Última revisión
16/09/2017
Sentencia Penal Nº 119/2017, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 399/2017 de 06 de Mayo de 2017
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 9 min
Orden: Penal
Fecha: 06 de Mayo de 2017
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 119/2017
Núm. Cendoj: 36038370022017100111
Núm. Ecli: ES:APPO:2017:1215
Núm. Roj: SAP PO 1215:2017
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00119/2017
ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5
Teléfono: 986.80.51.19
213100
N.I.G.: 36038 43 2 2016 0002318
APELACION PROCTO. ABREVIADO 0000399 /2017-P-
Delito/falta: ATENTADO
Denunciante/querellante: Luis Pedro
Procurador/a: D/Dª PEDRO ANTONIO LOPEZ LOPEZ
Abogado/a: D/Dª ROSA MARIA RODRIGUEZ VALES-VILLAMARIN
Contra: MINISTERIO FISCAL
Procurador/a: D/Dª
Abogado/a: D/Dª
SENTENZA NÚM. 119/2017
========================================================== ====
MAXISTRADOS/AS:
Ilmo. Sr. don José Juan Barreiro Prado, president
Ilma. Sra. doña María Jesús Hernández Martín
Ilmo. Sr. don Celso Joaquín Montenegro Vieitez
========================================================== ====
Pontevedra a, seis de maio de dous mil dezasete.
Visto, pola Sección Datos do órgano xudicial desta Audiencia Provincial, o recurso de apelación interposto polo procurador don Pedro Antonio López López, en representación de don Luis Pedro , contra a sentenza ditada pola Maxistrada-Xuiza do Xdo. do Penal nº 3 de Pontevedra. Constituíronse como partes o mencionado recorrente e o Ministerio Fiscal, na representación que lle é propia, e actuou como relator o maxistradodon José Juan Barreiro Prado.
Antecedentes
Primeiro.- No acto do xuízo oral de referencia ditouse unha sentenza con data do 17 de decembro de 2016 cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:
' Que debo CONDENAR Y CONDENO a Luis Pedro como autor penalmente responsable de un delito de atentado ya definido, concurriendo en el mismo la circunstancia agrvante de reincidencia, a la pena de una ño y nueve meses de prisión con la accesoria de inhabilitación especial para el ejercicio del derecho de sufragio pasivo durante el tiempo de la condena; con imposición de costas'.
E, como feitos probados, recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela:
'Probado y así se declara que el acusado, Luis Pedro , mayor de edad, ejecutoriamente condenado por sentencia de fecha 04-12-2014 como autor de un delito de resistencia, sobre las 20,30 horas del día veintiuno de abril de dos mil dieciséis, en la calle Alameda de Pontevedra se dirigió a agentes de la Policía Local de Pontevedra diciéndoles que no eran nadie, que en Venezuela se dedicaba a matar a la gente y a policías, que cuando comprara una pistola ya se ocuparía de ellos, al tiempo que les daba con el dedo indice en el pecho. Cuando los agentes lo habían convencido para que se fuera, regresó hacia ellos y golpeó en el brazo al agente NUM000 , quien no precisó asistencia facultativa, al tiempo le decía te reviento la cabeza y se abalanzaba sobre él, tenieno que ser reducido por los demás agentes ante la actitud violenta que presentaba'.
Segundo.- Contra a devandita sentenza, a representación procesual do recorrente interpuxo un recurso de apelación, que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal está unido ás actuacións.
Terceiro.- Logo de trasladarlle o escrito de formalización do recurso ao Ministerio Fiscal e ás outras partes, presentouse un escrito de impugnación baseándose en que a sentenza obxecto de recurso se axusta plenamente a dereito e solicitouse a súa confirmación.
Cuarto.- O xulgado do penal referido anteriormente remitiu a este Tribunal os autos orixinais con todos os escritos presentados e, tras seren recibidos, sinalouse unha data para a súa deliberación, que tivo lugar o día da data.
