Última revisión
04/12/2008
Sentencia Penal Nº 170/2008, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 193/2008 de 04 de Diciembre de 2008
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 6 min
Orden: Penal
Fecha: 04 de Diciembre de 2008
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 170/2008
Núm. Cendoj: 36038370022008100455
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00170/2008
AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Sección núm. 002
Rolo: 0000193 /2008 CR
Órgano de procedencia: JDO. DE INSTRUCCION N. 2 de PONTEVEDRA
Procedemento de orixe: JUICIO DE FALTAS nº 0000628 /2007
A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra, composta en tribunal unipersoal polo maxistrado Ilmo. Sr. don José Juan Ramón Barreiro Prado, pronunciou,
NO NOME DO REI
a seguinte
SENTENZA NÚM. 170
Pontevedra, catro de decembro de dous mil oito
No presente rolo de apelación número 193/08 dimanante dos autos de xuízo de faltas número 628/07, procedentes do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución núm. 2 de Pontevedra , por lesións imprudentes, son partes: como apelante (denunciante) don/a
Javier , e sendo parte denunciada Romualdo .
Antecedentes
Primeiro.- Con data do 1 de xullo de 2008, o maxistrado xuíz do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución núm. 2 de Pontevedra, ditou sentenza nos autos orixinais do que o presente rolo dimana. Os feitos probados da sentenza din literalmente:
"En fecha 12 de septiembre de 2007, Javier , interpuso denuncia en la que alegó, en síntesis, que el día 11 de febrero del mismo año cuando circulaba en bicicleta, en compañía de tres ciclistas más, por la Insua, Pontecaldelas, a la altura del nº 153, cuando un perro salió de la casa situada en la derecha de la vía a gran velocidad, por lo que Javier no pudo esquivarlo y se produjo su atropello. Como consecuencia del impacto Javier salió despedido de la bicicleta e impactó fuertemente contra la calzada".
Segundo.- O xulgado ditou a sentenza que contén a seguinte parte dispositiva:
"QUE DEBO ABSOLVER Y ABSUELVO LIBREMENTE A Romualdo como autor de la falta de lesiones que se le imputaba, y se declaran de oficio las costas procesales causadas".
Notificada amentada resolución ás partes, Javier interpuxo un recurso de apelación, que foi admitido e tramitado de conformidade co disposto no artigo 795.4 da Lei de axuizamento criminal . Achegadas as actuacións a esta Audiencia, pasaron ao maxistrado relator para ditar resolución.
Hechos
Acéptanse e danse por reproducidos os feitos probados da sentenza contra a que se recorre.
Fundamentos
Primeiro.- A sentenza da instancia absolveu a Romualdo da falta de lesións por imprudencia leve do artigo 621.3 do Código penal , que lle imputaba o denunciante Javier .
Ao abeiro dos artigos 976 e 790, 791 e 792 da Lei de axuizamento criminal, este formula agora un recurso de apelación perante esta alzada. Alega erro na valoración da proba, e infracción de precepto legal. E remata por solicitar a revogación da sentenza absolutoria da instancia e que se dite agora outra nova pola que se condene ao denunciado por el.
De ociosa cita resulta xa a estas alturas a xurisprudencia do Tribunal Constitucional que, arrancando da súa STC 167/2002, do 18 de setembro , chega ata a última que se coñece, STC 124/2008, do 20 de outubro . Segundo esta última:
[...] desde la STC 167/2002, de 18 de septiembre , hemos reconocido límites constitucionales a la posibilidad de revisión fáctica de las sentencias absolutorias. Tales límites derivan de la exigencia de respetar los principios de publicidad, inmediación y contradicción en la valoración de las pruebas. Así, la Constitución veda ex art. 24.2 que un Juez o Tribunal de lo penal sustente una condena sobre su propia apreciación de lo sucedido a partir de la valoración de testimonios a los que no ha asistido. No obstante, como hemos resaltado en la STC 328/2006, de 20 de noviembre , tales "límites son aplicables al juicio de apelación penal en tanto que su configuración legal - art. 795 LECrim - atribuye plena jurisdicción al Tribunal ad quem, con la posibilidad de revisar y corregir la valoración de la prueba llevada a cabo por el Juez a quo y de modificar los hechos probados" (FJ 4). En estos casos el órgano de apelación no puede operar una modificación de los hechos probados que conduzca a la condena del acusado después de realizar una diferente valoración de la credibilidad de los testimonios de los acusados o testigos, en la que se fundamenta la modificación del relato de hechos probados y la conclusión condenatoria, si tal modificación no viene precedida del examen directo y personal de los acusados o testigos en un debate público en el que se respete la posibilidad de contradicción ( SSTC 40/2004, de 22 de marzo, FFJJ 5 y 6; 111/2005, de 9 de mayo, FFJJ 1 y 2; 170/2005, de 20 de junio, FJ 2 , entre otras). Se configuran así los referidos principios como garantías del acto de valoración de la prueba o del proceso de conformación de los hechos ( STC 245/2007, de 10 de diciembre, FJ 3 ).
A teor da anterior doutrina constitucional, pretender, como pretende o agora recorrente en apelación, a revogación dunha sentenza absolutoria da instancia para que se dite nesta alzada por primeira vez un pronunciamento condenatorio, sen tan sequera facer proposta da práctica de probas, dende logo que inexorablemente aboca ao fracaso a apelación. Especialmente cando se trata de probas tan eminentemente persoais como son a declaración do propio denunciante apelante Javier , do denunciado Romualdo , así como as testemuñais do garda civil con número de carné profesional NUM000 , Germán , e de Moises . Pero é que, por maior abastanza, o que no fondo latexa semella ser unha cuestión civil ( artigo 1905 do Código civil ), que se ten que solucionar, xa que logo, perante tal xurisdición.
En conclusión, rexeito o recurso e confirmo a sentenza contra a que se apela.
Segundo.- As custas da presente alzada declároas de oficio.
Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación,
Fallo
Que desestimo o recurso de apelación interposto por don/a Javier e confirmo a sentenza con data do 1 de xullo de 2008, ditada polo maxistrado xuíz do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución núm. 2 de Pontevedra, nos autos do xuízo de faltas núm. 628/07 . Decláranse de oficio as custas xeradas na presente alzada.
Contra a presente resolución non cabe recurso ordinario ningún.
Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado de procedencia, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.
Deste xeito o pronuncio, mando e asino por medio desta sentenza, da que se achegará certificación ao Rolo.
