Última revisión
17/09/2017
Sentencia Penal Nº 115/2018, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 41/2017 de 24 de Julio de 2018
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 30 min
Orden: Penal
Fecha: 24 de Julio de 2018
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 115/2018
Núm. Cendoj: 36038370022018100093
Núm. Ecli: ES:APPO:2018:1132
Núm. Roj: SAP PO 1132:2018
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00115/2018
ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5
Teléfono: 986.80.51.19
Equipo/usuario: PA
Modelo: N85850
N.I.G.: 36038 43 2 2011 0009762
PA PROCEDIMIENTO ABREVIADO 0000041 /2017-A-
Delito/falta: ESTAFA (TODOS LOS SUPUESTOS)
Denunciante/querellante: MINISTERIO FISCAL, PETRONOVAOIL SA
Procurador/a: D/Dª CARLOS VILA CRESPO
Abogado/a: D/Dª MARIA GEMA HERNANDEZ IGLESIAS
Contra: Benedicto , Bernabe , Bienvenido
Procurador/a: D/Dª MANUELA SOTO SILVA, JAVIER ALMON CERDEIRA , PATRICIA CABIDO VALLADAR
Abogado/a: D/Dª EVARISTO GALIANO MUIÑOS, SERGIO TORO PUJOL , OSKAR ZEIN SANCHEZ
ROSALÍA DE CASTRO NÚM. 5
Teléfono: 986.80.51.19
Equipo/usuario: PA
Modelo: N85850
NIX: 36038 43 2 2011 0009762
PA PROCEDEMENTO ABREVIADO 0000041 /2017-A-
Delito/falta: ESTAFA (TODOS OS SUPOSTOS)
Denunciante/querelante: MINISTERIO FISCAL, PETRONOVAOIL, SA
Procurador: CARLOS VILA CRESPO
Avogada: MARÍA GEMA HERNÁNDEZ IGLESIAS
Contra: Benedicto , Bernabe , Bienvenido
Procurador/as: MANUELA SOTO SILVA, JAVIER ALMÓN CERDEIRA, PATRICIA CABIDO VALLADAR
Avogados: EVARISTO GALIANO MUÍÑOS, SERGIO TORO PUJOL, OSKAR ZEIN SÁNCHEZ
SENTENZA NÚM. 115/18
===================================================== =====
Maxistrado presidente:
Ilmo. Sr. don José Juan Ramón Barreiro Prado
Maxistradas:
Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea
Ilma. Sra. dona María Belén Rubido de la Torre
===================================================== =====
Pontevedra, 24 de xullo de 2018
Vista en xuízo oral e público, ante a Sección Segunda desta Audiencia Provincial, a causa instruída conúmero 41/2017, procedente do Xulgado de Instrución núm. 1 de Pontevedra, e seguida polo trámite doprocedemento abreviadopolo delito deestafa (todos os supostos), contra:
- Benedicto , con DNI núm. NUM000 , nacido o NUM001 de 1948, en Tortosa, Tarragona, fillo de Jesús e de Estrella , sen antecedentes penais, con domicilio na RUA000 , NUM002 , planta NUM003 , porta NUM004 , Mataró, Barcelona, representado pola procuradora dona Manuela Soto Silva e defendido polo avogado don Evaristo Galiano Muíños.
- Bernabe , con DNI núm. NUM005 , nacido en Sabadell o NUM006 de 1976, fillo de Luis Francisco e de Verónica , con domicilio na AVENIDA000 , NUM007 , planta NUM008 , porta NUM009 , Sabadell, Barcelona, representado polo procurador don Javier Almón Cerdeira e defendido polo avogado don Sergio Toro Pujol.
- Bienvenido , con DNI núm. NUM010 , nacido en Antas de Ulla, Lugo, o NUM011 de 1978, fillo de Jose Manuel e Nicolasa , con domicilio no lugar de DIRECCION000 , núm. NUM008 , Antas de Ulla, Lugo, representado pola procuradora dona Patricia Cabido Valladar e defendido polo avogado Oskar Zein Sánchez.
É parte comoacusación particular Petronovaoil,SA,representada polo procurador don Carlos Vila Crespo e defendida pola avogada dona María Gema Fernández Iglesias. Tamén é parte acusadora o Ministerio Fiscal, en representación do cal intervén don Alejandro Pazos.
É maxistrado relator donJosé Juan Ramón Barreiro Prado.
Antecedentes
Primeiro.- Estas actuacións instruíronse por un presunto delito deestafa (todos os supostos).Practicadas as oportunas dilixencias, convocáronse as partes a xuízo oral, que tivo lugar o día 17 de xullo de 2018, e a cuxo acto compareceron as persoas que se indican na acta redactada para o efecto.
