ámbito. De feito, contestaron a varias das preguntas pero con referencia a datos xerais que dicían aparecían en bibliografía sobre a materia que resultou evidente no momento de prestar declaración que era lida nese momento. Elas mesmas remitiron á pericial forense propiamente dita como a pericial axeitada para dirimir esas dúbidas, pero resulta que o informe do Imelga nada explicou dese tema e a súa autora non foi cuestionada pola defensa sobre el, deixando así sen peso real a súa alegación.

Se atendemos aos datos que puideron achegar, aínda con esas eivas argumentativas, foron referidos ao momento do consumo e ás consecuencias. Sobre aquel só puideron dar a referencia de que, normalmente, a substancia desaparecía da urina entre 6 e 9 horas, se ben aclarando que dependía da persoa e da dose. Desa dose nada se dixo e non se aclarou que cantidade mínima podía suporse consumida polo só feito (único acreditado) de poder ser detectada. Nada se especificou sobre as características da persoa concreta ou que características poderían facer variar ese tempo. Ademais, sempre con esa referencia imprecisa á bibliografía, que dende o consumo pasan uns 60 minutos ata os primeiros efectos e que tiña un tempo de absorción de entre 1 e 3 horas. Queda aberta unha marxe temporal moi ampla que, en todo caso, parece situar o momento do consumo precisamente no momento en que estaba co acusado que negou ter percibido nin tal momento, nin comportamentos que o delatasen.

Máis relevante é o que atinxe aos efectos que podería producir ese consumo. As peritas falaron de euforia e perda de inhibicións, e, ante a insistencia da defensa, indicaron que si podía existir un momento de baixóne nel alteracións da percepción sensorial. Esa referencia a alteracións non supón o pretendido pola defensa de alteración de percepción da propia realidade e o seu significado. Certamente, poderá producir falta de referencias temporais como as que atinxen ao tempo que dura un acontecemento ou o momento do día no que se produce, ou tamén unha falsa medición das distancias ou efectos visuais. Agora ben, esa expresión non supón de xeito ningún a afirmación da posibilidade de delirar sobre todo un acontecemento como o descrito co número de detalles e precisións con que o foi. Así o aclararon as propias peritas a preguntas posteriores da acusación.

Polo anterior, da proba pericial practicada non cabe extraer o feito de que se producira un consumo na marxe temporal relevante ou, en todo caso, que ese consumo puidese afectar á fiabilidade da testemuña en canto cuestionase, non a súa sinceridade, senón a súa capacidade de percepción.

Se relacionamos esa pericial coas outras probas sobre este extremos a hipótese queda aínda máis debilitada. Así, a testemuña Elisa negou calquera consumo dese tipo de droga por ela e a súa amiga. Tamén o negou Belinda que si recoñeceu que a ten consumido, pero non ese día. O propio acusado nega que observase tal consumo. E, en canto ás supostas consecuencias sobre as capacidades dela, tamén o mesmo acusado refire un episodio en que ningún indicio observou desas alteracións de percepción ás que se referiron as peritas. O mesmo cabe dicir dos axentes policiais que declararon en xuízo e cuxas manifestacións resumimos no punto 1.10 e que indicaron, como aí detallamos, que estaba nun estado de socknervioso que é plenamente compatíbel con ter padecido os feitos e que non podían ningún deles asociar co consumo de drogas. É certo que tiveron a prudencia de manifestar que non podían negalo, pero tamén que unha alteración da realidade como a insinuada pola defensa sería esperábel que agromase nalgún comportamento que, pola súa relevancia, fose constatado e lembrado. De feito, as referencias nesas declaracións a incoherencias manifestadas pola chica aparecen claramente atribuídas ao estado de alteración nerviosa, non a un estado derivado do consumo. É máis, de terse observado tal posibilidade non parece dubidoso que os axentes a verificarían ou poderían describila. O mesmo poderíamos dicir dos profesionais sanitarios e a médica forense que estiveron ese día con ela e que nada nese sentido referiron.

En resumo, nada que poidamos atender nestes momentos para cuestionar a credibilidade subxectiva nos termos explicados antes.

1.15.-En canto á persistencia, o certo é que máis un elemento negativo que un que achegue datos relevantes de fiabilidade. Así, que o relato presentado pola persoa que declara varíe en elementos substanciais ao longo do tempo da conta dunha posíbel manipulación do seu contido que, evidentemente, será ou non probábel dependendo doutros elementos de proba. En principio, soster o mesmo relato en varios momentos non supón necesariamente a veracidade do relatado, pois de ter sido inventado a consecuencia sería precisamente esa. Agora ben, tamén é certo que soster unha serie de detalles secundarios ou superfluos no relato principal podería ser un indicio relevante de non estar meramente fabulando, pois é habitual non encher o relato manipulado desa forma e, de facelo, esquecelos ou varialos en sucesivas declaracións. En todo caso, todas esas referencias son aproximacións que deben ser tomadas con moita cautela ao non ser posíbel afirmar que contemos con elementos sólidos que nos permitan sen dúbida distinguir o relato vivido do que non o foi.

