Última revisión
18/06/2008
Sentencia Penal Nº 126/2008, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 373/2008 de 18 de Junio de 2008
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 7 min
Orden: Penal
Fecha: 18 de Junio de 2008
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 126/2008
Núm. Cendoj: 36038370022008100201
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00126/2008
AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Sección nº 002
Rolo: 373/2008 A
Órgano Procedencia: XDO. DO PENAL N. 2 de PONTEVEDRA
Procedemento Orixen: PROCEDIMIENTO ABREVIADO nº 57/2008
SENTENZA NÚM. 126
=============================================================
ILMOS/AS SRES/AS MAXISTRADOS/AS
Don José Juan Barreiro Prado, presidente
Dona María Mercedes Pérez Martín Esperanza
Don Celso Joaquín Montenegro Vieitez
=============================================================
Pontevedra, a dezaoito de xuño de 2008.
Visto, pola Sección 2ª desta Audiencia Provincial, na causa instruída con número 373/2008, o recurso de apelación interposto
pola procuradora dona Maria Belen Alvarez Sanchez, en representación de don Juan Manuel , contra a sentenza ditada
polo Xulgado do Penal núm. 2 de Pontevedra . Constituíronse como partes o mencionado recorrente e o Ministerio Fiscal, na
representación que lle é propia, e actuou como relator o maxistrado don José Juan Barreiro Prado.
Antecedentes
Primeiro.- No acto do xuízo oral de referencia ditouse unha sentenza con data do 18 de marzo de 2008, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte: "Que debo condenar y condeno a Juan Manuel como autor de un delito de conducción temeraria, previsto y penado en el artículo 381 del Código Penal , a la pena de 7 meses de prisión e inhabilitación especial para el ejercicio del derecho de sufragio pasivo durante el tiempo de la condena y privación del derecho a conducir vehículos a motor y ciclomotores por tiempo de 1 año y 7 meses, de una falta de daños prevista y penada en el artículo 625 del Código Penal , a la pena de 15 días de multa con una cuota diaria de 6 euros, con la responsabilidad personal subsidiaria establecida en el artículo 53 del Código Penal para el caso de impago y de una falta de amenazas prevista y penada en el artículo 620 del Código Penal a la pena de 15 días de multa con una cuota diaria de 6 euros con la responsabilidad personal subsidiaria establecida en el artículo 53 del Código Penal para el caso de impago, debiendo indemnizar a Suministros San Román SL en la suma de 375,04 euros, así como al abono de las costas procesales causadas".
E, como feitos probados, recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela: Resulta probado y así se declara que el día 30 de noviembre de 2006, sobre las 9 horas, Juan Manuel circulaba por la carretera de A Guardia a Tui, sentido Tui, conduciendo el vehículo Audi A 3 matrícula 9756 BTW cuando ya en dicha localidad, se pegó la vehículo que iba delante, Opel Vectra matrícula 0698 DBH propiedad de Suministros San Rómán SL y conducido por Olga , se metía a la derecha y a la izquierda acercando el morro al Opel Vectra, hasta que se puso a su altura y golpeó al vehículo Opel Vectra chocando sus llantas contra la acera. Después, Juan Manuel salió de su vehículo acercándose al conducido por Olga , le dio patadas al coche y la llamó hija de puta, diciéndole que era guardia civil, que la iba a llevar al cuartelillo, le iba a dar dos hostias y la iba a matar. La conductora del Opel Vectra consiguió dar marcha atrás, metió primera y consiguió marcharse, viendo después a Juan Manuel como adelantaba toda una fila de vehículos y se saltaba el semáforo en rojo, no volviendo a verle con posterioridad.
Los desperfectos ocasionados en el vehículo Opel Vectra propiedad de Suministros San Román ascendieron a 375,04 euros.
Segundo.- Contra a devandita sentenza, a representación procesual do/da recorrente interpuxo un recurso de apelación, que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal está unido ás actuacións.
