Última revisión
25/09/2000
Sentencia Penal Nº 119, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 106 de 25 de Septiembre de 2000
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 5 min
Orden: Penal
Fecha: 25 de Septiembre de 2000
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: VARELA CASTRO, LUCIANO
Nº de sentencia: 119
Fundamentos
AUD. PROVINCIAL SECCION N. 1
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00119/2000
Rolo: 0106/00
Xuizo de faltas: 0067/00
Órgano de orixe: XDO. DE INSTRUCCIÓN DE PONTEAREAS-2
Ilmo. Sr.
Maxistrado:
D. LUCIANO VARELA CASTRO
A SECCIÓN PRIMEIRA DA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, constituida en tribunal unipersoal polo maxistrado don LUCIANO VARELA CASTRO, pronunciou
NO NOME DO REI
a seguinte
SENTENCIA NUM.119
Pontevedra, o vintecinco de setembro do año dous mil.
No recurso de apelación interposto fronte á sentencia deitada no xuízo de faltas número 67/00, vindo do Xulgado de Instrucción de Ponteareas-2, son partes: dunha beira, como apelante, F S.A. e doutra beira, como apelados, MIGUEL, ISABEL, DAVID, e o Ministerio Fiscal.
ANTECEDENTES DE FEITO
Acéptanse os feitos probados da sentencia recorrida e, alén diso:
PRIMEIRO. Con data 30 de maio do año dous mil, o xuiz do Xulgado de Instrucción de Ponteareas-2 pronunciou sentencia nos actos orixinais de onde o presente rolo é tirado, os feitos probados da cal, rigorosamente, din:
"Sobre las 2:00 de la madrugada del día 17 de octubre de 1999, el vehículo Citroen Saxo con matricula ...., conducido por don David, que tenia permiso de conducir desde el 7 de junio del mismo año, circulaba por la carretera PO-400, que estaba mojada por la lluvia reciente, en sentido Salvaterra, saliéndose por el margen izquierdo de la vía y chocando contra un muro. Como consecuencia del siniestro falleció don David, que viajaba como ocupante del vehículo".
SEGUNDO. Por mor dos devanditos feitos, resolveu:
DECIDO. "Que debo condenar y condeno a don David como autor de una falta de causación de muerte por imprudencia leve, del articulo 621.2 del Código Penal, sin la concurrencia de circunstancias modificativas de la responsabilidad criminal, a la pena de un mes de multa, con cuota de 200 (doscientas) pesetas diarias, con responsabilidad subsidiaria para caso de impago de un día de privación de libertad por cada dos cuotas diarias impagadas; así como al pago de la cantidad de 1 449 380 pesetas a don Miguel y doña Isabel, y de 213 475 al menor José Miguel, en concepto de responsabilidad civil. Así como al pago de las costas procesales.
Que debo condenar y condeno como responsable civil directa a la Cía de Seguros F , debiendo abonar, además, los intereses resultantes de incrementar el interés legal del dinero en un 50 por ciento".
TERCEIRO. Tras a devandita sentencia lles ter sido notificada ás partes, F S.A. interpuxo recurso de apelación, que foi admitido e tramitado consonte co avindo no artigo 795.4 da Lei de axuizamento criminal. Téndoselle elevadas as actuacións a esta Audiencia, pasóuselle ao maxistrado relator para el resolver.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
UNICO. A parte apelante fai dúas afirmacións: a) a víctima non usaba cinto de seguridade no intre do accidente, b) de levalo non se tería xerado un resultado tan grave como o seu pasamento.
Amais de non terse por acreditado como indubitábel que a víctima non usase tal cinto de seguridade, tampouco non se proba que ese uso fose posíbel xa que non consta a dispoñibilidade polo turismo deses cintos nos asientos traseiros. Pero moi especialmente nada se proba en xuízo oral nin se alega verbo do mecanismo específico, alén da existencia da contusión, causante da morte da víctima nin da funcionalidade obstativa de tal resultado que tería o cinto de ser usado.
Cómpre, asemade, lembrarmos aquí o dito na sentencia TS 2 ª, S 09-03-1990. Pte: García Ancos, Gregorio:
"... a) Ese dato demostrado de que una de las personas ocupante del vehículo accidentado incumpliese una norma reglamentaria, escapa por completo al área de culpabilidad, tanto penal, como civil, del autor de los hechos imputados, habida cuenta que la posible concurrencia de responsabilidades hay que ceñirlas y concretarlas a la actividad de las personas que directamente intervinieron en la acción, es decir, en la manera de actuar de los conductores de los vehículos implicados, sin posibilidad de ser trasvasadas a terceras personas que en nada influyen en la mecánica del propio accidente.
c) Finalmente, hay que considerar que tal compensación, para poder ser aceptada, tiene que tener una base realmente inculpatoria o, lo que es lo mismo, no puede hablar de culpas concurrentes cuando una de las partes que se dicen culpables, para así establecer el término comparativo, no han sido ni siquiera acusadas por su actuación negligente.
Xa que logo, a alegación do recurso adoece de aval probatoiro polo que merece o seu rexeitamento.
Cómpre atérmonos a canto levamos dito e, desenvolvendo a potestade xurisdiccional que a Constitución española me outorga,
DECIDO.
Que é mester eu rexeitar, e de feito rexéitoo, o recurso de apelación movido por F S.A. fronte á sentencia pronunciada polo Xulgado de Instrucción de Ponteareas-2, no xuizo de faltas núm. 67/00, confirmando a devandita sentencia e con declaración das custas de oficio.

