Sentencia Penal Nº 168/20...re de 2019

Última revisión
17/09/2017

Sentencia Penal Nº 168/2019, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 4, Rec 600/2019 de 11 de Septiembre de 2019

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 10 min

Orden: Penal

Fecha: 11 de Septiembre de 2019

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: MIGUEL ARAMBURU GARCíA-PINTOS

Nº de sentencia: 168/2019

Núm. Cendoj: 36038370042019100279

Núm. Ecli: ES:APPO:2019:1955

Núm. Roj: SAP PO 1955:2019

Resumen:
RECEPTACIÓN Y CONDUCTAS AFINES

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 4

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00168/2019

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 4 de PONTEVEDRA

-

Domicilio: ROSALIA DE CASTRO,Nº 5 - PALACIO DE JUSTICIA

Telf: 986805137/36/38/39 Fax: 986805132

Equipo/usuario: MA

Modelo:001200

N.I.G.:36042 41 2 2018 0000710

ROLLO:RP APELACION PROCTO. ABREVIADO 0000600 /2019 (96)-M

Juzgado procedencia: XDO. DO PENAL N.3 de PONTEVEDRA

Procedimiento de origen: PROCEDIMIENTO ABREVIADO 0000035 /2019

RECURRENTE: Bienvenido

Procurador/a: PEDRO ANTONIO LOPEZ LOPEZ

Abogado/a: VANESA CAMBRA VILANOVA

RECURRIDO/A: MINISTERIO FISCAL

Procurador/a:

Abogado/a:

SENTENZA Nº 168/19

MAXISTRADO/AS

Dona Cristina Navares Villar

Dona María Jesús Hernández Martín

Don Miguel Aramburu García Pintos

Pontevedra, once de setembro de 2019.

A Sección Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra viu o recurso de apelación número 600/2019, interposto por Bienvenido , representado polo procurador don Pedro López López, contra a sentenza ditada o día 5 de abril de 2019 no procedemento 35/2019 tramitado ante o Xulgado do Penal número 3 de Pontevedra.

Foi parte o Ministerio Fiscal.

Actuou como relator o maxistrado don Miguel Aramburu García Pintos.

Antecedentes

Primeiro.No procedemento antes referido ditouse unha sentenza o día 5 de abril de 2019 que tiña a seguinte declaración de feitos probados:

Probado y así se declara que el acusado, Bienvenido , mayor de edad, sin antecedentes penales, el 28 de marzo de 2018, actuando con ánimo de ilícito enriquecimiento, y a sabiendas de su procedencia ilícita, vendió en las instalaciones del establecimiento ALOMOBI de la localidad de Ponteareas dedicado a la venta de teléfonos móviles, un móvil marca Samsung, modelo Galaxi S8 64 GB a Fabio por 300 euros.

El referido teléfono móvil había sido sustraído a Felisa el 10 de septiembre de 2017

A parte dispositiva da dita sentenza ten o seguinte pronunciamento:

Que debo CONDENAR Y CONDENO como autor penalmente responsable de un DELITO DE RECEPTACIÓN ya definido, al acusado, Bienvenido , en quien no concurren circunstancias modificativas de la responsabilidad criminal, a la pena de seis meses de prisión con la accesoria legal de inhabilitación especial para el ejercicio del derecho de sufragio pasivo durante el tiempo de la condena, así como al pago de las costas procesales.

Se acuerda la restitución definitiva del teléfono a Felisa .

Segundo.Contra a devandita sentenza a representación procesual do recorrente interpuxo un recurso de apelación, que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal está unido ás actuacións.

Terceiro.Logo de trasladarlle o escrito de formalización do recurso ao Ministerio Fiscal, presentouse un escrito de impugnación baseándose en que a sentenza obxecto de recurso se axusta plenamente a dereito e solicitouse a súa confirmación.

Cuarto.- O xulgado do penal remitiu a este Tribunal os autos orixinais con todos os escritos presentados e, tras seren recibidos, sinalouse unha data para a súa deliberación.


Aceptamos os feitos que se declaran probados na sentenza obxecto de recurso, que damos por reproducidos, salvo a expresión 'actuando con ánimo de ilícito enriquecimiento, y a sabiendas de su procedencia ilícita', que se suprime.


