Última revisión
06/11/2000
Sentencia Penal Nº 101, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 1046 de 06 de Noviembre de 2000
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 7 min
Orden: Penal
Fecha: 06 de Noviembre de 2000
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: VARELA CASTRO, LUCIANO
Nº de sentencia: 101
Fundamentos
AUD. PROVINCIAL SECCION N. 1
PONTEVEDRA
AUTO: 01101/2000
AUDIENCIA PROVINCIAL
SECCION PRIMEIRA
PONTEVEDRA
APELACIÓN PENAL
Rolo: 1046/00
P. Abreviado: 364/99
Orixe: XDO. DO PENAL PONTEVEDRA 1
Ilmos. Sres. Presidente:
D. JAIME CARRERA IBARZABAL
Maxistrados:
D. LUCIANO VÁRELA CASTRO
D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO
A SECCIÓN PRIMEIRA DA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, composta por D. JAIME CARRERA IBARZABAL, presidente, D. LUCIANO VÁRELA CASTRO e D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, maxistrados, pronunciou
NO NOME DO REI
a seguinte
SENTENCIA NÚM. 101
Pontevedra, o 6 de novembro do año 2000.
No presente recurso de apelación interposto fronte á sentencia deitada nas precedentes dilixencias previas do procedemento abreviado que á cima se amenta, contra do/s acusado/s, ARGENTINO R e FRANCISCO S, son partes: dunha beira, como apelante/s, ARGENTINO R, e da outra, como apelado/s, o Ministerio Fiscal. Foi relator o maxistrado don LUCIANO VÁRELA CASTRO, quen expresa o parecer da Sala.
ANTECEDENTES DE FEITO
Non se acepta a declaración de feitos probados no particular no que se atribúe ao recorrente a participación no feito da subtracción.
PRIMEIRO. Con data 27 de marzo do año que andamos, o xuiz do Xulgado do Penal Pontevedra 1 pronunciou sentencia nos actos orixinais de onde o presente rolo é tirado, a declaración de feitos probados da cal, rigorosamente, di:
"Que Argentino R, mayor de edad y con múltiples antecedentes policiales y antecedentes penales no computables, entre las 17,30 horas y las 19,45 horas del día 13 de noviembre de 1998, tras fracturar el cristal trasero derecho del vehículo que su propietario Pablo P habla dejado perfectamente aparcado y cerrado en la pontevedresa calle José Malvar, fracturando la ventanilla de la puerta trasera derecha, penetró en su interior apoderándose con ániamo de lucro de una calculadora Casio modelo FX 115 S, una regla de escalímetro, dos mochilas una de ellas con ropa de vestir y otra con ropa deportiva, así como también diversos mapas, libros y apuntes, ascendiendo el valor de la totalidad de lo sustraído a 35 400 pta, habiendo ascendido la reparación de los daños producidos en el coche a 8 000 pta, que fueron abonadas por el seguro, que no reclama ninguna indemnización; los efectos sustraídos fueron posteriormente aprovechados por Francisco S que no es objeto de acusación por no estar intruída la causa respecto del mismo".
SEGUNDO. No devandito xulgado deitouse sentencia, coa resolución que, a seguir, se expresa:
DECISIÓN: "Que debo condenar y condeno a Argentino R, como responsable en concepto de autor de un delito de robo con fuerza en las cosas de los arts. 237, 238-2° y 240 del Cp, a la pena de UN AÑO DE PRISIÓN y a que indemnice a Pablo P en 28 000 pta por los objetos sustraídos y no recuperados, imponiéndole expresamente las costas del procedimiento.".
TERCEIRO. Téndoselles notificada a devandita sentencia ás partes, Argentino R interpuxo recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos dous efectos. Tras os preiteantes teren sido emprazados, constituíronse en parte e, axiña que se efectuou a instrucción, sinalouse día e hora para deliberaren e resolveren o recurso.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
PRIMEIRO. Verbo da suficiencia do indicio constituido pola existencia dunha pegada dactilar.
