Sentencia Penal 228/2025 ...o del 2025

Última revisión
18/09/2025

Sentencia Penal 228/2025 Audiencia Provincial Penal de Pontevedra nº 5, Rec. 49/2024 de 27 de mayo del 2025

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 49 min

Orden: Penal

Fecha: 27 de Mayo de 2025

Tribunal: Audiencia Provincial Penal nº 5

Ponente: MARCOS DIAZ PETEIRO

Nº de sentencia: 228/2025

Núm. Cendoj: 36057370052025100220

Núm. Ecli: ES:APPO:2025:1525

Núm. Roj: SAP PO 1525:2025

Resumen:
ACOSO SEXUAL

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 5

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00228/2025

-

C/ PADRE FEIJOO Nº 1, VIGO

Teléfono: 986 817162-63

Correo electrónico: seccion5.ap.pontevedra@xustiza.gal

Equipo/usuario: E04

Modelo: N85860 SENTENCIA ABSOLUTORIA

N.I.G.: 36057 43 2 2022 0007077

PO PROCEDIMIENTO SUMARIO ORDINARIO 0000049 /2024

Delito: ACOSO SEXUAL

Denunciante/querellante: Noemi

Procurador/a: D/Dª PAULA LLORDEN FERNANDEZ-CERVERA

Abogado/a: D/Dª MARIA MERCEDES PADILLA LORENZO

Contra: Casimiro

Procurador/a: D/Dª GERMAN FERNANDEZ SAMPEDRO

Abogado/a: D/Dª MANUEL BARRAL SUBERO

SENTENZA nº228/2025

==========================================================

Maxistrados/as:

VICTORIA EUGENIA FARIÑA CONDE

JOSE RAMÓN SÁNCHEZ HERRERO

MARCOS DIAZ PETEIRO (ponente)

==========================================================

En VIGO , a vintesete de maio de dous mil vintecinco.

VISTA en xuízo oral e público, perante a Sección 005 desta Audiencia Provincial o expediente instruido co número 0000049 /2024, procedente de DILIXENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO nº 0001052 /2022, XDO. DE INSTRUCIÓN N. 2 de VIGO e seguido polo trámite do PROCEDIMIENTO SUMARIO ORDINARIO polo delito de ACOSO SEXUAL, contra Casimiro, representado polo Procurador GERMAN FERNANDEZ SAMPEDRO e defendido polo Abogado D. MANUEL BARRAL SUBERO. Sendo parte acusadora o Ministerio Fiscal e como acusación particular Noemi sendo representada pola procuradora PAULA LLORDEN FERNANDEZ- CERVERA e defendida pola abogada MARIA MERCEDES PADILLA LORENZO , e como ponente o Maxistrado D. MARCOS DIAZ PETEIRO.

Antecedentes

PRIMEIRO.O Xulgado de Instrución número 2 de Vigo incoou o SU 1052/2022 con base no informe da POLICÍA NACIONAL NUM000 - UFAM, e tras a fundamentación das dilixencias pertinentes foi elevado a esta Audiencia Provincial, onde se lle deu a trámite correspondente.

SEGUNDO.Tras a admisión de probas, a data do xuízo oral foi fixada para o 26 de marzo de 2025 e 24 de Abril de 2024., en audiencia publica , as dúas sesión do xuizo nos que se practicou toda a proba proposta e admitida.

En conclusións definitvas o Ministerio Fiscal presentou novo escrito de acusación do que se deu traslado as partes e que quedou unido as actuacións . Ningunha das partes se opuxo a dita modificación

TERCEIRO.Foi relator o maxistrado Marcos Diaz Peteiro o que expresa o parecer da sala

Hechos

PRIMEIRO.É acusado neste procedemento Casimiro, maior de idade, de nacionalidade española, sen antecedentes penais.

Se ben Casimiro ten o seu domicilio na vila de Pontevedra, o domicilio familiar atópase na DIRECCION000, da cidade de Vigo.

SEGUNDO.O acusado, Casimiro, e a denunciante, Noemi, coñecéranse a través da aplicación para móbil Tinder, durante o verán de 2021, chegando a quedar un día dese verán. Dende este momento mantiveron algunha conversa a través de whatsapp e redes sociais, se ben de forma illada. Días antes do 31 de maio de 2022, data na que volveron a verse, retomaron as conversas.

Nese día, Noemi e Casimiro quedaron en verse pola noite. Así, Casimiro segundo acordaran, recolleu a Noemi na casa desta, en Vigo, e ambos se desprazaron ate o domicilio familiar de Casimiro, chegando alí sobre as 23.00 horas do 31 de maio de 2022.

TERCEIRO.No domicilio familiar de Casimiro non había ninguén. Casimiro e Noemi entraron, sentaron no sofá e puxeron a televisión. Ao pouco tempo, polo menos Casimiro, comezou a tocar a perna de Noemi dende o xeonllo ate o a parte superior da perna, para posteriormente chegar a tocarlle na zona xenital.