Segundo.- OMinisterio Fiscal, nas súas conclusións provisionais, cualificou os feitos como constitutivos dun delito deestafa (todos os supostos)dos artigos 248.1 e 250.5.6 do Código penal (CP ). Considerou autores do delito os acusados, sen a concorrencia de circunstancias modificadoras da responsabilidade criminal nos acusados Benedicto e Bienvenido , e concorrendo a circunstancia agravante de reincidencia do artigo 22.8 do CP en Bernabe .
Solicitou que se impoñan aos acusados as penas de cinco anos de prisión, cinco anos de inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo, 12 meses de multa cunha cota diaria de 10 € e as custas.
Así mesmo, solicitou que os acusados indemnicen a Petronovaoil, SA, en 646 004,90 €, cantidade que se incrementará co xuro legal desde a data dos feitos, respondendo subsidiariamente do pagamento das ditas cantidades as sociedades Reformas Armesto y Lavandeira, SL, Analyse Causale, SL, Marograf Artes Gráficas, SL, Ingeniería Informática y Seguridad de Sistemas, SA.
No acto do xuízo oral mudou en definitivas as súas conclusións coa excepción da retirada da acusación contra Bernabe . Mantivo o resto do seu escrito.
Terceiro.- Aacusación particularnas súas conclusións provisionais cualificou os feitos como constitutivos dun delito deestafados artigos 248 e 250.1.5 º e 6º do Código penal , e considerou responsables en concepto de autores os acusados, sen concorreren circunstancias modificadoras da responsabilidade criminal.
Solicitou que se lles impoña a cada un dos acusados a pena de seis anos de prisión e multa de 12 meses, a razón de 20 euros diarios.
En concepto de responsabilidade civil, solicitou que os acusados indemnicen a Petronovaoil, SA, na cantidade de 645 992,90 €.
No acto do xuízo oral mudou as súas conclusións en definitivas, coaexcepción da retirada da acusación contra Bernabe , e modificou a quinta unicamente para solicitar que se impoña a Bienvenido a pena detres anos de prisión, mantendo o resto do seu escrito.
Cuarto.- Asdefensasdos acusadossolicitaron a libre absolución dos seus patrocinados por non ter participación ningunha nos feitos presuntamente delituosos.
No acto do xuízo oral mudaron as súas conclusións en definitivas.
Emiliano é administrador único da sociedade Petronovaoil, SA, sita na rúa Cruz Gallastegui de Pontevedra. Emiliano coñecía o acusado Benedicto , cuxas circunstancias persoais xa constan e sen antecedentes penais computables, de relacións comerciais entre as empresas de ambos, e este presentoulle o tamén acusado Bienvenido , cuxas circunstancias persoais xa constan e sen antecedentes penais. Como a sociedade Petronovaoil, SA, tiña intención de ampliar o seu negocio, abrindo novas gasolineiras, contactou coa sociedade Reformas Armesto y Lavandeira, SL, sen que conste ningunha intervención do acusado Bienvenido e sen que a do acusado Benedicto fose alén da mera intermediación.
A empresa Reformas Armesto y Lavandeira entregou un orzamento para a remodelación de cinco estacións de servizo por importe de 629 510 €, e outro para saneamento, desentullo, pechamento e rede de sumidoiros dun soar por importe de 64 900 €. Como a sociedade Reformas Armesto y Lavandeira, SL, sinalou que, para realizar as obras polo prezo acordado, era preciso que se lle adiantase parte da factura, emitiu unha factura o 11 de outubro de 2010 por importe de 371 410,90 €, que foi aboada na conta de Ibercaja número 2085/8377/11/0330072029, titularidade da entidade Analyse Causale, SL, con transferencias polos seguintes importes: 223 998,85 € o 15 de outubro de 2010, 91 005,95 € o 19 de outubro de 2010 e 56 413,30 € o 25 de outubro de 2010. Así mesmo, para o pagamento dunha segunda factura por importe de 76 582 € realizáronse dúas transferencias á mesma conta e entidade por importes de 13 591,50 € o 25 de outubro de 2010 e de 62 995,30 € o 27 de outubro de 2010. As persoas autorizadas para dispoñer da conta indicada eran a persoa contra a que as acusacións pública e particular retiraron a acusación - Bernabe - e outra persoa falecida - Ángel Daniel -, que foi quen realizou as seguintes retiradas: 220 000 € o 15 de outubro de 2010, 95 000 € o 19 de outubro de 2010 e 70 000 € o 25 de outubro de 2010.
A sociedade Petronovaoil, SA, ademais dos traballos de remodelación, contratou tamén unha campaña de publicidade coa entidade Marograf Artes Gráficas, SL, e, para a instalación e posta en funcionamento dos servizos informáticos das estacións de servizo, coa entidade Ingeniería Informática y Seguridad de Sistemas, SA, sen que conste ningunha intervención do acusado Bienvenido e sen que a do acusado Benedicto fose alén da mera intermediación.
