Sentencia Penal 143/2025 ...l del 2025

Última revisión
10/07/2025

Sentencia Penal 143/2025 Audiencia Provincial Penal de Pontevedra nº 5, Rec. 115/2025 de 08 de abril del 2025

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 62 min

Orden: Penal

Fecha: 08 de Abril de 2025

Tribunal: Audiencia Provincial Penal nº 5

Ponente: MARCOS DIAZ PETEIRO

Nº de sentencia: 143/2025

Núm. Cendoj: 36057370052025100139

Núm. Ecli: ES:APPO:2025:1197

Núm. Roj: SAP PO 1197:2025

Resumen:
ESTAFA (TODOS LOS SUPUESTOS

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 5

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00143/2025-

C/ PADRE FEIJOO Nº 1, VIGO

Teléfono: 986 817162-63

Correo electrónico: seccion5.ap.pontevedra@xustiza.gal

Equipo/usuario: MR

Modelo: 213100 SENTENCIA MODELO RP

N.I.G.: 36057 43 2 2019 0000643

RP APELACION PROCTO. ABREVIADO 0000115 /2025

Juzgado procedencia: XDO. DO PENAL N.1 de VIGO

Procedimiento de origen: PROCEDIMIENTO ABREVIADO 0000184 /2024

Delito: ESTAFA (TODOS LOS SUPUESTOS)

Recurrente: Filomena, Emilio

Procurador/a: D/Dª SILVIA CLAUDIA DOMINGUEZ DOMINGUEZ, MARIA ELENA SALGADO TEJIDO

Abogado/a: D/Dª MARIA ARANZAZU DIEZ NOGUEIRA, PEDRO DIZ AMOR

Recurrido: Emilio, MINISTERIO FISCAL

Procurador/a: D/Dª MARIA ELENA SALGADO TEJIDO,

Abogado/a: D/Dª PEDRO DIZ AMOR,

SENTENZANº 143/25

==========================================================

ILMOS/AS SR./SRAS

Presidente/a:

D./DÑA. VICTORIA EUGENIA FARIÑA CONDE

Magistrados/as

D./DÑA. MERCEDES PÉREZ MARTÍN-ESPERANZA

D./DÑA. MARCOS DIAZ PETEIRO

==========================================================

En VIGO, a oito de abril de dous mil vinte e cinco.

VISTO, por esta Sección 5 desta Audiencia Provincial na causa arriba referenciada, o recurso de apelación interposto polo Procurador MARIA ELENA SALGADO TECIDO, SILVIA CLAUDIA DOMINGUEZ DOMINGUEZ, en representación de Emilio, Filomena, contra Sentenza ditada no procedemento PA: 184/2024 do JDO. DO PENAL nº: 1; sendo parte nel, como apelantes os mencionados recorrentes, como apelados o MINISTERIO FISCAL, Emilio, representado polo Procurador MARIA ELENA SALGADO TECIDO e o Ministerio Fiscal, na representación que lle é propia, actuando como Relatora o/a Maxistrado/a Ilmo/a. Sr./a. MARCOS DIAZ PETEIRO.

Antecedentes

PRIMEIRO.- No procedemento de referencia ditouse Sentenza con data dezanove de setembro de dous mil vinte e catro, cuxa parte dispositiva é do tenor literal seguinte:

" Debo condenar y condeno a Filomena Y Emilio como autores de un delito de estafa del artículo 248 del Código Penal, sin concurrir circunstancias modificativas de la responsabilidad criminal, a la pena de 9 MESES DE PRISIÓN para cada uno de ellos, debiendo indemnizar conjunta solidariamente a Luis María en la cantidad de €450, imponiéndole las costas por mitad."

E como Feitos Probados expresamente recóllense os da sentenza apelada:

"ÚNICO.Se declara probado que Filomena Y Emilio, ambos mayores de edad y con antecedentes penales no computables a efectos de reincidencia, puestos de común acuerdo, tanto en la acción como en el resultado, y con ánimo de obtener un beneficio ilícito, ofertaron a través de la web Wallapop la venta de distintos productos informáticos.

En septiembre de 2018, tras conversaciones mantenidas a través de WhatsApp con Luis María, acordaron la venta al mismo de una tarjeta gráfica y una pantalla de ordenador fijando un precio de €450

Los acusados recibieron el pago de dicha cantidad a través de una transferencia bancaria de €400 efectuada por Luis María en la cuenta de la entidad La Caixa con número NUM000, cuya titularidad exclusiva correspondía a Filomena.

Pese a haber recibido la totalidad de la cantidad acordada los acusados no procedieron a entregar los productos vendidos ni a devolver el precio abonado.

El perjudicado reclama por estos hechos los €450 abonados de precio y los €3 en concepto de emisión de la transferencia."

SEGUNDO.- Contra a devandita Sentenza, pola representación procesual do hoxe recorrente, interpúxose recurso de apelación que formalizou expoñendo as alegacións que constan no seu escrito, o cal se acha unido ás actuacións.

TERCEIRO.- Dado traslado do escrito de formalización do recurso ás partes, presentouse escrito de impugnación en base a considerar a sentenza obxecto de recurso plenamente axustada a dereito solicitando a súa confirmación.