Con todo iso, neste caso limitámonos neste punto a constatar que non houbo un rotura dos elementos fundamentais do relato dende as súas primeiras exposicións ata o xuízo. Posteriormente entraremos noutros aspectos do propio relato que entendemos deben ser valorados.

1.16.-Se atendemos agora ao parámetro que se ten definido como credibilidade obxectiva do relatado tamén debemos concluír que nada impide a valoración da declaración. Efectivamente, na liña que indicamos da transcendencia daqueles elementos do denominado test como criterios máis de exclusión que de proba dos feitos, o relato non pode ser rexeitado como ilóxico ou contrario a máximas de experiencia. Noutras palabras, o relatado puido suceder tal e como se contou pois ao fin o que se fai é describir unha relación sexual imposta por medio da violencia e a intimidación dentro da habitación onde se produciu o encontro cuxa realidade non é discutida. Todo o que a denunciante manifestou que sucedera podería ter sucedido sen quebra de máximas de experiencia ou sen conter aspectos non lóxicos ou non posíbeis.

Non hai outros medios de proba que acrediten que algún dos feitos manifestados non puideron suceder. Concretamente, hai que destacar aquí que non son incompatíbeis coas manifestacións do primo do acusado, Victorino (punto 1.7), e da súa muller, Adoracion (punto 1.6). Esta última só puido manifestar o que observou antes da entrada na vivenda cando non se producira, segundo a versión da denunciante, a agresión. Aquela non deriva nunha incompatibilidade obxectiva. El manifesta que os saúda cando suben á vivenda e, despois, sube el, está un tempo vendo a televisión e despois cociña ata que ve marchar é chica. É perfectamente posíbel que el non escoitara o que sucedía no interior da habitación, dado os ruídos das súas propias actividades e as cautelas dende o interior, así como que o que escoitara interpretárao erroneamente como unha relación consentida. Hai un dato que si da referido ás veces que observou á chica saír do baño ao longo dese tempo. Porén, non podemos conceder credibilidade a ese recordo. Hai unha evolución na declaración del dende a instrución ao xuízo que xa analizamos ao plasmar a súa declaración. Ten un vínculo co acusado que fai razoábel que se sitúe nunha posición defensiva do seu familiar. Non supón iso atribuírlle unha mentira consciente, pero si dubidar da forma en como elaborou inconscientemente o seu propio recordo. Ao contrastar ese dato co resto de probas que pasaremos a analizar, perde o peso que podería ter noutras circunstancias.

Debemos diferenciar esa valoración, da que se refire a se outros medios de proba apoian que efectivamente sucedeu ou, pola contra, fan dubidar desa opción ou a exclúen. Aínda que en ocasións ambas valoracións sexan mesturadas na referencia á credibilidade obxectiva propia dos parámetros analizados da declaración da persoa que aparece como vítima, o certo é que podemos diferenciar unha e outra valoración. Nunha, na que acabamos de facer, só valoramos se cabe rexeitar o relato en si mesmo por conter elementos ilóxicos ou contrarios ás leis da natureza. Noutra, que pasaremos a facer inmediatamente, debemos analizar se pode ser acollida por existir outros elementos que apoien a veracidade do relatado.

1.17.-Efectivamente, unha vez recoñecida validez á declaración da denunciante, debemos analizar se conta con elementos de corroboración e apoio noutros medios de proba alleos á propia declaración. Eses elementos soen ser de carácter periférico por informar non tanto dos feitos en si mesmos, senón doutros datos que teñen relación coa súa produción.

No presente caso adquire singular importancia o conxunto de datos que temos sobre o momento en que Belinda sae da habitación onde estivo esas horas co acusado.

Está claro que ela sae da habitación e vai ao baño xa co seu teléfono pois así o manifesta ela e o acusado. Ela manifestou que foi nese momento cando chamou á súa nai e cando enviou a súa ubicación á súa amiga Elisa. Esa mensaxe con esa información non foi referida na acta de contido do terminal, pero non podemos saber se foi por non constar, por ter sido borrada, por ter sido compartida como ubicación temporal de ubicación real ou por non identificala correctamente a autora da acta. En todo caso, o certo é que ese dato, en principio secundario, é lembrado polas dúas incluíndo con total normalidade en cadanseu testemuño de forma que o temos por probado. Xa se ese dato indica querer informar á súa amiga ante o que percibía como unha situación perigosa. O que non podemos saber, por esa falta de información é situar o momento do envío.

Como vimos antes, ás 15:17 horas realizou unha chamada á súa nai que ela sempre manifestou que fixo dende o baño da casa. Pola forma deficiente de expedir a acta da información contida no terminal dela, non podemos saber o tempo de duración desa chamada e a nai non foi citada nin preguntada sobre o seu contido. Si podemos dar por probado que nese momento contoulle que tivera un problema pois a nai remata chamando ao 112. Despois analizaremos as alegacións da defensa sobre o tempo que entende que tardou a nai en facer a chamada.