Ambas as entidades presentaron orzamentos co importe da prestación dos servizos. Marograf Artes Gráficas, SL, presentou unha factura con data do 10 de novembro de 2010 por importe de 108 174,39 €; e Ingeniería Informática y Seguridad de Sistemas SA presentou unha factura con data do 19 de novembro de 2010 por importe de 80 074,12 €. Para o aboamento destas facturas realizáronse as seguintes transferencias á conta 2100.2292.18.0200202922 de La Caixa, titularidade de Caba 2001, SL: 98 000 € o 22 de decembro de 2010, 97 000 € o 27 de decembro de 2010 e 3000 € o 28 de decembro de 2010. O acusado Benedicto era un dos autorizados nesa conta, da cal tan só retirou 2500 € en reintegro desta mesma cantidade adiantada.
Fundamentos
Primeiro.- Ambas as dúas acusacións, a pública e a particular, imputábanlles aos dous finalmente acusados -xa que nun principio tamén se dirixían contra Bernabe - a comisión dun delito de estafa, previsto e penado nos artigos 248 e 250.1.5 º e 6º do Código penal . Os elementos que integran o devandito delito son reiterados dun xeito conteste pola doutrina xurisprudencial. Así, segundo o recente ATS, Penal, Sección 1ª, do 7 de xuño de 2018 ROJ: ATS 7103/2018 - ECLI:ES:TS:2018:7103A:
1°) Un engaño precedente o concurrente, espina dorsal, factor nuclear de la estafa, fruto del ingenio falaz y maquinador de los que tratan de aprovecharse del patrimonio ajeno; 2°) Dicho engaño ha de ser bastante, es decir, suficiente y proporcional para la consecución de los fines propuestos, cualquiera que sea su modalidad en la multiforme y cambiante operatividad en que se manifieste, habiendo de tener adecuada entidad para que en la convivencia social actúe como estímulo eficaz del traspaso patrimonial, debiendo valorarse aquella idoneidad tanto atendiendo a módulos objetivos como en función de las condiciones personales del sujeto afectado y de las circunstancias; 3°) Producción de un error esencial en el sujeto pasivo, desconocedor o con conocimiento deformado o inexacto de la realidad, por causa de la insidia, mendacidad, fabulación o artificio del agente, lo que le lleva a actuar bajo una falsa presuposición, a emitir una manifestación de voluntad partiendo de un motivo viciado, por cuya virtud se produce el traspaso patrimonial; 4°) Acto de disposición patrimonial, con el consiguiente y correlativo perjuicio para el disponente, es decir, que la lesión del bien jurídico tutelado, el daño patrimonial, sea producto de una actuación directa del propio afectado, consecuencia del error experimentado y, en definitiva, del engaño; 5°) Ánimo de lucro como elemento subjetivo del injusto, exigido hoy de manera explícita por el artículo 248 del Código Penal , entendido como propósito por parte del infractor de obtención de una ventaja patrimonial correlativa, aunque no necesariamente equivalente, al perjuicio típico ocasionado, eliminándose, pues, la incriminación a título de imprudencia. 6°) Nexo causal entre el engaño provocado y el perjuicio experimentado, ofreciéndose éste como resultancia del primero, lo que implica que el dolo del agente tiene que anteceder o ser concurrente en la dinámica defraudatoria.
No relativo á distinción teórica entre o dolo civil e o dolo penal, a tamén recente STS, Penal, Sección 1ª, do 10 de maio de 2018 ROJ: STS 1745/2018 - ECLI:ES:TS:2018:1745 sinala o seguinte:
La STS. 17.11.97 , indica que: 'la línea divisoria entre el dolo penal y el dolo civil en los delitos contra el patrimonio, se sitúa la tipicidad, de modo que únicamente si la conducta del agente se incardina en el precepto penal tipificado del delito de estafa es punible la acción, no suponiendo ello criminalizar todo incumplimiento contractual, porque el ordenamiento jurídico establece remedios para restablecer el imperio del Derecho cuando es conculcado por vicios puramente civiles...'. En definitiva, la tipicidad es la verdadera enseña y divisa de la antijuricidad penal, quedando extramuros de ella el resto de las ilicitudes para las que la 'sanción' existe, pero no es penal. Solo así se salvaguarda la función del derecho penal, como última ratio y el principio de mínima intervención que lo inspira.
