Sentencia Penal Nº 151/20...re de 2010

Última revisión
04/11/2010

Sentencia Penal Nº 151/2010, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 156/2010 de 04 de Noviembre de 2010

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 7 min

Orden: Penal

Fecha: 04 de Noviembre de 2010

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 151/2010

Núm. Cendoj: 36038370022010100385

Núm. Ecli: ES:APPO:2010:3068

Resumen:
FALTA DE LESIONES IMPRUDENTES

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00151/2010

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2 de PONTEVEDRA

Domicilio: ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Telf: 986.80.51.19

Fax: 986.80.51.14

Modelo: N54550

N.I.G.: 36039 41 2 2009 0000024

ROLLO: APELACION JUICIO DE FALTAS 0000156 /2010CR

Juzgado procedencia: JDO.1A.INST.E INSTRUCCION N.2 de O PORRIÑO

Procedimiento de origen: JUICIO DE FALTAS 0000007 /2009

RECURRENTE: AXA CIA.ASEGURADORA

Procurador/a: PEDRO ANTONIO LOPEZ LOPEZ

Letrado/a:

RECURRIDO/A: Pura , Ceferino , María Rosa , Everardo , Carina

Procurador/a: JOSE MANUEL LEMA MAQUIEIRA, Mª SUSANA TOMAS ABAL , Mª SUSANA TOMAS ABAL , ,

Letrado/a: , , , ANA SINEIRO NUÑEZ , ANA SINEIRO NUÑEZ

Procedimiento: APELACION JUICIO DE FALTAS 0000156 /2010

A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra, composta en tribunal unipersoal polo maxistrado Ilmo. Sr. don JOSE JUAN BARREIRO PRADO

pronunciou, a seguinte.

SENTENZA NÚM. 151

Pontevedra, a catro de novembro do dous mil dez

Neste rolo de apelación número 156/2010 dimanante dos autos de xuízo de faltas número 7/2009, procedentes do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución núm. 2 de

O Porriño, por lesiones son partes: como apelante AXA CIA. ASEGURADORA, e como apelados, Pura , Ceferino , María Rosa , Everardo y Carina .

Antecedentes

Primeiro.- Con data do 9 de novembro do dous mil nove, o maxistrado xuíz do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución núm.2 de O Porriño, ditou sentenza nos autos orixinais dos que o presente rolo dimana. Os feitos probados da sentenza din literalmente:

UNICO.- Resulta probado y así se declara que el día 20 de julio de 2008, sobre las 12, 00 horas, el vehículo marca Suzuki, matrícula K- ....-OK , circulaba, amparado por la aseguradora AXA y conducido por D. Remigio , por la carretera de Budiño en Porriño, diracción a la vía rápida de Salceda. Al llegar a la altura del ceda al paso para incorporarse a esa vía, el Sr. Remigio frenó su vehículo colisionando conel vehículo marca Audi matrícula .... LWM , conducido por D. Ceferino que se encontraba delante cediendo elpaso a los automóviles que circulaban por la vía rápida.

Como consecuencia del accidente resultaron lesionados los acompañantes de D. Remigio , así como D. Ceferino y Dña María Rosa que viajaban en el vehículo marca Audi. Estas lesiones consistieron en: A. Ceferino y Dª María Rosa sufrieron esguince cervical, D. Everardo fue diagnosticado de esguince cervical y dorsal, Dª Pura sufrió lesiones consistentes en esguince cervical y contusión lumbar y a Dª Carina se le diagnóstico esguince cervical y lumbar.

Segundo.- O xulgado ditou a sentenza que contén a seguinte parte dispositiva:

" Que debo condenar y condeno a D. Remigio como autor de una falta ade imprudencia prevista y penada en el articulo 621.3 del CP a la pena de 15 días de multa a razón de una cuota diaria de 3 euros, y a que indemnice, con responsabilidad civil directa de la compañía asegurador AXA a:

- D. Ceferino la cantidad de 5588,94 euros (cinco mil quinientos ochenta y ocho euros con noventa y cuatro céntimos).

-Dª María Rosa la cantidad de 5717,94 euros (cinco mil setecientos diecisiete euros con noventa y cuatro céntimos).

- Dª Carina la cantidad de 5816,37 euros (cíncoo mil ochocientos dieciséis euros con treinta y siete céntimos).