A continuación, deu comezo a unha relación de carácter sexual entre ambos.

Dita relación comezou no salón do domicilio no que se atopaban. Casimiro quitou o pantalón, sacou o pene fóra e Noemi comezou a realizarlle unha felación. Durante estas felación, Casimiro tocou a cara e o peito de Noemi.

Tras un período de tempo non determinado, ambos se dirixiron ao baño da vivenda para continuar coa relación sexual. Ao chegar ao baño, e dado que Noemi se atopaba coa menstruación, Casimiro propúxolle unha penetración anal; proposta que foi aceptada por Noemi. Ao dar comezo dita práctica, e ao notar o contacto do pene no ano, Noemi pediulle a Casimiro que parara, o que este fixo.

A continuación, a relación sexual proseguiu no baño coa felación por parte de Noemi a Casimiro; ata que este exaculou.

Tras asearse a vestirse, ambos abandonaron o domicilio familiar de Casimiro sobre as 23.30 aproximadamente. Casimiro levou en coche a Noemi ata a súa casa.

CUARTO.O 2 de xuño de 2022, Noemi acudiu ao hospital presentando lesións consistentes en dúas zonas eritematosas a ambos lados da úvula e en petequias no cuadrante superior externo da mama dereita.

A partir destas datas, agudizouse o trastorno ansioso depresivo que sufría Noemi, así como o trastorno da conduta alimentaria.

Noemi precisou dunha primeira asistencia facultativa para a curación de todas as súas lesións, sen requirir tratamento médico nin cirúrxico. Noemi tardou cento cincuenta días en curar destas lesións, sendo os trinta primeiro de prexuízo persoal moderado e o resto de prexuízo persoal básico.

QUINTO.O acusado, Casimiro foi posto a disposición xudicial o 17 de xuño de 2022, sendo acordada ese mesmo día a súa liberdade mediante decisión xudicial.

Non obstante, mediante auto de 17 de xuño de 2022 impuxéronselle, como medidas precautorias persoais, as seguintes:

- Prohibición de achegarse a Noemi a unha distancia de 200 metros.

- Prohibición de comunicarse con Noemi por calquera medio.

No auto de procesamento foille imposto, como medida precautoria real, a prestación dunha fianza de 3.000 €. Dita fianza non foi atendida.

As medidas precautorias persoais e reais atópanse vixentes no día de hoxe.

Fundamentos

PRIMEIRO. Sobre a presunción de inocencia.

Antes de dar comezo á valoración da proba practicada cómpre levar a cabo certas consideracións sobre o alcance desta resolución, así como o modo no que se acreditan os feitos que son declarados como probados.

Co análise da proba non se pretende establecer unha comparación entre a declaración da denunciante e do acusado, a fin de outorgar maior credibilidade a unha ou outra declaración. Non se pretende optar por cal das dúas versións pode ser máis crible e, en consecuencia, declarala como probada.

Entendemos que no proceso penal non podemos comparar a versión da acusación e a da defensa sobre uns feitos en termos de igualdade. E iso porque a posición que ocupan acusación e defensa non son idénticas. A presunción de inocencia, como regra de xuízo, determina que ao inicio do xuízo o acusado sexa inocente, e que sexan as acusacións as que teñan que acreditar todos os feitos constitutivos da súa pretensión condenatoria. Pero é máis, esta acreditación ten que levarse a cabo fóra de toda dúbida razoable, e ten que abracar todos os feitos que conforman a súa hipótese acusatoria. A acusación ten, pois, que acreditar que todos feitos e que estes ocorreron no modo que describe. O nivel de acreditación ten que reducir as alternativas que puidera opoñer pola defensa a unha situación de insignificancia, ou de residual posibilidade de ter acontecido.

Por contra, á defensa chégalle conque a acusación non sexa quen de acreditar os feitos no modo indicado; pois, a mera dúbida razoable determina o ditado dunha sentenza absolutoria, por mor do principio de presunción de inocencia. Pero non só iso, senón que aínda no caso de que a acusación acreditase os feitos acusatorios por completo, se a defensa ofrece e acredita unha hipótese alternativa que se represente como posible razoable, o resultado debe ser o da absolución.

Así entendida, a presunción de inocencia cobra verdadeiro sentido constitucional, e así ten sido xa declarado en varias resolucións do Tribunal Supremo ( SSTS de 11 de marzo de 2021; 15 de setembro de 2022, 20 de xaneiro de 2023 ou 21 de marzo de 2024).

Nesta última, indica o Alto Tribunal: "En este sentido, debe llamarse la atención que la presunción de inocencia, como regla de juicio, viene a dotar de contenido constitucional a la llamada carga material de la prueba -cómo se debe probar y cuánta prueba se requiere para ello-, pero no necesariamente incide en la carga formal que determina quién debe probar los hechos que soportan las respectivas hipótesis. El cumplimiento de la carga formal de prueba no implica necesariamente que se satisfaga la carga material.

