Última revisión
18/12/2009
Sentencia Penal Nº 169/2009, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 160/2009 de 18 de Diciembre de 2009
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 5 min
Orden: Penal
Fecha: 18 de Diciembre de 2009
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 169/2009
Núm. Cendoj: 36038370022009100449
Núm. Ecli: ES:APPO:2009:3820
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00169/2009
AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Sección núm. 002
Rolo: 0000160 /2009 Cr
Órgano de procedencia: JDO.1A.INST.E INSTRUCCION N.3 de CAMBADOS
Procedemento de orixe: JUICIO DE FALTAS nº 0000145 /2008
Apelante: Justiniano
Letrada: María Apelado: Sabino Letrado: Carlos Martínez Garrido Consorcio de Compensación de Seguros A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra, composta en tribunal unipersoal polo maxistrado Ilmo. Sr. don José Juan Ramón Barreiro Prado, pronunciou, NO NOME DO REI a seguinte SENTENZA NÚM. 169 Pontevedra, dezaoito de decembro de dous mil nove No presente rolo de apelación número 160/09 dimanante dos autos de xuízo de faltas número 145/08, procedentes do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución núm. 3 de Cambados , por lesións imprudentes, son partes: como apelante Justiniano , e como apelados Sabino , CONSORCIO DE COMPENSACIÓN DE SEGUROS, e o Ministerio Fiscal.
Antecedentes
Primeiro.- Con data do 4 de xuño de 2009, o maxistrado/a xuíz/a do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución núm. 3 de Cambados, ditou sentenza nos autos orixinais do que o presente rolo dimana. Os feitos probados da sentenza din literalmente:
"Queda probado que no se formula acusación contra Justiniano ".
Segundo.- O xulgado ditou a sentenza que contén a seguinte parte dispositiva:
"Que debo absolver y absuelvo a Sabino de la falta de lesiones por imprudencia leve del art. 621.3 del Código Penal .
Las costas se declaran de oficio".
Notificada amentada resolución ás partes, Justiniano interpuxo un recurso de apelación, que foi admitido e tramitado de conformidade co disposto no artigo 795.4 da Lei de axuizamento criminal . Achegadas as actuacións a esta Audiencia, pasaron ao maxistrado relator para ditar resolución.
Fundamentos
Primeiro.- O apelante Justiniano alegaba no seu recurso a nulidade do fundamento de dereito primeiro da sentenza do Xulgado a quo -por non axustarse aos feitos e ao practicado no acto da vista- e a falta de congruencia da sentenza, ao abeiro dos artigos 238.3º da Lei orgánica do poder xudicial , e 742 e 973 da Lei de axuizamento criminal .
Na sentenza contra a que se apela, no seu amentado fundamento de dereito primeiro, razóase que os feitos declarados legalmente probados non son constitutivos da falta de lesións por imprudencia leve, prevista e penada no artigo 621.3 do Código penal . E deseguido reflíctese que:
En el presente caso no se ha formulado acusación y el derecho a la tutela juficial efectiva sin resultado de indefensión, a ser informado de la acusación, y a un proceso con todas las garantías que reconoce el art. 24 de la Constitución conducen a establecer que este precepto constitucional consagra el principio acusatorio en todos los procesos penales, incluido el juicio de faltas, conforme a la cual la pretensión punitiva debe constar exteriorizada sin que sea admisible la acusación tácita ( Sentencia del Tribunal Constitucional de 27 de enero de 1992 o 25 de junio de 1992 ). La falta de acusación en el presente juicio de faltas conlleva la absolución de Sabino .
Velaí o literal contido do fundamento de dereito primeiro da sentenza da instancia que o apelante considera nulo, xa que -como el alegaba e quedou demostrado coa copia da gravación da vista oral- si que formulou acusación contra o denunciado Sabino , coa concreta petición de condena e determinación tanto da súa responsabilidade civil como da entidade Forcon AYF, S.L., Allianz, e Consorcio de Compensación de Seguros, que se pode consultar no propio recurso de apelación, e escoitar na gravación da vista oral.
Non só iso, senón que na sentenza da instancia, no seu apartado de feitos probados, como tales fíxose constar: Queda probado que no se formula acusación contra Justiniano . E sendo este o denunciante, e debéndose entender a alusión ao mesmo como un involuntario lapso por querer facerse mención ao denunciado Sabino , resulta que si que quedou demostrado que contra este último se formulou a correspondente acusación.
Esta inexistente falta de acusación constitúe a razón dos feitos probados da sentenza da instancia, e o seu primeiro e radical argumento xurídico para, de entrada, deixar ben sentado que resultaba imposible ditar un pronunciamento condenatorio. En consecuencia, non cabe máis que decretar a nulidade da devandita resolución xudicial ao abeiro dos artigos 238 e seguintes da Lei orgánica do poder xudicial . Deste xeito, debe ditarse outra nova, con enteira liberdade de criterio, mais coa congruencia da atención a unha acusación que si se formulou; e, co aproveitamento de tal circunstancia, quizais se poida dar tamén contestación á alegación de prescrición formulada polo denunciado Sabino , como así consta na acta do xuízo oral e insistía na súa oposición ao recurso de apelación.
Segundo.- As custas da presente alzada declároas de oficio.
Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,
Fallo
Declarar a nulidade da sentenza ditada o 4 de xuño de 2009 pola xuíza do Xulgado de Instrución número 3 de Cambados nos autos de xuízo de faltas 145/08 (rolo de apelación 160/09-CR), para que se dite outra nova resolución, con enteira liberdade de criterio, mais coa congruencia da atención a unha acusación que si se formulou, consonte razoei na fundamentación xurídica desta mesma resolución da alzada. Así mesmo, declaro de oficio as custas xeradas.
Contra a presente resolución non cabe recurso ordinario ningún.
Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado de procedencia, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.
Deste xeito o pronuncio, mando e asino por medio desta sentenza, da que se achegará certificación ao Rolo.