Fundamentos

Primeiro.O recurso interposto alega o erro na valoración da proba entendendo, resumidamente, que non se valoran determinadas circunstancias que acreditarían que o acusado non coñecía a orixe ilícita do teléfono: 1) a subtracción produciuse en setembro de 2017 e a adquisición polo acusado foi en febreiro de 2018; 2) a subtracción aconteceu en Ribadeo e o acusado adquiriu o teléfono en Ponteareas; 3) o prezo pagado polo acusado é un prezo axustado ao valor real; 4) a venda non foi clandestina xa que se empregou un terminal TPV para recibir o prezo.

Fronte a esta argumentación da defensa, a sentenza ditada na causa fundamenta a existencia de dolo por parte do acusado na forma en que se realizou a adquisición, nun bar, a unha persoa sen identificar, dado que é un profesional da venda de telefonía; en que a venda se realizou con tarxeta e despois retirou os cartos da caixa, e, por último, en que é irrelevante a alegación do acusado de que como o terminal estaba desbloqueado pensou que o vendedor era o lexítimo propietario.

Segundo.Na sentenza obxecto de recurso cítase a do Tribunal Supremo 8/2000 , que di:

La doctrina de esta Sala ha señalado con reiteración que el dolo en el delito de receptación no requiere que el acusado tenga un conocimiento acabado del hecho delictivo del cual proceden los bienes que adquiere o recibe, bastando que el autor tenga un estado anímico de certeza acerca de su procedencia de un delito patrimonial, conocimiento o estado anímico de certeza que, como hecho psicológico, es difícil que pueda ser acreditado por prueba directa, debiendo inferirse a través de una serie de indicios como son la irregularidad de las circunstancias de la compra o modo de adquisición, la mediación de un precio vil o ínfimo, desproporcionado con el valor real de los objetos adquiridos, la clandestinidad de la adquisición, la inverosimilitud de las explicaciones aportadas para justificar la tenencia de los bienes sustraídos, o la personalidad del adquirente acusado y de los vendedores o transmitentes de los bienes, entre otros elementos indiciarios ( S.T.S. 15 de diciembre de 1994 y 12 de diciembre de 1997 , entre otras).

Tírase da lectura desta cita que o Tribunal Supremo lembra que estamos ante unha proba de indicios, que é unha proba apta para desvirtuar a presunción de inocencia.

O Tribunal Constitucional dixo na sentenza 133/2014 o seguinte:

En relación con la invocación del derecho a la presunción de inocencia y la concreta cuestión suscitada por los recurrentes, es preciso poner de manifiesto que este Tribunal, en la STC 126/2011, de 18 de julio , recordando lo establecido en la STC 109/2009, de 11 de mayo , FJ 3, afirma 'que según venimos sosteniendo desde la STC 174/1985, de 17 de diciembre , a falta de prueba directa de cargo también la prueba indiciaria puede sustentar un pronunciamiento condenatorio, sin menoscabo del derecho a la presunción de inocencia, siempre que se cumplan los siguientes requisitos: 1) el hecho o los hechos base (o indicios) han de estar plenamente probados; 2) los hechos constitutivos del delito deben deducirse precisamente de estos hechos base completamente probados; 3) para que se pueda comprobar la razonabilidad de la inferencia es preciso, en primer lugar, que el órgano judicial exteriorice los hechos que están acreditados, o indicios, y sobre todo que explique el razonamiento o engarce lógico entre los hechos base y los hechos consecuencia; 4) y, finalmente, que este razonamiento esté asentado en las reglas del criterio humano o en las reglas de la experiencia común o, en palabras de la STC 169/1989, de 16 de octubre (FJ 2), 'en una comprensión razonable de la realidad normalmente vivida y apreciada conforme a criterios colectivos vigentes' ( SSTC 220/1998, de 16 de noviembre, FJ 4 ; 124/2001, de 4 de junio, FJ 12 ; 300/2005, de 21 de noviembre, FJ 3 ; 111/2008, de 22 de septiembre , FJ 3). El control de constitucionalidad de la racionalidad y solidez de la inferencia en que se sustenta la prueba indiciaria puede efectuarse tanto desde el canon de su lógica o cohesión (de modo que será irrazonable si los indicios acreditados descartan el hecho que se hace desprender de ellos o no llevan naturalmente a él), como desde su suficiencia o calidad concluyente (no siendo, pues, razonable la inferencia cuando sea excesivamente abierta, débil o imprecisa), si bien en este último caso el Tribunal Constitucional ha de ser especialmente prudente, puesto que son los órganos judiciales quienes, en virtud del principio de inmediación, tienen un conocimiento cabal, completo y obtenido con todas las garantías del acervo probatorio. Por ello se afirma que sólo se considera vulnerado el derecho a la presunción de inocencia en este ámbito de enjuiciamiento 'cuando la inferencia sea ilógica o tan abierta que en su seno quepa tal pluralidad de conclusiones alternativas que ninguna de ellas pueda darse por probada' ( STC 229/2003, de 18 de diciembre , FJ 4)' (FJ 23).

