Última revisión
14/09/2007
Sentencia Penal Nº 123/2007, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 376/2007 de 14 de Septiembre de 2007
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 10 min
Orden: Penal
Fecha: 14 de Septiembre de 2007
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 123/2007
Núm. Cendoj: 36038370022007100383
Núm. Ecli: ES:APPO:2007:2351
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00123/2007
AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Sección núm. 002
Rolo: 0000376 /2007 M
Procedencia: JDO. DE LO PENAL N. 1 de PONTEVEDRA
Procedemento de orixe: PROCEDIMIENTO ABREVIADO nº 0000284 /2005
SENTENZA NÚM. 123
===========================================================
Maxistrados
Don José Juan Ramón Barreiro Prado, Presidente
Dona Dª Mª Mercedes Pérez Martín Esperanza
Dona Dª Rosario Cimadevila Cea
===========================================================
Pontevedra, catorce de setembro de dous mil sete
Foi visto, pola Sección 2ª desta Audiencia Provincial na causa instruída co número 284/05, o
recurso de apelación interposto polo procurador don JOSE MANUEL DOMÍNGUEZ LINO, na
representación de don Luis María , fronte á sentenza ditada polo Xulgado do
Penal núm. 1 de Pontevedra; é parte o Ministerio Fiscal e actúa como maxistrado relator don José Juan Ramón Barreiro Prado
Antecedentes
Primeiro.- Pronunciouse nos autos de referencia a sentenza con data do 21 de xuño de 2007 , que na súa parte dispositiva di literalmente:
"Que debo condenar y CONDENO A D. Serafin como autor criminalmente responsable de un delito de hurto, a la pena de NUEVE MESES DE PRISIÓN, con la accesoria de inhabilitación especial para el ejercicio del derecho de sufragio pasivo durante el tiempo de la condena, con imposición de la mitad de las costas procesales.
Que debo condenar y CONDENO a D. Luis María , como autor criminalmente responsable de un delito de receptación, a la pena de SIETE MESES DE PRISIÓN, con la accesoria de inhabilitación especial para el ejercicio del derecho de sufragio pasivo durante el tiempo de la condena, con imposición de las costas procesales.
En concepto de responsabilidad civil, Serafin y Luis María indemnizarán conjunta y solidariamente a Juan en la suma de MIL CUATROCIENTOS TREINTA Y NUEVE EUROS CON CINCUENTA Y SEIS CÉNTIMOS DE EURO (1.439,56 euros)".
E como feitos probados expresamente recóllense os da sentenza contra a que se apela:
"Sobre las 2:00 horas del día 12 de agosto de 2003, Serafin , mayor de edad y sin antecedentes penales, en compañía de Fernando , menor de edad a la fecha de los hechos, con la finalidad de obtener un beneficio económico, cogieron del interior de un cobertizo abierto sito en el Lugar de Mourigade-Couselo, Cuntis, una motocicleta marca Honda CR 250 propiedad de Juan . Al no poder arrancarla, la dejaron en una pista de un monte cercano.
La noche siguiente, acompañados los dos anteriores de Luis María , mayor de edad y sin antecedentes penales, y de otra persona, y conociendo Luis María la ilícita procedencia de la motocicleta, acudieron al lugar donde la noche anterior la habían dejado y la remolcaron, llevándosela Luis María para su casa.
Días después, Luis María concertó con un tal Gustavo el cambio de la motocicleta por un "Kart", siendo aquélla recuperada en un taller al que Gustavo la había llevado a reparar.
Juan había adquirido la motocicleta por la cantidad de 400.000 pesetas (2.404 euros) habiendo sido valorada la misma en el momento de su desaparición en 1.821 euros. En el momento de su recuperación, la motocicleta presentaba daños cuya reparación ascendía a la suma de 1439,56 euros".
Segundo.- Contra a dita sentenza, a representación procesual do agora recorrente interpuxo o recurso de apelación que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal se atopa unido ás actuacións.
Terceiro.- Tras lle dar a coñece-lo escrito de formalización do recurso ó Ministerio Fiscal, este presentou un escrito de impugnación no que solicita a confirmación da sentenza contra a que se recorre xa que se axusta a dereito.
Hechos
Acéptanse e danse por reproducidos os feitos que na sentenza obxecto de recurso se declaran probados.
