Sentencia Penal Nº 186/20...re de 2006

Última revisión
05/10/2006

Sentencia Penal Nº 186/2006, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 2, Rec 145/2006 de 05 de Octubre de 2006

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 7 min

Orden: Penal

Fecha: 05 de Octubre de 2006

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: VARELA CASTRO, LUCIANO

Nº de sentencia: 186/2006

Núm. Cendoj: 36038370022006100304

Núm. Ecli: ES:APPO:2006:2484

Resumen:
FALTA DE LESIONES

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00186/2006

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Sección núm. 002

Rolo: 0000145 /2006 CH

Órgano de procedencia: JDO.1A.INST.E INSTRUCCION N.1 de VILLAGARCIA DE AROSA

Procedemento de orixe: JUICIO DE FALTAS nº 0000309 /2004

A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra, composta en tribunal unipersoal polo

maxistrado don Luciano Varela Castro, pronunciou,

NO NOME DO REI

a seguinte

SENTENZA NÚM. 186

Pontevedra, cinco de outubro de dous mil seis

No presente rolo de apelación número 145/06 dimanante dos autos de xuízo de faltas número

309/04, procedentes do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución núm. 1 de VILAGARCÍA, por lesións,

son partes: como apelante don Magdalena , e como apelados don María Milagros e CIA ALLIANZ, sendo responsable civil subsidiario J.J. Chicolino SL, e o Ministerio

Fiscal.

Antecedentes

Primeiro.- Con data do 2 de maio de 2006, o maxistrado xuíz do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución núm. 1 de Vilagarcía de Arousa, ditou sentenza nos autos orixinais do que o presente rolo dimana. Os feitos probados da sentenza din literalmente:

"El día 9 de junio de 2004, Magdalena salía de la Casa del Mar y se dirigía dirección hacia su domiciliio circulando por la acera de la derecha de la avenida da Ponte de la localidad de la Isla de Arosa teniendo en cuenta la dirección llevada por el camión implicado en el accidente.

A la altura de la caseta de la oficina de turismo y tras rebasar la misma, Magdalena procedió a cruzar la calle haciéndolo por el paso de peatones, cuando tras iniciar su maniobra y proxima a la acera desde la que cruzaba, resulta atropellada por el camión marca Iveco, 50C13, matrícula 5242- CLL, propiedad de la entidad J.J. Chicolino SL, asegurado en la entidad Allianz, conducido por María Milagros , que ya se encontraba a la altura del paso de peatones.

Como consecuencia del accidente, Magdalena de 64 años de edad, sufrió lesiones consistentes en: rotura diafragmática y de bazo, fracturas costales izquierda, hemoneurotórax, fractura de L-4, fractura sacroilíaca e isquipubiana izquierda, cervicalgia y herida inciso contusa en cuello cabelludo, necesitando tratamiento, consistente en exámen diagnóstico, esplenectomía total, sutura de laceración diafragmática, sutura de las heridas de la cabeza, rehabilitación funcional y oportunos fármacos sintomáticos, invirtiendo un máximo de 456 días en su curación, de los cuales los 456 días estuvo imposibilitada para la realización de sus ocupaciones habituales y de ellos 33 días en internamiento hospitalario, quedándole como secuelas:

- Esplenectomia sin repercusión hematoinmunológica.

- Síndrome postraumático cervical ligero.

- Fractura acuñamiento anterior a nivel de L4 (10%)

- Disyunción púbica y sacroilíaca.

- Cicatrices: una vertical de 31 cm en abdomen, siete puntiformes de 1 cm en abdomen, dos a nivel parietal derecho e izquierdo de 4 cm cada una que ocasionan un perjuicio estético moderado".

Segundo.- O xulgado ditou a sentenza que contén a seguinte parte dispositiva:

"Que DEBO ABSOLVER Y ABSUELVO a María Milagros como autora de una falta de lesiones imprudentes prevista y penada en el art. 621.1 del Código penal , declarándose de oficio las costas procesales causadas".

Notificada amentada resolución ás partes, a representación de Magdalena , interpuxo o recurso de apelación, que foi admitido e tramitado de conformidade co disposto no artigo 795.4 da Lei de axuizamento criminal. Achegadas as actuacións a esta Audiencia, ditouse auto do 1 de setembro de 2006 admitindo a proba solicitada pola parte recurrente e sinalando a correspondente vista para o día 21 de setembro, celebrándose co resultado que consta na acta.