CUARTO.- Polo Órgano Xudicial sentenciador remitíronse a este Tribunal os autos orixinais con todos os escritos presentados e, recibidos que foron, sinalouse día para deliberación, a que tivo lugar o día 25/02/25.

Hechos

Non se aceptan os feitos probados, que se substitúen polos seguintes:

"No mes de setembro de 2018 unha persoa cuxa identidade se descoñece, puxo á venda a través da web milanuncios unha pantalla de ordenador así como unha tarxeta gráfica, coa vontade de obter un patrimonio ilícito por canto esta persoa non tiña intención de enviar ningún deses obxectos, senón só de quedar cos cartos que alguén lle puidese enviar pensado que adquiriría esa pantalla e tarxeta gráfica.

O denunciante, Luis María, interesouse por estes obxectos abonando por eles a contía de 450 € mediante transferencia bancaria, se ben nunca os recibiu, nin tampouco lle devolveron os seus cartos.

A acusada Filomena, maior de idade e con antecedentes penais non computables a efectos de reincidencia, ben actuando individualmente ou ben axudada por unha terceira persoa, con ánimo de obter un beneficio ilícito e con coñecemento da anterior oferta falsa, aportou a conta bancaria da súa exclusiva titularidade para recibir nela os cartos. Recibidos os cartos, e con ánimo de aproveitarse deles, retirounos da súa conta bancaria.

Fundamentos

PRIMEIRO.-Posición das partes. Fundamento do recurso e alegacións.

Fronte á Sentenza do xulgado do penal número 1 de Vigo de 19 de setembro de 2024 os acusados interpuxeron cadanseu recurso de apelación.

A defensa de Emilio fundamenta o seu recurso na errónea valoración da proba, entendendo que non existe proba de cargo suficiente contra o seu defendido. De xeito subsidiario, e para o hipotético suposto de condena, entende que debe ser de aplicación a circunstancia atenuante de dilacións indebidas con carácter moi cualificado.

O Ministerio Fiscal opúxose ao recurso entendendo que a valoración da proba foi a correcta.

A defensa de Filomena fundamenta o seu recurso na errónea valoración da proba, entendendo que non existe proba de cargo suficiente contra a súa defendida, sendo todos os feitos delituosos cometidos por quen entón era a súa parella, o tamén acusado Emilio. Interesou tanto o ditado dunha sentenza absolutoria como a condena do outro acusado. De xeito subsidiario, e para o hipotético suposto de condena, entende que debe ser de aplicación a circunstancia atenuante de dilacións indebidas con carácter moi cualificado.

O Ministerio Fiscal opúxose ao recurso entendendo que a valoración da proba foi a correcta.

A defensa de Emilio impugnou o recurso formulado pola defensa de Filomena, reiterando o xa exposto no seu recurso de apelación.

SEGUNDO.-Sobre a posibilidade de valorar novamente a proba en segunda instancia.

A diferenza das teses que se viñan sostendo na xurisprudencia nas que só os erros máis groseiros ou evidentes á hora de valorar a proba podían ser corrixidos na segunda instancia, o certo é que dita tese ten sido obxecto de revisión. Máis alá dunha incluso da simple concepción das facultades revisoras como de comprobación da constitucionalidade, legalidade, suficiencia da proba, o certo é que tanto o Tribunal Constitucional como o Tribunal Supremo, teñen recoñecido a natureza do recurso de apelación como un verdadeiro segundo exame da causa.

Así, entre outras moitas a SAP de A Coruña, de 22 de xullo de 2024, con cita doutras, sinala: "convén reiterar que os criterios por ambas impugnacións defendidos non se corresponden coa xurisprudencia máis actual tanto do Tribunal Supremo como do Tribunal Constitucional da que é especial referente a recente sentenza 80/2024 , de 3 de xuño.

Como indicou o Tribunal Constitucional nesa, e outras, sentenzas, e, como viña dicindo o Tribunal Supremo en diversas sentenzas deste século, o recurso de apelación contra decisión de condena si supón atribuír un pleno coñecemento ao tribunal de instancia.

O control en segunda instancia vai moito máis aló de atacar os razoamentos burdos ou os erros evidentes como xa se ten argumentado con reiteración e plasmado en resolucións do Tribunal Supremo como a de 17 de febreiro de 2022 (ROS STS 680/2022 ) que lembraba:

6. Por su parte, cuando la apelación se interpone contra una sentencia de condena el tribunal ad quem dispone de plenas facultades revisoras.

El efecto devolutivo transfiere también la potestad de revisar no solo el razonamiento probatorio sobre el que el tribunal de instancia funda la declaración de condena, como sostiene el apelante, sino también la de valorar todas las informaciones probatorias resultantes del juicio plenario celebrado en la instancia, determinando su suficiencia, o no, para enervar la presunción de inocencia.

A mesma idea foi reiterada polo Tribunal Constitucional na sentenza mencionada cando advertiu:

El recurso de apelación contra una sentencia condenatoria, por el contrario, aparece exento de restricciones normativas, gozando de un efecto devolutivo pleno que la propia jurisprudencia de la Sala Segunda del Tribunal Supremo, en concordancia con la doctrina de este tribunal, ha reconocido.

....

