Última revisión
16/09/1999
Sentencia Penal Nº 174, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 149 de 16 de Septiembre de 1999
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 5 min
Orden: Penal
Fecha: 16 de Septiembre de 1999
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 174
Fundamentos
AUDIENCIA PROVINCIAL
SECCION SEGUNDA
PONTEVEDRA
APELACION PENAL
Rolo 0149/99
X. FALTAS 0131/99
Procedencia XDO.INSTRUCCION VIGO-2
Ilmo. Sr.
Maxistrado:
D. JOSÉ JUÁN R. BARREIRO PRADO
A SECCION SEGUNDA Da. AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, constituida en Tribunal Unipersoal polo Maxistrado JOSÉ JUÁN R. BARREIRO PRADO, pronunciou
NO NOME DE EL-REI
a siguinte
S E N T E N C I A N. 174
Pontevedra, 16 de Setembro de 1999
No recurso de apelación interposto fronte a sentencia deitada no XUÍZO DE FALTAS número 0131/99, vindo do XULGADO DE INSTRUCCION NUMERO 2 DE VIGO, son partes: dunha banda, como apelante CIA UF A.F. e da outra, como apelados MOISES, SUSANA JUAN ANTONIO e o MINISTERIO FISCAL.
ANTECEDENTES DE FEITO.
Acéptanse os feitos probados da sentencia recorrida..
PRIMEIRO. Con data catorce de maio de mil novecentos noventa e nove o ILTMO. SR. MAXISTRADO-XUÍZ DE INSTRUCCION NUMERO 2 DE VIGO, dictou sentencia, os feitos probados da cal literalmente din:
"El día 5 de octubre de 1.998, sobre las 21 horas, por la Cl------ de esta ciudad circulaba el turismo-----, propiedad de Moisés y conducido, con su autorización por Susana , asegurado en la Cía AF-UF, en dirección a Pontevedra, y al llegar a la confluencia con la C/ ------, hizo giro para introducirse en la misma, a velocidad inadecuada, y de ese modo fue a colisionar con el ---- con matrícula ---------, que conducía su propietario Juan Antonio , y se encontraba circulando por citada C/ -----, en dirección a la C/ -----, después de rebasar la isleta existente en ese lugar.
Como consecuencia de tal colisión Juan Antonio tuvo lesiones, que curaron a los 48 días, con varias asistencias médicas, e impedimento para trabajo habitual durante ese término "
SEGUNDO. Polo Xulgado dictouse sentencia que conten a seguinte parte dispositiva:
Que debo condenar y condeno a SUSANA como autora criminalmente responsable de una falta de imprudencia leve, a pena de MULTA DE QUINCE DIAS con cuota diaria de QUINIENTAS PESETAS y responsabilidad personal subsidiaria de un día de privación de libertad por cada dos cuotas diarias insatisfechas, debiendo indemnizar a JUAN ANTONIO en TRESCIENTAS CUARENTA Y TRES MIL DOSCIENTAS PESETAS por días de baja por lesiones, en CUATRO MIL CIENTO OCHENTA Y SIETE PESETAS por gastos de farmacia y en CUATRO MIL CUATROCIENTAS CINCUENTA PESETAS por gastos de transporte, cantidades que satisfará directamente, con recargo del interés establecido en el artículo 20.4 de la ley de Contrato de Seguro, desde la fecha del accidente hasta su completo pago, la Cía AF-UF, y, subsidiariamente Moisés .
TERCEIRO. Notificada a devandita sentencia as partes por CIA UF A.F. interpúxose recurso de apelación, e emprazadas as partes deuse cumprimento o establecido no artigo 775-5ª da L.A. Cr solicitando no seu escrito a recorrente a revogacíón, e polos apelados e o Ministerio Fiscal solicitouse a confirmación da sentencia recorrida.
II. FUNDAMENTOS XURIDICOS.
PRIMEIRO. Para o rexeitamento do recurso de apelación interposto pola entidade "AF-UF" abonda, con reparar en dúas cuestións: primeiro, que está por ver o carácter vinculante do baremo contido na Lei 30/95, do 8 de Novembro de 1995, amosándose así, tamén, perfectamente axustadas a dereito aquelas resolucións xudiciais que fagan abstracción das sumas naquel indicadas e, ponderada e prudencialmente, procedan á indemnización económica das consecuencias derivadas dun accidente de automóbil, e segundo, sendo discutible tamén referido particular, o certo é que o sentir maioritario desta Audiencia Provincial vén dado por adxudicar o carácter de débeda de valor ás indemnizacións derivadas dun evento automobilístico e, xa que logo, por establece-la contía daquelas en atención á data de pronunciamento da resolución xudicial de que se trate.
Por outra banda, o recoñecemento dos gastos de farmacia e de transporte deben manterse na súa nada desproporcionada contía. (4.187 e 4.450 ptas., respectivamente), por correspondérense os mesmos coa natureza dos padecementos do apelado e coa necesidade deste de someterse este as correspondentes consultas de seguimento e posterior rehabilitación, asemade que, igualmente se ratifica a aplicación do factor de corrección do 10 por cento, en concepto de prexuízos económicos que, polo demais, incluso en ausencia de toda xustificación de ingresos tamén se pode ter en conta segundo o libre albredío do Xulgador.
SEGUNDO. Impóñense as custas da presente alzada á parte apelante por mor do rexeitamento da súa impugnación.
Cómpre atérmonos a todo o que levamos dito, e desenvolvendo a potestade xurisdiccional que a Constitución Española nos outorga..
DECIDO
Desestimo o recurso de apelación interposto por CIA UF A.F. e confirmo a sentencia de data 14.05.99, procedente do XULGADO DE INSTRUCCION NUMERO 2 DE VIGO, en Autos de Xuízo de Faltas número 131/99, con imposición o apelante das custas desta instancia.
Deste xeito, por esta a miña sentencia, á fin xulgando, pronuncioo, mándoo e asínoo.

