Última revisión
03/09/2008
Sentencia Penal Nº 154/2008, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 479/2008 de 03 de Septiembre de 2008
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 6 min
Orden: Penal
Fecha: 03 de Septiembre de 2008
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 154/2008
Núm. Cendoj: 36038370022008100271
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00154/2008
AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Sección nº 002
Rolo: 0000479 /2008
Órgano Procedencia: JDO. DE LO PENAL N. 3 de PONTEVEDRA
Procedemento Orixen: PROCEDIMIENTO ABREVIADO n? 0000352 /2007
SENTENZA NÚM. 154
=============================================================
ILMO/AS SRES/AS MAXISTRADOS/AS
Don José Juan Barreiro Prado, presidente
Dona María Mercedes Pérez Martín Esperanza
Dona Rosario Cimadevila Cea
==============================================================
Pontevedra, a tres de setembro de dous mil oito
Visto, pola Sección 2ª desta Audiencia Provincial, o recurso de apelación rexistrado co número 479/08, interposto polo
procurador Pedro Sanjuan Fernández, en representación de Ángel Daniel , contra a sentenza ditada polo
Xdo. do Penal nº 3 de Pontevedra. Constituíronse como partes o mencionado recorrente e o Ministerio Fiscal, na representación
que lle é propia, e actuou como relator o maxistrado don José Juan Barreiro Prado.
Antecedentes
Primeiro.- No acto do xuízo oral de referencia ditouse unha sentenza con data do 08-Xaneiro-2008, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte: Que debo CONDENAR Y CONDENO como autor penalmente responsable de un delito de INCENDIO FORESTAL POR IMPRUDENCIA GRAVE ya definido al acusado, Ángel Daniel sin la concurrencia de circunstancias modificativas de la responsabilidad penal, a la pena de seis meses de prisión e inhabilitación especial para el derecho de sufragio durante el tiempo de la condena y multa de seis meses a razón de tres euros diarios con la responsabilidad personal subsidiaria que prevé el artículo 53 del Código Penal en caso de impago de la misma, esto es, un día de privación de libertad por cada dos cuotas impagadas, con imposición de costas.
Y, en concepto de responsabilidad civil, Ángel Daniel deberá indemnizar a la Consellería de Medio Ambiente de la Xunta de Galicia en la suma de 576 euros.
E, como feitos probados, recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela: Que sobre las 20 horas del día 20 de agosto de 2005, el acusado, Ángel Daniel , mayor de edad, con antecedentes penales susceptibles de cancelación, con domicilio en lugar de Armenteira-Couso 5 de Meis (Pontevedra) realizó una hoguera en la huerta anexa a su vivienda con la intención de quemar broza y basura, apagándola posteriormente, pero sin adoptar las debidas precauciones para que el fuego no se reprodujera. Como consecuencia de ello, el viento reavivó el fuego el cual se extendió a la maleza y matorrales próximos, quemándose 0,04 hectáreas de monte bajo no arbolado. Para sofocar el incendio tuvieron que utilizarse los medios de extinción de la Xunta de Galicia, lo que originó unos gastos de 576 euros. El acusado realizó la quema de una manera imprudente puesto que lo hizo en un entorno forestal en época de máximo riesgo y sin tomar las medidas oportunas para evitar una propagación del fuego, y, sin contar con la preceptiva autorización administrativa para realizar la quema.
Segundo.- Contra a devandita sentenza, a representación procesual do recorrente interpuxo un recurso de apelación, que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal está unido ás actuacións.
Terceiro.- Logo de trasladarlle o escrito de formalización do recurso ao Ministerio Fiscal e ás outras partes, presentouse un escrito de impugnación baseándose en que a sentenza obxecto de recurso se axusta plenamente a dereito e solicitouse a súa confirmación.
Cuarto.- O xulgado do penal referido anteriormente remitiu a este Tribunal os autos orixinais con todos os escritos presentados para resolver.
Hechos
Acéptase e danse por reproducidos os feitos que se declaran probados na sentenza obxecto de recurso.
Fundamentos
Primeiro.- No recurso de apelación que Ángel Daniel formula contra a sentenza que na instancia o condenou como autor dun delito de incendio en masa forestal por imprudencia grave, dos artigos 352 e 358 do Código penal, denuncia, ao abeiro do artigo 790.2 da Lei de axuizamento criminal , a existencia de dous erros: un, nos feitos probados da sentenza e, outro, no fundamento de dereito primeiro da mesma resolución xudicial. E en consideración á apreciación de ambos os erros persegue a súa absolución nesta alzada.
Segundo.- Dentro do primeiro dos amentados erros denunciados polo recorrente comeza este por aludir a que os feitos probados da sentenza obxecto de apelación resultan ser unha copia dos reflectidos polo fiscal no seu escrito de acusación. Mais iso, evidentemente, non constitúe un erro, como se pretende. Si o sería que os feitos probados non fosen un fiel reflexo da proba practicada no acto da vista oral, pero, no presente caso, non foi así. Por outra banda, o feito do lapso na fixación do día do incendio non ten maior transcendencia, pois manteríase intacto que entre a detección daquel e o seu control pasou media hora, e a súa extinción non se acadou ata case dúas horas despois, o que tivo como consecuencia que resultaron afectados uns catrocentos metros de matogueira e monte baixo, na aira ou chousa pegada á casa do propio acusado-apelante Ángel Daniel . Isto é unha mostra ben evidente da súa imprudencia grave ao non asegurarse de que a fogueira que antes fixera quedara totalmente extinguida e sen posibilidades de reavivarse, como así foi.
O segundo dos devanditos erros consistiría, precisamente, na tipificación delituosa dos feitos ao abeiro dos artigos 352 e 358 do Código penal , en troques, loxicamente, da absolución perseguida polo acusado. Porén, a amentada proximidade da vivenda do propio acusado con respecto do lugar do incendio, a afectación de 0,04 ha de monte baixo non arborado, o contorno forestal, a época de máximo risco (mes de agosto) sen a previa petición de autorización para a queima, a falta de realización da correspondente devasa no perímetro do lugar en que se acendeu a fogueira, e a despreocupación por parte do acusado de se o lume quedara totalmente apagado, ata o punto de que se propagou ata a matogueira próxima, non fan senón poñer de manifesto o acerto da sentenza obxecto de apelación ao subsumir os feitos nos referidos preceptos penais.
Rexeitamos así o recurso de apelación e confirmamos a resolución xudicial contra a que apela.
Terceiro.- Impoñémoslle ao apelante as custas da presente alzada por mor do rexeitamento do seu recurso.
En atención ao exposto,
Fallo
Que debemos desestimar o recurso de apelación interposto pola representación procesual de don Ángel Daniel , contra a sentenza ditada pola Iltma. Sra. Maxistrad-Xuíz do Xdo. do Penal nº 3 de Pontevedra, con data do 08-xaneiro- 2008 no P. Abreviado nº 352/2007, e confirmar esta sentenza, con imposición ao apelante das custas da presente alzada.
Ao notificar esta sentenza, déaselle cumprimento ao previsto no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder judicial.
Así o pronunciamos, mandamos e asinamos, mediante esta sentenza, da que se levará certificación ao rolo de Sala e que se anotará nos rexistros correspondentes.
PUBLICACIÓN.- A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado don José Juan Barreiro Prado durante a audiencia pública. Dou fe.