En cambio, cuando la apelación se interpone contra una sentencia de condena, el tribunal ad quem dispone de plenas facultades revisoras porque en ese caso "[e]l efecto devolutivo transfiere también la potestad de revisar no solo el razonamiento probatorio sobre el que el tribunal de instancia funda la declaración de condena, como sostiene el apelante, sino también la de valorar todas las informaciones probatorias resultantes del juicio plenario celebrado en la instancia, determinando su suficiencia, o no, para enervar la presunción de inocencia". La apelación plenamente devolutiva "es garantía no solo del derecho al recurso sino también de la protección eficaz de la presunción de inocencia de la persona condenada. Esta tiene derecho a que un tribunal superior revise las bases fácticas y normativas de la condena sufrida en la instancia" (FFJJ 4 a 6). Estos criterios se reiteran en las SSTS 570/2022, de 8 de junio , y 514/2023, de 28 de junio .

Esta distinción obedece al diferente estatuto constitucional que tienen en el proceso penal acusación y acusado.

....

Este tribunal no ha vedado al tribunal de segunda instancia que valore la prueba cuando es llamado a revisar sentencias condenatorias, pues ello conlleva que el juzgador ad quem asuma la plena jurisdicción sobre el caso, en idéntica situación que el juez a quo, no solo por lo que respecta a la subsunción de los hechos en la norma, sino también para la determinación de tales hechos a través de la valoración de la prueba, pudiendo revisar y corregir la ponderación llevada a cabo por el juez a quo. El hecho de que el tribunal ad quem deba respetar las garantías constitucionales establecidas en el art. 24.2 CE no puede argüirse para coartar el derecho a la revisión del fallo condenatorio y la pena por un tribunal superior, pues negarse a ello "como ocurrió sobre la base de una errónea apreciación de la doctrina de nuestra STC 167/2002 ", no solo representa un déficit de motivación e incongruencia con las pretensiones deducidas en el recurso, sino además, como consecuencia, la vulneración del derecho a un proceso con todas las garantías ( art. 24.2 CE ) por privarse al recurrente de su derecho a la revisión de la sentencia condenatoria ( STC 184/2013, de 4 de noviembre , FJ 7).

....

En definitiva, el principio de inmediaciónasegura que el tribunal de enjuiciamiento pronuncie su decisión tras haber mantenido un contacto directo con el material probatorio, exigencia inherente al juicio justo ( art. 24.2 CE ) que no garantiza, sin embargo, la corrección y razonabilidad del juicio fáctico que realice, ni mucho menos el acierto epistémico y la inamovilidad del resultado que alcance.Resulta además incongruente, en términos constitucionales, que se atribuya al principio de inmediación, que es una garantía instrumental del derecho de defensa del acusado y, por ende, de su derecho a la presunción de inocencia, un efecto limitador del doble examen de la causa, contenido indisponible del derecho fundamental a un proceso con todas las garantías reconocido a todo condenado en el art. 24.2 CE , en conexión con el art. 14.5 PIDCP , y de la propia jurisdicción del tribunal ad quem ( art. 117.3 CE ) llamado a realizarlo en el seno de un recurso de apelación caracterizado en la ley por su pleno efecto devolutivo.(A letra negra é da propia resolución, os subliñados, nosos).

Con base no anterior, vista a gravación do xuízo así como examinada a causa, discordamos da valoración efectuada na sentenza de instancia.

TERCERIO.-Sobre o recurso de Emilio

Non se pode efectuar un pronunciamento de culpabilidade respecto do acusado Emilio coa proba que se practicou no plenario.

Pártese da celebración dun xuízo en ausencia, posibilidade que contén o artigo 787.1 LACRIM. Agora ben, na gravación do xuízo non se recolle o trámite da audiencia ás partes, xa que non foron gravadas as cuestións previas. O anterior unido á propia consideración que ten a non comparecencia, como negación dos feitos, refórzase neste asunto. Quere iso dicir que non se pode extraer ningún tipo de consecuencia negativa da non comparecencia.

Aparte do anterior, as únicas probas que incriminan ao acusado Emilio son: 1) que alguén puido ter enviado o seu DNI por whatsapp ao prexudicado, xunto co da outra acusada; 2) que a páxina web de milanuncios na que se ofertaba a pantalla e a tarxeta gráfica se atopaba a nome dun tal Emilio, 3) a declaración da coacusada Filomena; e 4) a folla histórico penal deste.

Pois ben, como se dixo, estas probas non son suficientes como para o ditado dunha sentenza de condena.

En canto ao envío dos DNIs, así se recolle nos folios 8 e seguintes do atestado policial (acontecemento 1 do expediente dixital DPA 339/2019 do xulgado de instrución n. 8 de Vigo). Agora ben, este documento é ilexible. Aparece desvaído, o que o converte de imposible lectura. O anterior impide que se poda coñecer algún dato da negociación, os extremos desta, ou que dalgún modo as conversas podan apuntar cara ao investigado. De feito, o propio DNI do investigado tampouco resulta lexible. Pero máis aínda, tampouco foi identificada a titularidade do teléfono móbil dende o que se levou a cabo esta conversa. E se ben non sería un dato definitivo, si podería contribuír a establecer unha relación entre o acusado e o delito de estafa cometido. Por último cómpre destacar que ese número de teléfono, o NUM001 non coincide co dado polo investigado na súa declaración en sede de instrución (acontecemento 38 do expediente dixital DPA 339/2019 do xulgado de instrución n. 8 de Vigo).