Fundamentos
PRIMEIRO.- A sentenza ditada na instancia condenou a Luis María como autor responsable dun delito de receptación á concreta pena e responsabilidade civil xa reflectida nos antecedentes de feito desta mesma nosa resolución da alzada.
Fronte a tal pronunciamento deduce aquel o correspondente recurso de apelación. E os motivos que ao respeto alega son: erro na aplicación do dereito en relación coa doutrina xurisprudencial; así como, o tamén erro na valoración da proba.
SEGUNDO.- O primeiro dos nomeados motivos da apelación concrétao o recorrente no atinxente ás dilacións indebidas sufridas pola causa que, segundo el, e contrariamente a súa non aplicación na sentenza impugnada, debera ser apreciada pola vía da atenuante analóxica do artigo 21.6ª do Código Penal .
O dereito fundamental a un proceso sen dilacións indebidas non se pode identificar co dereito ao cumprimento dos prazos procesuais, pero impón aos órganos xudiciais o deber de resolver nun tempo razoable. Logo de así recoñecelo, a recente STS 633/2007, do 2 de xullo , (con inicial cita das anteriores SSTS 658/2005, do 20 de maio, e 948/2005, do 19 de xullo ) deita ao respecto a seguinte doutrina:
"Es, pues, una materia en la que no hay pautas tasadas, y esto hace preciso que en cada ocasión haya que estar a las precisas circunstancias y vicisitudes del caso, con objeto de verificar en concreto si el tiempo consumido en el trámite puede considerarse justificado por la complejidad de la causa o por otros motivos que tengan que ver con ésta y no resulten imputables al órgano judicial. En particular, debe valorarse la complejidad de la causa, el comportamiento del interesado y la actuación de las autoridades competentes ( STEDH de 28 de octubre de 2003 [TEDH 2003, 59 ], caso González Doria Durán de Quiroga c. España y STEDH de 28 de octubre de 2003 [TEDH 2003, 60 ], caso López Solé y Martín de Vargas c. España, y las que en ella se citan).
En el examen de las circunstancias de la causa, también el TEDH ha señalado que el período a tomar en consideración en relación con el art. 6, 1 del Convenio (RCL 1979, 2421 ) empieza a contar desde el momento en que una persona se encuentra formalmente acusada o cuando las sospechas que le afectan tienen repercusiones importantes en su situación, en razón de las medidas adoptadas por las autoridades encargadas de perseguir los delitos ( STEDH de 28 de octubre de 2003 , caso López Solé y Martín de Vargas c. España).
Es cierto que, para que pueda tomarse en consideración la alegación de dilaciones indebidas, se ha exigido que el interesado hubiese formulado denuncia al respecto, a fin de que pudiera removerse la causa del retraso en la tramitación, pero también lo es que esta Sala, también ha resuelto (Cfr. SSTS 1503/2005, de 19 de diciembre [RJ 2006, 2614], 1497/2002, de 23 de septiembre [RJ 2002, 8169], 26-4-2007, núm. 331/2007 [RJ 2007, 2866 ]), el sentido de que en la materia no se debe extremar el formalismo, porque en el proceso penal, en la instrucción, sobre todo, el deber de impulso concierne al órgano competente; y porque el inculpado no puede ser obligado a renunciar a beneficiarse de una eventual prescripción.
En el supuesto que nos ocupa, el único período apreciable de inactividad procesal se produce a partir de la renuncia del letrado de la defensa en 17-6-03 (f. 280), hasta que en 24-3-04 recae providencia (f. 282) pidiendo a la Policía el resultado de las diligencias de investigación encomendadas, lo que no reclamaría la apreciación de la atenuante, la cual, además, aunque se estimara resultaría irrelevante, pues -como reconoce el Ministerio Fiscal- la pena impuesta, individualizada, según especifica el tribunal de instancia en su fundamento jurídico cuarto, estaría, aún en tal caso, justificada".
No mesmo sentido, a anterior STS 941/2005, do 18 de xullo , citada polo apelante no seu recurso, certamente que, fronte á apreciación na instancia das dilacións indebidas como atenuante simple, acorda acollela como moi cualificada, se ben non debe omitirse que naquel caso se investiran sete anos (catro de instrucción e tres para o axuizamento) para o remate, na instancia, das actuacións. E a tamén STS 629/2005, do 16 de maio , se ben tamén acaba aplicando a atenuante analóxica do artigo 21.6ª do Código Penal , nun nada complicado caso no que durou dous anos e medio, faino na súa consideración de simple e non de moi cualificada como pretende o recorrente.
