Última revisión
26/05/2008
Sentencia Penal Nº 109/2008, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 316/2008 de 26 de Mayo de 2008
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 10 min
Orden: Penal
Fecha: 26 de Mayo de 2008
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 109/2008
Núm. Cendoj: 36038370022008100383
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00109/2008
AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Sección nº 002
Rolo: 0000316 /2008 I
Órgano Procedencia: JDO. DE LO PENAL N. 2 de PONTEVEDRA
Procedemento Orixen: PROCEDIMIENTO ABREVIADO nº 0000368 /2006
SENTENZA NÚM. 109
=============================================================
ILMOS/AS SRES/AS MAXISTRADOS/AS
Don José Juan Barreiro Prado, presidente
Dona María Mercedes Pérez Martín Esperanza
Dona Rosario Cimadevila Cea
==============================================================
Pontevedra, a vinte e seis de maio de dous mil oito
Visto, pola Sección 2ª desta Audiencia Provincial, na causa instruída con número 368/06, o recurso de apelación interposto polo
procurador Eloy , en representación de Mauricio , (como acusado), contra a
sentenza ditada polo Xulgado do penal núm. 2 de Pontevedra. Constituíronse como partes o mencionado recorrente e o
Ministerio Fiscal, na representación que lle é propia, e como acusación particular Flomay Inversiones Inmobiliarias y
Promociones SL; actuou como relator o maxistrado don José Juan Barreiro Prado.
Antecedentes
Primeiro.- No acto do xuízo oral de referencia ditouse unha sentenza con data do 17 de xaneiro de 2008 , cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:
"Que debo condenar y condeno a Mauricio como autor de un delito de receptación previsto y penado en el artículo 298,1 y 2 del Código Penal en concurso medial del artículo 77 del Código Penal con un delito de estafa previsto y penado en los artículos 248 y 249 del Código Penal , a la pena de 16 meses de prisión e inhabilitación especial para el derecho de sufragio pasivo durante el tiempo de la condena, así como el abono de las costas procesales causadas, incluidas las de la acusación particular, debiendo indemnizar a Flomay Inversiones Inmobiliarias y Promociones SL en la suma de 12.000 euros".
E, como feitos probados, recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela:
"Resulta probado y así se declara que en fecha cercana al 14 de julio de 2003, Mauricio recibió de persona o personas no identificadas, el vehículo Volkswagen golf con matrícula alemana HH MJ 7482 y número de bvastidor wvwzzz1jz3b1123115 propiedad de la entidad Europcar, vehículo que previamente había sido arrendado a dicha empresa por una tercera persona que no procedió a su devolución, haciéndolo con conocimiento de su origen ilícito.
Después, Mauricio acudió a Flomay Inversiones Inmobiliarias y Promociones SL, también llamada Comercial Denauto, sita en Meaño, dedicada a la compra venta de vehículos, donde exhibió un contrato de compra venta de fecha 14 de julio de 2004 y una documentación llamada carta verde, creando mediante la exhibición del contrato, la creencia en un empelado de la mencionada entidad de que era el propietario del vehículo, de forma que Flomay entregó 12.000 euros a Mauricio como pago del precio de la compra del vehículo.
A medidados de agosto de 2003 el vehículo fue vendido por Flomay Inversiones Inmobiliarias y Promociones SL a Sandra y a Carlos María que abonaron por aquel la suma de 17.280 euros.
El 31 de agosto de 2003 el vehículo fue localizado por la policía cuando tenía caída la placa de matrícula.
Por parte de Europcar, propietaria del vehículo, se renunció a sus derechos sobre el vehículo en fecha 25 de enero de 2005 al haber alcanzado un acuerdo de venta con Flomay Inversiones Inmobiliarias y Promociones SL Sandra reservó las acciones civiles que por estos hechos pudieran corresponderle".
Segundo.- Contra a devandita sentenza, a representación procesual do recorrente interpuxo un recurso de apelación, que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal está unido ás actuacións.
