Última revisión
30/11/2007
Sentencia Penal Nº 176/2007, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 546/2007 de 30 de Noviembre de 2007
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 8 min
Orden: Penal
Fecha: 30 de Noviembre de 2007
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 176/2007
Núm. Cendoj: 36038370022007100465
Núm. Ecli: ES:APPO:2007:2976
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00176/2007
AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Sección núm. 002
Rolo: 0000546 /2007-M
Procedencia: JDO. DE LO PENAL N. 1 de PONTEVEDRA
Procedemento de orixe: PROCEDIMIENTO ABREVIADO nº 0000020 /2007
SENTENZA NÚM. 176
===========================================================
Maxistrados
Don JOSÉ JUAN RAMÓN BARREIRO PRADO, presidente
Dona Mª Mercedes Pérez Martín Esperanza
Dona Mª Covadonga Hortas Álvarez
===========================================================
Pontevedra, trinta de novembro de dous mil sete.
Foi visto, pola Sección 2ª desta Audiencia Provincial na causa instruída co número 546/07, o recurso de apelación interposto
polo procurador don Pedro Antonio López López, na representación de don Esteban , fronte á sentenza ditada
polo Xulgado do Penal núm. 1 de Pontevedra, no procedemento abreviado núm. 20/07; é parte o apelado Benedicto , e o Ministerio Fiscal, e actúa como maxistrado relator don JOSÉ JUAN RAMÓN BARREIRO PRADO.
Antecedentes
Primeiro.- Pronunciouse nos autos de referencia a sentenza con data do 14 de xuño de 2007 , que na súa parte dispositiva di literalmente: "QUE DEBO CONDENAR Y CONDENO a Esteban como autor criminalmente responsable de un delito de apropiación indebida, a la pena de UN AÑO DE PRISIÓN, con la accesoria de inhabilitación especial para el ejercicio del derecho de sufragio pasivo durante el tiempo de la condena, condenándolo asimismo al abono de las costas del juicio, incluidas las de la acusación particular.
En concepto de responsabilidad civil, Esteban indemnizará a Benedicto en la cantidad de dos mil doscientos seis euros (2.206 euros)"
E como feitos probados expresamente recóllense os da sentenza contra a que se apela: "Analizando en conciencia las pruebas practicadas en el acto de juicio oral, resulta probado y así expresamente se declara que el acusado Esteban , mayor de edad y sin antecedentes penales, fue condenado por Sentencia del Juzgado de Instrucción nº 1 de O Porriño de fecha veinte de mayo de dos mil dos como autor de una falta de coacciones por retener indebidamente en su taller mecánico el vehículo marca Opel Kadett, matrícula DO-....-IO , propiedad de Benedicto , cuando este le había reclamado su entrega el día 21 de marzo de 2001, negándose a ello el acusado a pesar de que no existía deuda pendiente a su favor.
El acusado con conocimiento de que no estaba legítimamente autorizado para ello, ha persistido en su negativa a devolver el referido vehículo a su propietario, desatendiendo el nuevo requerimiento efectuado por el propietario el día 3 de octubre de 2002.
El día 27 de mayo de 2003, previa comunicación al acusado, la Notario Dña. Mónica Alba Castro por requerimiento de Benedicto se personó en el lugar de Pereiras, DIRECCION000 , s/nº sin que se realizase la entrega del vehículo. Al día siguiente, 28 de mayo de 2003, el acusado envió un telegrama al Sr. Benedicto con el texto "puede a retirar el vehículo matrícula DO-....-IO el miércoles día 04-06-03 a las 12 de la mañana se necesita confirmación".
El día 4 de junio de 2003, Benedicto acompañado por Jose Manuel acudió al domicilio del acusado en DIRECCION000 s/n, Pereiras-Mos para recoger el vehículo, no encontrándose el vehículo en el lugar, siendo increpados por el acusado para que se fuesen.
El mismo día 4 de junio de 2003, Benedicto contesta al acusado vía fax "que si realmente quiere entregarme el vehículo que le vengo reclamando desde hace tres años, que me lo entregue en la dirección que a continuación le indico."
El acusado trasladó en grúa el vehículo Opel Kadett matrícula DO-....-IO , sin conocimiento del propietario desde las instalaciones del Talleres Senlle, sitas en Sanguuiñeda 224, Mos, a otras instalaciones en Portela 50, Porteliña-Mos, posteriormente desde las instalaciones del taller mecánico a un campo cercano en Atios-Porriño, quedando el vehículo a la intemperie, para finalmente volver a trasladarlo en octubre de 2003, a su domicilio en DIRECCION000 nº NUM000 Pereiras Mos, donde permanece.
