Sentencia Penal Nº 1046, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 63 de 30 de Junio de 2000
Sentencia Penal Nº 1046, ...io de 2000

Última revisión
30/06/2000

Sentencia Penal Nº 1046, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 63 de 30 de Junio de 2000

Tiempo de lectura: 0 min

Tiempo de lectura: 0 min

Orden: Penal

Fecha: 30 de Junio de 2000

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 1046

Nº de recurso: 63

Resumen
A defensa da acusada en idéntico trámite tamén elevou as súas conclusións provisionais a definitivas e interesou a libre absolución daquel con tódolos pronunciamentos favorables. Sobre as 2 horas do día 25 e xuño de 1998, na rúa G , da cidade de Vigo, xurdiu unha discusión no interior do vehículo marca Mercedes, matrícula PO- , que pola amentada rúa era conducido por José Manuel R , e era ocupado pola acusada ANA ISABEL G , da circunstancias persoais que xa constan e sen antecedentes penais. Non consta que no transcurso da amentada discusión a acusada ameazase ó conductor daquel automóbil, mediante a exhibición dunha xiringa sen agulla, para que lle entregase todo o que de valor portase consigo.   A acusada é adicta á heroína e á cocaína, hábito que altera nela, sen anular, as súas facultades volitivas e intelectivas, e actos como os encamiñados á obtención do diñeiro co que procurarse as súas doses. Os feitos declarados probados legalmente non son constituvos do delicto de tentativa de roubo con intimidación e uso de medio perigoso, previsto e penado nos artigos 237, 242-1 e 2 do Código Penal, en relación cos artigos 16 e 62 do mesmo texto legal, tal e como se viña sostendo polo Ministerio Fiscal.Velaí polo que non existen méritos de abondo para facer obxecto de incriminación polos feitos denunciados á acusada Ana Isabel G e polo que procede, en consecuencia, a libre absolución da mesma con tódolos pronunciamientos favorables.            

Voces

Intimidación

Tentativa

Responsabilidad

Grave adicción a sustancias tóxicas

Atenuante

Heroína