Última revisión
24/09/1999
Sentencia Penal Nº 118, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 1007 de 24 de Septiembre de 1999
Relacionados:
Tiempo de lectura: 5 min
Orden: Penal
Fecha: 24 de Septiembre de 1999
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL
Nº de sentencia: 118
Fundamentos
AUDIENCIA PROVINCIAL
SECCION PRIMEIRA
PONTEVEDRA
CAUSA PENAL
Rolo: 1007/99
P. Abrevíado: 0287/98
Orixe: XDO. INSTRUCCION VIGO-4
A SECCION PRIMEIRA Dª. AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, composta por D. JAIME CARRERA IBARZABAL, presidente, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO e D. JULIO CESAR
PICATOSTE BOBILLO, maxistrados, pronunciou
NO NOME DE EL-REI
a seguinte
SENTENCIA N. 118
Pontevedra, o vintecatro de setembro de mil novecentos noventa e nove.
A causa número 0287/98 de XDO. INSTRUCCION VIGO-4 vinda do XDO. INSTRUCCION VIGO-4, foi tramitada seguindo o procedemento abreviado, polo delicto de ELABORACION POSESION
E TRAF. DROGAS, contra de JAIME , nado o 19/10/1961, fillo de JAIME e de GLORIA, natural de Vigo, e con enderezo en ------, sen antecedentes penais, solvente, representado pola procuradora dos tribunais dona MARIA SUSANA TOMAS ABAL e defendido polo letrado Sr. Barreiro Conde, sendo parte acusadora o Excmo. Concello de Vigo representado pola procuradora Sra. Bernárdez Filloy e e defendido polo letrado Sr. Fernández López e o Ministerio Fiscal. Foi relator o maxistrado D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.
I.- ANTECEDENTES DE FEITO.
PRIMEIRO. O Xulgado de Instrucción Vigo 4 instruíu a causa número 287/98, e, trala substanciación axeitada, foi elevada a esta Audiencia Provincial, onde se lle deu a correspondente tramitación, efectuándose o xuízo oral no día e hora sinalados.
SEGUNDO. Declárase probado, por conformidade das partes, manifestada no acto do xuízo oral, que: "Con motivo de investigaciones tendentes a la persecución del tráfico de drogas se estableció el correspondiente servicio de vigilancia en las inmediaciones del domicilio del acusado Jaime , sito en el ----------en el barrio ------, pudiendo comprobarse como sobre las 16,15 horas del día 19 de junio de 1998, el acusado mayor de edad y sin antecedentes penales, vendía a Pablo una papelina que una vez analizada resultó contener 0,056 gramos de heroína, realizando la entrega a través de una de las ventanas de su vivienda, utilizando para ello una caña en la que aquel, antes de recibir la sustancia, le había mandado el dinero acordado, conducta que igualmente volvió a observarse realizaba el acusado sobre la 16:20 horas del día lo de junio, entregando a Diego una papelina conteniendo 0,195 gramos de heroína y en la mañana del día 16 de este mismo mes a Angel otra papelina con 0,116 gramos de heroína y a Alfredo una papelina con 0,075 gramos de la referida sustancia.
Practicada una entrada y registro en el domicilio del acusado se hallaron varias bolsas de distintos tamaños conteniendo unos 0,424 gramos de heroína con una riqueza del 51,04 por ciento, otras 3,705 gramos de la misma sustancia con una riqueza del 49,58 por ciento, 5,546 gramos de heroína con una riquezas del 50,45 por ciento, 0,527 gramos de dicha sustancia con una riqueza del 51,78 por ciento y 0,819 gramos de heroína con una riqueza del 50,12 por ciento, así como 36 pastillas de Rohipnol que el acusado iba a destinar a su venta ulterior; interviniéndose también 43.000 pesetas procedentes de la actividad reseñada, dos dinamómetros y otros útiles que empleaba en esta actividad. La venta en el mercado de las pastillas reportarían unos beneficios de 18.000 pesetas y la de la heroína por dosis unas 396.749 pesetas. El acusado es adicto a la heroína lo que influyó en su actuar y le afecta a sus facultades intelectivas y volitivas".
TERCEIRO. Aberta a sesión do xuízo oral, o Ministerio Fiscal modificou o escrito de acusación engadindo: "o acusado é adictó á heroína o que inflúe no seu actuar e lle afecta ás súas facultades intelectivas e volitivas", e acúsao dun delicto de tráfego de drogas do art. 368 do C. penal, concorrendo a atenuante de drogadicción do art. 21.2º en relación co art. 20.2 do Código penal como moi calificada, e solicitou a pena de 2 ANOS DE PRISION, multa de 500.000 pesetas, con responsabilidade persoal subsidiaria no caso de non pagamento de un día de privación de liberdade por cada 10.000 pesetas non aboadas. Custas. Comiso e destino legal da droga e os máis dos efectos intervindos. Polo letrado da defensa solicitouse que o tribunal procedese a pronunciar sentencia de conformidade co escrito de acusación referido; a tal pedimento, o acusado presente prestoulle a súa conformidade, conque, daquela, declarouse o xuízo concluso para sentencia.
II. FUNDAMENTOS XURIDICOS.
PRIMEIRO. Formulada cualificación conxuntamente aceptada polo Ministerio Fiscal e as partes, acaen os requisitos do art. 793.3 da L.A. criminal. Velaí, nin no feito axuizado e mudado nin na cualificación que agora se conforma se fai imputación máis grave que na provisional.
Xa que logo, cómpre resolvermos de estricta conformidade coa pedida por tódalas partes de xeito conforme.
Cómpre atérmonos a todo o que levamos dito, e desenvolvendo a potestade xurisdiccional que a Constitución española nos outorga.
DECIDIMOS.
Que é mester nós condenármo-lo acusado, don JAIME , e de feito condenámolo, como autor dun delicto de TRAFEGO DE DROGAS, concorrendo a atenuante de drogadicción do art. 21.2º en relación co art. 20.2 do Código penal como moi calificada, á pena de 2 ANOS DE PRISION, multa de 500.000 pesetas (CINCOCENTAS MIL PESETAS), con responsabilidade persoal subsidiaria no caso de non pagamento de un día de privación de liberdade por cada 10.000 pesetas non aboadas. Custas. Comiso e destino legal da droga e os máis dos efectos intervindos.
Deste xeito, por esta a nosa sentencia, da cal se achegará certificación ao rolo de Sala, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

