Sentencia Penal Nº 109, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 1103 de 16 de Diciembre de 1999
Sentencia Penal Nº 109, A...re de 1999

Última revisión
16/12/1999

Sentencia Penal Nº 109, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 1103 de 16 de Diciembre de 1999

Tiempo de lectura: 0 min

Tiempo de lectura: 0 min

Orden: Penal

Fecha: 16 de Diciembre de 1999

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 109

Nº de recurso: 1103

Resumen
Por unha anda pódese referir a opinión de que téndose condenado ó agora recorrente en apelación a unha pena privativa de liberdade, corno era a de arresto menor, da cal o arresto domiciliario previsto no artigo 85 non era senón unha forma de cumprimento, o abandono do domicilio os días fixados para seu cumprimento constituía un quebrantamento da pena imposta que enchía así tódolos elementos do tipo penal sinalado no artigo 334 do derrogado Código Penal de 1973; e que a desaparición no novo Código Penal de 1995 de tal forma de cumprimento da pena non significaría a despenalización da conducta descrita. Insístese así por tal corrente doutrinal en que "no afecta a la sanción que haya desaparecido la pena de arresto menor (por esa regla de tres, al cambiar la denominación de todas las penas privativas de libertad con el código de 1995, serian impunes los quebrantamientos de todas las penas correspondientes al antiguo código aún en ejección), ni, por lo expuesto, que del vigente código haya desaparecido también el cumplimiento domiciliario de ciertas penas privativas de libertad.Mais é que no presente caso (a parte de que se ben os feitos aconteceron baixo a vixencia do derrogado texto punitivo de 1993, a pena de arresto menor impúxose por primeira vez o 25 de marzo de 1997, vixente xa o Código Penal de 1995, no que o arresto domiciliario non figura entre o catálogo de penas:, existen dúbidas mais que fundadas verbo do incumprimento por parte do acusado da pena imposta de arresto menor (na súa modalidade de domiciliario).  

Voces

Arresto

Arresto domiciliario

Delito de quebrantamiento de condena

Responsabilidad

Apercibimiento

Antecedentes penales

Falta de lesiones

Tipo penal

Despenalización

Localización permanente

Prisión preventiva

Habeas Corpus

Antijuridicidad

Punibilidad