Última revisión
14/11/2006
Sentencia Penal Nº 129/2006, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 439/2006 de 14 de Noviembre de 2006
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 6 min
Orden: Penal
Fecha: 14 de Noviembre de 2006
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 129/2006
Núm. Cendoj: 36038370022006100344
Núm. Ecli: ES:APPO:2006:2617
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00129/2006
AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Sección núm. 002
Rolo: 0000439 /2006-M
Procedencia: JDO. DE LO PENAL N. 3 de PONTEVEDRA
Procedemento de orixe: JUICIO RAPIDO nº 0000017 /2006
SENTENZA NÚM. 129
===========================================================
Maxistrados
Don José Juan Ramón Barreiro Prado, presidente,
Don Luciano Varela Castro
Dona Rosario Cimadevila Cea
===========================================================
Pontevedra, catorce de novembro de dous mil seis
Foi visto, pola Sección 2ª desta Audiencia Provincial na causa instruída co número 439/06, o
recurso de apelación interposto polo procurador don Pedro Antonio López López, na representación
de don Arturo , fronte á sentenza ditada polo Xulgado do Penal núm. 3 de
Pontevedra; é parte o Ministerio Fiscal e actúa como maxistrado relator don José Juan Ramón Barreiro Prado.
Antecedentes
Primeiro.- Pronunciouse nos autos de referencia a sentenza con data do 14 de agosto de 2006, que na súa parte dispositiva di literalmente: "Que debo condenar y condeno a Arturo como autor penalmente responsable de un delito de quebrantamiento de medida cautelar ya definido y de una falta de daños, sin la concurrencia de circunstancias modificativas de la responsabilidad penal, a la pena por el delito de ocho meses de prisión con la accesoria legal de inhabilitación especial para el derecho de sufragio pasivo durante el tiempo de la condena; y por la falta a la pena de diez días multa con una cuota diaria de seis euros con la responsabilidad personal subsidiaria del artículo 53 del Código Penal en caso de impago, así como al pago de las costas procesales causadas.
En orden a la responsabilidad civil, Arturo indemnizará a Carlos Antonio en la cifra de 174,90 euros por los daños causados a su vehículo."
E como feitos probados expresamente recóllense os da sentenza contra a que se apela: "Probado y así se declara que por el Juzgado de Instrucción de A Estrada se dictó auto en el que se imponía al acusado, Arturo la prohibición de entrar o acudir a la localidad de A Estrada, todo ello en protección de la que había sido su esposa, Gema .
El acusado, conocedor de dicha resolución judicial y con intención de desobedecerla, entre las 21 horas del día 24 de julio de 2006 y las 2,30 horas del día siguiente, acudió a la localidad de A Estrada y con ánimo de menoscabar el patrimonio ajeno, causó varios desperfectos en el vehículo matrícula XE-....-EG propiedad del cuñado de Ermitas, Carlos Antonio , los cuales ascendieron a la cantidad de 174,90 euros."
Segundo.- Contra a dita sentenza, a representación procesual do agora recorrente interpuxo o recurso de apelación que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal se atopa unido ás actuacións.
Terceiro.- Tras lle dar a coñece-lo escrito de formalización do recurso ó Ministerio Fiscal, este presentou un escrito de impugnación no que solicita a confirmación da sentenza contra a que se recorre xa que se axusta a dereito.
Hechos
Acéptanse e danse por reproducidos os feitos que na sentenza obxecto de recurso se declaran probados.
Fundamentos
PRIMEIRO.- O recurso de apelación formulado por Arturo contra a sentenza que na instancia o condenou como autor dun delito de quebrantamento de medida cautelar do artigo 468.2 do Código Penal, e como autor dunha falta de danos do artigo 625.1 do mesmo texto legal, baseáse no erro na apreciación da proba e na infracción de precepto constitucional.
A fundamental proba incriminatoria vén dada no presente caso pola declaración da testemuña Jose Augusto . Este, que se confesou amigo do acusado-apelante, referiu que Arturo o chamara por teléfono ás dúas da mañá do día 25 de xullo de 2006, para que chamara a Gema , que fora esposa do acusado, e lle dixera que rematara de romperlle os espellos retrovisores do seu automóbil. A amentada testemuña intentou cumprir co mandado, mais non puido facelo por canto que Gema non lle colleu o teléfono, detalle este que Jose Augusto puxo en coñecemento de Arturo . Deseguido, Jose Augusto chamou a Fina ( Pilar , irmá de Gema ) logrando falar con ela e comprobando esta última a realidade dos danos no coche que estaba aparcado nunha rúa de A Estrada. Amais engadiu a testemuña de mención que o acusado díxolle que non ía parar ata que non vise tranquila a Gema .
Deste xeito, tan fundamental testemuño notoriamente autorizaba a poder ter por enervada a constitucional presunción de inocencia (artigo 24.2 CE ) canto máis que proviña dunha persoa que se proclamaba amiga do propio acusado e que, o declarado, se adobiaba cuns detalles suministrados en virtude das conversacións telefónicas mantidas por Jose Augusto con Arturo e Fina da contundencia que reflectiu a reproducción da grabación audiovisual da vista oral celebrada na instancia nesta alzada previa ao ditado da presente resolución.
En consecuencia, se demostrado quedou que o automóbil se atopaba aparcado en A Estrada, e que neste causou desperfectos o acusado, amais da responsabilidade por estes últimos (artigo 625.1 do Código Penal) os feitos axuizados tamén eran merecedores do reproche do artigo 468.2 do Código Penal por canto que, sobre o agora apelante pesaba a prohibición de entrar ou acudir a tal vila onde causou os danos. E precisamente por mor dun quebrantamento anterior xa fora condenado o propio Arturo por sentenza do 24 de maio de 2006, como autor dun delito do artigo 468.2 do Código Penal, á pena de multa de doce meses a razón de seis euros diarios.
Isto último igualmente xustifica a imposición agora na sentenza que se recorre, polo delito de quebrantamento, da pena de oito meses de prisión, e da de dez días de multa a razón de seis euros, pola falta de danos, por certo que no seu mínimo legal malia posibilidade do artigo 638 do Código Penal.
Por todo o anterior, nin erro na valoración da proba nin infracción de precepto constitucional se ten cometido pola sentenza que se apela, nin tampouco de xeito subsidiario de poden rebaixar as penas impostas na instancia.
SEGUNDO.- Impóñense as custas da presente alzada á parte apelante por mor do rexeitamento do seu recurso.
Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación.
Fallo
Que desestimando o recurso de apelación interposto pola representacion procesual de don Arturo , fronte á sentenza ditada con data do 14 de agosto de 2006 no xuízo rápido núm. 17/06 do Xulgado do Penal núm. 3 de Pontevedra, debemos confirmar a mencionada sentenza. Impoñénselle as custas desta alzada ó recorrente.
Ó notifica-la sentenza, déaselle cumprimento ó disposto no artigo 248-4º da Lei orgánica do poder xudicial.
Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por medio desta Sentenza, da que se achegará un testemuño ó Rolo de Sala. Anótese no rexistro correspondente.