-D Everardo la cantidad e 5800,93 euros (cinco mil ochocientos euros con noventa y tres céntimos).

-Dª Pura la cantidad de 8899,87 euros( ocho mil ochocientos noventa y nueve euros con ochenta y siete céntimos)

Con aplicación a todas las cantidades de los intereses del art., 20 de la LCS .

Imponiéndole el pago de las cotas causadas."

Terceiro.- Notificada a mencionada sentenza ás partes, pola representación de AXA CIA. ASEGURADORA interpuxo un recurso de apelación, que foi admitido e tramitado de conformidade co disposto no artigo 795.4 da Lei de axuizamento criminal . Achegadas as actuacións a esta Audiencia, pasaron ao maxistrado relator para ditar resolución.

Hechos

Acéptanse e danse por reproducidos os feitos probados da sentenza contra a que se recorre.

Fundamentos

Primeiro.- O denunciado Remigio , condenado na instancia como autor responsable dunha falta prevista e penada no artigo 621.3 do Código penal , non recorre en apelación perante esta alzada. Quen si o fai é a entidade Axa Seguros Generales, S.A., na súa condición de responsable civil directa.

Alega que da documental achegada por ela ás actuacións se colixe que os cativos danos apreciados nos dous vehículos de motor que participaron na colisión e as consecuencias lesivas supostamente padecidas polos prexudicados son incompatibles. Isto é, nega a relación causal entre o tipo de accidente e as lesións e secuelas reclamadas e ás que ten que facer fronte, amais dos gastos médicos que prefire deferir para o trámite de execución de sentenza.

Verbo da realidade e dinámica do accidente de circulación non cabe abrigar dúbidas a teor da ben gráfica e nidia declaración amigable que se xuntou aos autos con motivo da celebración da vista oral na instancia, e do contundente e conteste testemuño dos condutores - Remigio e Ceferino - e dos usuarios de ambos os automóbiles -por unha banda, Pura , Everardo e Carina e, pola outra, María Rosa -. E outro tanto cómpre dicir das consecuencias da colisión, malia as suspicacias da entidade recorrente. Así, o feito de que ambos os automóbiles non amosasen danos de especial consideración non debe quedar á marxe da consideración de que se tratou dunha colisión por alcance, logo da correspondente freada, entre un todoterreo provisto dunha forte defensa -mataburros como coloquialmente a denomina a propia recorrente-, e un turismo detido cando respectaba un sinal de ceda o paso para os que circulaban pola vía preferente. E, se se repara nas lesións diagnosticadas, todas elas se refiren a escordaduras cervicais, dorsais e lumbares, notoriamente compatibles cunha colisión por alcance entre dous automóbiles, sen secuelas no caso dos dous ocupantes do vehículo alcanzado, e con alxias cervicais postraumáticas de grao leve -os denominados latigazos- no caso dos usuarios do vehículo que alcanzou ao anterior. Non se aprecian nas actuacións os indicios de fraude aos que alude a apelante, canto máis que as lesións foron perfectamente documentadas pola médica forense en cadanseu parte de sanidade. Por outra parte, non hai por que deixar para o trámite de execución de sentenza a fixación duns gastos médicos dos que discrepa a apelante pero que quedaron demostrados documentalmente ao longo das actuacións.

En conclusión, rexeito o recurso e confirmo a sentenza contra a que se apelaba.

Segundo.- As custas da presente alzada declároas de oficio.

Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,

Fallo

Desestimar o recurso de apelación interposto por a representación de AXA CIA ASEGURADORA, contra a Senteza con data do 9 de novembro do 2009, ditada polo maxistrado xuíz do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución núm. 2 de O Porriño , nos autos do xuízo de faltas núm. 7/2009. Decláranse de oficio as custas xeradas na presente alzada.

Contra a presente resolución non cabe recurso ordinario ningún.

Devólvanselle os autos orixinais ao xulgado de procedencia, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.

Deste xeito o pronuncio, mando e asino, por medio desta sentenza, da que se achegará certificación ao rolo.

PUBLICACIÓN.- Dada e pronunciada foi a anterior Sentenza polo Ilmo. Sr. Maxistrado que a firma e lída polo Ilmo. Maxistrado Ponente no mesmo día da sua data, do que eur Secretaria certifico.

Lévese ao rolo de Sala certificación da presente resolución.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.