Os dous indicios apuntados na sentenza contra a que se recorre, que a venda foi irregular e o feito de que os cartos se recibiron ás agachadas do seu xefe, entendemos que son insuficientes para acadar a conclusión que recolle a sentenza, e, ademais, esta aparca calquera consideración sobre os contraindicios que se sinalan no recurso.

En primeiro lugar, verbo do feito de que a compravenda se concertase nun bar, non apreciamos que sexa indicio de irregularidade ningunha xa que se o poñemos en relación co feito de que os cartos da venda realizada logo polo acusado se ingresaron en conta bancaria (como acredita o documento do folio 20) estamos ante unha transmisión de propiedade allea totalmente á idea de clandestinidade ou de vontade de ocultación.

Doutra banda, a valoración que se debe facer, e que se omitiu na sentenza obxecto de recurso, dos contraindicios é relevante xa que, como mínimo, motivan a existencia dunha dúbida razoable ( STC 5/2000 ) sobre o coñecemento da orixe ilícita do terminal telefónico. En primeiro lugar, o feito de que a súa subtracción se producise en Ribadeo no mes de setembro de 2017 e que o acusado o tivese no seu poder varios meses despois (febreiro ou marzo de 2018). A distancia temporal e espacial entre ambos os feitos é moi relevante, as vicisitudes do teléfono nese período temporal puideron ser moi distintas e, desde logo, non se albisca ningún indicio que permita inferir que o señor Bienvenido tivese coñecemento da subtracción.

Tamén é significativo que o acusado vendese o teléfono percibindo os cartos nunha conta bancaria, non tentou ocultala; como se di no recurso, era moi doado ocultar esta venda xa que abondaba con acudir a un caixeiro e que o comprador retirase efectivo, estamos ante un indicio de que non existía conciencia da ilicitude. Igualmente, é relevante que o prezo de venda, 300 euros, sexa un prezo elevado para un terminal de segunda man, o que apunta a que non estamos ante un prezo vil, ademais, non existe proba ningunha, alén da manifestación do acusado de que adquiriu o terminal por 270 euros, que acredite que o prezo de adquisición fose mínimo; daquela, non podemos valorar en contra do acusado este feito.

A conclusión que se tira do anterior é que non concorren os indicios que a citada sentenza do Tribunal apunta que, xunto con outros, permiten derivar con certeza que o acusado coñecía a procedencia ilícita do teléfono.

Segundo.Por todo o dito infírese que non está acreditado o coñecemento por parte do acusado de que o terminal fose subtraído, o que exclúe un dos elementos da conduta típica do delito do artigo 298 do Código penal e, en consecuencia, procede a absolución do acusado.

Terceiro.As custas serán declaradas de oficio.

Fallo

ESTIMARo recurso de apelación interposto pola representación de Bienvenido contra a sentenza ditada o día 5 de abril de 2019 no procedemento 35/2019 tramitado ante o Xulgado do Penal número 3 de Pontevedra, sentenza que revogamos. En consecuencia, absolvemos a Bienvenido do delito de receptación de que foi acusado.

Declaramos as custas de oficio.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes facéndolles saber que esta resolución non é firme e que contra ela, de conformidade co art. 847 da Lei de axuizamento criminal, cabe interpor unrecurso de casación, que deberá prepararse mediante un escrito formalizado por avogado/a e procurador/a, que se presentará perante este Tribunal dentro doscinco díasseguintes á última notificación e que deberá conter os requisitos esixidos no art. 856 da LACrim.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos, mediante esta sentenza, da cal se levará unha certificación ao rolo de sala e que se anotará nos rexistros correspondentes.

PUBLICACIÓN.-Na mesma data foi leida e publicada a anterior resolución polo Ilmo. Sr. Maxistrado D. Miguel Aramburu García Pintos que a ditou, celebrando audiencia publica. Dou fe.


Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.