Cita a sentencia apelada unha doutrina abundante verbo da capacidade da pegada dactilar para atribuir a súa presencia nun lugar a unha persoa determinada; pero cómpre facer o discurso argumental alén do que resulta hoxe prácticamente obvio. Porque a obviedade fai pouco aturábel a pretensión de razoala.
De seguir no exame da xurisprudencia, a sentencia apelada podería atopar resolucións como a de 31 de decembro de 1999 na que se afirma:
"se ha dicho por esta Sala que la pericial lofoscópica respecto de la autoría o participación del titular de las huellas en un hecho delictivo, es sólo un indicio que no bastaría, por sí solo, para llevar al órgano juzgador a una convicción incriminatoria ya que los contactos con las superficies donde aparecen impresas las huellas han podido realizarse antes o con posterioridad a la comisión de los hechos delictivos o de una manera ocasional, necesitándose de otros datos complementarios para reforzar la convicción inculpatoria."
SEGUNDO. Verbo da inaceptábel conclusión de valor inculpador dado á falta de proba da coartada.
Volta aquí, a sentencia apelada, a amosar unha preocupante desviación verbo da doutrina xa establecida polo TS e TC verbo daquela pouco democrática xurisprudencia preconstitucional na que o fracaso do acusado na proba da súa coartada tiña transcendencia avaliadora da súa culpabilidade. Por todas, citamos a de TS 2ª de 25 outubro de 1999:
"Las contradicciones del acusado, por sí mismas, tampoco pueden ser utilizadas sin más. El derecho a no declarar y la ausencia de un deber de decir verdad, quitan a las contradicciones el valor de prueba del hecho acusado cuando en ninguna de las versiones dadas por éste se ha confesado la autoría de los hecho: . Es posible no tener por probada la coartada, pero ello no significa prueba de la culpabilidad. Así lo ha establecido la STC 174/85 en la que se dijo: "Ciertamente, éste (el inculpado) no tiene por qué demostrar su inocencia e incluso el hecho de que su versión de lo ocurrido no sea convincente o resulte contradicha por la prueba no debe servir para considerarlo culpable. Pero su versión constituye un dato que el juzgador deberá aceptar o rechazar razonadamente".
La conclusión de la sentencia citada es una consecuencia necesaria del derecho a la presunción de inocencia: si la prueba de la culpabilidad incumbe a la acusación, no es exigible que el acusado pruebe su coartada, pues ello equivale a exigirle la prueba de la inocencia"
TERCEIRO. Incoherencia argumental na sentencia apelada.
Dise na sentencia apelada, con bo tino, que non pode fundar a conclusión no dito polo coacusado xa que ninguén pediu a lectura no acto do xuízo oral da declaración daquel na fase de instrucción. Pero, a seguir, tira da manifestación doutra testemuña, comprador dos efectos roubados, a conclusión incriminadora por, dise na sentencia, confirmar o dito precisamente polo coacusado. Sen dúbida no dato esencial de que foi o condenado apelante o que lle subministrou os efectos que o coacusado vende a esa testemuña.
CUARTO. Conclusión: inexistencia de proba de abondo.
Do anterior deriva que a sentencia queda toda ela sustentada por un só dato: no coche no que estaban os efectos roubados existe unha pegada dactilar do condenado.
A insuficiencia de tal dato para inferir a participación na subtracción é evidente: o vehículo estaciona na rúa e a pegada atópase en lugar perfectamente accesíbel desde fóra do coche.
Conclusión que non necesita o gratuito discurso da apelación con cita xenérica verbo dos requisitos da proba de indicios. Sinxelamente choca coa evidente razoabilidade da hipótese contraria á tirada pola sentencia que, por iso debe ser revogada.
Acae atérmonos a canto levamos dito e, desenvolvendo a potestade xurisdiccional que a Constitución española nos outorga.
DECIDIMOS
Que é mester nós estimarmos e estimámolo o recurso de apelación movido por ARGENTINO R fronte á sentencia pronunciada polo Xulgado do Penal de Pontevedra 1, no procedemento abreviado núm. 364/99, revogando a sentencia apelada no sentido de absolvermos o Sr. R da responsabilidade penal e civil polas que viña condenado, con declaración de oficio das custas nas dúas instancias.

