Sentencia Penal Nº 14, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 7 de 27 de Enero de 2000
Sentencia Penal Nº 14, Au...ro de 2000

Última revisión
27/01/2000

Sentencia Penal Nº 14, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 7 de 27 de Enero de 2000

Tiempo de lectura: 0 min

Tiempo de lectura: 0 min

Orden: Penal

Fecha: 27 de Enero de 2000

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 14

Nº de recurso: 7

Resumen
 A realidade das lesións non lle ofrece a máis mínima dúbida a esta Sala. A natureza destas, consistentes nunha ferida inciso-constusiva na faciana e pescozo, engadido isto ás declaracións do denunciante e testemuña, exclúen calquera incertidume sobre que esas lesións non sexan consecuencia dun comportamento agresivo. Cuestión distinta é que ese comportamento ilícito lle sexa ou non lle sexa imputábel ao acusado. Pois ben, como diciamos, o tribunal chega a una conclusión afirmativa, pois, con independencia da imprecisión que se observa no denunciante na mención de certos datos persoais do denunciado, non cabe abrigármo-la máis cativa dúbida de que este é o acusado. Pénsese, dunha beira, que, consonte coa declaración da testemuña presencial, o denunciante entra nas oficinas desa entidade, e a pelexa ten lugar na beirarrúa, diante desas oficinas.      Para concluírmos, acae condenármo-lo acusado como autor responsábel dunha falta de lesións, do art. 617.1 do Código penal. Non concorre no feito axuizado circunstancia ningunha modificativa da responsabilidade criminal. Consonte co avindo nos arts. Todo isto con expresa imposición ao acusado das custas procesuais da primeira instancia, propias dun xuízo de faltas, e declarando de oficio as desta alzada.