Neste sentido, non é infrecuente que existen estafas nas que terceiras persoas empregan documentos de identidade doutras, que obteñen de forma lexítima ou ilexítima. Neste sentido, e como xa recolle a sentenza de instancia, consta que os acusados antes destes feitos denunciaran a subtracción dos seus respectivos DNIs. Tampouco se pode considerar como contrario á lóxica que a outra acusada tivese á súa disposición a fotografía do DNI de quen nese intre era a súa parella sentimental.

Máis aínda neste sentido o prexudicado, Luis María, recoñeceu que non falara por teléfono co autor, senón só por whatsapp, co cal non podía dicir se era home ou muller.

Así, e nestes termos, o envío do DNI resulta unha proba moi feble contra o acusado. Ben sinxelo tería ser recadado o atestado en formato lexible para poder contextualizar o envío de dita documentación.

En segundo lugar, contamos conque a páxina de milanuncios se atopaba a nome dun tal Emilio, segundo a declaración do prexudicado. Pero non se fixo ningún tipo de investigación que permita acreditar a orixe real da titularidade desa conta de milanuncios. Máis aínda, e seguindo co ata agora dito, non é infrecuente que para a comisión de delitos de estafa o autor agoche o seu verdadeiro nome. Tampouco contamos nin sequera cun pantallazo da suposta páxina web de milanuncios a nome de Emilio, que non foi recadada, nin tampouco co propio anuncio.

Neste termos, a páxina web a nome de Emilio segue sendo outra proba de carácter feble. E máis tendo en conta que dado o tempo transcorrido, o prexudicado, como é lóxico, non recordaba ben todos os aspectos do sucedido.

Ben sinxelo tería ser recado información sobre milanuncios, incluso pola propia policía; ou dende o xulgado de instrución.

En terceiro lugar, contamos coa declaración incriminadora e auto exculpatoria da outra co-acusada, Filomena.

Temos que partir da doutrina constitucional e do tribunal Supremo sobre a valoración da declaración do acusado. Por todas, a STS de 16 de xaneiro de 2025 que amplamente expón: "En cuanto al valor de la declaración del coimputado, es necesario recordar, en primer lugar, SSTS 233/2014, de 25-3 ; 577/2014, de 12-7 ; 426/2016, de 19-5 ; 960/2016, de 20-12 , que el hecho de que se deriven beneficios penológicos de la delación ha de ser tomado en consideración pero no necesariamente puede llevar a negar valor probatorio a la declaración del coimputado. Este dato puede empañar su fiabilidad.Pero si no basta para explicarles, y, pese a ello, se revelan como convincentes y capaces de generar certeza pueden servir para dictar una sentencia condenatoria la posibilidad de beneficios penológicos no es suficiente por sí sola para negar virtualidad probatoria a las declaraciones del coimputado. Solo será así cuando de ahí quepa racionalmente inferir una falta de credibilidad. El Tribunal Constitucional ha afirmado que el testimonio obtenido mediante promesa de reducción de pena no comporta una desnaturalización del testimonio que suponga en sí misma la lesión de derecho fundamental alguno ( autos 1/1989, de 13 de enero , ó 899/1985, de 13 de diciembre). Igualmente, esa Sala Segunda ha expresado que la búsqueda de un trato de favor no excluye el valor de la declaración del coimputado, aunque en esos casos exista una mayor obligación de graduar la credibilidad ( SSTS. 29.10.90 , 28.5.91 , 11.9.92 , 25.3.94 , 23.6.98 , 3.3.2000 ). La decisión de inadmisión del Tribunal Europeo de Derechos Humanos de 25 de mayo de 2004 , recaída en el asunto CORNEILS v. Holanda abunda en esas ideas: se rechaza la demanda del condenado por pertenecer a una organización dedicada al tráfico de drogas, condena que se basaba en las declaraciones de otro integrante de la organización que había llegado a un pacto de inmunidad con el Fiscal. En la medida en que el demandante pudo contradecir esas pruebas y cuestionar su fiabilidad y credibilidad, aunque no llegase a tener acceso a todas las conversaciones entre el procurador y el testigo inmune, no habría afectación de ninguno de los preceptos del Convenio.

Ahora bien la doctrina constitucional, consciente ya desde la STC. 153/97 de 28.9 , que el testimonio del coacusado solo de forma limitada puede someterse a contradicción -justamente por la condición procesal de aquél y los derechos que le son inherentes, ya que a diferencia del testigo no solo no tiene la obligación de decir la verdad, sino que puede callar parcial o totalmente en virtud del derecho a no declarar contra sí mismo y a no confesarse culpable que le reconoce a todo ciudadano su derecho a no colaborar con su propia incriminación ( SSTC. 57/2002 de 11.3 , 132/2002 de 22.7 , 132/2004 de 20.9 )-, ha venido disponiendo una serie de cautelas, para que la declaración del coacusado alcance virtualidad probatoria, y así ha exigido un plus probatorio, consistente en la necesidad de su corroboración mínimade la misma.

