Sentencia Penal Nº 15, Au...ro de 2000

Última revisión
18/02/2000

Sentencia Penal Nº 15, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 1082 de 18 de Febrero de 2000

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 4 min

Orden: Penal

Fecha: 18 de Febrero de 2000

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 15

Resumen:
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 1 PONTEVEDRA   AUTO: 10015/2000  AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA  Sección nº 1   APELACIÓN PENAL   Rolo: 1082/99 P. Abreviado: 434/98 Orixe: XDO. PENAL PONTEVEDRA 1   Ilmos. Foi relator: o maxistrado don JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.         PRIMEIRO. Téndoselles notificada a devandita sentencia ás partes, MIGUEL ANGEL, JOSE RAMON e o MINISTERIO FISCAL, interpuxeron recurso de apelación. FUNDAMENTOS XURÍDICOS         PRIMEIRO. Decláranse de oficio as custas procesuais desta alzada.   DECIDIMOS         Que é mester nós acollérmo-lo recurso movido por MIGUEL ANGEL , e as adhesións a este de JOSE RAMON  e o MINISTERIO FISCAL, contra da sentencia pronunciada polo Xulgado do Penal Pontevedra 1, na data de 14 de maio de 199, e é mester nós condenármo-los acusados, MIGUEL ANGEL e JOSE RAMON, e de feito condenámolos, como autores responsábeis dunha falta de danos, xa definida, sen a concorrencia de circunstancia ningunha modificativa da responsabilidade penal, á pena, para cada un deles, de vinte días de multa, con cota diaria de duascentas pesetas, confirmándose a resolución recorrida en tódalas máis das súas pronuncias, declarándose de oficio as custas procesuais desta alzada.    

Fundamentos

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 1

PONTEVEDRA

 

AUTO: 10015/2000

 AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

 Sección nº 1

 

APELACIÓN PENAL

 

Rolo: 1082/99

P. Abreviado: 434/98

Orixe: XDO. PENAL PONTEVEDRA 1

 

Ilmos. Sres.

 Presidente:

D. JAIME CARRERA IBARZABAL Maxistrados:

D. LUCIANO VARELA CASTRO

D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO

 

      A SECCION PRIMEIRA DA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, composta por D. JAIME CARRERA IBARZABAL, presidente, D. LUCIANO VARELA CASTRO e D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, maxistrados, pronunciou

 

NO NOME DO REI

 

a seguinte

 

SENTENCIA NÚM. 15

 

Pontevedra, o 18 de febreiro do año 2000.

 

No presente recurso de apelación interposto fronte á sentencia deitada nas precedentes dilixencias previas do procedemento abreviado que á cima se amenta, contra do/dos acusado/s MIGUEL A. e JOSE RAMON, son partes: dunha beira, como apelante/s, os devanditos acusados e o Ministerio Fiscal. Foi relator: o maxistrado don JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.

 

ANTECEDENTES DE FEITO

 

Acéptanse os feitos probados da sentencia contra a que se recorre.

 

      PRIMEIRO. Con data 14 de maio de 1999, o xuíz do Xulgado do Penal Pontevedra 1 pronunciou sentencia nos actos orixinais de onde o presente rolo é tirado, a parte dispositiva da cal, rigorosamente, di:

 

"Que absolviendo a MIGUEL ANGEL y JOSE RAMON  de toda responsabilidad criminal por el delito de daños por el que venían siendo acusados con todos los pronunciamientos favorables; debo condenar y condeno a MIGUEL ANGEL y JOSE RAMON  como autores responsables directos de una falta de daños, prevista y penada en el art. 625 del Código penal, a la pena de MULTA DE CUARENTA Y CINCO DIAS, con una cuota diaria de doscientas pesetas; debiendo indemnizar conjunta y solidariamente a quien resultare ser el titular del turismo Renault 21, matrícula ... en la fecha de los hechos, en la suma que, en trámite de ejecución de sentencia se determine por la reparación del mencionado vehículo según lo acordado en el fundamento de derecho cuarto. Y todo ello con expresa imposición a los condenados de las costas del procedimiento que no superarán las correspondientes a un juicio de faltas.".

 

      SEGUNDO. Téndoselles notificada a devandita sentencia ás partes, MIGUEL ANGEL, JOSE RAMON e o MINISTERIO FISCAL, interpuxeron recurso de apelación. Tras elevárenselle as actuacións a este tribunal, sinalouse data para deliberaren e resolveren o recurso.

 

FUNDAMENTOS XURÍDICOS

 

      PRIMEIRO. Sen necesidade de especiais reflexións de orde xurídica, acae acollármo-lo recurso e as adhesións a este. Tendo sido considerados os feitos como constitutivos dunha falta dolosa de danos do art. 625 do Cp, a pena a impor é, quer a de arresto de un a seis fins de semana, ou quer a de multa de un a vinte días. O órgano sentenciador entón ten que se mover forzosamente dentro desas penas, elixindo entre unha ou outra, e logo -tamén- dentro da dura sinalada pola norma. Sen que o art. 638 do mesmo código autorice impor pena superior á prevista para cada tipo delictivo, tal como se tira de xeito expreso, rotundo e inequívoco da expresión "dentro dos límites de cada unha", atinxente á pena correspondente, empregada por este último precepto.

 

SEGUNDO. Decláranse de oficio as custas procesuais desta alzada.

 

      Acae atérmonos a canto levamos dito e, desenvolvendo a potestade xurisdiccional que a Constitución española nos outorga.

 

DECIDIMOS

 

      Que é mester nós acollérmo-lo recurso movido por MIGUEL ANGEL , e as adhesións a este de JOSE RAMON  e o MINISTERIO FISCAL, contra da sentencia pronunciada polo Xulgado do Penal Pontevedra 1, na data de 14 de maio de 199, e é mester nós condenármo-los acusados, MIGUEL ANGEL e JOSE RAMON, e de feito condenámolos, como autores responsábeis dunha falta de danos, xa definida, sen a concorrencia de circunstancia ningunha modificativa da responsabilidade penal, á pena, para cada un deles, de vinte días de multa, con cota diaria de duascentas pesetas, confirmándose a resolución recorrida en tódalas máis das súas pronuncias, declarándose de oficio as custas procesuais desta alzada.

 

      Con testemuño desta resolución, devólvanselle as actuacións ao xulgado de orixe, por quen se ha notificar recibimento.

 

Deste xeito, por esta a nosa sentencia, da que se achegará certificación ao rolo da Sala, pronunciámolo, mandámolo e, asemade, asinámolo.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.