Consecuentemente esta modalidad de estafa, aparece -vid. STS. 1998/2001 de 29.10 - cuando el autor simula un propósito serio de contratar cuando, en realidad, sólo pretende aprovecharse del cumplimiento de las prestaciones a que se obliga la otra parte, ocultando a ésta su decidida intención de incumplir sus propias obligaciones contractuales, aprovechándose el infractor de la confianza y la buena fe del perjudicado con claro y terminante ánimo inicial de incumplir lo convenido, prostituyéndose de ese modo los esquemas contractuales para instrumentalizarlos al servicio de un ilícito afán de lucro propio, desplegando unas actuaciones que desde que se conciben y planifican prescinden de toda idea de cumplimiento de las contraprestaciones asumidas en el seno del negocio jurídico bilateral, lo que da lugar a la antijuricidad de la acción y a la lesión del bien jurídico protegido por el tipo ( SSTS de 12 de mayo de 1.998 , 2 de marzo y 2 de noviembre de 2.000 , entre otras).
De otra manera, como dice la STS. 628/2005 de 13.5 : 'Por tanto, para que concurra la figura delictiva de que se trata, resulta precisa la concurrencia de esa relación interactiva montada sobre la simulación de circunstancias que no existen o la disimulación de las realmente existentes, como medio para mover la voluntad de quien es titular de bienes o derechos o puede disponer de los mismos en términos que no se habrían dado de resultar conocida la real naturaleza de la operación.
Al respeto, existe abundantísima jurisprudencia que cifra el delito de estafa en la presencia de un engaño como factor antecedente y causal de las consecuencias de carácter económico a que acaba de aludirse (por todas SSTS 580/2000, de 19 de mayo y 1012/2000, de 5 de junio ).
Por ello, esta Sala casacional ha declarado a estos efectos que si el dolo del autor ha surgido después del incumplimiento, estaríamos, en todo caso ante un 'dolo subsequens' que, como es sabido, nunca puede fundamentar la tipicidad del delito de estafa. En efecto, el dolo de la estafa debe coincidir temporalmente con la acción de engaño, pues es la única manera en la que cabe afirmar que el autor ha tenido conocimiento de las circunstancias objetivas del delito. Sólo si ha podido conocer que afirmaba algo como verdadero, que en realidad no lo era, o que ocultaba algo verdadero es posible afirmar que obró dolosamente. Por el contrario, el conocimiento posterior de las circunstancias de la acción, cuando ya se ha provocado, sin dolo del autor, el error y la disposición patrimonial del supuesto perjudicado, no puede fundamentar el carácter doloso del engaño, a excepción de los supuestos de omisión impropia. Es indudable, por lo tanto, que el dolo debe preceder en todo caso de los demás elementos del tipo de la estafa ( STS 8.5.96 ).
Añadiendo la jurisprudencia que, si ciertamente el engaño es el nervio y alma de la infracción, elemento fundamental en el delito de estafa, la apariencia, la simulación de un inexistente propósito y voluntad de cumplimiento contractual en una convención bilateral y recíproca supone al engaño bastante para producir el error en el otro contratante. En el ilícito penal de la estafa, el sujeto activo sabe desde el momento de la concreción contractual que no querrá o no podrá cumplir la contraprestación que le incumbe -S. 1045/94 de 13.5-. Así la criminalización de los negocios civiles y mercantiles, se produce cuando el propósito defraudatorio se produce antes o al momento de la celebración del contrato y es capaz de mover la voluntad de la otra parte, a diferencia del dolo 'subsequens' del mero incumplimiento contractual ( sentencias por todas de 16.8.91 , 24.3.92 , 5.3.93 y 16.7.96 ).
Es decir, que debe exigirse un nexo causal o relación de causalidad entre el engaño provocado y el perjuicio experimentado, ofreciéndose este como resultancia del primero, lo que implica que el dolo del agente tiene que anteceder o ser concurrente en la dinámica defraudatoria, no valorándose penalmente, en cuanto al tipo de estafa se refiere, el dolo 'subsequens', sobrevenido y no anterior a la celebración del negocio de que se trate, aquel dolo característico de la estafa supone la representación por el sujeto activo, consciente de su maquinación engañosa, de las consecuencias de su conducta, es decir, la inducción que alienta al desprendimiento patrimonial como correlato del error provocado y el consiguiente perjuicio suscitado en el patrimonio del sujeto víctima, secundado de la correspondiente voluntad realizativa.
En definitiva, esta Sala ha considerado que el engaño consiste en afirmar como verdadero algo que no lo es o en ocultar circunstancias relevantes para la decisión del perjudicado. Además, la Sala ha establecido en múltiples precedentes que configura el engaño típico la afirmación del propósito de cumplir las obligaciones que se asumen, cuando el autor sabe desde el primer momento que eso no será posible. En ocasiones -precisa la STS. 1341/2005 de 18.11 - se designa a esta hipótesis como 'negocio criminalizado', terminología que no es la más recomendable, pues todo negocio jurídico en el que se logra mediante engaño una disposición patrimonial del sujeto pasivo es constitutivo del delito de estafa. Dicho de otra manera, la Ley penal no criminaliza en el tipo penal de la estafa ningún negocio jurídico, sino un delito.