Terceiro.- Logo de trasladarlle o escrito de formalización do recurso ao Ministerio Fiscal e ás outras partes, presentouse un escrito de impugnación baseándose en que a sentenza obxecto de recurso se axusta plenamente a dereito e solicitouse a súa confirmación.
Cuarto.- O xulgado do penal referido anteriormente remitiu a este Tribunal os autos orixinais con todos os escritos presentados para resolver.
FEITOS PROBADOS
Acéptase e danse por reproducidos os feitos que se declaran probados na sentenza obxecto de recurso.
Fundamentos
Primeiro.- Juan Manuel foi condenado na instancia como autor dun delito de condución temeraria do artigo 381 do Código penal , dunha falta de ameazas do artigo 620.2 do mesmo texto legal, e dunha falta de danos do artigo 625.1 tamén do Código penal .
O erro na valoración das probas é a única alegación en que se basea a impugnación que deduce contra a sentenza que do xeito indicado o condenou.
Porén, e como apunta a fiscal na súa oposición á apelación, o único que levou a cabo a maxistrada xuíza a quo foi unha valoración da proba segundo a súa conciencia (artigo 741 da Lei de axuizamento criminal), que por ningures se amosa desacertada ou totalmente oposta á ben nidia realidade que se tira, sobre todo, das declaracións tanto do acusado-apelante coma da denunciante Olga .
Esta última sempre referiu a temeridade manifesta coa que o acusado conducía o vehículo de motor co que, nun principio, se colocou detrás do seu, apurándoa, achegouse en exceso tanto pola esquerda coma pola dereita, logrou poñerse á súa altura, pegando lateralmente os automóbiles, golpeou así ao da denunciante, e fixo finalmente que se detivese. E, non contento con isto, despois de a denunciante ser ameazada polo acusado, púxose este a adiantar a toda unha ringleira de coches ata saltar un semáforo en luz vermella, dándose así á fuxida.
E o propio acusado admitiu a existencia de varios adiantamentos tanto pola súa parte como pola da denunciante, así como que baixara do seu coche para dirixirse ao de Olga para recriminala por levar unha cadeira cunha nena no asento traseiro do seu automóbil, detalle carente de toda lóxica como igualmente apunta o Ministerio Fiscal. Mentres, noutra orde de cousas, o feito de que tamén recoñecese o apelante que en ocasións dixera que era mosso d'escuadra vén a cadrar coas manifestacións da denunciante no sentido de que puxera aquel por diante a súa condición de garda civil, corpo ao que si que acudiu Olga para denunciar os feitos.
Por último, e como con acerto reflicte a resolución xudicial contra a que se apela, o feito de que non quedasen pegadas no coche conducido pola denunciante das pancadas que lle deu o acusado non indica que non resultasen demostrados os danos, pois, á parte das rabuñadas na chapa debidas ao feito de o acusado pegar lateralmente os coches en marcha, non toda pancada propinada a un coche ten por que deixar signos evidentes de tal xeito incívico de comportamento.
Segundo.- As custas da presente alzada impóñenselle á parte apelante por mor do rexeitamento do seu recurso.
Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,
Fallo
Que debemos desestimar o recurso de apelación interposto pola representación procesual de Juan Manuel , contra a sentenza ditada con data do 18 de marzo do 2008 no procedemento abreviado núm. 57/2008 do Xulgado do Penal núm. 2 de Pontevedra e confirmar esta sentenza, con imposición das custas desta alzada ao apelante.
Ao notificar esta sentenza, déaselle cumprimento ao previsto no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder judicial.
Así o pronunciamos, mandamos e asinamos, mediante esta sentenza, da que se levará certificación ao rolo de Sala e que se anotará nos rexistros correspondentes.
PUBLICACIÓN.- A anterior sentenza foi lida e publicada polo/a maxistrado/a don/a José Juan Barreiro Prado durante a audiencia pública. Dou fe.