Aceptamos e damos por reproducidos os feitos que se declaran probados na sentenza obxecto de recurso.
Fundamentos
Primeiro.- O acusado, Luis Pedro , foi condenado na instancia como autor responsable dun delito de atentado, previsto e penado no artigo 550.1 e 2 do Código penal . Recorre agora en apelación perante esta alzada na procura da súa absolución e, de xeito subsidiario, solicita a condena polo delito do artigo 556 do Código penal . O fiscal oponse a que acollamos a impugnación así formulada.
Segundo.- Ao abeiro do artigo 790.2 da Lei de axuizamento criminal , alega o apelante a infracción do principio de tipicidade do artigo 25 da Constitución española pola aplicación indebida do artigo 550 do Código penal , por non ser constitutiva do delito de atentado a actividade por el despregada. Razoa en apoio do seu único motivo de apelación que só lles berrou aos axentes da Policía Local de Pontevedra dende a beirarrúa de en fronte, que os berros non se podían considerar violentos nin intimidatorios xa que el estaba desarmado, e que, en todo caso, foron os axentes os que se achegaron a el, e el identificouse inmediatamente. Deseguido foi cando, ao tratar de afastalo do lugar os policías, se produciu un golpe pola súa parte no brazo dun dos axentes, sen máis ataques, pois foi inmediatamente reducido. Mais o declarado probado na instancia non foi iso.
Segundo a maxistrada xuízaa quo, o acusado, Luis Pedro , primeiro, dende a beirarrúa de en fronte, berroulles aos axentes, e, cando estes se achegaron a el, seguiulles a berrar que non eran ninguén, que non lle daban medo, que en Venezuela se dedicaba a matar xente e policías, que, cando mercase unha pistola, xa se encargaría deles, e, asemade, dáballes co dedo índice no peito. E non só iso, senón que, cando os axentes creron que o convenceran para que se fose do lugar -na rúa Alameda de Pontevedra, onde se estaba a celebrar a festa de Belas Artes-, volveu a xunto deles para facer o xesto coa man de dispararlles, e tocoulles de novo co índice no peito, ata que, nun determinado intre, se abalanzou sobre o axente con número de carné profesional NUM000 para darlle un golpe no brazo ao tempo que lle dicíate reviento la cabeza; e finalmente puido ser reducido malia a súa resistencia e demanda de atención da morea de xente que había no lugar polo indicado motivo.
A actitude e comportamento do acusado - quen, por certo, non se dignou a comparecer ao acto da vista oral realizado na instancia- supera a posible consideración como unha mera resistencia e foi cualificado correctamente na instancia como un delito de atentado. Se a resistencia se puido dar no momento de ser reducido o acusado, a acometida física que levou a cabo antes, abalanzándose e dándolle un golpe no brazo a un dos axentes ao tempo que lle dicíate reviento la cabeza, merece a subsunción no ilícito previsto no artigo 550.1 e 2 do Código penal polo que, con evidente acerto, foi condenado na instancia. Non se tratou así, como se alega no recurso, dun mero xesto fortuíto produto da confusión do forcexo entre o acusado e os axentes, senón dunha intención de atentar contra, cando menos, un deles.
O delito de atentado precisa da concorrencia dos seguintes requisitos:
A) O carácter de autoridade, axente dela ou funcionario público no suxeito pasivo, conforme aparecen definidos estes conceptos no artigo 24 do Código penal .
B) Que o suxeito pasivo estea no exercicio das funcións do seu cargo ou con ocasión delas.
