Sentencia Penal Nº 134, A...re de 2000

Última revisión
30/10/2000

Sentencia Penal Nº 134, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 127 de 30 de Octubre de 2000

Tiempo de lectura: 4 min

Tiempo de lectura: 4 min

Relacionados:

Orden: Penal

Fecha: 30 de Octubre de 2000

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 134

Resumen
A Sala non pode, por elementais principios de inmediación, avaliar de xeito distinto do feito polo xulgador a quo unhas probas de natureza persoal, como son as declaracións da denunciante, denunciado e testemuña, fóra daqueles supostos, entre os que non se acha o presente, no que se observa unha apreciación das probas de xeito incoherente, irracional ou contradictorio. Nesta conxuntura, o tribunal non pode máis que confirma-la sentencia recorrida polos seus propios, exhaustivos e atinados fundamentos, cabendo só engadírmoslle que as declaracións da lesionada, a realidade das súas lesións e as declaracións da testemuña constitúen probas de cargo hábiles e abondas para levaren á pronuncia condenatoria que fai a resolución impugnada, amaás da declaración absolutoria para a acusada pola falta de danos, por non resultar a causa destas, que puido ser o forcexo mantido entre os contendentes, e non a improbada actitude danosa e dolosa desa acusada. Se estima el recurso.      

Voces

Autor responsable

Falta de lesiones

Prueba de cargo

Cuenta de depósitos y consignaciones

Arresto

Fundamentos

AUD. PROVINCIAL SECCION N. 1

PONTEVEDRA

 

SENTENCIA: 00134/2000

 

Rolo: 127/00

Xuízo de faltas: 47/00

órgano de orixe:

 

Ilmo. Sr.

Maxistrado:

D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO

 

A SECCIÓN PRIMEIRA DA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, constituida en tribunal unipersoal polo maxistrado don JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, pronunciou

 

NO NOME DO REI

 

a seguinte

 

SENTENCIA NÚM.134

 

Pontevedra, o 30 de outubro do año 2000.

 

 No recurso de apelación interposto fronte á sentencia deitada no xuízo de faltas número 47/00, vindo do Xulgado de Instrucción núm. 2 de Lalín, son partes: dunha beira, como apelante/s, JOSÉ LUÍS; e doutra beira, como apelado/s, OTILIA, e o Ministerio Fiscal.

 

ANTECEDENTES DE FEITO

 

 Acéptanse os feitos probados da sentencia recorrida e, alén diso:

 

 PRIMEIRO. Con data 15 de xuño do año que andamos, o xuíz do Xulgado de Instrucción núm. 2 de Lalín pronunciou sentencia nos actos orixinais de onde o presente rolo é tirado, a alínea dispositiva da cal, rigorosamente, di:

 

 "Debo condenar y condeno a DON JOSÉ LUIS como autor responsable de una falta de lesiones prevista y penada en el art. 671.1 CP, a la pena de un mes de multa a razón de 200 pta diarias, y a que indemnice a doña Otilia por los días de incapacidad padecidos por el mismo en 15 000 pta. Debo absolver y absuelvo a doña Otilia de la falta de daños de que fue denunciada, por falta de suficiente prueba de cargo para ello.

El pago de las multas se hará en un sola mensualidad, dentro de los tres primeros días del mes siguiente al que adquiera firmeza la presente resolución, mediante el correspondiente ingreso en la cuenta de depósitos y consignaciones de este juzgado. Si los condenados no satisfacieren las multas impuestas quedarán sujetos a la responsabilidad personal subsidiaria de un día de privación de libertad por cada dos cuotas diarias de multa no satisfechas, que podrá cumplirse en régimen de arresto de fines de semana

 

 SEGUNDO. Tras a devandita sentencia lles ter sido notificada ás partes, -JOSÉ LUÍS interpuxo recurso de apelación, que foi admitido e tramitado consonte co avindo no artigo 795.4 da Lei de axuizamento criminal. Téndoselle elevadas as actuacións a esta Audiencia, pasóuselle ao maxistrado relator para el resolver.

 

FUNDAMENTOS XURÍDICOS

 

 PRIMEIRO. A Sala non pode, por elementais principios de inmediación, avaliar de xeito distinto do feito polo xulgador a quo unhas probas de natureza persoal, como son as declaracións da denunciante, denunciado e testemuña, fóra daqueles supostos, entre os que non se acha o presente, no que se observa unha apreciación das probas de xeito incoherente, irracional ou contradictorio. Nesta conxuntura, o tribunal non pode máis que confirma-la sentencia recorrida polos seus propios, exhaustivos e atinados fundamentos, cabendo só engadírmoslle que as declaracións da lesionada, a realidade das súas lesións e as declaracións da testemuña constitúen probas de cargo hábiles e abondas para levaren á pronuncia condenatoria que fai a resolución impugnada, amaás da declaración absolutoria para a acusada pola falta de danos, por non resultar a causa destas, que puido ser o forcexo mantido entre os contendentes, e non a improbada actitude danosa e dolosa desa acusada. Sen que, xa para rematarmos esta cuestión, se lle poida dar a transcendencia que o recorrente pretende ás (contradiccións que se observan no relato dos feitos entre a víctima e a testemuña, xa que as devanditas contradiccións son cativas, e ata Tóxicas, dado o distinto momento da pelexa presenciada por esa testemuña, e veñen confirmar precisamente, a espontaneidade e falta de preparación do discurso a manter naquel acto solemne.

 

Mais, malia ser procedente, consonte co dito, confirma-la condena pola falta de lesións, non é menos certo que ao carón desa conducta agresiva do codemandado concorreu outro feito, que carecente de relevo no eido penal, debe ser tido en conta na fixación da responsabilidade civil, feito que consiste na actitude belixerante e ata certo punto provocadora da víctima, a que, lonxe de se afastar do vehículo, despois de iniciada a rifa, procedeu a abrí-la porta do coche do seu consorte, como así veu recoñecer aquela, tanto nas súas declaracións sumariais, como nas prestadas no acto do xuízo de falta. Esa actitude leva a rebaixármo-la indemnización a prol da lesionada a sete mil pesetas.

 

SEGUNDO. Decláranse de oficio as custas procesuais desta alzada.

 

 Cómpre atérmonos a canto levamos dito e, desenvolvendo a potestade xurisdiccional que a Constitución española me outorga,

 

 DECIDO. Revoga-la sentencia recorrida no únic punto atinxente á responsabilidade civil, que se rebaixa a sete mil pesetas, declarándose de oficio as custas procesuais desta alzada.

 

 

Sentencia Penal Nº 134, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 127 de 30 de Octubre de 2000

Ver el documento "Sentencia Penal Nº 134, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 127 de 30 de Octubre de 2000"

Acceda bajo demanda

Accede a más de 4.000.000 de documentos

Localiza la información que necesitas

LIBROS Y CURSOS RELACIONADOS