En este sentido la jurisprudencia ha establecido con reiteración ( SSTS 60/2012 8.2 ; 84/2010 de 18.2 ; 1290/2009 de 23.12 ) que las declaraciones de coimputados son pruebas de cargo válidas para enervar la presunción de inocencia, pues se trata de declaraciones emitidas por quienes han tenido un conocimiento extraprocesal de los hechos imputados, sin que su participación en ellos suponga necesariamente la invalidez de su testimonio, aunque sea un dato a valorar al determinar su credibilidad (Cfr. STC 68/2002, de 21 de marzo y STS nº 1330/2002, de 16 de julio , entre otras).

Sin embargo, ambos Tribunales han llamado la atención acerca de la especial cautela que debe presidir la valoración de tales declaraciones a causa de la posición que el coimputado ocupa en el proceso, en el que no comparece como testigo, obligado como tal a decir la verdad y conminado con la pena correspondiente al delito de falso testimonio, sino como acusado y por ello asistido de los derechos a no declarar en su contra y a no reconocerse como culpable, por lo cual no está obligado legalmente a decir verdad, pudiendo callar total o parcialmente.

En orden a superar las reticencias que se derivan de esa especial posición del coimputado, la doctrina de esta Sala ha establecido una serie de parámetros o pautas de valoración, referidas a la comprobación, a cargo del Tribunal de instancia, de la inexistencia de motivos espurios que pudieran privar de credibilidad a tales declaraciones, como la existencia de razones de enemistad o enfrentamiento, odio o venganza, afán de autoexculpación u otras similares.A estos efectos, han de valorarse, de existir, las relaciones existentes entre quien acusa y quien es acusado.

En el examen de las características de la declaración del coimputado el Tribunal Constitucional ha afirmado que "la declaración incriminatoria del coimputado carece de consistencia plena como prueba de cargo cuando, siendo única, no resulta mínimamente corroborada por otras pruebas",lo que ha sido matizado en otras sentencias ( STC 115/1998 , 68/2001, de 17 de marzo y la antes citada STC 68/2002 ) en el sentido de que "el umbral que da paso al campo de libre valoración judicial de la prueba practicada está conformado en este tipo de supuestos por la adición a las declaraciones del coimputado de algún dato que corrobore mínimamente su contenido. Antes de ese mínimo no puede hablarse de base probatoria suficiente o de inferencia suficientemente sólida o consistente desde la perspectiva constitucional que desmarca la presunción de inocencia".

No ha definido el Tribunal Constitucional lo que haya de entenderse por corroboración, "más allá de la idea de que la veracidad de la declaración del coimputado ha de estar avalada por algún dato, hecho o circunstancia externa, debiendo dejar la determinación de si dicha mínima corroboración se ha producido o no al análisis caso por caso" ( STC nº 68/2002, de 21 de marzo ). Lo que el Tribunal Constitucional ha exigido, como recuerda la STC 68/2001 , es que "la declaración quede "mínimamente corroborada" ( SSTC 153/1997 y 49/1998 ) o que se añada a las declaraciones del coimputado "algún dato que corrobore mínimamente su contenido" ( STC 115/1998 ), dejando, como no puede ser de otro modo, a la casuística la determinación de lo que deba ser entendido por corroboración", ( SSTC. 118/2004 de 12.7 , 190/2003 de 27.10 , 65/2003 de 7.4 , SSTS. 14.10.2002 , 13.12.2002 , 30.5.2003 , 12.9.2003 , 30.5.2003 , 12.9.2003 , 29.12.2004 ).

En este sentido las sentencias Tribunal constitucional 102/2008 de 28.7, FJ. 3 y 91/2008 de 21.7 , FJ. 3, recuerdan que este Tribunal viene declarando por lo que hace a la invocada vulneración del derecho a la presunción de inocencia, que "la declaración de un coimputado es una prueba "sospechosa" en la medida en que el acusado, a diferencia del testigo, no sólo no tiene obligación de decir la verdad, de modo que no puede convertirse en el único fundamento de una condena penal ( STC 17/2004, de 23 de febrero FJ 3). En sentencias recientes, resumiendo nuestra doctrina al respecto, hemos afirmado que "las declaraciones de los coimputados carecen de consistencia plena como prueba de cargo cuando, siendo únicas, no resultan mínimamente corroboradas por otras pruebas. Las reglas de corroboración se concretan, por una parte, en que no ha de ser plena, sino mínima, y, por otra, en que no cabe establecer que ha de entenderse por corroboración en términos generales, más allá de que la veracidad objetiva de la declaración del coimputado ha de estar avalada por algún hecho, dato o circunstancia externa, debiendo dejarse el análisis caso por caso la determinación de si dicha mínima corroboración se ha producido o no.