Como con claridad se sostiene por la doctrina " mientras que la carga formal se levanta con la mera actividad probatoria, la segunda solo se alza con un resultado determinado, imprevisible de antemano en cuanto al elemento psicológico de convencimiento del juez que supone la actividad probatoria".

Por tanto, aunque la carga de la prueba en sentido formal y material son dos aspectos íntimamente relacionados ello no quiere decir que deban ser afrontados con los mismos instrumentos ni que se apliquen soluciones idénticas en orden a su cumplimiento.

8. En efecto, la distribución formal de la carga de prueba en el proceso penal, bajo el manto protector del artículo 24.2 CE , comporta, sin excepción, que la acusación deba probar los hechos constitutivos de su pretensión acusatoria -la comisión del delito, la concurrencia de las circunstancias agravatorias y la participación en el mismo de la persona acusada-, pero no supone que, además, se le exija la prueba de la inexistencia de todas las circunstancias que pudieran favorecer a la persona acusada.Ello, en efecto, supondría una carga excesivamente onerosa y, además, en muchos casos, de imposible cumplimiento, que produciría un efecto constitucionalmente indeseable de oclusión de la propia acción penal.

En consecuencia, si la persona acusada decide activar una estrategia defensiva que no se limite a negar o a debilitar las bases probatorias de la hipótesis acusatoria mediante la introducción de hechos alternativos de no participación, de justificación, de no culpabilidad o de inimputabilidad, resulta razonable exigirle que asuma la carga formal de probar su concurrencia.

9. En todo caso, cabe apuntar que en el proceso penal las cargas formales, a diferencia del proceso civil donde opera con mayor genuinidad el concepto de carga probatoria, no son nunca ni estáticas ni rígidas. Los principios de adquisición de prueba, la intervención de oficio del juez en su producción, la desigualdad de partida entre las partes y el mandato de imparcialidad que compele al Ministerio Fiscal en su actividad indagatoria y probatoria hace que puedan darse supuestos de transferencia de cargas formales a lo largo de todo el proceso.

Los mecanismos de "discovery" probatorio anticipado permiten que, con mucha frecuencia, las partes puedan, de manera sobrevenida, rediseñar estrategias probatorias proactivas, asumiendo nuevas cargas. Lo que se traduce en que la acusación pretenda, aportando medios de prueba, neutralizar la plausibilidad de las hipótesis defensivas, como, de contrario, la defensa también busque, con nuevos medios de prueba, refutar las pruebas de cargo anunciadas por la acusación.

10. Sin embargo, lo más decisivo a los efectos que ahora nos ocupan es destacar que la existencia de cargas formales no se traduce en que las partes acusadoras y acusadas asuman la misma carga material de prueba. Aquí es donde entra en juego la regla de juicio de la mano de la presunción de inocencia.Esta se encarga de determinar cuál debe ser el resultado probatorio exigible a cada una de las partes en atención a sus respectivas cargas formales para considerar acreditadas las respectivas hipótesis.

Y así mientras que la carga material de prueba que pesa sobre la acusación implica que esta logre acreditar la realidad de los hechos en los que se sustenta su hipótesis más allá de toda duda razonable,a la defensa le basta con generar una duda razonable acerca de la atendibilidad de dicha hipótesis o con acreditar, en términos de suficiente plausibilidad fáctica, la propia hipótesis defensiva.

Si bien ambos supuestos -la duda razonable sobre la hipótesis acusatoria y la plausibilidad de la hipótesis defensiva-, conducen al mismo resultado: la duda razonable sobre la concurrencia de algún hecho relevante que funde la acusación implica que la hipótesis acusatoria no pueda considerarse plenamente acreditada.Por su parte, cuando no se cuestiona el hecho constitutivo, pero sí la afirmada por la acusación plena culpabilidad, la prueba de la plausibilidad del hecho modificativo permite considerarlo acreditado.

11. La regla de juicio, como contenido específico de la carga material, opera, por tanto, con relación a dos hipótesis. Una, acusatoria y otra, defensiva, pero que no parten, ni mucho menos, de las mismas exigencias de acreditación.

Insistimos. En relación con los hechos constitutivos que integran la hipótesis acusatoria, se reclama un fundamento probatorio que arroje resultados que en términos fenomenológicos resulten altísimamente concluyentes. La segunda hipótesis, la defensiva, no.

Este doble estándar responde a las diferentes funciones que cumplen ambas hipótesis. La primera, la acusatoria, está llamada a servir de fundamento a la condena y, con ella, a la privación de libertad o de derechos de una persona. Por tanto, debe quedar acreditada por mandato constitucional más allá de toda duda razonable.La función de la segunda, la hipótesis defensiva, es muy diferente: es la de debilitar, en su caso, la conclusividad de la primera. No, de forma necesaria, excluirla.

La presunción de inocencia no exige,sin riesgo de desnaturalizar su ontológica dimensión político-constitucional, como garantía de la libertad de los ciudadanos y límite al poder de castigar del Estado, que la hipótesis alternativa defensiva se acredite también más allá de toda duda razonable, como una suerte de contrahipótesis extintiva o excluyente de la acusatoria.