As actuacións que se examinan merecerian, como moito, este mesmo último tratramento, pois alén da consideración das supostas dilacións indebidas como simple atenuante do artigo 21.6ª do Código Penal , non se podería chegar. Non outra solución cómpre outorgarlle a un caso no que o lapso temporal entre a ocorrencia dos feitos e a sentenza da primeira instancia mediaron dous anos e nove meses, e o percorrido da causa ata entón transcorreu do xeito que polo miúdo se indica no penúltimo dos parágrafos do fundamento de dereito terceiro da setenza apelada (recepción da causa no Xulgado do Penal a quo en setembro de 2005, sinalamento de vista para o 28 novembro 2005, suspensión a petición dunha das defensas, sinalamento para o 1 marzo 2006, nova suspensión por un dos avogados ter outro xuízo sinalado con anterioridade, celebración de vista oral o 24 maio 2006, interrupción desta para testemuñal, nova vista o 14 xuño, e última sesión o mesmo día do ditado da sentenza que se apela. E se tales circunstancias só, como moito, darían lugar á consideración como simple (e non como moi cualificada) da atenuante analóxica de dilacións indebidas ao abeiro do artigo 21.6ª do Código Penal , isto resultaría irrelevante por canto que xa o Maxistrado-Xuíz a quo impuxo a pena na súa metade inferior a teor da conxunta aplicación dos artigos 66.1.1ª e 298.1 do Código Penal .
TERCEIRO.- O derradeiro motivo da apelación confórmase, sobre todo, coas circunstancias da propiedade da motocicleta, do seu valor, dos danos padecidos pola mesma, así como no relativo ao testemuño incriminatorio de Fernando .
Porén, tales alegacións tampouco poden prosperar por canto que tanto a propiedade da motocicleta, como o seu valor e danos, nun todo aparece xustificado polas documentais, testemuñais (iso sí do propio dono daquela), e pericial practicada e ratificada no acto da vista oral (fundamento de dereito primeiro da sentenza apelada). A documental acreditativa da titularidade, a valoración notoriamente superior aos 400 euros, o estado "normal" máis que correcto ou óptimo por tratarse dunha motocicleta adquirida de segunda man uns catro ou cinco anos antes da ocorrencia dos feitos axuizados, e a manifestación do propio apelante relativa a que, como todos andiveron coa moto, "reventárona", dende logo que, en unión da pericial ao respecto, non fan dubidar do pleno acerto na fixación do importe da responsabilidade civil correspondente.
Verbo das manifestacións do daquela menor Fernando , lembrar que xa fora condenado antes por estes mesmos feitos, polo Xulgado de Menores e que, explicitamente admitiu que a súa intención era que, co seu testemuño, se visen beneficiados os acusados e, en concreto, o agora apelante. E o tal Fernando de xeito ben nidio referiu o coñecemento por parte de Luis María da procedencia ilícita da motocicleta, sen que se deban esquecer as circunstancias nas que o devandito apelante tomou contacto coa moto, isto é, nunha pista dun monte, de madrugada, indo ata alí en unión do menor e do con el condenado e agora apelado, tendo que remolcala para facerse con ela, referindo que sabía quen non era daquel con quen, segundo el, tiña medio concertada a venda, etc.
Limitándose o recurso de apelación a tales motivos, e dado o rexeitamento que estes merecen polos razoamentos expresados, procede confirmar a resolución xudicial da instancia.
CUARTO.- Impóñense as custas da presente alzada á parte apelante por mor da desestimación do seu recurso.
Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación.
Fallo
Que DESESTIMAMOS o recurso de apelación interposto pola representacion procesual de Luis María , fronte á sentenza ditada con data do 21 de xuño de 2007 no procedemento abreviado núm. 284/05, debemos confirmar a mencionada sentenza. Impoñénselle as custas desta alzada ó recorrente.
Ó notifica-la sentenza, déaselle cumprimento ó disposto no artigo 248-4º da Lei orgánica do poder xudicial.
Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por medio desta Sentenza, da que se achegará un testemuño ó Rolo de Sala. Anótese no rexistro correspondente.