Igualmente hemos afirmado que los diferentes elementos de credibilidad objetiva de la declaración -como pueden ser la inexistencia de animadversión, el mantenimiento o no de su declaración o su coherencia interna- carecen de relevancia como factores de corroboración, siendo necesario que existan datos externos a la versión del coimputado que la corroboren, no en cualquier punto, sino en relación con la participación del recurrente en los hechos punibles que el órgano judicial considera probados.Por último este Tribunal también ha declarado que la declaración de un coimputado no puede entenderse corroborada, a estos efectos, por la declaración de otro coimputadoy que los elementos cuyo carácter corroborador ha de ser valorada por este son exclusivamente los que aparezcan expresados en las resoluciones judiciales impugnadas como Fundamentos probatorios de la condena (por todas, SSTC. 230/2007 de 5.10 FJ. 3 0 y 34/2006 de 13.2 ), teniendo en cuenta en primer lugar, que la exigencia de que la declaración incriminatoria del coimputado cuente con un elemento externo de corroboración mínima no implica la existencia de una prueba directa o indiciaria sobre la participación del condenado en los hechos que se le imputan sino, más limitadamente, una prueba sobre la veracidad objetiva de la declaración del coimputado respecto de la concreta participación del condenado ( STC 57/2009 de 9.3 ); y en segundo lugar, que son los órganos de instancia los que gozan de la inmediación y de un contacto directo con los medios de prueba, en el presente caso, y desde la posición que ocupa este tribunal, debe concluirse que los concretos elementos de corroboración referidos en la sentencia impugnada cumplen con las exigencias constitucionales para superar los mínimos necesarios que doten de suficiencia a la declaración del coimputado para enervar la presunción de inocencia del recurrente.

Bien entendido, como se ha subrayado en SSTC. 160/2006 de 22.5 y 148/2008 de 17.11 , que ha de resaltarse que el que los órganos judiciales razonen cumplidamente acerca de la credibilidad de la declaración del coimputado con base en consideraciones tales como su cohesión o persistencia, o en la inexistencia de animadversión, de fines exculpatorios en la misma, o en fin, de una aspiración de un trato penal más favorable carece de relevancia alguna a los efectos que aquí se discuten; esto es, tales factores no se alzan, por sí mismos, en elementos externos de corroboración, sino que únicamente cabe su aplicación cuando la prueba era constitucionalmente apta para enervar la presunción de inocencia, por lo que es preciso que el testimonio disponga, como paso previo, de una corroboración mínima proveniente de circunstancias, hechos o datos externos al mismo.Así es, pues obvio resulta que aquellas apreciaciones afectan, justamente, a la verosimilitud de la declaración o, lo que es igual, a elementos o circunstancias propias o intrínsecas a las personalidad o motivaciones del declarante, por lo que en modo alguno pueden considerarse como hechos o datos autónomos que sirvan para respaldar su contenido ( SSTC 65/2003 de 7.4 , 118/2004 de 12.7 , 258/2006 de 11.9 ).

Ahora bien, si como ya se ha señalado, no cabe considerar elementos de corroboración mínima la inexistencia de contradicciones o de enemistad manifiesta, el Tribunal Constitucional ya ha reiterado que la existencia entre lo declarado por un coimputado y las circunstancias del condenado atinentes a la conducta delictiva "configuran una realidad externa e independiente a la propia declaración del coimputado que la avalan" ( SSTC. 233/2002 de 9.12 , 92/2008 de 21.7 ).

En definitiva, esta doctrina del Tribunal constitucional podemos resumirla ( STS. 949/2006 de 4.10 ) en los términos siguientes:

a) Su fundamento se encuentra en que estas declaraciones de los coacusados sólo de una forma limitada pueden someterse a contradicción, habida cuenta de la facultad de no declarar que éstos tienen por lo dispuesto en el art. 24.2 CE que les reconoce el derecho a no declarar contra sí mismos y a no confesarse culpables, lo que constituye una garantía instrumental del más amplio derecho de defensa en cuanto que reconoce a todo ciudadano el derecho a no contribuir a su propia incriminación.

b) La consecuencia que de esta menor eficacia probatoria se deriva es que con sólo esta prueba no cabe condenar a una persona salvo que su contenido tenga una mínima corroboración.

c) Tal corroboración aparece definida como la existencia de cualquier hecho, dato o circunstancia externos apto para avalar ese contenidoen que consisten las declaraciones concretas de dichos coacusados.

d) Con el calificativo de "externos" entendemosque el TC quiere referirse a algo obvio, como lo es el que tal hecho, dato o circunstancia se halle localizado fuera de esas declaraciones del coimputado.

e) Respecto al otro calificativo de "externos", entendemos que el TC que no puede concretar más, dejando la determinación de su suficiencia al examen del caso concreto. Basta con que exista algo "externo" que sirva para atribuir verosimilitud a esas declaraciones." (O subliñado é do poñente).

Pois ben, tras esta longa cita, non podemos outorgar valor á declaración da co-acusada como proba de cargo. E iso por canto que os únicos datos obxectivos cos que se conta son o envío do DNI a través de whatsapp e a suposta páxina web ao seu nome que, como se dixo, non son proba suficiente ante as dúbidas do seu contido, da titularidade real do móbil e, en definitiva de quen foi o verdadeiro autor do envío do DNI e o usuario da páxina web. Non son máis que indicios.

Pero, ademais, o certo é que a acusada, co seu proceder, descarga toda a responsabilidade sobre o outro acusado, cando o certo e evidente é que ela é a titular da conta bancaria onde foron depositados os cartos defraudados. Existe un evidente interese espurio na súa declaración. Con elo tampouco pode ser tida en conta, como proba de cargo.