Para que despliegue efectos el componente reactivo del derecho a la presunción de inocencia basta con que la hipótesis de no participación, de justificación, de inimputablidad o de imputabilidad reducida goce de un umbral de atendibilidad suficiente, de verosimilitud apta para generar una duda epistémica razonablemente justificada sobre su concurrencia. Debilitando, como consecuencia inevitable, la hipótesis acusatoria basada en la presencia de todos los elementos constitutivos del delito -tipicidad, antijuricidad, culpabilidad e imputabilidad- en un sentido amplio.

Como afirmábamos en la STS 136/2022, de 17 de febrero , " la consistencia de la duda razonable no se justifica en sí misma sino contrastándola con los argumentos que fundan la condena. Como a la inversa, la contundencia de la hipótesis de condena tampoco se mide en sí sino según su capacidad para neutralizar la propuesta absolutoria".

Insistimos, mientras la condena presupone la certeza de la culpabilidad, neutralizando la hipótesis alternativa, la absolución no presupone la certeza de la inocencia sino la mera no certeza de la culpabilidad. La absolución no se deriva de la prueba de la inocencia sino de la frustrada prueba de la culpabilidad más allá de toda duda razonable.De ahí que una hipótesis exculpatoria mínimamente verosímil arruine, como afirma Igartua, la probabilidad concluyente -la conclusividad- que exige el mencionado estándar. (O subliñado e a negra son nosos).

Este diferente status entre as posicións da acusación e da defensa ten sido resaltado especialmente polo Tribunal Constitucional, en relación coa eido da apelación á hora de distinguir entre o recurso fronte a Sentenzas absolutorias e condenatorias, tal e como se recolle nas SSTC 72/2024 de 20 de xuño, e 80/2024, de 8 de xullo.

E tamén esta doutrina ten sido obxecto de aplicación por distintos tribunais, como recentemente por TSX de Cataluña, 109/2025, de 28 de marzo de 2025 (apartado 6.10.2 e ss); ou por resolucións doutras Audiencias Provincias, como por exemplo, de A Coruña de 22 de xullo de 2024

Partindo dos anteriores presupostos, cómpre baixo eses parámetros a análise da proba practicada.

SEGUNDO. Valoración da proba.

O feito probado numerado como primeiro reflexa a identidade do acusado e a identificación do domicilio no que acontecen os feitos dos que Casimiro foi acusado, cuestión esta que non foi controvertida por acusación nin defensa.

En canto á ausencia de antecedentes penais computables, quedou acreditado mediante a proba documental (acontecemento 33 do expediente dixital -SU 1052/2022 do xulgado de instrución n. 2 de Vigo).

O feito probado numerado como segundo quedou acreditado mediante a declaración conforme de Noemi e de Casimiro, así como mediante a proba documental, consistente nas mensaxes que ambos se cruzaron por vía whatsapp, e que constan incorporadas no acontecemento 39 do expediente dixital (SU 1052/2022 do xulgado de instrución n. 2 de Vigo).

En efecto, denunciante e acusado concordaron en que se coñeceran a través da aplicación Tinder; que se viran nunha única ocasión, sobre o mes de agosto ou setembro de 2021; que non volveran a verse ata o día 30 de maio de 2022; e que durante este período falaran en algunha que outra ocasión. Do contido destas mensaxes infírese un certo interese mutuo por ter algún tipo de relación sentimental.

Cómpre destacar, neste punto, que a explicación do contido das mensaxes ofrecida por Noemi, non coincide co teor destas. Vaia por diante que en ningún caso se axuíza a plena liberdade de cada persoa adulta para conducirse no eido da sexualidade, e para realizar actos desta natureza. Cadaquén é libre de elixir como, cando, con quen ou de que maneira quere realizar un acto sexual. O consentimento para a práctica de calquera destes actos tenos que abarcar na súa integridade, sen que caiban consentimentos globais ou xenéricos.

Por iso, a decisión de manter unha relación sexual consentida entre adultos non afecta á fiabilidade do testemuño destes, nin supón ningún tipo de valoración negativa no eido moral. Dito doutro modo, non se pode efectuar unha conclusión negativa respecto da fiabilidade do testemuño de Noemi, nin de ningunha outra persoa, por querer manter ou buscar unha relación sentimental.

Pero si afecta á fiabilidade do testemuño emitido por Noemi que negue que a intención que perseguía coas mensaxes cruzadas con Casimiro era a de buscar una relación íntima, co contido que fose.