Tamén expuxemos no punto 1.8 as comunicacións, estas si acreditadas, entre Belinda e Elisa. Ás 15:20 horas é a primeira mensaxe desta a aquela preguntando onde estaba. Non podemos saber se é consecuencia ou causa do envío da ubicación. Pero si que ás 15:27 horas é Belinda a que escribe e nos dá a primeira declaración documentada afirmando que foi violada. Primeiro dille á amiga que vai ir á policía. Aí é cando a amiga amosa o seu temor sobre que sucedera, e cando Belinda envía unha sucesión de mensaxes moi significativos: me ha violado/ tengo su semen/ te go que ir/ mientras lloraba seguía/ ven conmigo porfavor.Son significativos por ser escritas esas mensaxes nunha comunicación privada que resulta moi artificioso pensar que se redactaba pensando na súa potencialidade como proba. Tamén por referir sen dúbida unha violación e dar un dato, que despois repite nas declaracións, que resulta razoábel que a impactara emocionalmente: mientras lloraba seguía.Igualmente, amosa unha preocupación por poder acreditar o sucedido (tengo su semen).Todas esas comunicacións son plenamente coherentes co que relata e dificilmente esperábeis en quen, como pretende a defensa, só estaba superada polo medo a ser descuberta unha infidelidade. Volveremos despois sobre os argumentos defensivos que pretenden variar a persoa que da conta por primeira vez da violación.

Tamén consta acreditado que dende ese momento (15:29) e as 15:39 horas ambas amigas tentan chamarse varias veces unha á outra sen chegar a ter contacto. Só a esa hora prodúcese a primeira conversa de 40 segundos e aí manifestou a testemuña Elisa que a súa amiga xa lle di que está no lavadoiro.

Nalgún momento desas comunicacións produciuse a saída da vivenda na que suceden os feitos. Resulta acreditado sen dúbida que a saída é intempestiva no sentido de inesperada, brusca e preocupada de non alertar dela a Enrique. Así o declara, para empezar, el mesmo cando recoñece que ela fora ao baño supostamente a darse unha duchar e regresar, cando o seu primo avísao de que marchara directamente dende o baño á rúa. O mesmo primo, Victorino manifestou que el vira pasar á chica ao baño e que, nada máis saír del a chica marchou. Dende logo, tal forma de deixar a vivenda non parece moi propia dunha relación sexual consentida tal e como a describiu o acusado.

Por outro lado, no relato da denunciante refírese un dato peculiar. Cando ela pídelle que lle permita marchar, el impón unha condición como é que se duche antes. Tal pretensión é singular, non esperábel nun relato imaxinado, e parece que, se existiu, podería ter explicación en pretender que se eliminen posíbeis restos. Polo menos ela o interpreta así, pois preocúpase de non ducharse e só simular que o fai mollando o pelo. Nada máis saír, como vimos nas comunicacións, manifesta que ten o seu seme, novo indicador de que xa nese momento era consciente da necesidade de ter probas da agresión. O informe de atención médica fai constar que ela ten, efectivamente, o pelo mollado pero non se duchara. Todo iso da conta de dúas cousas. Por un lado, que ela sinte temor e simula que actúa como el lle indicou, e, por outro lado, que ten consciencia xa nese momento previo a saír da vivenda da transcendencia das posíbeis probas derivadas dos vestixios físicos.

Sobre ese momento tamén adquire relevancia a reacción de Enrique. Sae da vivenda descalzo e co torso espido en busca dela. El xustifica esa acción, que non pode negar pola presencia das fotografías referidas no punto 1.9, en que se veu sorprendido por unha marcha sen motivo aparente. Xa esa explicación parece débil, pois ou ben, de ser as cousas como el contou, cabería esperar que tivese o seu teléfono, ou ben (ao non darllo por calquera motivo pese á normalidade do encontro que el relata) sería normal que se vestise e dispuxese a buscala noutra disposición.

En todo caso, choca o que el manifesta co declarado pola veciña. Esta explicou que ela comeza a mirar e fixarse na situación por mor dos berros que el da. A intensidade dos berros e a aptitude que denotaban queda evidenciada se temos en conta como interpreta inmediatamente ela o que observa. Ve a un chico berrando e a unha chica a certa distancia e noutra rúa marchando do lugar e descríbeo como que ela fuxe del que a persigue. Xa rexeitamos, na valoración individual desa declaración, as alegacións da defensa. Do que ela observou o que se infire como probado é que, efectivamente, el persíguea a ela e exhibe a súa rabia por ter perdido o seu control. Tal comportamento non é en absoluto coherente coa versión que el da dos feitos, e si o é coa dada por ela.