En efecto todo contrato en que el consentimiento de la otra parte se obtiene mediante engaño no es por definición un negocio jurídico, sino un acto antijurídico elemento del delito de estafa. Ningún acto antijurídico puede ser un negocio jurídico, pues o bien sería consecuencia de dolo o bien tendría una causa ilícita, en el sentido de los artículos 1269 y 1274 Código Civil , las SSTS. 329/2008 de 11 junio y 325/2008 del 19 mayo , que precisan como puede decirse que desde una óptica estrictamente civilista resultaría inexacto hablar de 'negocio jurídico', porque si el contrato, todo contrato, existe dada la concurrencia del consentimiento, objeto cierto y causa -art. 1261 Ccivil- siendo desde la concurrencia de tales elementos, obligatorios, cualquiera que sea su forma -art. 1278 Ccivil-, es claro que no puede hablarse de contrato ni de negocio jurídico en casos como el presente en el que una de las partes no consienteexinicio en obligarse, podrá existir una 'apariencia', pero no un negocio jurídico en sentido propio, y sería esa apariencia el elemento engañoso que daría vida al delito de estafa.
Por último, no resulta ocioso recordar como en la STS. 324/2008 se precisa que la estafa puede existir tanto si la ideación criminal que el dolo representa surge en momento anterior al concierto negocial, como si surge en momento posterior, durante la ejecución del contrato. Ha habido un cambio jurisprudencial basado en la consideración de que no siempre es necesario exigir que el dolo sea antecedente, como condición absoluta de la punibilidad del delito de estafa. De mantener esta posición, impediría tener por típicos ciertos comportamientos en donde el contrato inicialmente es lícito, y no se advierte dolo alguno en el autor. Éste actúa confiado en el contrato, lo mismo que el sujeto pasivo del delito. Es con posterioridad en donde surge la actividad delictiva. En efecto, el agente idea que puede obtener un lucro ilícito, aprovechándose de las circunstancias hasta ese momento desplegadas, y conformando los factores correspondientes para producir el engaño.
El autor cree inicialmente que puede cumplir con su obligación, pero sucesivamente, cuando el contrato da comienzo a su ejecución, es perfecto conocedor de su imposibilidad. A partir de ahí, se omite el deber de información que debe, conforme a su ámbito negocial, de modo que lejos de exponer a la otra parte la imposibilidad de cumplir el contrato, sigue recibiendo prestaciones de servicios, a sabiendas de que no va a cumplir, por parte de los perjudicados, de modo que, al no poder cumplir con su parte, se producirá ese aprovechamiento patrimonial típico del delito de estafa. Estamos en presencia de un dolo que se muestra omisivo, esto es, en donde el autor del delito omite cualquier deber que le incumbe acerca del incumplimiento de su contraprestación, de modo que la parte contraria confía en la normalidad de la relación jurídica, y continúa considerándola sinalagmática, cuando todo ello es fruto del engaño del autor, consumándose el delito.
Segundo.- Os feitos declarados probados non son legalmente constitutivos do delito de estafa dos artigos 248 e 250.1.5 º e 6º do Código penal que aos acusados Benedicto e Bienvenido lles imputaban tanto o fiscal como a acusación particular exercida por Petronovaoil, SA. Esta xa antes da vista retirara a acusación contra Bernabe e no mesmo xuízo oral tamén a retirou o fiscal.
O declarado por ambos os dous acusados resultou ben nidio e contundente. No caso de Benedicto , en esencia manifestou: que era asesor financeiro; que mantivo relacións comerciais con Emiliano , administrador de Petronovaoil, SA; do proxecto de remodelación das estacións de servizo, das campañas de publicidade e dos sistemas informáticos non sabe nada, parécelle que se trata dunha invención, e nin tan sequera sabe se existían as gasolineiras; considera incrible que alguén adiante tantos cartos como os reflectidos nos escritos de acusación; das entidades Marograf Artes Gráficas, SL, Ingeniería Informática y Seguridad de Sistemas, SA, tampouco sabe nada en relación cos feitos que se lle imputaban; nunca estivo no domicilio social en Pontevedra da entidade Petronovaoil, SA; non retirou de CaixaBank ningunha das cantidades reflectidas nos escritos de acusación do fiscal e da acusación particular e o único importe que retirou foi o 5 de xaneiro de 2011 pola cantidade de 2500 € co fin de recuperar o adiantado capital social na entidade Caba 2001, SL, cuxo administrador único era Celso ; que o outro acusado Bienvenido nunca foi o seu socio nin o presentaba como tal, só, na súa condición de asesor financeiro, foi intermediario na venda da empresa deste último -Frigonorte- a Analyse Causale, SL, da cal era xerente o falecido Ángel Daniel e que antes lla mercara a Celso .