Por último, en cuarto lugar a folla histórico penal, se ben pode constituír un factor importante á hora de determinar a pena a impoñer, non pode ser considerada á hora de ter por acreditados uns feitos probados. Non se xulga se o acusado Emilio habitualmente comete ou cometeu delitos de estafa -nin moito menos que sexa un estafador-; senón se neste concreto caso o fixo.

Con todo o anterior, existen dúbidas razoables respecto do alcance ou participación de Emilio nos feitos denunciados, o que debe determinar a súa absolución.

CUARTO.-Sobre o recurso de Filomena.

A defensa da acusada Filomena fundamenta o seu recurso no erro na valoración da proba por canto entende que a maxistrada de instancia non tivo en conta que quen realizou todos os actos propios do delito de estafa foi o outro acusado, o señor Emilio, e que esta foi meramente utilizada polo outro acusado quen se aproveitou dela e quen era quen tiña acceso a todas as contas da acusada, incluídas as claves electrónicas. En apoio disto, considera esencial a presentación dunha denuncia por actos dentro da violencia de xénero así como o ditado dunha sentenza absolutoria por feitos idénticos por parte do xulgado do penal n. 4 de Zaragoza, que exculpou á Sra. Filomena. De xeito subsidiario interesou que fóra aplicada a circunstancia atenuante de dilacións indebidas, como moi cualificada.

4. 1. Sobre o erro na valoración da proba.

Neste caso, tras a visualización do xuízo e a análise das probas chegamos á mesma conclusión que se efectúa na resolución de instancia.

Partimos do feito non discutido de que unha persoa, ben Emilio, ben Filomena ou ben un terceiro, enganou a Luis María e conseguiu deste unha transferencia de 450 €, coa promesa dun produto que o prexudicado nunca recibiu.

Así as cousas, a titularidade única da conta bancaria na que se ingresaron os cartos era de Filomena. Conta na que ela mesma recoñeceu que lle fóra feito un ingreso por parte da administración (como se ve nos movementos de conta achegados co expediente dixital DPA 339/2019 do xulgado de instrución n. 8 de Vigo). O que de ningún modo se pode ter por acreditado é que o único usuario desta conta fora o outro acusado, Emilio. Non existe proba máis aló das propias manifestacións exculpatorias de Filomena. Pero é máis, a titular da conta na que se ingresan os cartos é Filomena, que é a única persoa que ten disposición desta, así como as súas claves. Non un terceiro.

A acusada, Filomena, alegou que quen usaba a súa conta era Emilio, afirmado ser vítima de violencia de xénero. Este tería sido un acto máis de control de Emilio sobre ela. En sustento desta afirmación, a acusada achegou unha denuncia ante os mossos de escuadra na que daba conta deste comportamento por parte de Emilio. Entendemos, sen embargo, que esa proba é notablemente insuficiente por canto que se descoñece como finalizou o procedemento ao que deu orixe esa denuncia. E tendo en conta o tempo transcorrido dende entón, uns 5 anos (acontecemento 73 do expediente dixital DPA 339/2019 do xulgado de instrución n. 8 de Vigo), non resulta razoable que ou ben non teña finalizado ou ben non se teña ditado algunha resolución relevante (orde de protección, auto de transformación en procedemento abreviado, etc...). Non se acredita deste modo o uso da conta bancaria por parte de Emilio.

No propio documento achegado pola defensa relativo aos movementos de conta, en concreto no folio 5 de 7, figura que os 450 € transferidos por Luis María foron retirados o propio día en caixeiro, pero non se indica quen os retirou. Só sabemos que para retirar cartos é necesario ter as claves, e que non quedou acreditado que ninguén distinto de Filomena as tivera.

Por último, o xulgado do Penal de Zaragoza, cuxa sentenza se achega, absolve á acusada Filomena porque o fiscal retirou a acusación formulada alí contra ela, o que non sucede neste suposto. Pero e que, como se di nesa sentenza, fundamento da condena de Emilio son proba tan fundamentais como o contido íntegro das conversas de whatsapp, ou a pescuda da titularidade do móbil dende o que se contactou co prexudicado. Máis aínda, naquel caso, o prexudicado chegou a falar por teléfono, e non só por whatsapp co autor do ilícito. As conclusións daquela resolución non se poden trasladar a este.

Así pois, entendemos que non existe erro na proba, xa que alguén enviou o DNI da acusada ao prexudicado, e deulle o número de conta desta no que este ingresou os cartos. Tamén consta que os cartos foron retirados da conta bancaria, da que a única titular é a acusada. Esta non acreditou o uso da conta por persoa allea, polo que resulta razoable concluír a súa participación, como autora ou cooperadora necesaria, nos feitos axuizados.

A conclusión, en todo caso, é a da confirmación do pronunciamento de condena respecto de Filomena.

4.2. Sobre a aplicación da atenuante de dilacións indebidas.

O artigo 21.6 do Código Penal indica que: "Son circunstancias atenuantes: (...) 6.ª La dilación extraordinaria e indebida en la tramitación del procedimiento, siempre que no sea atribuible al propio inculpado y que no guarde proporción con la complejidad de la causa".