C) Un acto típico, constituído pola acometida, emprego de forza, intimidación grave ou resistencia activa tamén grave. Acometer equivale a agredir e abonda con que tal conduta se dea cunha acción directamente dirixida a atacar a autoridade -os seus axentes ou funcionarios- advertindo a xurisprudencia que o atentado se perfecciona incluso cando o acto de acometida non chega a consumarse. O esencial é a arremetida ou ataque violento; por iso se sinala que este delito non esixe un resultado lesivo do suxeito pasivo que, se concorre, se penará de xeito independente ( SSTS 672/2007, do 19 de xullo , e 309/2003, do 15 de marzo ). Cualifícase, pois, o atentado como delito de pura actividade, de forma que, aínda que non se chegue a golpear ou agredir materialmente o suxeito pasivo, tal delito se consuma co ataque ou acometida ( SSTS 652/2004, do 14 de maio , 146/2006, do 10 de febreiro ), con independencia de que tal acometida sexa equivalente á grave intimidación, que pode consistir nun mero acto formal de iniciación do ataque ou nun movemento revelador do propósito agresivo.
D) Coñecemento por parte do suxeito activo da calidade e actividade do suxeito pasivo, cuxa protección non pode depender do uso do uniforme no momento en que exerce a autoridade, dado que o uniforme só permite o inmediato recoñecemento do axente, polo que se torna indiscutible que, identificándose o axente como tal e tendo coñecemento disto o acusado, se cumpren todas as esixencias do elemento cognitivo.
E) Dolo de ofender, denigrar ou descoñecer o principio de autoridade. Este elemento subxectivo do inxusto considérase ínsito nos actos despregados cando non constan circunstancias concorrentes que permitan inferir outra motivación allea ás funcións públicas do ofendido, pois enténdese que quen agride, resiste ou desobedece, coñecendo a condición do suxeito pasivo, acepta a ofensa do dito principio de autoridade como consecuencia necesaria cuberta por dolo directo de segundo grao ou de consecuencias necesarias. Cómpre matizar que a presenza dun ánimo ou dolo específico pode manifestarse de forma directa no suposto de que o suxeito persiga coa súa acción a ofensa ou menoscabo do principio de autoridade ou da función pública, ou mediante o dolo de segundo grao ou de consecuencias necesarias cando, aínda perseguindo aquel outras finalidades, lle consta a condición de autoridade ou funcionario do suxeito pasivo e acepta que aquel principio quede vulnerado polo seu proceder ( STS 431/1994, do 3 de marzo , 602/1995, do 27 de abril , e 231/2001, do 15 de febreiro ).
Ben recentemente, en concreto, a STS, Penal, Sección 1ª, do 11 de maio de 2017 (ROJ: STS 1879/2017 - ECLI:ES:TS:2017:1879) lembra que a xurisprudencia equipara a acometida mediante actos corporais (puñadas, patadas) coa utilización de medios agresivos materiais ( SSTS 98/2007, do 16 de febreiro , e do 18 de marzo de 2000 , entre outras). O acto típico do atentado está constituído pola acometida, emprego de forza, intimidación grave ou resistencia tamén grave. E, en canto á acometida, tanto vale como arremetida, ataque ou agresión.
En conclusión e por todo o dito, rexeitamos o recurso e confirmamos a sentenza contra a que se apelaba.
Terceiro.- Impoñemos as custas da presente alzada á parte apelante por mor do rexeitamento do seu recurso.
Tras seren vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,
Fallo
Quedebemos desestimaro recurso de apelación interposto pola representación procesual de Luis Pedro , contra a sentenza ditada con data do 16 de decembro de 2016, no Procedemento Abreviado núm. 364/2016, polo Xulgado do Penal núm. 364/2016, econfirmar esta sentenza, con imposición das custas ao apelante.
A presente resolución é firme e contra ela non cabe recurso ningún.
Ao notificar esta sentenza, déaselle cumprimento ao previsto no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial .
Así o pronunciamos, mandamos e asinamos, mediante esta sentenza, da que se levará certificación ao rolo de sala e que se anotará nos rexistros correspondentes.
PUBLICACIÓN.-A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistradodon José Juan Barreiro Pradodurante a audiencia pública. Dou fe.
