Sentencia Penal Nº 17, Au...ro de 2000

Última revisión
24/02/2000

Sentencia Penal Nº 17, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 1090 de 24 de Febrero de 2000

Relacionados:

Tiempo de lectura: 7 min

Orden: Penal

Fecha: 24 de Febrero de 2000

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: VARELA CASTRO, LUCIANO

Nº de sentencia: 17

Resumen:
      Esta vén ser, xa que logo, unha cuestión na que este tribunal pode entrar. Inatinentes alusións na sentencia apelada a elementos de xuízo non atendibeis. Existencia de proba abonda da autoría imputada ao apelante. Non é certo que a proba de pericia desminta esa autoría. O que non equivale a proba de resultado contrario.Son datos non discutidos que ao menos alguén fixo a chamada inxuriosa dando como nome o do acusado.As atribucións de autoria feitas polas testemuñas inimizadas co acusado poden ser postas en cuestión.Téndoselles notificada a devandita sentencia ás partes, JOSÉ MANUEL  interpuxo recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos dous efectos.Ningunha tacha ou razón de non credibilidade resulta alegada verbo desta testemuña.Non tendo sido desvirtuada esa avaliación nesta instancia e non tendo sido obxecto de recurso outra cousa ningunha, cómpre confirmármo-la sentencia apelada.Que é mester nós rexeitarmos, e de feito rexeitámolo, o recurso de apelación movido por don José Manuel contra da sentencia pronunciada polo Xulgado do Penal 2 de Pontevedra, no procedemento abreviado núm. 439/98, confirmando a devandita sentencia con imposición das custas á parte apelante.    

Fundamentos

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 1

PONTEVEDRA

 

AUTO: 01017/2000

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDPIA

Sección nº 1ª

 

APELACIÓN PERAL

 

Rolo: 1090/99

P. Abreviado: 0439/98

Orixe: XDO. PENAL-2 PONTEVEDRA

 

Ilmos. Sres. Presidente:

D. JAIME CARRERA IBARZABAL Maxistrados:

D. LUCIANO VARELA CASTRO

D. JULIO CÉSAR PICATOSTE BOBILLO

 

      A SECCIÓN PRIMEIRA DA. AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, composta por D. JAIME CARRERA IBARZABAL, presidente, D. LUCIANO VARELA CASTRO e D. JULIO CESAR PICATOSTE BOBILLO, maxistrados, pronunciou

 

NO NOME DO. REI

 

a seguinte

 

SENTENCIA NÚM.17

 

Pontevedra, o vintecatro de febreiro do dous mil.

 

      No presente recurso de apelación interposto fronte á sentencia deitada nas precedentes dilixencias previas do procedemento abreviado que a cima se amenta, contra do acusado, JOSÉ MANUEL, son partes: dunha beira, como apelante, JOSÉ MANUEL, e da outra, como apelados, ANA MARÍA e o Ministerio Fiscal. Foi relator o maxistrado don LUCIANO VARELA CASTRO, quen expresa o parecer da Sala.

 

ANTECEDENTES DE FEITO

 

Acéptanse os feitos probados da sentencia contra a que se recorre.

 

PRIMEIRO. Con data 27 de abril de 1999, o xuiz do Xulgado do Penal-2 de Pontevedra pronunciou sentencia nos actos orixinais de onde o presente rolo é tirado, a declaración de feitos probados da cal, rigorosamente, di:

 

"Que el día 23 de febrero de 1995, el acusado José Manuel PRIMEIRO. Obxecto de recurso.

 

      A parte apelante fai cuestión nesta segunda instancia dun único motivo de apelación: nega-la autoría das expresións avaliadas como inxuriosas. Esta vén ser, xa que logo, unha cuestión na que este tribunal pode entrar.

 

      Verbo dese obxectivo, a argumentación do recurso limítase a cuestiona-la credibilidade das testemuñas de cargo, afirmando a credibilidade da súa alegación verbo da chamada telefónica feita na data dos feitos axuizados.

 

Deixamos de lado as simpáticas, na medida en que non poden ser consideradas como feitas en serio, alusións á xustificación a que alude o apelante dunhas dilixencias contra da Administración de Xustiza, pois que amosan unha máis que evidente ignorancia verbo do que significa a expresión "non constan antecedentes" dita como feito probado na recorrida, ou unha non menor ignorancia verbo da natureza xurídica da Administración de Xustiza.

 

      SEGUNDO. Inatinentes alusións na sentencia apelada a elementos de xuízo non atendibeis.

 

      A sentencia apelada amosa unha pouco respectuosa aplicación do mandado no artigo 741 e 714 da Lei de axuizar cando reitera, como fundamento da súa decisión, alusións ao que acusado e testemuñas declararan na fase de instrucción. Tal proceder argumentador resulta pouco aturábel desde o debido respecto á garantía constitucional da presunción de inocencia só enervábel pola proba practicada no xuízo oral, agás no que aquel artigo 714 autoriza, segundo a xurisprudencia, pero seguindo as pautas procedementais necesarias, que non se dan no caso.