Así, carece de todo sentido que Noemi mantivese no plenario que ela falaba con Casimiro para que este non pensara que era unha borde, ou porque non quería que Casimiro se enfadase ou pensase mal dela, ou, incluso, que chegou a quedar con el aínda que non quería. E estas afirmacións afectan á fiabilidade do seu testemuño por canto que non concordan coa realidade que se aprecia en ditos mensaxes. Nestes (acontecemento 39 do expediente dixital -SU 1052/2022 do xulgado de instrución n. 2 de Vigo) pódese apreciar como Casimiro a Noemi pregúntanse e buscan gustos comúns (por exemplo no chocolate ou en grupos musicais), cóntanse cousas da súa vida (a que se dedican, que van a facer nas fins de semana), danse os bos días ou intentan quedar para verse.... Os intercambios de mensaxes tamén inclúen expresións con dobre sentido que denotan a procura dunha complicidade propia de quen quere sentar as bases para unha posible relación sentimental, ou incluso sexual. Neste sentido, as referencias ao "sofá cama no que hai sitio para dous" ou a que "pode que a Noemi lle sobre a roupa", sendo todas contestadas con risas, evidencian este intención sexual-sentimental (neste sentido, por exemplo os folios 89 a 91 do acontecemento 39 xa sinalado).

Insistimos, non se lle resta valor ao declarado por Noemi por decidir quedar con Casimiro do modo no que o fixo, senón por negar que quería quedar con el coa intención expresada.

Por iso, na redacción do feito probado numerado como segundo se efectúa no modo indicado, ao marxe de calquera tipo de intención de atentar contra a liberdade sexual. Ata este punto non cabe máis que afirmar que dúas persoas adultas quedaron libremente para ir pola noite ata o domicilio dunha delas. Non se pode dar por acreditado que Casimiro perseguía satisfacer os seus intereses sexuais contra a vontade de Noemi, como pretenden as acusacións.

En canto ao feito probado numerado como terceiro, recóllense e descríbense aqueles actos de natureza sexual respecto dos que tanto Noemi como Casimiro concordaron: unha felación no sofá; polo menos un intento de penetración anal no baño, e unha nova felación no baño, que rematou coa exaculación de Casimiro.

Pois ben, ambos relataron a mesma relación sexual, cos mesmos actos, se ben dende diferentes perspectivas. Así, Casimiro fixo un relato dunha relación sexual consentida mentres que Noemi fixo un relato dunha agresión sexual, ausente de todo consentimento.

Para valorar se existiu consentimento temos que partir da análise da concordancia do relatado coas probas de carácter obxectivo practicadas no plenario.

Cómpre iniciar destacando que non se pode establecer unha relación causal entre a posible agresión sexual e as lesións físicas que presentaba Noemi ao acudir ao hospital dous días despois da relación sexual. Os eritemas na úvula non son específicos, como explicou o médico forense, Gumersindo, e poden ter diversas orixes. Incluso unha simple afección de garganta. O mesmo que as petequias no peito, que non son indicativas, en exclusiva, dun comprensión violenta. E, en ambos casos, non serían tampouco incompatibles cunha relación sexual consentida, como a descrita por Casimiro. É dicir, trátase de lesións que non acreditan de modo categórico unha violencia durante a relación sexual.

Ante unha proba que pode sustentar a tese acusatoria pero tamén a defensiva, dita proba debe quedar descartada do acervo acusatorio. Sería contrario á presunción de inocencia que ante unha explicación dunhas lesións que concordan tanto como sostido pola denunciante como co sostido polo acusado, que se preferise, sen máis, pola hipótese acusatoria.

Por outra banda, a inexistencia de espermatozoides ou células sexuais masculinas na zona xenital e anal de Noemi (acontecementos 298 e 329 do expediente dixital -SU 1052/2022 do xulgado de instrución n. 2 de Vigo) é ben compatible co feito de que, como dixo Casimiro, este empregara un preservativo para intentar a penetración por vía anal. É dicir, que non chegara a existir o contacto entre as zonas sexuais de ambos sen protección. Certamente non é un dato definitivo por canto que Noemi recoñeceu que se lavara tras o encontro sexual; o que tamén podería explicar que non se atopasen restos xenéticos de Casimiro nas zonas íntimas de Noemi. En todo caso, debe seguirse a mesma regra valorativa antes explicada.

E eses son os únicos datos obxectivos físicos cos que se conta e, como se explicou, non sustentan de modo inequívoco a versión da acusación.

Por outro lado, non existen outros vestixios ou outro tipo de lesións que poderían ser esperables, tal e como podería ser o da existencia de lesións anais. Noemi relatou que nunca mantivera relacións sexuais por vía anal previamente; o que fai pensar en que se Casimiro a tivera penetrado completamente por esta vía podería ser razoable a presenza dalgún tipo de lesión. Máxime se, como recoceu Casimiro, non empregara ningún tipo de lubricante. E máxime se como dixo Noemi dita penetración lle causou tanta dor que tivo que berrar.

Agora ben, a penetración anal completa tampouco implica que se teñan que causar necesariamente lesións. Por iso tampouco se pode desbotar por este motivo, o testemuño de Noemi. Agora ben, e como se ben reiterando, é un dato máis que casa mellor, polo menos en aparencia, coa versión absolutoria.

