Sentencia Penal Nº 149/20...io de 2008

Última revisión
28/07/2008

Sentencia Penal Nº 149/2008, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 456/2008 de 28 de Julio de 2008

Relacionados:

Tiempo de lectura: 6 min

Orden: Penal

Fecha: 28 de Julio de 2008

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 149/2008

Núm. Cendoj: 36038370022008100246

Resumen:
RECEPTACION

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00149/2008

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Sección nº 002

Rolo: 0000456 /2008 J

Órgano Procedencia: XDO. DO PENAL N. 1 de PONTEVEDRA

Procedemento Orixen: PROCEDEMENTO ABREVIADO nº 207/2007

SENTENZA NÚM. 149

=============================================================

ILMOS/AS SRES/AS MAXISTRADOS/AS

Don José Juan Barreiro Prado, presidente

Dona María Mercedes Pérez Martín Esperanza

Dona Rosario Cimadevila Cea

==============================================================

Pontevedra, a vinte e oito de xullo de dous mil oito

Visto, pola Sección 2ª desta Audiencia Provincial, na causa instruída con número 207/07, o recurso de apelación interposto

polo procurador JOSE M. DOMÍNGUEZ LINO, en representación de Juan Alberto , contra a sentenza

ditada polo Xulgado do Penal núm. 1 de Pontevedra. Constituíronse como partes o mencionado recorrente e o Ministerio Fiscal,

na representación que lle é propia, e actuou como relator o maxistrado don José Juan Barreiro Prado.

Antecedentes

Primeiro.- No acto do xuízo oral de referencia ditouse unha sentenza con data do trinta e un de marzo de dous mil oito, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

"Que debo condenar y condeno a D. Juan Alberto , como autor criminalmente responsable de un delito de receptación, a la pena de un año y seis meses de prisión, con la accesoria de inhabilitación especial para el ejercicio del derecho de sufragio pasivo durante el tiempo de la condena, derecho de sufragio pasivo durante eltiempo de la condena, con imposición de la mitad de las costas procesales.

Que debo absolver y absuelvo libremente a D. Carlos Daniel del delito de receptación de que venía siendo acusado, con declaración de oficio de la mitad de las costas procesales.

E, como feitos probados, recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela:

"Que en día indeterminado, en todo caso posterior a la tarde-noche del 2 al 3 de diciembre de 2004, Juan Alberto , mayor de dad y sin antecedentes penales, recibió de una persona de la que se desconoce su identidad, seis terneros con números de crotal NUM000 , NUM001 , NUM002 , NUM003 , NUM004 y NUM005 , tres de los cuales eran propiedad de Jose Ramón , y los otros tres propiedad de Leonardo , que junto con otros dos habían sido sustraídos la tarde noche del dos al tres de diciembre de 2004 del matadero de Villagarcía.

Juan Alberto , conociendo su procedencia ilícita, recibió y custodió en una cuadra anexa al domicilio en el que residía con su madr, sita en Meaño, los seis terneros referidos, interviniendo en la negociación de la venta del ganado para obtener un beneficio económico ilícito.

Los seis terneros fueron recuperados en la cuadra anexa al domicilio de Juan Alberto y devueltos a sus legítimos dueños.

No consta que el acusado Carlos Daniel fuera la persona que entregó a Juan Alberto los seis terneros, ni la que contactó con Humberto ofreciéndole en venta el ganado sustraído."

Segundo.- Contra a devandita sentenza, a representación procesual do recorrente interpuxo un recurso de apelación, que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal está unido ás actuacións.

Terceiro.- Logo de trasladarlle o escrito de formalización do recurso ao Ministerio Fiscal e ás outras partes, presentouse un escrito de impugnación baseándose en que a sentenza obxecto de recurso se axusta plenamente a dereito e solicitouse a súa confirmación.

Cuarto.- O xulgado do penal referido anteriormente remitiu a este Tribunal os autos orixinais con todos os escritos presentados para resolver.

Hechos

Acéptase e danse por reproducidos os feitos que se declaran probados na sentenza obxecto de recurso.

Fundamentos

Primeiro.- Contra a sentenza que na instancia condenou a Juan Alberto , como autor responsable dun delito de receptación do artigo 298.1 e 2 do Código penal , formula este recurso de apelación perante esta alzada.

O erro na valoración da proba constitúe o motivo fundamental da apelación, amosando o seu desacordo o acusado-apelante tanto cos feitos probados como cos fundamentos de dereito. Porén a impugnación así deducida non pode prosperar.

En esencia alégase que Juan Alberto descoñecía a procedencia dos tenreiros que foron depositados no cortello da vivenda familiar, e moito menos sabía que o seu traballo de alimentación e axuda para a venda das reses fose para obter un beneficio ilícito. Engádese que o anterior foi debido á crenza de que obraba ben, dada a súa xuventude (dezanove anos), inexperiencia, e boa fe.

Pois ben, o acusado, por moi novo que fose daquela, dentro das máximas de experiencia mínimas e, sobre todo, sendo como é neto dun tratante de gando, de xeito ben doado se podía representar que o feito de que un perfecto descoñecido lle ofrecese seis tenreiros cos correspondentes crotais para gardar no cortello a cambio de trescentos euros ao mes, e con encargo de vendelos se atopaba quen os mercase, obedecía a unha procedencia ilícita das reses. Por maior abastanza, se quen quedou co acusado en pagarlle os trescentos euros e lle encomendou a súa venda non volveu a aparecer polo lugar, e se unha testemuña que se fixo pasar por posible comprador dos tenreiros ( Humberto ) manifestou que o acusado lle participara que estes non tiñan papeis e que, en consecuencia, caso de mercalos tería que sacrificalos na casa, non vén senón a corroborar a lóxica inferencia de que o acusado perfectamente coñecía a orixe ilícita dos tenreiros que tiña no seu poder. E resultando así, o agora apelante, ao posuír os seis tenreiros, ao telos agachados no cortello anexo ao seu domicilio, e ao intentar traficar con eles vendéndollos a terceiras persoas, co conseguinte e evidente lucro económico, non só incorreu no delito de receptación do artigo 298.1 do Código penal , senón tamén na modalidade agravada do mesmo precepto penal no seu número 2, polo que igualmente se rexeita o motivo que de xeito subsidiario se invocaba verbo de tal particular.

En consecuencia, rexéitase na súa integridade o recurso de apelación contra a sentenza da instancia que, xa que logo, se confirma.

Segundo.- As custas desta alzada impóñenselle á parte apelante por mor do rexeitamento do seu recurso.

Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación.

Fallo

Que debemos desestimar o recurso de apelación interposto pola representación procesual de Juan Alberto , contra a sentenza ditada con data do 31 de marzo de 2008 no procedemento núm. 207/2007, e confirmar esta sentenza, con imposición das custas desta alzada á parte recorrente en apelación.

Ao notificar esta sentenza, déaselle cumprimento ao previsto no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder judicial.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos, mediante esta sentenza, da que se levará certificación ao rolo de Sala e que se anotará nos rexistros correspondentes.

PUBLICACIÓN.- A anterior sentenza foi lida e publicada polo/a maxistrado/a don/a José Juan Barreiro Prado durante a audiencia pública. Dou fe.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.