No caso de Bienvenido , este declarou: non lembrarse de Emiliano ; que Analyse Causale, SL, representada por Ángel Daniel , lle mercou Frigonorte, e que interveu nesta operación como mero intermediario Benedicto ; nunca tivo nada que ver con Caba 2001, SL, Reformas Armesto y Lavandeira, Marograf Artes Gráficas e Ingeniería Informática y Seguridad de Sistemas, e ademais non ten nin idea de informática; non coñece de nada a Bernabe ; non visitou ningunha gasolineira para supostamente realizar nela algún traballo para Petronovaoil, SA, empresa con que non tivo ningunha relación e en cuxa sede non estivo; non sabe nada dos orzamentos achegados ás actuacións -fs. 23 a 58- e tampouco das transferencias.
Pola contra, a testemuña Emiliano afirmou a existencia dunha relación, persoal e comercial, máis sólida co acusado Benedicto ; cría que era o propietario das empresas que ían remodelar e facer melloras nas estacións de servizo de Petronovaoil, SA, ou que esas empresas formaban parte do grupo empresarial de Benedicto , e que chegou a visitar aquelas estacións con el; que logo lle presentou a Bienvenido como o seu sociodotando así de máis solidez o engano, e que estiveron ambos os dous na sede da súa empresa un mínimo de vinte veces, se ben Bienvenido sempre estaba nun segundo plano, e Emiliano falaba con el para localizar a Benedicto , que era en realidade quen adoptaba as decisións; que as estacións de servizo eran de Petronovaoil, SA, aínda que estivesen a nome doutras entidades, por mor da cesión da concesión por moitos anos; e que foi Benedicto quen lle dixo onde tiña que facer os pagamentos.
Amais das declaracións dos anteriores, practicouse a proba documental que consta achegada ás actuacións e a testemuñal de Hermenegildo e de Victorio .
Pois ben, abofé que non se logrou practicar proba de cargo que puidese permitir ter por alzada a presunción de inocencia ( artigo 24.2 da Constitución española ) que amparaba os dous finalmente acusados, Benedicto e Bienvenido , e, en todo caso, resultaría aplicable o principioin dubio pro reo. Negada por estes -e non demostrada por outras probas- toda relación coas empresas que xiraron as facturas á acusadora particular, Petronovaoil, SA - Reformas Armesto y Lavandeira, SL, Marograf Artes Gráficas, SL, e Ingeniería Informática y Seguridad de Sistemas, SA, ningún de cuxos representantes foi solicitado como proba-, só a través do cobro das transferencias que realizou a devandita acusadora particular a Analyse Causale, SL, e Caba 2001, SL, se podería enxergar un mínimo de actividade probatoria de pretendido signo incriminatorio contra os acusados. No entanto, o resultado da despregada neste pretendido sentido non puido resultar máis desolador a prol das teses incriminatorias de ambas as dúas acusacións, a pública e a particular.
Por ningures se ofreceu unha explicación a por que, contratando Petronovaoil, SA, cunhas determinadas empresas -Reformas Armesto y Lavandeira, SL, Marograf Artes Gráficas, SL, e Ingeniería Informática y Seguridad de Sistemas, SA-, para facer os pagamentos correspondentes ás facturas emitidas por aquelas se fixo a outra empresa ben distinta -Analyse Causale, SL-. Que fose o acusado Benedicto -como afirmou o administrador único de Petronovaoil, SA, Emiliano - quen realizou esta pretendida indicación xa reflectimos que foi radicalmente negado por el pola súa falla de relación coas devanditas empresas acredoras dos pagamentos. Así, e no que respecta a unha das entidades a prol da que se ingresaron os cartos e foron cobrados -Analyse Causale, SL-, resulta que, a teor da documental (fs. 137, 221, 348 das actuacións do xulgado instrutor, e 323 do rolo desta mesma Sala), a entidade Ibercaja informou de que os únicos autorizados para retirar diñeiro da súa conta eran Ángel Daniel -falecido- e Bernabe -inicialmente acusado e contra quen logo, como reflectimos, retiraron a acusación tanto o fiscal como o acusador particular-. Por ningures se acreditou que os cartos ingresados a prol de Analyse Causale, SL, foran cobrados ou deles se aproveitase o acusado Benedicto e, moito menos, o tamén acusado Bienvenido .
E outro tanto cómpre dicir do acontecido coa outra entidade a prol da cal a acusadora particular ingresou os cartos -Caba 2001, SL-. Segundo a proba documental (fs. 136 e 223), a entidade La Caixa informou de que como apoderados da conta figuraban Celso , contra o que nunca se dirixiu a acusación, e o acusado Benedicto . E foi negado por este que retirase as cantidades de 47 500, 50 000 e 98 000 € (f. 225) e si tan só a de 2500 € (f. 224) como reintegro do prestado a Celso en concepto de capital social para poder constituír a devandita empresa Caba 2001, SL. E, se comparamos a sinatura indubitada por así recoñecela o propio Benedicto que consta na f. 224 coas por el negadas na f. 225, abofé que non soportan o máis mínimo comentario crítico sen que, polo demais, a través de ningún outro medio probatorio se demostrase que puidesen ser tamén realizadas polo referido acusado. E a participación en tales cobros por parte do acusado Bienvenido brilla pola súa ausencia.
