Sentencia Penal Nº 130, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 1093 de 18 de Octubre de 1999

TIEMPO DE LECTURA:

  • Orden: Penal
  • Fecha: 18 de Octubre de 1999
  • Tribunal: AP - Pontevedra
  • Ponente: Varela Castro, Luciano
  • Núm. Sentencia: 130
  • Núm. Recurso: 1093
Resumen:

 

 

Dona Rosa e don Eulogio actuaron movidos pola súa forte adicción a opiáceos, dos que son consumidores; adicción que non elimina, malia afectala, a súa capacidade de autodeterminación nin comprensión de ilictude do seu comportamento.Canto á responsabilidade civil, Eulogio G e Rosa M deberanlle indemnizar solidariamente á entidade Caixavigo a contía de 501.000 pesetas, incrementada en xuro legal.Dos devanditos delictos son criminalmente responsábeis como autor do artigo 28 o confeso don Eulogio G e como cómplice dona Rosa M, consonte co artigo 29 do Código penal; cualificación, esta, feita pola acusación e que fal improcedente calquera eventual atribución de participación máis onerosa na acusada dona Rosa.Na acusada dona Rosa, a pena inferior en grao derivada da súa participación imporase rebaixada noutro grao pola transcedencia cualificada da adicción nela, segundo deriva dos artigos 63 e 66-4º do Código penal, como, doutra banda, foi solicitado polo Ministerio Fiscal.

Canto á responsabilidade civil, resulta esixíbel a don Eulogio con abeiramento no artigo 116 do Código penal e, segundo este, subsidiariamente, debe ser esixida á coacusada cómplice dona Rosa (artigo 116.2 do mesmo código). Que é mester nós condenármo-los acusados, e de feito condenámolos, don Eulogio G, como autor dun delicto de roubo con intimidación criminalmente responsábel coa agravante de reincidencia e a atenuante de adicción a tóxicos, á pena de tres años e seis meses de prisión, e a dona Rosa M, como cómplice do devandito delicto coa atenuante de adicción grave a tóxicos, á pena de un año de prisión e a que don Eulogio faga pagamento a Caixavigo da cantidade de 501.000 pesetas das que responderá subsidiriamente dona Rosa debendo ámbolos dous pagaren por metade as custas.

 

 


Cómplice
Intimidación
Atenuante
Violencia
Agravante
Reincidencia
Arresto
Autor material
Condenas anteriores

Ver el documento " Sentencia Penal Nº 130, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 1093 de 18 de Octubre de 1999 "
¡Es gratis!

  • Accede a más de 4.000.000 documentos
  • Localiza la información que necesitas
No hay legislación relacionada...