Igualmente esa chamada da veciña permite situar un momento temporal no que Belinda xa deixara a vivenda e marchaba pola rúa. A policía indicou que esa chamada produciuse ás 15:42 horas. Hai que ter en conta que esa indicación non é exacta pois refire o momento en que se anota e, ademais, a veciña non chama ao tempo que observa senón que observa, avisa ao seu marido, valora, marca o teléfono e informa. Un exemplo máis da cautela coa que hai que valorar os datos horarios. En todo caso, iso supón que a visión que tivo da chica correndo pola rúa puido ser dentro dos 5 minutos anteriores aproximadamente. E tal dato coincidiría co momento no que por fin logra estabelecer comunicación telefónica coa súa amiga (15:39 horas segundo vimos no 1.8) unha vez agochada no lavadoiro onde foi localizada pola policía.

Insiste repetidas veces a defensa en que a nai demorou 40 minutos en chamar ao 112. Dese dato pretende extraer unha dúbida en apoio da súa hipótese de que nese tempo foi no que fabularon o relato da denuncia. Hai que ter en conta que cando a hipótese defendida pola defensa supón un afastamento das reaccións habituais ou esperábeis, aínda sendo posíbel, debe presentar algún elemento probatorio que, sen chegar a acreditar a súa hipótese, faga razoábel a dúbida que defende. Neste caso, xa rexeitamos dúas bases fácticas dese razoamento defensivo como son as probas sobre a influencia da existencia dunha relación cun terceiro da denunciante e afectación por consumo de MDMA. Tamén a base de feito alegada neste punto carece do apoio pretendido.

Debemos relacionar os datos horarios que nos dan as comunicacións referidas no punto 1.8 e no 1.10. Daquel extraemos que ás 15:17 horas houbo unha chamada coa nai e Belinda explicou que estaba no baño da vivenda cando a fixo. Non quedou claro que información transmitiu nese momento e tampouco como a puido asumir a nai dela. Igualmente, quedou acreditado que ás 15:20 é remitida unha mensaxe por Elisa á súa amiga [donde coño estás]sen poder saber se cando se remite a ubicación é causa ou consecuencia desa mensaxe. O que si está acreditado é que ás 15:27 comezan as mensaxes escritas e durante uns 10 minutos hai sucesivos intentos de comunicación ata as 15:39 horas en que falan. Esas marxes temporais son coherentes co explicado do tempo pasado no baño, a saída precipitada e o momento no que logra conversar. Por outro lado, as referencias a cando é alertado o 112 son dúas. A Garda Civil refire que ás 15:50 a patrulla recibe o aviso do COS e xa se informa de onde está a rapaza agochada, e a Policía Local que ás 15:53 horas reciben eles o aviso da chamada do 112 coa mesma localización. Eses datos supoñen que a chamada do 112 tivo que ser anterior ás 15:50 horas e a chamada á nai sitúase ás 15:17, co que non terían pasado os 40 minutos aos que apela a defensa. Pero, é máis, non sabemos o contido desa primeira chamada co que non podemos inferir que nela xa se dese información dabondo para decidir a outra, e, ademais, parece absolutamente coherente que, de ter informado de onde estaba, agardara para alertar á policía a que estivese nun lugar máis seguro e iso sería plenamente coherente cos outros datos horarios decaendo así a alegación da defensa.

Todos os datos desa secuencia de abandono da vivenda e de reacción unha vez fóra son, de novo, plenamente compatíbeis con que os feitos sucedesen tal e como ela relata. Dende ese momento describe o sucedido como unha agresión sexual, da datos aparentemente secundarios que é difícil pensar fosen parte dunha estratexia fabuladora e ten comportamentos propios de quen, efectivamente, ten medo (saída precipitada da casa, forma de correr na rúa observada pola veciña, procura rápida dun agocho e incluso dificultade para estabelecer comunicación). Ademais nada de todo iso sería coherente co manifestado polo acusado sobre como se produciron os feitos, é máis é tal a distancia que eses feitos son practicamente incompatíbeis con esa versión de non mediar unha explicación que dende logo non foi dada de forma satisfactoria.

As explicacións que deron os axentes policiais que se atopan con Belinda son tamén especialmente significativas. En primeiro lugar a descrición é claramente correspondente cunha muller que sufrira unha agresión que lle xera un medo que lle fai estar, en palabras dun dos axentes acurrucada contra el lavaboademais de referir que estaba como asustada de la gente que pasaba.Todos coinciden en que estaba en sock,chorando, extremadamente nerviosa e con dificultades para explicarse por esa situación, se ben tiña clara a imputación: fora violada e indicaba por quen. De forma moi semellante explicou a situación a súa amiga segundo vimos. Xa antes indicamos que nada permitía atribuír, sequera como posibilidade, esa situación ao consumo de drogas e resulta moi difícil pensar de forma razoábel que respondese a unha simple teatralización para sustentar a súa acusación.