En resumo, por ningures se demostrou a relación dos dous acusados coas empresas que emitiron os orzamentos dirixidos á acusadora particular, que eles mesmos os confeccionasen ou os entregasen, que indicasen a nome de cales outras empresas se tiñan que realizar os pagamentos, e que fixesen seus ou de algún xeito se aproveitasen do pagado pola acusación particular, polo que non podemos concluír, como adiantamos, que movesen a engano a esta última e, xa que logo, cometesen o imputado delito de estafa.
E en nada empece a todo o dito e a esta conclusión o declarado polas testemuñas Hermenegildo e Victorio . O primeiro, como traballador autónomo no servizo de mantementos informáticos, simplemente declarou que Emiliano lle presentara os dous acusados con ocasión de ser chamado el á sede de Petronovaoil, SA, de Pontevedra para os seus correspondentes servizos, e que nese momento o mesmo Celso lle dixo que aqueles eran os que querían montar os correspondentes servidores informáticos. E ren máis de interese. Mentres que a tamén testemuña Victorio , que se ía encargar da nova imaxe corporativa como, por exemplo, a rotulación dos camións, só lembrou unha ocasión en que, segundo el, estaban presentes os dous acusados, que eran os que presentaran unha especie de proxecto, sen máis, e que o que máis falaba sen alusión a ningunha empresa e para dicir recorrentementenecesitamosera o acusado Benedicto . E outra vez ren máis de interese. Xa que logo, por todo o ata aquí dito e razoado, sen necesidade de maiores consideracións relativas a outros particulares -se a acusación particular era ou non propietaria ou simplemente tiña a cesión da concesión das estacións de servizo, a existencia doutras entidades relacionadas cos acusados e, sobre todo, con Benedicto , se as transferencias se fixeron por cantidades ben importantes ao pouco tempo dos orzamentos e sen contrastar se se fixera algún mínimo e considerable traballo proporcional etc.-, procede a absolución dos acusados do delito de estafa que lles imputaban as acusacións pública e particular.
Terceiro.- As custas procesuais enténdense impostas pola lei aos criminalmente responsables de todo delito ( artigo 123 do Código penal ). E a resolución ao respecto pode consistir ( artigos 239 e 240 da Lei de axuizamento criminal ) en declarar as custas de oficio, condenar os acusados ao seu pagamento agás que fosen absolvidos, ou en condenar o querelante ou actor civil ao seu pagamento cando obrase con temeridade ou mala fe.
Xa que logo, a absolución dos acusados determina a declaración das custas de oficio. E, no relativo ás da acusación particular, ninguén as solicitou. Neste sentido, cómpre lembrar a conteste e reiterada doutrina xurisprudencial que reflicte a recente STS, Penal, Sección 1ª, do 3 de maio de 2018 ROJ: STS 1571/2018 - ECLI:ES:TS:2018:1571 :
En numerosas ocasiones esta Sala, ha subrayado la necesidad de que la condena en costas a imponer a la acusación particular, sea debidamente solicitada en el proceso de forma que esa parte tenga la ocasión de replicar y defenderse.
Así, señala la sentencia 1.571/2003, de 25 de noviembre , que 'no sería preciso interesar la condena en costas para que el Tribunal las concediera, en supuestos del condenado (costas causadas en juicio), porque las impone la ley ( art. 123 CP ), ni tampoco los de la acusación particular en los delitos sólo perseguibles a instancia de parte, por igual razón ( art. 124 CP ). Sin embargo, sí debería imperativamente mediar previa petición cuando se trate de incluir dentro de las costas del acusado o acusados las de la acusación particular en los demás delitos y también las que pudieran imponerse a los querellantes por haber sostenido pretensiones temerarias frente al acusado, pues de lo contrario el Tribunal incurría en un exceso sobre lo solicitado oextra petita(véanse SS.T.S. nº 1784 de 20 de diciembre 2000 , nº 1845 de 5 de diciembre de 2000 y 560 de 28 de marzo de 2002 , entre otras). Téngase presente que las costas se hallan reguladas dentro del título que reza: 'De la responsabilidad civil derivada de los delitos y faltas y de las costas procesales', poniendo al mismo nivel normativo conceptos que justifica la similar naturaleza resarcitoria o compensatoria. Las costas ya no tienen el carácter de sanción o penalización, sino de compensación indemnizatoria por los gastos que se ha visto obligada a soportar una parte, a quien el derecho ampara'.