Hechos

Aceptámo-la declaración de feitos probados da sentenza contra da que se apela agás no tocante á determinación dos prexuízos derivados, dos que soamente se deixa constancia de que implicaban lesión constitutiva de delito.

Fundamentos

Primeiro: A respecto da denegación de tutela xudicial e quebra do principio acusatorio

Ten toda a razón a parte apelante cando lle reprocha á sentenza contra da que recorre que non decidira a condena malia recoñecer e declarar que o acusado cometeu unha neglixencia, aínda que leve.

O argumento desa sentenza era non poder mediar condena se a acusación era por imprudencia grave e estimaba o xuíz que a imprudencia era leve. O principio acusatorio resulta satisfeito cando a condena non ocorre por un feito diferente do que é obxecto de acusación. E o de defensa non resulta lesionado se a discrepancia na cualificación non leva a aplicar un tipo heteroxéneo, e menos se o homoxéneo non é máis grave na condena ca na acusación.

Isto decidido, cómpre ratifica-la cualificación como leve da imprudencia reprochada. Porque a concorrencia da actitude da vítima facía esta menos previsible e o comportamento do autor menos reprochable. En efecto, cruzar unha estrada polo paso de peóns non lle dá unha prioridade absoluta ó peón. Porque o mesmo Código de circulación se coida de impoñerlle ó peón a obriga de non causarlles con aquel uso manobras bruscas de detención ós demais usuarios da estrada.

Pois ben, o feito non cuestionado de que o atropelo se produce cando o peón se atopa moi preto da beirarrúa amosa que aquel se mete na estrada cando o turismo se encontra tan cerca que, para eludilo, ten que realizar unha manobra moi brusca e con poucas posibilidades de éxito.

Iso non exclúe a culpa no condutor xa que, de ir máis atento, tería tempo de se decatar da probabilidade da irrupción do peón na estrada.

Compartindo pois a avaliación da sentenza traída ante nós, debemos revogar esta no sentido de impoñe-la condena penal, malia que limitada á prevista no artigo 621.3 do CP: a imposición da pena debe contar con que a acusada estaba realizando unha actividade laboral produtiva, xa que conducía o vehículo por conta da empresa titular.

Segundo: A decisión a respecto da responsabilidade civil

Pola contra, non pode acollerse nesta instancia a pretensión de determina-la indemnización derivada da responsabilidade penal. Porque facer agora tal pronunciamento implicaría privar ás partes dunha instancia. E, doutra banda, porque esixe a avaliación de medios de proba de natureza persoal nos que a inmediación é determinante. Finalmente, o artigo 115 do CP autoriza a fixar en execución de sentenza a responsabilidade civil.

Debemos salientar que na sentenza se declaran probadas certas consecuencias danosas derivadas do accidente, pero omítese toda referencia á motivación de tal conclusión, o que implica a nulidade absoluta de tal contido dos feitos probados. Pero esa nulidade non debe alcanzar á parte correspondente á responsabilidade penal.

Daquela,

Fallo

Que é mester eu estimar en parte, e dese xeito o estimo, o recurso de apelación presentado pola representación procesual de Magdalena , contra a sentencia ditada polo Xulgado de Instrución núm. 1 de Vilagarcía de data 2 de maio de 2006, no xuízo de faltas núm. 309/04, revogando a sentenza contra da que se apela no sentido de condenar a dona María Milagros , como autora dunha falta de lesións por imprudencia simple, á pena de multa de 20 días a razón de 6 euros de cota diaria e á privación do permiso de conducir por un tempo de tres meses. En execución de sentenza fixarase a indemnización civil dos prexuízos derivados do feito declarado probado, logo do establecemento das bases que fundamenten esa determinación. Declaro de oficio as custas desta instancia e impóñolle á condenada as da primeira instancia.

Contra a presente resolución non cabe recurso ordinario ningún.

Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado de procedencia, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.

Deste xeito o pronuncio, mando e asino por medio desta sentenza, da que se achegará certificación ao Rolo.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.