A defensa insistiu no seu informe en que foi Elisa quen realmente tería relatado a versión da violación mentres Belinda só asentiría un relato alleo. Parte dun feito que non se corresponde coa proba practicada cal é afirmar que o relato da violación foi trasladado por aquela á policía e non por esta. Non é iso o que manifestaron os axentes. O que manifestaron é que a vítima estaba en socke moi nerviosa costándolle transmitir feitos, non que eses feitos fosen afirmados pola amiga. En realidade só o primeiro Policía Local asumiu ese primeiro momento de obtención de información. Este axente, o NUM002, dixo que foi Belinda a que dixo expresamente me violó(primeiro díxoo en plural, pero despois aclarou que o dixera en singular) e, efectivamente, dixo que era difícil falar con ela polo nerviosismo, e que era máis doado falar coa amiga, pero o que referiu que lle dixo a amiga (aquilo no que era máis clara) era en dar datos do sucedido a primeira hora da mañá no Bar e negou expresamente que a amiga informase da agresión sexual. Os outros axentes non variaron o aí manifestado no que agora interesa. Así pois, si manifestou nese primeiro momento que fora violada e o mesmo o mesmo día, con máis detalles, relatou cando foi asistida medicamente ao mesmo tempo que era examinada pola forense segundo vimos.

Pero é máis, despois declarou na instrución e finalmente fíxoo no xuízo oral. O relato é trasladado por Belinda e a alegación da defensa non se compadece coa proba practicada. Por iso si cabe valorar que en sucesivas manifestacións a vítima mantivo a mesma versión dos feitos.

Así, é un dato relevante que na descrición que realiza a forense do que é trasladado no momento da atención, xa apareza, ademais da imputación dunha agresión en xenérico, datos relevantes e propios destes concretos feitos. Así sitúa os feitos nun contexto moi concreto (sentada na cama), refire unha agresión particular como inicio (introdución de 2 dedos pola vaxina e despois en zona anal), que ese primeiro momento foi antes de obrigala a espirse e que a exaculación foi no abdome. Tamén remata indicando que lle obrigou a ducharse e que ela simulou que o fixera mollando o pelo (de feito, constatan ese dato). Non se trata dun relato arquetípico ou ríxido que sería máis propio dunha declaración fabulada. Lonxe diso é un relato detallado e con datos inusuais de probábel vivencia por quen o relata.

Certamente o resultado do exame forense cando refire lesións no pulso e no pescozo non pode ter moito peso en canto ao resultado ao non ser lesións necesariamente consecuencia dunha agresión sexual por ser de etioloxías posíbeis máis variada, ademais de que a forense só indica a lesión nun dos pulsos. Pero o certo é que si actúa a súa existencia como un elemento máis de confirmación do relato, pois se ben puideron ter outra orixe, de terse producido os feitos relatados tamén se producirían. Resulta por iso significativa a lesión no pulso e así sería fose nun ou nos dous. Ao mesmo tempo debemos indicar que uns feitos como os descritos, como aclarou a forense, non necesariamente xeran outras lesións, especificamente xenitais, polo que a ausencia desas lesións nada achega nin a favor, nin en contra da hipótese.

Por último, debemos rexeitar outra liña de oposición da defensa á forza desas probas. Cuestiona a defensa que dadas as distancias entre os diversos lugares a reacción ao saír da vivenda fose acudir a ese lugar e non ao seu domicilio, pero obvia ese argumento que o estado de nerviosismo no que se atoparía de ser certo, como afirmamos, o que relata, non permite axuizar as decisións tomadas neses momentos con criterios que só serían predicábeis doutros momentos. En sentido parecido, aínda que referidos a outros momentos, a defensa entendeu pouco críbel o relato apuntando a que non tería lóxica que subise á vivenda despois do incidente da chamada da amiga, pero tal xuízo non atende á situación que se producía despois de levar toda a noite fóra en actividades de ocio e nunha situación en que a ponderación das decisións pode ser substancialmente diversa que a pretendida ex post.En todo caso, nada diso afectaría á relevancia das outras probas que son as que valoramos para alcanzar a conclusión probatoria exposta.

Todo ese conxunto de datos fan que concluamos en ter por acreditados os feitos descritos na declaración de Belinda, pois a concorrencia de todos eles non é explicábel de non terse producido eses feitos e de aí que entendamos apoiada a declaración dela en elementos obxectivos que permiten dotarlle de fiabilidade suficiente.

Segundo.- Cualificación xurídica. Delito contra a liberdade sexual.

2.1.-O artigo 178 do Código penal estabelece no seu segundo apartado:

2. Se consideran en todo caso agresión sexual los actos de contenido sexual que se realicen empleando violencia, intimidación o abuso de una situación de superioridad o de vulnerabilidad de la víctima, así como los que se ejecuten sobre personas que se hallen privadas de sentido o de cuya situación mental se abusare y los que se realicen cuando la víctima tenga anulada por cualquier causa su voluntad.