Neste sentido, o informe médico dos peritos Severino e Jesús Luis unicamente reforza o que xa se dixo en canto a falta de especifidade das lesións. (acontecemento 159 do expediente dixital PO 150/2024 desta Sección). Á marxe do anterior, que só corrobora o que xa foi apreciado polo tribunal, desbótanse outras conclusións deste informe, como cando conclúe que as relacións sexuais foron consentidas. E iso porque ditas conclusións son impropias dun informe pericial, xa que pretende substituír por vía deste informe a valoración dos feitos que compete en exclusiva á Sala.

En canto ás lesións psíquicas que padeceu Noemi non se poden vincular, sen dúbida e en exclusiva, a unha agresión sexual. As acusacións parten da existencia dun agravamento dos padecementos psíquicos que presentaba Noemi, o que por outra banda tampouco é controvertido, xa que consta no seu historial médico. Coa presenza desta agravación, as acusacións establecen un vínculo, ou relación de causalidade coa suposta agresión sexual e chegan á conclusión de que, existindo agravamento, tivo que existir agresión. Esta conclusión, sen embargo, e así formulada, resulta falaz, pois esquece a valoración de todas as outras causas que puideron dar lugar ao agravamento sen que se tivese producido ningún acto atentatorio contra a liberdade sexual.

Non se trata de buscar alternativas ilóxicas, estrañas ou de laboratorio. Pero tampouco se poden obviar explicacións razoables que puideran dar lugar á explicación dos síntomas de Noemi ao marxe dunha agresión sexual. Neste caso, non se pode descoñecer que Noemi padecía xa con carácter previo un padecemento psíquico que debía levar a unha análise máis detallada da orixe deste agravamento.

Noemi presentaba con carácter previo a este encontro sexual un trastorno alimentario e tomaba medicación para elo. Medicación que, como foi recoñecido no acto do xuízo pola médico forense Ruth, pode ocasionar ate alucinacións ou alteracións na percepción. É dicir, atopámonos ante unha persoa cuns antecedentes psiquiátricos, con algunha causa coñecida: o falecemento do seu pai, o traballo e a realización dun máster ao mesmo tempo, anteriores relacións sentimentais complexas.... O cal esixía un estudo da orixe da agravación dos síntomas máis detallada, resultando insuficiente a vinculación que se fai no informe forense (acontecemento 290 do expediente dixital -SU 1052/2022 do xulgado de instrución n. 2 de Vigo). Non se pode afirmar, fóra de toda dúbida, que o que fixo que Noemi empeorase das súas doenzas fose unha agresión sexual. É máis, ate o propio informe forense xa apunta a unha concorrencia doutras causas ao referirse a esta vinculación entre dano emocional e suposta agresión como unha "relación de causalidade parcial".É dicir, destaca que existen outras causas que poden xustificar a agravación polo que a necesidade dun estudo máis detallado imponse.

Tamén neste punto é necesario destacar o informe elaborado Raúl e Tamara (acontecemento do expediente dixital PO 150/2024 desta Sección), que pon de manifesto as deficiencias do informe do IMELGA en canto a relación que estable da "lesión-agresión".En concreto, os peritos Raúl e Tamara critican que o informe non efectuara outras probas clínicas que permitiran descartar: "la simulación de síntomas, la interpretación distorsionada de los hechos denunciados, la existencia de otros factores psiquiátricos y de victimización previos o concausales en la determinación del supuesto agravamiento sintomatológico, o la medición y descripción de los síntomas específicos y la intensidad de estos, caso de comprobarse que están presentes".

O informe explica cales poderían ser estas probas específicas como o sería o do estudo da personalidade de Noemi, ou como aquelas outras, como por exemplo: o "Inventario de evaluación de la personalidad, PAI, Inventario Multifásico de Personalidad deMinesota-2, MMPI-2, el Inventario Multifásico de Personalidad de Minesota-2-Reestructurado, MMPI-2-RF".

Entendemos axeitadas as conclusións do informe por canto que debido ás circunstancias persoais de Noemi ditas probas semellan imprescindibles para coñecer a verdadeira orixe dos seus problemas psíquicos. Deberíase descartar calquera dúbida, xa que a situación previa de Noemi reforza a posible existencia de outras causas que xustificarán o empeoramento á marxe dunha agresión sexual.

Non se quere con elo afirmar que se teña que cuestionar sempre as declaracións das persoas que dalgún modo se atopan sometidas a tratamento psiquiátrico, pois iso implicaría a unha desprotección das persoas con doenzas mentais. Unicamente se afirma que, para o caso de que se queira vincular un agravamento das doenzas psíquicas que presenta unha persoa cun feito violento, débese ser especialmente coidadoso. Máxime se esta persoa está xa sometida a tratamento psiquiátrico.

Cómpre descartar todas as alternativas razoables á agravación dos síntomas por causas alleas aos feitos denunciados. Resulta imprescindible desterrar calquera explicación alternativa por canto que non se está valorando a entidade do empeoramento senón que se está empregando dito empeoramento para dar por certo a comisión dun delito. E esa relación de imputación, polas propias consecuencias, obriga a ter un especial coidado e a un análise exhaustivo que revele que a única posible causa dese empeoramento psíquico é necesariamente a produción dese feito.