 

      TERCEIRO. Existencia de proba abonda da autoría imputada ao apelante.

 

Non é certo que a proba de pericia desminta esa autoría. A pericia amosouse de imposíbel realización. O que non equivale a proba de resultado contrario.

 

      Son datos non discutidos que ao menos alguén fixo a chamada inxuriosa dando como nome o do acusado.

 

      Esa chamada foi feita desde o número de teléfono indicado pola acusación, segundo deriva da non discutida maneira de emisión: chámase desde a emisora ao número desde o que se pide a intervención no programa.

 

      As atribucións de autoria feitas polas testemuñas inimizadas co acusado poden ser postas en cuestión.

 

      Pero o manifestado pola testemuña Sra. R. resulta inequívoco. Reitera non ter dúbida que foi o acusado a persoa que escoita pola radio.

 

 Jose Manuel, nacido el 26 de octubre de 1966 y cuyos antecedentes penales no constan, con evidente intención de perjudicar el crédito, fama y honra de Ana María en tal fecha Patrona Mayor de la Cofradía de Pescadores de L. -, durante la emisión del programa radiofónico ...  que emite Radio P. -Radio A.- realizó una llamada telefónica manifestando literalmente "quiero exponer porque esa gente de C. hizo una manifestación para que Ana se quedara de Patrona Mayor .. porque los mariscadores de C. están mariscando todas las noches .. y Ana está cargando la cubeta de almeja en el Jeep de la Cofradía y el Sr. secretario va a venderlas a la lonja .. hay pruebas ... yo lo vi .. todas las mareas de noche .. la última vez que .. la última marea que se abrió .. la semana pasada, esa señora estaba cargando las cubetas de la almeja en el Jeep de la Cofradía y el Sr secretario a la lonja a venderlas .. en la lonja de E., debajo del Colegio de monjas .. también quiero exponer que esos carnets que se iban a dar para gente necesitada de la parroquia y hubo gente que por esos carnets pagaron a cien mil pesetas..., entonces la gente necesitada de la parroquia no le vino a nadie, simplemente le vino a la gente que puede y pagó 100 000 pesetas por los carnets .. en la Cofradía pasan cosas muy serias y llevo mucho tiempo dentro de la Cofradía de P. .. y sé lo que pasa .. quiero que la gente se entere de lo que está pasando en esta Cofradía de P.".

 

      Dichas manifestaciones fueron grabadas en cinta magnetofónica por la propia Cofradía y escuchadas por numerosos oyentes del programa ... . La llamada telefónica realizada desde la casa de Eduarda".

 

      SEGUNDO. No devandito xulgado deitouse sentencia, coa resolución que, a seguir, se expresa:

 

DECISION: "Que debo condenar y condeno a José Manuel como responsable criminal, en concepto de autor directo, de un delito de injurias con publicada, previsto y penado en los arts. 208, 209.1 y 211 del actual Código penal, sin la concurrencia de circunstancias modificativas de la responsabilidad, a la pena de ocho meses de multa con una cuota diaria de mil pesetas por día y a que indemnice a Ana María en concepto de responsabilidad civil en la cantidad de trescientas mil pesetas. Y todo ello con expresa imposición al condenado de las costas del procedimiento.

 

TERCEIRO. Téndoselles notificada a devandita sentencia ás partes, JOSÉ MANUEL  interpuxo recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos dous efectos. Tras terénselle elevadas as actuacións a este tribunal, sinalouse o día dezasete de febreiro do año que andamos para deliberaren e deitaren sentencia no presente recurso.

 

FUNDAMENTOS XURIDICOS

      Ningunha tacha ou razón de non credibilidade resulta alegada verbo desta testemuña.

 

      De querer pórse en cuestión a fiabilidade "técnica, desta testemuña para face-la identificación, deberían achegarse argumentos a prol de tal descualificación. En todo caso esa proba foi avaliada pola xulgadora de primeira instancia con inmediación.

 

      Non tendo sido desvirtuada esa avaliación nesta instancia e non tendo sido obxecto de recurso outra cousa ningunha, cómpre confirmármo-la sentencia apelada.

 

      Acae atérmonos a canto levamos dito e, desenvolvendo a potestade xurisdiccional que a Constitución española nos outorga.

 

DECIDIMOS

 

      Que é mester nós rexeitarmos, e de feito rexeitámolo, o recurso de apelación movido por don José Manuel contra da sentencia pronunciada polo Xulgado do Penal 2 de Pontevedra, no procedemento abreviado núm. 439/98, confirmando a devandita sentencia con imposición das custas á parte apelante.

 

      Con testemuño desta resolución, devólvanselle as actuacións ao xulgado de orixe, por quen se ha notificar recibimento.

 

Deste xeito, por esta a nosa sentencia, da que se achegará certificación ao rolo da Sala, pronunciámolo, mandámolo e, asemade, asinámolo.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.