A circunstancia atenuante de dilacións indebidas, recolleuse expresamente no Código Penal en virtude da reforma operada pola LO 5/2010, se ben xa viña sendo aplicada pola xurisprudencia. Fundaméntase no dereito de toda persoa a un proceso rápido, isto es, "a que la causa sea oída en un plazo razonable"( art. 6 do Convenio Europeo de Dereitos Humanos). A xurisprudencia fundamenta esta circunstancia na "perda de dereitos"que sofre o acusado, é dicir, no castigo que supón estar pendente da finalización dun procedemento xudicial. Isto é, a razón da atenuación non se atopa nunha menor culpabilidade do suxeito, senón na consideración da pendencia do proceso como unha verdadeira pena. (Neste sentido, SSTEDH de 28 de outubro de 2003, Caso González Doria Durán de Quiroga c. España; ou SSTS 25 de maio de 2010 ou 14 de maio de 2012; ou

Para valorar a existencia, ou no, de dilacións indebidas debe atenderse a dous criterios xunto co propio lapso de tempo transcorrido: que as dilacións non se deban á actitude do acusado, e á complexidade da causa. Trátase, en definitiva, de dous criterios suxeitos a unha necesaria valoración caso por caso, sen que sexa suficiente con establecer que entre o momento dos feitos e o da sentenza transcorreu un prazo determinado.

Atopámonos ante unha causa que non resulta complexa, e no que por riba, determinadas dilixencias que terían sido axeitado practicar durante a fase de instrución non se fixeron. Pese a iso aprécianse varios períodos nos que a causa se atopou paralizada, se ben por mor, principalmente da actitude dos investigados, respecto dos que se tiveron que ditar ate tres ordes de busca e captura. O cal, é incompatible coa consideración da circunstancia atenuante de dilacións indebidas.

O anterior ten unha excepción, e prodúcese durante o período de tempo que vai dende o 4 de xaneiro de 2023 ate o 8 de abril de 2024. Neste período de 15 meses unicamente se acordou o nomeamento de procurador para o investigado Emilio e o traslado para o escrito de defensa. Tarefas que non requiren máis que dun breve lapso temporal. A iso habería que sumarlle o período de paralización duns meses xa sinalado na sentenza de instancia.

Así pois, atendendo a todo o sinalado entendemos que concorre a mencionada circunstancia, como simple.

QUINTO.-Consecuencias do acollemento parcial.

O acollemento parcial do recurso de apelación determina a modificación de todos os fundamentos da sentenza de instancia en relación co acusado Mario, a quen nin pode ser considerado autor, nin serlle imposta pena ou responsabilidade civil ningunha.

No relativo ás custas da primeira instancia, quedan modificadas no sentido de impoñer dous terzos destas ás acusadas Nieves e Felicisima; con declaración de oficio dun terzo das custas.

Consecuencia do anterior, será a imposición a Filomena dunha pena de 6 meses de prisión con idéntica inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo durante o tempo da condena. Manterase o pronunciamento sobre responsabilidade civil en canto que Filomena deberá indemnizar ao prexudicado na contía de 450 €.

Por todo o dito,

Fallo

ACOLLEMOS o recurso de apelaciónformulado pola defensa de Emilio fronte á Sentenza de 19 de setembro de 2024 ditada polo xulgado do Penal n. 1 de Vigo; absolvéndoo a este do delito estafa do que viña acusado,con todos os pronunciamentos favorables.

ACOLLEMOS PARIALMENTE o recurso de apelaciónformulado pola defensa de Filomena fronte á Sentenza de 19 de setembro de 2024 ditada polo xulgado do Penal n. 1 de Vigo; impoñéndolle, a pena de 6 meses de prisión con inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo durante o tempo da condena,como autora dun delito de estafa do artigo 248 do Código Penal ao concorrer nela a circunstancia atenuante da responsabilidade criminal de dilacións indebidas do artigo 21.6 do Código Penal.

Mantense o pronunciamento relativo á responsabilidade civil, se ben só respecto da acusada Filomena.

Modifícase o pronunciamento relativo ás custas ocasionadas na instancia,de tal xeito que se acorda a imposición da metade destas á condenada Filomena, con declaración de oficio da outra metade.

Decláranse de oficio o pagamento das custas causadas nesta alzada.

Notifíquese ás partes facéndolles saber que contra esta Sentenza so caberá recurso de casaciónnos supostos previstos no artigo 847 LECRIM; o cal deberá ser presentado mediante escrito autorizado por avogado e procurador, presentándoo ante este Tribunal dentro dos cinco díasseguintes ao da última notificación e que deberá conter os requisitos esixidos no art. 856 da LACRIM, sen prexuízo do establecido respecto da revisión de sentenzas firmes.

Así por esta nosa Sentenza, a pronunciamos, mandamos e asinamos.

La difusión del texto de esta resolución a partes no interesadas en el proceso en el que ha sido dictada sólo podrá llevarse a cabo previa disociación de los datos de carácter personal que los mismos contuvieran y con pleno respeto al derecho a la intimidad, a los derechos de las personas que requieran un especial deber de tutelar o a la garantía del anonimato de las víctimas o perjudicados, cuando proceda.

Los datos personales incluidos en esta resolución no podrán ser cedidos, ni comunicados con fines contrarios a las leyes.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.