Por iso, o informe dos peritos Raúl e Tamara, como xa se dixo, ofrece alternativas razoables que poderían explicar o agravamento psíquico de Noemi e que non tería orixe nunha agresión sexual. Así, por exemplo afirma que que Noemi puido interpretar de forma errónea os feitos. Trátase dunha hipótese que ten unha certa base, xa que no momento dos feitos Noemi se atopaba tomando Haloperidol, un anti-psicótico que na dose que tomaba pode causar alucinacións ou delirios. Tamén o informe apunta a outros síntomas de vitimización previa; o que tampouco é descartable, xa que do contido dos mensaxes a propia Noemi refírese a anteriores relacións sentimentais como traumáticas. Incluso na propia conversa coa súa amiga Martina, escasos momentos despois dos feitos aquí denunciados, obsérvase como Noemi se refire ao sucedido como "otro trauma para la colección".

Non se quere dicir que o agravamento psíquico sufrido por Noemi non se deba ao sucedido a noite do 31 de maio de 2022. O que se cuestiona é que se teña que vincular de xeito automático este agravamento á relación sexual que tivo lugar entre Noemi e Casimiro. Este agravamento non acredita, sen máis, a agresión sexual. É compatible con ela, como tamén o poden ser outros motivos ou causas que non foron estudados.

Así, pois, tras a anterior análise, non contamos con datos obxectivos suficientes, nin físicos nin psíquicos, que permitan verificar o testemuño emitido por Noemi.

Ao marxe do anterior, das declaracións testemuñais practicadas tampouco se pode chegar a unha conclusión distinta.

Todos eles, tanto Martina, como Juan María, Camino, Jacobo ou Inés teñen coñecemento do sucedido polo que lles contou Noemi. De aí que o seu coñecemento veña nesgado pola propia vivencia do acontecido por Noemi. Ningún deles apreciou directamente o que pasou aquela noite.

Nese sentido, todas as testemuñas refiren que a raíz deste encontro sexual, Noemi lles contou que fóra agredida e que mudara o seu comportamento. Pero como se explicou os posibles cambios ou o agravamento no estado físico de Noemi poden ter múltiples causas, sen que iso determine que se producise unha agresión sexual.

En canto ao que Noemi lles contou ás testemuñas respecto do sucedido, debemos destacar a contradición entre o dito por Juan María no plenario e a versión de Noemi. Juan María recoñeceu que Noemi lle contara que estando ela e Casimiro no sofá, ambos se estaban acariñando as pernas. Noemi por contra fai un relato no que Casimiro se abalanza sobre ela, sen que existise ningún tipo de contacto, caricia ou xesto agarimoso previo. A contradición é relevante pois reforza tanto a versión alternativa do acusado como outras hipóteses favorables á absolución, como por exemplo, a indebida percepción sobre o sucedido.

Neste punto é preciso volver ao xa relatado con anterioridade respecto da fiabilidade do testemuño de Noemi. Non se critica a esta que quixese ter unha relación sexual con Casimiro, nin que lle tocara a perna ou o acariñara. O que lle resta fiabilidade ao que ela declara é que negue que iso foi así.

Así, por todo o dito, dubídase da fiabilidade do testemuño de Noemi e, polo tanto, do que saiban as testemuñas, xa que estas teñen coñecemento en exclusiva por Noemi.

Por último, compre destacar que pese a terse achegado unha parte das mensaxes entre Noemi e Juan María e entre Noemi e Martina, non foron achegadas as mensaxes de audio que se conteñen neses mensaxes e nas que posiblemente se puidera escoitar de viva voz a explicación do sucedido por Noemi nesa mesma noite.

Ademais de todo o anterior, se observamos as mensaxes que Noemi mantivo con Juan María breves momentos despois do encontro sexual, este insístelle en preguntar por que non lle dixo a Casimiro que parase, se o que acontecía non lle estaba a gustar, ao que Noemi contesta que foi por medo. É dicir, que neses mensaxes o que ven a recoñecer Noemi é que non exteriorizou de ningún modo que non quería seguir, ou que non quería seguir dese modo, coa relación sexual. O cal abonda no xa dito respecto da discrepancia entre o seu testemuño e o resultado das probas.

Neste sentido, non parece consonte ao dito que Noemi recoñeza que Casimiro parou a relación sexual cando ela llo pediu. Así Noemi recoñeceu que accedera á penetración anal, pero que tras pedirlle a Casimiro que parase este así o fixo. É dicir, que no momento no que Noemi exteriorizou a súa vontade contraria a unha determinada práctica sexual que previamente consentira, Casimiro respectou a súa vontade e interrompeu a acción iniciada. O cal parece incompatible con que non lle dixera, por medo, que tampouco lle gustaba o resto da relación sexual.

Non parece razoable que se a relación sexual estivera sendo forzada Casimiro aceptara a petición de Noemi dun xeito tan inmediato.

