Sentencia Penal Nº 137, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 122 de 30 de Octubre de 2000
Sentencia Penal Nº 137, A...re de 2000

Última revisión
30/10/2000

Sentencia Penal Nº 137, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 122 de 30 de Octubre de 2000

Tiempo de lectura: 0 min

Tiempo de lectura: 0 min

Orden: Penal

Fecha: 30 de Octubre de 2000

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 137

Nº de recurso: 122

Resumen
Revisando o material probatorio do xuizo de faltas, e ante as contradiccións habidas entre denunciantes e denunciados, existen dous obstáculos insalvábeis que impiden unha sentencia condenatoria, como son, no primeiro termo, as manifestacións verquidas nese xuizo polas dúas testemuñas presenciais, sobre as cales non existen datos obxectivos ningúns que fagan dubidar da súa credibilidade, no senso de que non poden identificar os acusados como os agresores, e, no segundo lugar, o feito admitido polos denunciantes, e hoxe recorrentes, de que eran cinco as persoas, entre as que se atopaban os dous denunciados, feito que vén deitar aínda máis dúbidas sobre os verdadeiros partícipes nas lesións, que os apelantes manifestan ter tidas. Todo isto ten que levar ao rexeitamento do recurso por ese motivo, que se ten que facer igualmente extensivo ao outro motivo de discrepancia, referido a que se suprima na sentencia a frase que se amenta no escrito de apelación, substituindoa por outra, pois sabido é que o recurso só cabe contra da parte dispositiva da resolución recorrida. Se desestima el recurso.    

Voces

Sentencia de condena