Terceiro.- Logo de trasladarlle o escrito de formalización do recurso ao Ministerio Fiscal e ás outras partes, presentaronse escritos de impugnación polas partes baseándose en que a sentenza obxecto de recurso se axusta plenamente a dereito e solicitouse a súa confirmación.
Cuarto.- O xulgado do penal referido anteriormente remitiu a este Tribunal os autos orixinais con todos os escritos presentados para resolver.
Hechos
Acéptase e danse por reproducidos os feitos que se declaran probados na sentenza obxecto de recurso.
Fundamentos
Primeiro.- Recorre en apelación Mauricio contra a sentenza que na instancia o condenou como autor dun delito de receptación, previsto e penado no artigo 298.1 e 2 do Código penal , en concurso medial do artigo 77 do mesmo texto legal cun delito de estafa dos artigos 248 e 249 do Código penal .
Os motivos que para tal efecto invoca o apelante son o erro na apreciación da proba, e a infracción de precepto constitucional ( artigo 24.2 da CE ).
Expresamente se opoñen á apelación tanto o Ministerio Fiscal como a acusación particular exercitada pola entidade Flomay Inversiones Inmobiliarias y Promociones, S.L.
Segundo.- A maxistrada xuíza a quo expresamente reflicte na resolución da súa autoría contra a que se apela que non se contou con proba directa verbo da autoría do acusado con respecto ao delito de receptación, mais que chegou a tal conclusión polos indicios indicados que expón de forma razoada e, xa que logo, tamén á comisión do delito de estafa.
A infracción delituosa coñecida como receptación require, para a súa apreciación, da concorrencia de tres requisitos, dous de carácter obxectivo e outro de índole subxectiva, tal cal así o lembra a STS do 16 de novembro de 2007 que, á súa vez, fai cita da anterior 859/2001, do 14 de maio. A saber:
1º) ha de existir la comisión de un delito contra los bienes; 2º) ha de concurrir una actuación de tercero de aprovechamiento para sí de los efectos del delito, lo que constituye el núcleo de esta infracción y determina el momento de la consumación; 3º) ha de darse un elemento básico de carácter normativo y cognoscitivo, consistente en el conocimiento por el sujeto activo de la comisión antecedente de tal delito contra los bienes, conocimiento que no exige una noticia exacta, cabal y completa del mismo, sino un estado de certeza que significa un saber por encima de la simple sospecha o conjetura.
Este delito exige entre sus requisitos como elemento subjetivo del tipo el conocimiento de la comisión de un delito contra el patrimonio. Para ello no basta con una simple sospecha, duda o recelo, sino que se ha de tener la certidumbre (estado anímico de certeza) de que los objetos adquiridos proceden de un delito contra los bienes, o sea que son de procedencia delictiva ( STS 1591/1997, 12 de diciembre; 447/1999, 15 de marzo; 610/1999, 20 de abril y 1422/1999, 6 de octubre y 8/2000, 21 de enero de 2000 ); sin que ello deba suponer un conocimiento detallado de las circunstancias concretas del delito del que proceden los objetos.
E sendo como é o coñecemento da orixe ilícita un elemento subxectivo do tipo de natureza psicolóxica, a súa acreditación terá que establecerse normalmente por indución a través de inferencias lóxicas ou inequívocas (como segue a afirmar a indicada STS), a partir de datos obxectivos ou de circunstancias materiais acreditadas, sendo das máis significativas a irregularidade da compra, ou o prezo vil, é dicir, a compra do obxecto por prezo desproporcionadamente inferior ao de mercado. Este coñecemento, porén, non implica o de todos os detalles ou pormenores do delito antecedente, nin o nomen iuris que se lle atribúe; e tampouco abonda a simple sospeita da súa procedencia ilícita, senón a seguridade da mesma que, como elemento psicolóxico, debe inferirse por feitos externos, demostrados pola posesión dos efectos, e outras circunstancias concorrentes como, por exemplo, o xa citado prezo vil na operación de compravenda.