Con todo o anterior, a redacción deste feito terceiro non pode ser outra. A tese defensiva acada certo grado de solidez, incompatible cunha condena; mentres que a condenatoria, xa de por si revélase insuficiente como para desterrar toda dúbida razoable respecto do sucedido.

O feito probado numerado como cuarto quedou acreditado mediante a proba documental, en concreto mediante os informes médicos que figuran no expediente (folios 22 a 24 do acontecemento 39, e acontecementos 4, 277, 312, 343 do expediente dixital SU 1052/2022), así como mediante os informes forenses (acontecementos 251, 290 do expediente dixital SU 1052/2022).

Ditas lesións, obxectivas nos informes médicos e forenses, non son cuestionadas. Cuestiónase a súa orixe así como a súa vinculación cos feitos denunciados. Vinculación que xa foi desbotada.

O feito probado numerado como quinto, en canto ás medidas precautorias persoais, estas foron impostas mediante auto de 17 de xuño de 2022 sendo debidamente notificado e practicados os requirimentos (acontecementos 37, 38 e 41 do expediente dixital -SU 1052/2022). Estas medidas foron ratificadas no auto de procesamento (acontecemento 154 do mesmo expediente dixital)

As medidas acordadas non foron modificadas, alzadas ou suprimidas atopándose vixentes co ditado da presente resolución.

Respecto do resto da proba que foi practicada entendemos que non contribúe á fixación dos feitos probados.

Así, por exemplo, a psicóloga cínica, Araceli emitiu un informe sobre o estado psicolóxico de Noemi dende que a trata (acontecemento 72 do expediente dixital PO 150/2024, desta Sección). Non obstante, dito informe non engade nada ao dito, xa que como se repetiu o estado de Noemi pode obedecer a múltiples causas. Este informe non tivo por obxecto a análise das devanditas causas, polo que en nada contribúe ao debate máis alá de verificar un estado psicolóxico actual de Noemi que non se pon en dúbida.

Polos mesmos motivos, tampouco os correos electrónicos co director dos estudos de máster que se atopaba cursando ou o expediente académico ou o informe do médico de cabeceira teñen máis relevancia da que se acaba de indicar (acontecementos 67 a 71 do expediente dixital PO 150/2024 desta Sección).

Por outra banda é irrelevante o informe das peritos Adriana así como Melisa (acontecemento 99 do expediente dixital PO 150/2024 desta Sección). Nin o estado cognitivo nin o perfil psicolóxico dunha persoa determinan nin acreditan se esta puido, ou non, cometer un delito determinado. Se désemos por certo que só as persoas cun perfil específico poden cometer agresións sexuais, afastariámonos do dereito penal dos feitos, o cal resulta incompatible coa propia esencia do proceso penal democrático.

Ademais, a determinación da verdade, entendido como verdade óntica, material ou real, nun proceso penal democrático só pode levarse a cabo no eido do proceso; correspondendo ao tribunal, en exclusiva, esa determinación. Non pode ser obxecto de pericia o que non é senón a conclusión á que ten que chegar o órgano xudicial. Sería tanto como deixar a valoración xudicial en mans dun perito. Dito informe, polo tanto, desbótase.

Así pois, a conclusión non pode ser outra que a que se recolle nos feitos probados en canto á ausencia de proba dunha relación sexual non consentida.

TERCEIRO. Custas do procedemento.

De conformidade co establecido no artigo 123 do Código Penal así como no 240 da Lei de Axuizamento Criminal, procede declarar de oficio o pagamento das custas deste procedemento.

Por todo o dito,

Fallo

ABSOLVEMOSa Casimiro da acusación formulada contra el no presente procedemento con todos os pronunciamentos favorables.

Decláranse de oficioo pagamento das custas do procedemento.

Déixense de inmediato sen efecto todas as medidas precautorias adoptadas neste procedemento.

O tempo que o acusado foi precautoriamente privado de liberdade por esta causa poderá ser obxecto de abono noutra distinta con estrita suxeición ao disposto no Art. 58.1 do Código Penal.

Notifíquese a presente sentenza, da que se xuntará certificación ao correspondente rol de Sala, ás partes e aos prexudicados e prexudicados, aínda que non comparecesen como parte no procedemento, facéndolles saber que contra ela cabe interpor recurso de apelación perante este xulgado ante a Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza no prazo dos dez días seguintes ao seguinte ao da última notificación, de conformidade co disposto no art. 790, 791 e 792 da LECR.

Así, por esta nosa Sentenza pronunciamos, ordenamos e asinamos.

La difusión del texto de esta resolución a partes no interesadas en el proceso en el que ha sido dictada sólo podrá llevarse a cabo previa disociación de los datos de carácter personal que los mismos contuvieran y con pleno respeto al derecho a la intimidad, a los derechos de las personas que requieran un especial deber de tutelar o a la garantía del anonimato de las víctimas o perjudicados, cuando proceda.

Los datos personales incluidos en esta resolución no podrán ser cedidos, ni comunicados con fines contrarios a las leyes.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.