A mayor abundamiento, como ha puesto de manifiesto en numerosas ocasiones esta sala, el tema de las costas procesales goza de una naturaleza estrictamente civil, -por su carácter compensatorio o resarcitorio-, y, por ello, en su regulación rige el principio de rogación. El Juez se ha de ceñir, en este ámbito, a las peticiones de las partes instrumentalizadas adecuadamente en tiempo y forma'.
Como se ve, no solo se recalca la necesidad de previa petición expresa, sino que además se entiende que el informe oral es ya un momento tardío para volcar esa reclamación.
La STS 37/2006 de 25 de enero , contiene consideraciones similares:
'Plantea el motivo que la condena en costas se ha producido 'inaudita parte' ya que la misma fue solicitada por la defensa del Sr. Sebastián en un informe final y tras ello se dio paso directamente al turno y derecho de última palabra de los acusados. De este modo Grupo Torras ante esta solicitud de condena en costas nada pudo alegar, por lo que se quebró el derecho de defensa y de igualdad de armas.
Podemos, en primer lugar, considerar si resulta preceptiva la imposición de costas en base al art. 239 LECrim , que dice: 'en los autos y sentencias que pongan término a la causa o a cualquiera de sus incidentes, deberá resolverse sobre el pago de las costas procesales'. Pues el razonar así, precisa la STS. 25.11.2003 , supone confundir la obligación de pronunciarse con la obligación de solicitarlas en las causas en que conforme al principio de rogación o dispositivo sea necesario hacer una expresa petición. El Tribunal, en su obligación de pronunciarse, que no es tanto como acceder a la pretensión sobre la que se pronuncia, puede perfectamente proclamar que no se imponen las costas a las acusaciones particulares por no haberla solicitado el acusado absuelto en tiempo procesal oportuno. De este modo ya ha cumplido con la preceptiva obligación de pronunciamiento, que deberá serlo sobre la base de los términos de la Ley y de las pretensiones de parte, cuando sean necesarias.
No sería preciso interesar la condena en costas para que el Tribunal las concediera, en supuestos del condenado (costas causadas en juicio) porque las impone la Ley ( art. 123 CP .), ni tampoco las de la acusación particular en los delitos sólo perseguibles a instancia de parte, por igual razón ( art. 124 CP ). Sin embargo, si debería imperativamente mediar previa petición cuando se trate de incluir dentro de las costas del acusado o acusados las de la acusación particular en los demás delitos y también las que pudieran imponerse a los querellantes por haber sostenido pretensiones temerarias frente al acusado, pues de lo contrario el Tribunal incurriría en un exceso sobre lo solicitado oextra petita( SSTS. 1784/2000 de 20.1 , 1845/2000 de 5.12 , 560/2002 de 28.3 , entre otras). Téngase presente que las costas se hallan reguladas dentro del título que reza: 'De la responsabilidad civil derivada de los delitos y faltas y de las costas procesales', poniendo al mismo nivel normativo conceptos que justifica la similar naturaleza resarcitoria o compensatoria. Las costas ya no tienen el carácter de sanción o penalización, sino de compensación indemnizatoria por los gastos que se ha visto obligada a soportar la parte, a quien el derecho ampara...'
Pues bien, en el caso presente la defensa del acusado en su escrito de conclusiones provisionales -tampoco en su calificación definitiva- ni el Ministerio Fiscal, solicitaron la imposición de las costas causadas a la acusación particular, solamente en el presente recurso de casación se pide tal condena, momento procesal extemporáneo e inhábil para tal petición.
Tras seren vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,
Fallo
Absolvera Bernabe do delito de estafa dos artigos 248 e 250.1.5 º e 6º do Código penal , por o fiscal e a acusación particular exercida por Petronovaoil, SA, retiraren a devandita acusación contra el, coas consecuencias legais inherentes, e con expresa declaración de oficio das custas xeradas na presente instancia.
Absolveros dous acusados Benedicto e Bienvenido do delito de estafa dos artigos 248 e 250.1.5 º e 6º do Código penal que lles imputaban tanto o fiscal coma a acusación particular exercida por Petronovaoil, SA, coas consecuencias legais inherentes, e con expresa declaración de oficio das custas xeradas na presente instancia.
Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpoñerrecurso de casaciónante a Sala Segunda do Tribunal Supremo, que debe prepararse mediante escrito autorizado por avogado/a e procurador/a, presentado ante este Tribunal dentro doscinco díasseguintes á súa notificación e que deberá conter os requisitos esixidos no art. 855 e seguintes da Lei de axuizamento criminal .
Así, por esta nosa sentenza, da cal se levará certificación ao rolo de sala e que se anotará nos rexistros correspondentes pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