O artigo 179 do Código penal advirte que:

1. Cuando la agresión sexual consista en acceso carnal por vía vaginal, anal o bucal, o introducción de miembros corporales u objetos por alguna de las dos primeras vías, el responsable será castigado como reo de violación con la pena de prisión de cuatro a doce años.

2. Si la agresión a la que se refiere el apartado anterior se cometiere empleando violencia o intimidación o cuando la víctima tuviera anulada por cualquier causa su voluntad, se impondrá la pena de prisión de seis a doce años.

O relato de feitos probados non deixa marxe á dúbida sobre que estaríamos ante un delito de agresión sexual constitutivo de violación empregando violencia e intimidación. Esta última está presente nas reiteradas manifestacións dirixidas a someter a vontade da vítima que dimos por probadas, a violencia nos momentos en que chega a impor fisicamente os actos que desexaba e o contido dos actos é o que proclamamos como probado polo explicado no anterior fundamento.

Terceiro.- Invidualización da pena. Delito contra a liberdade sexual.

A partir do anterior marco de referencia debemos determinar a pena no caso concreto atendendo a que nin concorren nin foron alegadas circunstancias modificativas da responsabilidade penal nin atenuándoa, nin agravándoa.

No referido á pena de prisión, o marco penal resultante do anteriormente razoado, é de 6 a 12 anos. Atendendo a que non se solicitou por ningunha acusación a apreciación de circunstancias de agravación ao abeiro do apartado 6º do artigo 66 do Código penal cabe a imposición da pena en todo ese arco.

Entendemos xustificado superar o límite inferior debido a que se produciron sucesivos actos sexuais impostos e a que se desenvolveu a acción durante ese tempo pese ás peticións da vítima de finalización nun espazo descoñecido para ela e que reducía as súas posibilidades de defensa. Porén, ao mesmo tempo, é o certo que superar en moito o marco da metade inferior parece que reclama algunha concreta circunstancia agravante que, neste caso, non foi apreciada, ou unha xustificación específica que, pese a non concorrer esas circunstancias, reclame esa pena máis dura. Por iso optamos por impor unha pena de oito anos de prisiónque se mantén na metade inferior pero na súa marxe máis alta.

En segundo lugar, solicitaran as acusacións a imposición dunha inhabilitación absoluta que o artigo 55 do Código penal vincula a penas de cando menos 10 anos de prisión. Non acollendo aquela petición de prisión, só procede, ao abeiro do artigo 56, impor a inhabilitación para o dereito de sufraxio pasivo polo tempo de condena.

En terceiro lugar, ao abeiro do disposto no artigo 192.1º do Código penal, na versión en vigor no momento dos feitos, procede impor unha medida de liberdade vixiada que sería de 5 a 10 anos e a executar despois da pena privativa de liberdade. Optamos por impor unha medida de liberdade vixiada cunha duración de seis anosa esa medida dado que estamos ante o primeiro delito deste tipo e non existiu debate ningún sobre factores que nos dean información sobre a súa perrigosidade. O que podemos inferir dos feitos probados é que se tratou dun acto determinado por unha vontade unilateral e irrevogábel de impor a propia vontade, o que si da certa conta da necesidade de control de impulsos e por iso decidimos superar o límite inferior.

Por último, en canto a ese artigo 192 e ao abeiro do apartado 3 no seu parágrafo segundo, procede impor unha pena de inhabilitación especial para calquera profesión, oficio ou actividade, sexa ou non retribuídos, que supoñan contacto regular e directo con persoas menores de idade por un tempo de 13 anos(5 superiores á condena de prisión por ser un delito grave), xustificando o tempo nas mesmas razóns que a anterior decisión.

Ao abeiro do artigo 57 do Código penal, entre outros, nos delitos contra a liberdade e indemnidade sexuais poderán aplicarse unha ou varias das prohibicións previstas no artigo 48 do mesmo Código por un tempo que non excederá de 10 anos en caso de que o delito, como é o caso, sexa grave. En caso de optar por impor unha ou varias desas prohibicións e de impor, como tamén é o caso, unha pena de prisión aquelas serán impostas por un tiempo superior entre uno y diez años al de la duración de la pena de prisión impuesta en la sentencia, si el delito fuera grave, y entre uno y cinco años, si fuera menos grave. En este supuesto, la pena de prisión y las prohibiciones antes citadas se cumplirán necesariamente por la persona condenada de forma simultánea.

No artigo 48 son definidas entre esas posíbeis prohibicións as de:

2. La prohibición de aproximarse a la víctima, o a aquellos de sus familiares u otras personas que determine el juez o tribunal, impide al penado acercarse a ellos, en cualquier lugar donde se encuentren, así como acercarse a su domicilio, a sus lugares de trabajo y a cualquier otro que sea frecuentado por ellos, quedando en suspenso, respecto de los hijos, el régimen de visitas, comunicación y estancia que, en su caso, se hubiere reconocido en sentencia civil hasta el total cumplimiento de esta pena.