Pois ben, non outra cousa é o que se reflicte na sentenza obxecto de apelación para chegar á conclusión de que o acusado- apelante Mauricio perfectamente coñecía que o automóbil Volkswagen Golf que lle vendeu á entidade Flomay Inversiones Inmobiliarias y Promociones, S.L. tiña unha orixe ilícita e, en concreto, fora previamente subtraído. Ademais, para realizar tal operación de compravenda confeccionou un documento ad hoc no que el figuraba como comprador do amentado vehículo.
A versión que dos feitos deu o acusado por ningures se sostiña. Que topase en pleno aparcadoiro da praia da Lanzada (ben extenso por certo) un coche con placas de matrícula alemás, que tiña colocado nunha das súas fiestras o cartel de que se vendía, e que non precisase chamar a ningún teléfono porque os alemáns, que mal chapurreaban o español, dábase a casualidade de que xusto estaban a carón do coche, xa de por si resultaba ben estraño e sorprendente. Máis aínda que pretendidamente pagase por tal vehículo 11500 euros para logo inmediatamente vendelo por 12000 euros coa única ganancia de 500 euros cando tivo que ir da Lanzada á Estrada, facerse nesta vila co contrato de compravenda e os cartos, volver á Lanzada e pagar en man os amentados 11500 euros. Outro tanto cómpre dicir da estrañeza que implicaba o xeito de proceder para a compravenda, primeiro, como se dixo, casualmente atopándose acusado e alemáns no extenso aparcadoiro da Lanzada e, despois, quedando ao seguinte día no mesmo sitio, onde o acusado referiu que os alemáns o agardaban outra vez a carón do coche, intre no cal, segundo el, asinaron o contrato de compravenda e el pagou o referido prezo. Incide na ben peculiar dinámica descrita que nun principio se sosteña que os 11500 euros procedesen dun préstamo documentado nunha conta dos seus pais na que el figuraba como autorizado para, despois, descubrirse que o préstamo databa do ano 2000, fora por 12020 euros, e que non o utilizou nin antes con motivo doutras pretendidas operacións similares con outros dous vehículos nacionais que, porén, por ningures aparecen demostradas, nin tampouco agora con motivo da suposta adquisición do vehículo de matrícula alemá. E que o acusado padecese un accidente de circulación e que a indemnización que por tal motivo obtivo se empregase como pagamento, total ou parcial, do Volkswagen Golf alemán non deixa de ser outra afirmación do agora apelante igualmente orfa de toda demostración probatoria. Por se o anterior fose pouco, cando o acusado vendeu o automóbil á entidade que exerce a acusación particular no presente procedemento, ante a demanda do persoal desta última para a entrega do segundo xogo de chaves daquel, lonxe de dicirlles que non o ten, que non lle foi entregado a el polos anteriores titulares (inexistente a tal Bettina Sroeder segundo a Policía), ou sinxelamente que o perdeu, formalmente asume e queda en levalo despois da transacción á que el mesmo deu orixe mediante a simulación contractual da súa autoría, e aínda é hoxe o día en que non se dignou en contestar ás chamadas telefónicas e requirimentos da daquela compradora do vehículo e vítima da estafa, nin de subministrar ao respecto a máis mínima lóxica explicación.
Deste xeito, nin a xulgadora a quo incorreu en erro con motivo da avaliación do material probatorio perante ela despregado, nin se vulnerou a presunción de inocencia que amparaba ao acusado-apelante, a teor da proba de notoria carga incriminatoria obtida contra este último no acto da vista oral celebrada na instancia.
Segundo.- As custas da presente alzada impóñenselle á parte apelante por mor do rexeitamento do seu recurso.
Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,
Fallo
Que debemos desestimar o recurso de apelación interposto pola representación procesual de Mauricio , contra a sentenza ditada con data do 17 de xaneiro de 2008 no procedimiento abreviado núm. 368/06 polo Xulgado do Penal núm. 2 de Pontevedra, e confirmar esta sentenza, impoñéndoselle ao recorrente ás custas desta alzada.
Ao notificar esta sentenza, déaselle cumprimento ao previsto no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder judicial.
Así o pronunciamos, mandamos e asinamos, mediante esta sentenza, da que se levará certificación ao rolo de Sala e que se anotará nos rexistros correspondentes.