Tras recaer sentencia condenatoria en el juicio de faltas seguido ante el Juzgado de Instrucción Nº 1 de O Porriño, el acusado no condicionó la devolución del vehículo al pago previo de cantidad alguna.
Como consecuencia de los anteriores hechos, el vehículo marca Opel, modelo Kadett GSI, matrícula DO-....-IO , con un valor medio de 2.206 euros cuando ingresó en el taller, ha perdido por completo el valor."
Segundo.- Contra a dita sentenza, a representación procesual do agora recorrente interpuxo o recurso de apelación que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal se atopa unido ás actuacións.
Terceiro.- Tras lle dar a coñece-lo escrito de formalización do recurso ó Ministerio Fiscal, este presentou un escrito de impugnación no que solicita a confirmación da sentenza contra a que se recorre xa que se axusta a dereito. Tamén o apelado Benedicto presentou escrito de impugnación nos mesmos termos.
Hechos
Acéptanse e danse por reproducidos os feitos que na sentenza obxecto de recurso se declaran probados.
Fundamentos
PRIMEIRO.- O recurso de apelación formulado por Esteban contra a sentenza que na instancia o condenou como autor dun delito de apropiación indebida do artigo 252 do Código Penal , baséase nos seguintes motivos: infracción de precepto constitucional, con cita dos artigos 5.4 da Lei Orgánica do Poder Xudicial , 852 da Lei de Axuizamento Criminal , e 24.1 e 2 da Constitución española; infracción de precepto legal, por vulneración do artigo 252 do Código Penal ; e erro na apreciación da proba.
Porén, ningunha das amentadas infraccións nin erro se albisca na sentenza así apelada.
SEGUNDO.- Quen así impugna xa foi condenado anteriormente por unha falta de coaccións por, precisamente, reter indebidamente no seu taller mecánico un vehículo propiedade do agora apelado Benedicto , e non devolverllo a este malia o requirimento efectuado a tal efecto, e que non existía ningunha débeda ao seu favor que presumiblemente puidese dotalo de algunha razón na devandita retención.
Malia o anterior, e a conseguinte firmeza de tal precedente condena, aínda é hoxe o día que o acusado-apelante se dignou en devolverlle o vehículo ao seu lexítimo dono. Da constancia e reiteración dos intentos despregados con tal propósito por parte do agora apelado boa conta dá a Xulgadora a quo na súa sentenza, cumprindo así remitírmonos a súa resolución. Mesmo o turismo foi traslado dos talleres do acusado, a outro local, a unha propiedade dun amigo daquel e, por último, ao parecer, a unha parcela do propio acusado como el mesmo ten declarado, quedando así á intemperie.
Se auténtica vontade de restitución tivese o acusado xa así o tería demostrado e, máxime, se como é o caso, por tal motivo xa recibiu unha condena por unha mera falta. Sobrábanlle procedementos a través dos cales xustificar a posta a disposición do automóbil a prol do dono deste ao longo xa de oito anos, e dende fai máis de seis anos dende a devandita condena por falta. Por iso, e porque xa se tiñan formulados os escritos de acusación e declarada a apertura do xuízo oral, nin a máis mínima consideración compría facer do pretendido ofrecemento de devolución que en tal intre efectuou o acusado-apelante aos efectos atenuatorios ( invocado artigo 21.5ª do Código Penal ), a parte do lamentable e residual estado no que se atopa o vehículo tal cal así consta no informe do perito que informou e, posteriormente, declarou no acto da vista oral celebrado na instancia. Precisamente tamén por isto último, a cantidade fixada en concepto de responsabilidade civil correcta se amosa por corresponderse co valor medio de mercado daquela dun automóbil como o da propiedade do seu dono e agora apelado.
En consecuencia, e dada a contundencia e nitidez dos feitos axuízados e a súa inexorable subsunción no tipo do artigo 252 do Código Penal , cómpre rexeitar o recurso de apelación formulado contra a sentenza da instancia, os argumentos fácticos e xurídicos da cal resultan de plena asunción.
TERCEIRO.- Impóñense as custas da presente alzada á parte apelante por mor do rexeitamento do seu recurso.
En atención ó exposto:
Fallo
Que debiamos desestimar e desestimamos o recurso de apelación interposto pola representacion procesual de don Esteban , fronte á sentenza ditada con data do 14 de xuño de 2007 no procedemento abreviado núm. 20/07 do Xulgado do Penal núm. 1 de Pontevedra , debemos confirmar a mencionada sentenza. Impoñénselle as custas desta alzada ó recorrente.
Ó notifica-la sentenza, déaselle cumprimento ó disposto no artigo 248-4º da Lei orgánica do poder xudicial .
Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por medio desta Sentenza, da que se achegará un testemuño ó Rolo de Sala. Anótese no rexistro correspondente.