3. La prohibición de comunicarse con la víctima, o con aquellos de sus familiares u otras personas que determine el juez o tribunal, impide al penado establecer con ellas, por cualquier medio de comunicación o medio informático o telemático, contacto escrito, verbal o visual.

Atendendo a todo iso procede impor ao penado as seguintes prohibiciónspor un período de tres anos:

a) A prohibición de achegarse a Belinda a unha distancia de 100 metros, ao seu domicilio, centro de estudios nos termos legais, e

b) A prohibición de comunicar con ela por calquera medio ou procedemento.

Entendemos procedente a imposición desas prohibicións atendendo a que os feitos determinaron unha certa afección na vítima que parece razoábel e lexítimo que tema o encontro co autor dos feitos, pero, no referido ao tempo, entendemos que a inexistencia de relacións previas e de espazos compartidos non xustifica o tempo pedido polas acusacións. Reducimos a distancia atendendo a que cunha como a descrita xa se verifica un radio de seguridade suficiente e non aparece xustificada unha maior afección ao espazo de liberdade do acusado.

Cuarto.- Cualificación xurídica e individualización pena. Delito de ameazas.

4.1.-As acusacións consideraron que a expresión que dimos por probada (que se dicía algo á policía que iría por ela) supón a comisión dun delito de ameazas condicionais das previstas no artigo 169.1 do Código penal polo que instaba o Ministerio Fiscal a imposición dunha pena de dous anos de prisión, ademais de diversas prohibicións.

Non podemos compartir esa apreciación. Ademais de que esa cualificación tería determinado a competencia do Tribunal do Xurado que non se instou por ningunha parte, o certo é que o artigo 169.1 require que a ameaza consista no anuncio de un mal que constituya delitos de homicidio, lesiones, aborto, contra la libertad, torturas y contra la integridad moral, la libertad sexual, la intimidad, el honor, el patrimonio y el orden socioeconómico.

No presente caso, o único acreditado, que é o relatado, é que iría a por ela. Certo é que esa expresión pecha, no contexto no que se emitiu, un anuncio dun mal, pero non concreta de xeito ningún o seu alcance de forma que, entre os seus posíbeis contidos non cabe acudir a eses que constitúen delito e actúan como elementos do tipo penal de ameazas polo que se instou a condena.

4.2.-Estamos, pois no ámbito da previsión do artigo 171 do Código penal que no seu primeiro apartado regula:

1. Las amenazas de un mal que no constituya delito serán castigadas con pena de prisión de tres meses a un año o multa de seis a 24 meses, atendidas la gravedad y circunstancia del hecho, cuando la amenaza fuere condicional y la condición no consistiere en una conducta debida. Si el culpable hubiere conseguido su propósito se le impondrá la pena en su mitad superior.

No presente caso procede impor unha pena de cinco meses de prisión.

A opción entre a pena de prisión e a de multa é resolta atendendo a que a ameaza prodúcese nun contexto moi concreto referido a unha agresión sexual recen executada, pero tamén á circunstancia de que resultaba evidente o medo que xeraría ante, por un lado, ese antecedente, e, por outro, a intención de esconder a súa acción de posíbeis castigos.

Dentro da pena de prisión, optamos por impor a pena dentro da metade inferior por reservar o propio precepto a superior para supostos nos que fose logrado o propósito, cousa que aquí non sucedeu. Agora ben, superamos o límite inferior, pois non se pode negar a gravidade do contexto e que, de feito, aínda que non debamos superar o tipo penal referido a males xenéricos, o certo é que a probabilidade de seren comprendida a ameaza como referencia a un mal constitutivo de delito é alta.

4.3.-No referido ás prohibicións de achegamento e comunicación, remitímonos ao explicado antes para impolas tamén neste caso nos mesmos termos e por tempo de dous anos e cinco meses,dado que estamos ante un delito menos grave e debe ser superara a pena de prisión imposta, entendendo que esa ameaza, sen dúbida, afectou moito o ánimo da vítima.

Quinto.- Responsabilidade civil.

5.1.-O Ministerio Fiscal e a acusación particular instaron que se condenara en concepto de responsabilidade civil ao pago de vinte mil euros polos danos padecidos como consecuencia dos feitos.

O artigo 109 do Código Penal estabelece a obriga de reparar os danos causados e o artigo 116 do mesmo texto impón esa obriga a todo responsábel penal que, de acordo co 110 ten como unha das súas formas a indemnización tamén dos prexuízos morais.

5.2.-É indubidábel que padecer unha agresión sexual produce danos morais que, pola súa evidencia, en canto á súa propia existencia non precisan de especial proba.

Cousa diferente é a cuantificación da indemnización que corresponde en cada caso. Esa tarefa é especialmente difícil por non ser posíbel acudir a baremos que poidan abranguer as especificidades de cada caso. Ademais, somos plenamente conscientes que o dano que produce ter sufrido unha agresión sexual non é nunca cuantificábel e a indemnización que se poida impor nunca poderá cubrir o dano causados, nin compensalo, nin facelo de menor entidade.

