Sentencia Penal Nº 133/20...re de 2009

Última revisión
14/10/2009

Sentencia Penal Nº 133/2009, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 103/2009 de 14 de Octubre de 2009

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 6 min

Orden: Penal

Fecha: 14 de Octubre de 2009

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 133/2009

Núm. Cendoj: 36038370022009100354

Resumen:
FALTA SIN ESPECIFICAR

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00133/2009

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Sección núm. 002

Rolo: 0000103/2009 MJ

Órgano de procedencia: XDO.1A.INST. E INSTRUCIÓN N.2 de CAMBADOS

Procedemento de orixe: XUÍZO DE FALTAS nº 96/2009

A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra, composta en tribunal unipersoal polo maxistrado Ilmo. Sr. don José Juan Barreiro Prado, pronunciou,

NO NOME DO REI

a seguinte

SENTENZA NÚM. 133

Pontevedra, catorce de outubro de dous mil nove.

No presente rolo de apelación número 103/2009 dimanante dos autos de xuízo de faltas número 96/2009, procedentes do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución núm. 2 de Cambados , por Faltas de maltrato de obra, son partes: como apelantes don

Carlos Alberto e o MINISTERIO FISCAL (Adherido), e como apelado don Salvador .

Antecedentes

Primeiro.- Con data do seis de maio de dous mil nove, o maxistrado/a xuíz/a do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución núm. 2 de Cambados, ditou sentenza nos autos orixinais do que o presente rolo dimana. Os feitos probados da sentenza din literalmente:

"Que del día 30 de marzo de 2009, cuando DON Salvador estaba en el interior de su automóvil, DON Carlos Alberto , quien circulaba en una bicicleta, lanzó un escupitajo que impactó en parte en la ventanilla del referido vehículo, y como quiera que el Sr. Salvador se molestó por dicha actuación, paró metros más adelante y esperó que llegara el Sr. Carlos Alberto , a quien le pidió explicaciones y, sin mediar palabra, el Sr. Carlos Alberto le pegó un empujón en el pecho y le lanzó un escupitajo a la cara, comenzando una discusión entre ambos, momento en el cual el Sr. Carlos Alberto le dio un manotazo en la cara y un nuevo empujón, golpeándose el Sr. Salvador contra una valla que se encontraba en el lugar, hasta que acudió la policía local y otros testigos para los separaron. A consecuencia de los hechos el Sr. Salvador no sufrió ningún tipo de lesión".

Segundo.- O xulgado ditou a sentenza que contén a seguinte parte dispositiva:

"Que debo CONDENAR Y CONDENO a DON Carlos Alberto como autor de dos faltas de maltrato de obra prevista y penada en el art. 617.2 CP a la pena de treinta (30) días de multa a razón de seis (6) euros la cuota diaria por cada una de ellas, con responsabilidad personal subsidiaria en caso de impago de un día de privación de libertad por cada dos cuotas diarias no satisfechas, con imposición de las costas procesales".

Terceiro.- Notificada a sentenza ás partes, por interpuxo un recurso de apelación, que foi admitido e tramitado de conformidade co disposto no artigo 795.4 da Lei de axuizamento criminal . Achegadas as actuacións a esta Audiencia, pasaron ao maxistrado relator para ditar resolución.

Fundamentos

Primeiro.- Carlos Alberto recorre en apelación contra a sentenza que na instancia o condena como autor de dúas faltas de maltrato de obra do artigo 617.2º do Código penal , coa pretensión de que nesta alzada se decrete a súa absolución.

O fiscal adhírese parcialmente ao amentado recurso no sentido de que o apelante só sexa condenado por unha falta e non por dúas de maltrato de obra.

Mentres que o apelado Salvador solicita o rexeitamento da impugnación e, xa que logo, a confirmación da sentenza da instancia non sen antes facer alusión á inadmisibilidade do recurso.

Comezando por esta alegación cómpre sinalar que consta nos autos que Carlos Alberto solicitou do Colexio de Avogados de Pontevedra a designación dun avogado da quenda de oficio para a formulación do recurso de apelación contra a sentenza do Xulgado a quo; e que quen resultou nomeada formalizou e presentou a devandita impugnación. Deste xeito, e aínda cando o escrito de recurso de apelación non aparece asinado polo propio Carlos Alberto , a súa expresa solicitude dun profesional do dereito para tal cometido enténdese, por mor do principio pro actione, que habilita suficientemente a avogada da quenda de oficio para facelo no seu nome tan só coa súa sinatura. Así o entendeu o xuíz a quo e, por iso, debo ter por correctamente formalizada en tempo e forma a impugnación perante esta alzada.

Segundo.- Ningún erro existe na valoración que da proba se levou a cabo na instancia, como así o denuncia o apelante. Ben sinxelamente porque el mesmo admite os feitos tal cal son reflectidos na sentenza contra a que apela, agás que esgarra ao chan sen intención de facelo na fiestra do automóbil no que se encontraba o denunciante Salvador . Así pode comprobarse logo da lectura da acta do xuízo oral celebrado na instancia. Pero é que, por maior abastanza, as dúas testemuñas - Luis e Rodrigo - así o corroboran: a primeira afirma que Salvador estaba asustado e cun esgarro no xersei; e a segunda, que viu como Carlos Alberto empurraba e lle esgarraba a Salvador , acantoándoo contra un valado.

Mais no que si que concordo co apelante, e co fiscal, é que os feitos narrados -cuxa literalidade se reflicte nesta mesma sentenza da alzada- constitúen unha unidade natural de acción merecedora dun único reproche penal e non de dúas faltas de maltrato de obra, como se resolveu na instancia. Trátase duns mesmos movementos e accións temporais e espaciais que, como subliña a xurisprudencia -por todas, a STS 670/2001, do 19 de abril -, un observador imparcial pode e debe considerar como unha mesma acción natural. Carece así de todo sentido esgazalo en varias infraccións penais para multiplicar artificialmente o reproche penal en contra do reo. Deste xeito, o agora apelante debe ser condenado só por unha falta de maltrato de obra.

Terceiro.- As custas desta segunda instancia declároas de oficio por estimar en parte o recurso de apelación.

Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,

Fallo

Que, estimando en parte o recurso de apelación formulado por Carlos Alberto e a adhesión do fiscal contra a sentenza ditada o 6 de maio de 2009 polo xuíz do Xulgado de Instrución número 2 de Cambados , no xuízo de faltas 96/09 (rolo de apelación 103/09-MJ), debo revogar e revogo parcialmente a amentada resolución xudicial no sentido de condenar só por unha falta de maltrato de obra do artigo 617.2º do Código penal ao referido apelante. En canto á pena, manteño a mesma de 30 días de multa, a razón de 6 ? diarios, coa responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas. Así mesmo, impóñolle a metade das custas xeradas na instancia, e declaro de oficio as desta alzada.

Contra a presente resolución non cabe recurso ordinario ningún.

Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado de procedencia, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.

Deste xeito o pronuncio, mando e asino por medio desta sentenza, da que se achegará certificación ao Rolo.