Enfrontados a esa tarefa de cuantificación debemos destacar algúns factores xa referidos ao estudar a responsabilidade penal que tamén inflúen no cálculo de responsabilidade civil por ser orixe de maior dano. Así, que se tratou dunha agresión por un descoñecido, que se produciu ao longo de varias horas, que se empregou violencia e intimidación e impúxose o propio comportamento obrigando a permanecer nunha habitación, así como a imposición de condición para deixar o lugar. Todo iso cristalizou no estado de socke afección que se presenta ese día. As lesións físicas non foron graves, e non se aclarou o concreto alcance das secuelas posteriores.

Ao mesmo tempo, a acusación particular non acreditou, fóra desas referencias que xa atendemos, concretas consecuencias ben na saúde mental, ben na súa vida, sobre a vítima. Se ben reiteramos a relevancia e gravidade das que xa expuxemos, entendemos que non cabe asumir a totalidade da petición realizada que, por outra banda, tampouco foi xustificada en argumentos específicos aínda que fora por referencia a outros supostos.

Por todo o anterior, entendemos ponderado fixar neste caso a contía da indemnización en dez mil euros. Sabemos que esta ou outra contía non satisfará nunca o mal padecido pero a fixación dunha concreta é obriga que debemos asumir.

Sexto.- Custas.

As custas procesuais enténdense impostas pola lei ás persoas criminalmente responsables de todo delito ( artigos 123 do Código penal e 239 e 240 da Lei de axuizamento criminal).

Deben entenderse incluídas as da acusación particular por ter sido pedidas expresamente e non constar elementos para excluílas.

Tras seren vistas as disposicións legais citadas e demais de xeral aplicación do Código penal e da Lei de axuizamento criminal,

Fallo

Condenamos a Enrique como autor dun delito de violación( art. 179 do Código penal) , sen concorrer circunstancias modificativas da responsabilidade penal e imporlle:

a) Unha pena de OITO ANOS de prisión,con pena accesoria de inhabilitación para o dereito de sufraxio pasivo polo tempo de condena,

b) Unha medida de liberdade vixiada por tempo de SEIS ANOSa cumprir despois do cumprimento da pena anterior ( art. 192.1 Código penal) ,

c) Unha pena de TRECE ANOS de inhabilitación especialpara calquera profesión, oficio ou actividade, sexa ou non retribuídos, que supoñan contacto regular e directo con persoas menores de idade ( art. 192.3 Código penal) ,

d) As seguintes prohibicións por tempo de TRES ANOS:

1. A prohibición de achegarse a Belinda a unha distancia de 100 metros, ao seu domicilio, centro de estudios nos termos legais, e

2. A prohibición de comunicar con ela por calquera medio ou procedemento.

Condenamos a Enrique como autor dun delito de ameazas( art. 171 do Código penal) , sen concorrer circunstancias modificativas da responsabilidade penal e imporlle:

e) Unha pena de CINCO MESES de prisión,con pena accesoria de inhabilitación para o dereito de sufraxio pasivo polo tempo de condena,

f) As seguintes prohibicións por tempo de DOUS ANOS E CINCO MESES:

3. A prohibición de achegarse a Belinda a unha distancia de 100 metros, ao seu domicilio, centro de estudios nos termos legais, e

4. A prohibición de comunicar con ela por calquera medio ou procedemento.

Condenamos a Enrique, ademais a:

g) A pagar en concepto de responsabilidade civila contía de DEZ MIL EUROS favor de Belinda,

h) Ao pago das custas procesuais incluídas as da acusación particular.

Notifíquese a presente sentenza, da que se unirá certificación ao correspondente rolo de Sala, ás partes, instruíndoas de que contra esta cabe RECURSO DE APELACIÓN a presentar ante esta Audiencia para ante a Sala do Civil e do Penal do Tribunal Superior de Xustiza dentro dos DEZ DÍAS seguintes ao da última notificación da sentenza, o cal se tramitará conforme o establecido nos art. 790, 791 e 792 da LACrim.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza, da cal se levará unha certificación ao rolo de sala e que se anotará nos rexistros correspondentes.

Publicación.-A anterior sentenza foi dada, lida e publicada en audiencia pública polo maxistrado Xermán Varela Castejón.

La difusión del texto de esta resolución a partes no interesadas en el proceso en el que ha sido dictada sólo podrá llevarse a cabo previa disociación de los datos de carácter personal que los mismos contuvieran y con pleno respeto al derecho a la intimidad, a los derechos de las personas que requieran un especial deber de tutelar o a la garantía del anonimato de las víctimas o perjudicados, cuando proceda.

Los datos personales incluidos en esta resolución no podrán ser cedidos, ni comunicados con fines contrarios a las leyes.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.